Os seres vivos
Tema 3
A célula
A célula é a unidade básica da vida, a unidade máis pequena que forma un ser vivo, e realiza as tres funcións
vitais (nutrición, relación e reprodución).
Pode ser de diferentes tamaños e formas, pero todas teñen tres elementos en común: unha membrana celular,
un citoplasma e o ADN.
É unha capa que envolve
e lle dá forma á célula.
É un medio acuoso que ten
compoñentes celulares nel.
Está delimitado pola
membrana.
Material responsable dos
procesos que se producen
nunha célula.
Dependendo de onde se atope o ADN distínguense dous tipos de células
PROCARIOTA EUCARIOTA
- Non teñen núcleo.
- O ADN atópase no citoplasma.
- Posúen parede celular (capa grosa
que cobre a membrana).
- Teñen un núcleo.
- O ADN atópase no núcleo.
Célula vexetal
Célula animal
PROCARIOTA
EUCARIOTA
Célula vexetal e célula animal
Ambas as dúas son células eucariotas, é dicir, que posúen núcleo.
Organismos celulares e pluricelulares
Os seres vivos poden estar formados por unha ou varias células:
- Organismos unicelulares (unha soa célula): a partir dos nutrientes que capta a célula, elaboran todas as
substancias que necesitan para sobrevivir. Exemplo: unha bacteria.
- Organismos pluricelulares (máis dunha célula): as células colaboran entre todas para obter as substancias
necesarias para realizar as súas funcións. Para iso, vanse formando tecidos mediante a unión das que son
especializadas nunha mesma función; logo agrúpanse en órganos (estómago, corazón, pulmón) e finalmente
crean os sistemas (dixestivo, circulatorio, respiratorio). Exemplo: o ser humano.
Estudo dos seres vivos
Lupa binocular
Aparello óptico que permite
aumentar os obxectos directamente
sen ter que preparalos antes.
Permítenos observar estruturas
como a nosa man, por exemplo.
Microscopio
Aparello óptico que permite ampliar a imaxe
e ver elementos que nós non podemos ver a
simplevista.
A mostra require ser preparada previamente:
cortala fina, poñela nun portaobxectos e
cubrila cun cubreobxectos; colocala na
platina do microscopio; selecciónase a lente
de aumento; e finalmente enfócase.
Clasificación dos seres vivos
Os seres vivos agrúpanse en cinco reinos: moneras, protistas, fungos, plantas e animais.
Nutrición autótrofa: seres vivos que
se alimentan de substancias
inorgánicas (auga, minerais) e
transfórmanas en orgánicas. Ex: as
plantas.
Nutrición heterótrofa: seres que se
alimentan da materia orgánica
doutros seres vivos.
Reino monera
Son seres vivos compostos por unha soa célula (unicelular) sen núcleo e con parede celular
(procariota). Son tan pequenos que só se poden ver cun microscopio.
O grupo máis abundante son as bacterias:
- Viven en todos os ambientes do planeta.
- Descompoñen a materia orgánica morta e convértena en inorgánica.
- Moitas son necesarias para o ser humano. Algunhas serven para medicamentos, para fermentar
produtos láteos ou para a dixestión.
- Algunhas poden provocar enfermidades: tuberculose, meninxite, carie, peste ou cólera.
Reino protista
Este reino contén grupos de seres vivos moi diferentes entre si, pero todos teñen células con núcleo (eucariotas)
e unicelulares. Entre os máis importantes están: algas e protozoos.
Algas
- Posúen células eucariotas e posúen cloroplastos e parede vexetal.
Existen de diversas cores pero a maioría son verdes, vermellas ou
pardas.
- Viven no medio acuático na zona superficial.
- Poden ser unicelulares ou pluricelulares
- Utilízanse para a alimentación e para produtos de aseo persoal.
Protozoos
- Son unicelulares e eucariotas de tamaño microscópico.
- Viven na auga ou zonas húmidas.
- Aliméntanse de materia orgánico do contorno no que viven.
- Poden causarlle enfermidades ao ser humano (algúns deles).
O reino dos fungos
Son organismos formados por células eucariotas con parece celular pero sen cloroplastos. A maioría deles
viven no medio acuático ou en zonas moi húmidas, aliméntanse doutros seres vivos (ou restos deles), e poden
provocar enfermidades nos seres dos que se alimentan.
Tres dos grandes grupos dos fungos son: fermentos, mofos e cogomelos.
Fermentos
- Son fungos unicelulares.
- Aliméntanse mediante a fermentación.
- Son moi abundantes e atópanse na superficie das plantas e no solo.
- Utilízanse na elaboración do pan, cervexa ou viño.
Mofos
- Son pluricelulares ou unicelulares de ambientes húmidos e escuros.
- A humidade e temperatura cálida favorecen o seu crecemento.
- Reprodúcense por esporas.
- Poden provocar alerxias e enfermidades.
Cogomelos
- Son pluricelulares.
- A maioría teñen un chapeu e un pé.
- Moitos son comestibles (champiñón ou níscaro) pero outros son
velenosos (amanita phalloides).
Os virus
Non son seres vivos porque non teñen estrutura celular e non realizan as funcións vitais. Para
reproducirse precisan infectar unha célula, por iso se di que son parasitos obrigados.
Poden infectar a todo tipo de seres vivos: animais, plantas ou bacterias. Nos seres humanos, provocan
enfermidades.

Os seres vivos

  • 1.
  • 2.
    A célula A célulaé a unidade básica da vida, a unidade máis pequena que forma un ser vivo, e realiza as tres funcións vitais (nutrición, relación e reprodución). Pode ser de diferentes tamaños e formas, pero todas teñen tres elementos en común: unha membrana celular, un citoplasma e o ADN. É unha capa que envolve e lle dá forma á célula. É un medio acuoso que ten compoñentes celulares nel. Está delimitado pola membrana. Material responsable dos procesos que se producen nunha célula.
  • 3.
    Dependendo de ondese atope o ADN distínguense dous tipos de células PROCARIOTA EUCARIOTA - Non teñen núcleo. - O ADN atópase no citoplasma. - Posúen parede celular (capa grosa que cobre a membrana). - Teñen un núcleo. - O ADN atópase no núcleo. Célula vexetal Célula animal
  • 4.
  • 5.
    Célula vexetal ecélula animal Ambas as dúas son células eucariotas, é dicir, que posúen núcleo.
  • 6.
    Organismos celulares epluricelulares Os seres vivos poden estar formados por unha ou varias células: - Organismos unicelulares (unha soa célula): a partir dos nutrientes que capta a célula, elaboran todas as substancias que necesitan para sobrevivir. Exemplo: unha bacteria. - Organismos pluricelulares (máis dunha célula): as células colaboran entre todas para obter as substancias necesarias para realizar as súas funcións. Para iso, vanse formando tecidos mediante a unión das que son especializadas nunha mesma función; logo agrúpanse en órganos (estómago, corazón, pulmón) e finalmente crean os sistemas (dixestivo, circulatorio, respiratorio). Exemplo: o ser humano.
  • 7.
    Estudo dos seresvivos Lupa binocular Aparello óptico que permite aumentar os obxectos directamente sen ter que preparalos antes. Permítenos observar estruturas como a nosa man, por exemplo.
  • 8.
    Microscopio Aparello óptico quepermite ampliar a imaxe e ver elementos que nós non podemos ver a simplevista. A mostra require ser preparada previamente: cortala fina, poñela nun portaobxectos e cubrila cun cubreobxectos; colocala na platina do microscopio; selecciónase a lente de aumento; e finalmente enfócase.
  • 9.
    Clasificación dos seresvivos Os seres vivos agrúpanse en cinco reinos: moneras, protistas, fungos, plantas e animais. Nutrición autótrofa: seres vivos que se alimentan de substancias inorgánicas (auga, minerais) e transfórmanas en orgánicas. Ex: as plantas. Nutrición heterótrofa: seres que se alimentan da materia orgánica doutros seres vivos.
  • 10.
    Reino monera Son seresvivos compostos por unha soa célula (unicelular) sen núcleo e con parede celular (procariota). Son tan pequenos que só se poden ver cun microscopio. O grupo máis abundante son as bacterias: - Viven en todos os ambientes do planeta. - Descompoñen a materia orgánica morta e convértena en inorgánica. - Moitas son necesarias para o ser humano. Algunhas serven para medicamentos, para fermentar produtos láteos ou para a dixestión. - Algunhas poden provocar enfermidades: tuberculose, meninxite, carie, peste ou cólera.
  • 11.
    Reino protista Este reinocontén grupos de seres vivos moi diferentes entre si, pero todos teñen células con núcleo (eucariotas) e unicelulares. Entre os máis importantes están: algas e protozoos. Algas - Posúen células eucariotas e posúen cloroplastos e parede vexetal. Existen de diversas cores pero a maioría son verdes, vermellas ou pardas. - Viven no medio acuático na zona superficial. - Poden ser unicelulares ou pluricelulares - Utilízanse para a alimentación e para produtos de aseo persoal.
  • 12.
    Protozoos - Son unicelularese eucariotas de tamaño microscópico. - Viven na auga ou zonas húmidas. - Aliméntanse de materia orgánico do contorno no que viven. - Poden causarlle enfermidades ao ser humano (algúns deles).
  • 13.
    O reino dosfungos Son organismos formados por células eucariotas con parece celular pero sen cloroplastos. A maioría deles viven no medio acuático ou en zonas moi húmidas, aliméntanse doutros seres vivos (ou restos deles), e poden provocar enfermidades nos seres dos que se alimentan. Tres dos grandes grupos dos fungos son: fermentos, mofos e cogomelos. Fermentos - Son fungos unicelulares. - Aliméntanse mediante a fermentación. - Son moi abundantes e atópanse na superficie das plantas e no solo. - Utilízanse na elaboración do pan, cervexa ou viño.
  • 14.
    Mofos - Son pluricelularesou unicelulares de ambientes húmidos e escuros. - A humidade e temperatura cálida favorecen o seu crecemento. - Reprodúcense por esporas. - Poden provocar alerxias e enfermidades. Cogomelos - Son pluricelulares. - A maioría teñen un chapeu e un pé. - Moitos son comestibles (champiñón ou níscaro) pero outros son velenosos (amanita phalloides).
  • 15.
    Os virus Non sonseres vivos porque non teñen estrutura celular e non realizan as funcións vitais. Para reproducirse precisan infectar unha célula, por iso se di que son parasitos obrigados. Poden infectar a todo tipo de seres vivos: animais, plantas ou bacterias. Nos seres humanos, provocan enfermidades.