Presentación de diapositivas relacionadas coa reflexión sociolingüística para PROXECTO 17, a partir dunha licenza por estudos concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. ENDL do IES de Elviña.
presentación en impress de diapositivas relacionadas coa reflexión sociolingüística para PROXECTO 17, a partir dunha licenza por estudos concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»vitinhoourense
Apresentação utilizada pelo professor Carlos Garrido (Universidade de Vigo), durante a conferência proferida no dia 27 de Março de 2008 na EOI de Ourense (Galiza - Europa), no contexto das I Jornadas de Língua co-organizadas pela AGAL, A Esmorga e o MDL.

1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 52 febreiro de 2015
Mentira 10: “O galego normativo, o que nos impo-
ñen, non é o que nós falamos. É un galego artifi-
cial, aportuguesado, é un neogalego que ninguén
fala”.
2. APELIDOS GALEGOS NA ESCOLA (I)
Os apelidos (tamén chamados sobrenomes), xunto co nome, son o principal sinal identificador dunha
persoa e (re)preséntana socialmente. Polo nome e os apelidos podemos saber detalles da procedencia e
identidade cultural, xeográfica e lingüística de cada persoa. Hoxe en día mestúranse nomes e apelidos de
procedencias moi diversas xunto con nomes e apelidos autóctonos.
Comecemos por algúns dos apelidos que aparecen na nosa escola e que teñen unha indubidábel ori-
xe galega. Neste boletín ímonos referir aos que comezan co A.
Acuña, é un apelido toponímico, porque fai referencia a un lugar (ou lugares) que ten esta denomina-
ción. O mesmo que Alborés, Alén, Araújo, Areal ou Armesto.
Algúns dos anteriores teñen ademais un significado propio; así Areal é un areeiro ou praia, ou sinxela-
mente algo relacionado coa area. Alén significa máis alá, máis lonxe, do outro lado.
Araújo é o mesmo apelido que Araúxo. O “J” (iota) no canto do “X” (xe) pode responder á castelaniza-
ción do apelido ou tamén ao mantemento da grafía histórica medieval, como é o caso do Araújo portugués
que manten o “J”. Segundo o web apelidosgalicia.org a orixe dos máis deste apelido “está na antiga terra ou
xurisdición de Araúxo, na zona do actual concello ourensán de Lobios e na raia seca do Xurés/Gerês”. Por
ser de evidente orixe galega ben podemos, lexitimamente, pronuncialo Araúxo.
Alfaya é outro caso inequívoco de apelido galego, practicamente só existe en Galiza e concentrado
na metade sur da provincia de Pontevedra. A palabra, de orixe árabe, ten o significado de xoia ou utensilio
de adorno, e por extensión e en sentido figurado, alfaia é unha cousa ou persoa de moito valor. A grafía
“Y” (i grego) corresponde co actual “I” (i latino).
Alfonso, Alonso e Antón son apelidos patronímicos, que
proceden do nome do pai e tamén son nomes propios. Alfonso e
Alonso son de orixe xermánica, os dous están relacionados e en ori-
xe eran o mesmo. Inequivocamente galegos están moi estendidos
fóra de Galiza. A forma Alfonso é a castelanización da forma orixina-
ria galega medieval Afonso.
Álvarez tamén é patronímico formado coa sufixación en –ez,
hai rexistros deste apelido en Galiza desde o século XI.