Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O Entroido

8,110 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O Entroido

  1. 1. O ENTROIDO
  2. 2. ENTROIDO <ul><li>O termo entroido vén do italiano ( INTROIDUS < LAT. INTROITUM) e significa “comezo ou entrada da primavera” </li></ul>CARNAVAL A palabra vén do itliano (CARNE VALE) e tén como orixe o latín vulgar CARNE LEVARE , que significa “abondonar a carne”. A fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí)
  3. 3. Calendario O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas, e ten diferentes extensións nas distintas vilas. As súas datas fundamentais, por orde, son: Domingo Fareleiro ou Borrallento : Neste día é costume que os veciños se manchen uns ós outros con &quot;borralla&quot; ou &quot;farelo&quot;, a fariña de peor calidade. Xoves de Compadres: Nesta celebración realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar. Domingo Corredoiro ou Oleiro: Nesta data realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo; en Laza lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que a rompa debe pagar unha rolda. Xoves de Comadres: Ó revés do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar. Domingo de Entroido: Comeza a festa maior. Martes de Entroido: En moitos lugares celébranse os &quot;Testamentos&quot; do Entroido e entérrase a representación da festa. Mércores de Cinza: É a data na que todo remata, en moitas vilas e aldeas entérrase a sardiña.
  4. 4. MAPA DO ENTROIDO
  5. 5. Verín: OS CIGARRÓNS O cigarrón é hoxe unha das máscaras máis coñecidas en Galicia. Os traxes elabóranse durante todo o ano. Entre os seus elementos máis sobranceiros destácanse a carauta, sorridente, feita de madeira de breixo e a mitra, feita de folla de lata e decorada con motivos animais ou vexetais. Na parte traseira, cabeza e mitra van cobertas por unha pelica que hoxe adoita ser de feltro. Camisas, calzas de encaixe e medias brancas compoñen o seu vestiario que se complementa cunha chaquetiña e pañoleta ás costas de cor vermella. As chocas cinguidas ao cinto adoitan ser femias ou machos dacordo co son que emiten, graves para os machos e agudos para as femias.
  6. 6. LAZA: PELIQUEIROS Peliqueiros personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres,.animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas .
  7. 7. XINZO: PANTALLAS O traxe das Pantallas consiste nunha camisa e nuns calzóns de cor branca, capa de cor vermella con cintas de cores e unha faixa da mesma cor á que sobrepón un cinto de axóuxeres. Ademais levan unha máscara de cartón con debuxos vaiados e un flocos na parte de diante e un pano na parte de atrás. As Pantallas están encargadas de que a xente saia á rúa disfrazada. Van previstos dunhas vexigas de vaca secas e infladas que empregan para facer ruído e avisar de que andan preto. Así a xente que non vai disfrazada escapa, porque senón colleranos para pagar unha rolda de viños.
  8. 8. ALLARIZ: CHARRÚAS O traxe da Charrúa consta dun pantalón longo de cor clara, botas e unha especie de camisa longa. Ademais, non faltan as chocas, as pelicas e unha vara na man. Este nome de CHARRÚA pode ser que o trouxera á vila de Allariz un indiano, xa que os conquistadores españois atoparon nas marxes do río Uruguay unha tirbo que recibía este nome.
  9. 9. BANDE: TROTEIROS O Troteiro é semellante á Charrúa. Leva unha vara e ía correndo polos camiños meténdolle medo ás mulleres e ós vellos. Gozaban de certa impunidade e levantaban as saias ás mozas. A indumentaria non é especial, ían envoltos nunha saba ou cobertor, levaban caretas feitas de cartón e campaíñas ó redor. O sombreiro estaba adornado con postais e espellos, seguramente para protexerse do “mal de ollo” e doutros perigos. A cara tapábana con tapetes bordados.
  10. 10. VILARIÑO DE CONSO: BOTEIRO Nos días grandes é frecuente a FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes típicas como os boteiros, as &quot;señoritas&quot;, os &quot;vellos&quot; ( paiasos), afiadores, penereiros, follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces cáustico, a toda a sociedade.
  11. 11. VIANA DO BOLO: BOTEIRO A máscara esta feita de bidueiro e esta pintada. A xente leva camisa bordada e o pantalón encarnado. Xeralmente levan un báculo para simbolizar o poder.
  12. 12. MANZANEDA: MÁZCARA Este é o personaxe principal do entroido de Manzaneda ó lado do peliqueiro, a mula e o boi. Debemos destacar a importancia do Folión ou embaixada de música carnavalesca que se envían unhas parroquias a outras durante o tempo do entroido. Cada folión leva un xefe que os guía (onde parar, bailar, etc.) Cada filión leva varias mázcaras e un “TOURO” que arremete contra as persoas e fai carantoñas ós nenos. Nas paradas recítanse versos que ridiculizan ou ensalzan acontecementos locais durante o ano e as familias visitadas responden con doces e bebida.
  13. 13. RIÓS: VELLARROIS O máis carácterístico dos vergalleiros son as orellas tipo vieria, a barba de pel de ovella e o gorro que levan á cabeza, feito de vimbios. As celebracións son similares ás das comarcas veciñas.
  14. 14. MACEDA: FELOS O termo FELO pode vir do xermánico FILLON que significa “azoutar”. Intentan representar unha especie de rebelión do vasalo contra o señor feudal. A máscara cun enorme sorriso representa a virilidade máis fidedigna. O felo dá medo, era a autoridade durante estas datas. Só se vestían de Felos os homes solteiros. O Felo vai divertíndose de aldea en aldea acompañado do ruído das chocas que espantaba os lobos nas noites de inverno. Bebían ovos con viño para soportar o desgaste físico. Non pedían diñeiro, ´só comida e unha palleira para durmir. Nunca se lles pode tocar nin sacar a careta. Perseguen a quen se mete con eles, agás ás mulleres con quen flirteaban.
  15. 15. CEA, CARBALLIÑO, MASIDE Nesta comarca tamén temos a figura dos Felos, pero a cabalo e coa cara descuberta
  16. 16. SARREAUS: VERGALLEIRO O traxe do Vergalleiro presenta camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas da mesma cor con borlas vermellas dende o xeonllo ata os pes. Ademais da faixa de cor vermella típica coas chocas ou campaíñas e borlas negras. Acompáñanse dun corno de vaca co cal chaman á festa.
  17. 17. ENTRIMO: MADAMITOS/AS As damas visten enaguas de cor branca con bordados con encaixes ao igual que a camisa, e cruzando o peito un pano a modo de mantilla. Na cabeza levan un chapeo de palla moi adornado con cintas de cores. Os madamiños tamén se chaman xigantes e locen camisa e gravata, pantalóns bordados e unha curta capa de cor. A súa carauta ten longos bigotes e a cabeza vai cuberta cun gorro cónico que leva na parte superior unha especie de plumacho feito de papel de cores vivas.
  18. 18. CELANOVA: GÁRGOLA El baile das mudacións, o el mundo al revés es un baile popular donde el hombre va disfrazado de mujer y la mujer de hombre, también es tradicional en la zona.
  19. 19. FORXAS DAS VIÑAS: MECOS BONITOS E FEOS
  20. 20. CHANTADA: VOLANTE A máscara é un colorista artiluxio que marca a imaxe do volante. chámanlle pucho e a súa estructura se apoia na cabeza e nos ombros, chegando a acadar un metro de alto por 0'75 de ancho. Este pucho consiste nunha estructura de arame e vimbio revestida con fitas e flores de papel de todas as cores. As fitas colgan polo lombo e por diante case ata arrastrar polo chan. A modo de coroación do pucho colócanse dúas monecas e dous penachos. O volante vai coa cara tapada ou tisnada e na man leva un simple caxato, por veces engalanado.
  21. 21. COMARDA DO ULLA Xenerais e correos Son característicos os personaxes dos xenerais e os correos, homes montados dacabalo que percorren distintas parroquias da zona vestidos con vistosos uniformes. A orixe destes desfiles de xenerais e correos parece estar na Guerra da Independencia. A parte principal era un combate entre os paisanos e as tropas de Napoleón. Unha das características destes desfiles é que os seus integrantes empregan en numerosas ocasións o castrapo ou o castelán, imitando por tanto a lingua dos militares e chámanse a si mesmos &quot;generales“
  22. 22. COTOBADE: MADAMAS E GALÁNS
  23. 23. VILABOA: MADAMAS E GALÁNS Este entroido é unha parodia dos &quot;señoritos&quot;. Un mordomo vestido de branco cunhas cintas vermellas e amarelas no pantalón e unha pucha azul dirixe á comitiva de cando menos catro parellas. Esta comparsa facía o seu percorrido casa por casa, dende o domingo até o martes de Entroido, recollendo un donativo e bailando pasodobres e muiñeiras ao son duns gaiteiros. O último día, amais da corrida do galo, o predicador, coa cara tapada, le o sermón ou testamento do Entroido, onde lle pega un bo repaso ao que aconteceu durante o ano.
  24. 24. CORUÑA: APROPÓSITOS Ironía, bromas, diálogos, xogos de palabras, disfraces e personaxes da vida política, cultural e social da Coruña soben ao escenario do Rosalía para xugar, como cada ano, a configurar unha realidade diferente á que lle toca vivir á ciudad.
  25. 25. Entroido, festa de orixe incerta ligada por uns á tradición celta e por outros á adoración de baco, quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.  En sentido relixioso trátase do triunfo de &quot;don Carnal&quot; sobre &quot;dona Coresma&quot;, que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo. O Entroido subsiste debido a que é unha festa que invita á participación de todos, sen prexuízos nin distincións. O anonimato que proporcionan as máscaras e os disfraces é un dos seus principais atractivos, pois permítelle á xente facer máis cousas que ó acostumado

×