SlideShare a Scribd company logo
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 71 febreiro de 2018
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fies-
tras. Un refacho que chega dende o pasado para
nos falar do futuro.
Un refacho que quere abrir a fiestra para que
poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que
busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis
de xénero e nos anima a redefinilos...
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para
a coraxe dos afectos, para sermos das que non te-
mos medo de pensar e de sentir simultaneamente,
de recoñecernos mulleres con palabra e voz pro-
pia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada
dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
María Reimóndez
Extracto do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día
de Rosalía de Castro 2018
Rexeita que alguén nos quite o que é noso,
atrevámonos a louvar as nosas referentes, aos que
nos teñen iluminado claramente o camiño.
Alibeta. Cantante senegalés
ENTROIDOS E COCIDOS
Segundo nos conta o académico Antón Santamarina (Portal das palabras), dos termos que no noso
idioma designan os días e as festas que preceden á Coresma o máis recomendábel é a forma entroido. Se
ben no galego tamén se recollen as formas antroido, entroiro, entruido, entrudio e a forma portuguesa
entrudo. A palabra entroido está documentada no
galego escrito nunha data tan antiga como o ano
1251, porén as festas asociadas a eses días teñen,
sen dúbida, unha orixe máis remota.
A elaboración de cocidos vai, nas máis das
casas, moi asociada á tradición do entroido. O coci-
do non ten unha receita estrita e varía segundo as
preferencias ou dispoñibilidades; mais no funda-
mental é unha comida constituída por diversas par-
tes salgadas do porco e outras embuchadas do
mesmo animal (chourizos, androllas, botelos), vaca
(ou vitela) e galiña (ou polo) xunto con patacas, ver-
duras (grelos, repolos, verzas,…) e fabas (ou gara-
vanzos). Porén se unha parte do porco é sobranceira nestes días é a cabeza que en galego recibe os no-
mes de cacheira, cachucha, cachola ou cachaza. Na cacheira hai partes moi diferenciadas como a orella
e o morro (a parte da cabeza onde está a boca e as ventas do animal) e a faceira
(dente nalgunhas zonas do país) que é a parte inferior da cachucha.
Tradicionalmente o cocido en Galiza non levaba garavanzos por non ser este un pro-
duto de cultivo no país e do que non se dispuña nas casas. Daquela eran as fabas o legu-
me dos cocidos. As fabas reciben tamén o nome de feixóns, feixós ou chichos. A palabra
feixó (faba) dá orixe ao apelido Feijoo, como o do ilustre escritor e pensador galego Frei
Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, ou (grafado con acento) o do actual presidente
da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Polo que se atendemos ao significado e orixe
do apelido, lexitimamente podemos pronunciar como feixó.

More Related Content

Similar to Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor

Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Marta Pérez Lage
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
Marta Pérez Lage
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magosbibliobrozos
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
Yolanda Castro
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
TeacherBelen
 
Samaín
SamaínSamaín
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
opapaventos
 
Cerdedo1
Cerdedo1Cerdedo1
Cerdedo1
xaimevarela
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Bibliotecadicoruna
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
cadernodecores
 
Unha escritora entre nós
Unha escritora entre nósUnha escritora entre nós
Unha escritora entre nós
endlmarcosdaportela
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40xurxobou
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Similar to Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor (20)

Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
CASTELAO
CASTELAOCASTELAO
CASTELAO
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Cerdedo1
Cerdedo1Cerdedo1
Cerdedo1
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
Unha escritora entre nós
Unha escritora entre nósUnha escritora entre nós
Unha escritora entre nós
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
A Estrada
A EstradaA Estrada
A Estrada
 
More from ceiprandufe

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
ceiprandufe
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
ceiprandufe
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
ceiprandufe
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
ceiprandufe
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
ceiprandufe
 
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018  engalegomaisemellorN 72 marzo 2018  engalegomaisemellor
N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor
ceiprandufe
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
ceiprandufe
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
ceiprandufe
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
ceiprandufe
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
ceiprandufe
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
ceiprandufe
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
ceiprandufe
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
ceiprandufe
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
ceiprandufe
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
ceiprandufe
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
ceiprandufe
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
ceiprandufe
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
ceiprandufe
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
ceiprandufe
 
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
Nº 62 outubro 2016  en galego,.Nº 62 outubro 2016  en galego,.
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
ceiprandufe
 
More from ceiprandufe (20)

Recently uploaded

Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
Recently uploaded (6)

Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 71 febreiro de 2018 Ela é o refacho que busca abrir as nosas fies- tras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos... Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non te- mos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz pro- pia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais. María Reimóndez Extracto do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018 Rexeita que alguén nos quite o que é noso, atrevámonos a louvar as nosas referentes, aos que nos teñen iluminado claramente o camiño. Alibeta. Cantante senegalés
  • 2. ENTROIDOS E COCIDOS Segundo nos conta o académico Antón Santamarina (Portal das palabras), dos termos que no noso idioma designan os días e as festas que preceden á Coresma o máis recomendábel é a forma entroido. Se ben no galego tamén se recollen as formas antroido, entroiro, entruido, entrudio e a forma portuguesa entrudo. A palabra entroido está documentada no galego escrito nunha data tan antiga como o ano 1251, porén as festas asociadas a eses días teñen, sen dúbida, unha orixe máis remota. A elaboración de cocidos vai, nas máis das casas, moi asociada á tradición do entroido. O coci- do non ten unha receita estrita e varía segundo as preferencias ou dispoñibilidades; mais no funda- mental é unha comida constituída por diversas par- tes salgadas do porco e outras embuchadas do mesmo animal (chourizos, androllas, botelos), vaca (ou vitela) e galiña (ou polo) xunto con patacas, ver- duras (grelos, repolos, verzas,…) e fabas (ou gara- vanzos). Porén se unha parte do porco é sobranceira nestes días é a cabeza que en galego recibe os no- mes de cacheira, cachucha, cachola ou cachaza. Na cacheira hai partes moi diferenciadas como a orella e o morro (a parte da cabeza onde está a boca e as ventas do animal) e a faceira (dente nalgunhas zonas do país) que é a parte inferior da cachucha. Tradicionalmente o cocido en Galiza non levaba garavanzos por non ser este un pro- duto de cultivo no país e do que non se dispuña nas casas. Daquela eran as fabas o legu- me dos cocidos. As fabas reciben tamén o nome de feixóns, feixós ou chichos. A palabra feixó (faba) dá orixe ao apelido Feijoo, como o do ilustre escritor e pensador galego Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, ou (grafado con acento) o do actual presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo. Polo que se atendemos ao significado e orixe do apelido, lexitimamente podemos pronunciar como feixó.