RAMÓN PIÑEIRO “O AMOR Á TERRA NATIVA, AO PAÍS DE UN, É UN SENTIMENTO NATURAL DO HOME” Letras Galegas 2009
2.
VIDA e SIGNIFICADOS(I): Participa da fundación da Mocidade Galeguista de Lugo (1936). Secretario do Comité provincial para o plesbicito do Estatuto de Autonomía (1936). 1º anos da posguerra: Reorganización do galeguismo na clandestinidade. 1950, participa na fundación da Editorial Galaxia (director literario). 1963, director da revista GRIAL.
3.
VIDA e SIGNIFICADOS(II): 1967, membro da Real Academia Galega. Participa nas negociacións para a elaboración do Estatuto de Autonomía para Galicia (finais dos 70). Deputado no 1º Parlamento Galego. 1983, Presidente do Consello da Cultura Galega.
4.
Descrición de Ramón Piñeiro: “ Chegamos a Xelmírez e abriunos a porta un home alto e cegato, de fronte ampla, co pelo peiteado para atrás, vestido cunha chaqueta de punto. Desde o primeiro momento pareceume extraordinariamente amable… Expresábase cunha claridade incisiva, co manexo natural, en ton case familiar.” (Carlos Casares, Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia )
5.
OBRA: ENSAIO Olladasno futuro (1974): A realidade socio-económica e cultural de Galicia. A linguaxe e as linguas. Discurso de entrada na RAEG: o valor da lingua como raíz da personalidade diferencial dun pobo. Filosofía da saudade. O significado metafísico da saudade como sentimento constitutivo da singularidade.
6.
Ramón Piñeiro adicaa súa vida á construcción da conciencia de nós, á construcción de Galicia, da súa cultura e da súa identidade política: Contribúe á reconstrucción das institucións do galeguismo e da nación en tempos difíciles (restauración da Real Academia galega, creación de fundacións…). A súa relación cos exiliados. A incorpoación do galego na Universidade. Formación das xeracións máis novas.
7.
A literatura, apolítica, a filosofía: Breve produción literaria ( cartas,artigos, ensaios) Feble, a súa teoría da saudade. Pensamento filosófico ecléctico. Decisións políticas litixiosas… A súa figura é exemplo de rigor intelectual, honestidade persoal e dedicación á empresa de mostrar a singularidade de Galicia e a súa pertenza á cultura europea civilizada (Na tradición galeguista Carlos Fernández.)
8.
Os sinais deidentidade : “ A identificación co propio pobo, coa comunidade social á que pertence, é un deber moral de todos os seres humanos. Todos os homes de ben senten amor ao seu país. Todos os seres humanos ben nados son leais ao seu pobo, identifícanse coa comunidade social á que pertencen” Olladas no futuro , 1974
9.
O GALEGUISMO “A realización en Galicia dese sentimento de amor á terra e dese deber de identificación co pobo chámase: GALEGUISMO.”
10.
Galeguismo / NacionalismoPódese ser galeguista sen ser nacionalista? “ Ser galeguista non significa ser un nacionalista galego en procura da soberanía. Galeguismo pasa a ser sinónimo de europeísta, pois é en Europa onde ten Galicia a súa auténtica e histórica opción de realizarse como pobo e como cultura” ( Triunfo e fracaso de Ramón Piñeiro Damián Villalaín)
11.
A LINGUA Candoo neno foi á escola por primeira vez tiña seis anos e xa sabía ler e escribir, ademais dos números e as catro regras. Foi entón cando descubriu por primeira vez o problema da lingua, que máis tarde ía ser unha das súas preocupacións fundamentais: “Deica entón a miña única lingua fora o galego” (Carlos Casares, Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia )
12.
A fundación deGALAXIA Creouse en Santiago o 25/07/1950 coa idea de darlle cobertura legal a unha nova organización do galeguismo. Pretendían que servise para facer presente a personalidade diferencial de Galicia. Buscaban tomar contacto cos mozos universitarios e atraelos cara os valores e os problemas da realidade social e cultural de Galicia.
13.
O editor: GRIAL“ No 63 iniciamos a publicación de GRIAL, que presentamos como “Revista galega de cultura”, e non simplemente de “cultura galega”… para estimular internamente a nosa cultura e facela presente fóra de Galicia… incorporar ao noso ámbito, a través da nosa lingua, os valores doutras culturas” (1980)
14.
A filosofía dasaudade Significado metafísico da saudade (1951): “ A posibilidade dun desenvolvemento filosófico que reflexe a modalidade espiritual galego-portuguesa” “ A singularidade vivencial da saudade non é, máis que un acento especial do espírito universal”
15.
A lingua: Oidioma galego forma parte da familia románica. É a máis xenuina expresión do pobo galego que o creou. É o que distingue ao pobo galego como unidade peculiar entre os demais pobos de Europa. É o vencello interno que nos mantén unidos entre nós.
16.
Bibliografía: Ramón Piñeiro.Unha vida por Galicia . Casares, Carlos. Ed. Galaxia. Vigo.1991. Olladas sobre Ramón Piñeiro . Barros, Fernández et al. Revista GRIAL, 181. Vigo 2009. Boletín da Editorial Galaxia. Vigo, 2009