SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
D. Nicandro Ares Vázquez
Categoría: Sacerdote e profesor
Data de Nacemento: 7 de xuño de 1926
Lugar de Nacemento: Santa Eulalia de Bóveda
(Lugo)
Currículum
Ordénase sacerdote en 1951. É Bacharel en Sagrada
Teoloxía, licenciado en Filosofía e experto en Linguas
Clásicas. En 1952 é nomeado ecónomo da parroquia
de S. Cristovo de Cervela. En 1955 comeza o seu
labor como profesor do Seminario Diocesano, tarefa
á que dedica toda a súa vida (42 anos)
compaxinándoa coa investigación. En 1967 é
nomeado representante da diocese na Xunta do Museo Provincial e vocal da
Comisión de Arte Sacra da Diocese de Lugo. En 1981, acepta ser Delegado
Episcopal de Misións e entra tamén na Comisión Diocesana de Patrimonio
Artístico.
Obras realizadas
Entre 1964 e 2005 publicou 77 traballos sobre a orixe dos nomes de lugares e
persoas. A súa faceta de investigador está reflectida nun milleiro de artigos
publicados en diferentes xornais e revistas. Investigou os topónimos de
vintecatro concellos da provincia de Lugo e de media ducia doutras provincias.
Outros datos de interese
É membro correspondente da Real Academia Galega. A Real Academia Galega
(RAG) vai publicar todos os seus traballos refundidos nun só volume e cun
índice final para facilitar as consultas.
O académico Ferro Ruibal explicou que o nomeamento de Nicandro Ares é de
xustiza porque dende o 1964 ao 2005 publicou 77 traballos sobre a orixe dos
nomes de lugares ou de persoas. Investigou os topónimos de 24 concellos da
provincia de Lugo e de media ducia doutras provincias, ademais de escribir
máis de mil artigos de investigación e divulgación en diferentes xornais e
revistas. E todo iso rebuscando nos propios vellos manuscritos, libros ou
artigos, xa que agora é moito máis doado dende que todo está na rede de
internet.
www.galegos.info / www.lavozdegalicia.es
Entrevista a D. Nicandro Ares Vázquez
1.-¿Cando e por que xurdiu en vostede o interese pola toponimia e
antroponimia?
En principio porque non había moita xente que se adicase a iso, era unha novidade e a
min gustábame a orixe dos nomes…Fun profesor de filosofía no seminario, e a filosofía
busca as últimas causas das cousas, e os nomes sempre teñen unhas últimas causas,
teñen unha orixe, e a min gustábame iso, por iso me adiquei á toponimia.
¿Cal é a parte máis complicada e por que?
Ás veces a falta de documentación e tamén o descoñecemento da súa traxectoria
histórica, porque iso é un paso moi importante para coñecer un nome calquera. Na orixe
dun nome, se non hai documentos, por exemplo medievais, onde o investigador se
poida apoiar non se pode dar o salto ó principio. Xeralmente os nomes da nosa toponimia
son moitos de orixe latina, outros de orixe visigótica ou xermánica. Árabes case non hai.
Os dous grupos máis comúns son o latino e o visigótico.
2.-¿E o interese polas linguas clásicas? ¿Que importancia lle dá a
estudar estas linguas consideradas como “mortas”?
Estudei no seminario e as linguas clásicas eran o latín e o grego, fun profesor de latín no
seminario e de grego no colexio Maristas. Gustábame, na ‘universidade’ as leccións de
filosofía empezaban no ano sexto, e en todas as leccións, a lingua utilizada polos
profesores na aula era o latín. Falaban en latín e nós contestabamos en latín, porque
aínda que se falaban varias linguas pola presenza de estudantes estranxeiros (polacos,
portugueses…)as linguas clásicas eran, para entendermonos, como o inglés agora, a
lingua común, entre todos para a comunicación.
Non lles deberían de chamar linguas mortas porque forman parte da tradición. O noso
galego é un latín evolucionado: eu estou falando agora, e a palabra falar en latín é
fabulare, entón queda claro que o noso galego é fundamentalmente un latín
evolucionado.
3.-¿Como se pode compaxinar o sacerdocio coa docencia e ó mesmo
tempo a investigación?
Moi ben, perfectamente, o sacerdocio aínda santifica un pouco, a verdade científica non
está afastada da fe. A docencia requería o seu tempo, había que preparala, pero era una
función que me gustaba, máis a filosofía cá teoloxía, falar de Deus era máis difícil.
4.-Antes os medios para a investigación eran máis limitados, hoxe en día
temos internet; Supoñemos que ademais das fontes bibliográficas
contou con outros medios ¿con cales?.
Nada, nada, eu con internet nada. Non é elemento imprescindible para min. Por exemplo,
vosoutros que manexades o ordenador por activa e por pasiva, ben, pero eu non. Eu
buscaba sobretodo en documentación de carácter medieval, tamén para o estudo do
patrimonio.
5.-Moitos dos nosos topónimos teñen orixe prerromana e xermánica
¿nestes casos como conseguiu a información necesaria?
Ben, para os xermánicos , o profesor alemán Hermann,e tamén M.Piel que ten un estudo
moi ben elaborado, en portugués, na Universidade de Coímbra, e publicou un estudo que
se titula: “Nomes xermánicos na toponimia portuguesa” . Un estudo moi ben feito, entre
M. Piel e mais o profesor Kramer.
Publicaron tamén unha obra fundamental e valiosísima “ Os nomes xermánicos na
toponimia española”,estes estudos son a fonte principal. Hai un autor que tamén ten unha
especie de diccionario de “ Nomes célticos” , pero a toponimia céltica é moi complexa.
6.-¿A partir de que momento acompañan os haxiotopónimos ó topónimo
propio?
Precisamente onte recibín un traballo moi valioso sobre este punto; un académico que é
o que dirixe o Instituto Ramón Piñeiro en Santiago, que é Xesús Ferro Ruibal, opina que
non se debe de borrar a memoria, é algo que existe e debe de permanecer, entón os
haxiotopónimos existen na memoria histórica. Os nomes dos santos son moitas veces
posteriores ó nome do lugar, se cadra unha zona pode ter varios santos, case sempre
gardan relación co patrón ou patroa da parroquia.
7.-Imaxinamos que houbo algúns topónimos que supuxeron un reto para
vostede ¿cales?
Hainos dificilísimos, aínda hai pouco tempo que publiquei un libro sobre a toponimia dun
concello que hai cerca de Lalín, A Golada, en concreto, unha parroquia que se chama
Bais, alí está o lugar de Cacharenzo, pois aí deixeino, porque se me fixo
imposible,quizais algunha relación coas cachas, xa o Padre Sarmiento facía alusións ás
cachas, cachas dunha navalla e tamén nádegas (Comenta que Garaloces tampouco sabe
de onde vén, poida que Gara teña algo que ver con gra).
8.-Actualmente a lei de Normalización lingüística (1983) protexe a
toponimia galega na súa forma orixinal, é dicir , en galego, pero…¿tense
atopado con moitas formas en castelán? ¿en que etapa?
Si, con varias pero opino que se debe de utilizar a forma galega que é a correcta, non se
debe dicir Teijeiro senón Teixeiro.
9.-¿A cal dos seus traballos lle ten máis apego ou afecto e por que?
Eu creo que a bastantes cousas, agora mesmo estanas publicando na Academia están
para saír. Son dous tomos que se titulan “ Estudos de toponimia galega”, pareceulles ben
o que xa tiña publicado, é un reconto do que xa tiña, en concreto agora están elaborando
os índices.
10.-O seu propio nome tampouco é común ¿Cal é a súa orixe?
Nicandro é un nome grego composto de ' NiKé, Nice' , (Nikn= vencer), e 'Andros' (home)
que en conxunto significa “home vencedor”. Ares é o xentilicio persoal do nome Arius,
opino que aquí non ten que ver co deus da guerra Ares.
11.-Sabemos que vostede é “ membro correspondente “ da RAG ,
poderíanos explicar o significado desta expresión? ¿En que medida
colabora vostede coa RAG?
É unha dignidade moi grande á que lle resto importancia. Colaboro no que me piden, pero
o membro correspondente non é o mesmo que membro numerario, que por exemplo
teñen a facultade de elixir o Presidente, coma nestes días.
12.-¿Que supuxo , para vostede, este recoñecemento? ¿ Segundo os
medios de comunicación por que amosou tantas reticencias para
aceptar este nomeamento?
Supuxo un honor, pero estou moi agusto aquí, por exemplo, que estamos caladiños e non
hai ruído, nin un motor nin nada. Teño 86 anos e vou cumprir 87, non pretendo máis
nada.
13.-¿Cal foi o seu labor coma representante da Diócese na Xunta do
Museo Provincial? ¿E como vocal da comisión de Arte Sacro da diócese
de Lugo?
Eu fun membro do Museo Provincial, pero non había conexión entre o Museo Provincial e
o Museo Diócesano, que está na Catedral(Lugo). Os seus contidos son de tipo relixioso,
imaxes de santos, e hai algunha peza que creo que é extraordinaria, por exemplo un
crismón coas letras de Cristo.
14.-Podería comentarnos topónimos como:
Bóveda,Prógalo,Garaloces,
A Gramela,Taboelle,Xuxaos,.
Prógalo – Prógalo é un nome que en latín é nome de persoa, Procul, cando alguén
nacía fóra do seu sitio, por exemplo cando viña de Roma e nacía aquí(proculus= desde
una distancia), de aí Prógalo.
Taboelle- É un topónimo da parroquia de Orbazai, é un nome persoal,provén dun
xenitivo latino. Hai que supoñer que Taboelle, estaba precedido dun nome desaparecido
actualmente(Villa Taboelle).
Xuxaos- Depende moito de como se pronuncie, xa que se pode pronunciar 'Suchaos”
por enriba dun plano, porque o latín ten dous adverbios, que dependendo de cal se
poña, cambia o significado da palabra (sursum e deorsum, arriba ou abaixo).
Bóveda – Dediquei un estudo ao concello de Bóveda, en”Lucensia”. É difícil de saber
tamén de onde vén. Corominas, no seu Dicionario Etimolóxico relacionábao coa
construción, con dar voltas pero logo en edicións posteriores do Dicionario rectifica a
idea inicial. Tamén se pensa que é unha palabra de orixe visigótica, eu penso doutra
maneira: orixe latina procedente de bos,bovis(xenitivo), aparece rexistrado
documentalmente Bovatella( Bovadilla), Bovata, Bovadela(Ourense) ,comentado tamén
polo Padre Sarmiento, Bovata significa “terra arada por bois”.
Entrevista realizada por:
Sandra Gordedo Osorio, Raquel Coucheiro Sepúlveda, Noelia Fernández
Sánchez. 4º ESO.
Santa Eulalia de Bóveda 24-4-2013
Transcrición:
Raquel Carballo Ferrero, Antía Díaz Gayoso. 4º ESO
Coordinación: Mª Xesús Adán López (IES Muralla Romana)

More Related Content

Similar to Entrevista d. nicandro ares

Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Ben feito
Ben feitoBen feito
Ben feitobrais5
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidatrafegosamilleiros
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachComentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachEva Garea
 
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bacA linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bactrafegandoronseis
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabraMarlou
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Iter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmIter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmAlfonso Blanco
 
Audiovisuais
AudiovisuaisAudiovisuais
Audiovisuaisn1noa
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 

Similar to Entrevista d. nicandro ares (20)

risco
riscorisco
risco
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Ben feito
Ben feitoBen feito
Ben feito
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
COMO FACER UNHA REDACCIÓN
COMO FACER UNHA REDACCIÓNCOMO FACER UNHA REDACCIÓN
COMO FACER UNHA REDACCIÓN
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bachComentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach
 
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bacA linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bac
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Familiae Linguarum
Familiae LinguarumFamiliae Linguarum
Familiae Linguarum
 
Historia do euskera
Historia do euskeraHistoria do euskera
Historia do euskera
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabra
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Iter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmIter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm Textvvm
 
Audiovisuais
AudiovisuaisAudiovisuais
Audiovisuais
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 

Entrevista d. nicandro ares

  • 1. D. Nicandro Ares Vázquez Categoría: Sacerdote e profesor Data de Nacemento: 7 de xuño de 1926 Lugar de Nacemento: Santa Eulalia de Bóveda (Lugo) Currículum Ordénase sacerdote en 1951. É Bacharel en Sagrada Teoloxía, licenciado en Filosofía e experto en Linguas Clásicas. En 1952 é nomeado ecónomo da parroquia de S. Cristovo de Cervela. En 1955 comeza o seu labor como profesor do Seminario Diocesano, tarefa á que dedica toda a súa vida (42 anos) compaxinándoa coa investigación. En 1967 é nomeado representante da diocese na Xunta do Museo Provincial e vocal da Comisión de Arte Sacra da Diocese de Lugo. En 1981, acepta ser Delegado Episcopal de Misións e entra tamén na Comisión Diocesana de Patrimonio Artístico. Obras realizadas Entre 1964 e 2005 publicou 77 traballos sobre a orixe dos nomes de lugares e persoas. A súa faceta de investigador está reflectida nun milleiro de artigos publicados en diferentes xornais e revistas. Investigou os topónimos de vintecatro concellos da provincia de Lugo e de media ducia doutras provincias. Outros datos de interese É membro correspondente da Real Academia Galega. A Real Academia Galega (RAG) vai publicar todos os seus traballos refundidos nun só volume e cun índice final para facilitar as consultas. O académico Ferro Ruibal explicou que o nomeamento de Nicandro Ares é de xustiza porque dende o 1964 ao 2005 publicou 77 traballos sobre a orixe dos nomes de lugares ou de persoas. Investigou os topónimos de 24 concellos da provincia de Lugo e de media ducia doutras provincias, ademais de escribir máis de mil artigos de investigación e divulgación en diferentes xornais e revistas. E todo iso rebuscando nos propios vellos manuscritos, libros ou artigos, xa que agora é moito máis doado dende que todo está na rede de internet. www.galegos.info / www.lavozdegalicia.es
  • 2. Entrevista a D. Nicandro Ares Vázquez 1.-¿Cando e por que xurdiu en vostede o interese pola toponimia e antroponimia? En principio porque non había moita xente que se adicase a iso, era unha novidade e a min gustábame a orixe dos nomes…Fun profesor de filosofía no seminario, e a filosofía busca as últimas causas das cousas, e os nomes sempre teñen unhas últimas causas, teñen unha orixe, e a min gustábame iso, por iso me adiquei á toponimia. ¿Cal é a parte máis complicada e por que? Ás veces a falta de documentación e tamén o descoñecemento da súa traxectoria histórica, porque iso é un paso moi importante para coñecer un nome calquera. Na orixe dun nome, se non hai documentos, por exemplo medievais, onde o investigador se poida apoiar non se pode dar o salto ó principio. Xeralmente os nomes da nosa toponimia son moitos de orixe latina, outros de orixe visigótica ou xermánica. Árabes case non hai. Os dous grupos máis comúns son o latino e o visigótico. 2.-¿E o interese polas linguas clásicas? ¿Que importancia lle dá a estudar estas linguas consideradas como “mortas”? Estudei no seminario e as linguas clásicas eran o latín e o grego, fun profesor de latín no seminario e de grego no colexio Maristas. Gustábame, na ‘universidade’ as leccións de filosofía empezaban no ano sexto, e en todas as leccións, a lingua utilizada polos profesores na aula era o latín. Falaban en latín e nós contestabamos en latín, porque aínda que se falaban varias linguas pola presenza de estudantes estranxeiros (polacos, portugueses…)as linguas clásicas eran, para entendermonos, como o inglés agora, a lingua común, entre todos para a comunicación. Non lles deberían de chamar linguas mortas porque forman parte da tradición. O noso galego é un latín evolucionado: eu estou falando agora, e a palabra falar en latín é fabulare, entón queda claro que o noso galego é fundamentalmente un latín evolucionado. 3.-¿Como se pode compaxinar o sacerdocio coa docencia e ó mesmo tempo a investigación? Moi ben, perfectamente, o sacerdocio aínda santifica un pouco, a verdade científica non está afastada da fe. A docencia requería o seu tempo, había que preparala, pero era una función que me gustaba, máis a filosofía cá teoloxía, falar de Deus era máis difícil.
  • 3. 4.-Antes os medios para a investigación eran máis limitados, hoxe en día temos internet; Supoñemos que ademais das fontes bibliográficas contou con outros medios ¿con cales?. Nada, nada, eu con internet nada. Non é elemento imprescindible para min. Por exemplo, vosoutros que manexades o ordenador por activa e por pasiva, ben, pero eu non. Eu buscaba sobretodo en documentación de carácter medieval, tamén para o estudo do patrimonio. 5.-Moitos dos nosos topónimos teñen orixe prerromana e xermánica ¿nestes casos como conseguiu a información necesaria? Ben, para os xermánicos , o profesor alemán Hermann,e tamén M.Piel que ten un estudo moi ben elaborado, en portugués, na Universidade de Coímbra, e publicou un estudo que se titula: “Nomes xermánicos na toponimia portuguesa” . Un estudo moi ben feito, entre M. Piel e mais o profesor Kramer. Publicaron tamén unha obra fundamental e valiosísima “ Os nomes xermánicos na toponimia española”,estes estudos son a fonte principal. Hai un autor que tamén ten unha especie de diccionario de “ Nomes célticos” , pero a toponimia céltica é moi complexa. 6.-¿A partir de que momento acompañan os haxiotopónimos ó topónimo propio? Precisamente onte recibín un traballo moi valioso sobre este punto; un académico que é o que dirixe o Instituto Ramón Piñeiro en Santiago, que é Xesús Ferro Ruibal, opina que non se debe de borrar a memoria, é algo que existe e debe de permanecer, entón os haxiotopónimos existen na memoria histórica. Os nomes dos santos son moitas veces posteriores ó nome do lugar, se cadra unha zona pode ter varios santos, case sempre gardan relación co patrón ou patroa da parroquia. 7.-Imaxinamos que houbo algúns topónimos que supuxeron un reto para vostede ¿cales? Hainos dificilísimos, aínda hai pouco tempo que publiquei un libro sobre a toponimia dun concello que hai cerca de Lalín, A Golada, en concreto, unha parroquia que se chama Bais, alí está o lugar de Cacharenzo, pois aí deixeino, porque se me fixo imposible,quizais algunha relación coas cachas, xa o Padre Sarmiento facía alusións ás cachas, cachas dunha navalla e tamén nádegas (Comenta que Garaloces tampouco sabe de onde vén, poida que Gara teña algo que ver con gra). 8.-Actualmente a lei de Normalización lingüística (1983) protexe a toponimia galega na súa forma orixinal, é dicir , en galego, pero…¿tense atopado con moitas formas en castelán? ¿en que etapa? Si, con varias pero opino que se debe de utilizar a forma galega que é a correcta, non se debe dicir Teijeiro senón Teixeiro.
  • 4. 9.-¿A cal dos seus traballos lle ten máis apego ou afecto e por que? Eu creo que a bastantes cousas, agora mesmo estanas publicando na Academia están para saír. Son dous tomos que se titulan “ Estudos de toponimia galega”, pareceulles ben o que xa tiña publicado, é un reconto do que xa tiña, en concreto agora están elaborando os índices. 10.-O seu propio nome tampouco é común ¿Cal é a súa orixe? Nicandro é un nome grego composto de ' NiKé, Nice' , (Nikn= vencer), e 'Andros' (home) que en conxunto significa “home vencedor”. Ares é o xentilicio persoal do nome Arius, opino que aquí non ten que ver co deus da guerra Ares. 11.-Sabemos que vostede é “ membro correspondente “ da RAG , poderíanos explicar o significado desta expresión? ¿En que medida colabora vostede coa RAG? É unha dignidade moi grande á que lle resto importancia. Colaboro no que me piden, pero o membro correspondente non é o mesmo que membro numerario, que por exemplo teñen a facultade de elixir o Presidente, coma nestes días. 12.-¿Que supuxo , para vostede, este recoñecemento? ¿ Segundo os medios de comunicación por que amosou tantas reticencias para aceptar este nomeamento? Supuxo un honor, pero estou moi agusto aquí, por exemplo, que estamos caladiños e non hai ruído, nin un motor nin nada. Teño 86 anos e vou cumprir 87, non pretendo máis nada. 13.-¿Cal foi o seu labor coma representante da Diócese na Xunta do Museo Provincial? ¿E como vocal da comisión de Arte Sacro da diócese de Lugo? Eu fun membro do Museo Provincial, pero non había conexión entre o Museo Provincial e o Museo Diócesano, que está na Catedral(Lugo). Os seus contidos son de tipo relixioso, imaxes de santos, e hai algunha peza que creo que é extraordinaria, por exemplo un crismón coas letras de Cristo. 14.-Podería comentarnos topónimos como: Bóveda,Prógalo,Garaloces, A Gramela,Taboelle,Xuxaos,. Prógalo – Prógalo é un nome que en latín é nome de persoa, Procul, cando alguén nacía fóra do seu sitio, por exemplo cando viña de Roma e nacía aquí(proculus= desde una distancia), de aí Prógalo.
  • 5. Taboelle- É un topónimo da parroquia de Orbazai, é un nome persoal,provén dun xenitivo latino. Hai que supoñer que Taboelle, estaba precedido dun nome desaparecido actualmente(Villa Taboelle). Xuxaos- Depende moito de como se pronuncie, xa que se pode pronunciar 'Suchaos” por enriba dun plano, porque o latín ten dous adverbios, que dependendo de cal se poña, cambia o significado da palabra (sursum e deorsum, arriba ou abaixo). Bóveda – Dediquei un estudo ao concello de Bóveda, en”Lucensia”. É difícil de saber tamén de onde vén. Corominas, no seu Dicionario Etimolóxico relacionábao coa construción, con dar voltas pero logo en edicións posteriores do Dicionario rectifica a idea inicial. Tamén se pensa que é unha palabra de orixe visigótica, eu penso doutra maneira: orixe latina procedente de bos,bovis(xenitivo), aparece rexistrado documentalmente Bovatella( Bovadilla), Bovata, Bovadela(Ourense) ,comentado tamén polo Padre Sarmiento, Bovata significa “terra arada por bois”. Entrevista realizada por: Sandra Gordedo Osorio, Raquel Coucheiro Sepúlveda, Noelia Fernández Sánchez. 4º ESO. Santa Eulalia de Bóveda 24-4-2013 Transcrición: Raquel Carballo Ferrero, Antía Díaz Gayoso. 4º ESO Coordinación: Mª Xesús Adán López (IES Muralla Romana)