SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
PROXECTO VIVIR XUNTOS

CANTIGAS, XOGOS E ARROLOS
PARA LER E RECITAR
NA TARDIÑA
Na tardiña morna
de ridente sol,
o vello velliño
ledo e falador,
xúntase cos nenos
sobre o pontillón
pra contar historias
que a el lle contou
hai tempo de tempos
o seu vello avó.
Os nenos escoitan
atentos a voz
do amigo velliño;
e segundo o ton
vanse pondo serios
ou rin a cachón
cos ditos chusqueiros
dese amigo bo.
A tardiña acaba
cando foxe o sol
e cadaquén vaise
por onde chegou,
mentres oscurece
sobre o pontillón

“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda
Edicións Xerais de Galicia
Meu avó mercou unha barca
de madeira de bidueiro.
Botámola no estanque
onde se refuxia o ceo.
A barca non leva remos,
nin velas, nin mariñeiros.
Lévana ventos de escuma,
alegres titiriteiros.
Nas augas voga esta barca
de madeira de bidueiro,
a barca chea de vida
do meu avó mariñeiro.
“Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro
Editorial Edelvives
A boneca
A neniña está cosendo
un fermoso manteliño.
¡Dá puntadas e puntadas
nun branco anaco de liño!
¡A neniña está cosendo
un fermoso manteliño.
¡Da puntadas e puntadas
nun branco anaco de liño!
A boneca é unha espiga
de máiz, con pelo loiro.
¡A boneca hai que vestila
que non pode andar en coiro!
A neniña é moi probiña.
¡Cose, cose no ourelo,
á boneca hai que poñerlle
o seu fermoso mantelo…!
¡A boneca é moi fermosa,
máis fermosa non a hai!
¡A boneca fai de filla
e a neniña fai de nai…!
A roda-roda
Están en corro as neniñas
formando unha roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda:
- Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
cunhas alas de latón.
Están no corro as neniñas,
roda que te rodarás.
Están no corro as neniñas
cantando ó mesmo compás:
- Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
e nadando un avión.

“Os soños na gaiola”-Manuel María
Edicións Xerais de Galicia
Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche, senón
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.
Válgame Deus,
que se auguiña n-houbera,
lama este corpo
mortal se volverá.
Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dempois o peíños.
¡Ai!, ¡qué meniña!
¡Que nena preciosa!
Dempois de lavada
parece unha rosa.
E este meniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.
¡Ai!, ¡qué tan cuco!
¡Ai!, ¡qué santiño!
Ven aos meus brazos,
dareiche un biquiño.
¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corazón de manteiga!
Corre, corre,
a que Antona te peite;
corre, darache
unha cunca de leite.
Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.
ROSALÍA DE CASTRO

“O libro dos cen poemas”
Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez
Editorial Espiral Maior
VAI A MENIÑA
Pola beira do río
vai a meniña,
ollando sobre a auga
a súa cariña.
Leva un cesto pequeño
feituco, alegre,
para coller margaridas
e chuchameles.
Unha ra brincadeira
chouta na herba
e batuxa e ranfiña
diante da nena
Mentres o río longo
roxe e cavila,
leda coma un parrulo
vai a meniña.

“Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda
Edicións Xerais de Galicia
Que si, si,
un día de xullo nacín.
Que non, non,
un día de xullo, non, non.
Que si, si,
a ruta do Cacarabín.
Que non, non,
a ruta do Cacarabón.
Que si, si,
un prato de fabas comín.
Que non, non,
un prato de fabas, non, non.
Que si, si,
que non, non,
a todos nos gusta este son.

“Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro
Editorial Edelvives
Luís Pimentel
“Os nosos versos”-Antoloxía poética
Editorial Anaya
Nena, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
o galo i a galiña.
Dúrmete axiña….
Se te non durmes, ven a raposa
que garda o sono dos nenos na fosa;
se te non durmes, ven a martaraña,
que todo o sono dos nenos apaña;
se te non durmes, ven a donicela,
que todo o sono dos nenos arela….
Anda, neniña,
pequerrechiña,
durme, que xa durmen
os años na curtiña.
Dúrmete axiña….
Se te non durmes ven o morcego
manto de crego,
ven a curuxa
cara de bruxa,
ven o vencello
pernas de vello,
i os tres á unha, nun Santi-Amén

“Roseira do teu mencer”-Xos
Edicións Xerais
voa..., que voa…, que te voarías,
lévanche o sono moi lonxe de aquén.
Anda, neniña, que eu rezo, meu ben,
pra escorrentalos, tres Avemarías,
Amén.

sé Mª Álvarez Blazquez
de Galicia
“Os nosos versos”-Antoloxía poética
Editorial Anaya

XOSÉ MARÍA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
(1915-1985)

Durme, neniña,
durme, meu ben;
túa nai ten sono,
teu pai tamén.
¡Non penses máis no cabalo
que andaba a fuxir do dono;
¡mira ises cen cabaliños
que acarrexan o teu sono!
O meu arrolo
que nadie o escoite.
Dúrmete, nena,
que xá é de noite.
Aquil cabaliño ledo
está tamén a durmir;
non o chames, que no pode,
meu ben, anque quera vir.
Dúrmete logo,
meu año manso;
túa nai sospira,
teu pai vai canso.
O cabalo non che escoita
e nin olla coma o acenas,
pois mañán ten de ir á vila
levar un carro de nenas.
¡Durme, neniña
co meu arrolo,
que xa me estafa
terte no colo!
O que ben te quer
éche o vilorico que anda polo ler.
Ese si que é bo,
que veu desde lonxe aguillando o vo
somentes para verte e que o viras ti,
para que os dous brincásedes; ti co teu oh, oh,
el co seu chi,chi.
O vilorico
de longo bico
e longas patas de gabirú,
que nin di cu-cú
nin anda con trolas de chicherico.
Que non diga o moucho,
que non diga o cuco,
que non diga a poupa
que te queren moito….
O que ben te quer
está silandeiro enriba dun pé.
¿Sabes ti quén é?
Eche o vilorico que anda polo ler.
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZUEZ

“O libro dos cen poemas”
Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez
Editorial Espiral Maior

More Related Content

What's hot

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasmentirosasoy
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
1º premio microrrelato categoría eso
1º premio microrrelato categoría eso1º premio microrrelato categoría eso
1º premio microrrelato categoría esoFelipe
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 

What's hot (11)

O dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegasO dragón nas lendas galegas
O dragón nas lendas galegas
 
Adios ríos adios fontes
Adios ríos adios fontesAdios ríos adios fontes
Adios ríos adios fontes
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
1º premio microrrelato categoría eso
1º premio microrrelato categoría eso1º premio microrrelato categoría eso
1º premio microrrelato categoría eso
 
Poemas de paz sen data
Poemas de paz sen dataPoemas de paz sen data
Poemas de paz sen data
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 

Viewers also liked (6)

Poemas Rosalía
Poemas RosalíaPoemas Rosalía
Poemas Rosalía
 
Guía de usuarios
Guía de usuariosGuía de usuarios
Guía de usuarios
 
Recollleita de sementes
Recollleita de sementes Recollleita de sementes
Recollleita de sementes
 
Biblioteca móbiles
Biblioteca móbilesBiblioteca móbiles
Biblioteca móbiles
 
Poesías
PoesíasPoesías
Poesías
 
O libro dos porcos
O libro dos porcosO libro dos porcos
O libro dos porcos
 

Similar to Poemas: xogos e arrolos

Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Aluapgomez
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezCelia Díaz
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castrocrocaio
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soMarlou
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castromteribg
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016pabloedlg
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 

Similar to Poemas: xogos e arrolos (20)

Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
Diaz castro
Diaz castroDiaz castro
Diaz castro
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 

More from Biblioteca Escolar Leirado

More from Biblioteca Escolar Leirado (20)

Lecturas Nadal 2018
Lecturas Nadal 2018Lecturas Nadal 2018
Lecturas Nadal 2018
 
LUIS SEOANE
LUIS SEOANELUIS SEOANE
LUIS SEOANE
 
Ler unha obra de arte
Ler unha obra de arteLer unha obra de arte
Ler unha obra de arte
 
Abril, mes dos libros 2018
Abril, mes dos libros 2018Abril, mes dos libros 2018
Abril, mes dos libros 2018
 
Nadal 2017
Nadal 2017Nadal 2017
Nadal 2017
 
Presentación da información
Presentación da informaciónPresentación da información
Presentación da información
 
Camiños a compostela. álbum de fotos
Camiños a compostela. álbum de fotosCamiños a compostela. álbum de fotos
Camiños a compostela. álbum de fotos
 
Idade contemporánea
Idade contemporánea Idade contemporánea
Idade contemporánea
 
"Quen sementa recolle", pintura e ilustración
"Quen sementa recolle", pintura e ilustración"Quen sementa recolle", pintura e ilustración
"Quen sementa recolle", pintura e ilustración
 
A guerra da independencia
A guerra da independenciaA guerra da independencia
A guerra da independencia
 
Poesía nos camiños
Poesía nos camiñosPoesía nos camiños
Poesía nos camiños
 
Libros e viaxes, nadal 2015
Libros e viaxes, nadal 2015Libros e viaxes, nadal 2015
Libros e viaxes, nadal 2015
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Boletín outubro 2015
Boletín outubro 2015Boletín outubro 2015
Boletín outubro 2015
 
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICAFOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
 
Nadal 2014
Nadal 2014Nadal 2014
Nadal 2014
 
Entrevista a Ramón Caride Ogando
Entrevista a Ramón Caride OgandoEntrevista a Ramón Caride Ogando
Entrevista a Ramón Caride Ogando
 
Boletín decembro 13/14
Boletín decembro 13/14 Boletín decembro 13/14
Boletín decembro 13/14
 
Alborada
AlboradaAlborada
Alborada
 
Receita marmelo para o colexio
Receita marmelo para o colexioReceita marmelo para o colexio
Receita marmelo para o colexio
 

Poemas: xogos e arrolos

  • 1. PROXECTO VIVIR XUNTOS CANTIGAS, XOGOS E ARROLOS PARA LER E RECITAR
  • 2. NA TARDIÑA Na tardiña morna de ridente sol, o vello velliño ledo e falador, xúntase cos nenos sobre o pontillón pra contar historias que a el lle contou hai tempo de tempos o seu vello avó. Os nenos escoitan atentos a voz do amigo velliño; e segundo o ton vanse pondo serios ou rin a cachón cos ditos chusqueiros dese amigo bo.
  • 3. A tardiña acaba cando foxe o sol e cadaquén vaise por onde chegou, mentres oscurece sobre o pontillón “Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda Edicións Xerais de Galicia
  • 4. Meu avó mercou unha barca de madeira de bidueiro. Botámola no estanque onde se refuxia o ceo. A barca non leva remos, nin velas, nin mariñeiros. Lévana ventos de escuma, alegres titiriteiros. Nas augas voga esta barca de madeira de bidueiro, a barca chea de vida do meu avó mariñeiro.
  • 5. “Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro Editorial Edelvives
  • 6. A boneca A neniña está cosendo un fermoso manteliño. ¡Dá puntadas e puntadas nun branco anaco de liño! ¡A neniña está cosendo un fermoso manteliño. ¡Da puntadas e puntadas nun branco anaco de liño! A boneca é unha espiga de máiz, con pelo loiro. ¡A boneca hai que vestila que non pode andar en coiro! A neniña é moi probiña. ¡Cose, cose no ourelo, á boneca hai que poñerlle o seu fermoso mantelo…! ¡A boneca é moi fermosa, máis fermosa non a hai! ¡A boneca fai de filla e a neniña fai de nai…!
  • 7. A roda-roda Están en corro as neniñas formando unha roda-roda. E cantan esta canción que nunca pasa de moda: - Polo fondo do mar, matarilerile; polo fondo do mar, matarilerón vai voando unha sardiña cunhas alas de latón. Están no corro as neniñas, roda que te rodarás. Están no corro as neniñas cantando ó mesmo compás: - Polo fondo do mar, matarilerile; polo fondo do mar, matarilerón vai voando unha sardiña e nadando un avión. “Os soños na gaiola”-Manuel María Edicións Xerais de Galicia
  • 8. Vente, rapaza, vente, meniña, vente a lavar no pilón da fontiña. Vente, Minguiño, Minguiño, vente; douche, senón polo demo do dente. ¡Que auga tan limpa! ¡Qué rica frescura! Vente a lavar, que é un primor, criatura. Válgame Deus, que se auguiña n-houbera, lama este corpo mortal se volverá. Vinde a lavarvos, andá lixeiriños, a cara pirmeiro, dempois o peíños. ¡Ai!, ¡qué meniña! ¡Que nena preciosa! Dempois de lavada parece unha rosa. E este meniño que teño no colo, dempois de lavado parece un repolo.
  • 9. ¡Ai!, ¡qué tan cuco! ¡Ai!, ¡qué santiño! Ven aos meus brazos, dareiche un biquiño. ¡Olliños de groria! ¡Cariña de meiga! ¡Apértame ben, corazón de manteiga! Corre, corre, a que Antona te peite; corre, darache unha cunca de leite. Corre, corre a teu pai, Mariquiña, que come cebola con pan e sardiña. ROSALÍA DE CASTRO “O libro dos cen poemas” Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez Editorial Espiral Maior
  • 10.
  • 11. VAI A MENIÑA Pola beira do río vai a meniña, ollando sobre a auga a súa cariña. Leva un cesto pequeño feituco, alegre, para coller margaridas e chuchameles. Unha ra brincadeira chouta na herba e batuxa e ranfiña diante da nena Mentres o río longo roxe e cavila, leda coma un parrulo vai a meniña. “Cantarolas”-Xosé Neira Vilas/Anisia Miranda Edicións Xerais de Galicia
  • 12. Que si, si, un día de xullo nacín. Que non, non, un día de xullo, non, non. Que si, si, a ruta do Cacarabín. Que non, non, a ruta do Cacarabón. Que si, si, un prato de fabas comín. Que non, non, un prato de fabas, non, non. Que si, si, que non, non, a todos nos gusta este son. “Cacarabín, Cacarabón”-Antón García Teixeiro Editorial Edelvives
  • 13.
  • 14. Luís Pimentel “Os nosos versos”-Antoloxía poética Editorial Anaya
  • 15.
  • 16. Nena, neniña, pequerrechiña, durme, que xa durmen o galo i a galiña. Dúrmete axiña…. Se te non durmes, ven a raposa que garda o sono dos nenos na fosa; se te non durmes, ven a martaraña, que todo o sono dos nenos apaña; se te non durmes, ven a donicela, que todo o sono dos nenos arela…. Anda, neniña, pequerrechiña, durme, que xa durmen os años na curtiña. Dúrmete axiña…. Se te non durmes ven o morcego manto de crego, ven a curuxa cara de bruxa, ven o vencello pernas de vello, i os tres á unha, nun Santi-Amén “Roseira do teu mencer”-Xos Edicións Xerais
  • 17. voa..., que voa…, que te voarías, lévanche o sono moi lonxe de aquén. Anda, neniña, que eu rezo, meu ben, pra escorrentalos, tres Avemarías, Amén. sé Mª Álvarez Blazquez de Galicia
  • 18. “Os nosos versos”-Antoloxía poética Editorial Anaya XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1915-1985) Durme, neniña, durme, meu ben; túa nai ten sono, teu pai tamén. ¡Non penses máis no cabalo que andaba a fuxir do dono; ¡mira ises cen cabaliños que acarrexan o teu sono! O meu arrolo que nadie o escoite. Dúrmete, nena, que xá é de noite. Aquil cabaliño ledo está tamén a durmir; non o chames, que no pode, meu ben, anque quera vir.
  • 19. Dúrmete logo, meu año manso; túa nai sospira, teu pai vai canso. O cabalo non che escoita e nin olla coma o acenas, pois mañán ten de ir á vila levar un carro de nenas. ¡Durme, neniña co meu arrolo, que xa me estafa terte no colo!
  • 20. O que ben te quer éche o vilorico que anda polo ler. Ese si que é bo, que veu desde lonxe aguillando o vo somentes para verte e que o viras ti, para que os dous brincásedes; ti co teu oh, oh, el co seu chi,chi. O vilorico de longo bico e longas patas de gabirú, que nin di cu-cú nin anda con trolas de chicherico. Que non diga o moucho, que non diga o cuco, que non diga a poupa que te queren moito…. O que ben te quer está silandeiro enriba dun pé. ¿Sabes ti quén é? Eche o vilorico que anda polo ler. XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZUEZ “O libro dos cen poemas” Xosé Mª Álvarez Cáccamo/Marisa Núñez Editorial Espiral Maior