1. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE
TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22
Novamente este ano tamén haberá unha soa solicitude as axudas para adquirir libros
de texto, as axudas para material escolar e para o Fondo Solidario de Libros de Texto.
DESTINATARIOS:
- Solicitude de Fondo Solidario de Libros de Texto: alumnado que no curso 21-22
cursará de 3º a 6º de Educación Primaria e de 1º a 4º de ESO.
- Axudas para a adquisición de libros de texto: alumnado que o vindeiro curso
cursará 1º e 2º de Primaria.
- Axudas para material escolar: destinado a alumnado con renda per cápita familiar
igual ou inferior a 6000 euros
REQUISITOS:
- Que o alumno/a esté matriculado/a nun centro público.
- Compromiso de manter en bo estado os libros que adquiran do Fondo Solidario
ou co vale e devolvelos en xuño ou setembro segundo corresponda (ou
durante o curso se hai traslado de centro).
- Adicar a axuda do vale á compra dos libros de texto.
- Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 20-21 unha vez
feitos os exames e, COMO MÁXIMO, o 22 de xuño de 2021.
Agás o alumnado de ESO con materias pendentes, que poderán quedar como
máximo ata o día 7 de setembro.
A falta de devolución será causa de exclusión da participación.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Anexo I da Orde que regula o fondo solidario e convoca as axudas para libros de texto
para o curso 21-22.
Entregarase UNHA SOA SOLICITUDE por familia.
2. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
ASIGNACIÓN DOS LIBROS DO FONDO:
- Orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
DOCUMENTACIÓN
- Fotocopia do DNI dos membros computables da unidade familiar1
.
- Libro de familia
- Documentación acreditativa no caso de discapacidade dalgúns dos membros
da unidade familiar incluídos na solicitude.
- Fotocopia da declaración RENDA exercicio 2019 (se non autoriza a consulta
telemática).
CONTÍADAS AXUDAS para 1º e 2º de Educación Primaria:
RENDA PER CAPITA
Contía
Ata 6000 €
210 €
Dende 6000 € ata 10000 €
140 €
ASIGNACIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO*:
RENDA PER CAPITA
Nº libros
Ata 6000 € 6
Dende 6000 € ata 10000 € 4
1 pais,fillos/asmenores de idade,fillos/as maiores deidadecon algún tipo de discapacidadesuxeitos á
patria potestade prorrogada e fillos/assolteiros/asmenores de 25 anos que convivan no domicilio
familiar
3. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
*Se o centro non dispón dos suficientes libros no fondo para entregar os libros
asignados poderá adquirilos.
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado con renda per
cápita familiar igual ou inferior a 6000 euros será de 50 euros.
A TER EN CONTA
Unha vez tramitada a solicitude o centro expedirá un vale. No caso de extravío non
se pode expedir un novo vale.
Unha vez entragado o vale haberá 10 días hábiles para emendar a solicitude. Neste
caso devolverase o vale recibido para que o centro xere outro cos datos correctos.
Non se debe asinar e entregar o vale antes de recepción dos libros.
Unha vez entregados os libros de texto, o establecemento quedará en posesión do
vale.
Só se poderá utilizar un establecemento, non se pode repartir o vale entre 2 ou máis.
PUBLICACIÓN DA RELACIÓN DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO
FONDO DE LIBROS
Con data límite do 09 de xullo de 2021 publicarase unha relación provisional de
solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro do centro e na páxina web.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións os dous días seguintes
A relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro e na
páxina web do centro como datas límite:
- 20 de xullo de 2021: Educación Primaria
- 15 de setembro: ESO.
O alumnado que non devolva os libros das materias suspensas en setembro quedará
excluído.
4. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
982870633// 982 870634
982870635
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://edu.xunta.es/centros/cpiuxionovoneira
ENTREGADOS LIBROS DE TEXTO
- En Primaria: entrega a principio de curso.
- En ESO: a partir do 16 de setembro de 2019.
No momento da entrega dos libros recibirase unha copia dun documento no que
constará:
- Código da solicitude.
- Apelidos, nome e curso do alumno/a.
- Libros de texto entregados
- Observacións (calquera incidencia significativa)
- Nome, apelidos e DNI do pai/nai/titor legal do alumnado
- Declaración responsable das obrigas de usar e conservar en bo estado os
libros de texto e devolvelos ao rematar o curso 2021-22.
Este documento estará asinado pola dirección do centro, o representante legal do
alumnado e co selo do centro.
DEVOLUCIÓN E RECOLLIDADOS LIBROS DE TEXTO
Ao rematar o curso o alumnado deberá devolver os libros ao fondo solidario e recibirá
un documento igual ao da recepción excepto que en lugar da declaración responsable
constará:
- Entrega no centro, para a súa incorporación ao fondo solidario, os libros de
texto nas condicións de libro: devolto/deteriorado.