Biografía 428 ou427 a.C. – Nace en Atenas no seo dunha familia aristocrática con notable interese pola política. Aos 20 anos, a fin de se preparar para a actividade política, comeza os seus contactos con Sócrates . 404 a.C. – Atenas é derrotada por Esparta, que impón un réxime non democrático no que participaban algúns familiares de Platón. Este queda moi desencantado desta forma de goberno. 399 a.C. – Restablecida a democracia, Sócrates é xulgado e condenado a morte . A raíz da morte de Sócrates, Platón sufre unha crise vital, política e filosófica que o leva a emprender unha serie de viaxes onde toma contacto con outras culturas e co saber dos pitagóricos , Heráclito , Parménides e os filósofos pluralistas . 388 a.C. – De volta en Atenas funda a Academia onde no 367 a.C entrará a estudar Aristóteles . Despois dunha serie de viaxes a Siracusa, onde quería poñer en práctica os seus ideais políticos, e de compoñer unha obra extensa e de gran calidade escrita en forma de diálogos , morre en Atenas no 347 a.C.
3.
Clasificamos os 36diálogos de Platón que conservamos en 4 etapas: - Período de xuventude ou socrático: Apoloxía de Sócrates, Protágoras, Eutifrón… Período de transición: Gorxias, Menón, Cratilo… Período de madureza: O banquete, Fedro, A República, Fedón… - Período de vellez: Teeteto, Parménides, Timeo, As leis…
IDEAS DE PITÁGORASPitágoras de Samos (h. 570 – 480 a.C.) fundou en Crotona unha comunidade místico-filosófica, os pitagóricos . Os pitagóricos consideraban que os números constitúen o arxé ou principio de todas as cousas e que, polo tanto, permiten describir a realidade porque esta se ordena de acordo con principios matemáticos. Cos pitagóricos comeza a matematización do real . Crían tamén na metempsicose ou doutrina da transmigración das almas e no dualismo antropolóxico .
7.
8.
9.
O xuízo deSócrates No ano 399 a.C., restablecida a democracia en Atenas, Sócrates é acusado de impiedade e de corromper á xuventude . No xuízo é condenado a morte por inxestión de cicuta . Despois dun mes na cadea, e rodeado de discípulos, se cumpre a sentenza.