12 homes senpiedade TÍTULO ORIXINAL : 12 Angry Men. ANO : 1957. PAÍS : EEUU. DIRECTOR : Sidney Lumet. GUIÓN : Reginald Rose. MÚSICA : Kenyon Hopkins. FOTOGRAFÍA : Boris Kaufman (B&W). REPARTO : Henry Fonda, Lee J. Cobb, E.G. Marshall, Jack Warden, Ed Begley, Martin Balsam, John Fiedler, Robert Webber, Jack Klugman, Edward Binns, Joseph Sweeney, George Voskovec. PRODUTORA : Metro-Goldwyn-Mayer. PREMIOS : 1957: 3 nominacións ao Oscar: Mellor película, director, guión adaptado. 1957: BAFTA: mellor actor estranxeiro (Henry Fonda). Nominada á mellor película. 1957: 4 Nominacións aos Grobos de Ouro: película drama, director, actor e actor sec. (Cobb) 1957: Festival de Berlín: Oso de Ouro.
3.
O caso Homicidioen 1º grao. Rapaz acusado de asasinar ao seu pai dunha coitelada no corazón. Criouse nos suburbios e sufriu continuos maltratos. Pasou polo correccional de menores. De ser declarado culpable se lle condenará á cadeira eléctrica .
Profesión: axudantede entrenador. É o presidente do xurado. Tenta moderar e organizar o debate. Cústalle controlar a discusión porque hai membros do xurado que tratan de imporse gritando e interrompendo a outros. Nun momento dado tenta renunciar ao posto. 1
6.
Profesión: oficinista.É unha persoa tímida e con pouca autoestima aínda que a vai gañando a medida que se desenvolve a película. A pesar do seu carácter dubitativo non se deixa achicar polos que máis gritan. 2
7.
Profesión: Empresario.Quere condenar ao acusado por motivos persoais aínda que ao principio trata de esconder este feito presentando a súa decisión como resultado das probas. Identifica ao rapaz co seu propio fillo con quen non se fala. Segundo a súa maneira de pensar o acusado matou ao seu pai cravándolle unha navalla no corazón, o mesmo que fixo o seu fillo cando lle rompeu o seu ao pelexarse con el. 3
8.
Profesión: Corredorde bolsa. Este home ten unha mente fría e analítica , pero xusta . Esta frialdade lévalle en ocasións a ser demasiado intransixente coa conduta dos demais. Parece que lle custa ter empatía . Con todo, non se deixa levar nin polos prexuízos, nin por motivos persoais, nin polo sentimentalismo, nin pola presión do grupo. Cambia o seu voto só cando atopa unha dúbida razoable. 4
9.
Profesión: ¿?Criouse nos suburbios. Identifícase co acusado. O caso lémbralle malas experiencias que quixera esquecer. Achega a súa experiencia para dubidar da proba da navalla. 5
10.
Profesión: pintor.É un home dialogante. Ten sentido común aínda que probablemente non ten unha gran cultura. Mantén unha actitude respectuosa e non consente que se lle falte ao respecto aos demais. Sabe impoñerse. 6
11.
Profesión: Vendedor.Este home ten entradas para un partido de béisbol e non lle interesa en absoluto a vida do mozo; só quere rematar canto antes e marcharse. Enfádase cando ve que o asunto se demora e cambia o seu voto para “desempatar”, sen ter ningún argumento que o xustifique. É, en definitiva, un personaxe irresponsable e irrespectuoso que non dialoga nin escoita a ninguén. 7
12.
Profesión: arquitecto.O xurado nº 8, resistindo a enorme presión do grupo, ten a valentía de oporse a todos e obrigarlles a reconsiderar o caso. El non di que sabe algo que os demais non saben, simplemente cre que hai que analizar as probas e non precipitarse porque pode haber dúbidas razoables. É valente e responsable, ten capacidade analítica e elocuencia, aínda que ás veces os seus argumentos son máis que dubidosos e mesmo demagóxicos. 8
13.
Profesión: ¿?O membro do xurado con máis idade representa a experiencia. Aínda que ao principio vota culpable deixándose levar polo grupo, a súa achega resulta valiosísima para clarificar o caso. Da o seu apoio ao arquitecto cando este máis o necesitaba. Ponse no lugar da primeira testemuña e dúbida do que dixo e foi o único que se deu conta de que a segunda testemuña usaba lentes. 9
14.
Profesión: empresario.Este membro do xurado representa os prexuízos de clase que poden enturbar o caso. Afirma que as probas se poden terxiversar e que el só se fía do “carácter” que lles supón a todas as persoas que proveñen dos barrios baixos. Continuamente manifesta prexuízos e estereotipos mediante os cales xulga aos que el considera inferiores. Este home pensa que os mozos dos suburbios son malvados por natureza e que son culpables a priori. 10
15.
Profesión: reloxeiro.Este membro do xurado é unha persoa tímida, razoable e respectuosa que se fai preguntas e presenta obxeccións fundamentadas. Encárase co afeccionado ao béisbol esixíndolle que xustificara o seu cambio de voto. 11
16.
Profesión: publicista.Este membro do xurado ten unha personalidade moi voluble. Xa ao comezo da película ponse de manifesto a súa incapacidade para concentrarse durante moito tempo no mesmo asunto. Tende a dispersarse e non posúe criterio propio nin claridade mental. 12
17.
ANÁLISE DAS PROBASA navalla. O cine. O testemuño do vello que vivía abaixo. O testemuño da muller que vivía en fronte.