RECKLESS DE CorneliaFunke “ Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el… a un miundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa CARNE DE PEDRA. Este mundo foi fuxida e foga para jacob durante moitos anos, en el andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transfoma en xade só procura atopar unha menciña que salve ao seu irmán.”
3.
CORNELIA FUNKE :Cornelia Funke (Dorsten/Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois escribir para público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Ángeles (EE.UU.). Cornelia Funke é unha das autoras máis queridas e lidas no mundo. É elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca a triloxía Tintenwelt (Mundo de Tinta). ''Reckless'' é o primeiro título da autora en galego. http://es.wikipedia.org/wiki/Cornelia_Funke http://www.corneliafunkefans.com/es
4.
OS PERSONAXES (Principais)Jacob Will Clara Fox O heroe, unha de mistura de heroe ao estilo clásico e Indiana Jones. O irmán de Jacob vítima da maldición da fada escura o seu corpo cóbrese dunha carne de pedra de cor xade. A namorada de Will que o segue desde o outro mundo para salvalo. A muller-raposa, fiel compañeira de Jacob nas súas aventuras e namorada del.
5.
FOX: a mullerraposa Na tradición oral e popular galega tamén posuímos un ser mítico que muda a súa pel humana por unha pelaxe: O lobishome.
AS FONTES (I)Encantamentos, seres míticos, seres máxicos, obxectos marabillosos, todo o imaxinario clásico e popular está presente en RECKLESS. O Mundo tras do espello é fantástico aínda que xunto a goyls, enanos e fadas conviven os humanos e moitos obxectos do mundo contemporáneo (avións, pistolas, ferrocarrís, etc…). Os contos clásicos…
8.
AS FONTES (II)Nesta novela atopamos influencias de contos da literatura clásica, os contos dos irmáns Grimm e de Perrault, en concreto de: A bela durminte . Brancaneves A casiña de chocolate Barba Azul
9.
Os seres míticosLORELEY (1) UNICORNIOS(2) AS FADAS(3) AS TRILLAS(4) O XASTRE(5)
10.
OS OBXECTOS MARABILLOSOSVolve fermosa á máis fea doncela. As súas espiñas adormecen. Fabrica ouro. Fai desaparecer aos inimigos. Fai desexar ao que tes ao lado. Pelo do diaño Zapato de cristal O lirio das fadas O po de elfos A bóla de ouro A rosa dos unicornios O saco dos desexos A auga das lavercas
11.
Os lugares Ascidades do mundo detrás do espello: Schwastein (A rocha do cisne), A illa das fadas, Terpevas (a cidade dos enanos), a cidade do centro da terra( a cidade dos goyl), o bosque escuro…
12.
Os goyl Asúa pel é de pedra de distintas cores. Viven baixo terra e moléstalles a luz do sol. Todo neles é ira. Son soldados e militares. Hai goyls humanos.
13.
O personaxe misterioso:O pai de Jacob e Will desaparecera no mundo tras do espello; ao longo da novela vanse dando claves interpretativas sobre o seu paradoiro: os avións, as melloras nos fusís dos goyls… Xa no remate da obra intuímos que foi del???? Poderíades relatalo???
14.
Recapitulamos… Conseguíu Jacoblibrar ao seu irmán Will da maldición da fada escura? Volverá Will con Clara ao mundo real? Continuará Fox acompañando a Jacob despois da traición da auga das lavercas? Chegará por fin a paz ao mundo de tras do espello? Teremos que esperar a ler a segunda entrega de “O mundo do espello”
15.
CUESTIÓNS ( I) Diapositiva 3 : Fai unha breve síntese da vida e obra da autora con datos das dúas páxinas recomendadas. Indica cales son os mundos do imaxinario de Cornelia Funke. Diapositiva 5 : Busca algunha historia de lobishomes e relátaa ( http:// gl.wikipedia.org / wiki / Lobishome ) Diapositiva 6 Fai unha pequena descrición dos personaxes secundarios (ao modo da diapositiva 4) Diapositiva 8 : Le os resumos dos contos nos enlaces da wiquipedia e localiza en que partes da novela atopamos cada un dos contos.
16.
CUESTIÓNS ( II) Diapositiva 9 : Relaciona cada ser mítico coa súa imaxe e fai unha pequena referencia dos seus poderes. Diapositiva 10: Escolle os obxectos máxicos que se corresponden coas definicións. Diapositiva 11: Busca no libro a descrición do bosque negro e fai un resume.
17.
CUESTIÓNS ( III) Diapositiva 12: Cal era o motivo polo que os goyl buscaban un “goyl pel de xade”? Exercicio de recapitulación: Fai un pequeño relatorio onde fagas constar: o punto de vista da narración, o tempo no que transcorre, os espazos da novela e a historia. DIME : Fai unha valoración persoal da novela.