FUNDACIÓN MARIA S. COLMEIRO
COLEXIO PLURILINGÜE
 MARIA INMACULADA
    SILLEDA (Pontevedra)




IDEARIO
FUNDACIÓN MARIA S. COLMEIRO
                       COLEXIO PLURILINGÜE
                        MARIA INMACULADA
                              SILLEDA (Pontevedra)



                           IDEARIO

                         PREÁMBULO
     A Constitución e as Leis que a desenvolven, recoñecen o
dereito de todos á educación e á liberdade de ensinanza. Nunha
sociedade democrática e pluralista como a nosa están garantidos
dereitos e liberdades tales como o dereito a unha escola que
promova o desenvolvemento integral das persoas, a elixir o tipo de
educación para os seus fillos, a crear e dirixir escolas e impartir un
determinado tipo de educación, a realizar unha acción docente con
liberdade consonte ás características propias do centro,...
     Os poderes públicos son os responsables de asegurar os
dereitos e liberdades dos cidadáns e facer posible o exercicio
práctico do dereito de todos a educación, asegurando a gratuidade
nos tramos obrigatorios e a liberdade de ensinanza.
    Neste contexto, as diferentes concepcións do ser humano,
da vida e do mundo orixinan unha pluralidade de ofertas
educativas e unha diversidade de centros.
     Neste marco, a Fundación Maria S. Colmeiro (Colexio María
Inmaculada) consonte ós seus fins e compromisos estatutarios
ofrece o seu particular Proxecto Educativo.
A NOSA IDENTIDADE
      O COLEXIO MARÍA INMACULADA de Silleda (CMI) promovido pola
Fundación María S. Colmeiro e consonte ós seus estatutos, é un Colexio
Confesional cristián-católico e ten como norma suprema de actuación para
os pais, profesores, alumnos e persoal vencellado ó mesmo, a doctrina da
Igrexa Católica e, como criterio interpretativo da mesma, a doctrina e
orientacións do Papa, dos Organismos da Santa Sede e do Prelado
Diocesano. En consecuencia:
     .- Forma parte da Parroquia de Silleda compartindo
                                                                A Fundacion María
a súa misión evanxelizadora.                                 Seoane Comeiro é unha
     .- Promove a educación integral dos seus alumnos          Institución Benéfico-
dende unha visión cristiá do ser humano e do mundo.          Docente e foi declarada
                                                              de Interese Galego en
      .– Prepara ós seus alumnos para o compromiso                      1998
social, en orde a creación dunha sociedade máis xusta e
solidaria.
     .– Esta aberto a todos os que desexen a educación que ofrece.
     .– Acóllese a financiación pública para garantir a gratuidade da
educación e evitar toda discriminación por motivos económicos e
     .- Estructúrase como Comunidade Educativa coa participación de todos
os que a configuran e asumen o seu Proxecto Educativo.


              A NOSA PROPOSTA EDUCATIVA
     No CMI procuramos favorecer o crecemento e a maduración dos
alumnos en todas as súas dimensións. Con este propósito:
      -Axudámolos a descubrir       e   potenciar   as    súas   posibilidades
físicas,intelectuais e afectivas.
      -Educamos a súa dimensión social e promovemos a inserción no mundo
de xeito crítico, responsable e constructivo.
     -Fomentamos o desenvolvemento ético e transcendente da persoa e
promovemos o descubrimento de valores e a formación de actitudes.
      A educación cristia debe ter sempre o carácter dun ofrecemento
respectuoso en relación á liberdade de todos os alumnos, os profesores e as
familias, quen, en reciprocidade, deben respectar o carácter propio do Centro
consonte ós seguintes criterios:
-Anunciamos explicitamente a mensaxe de Xesús e promovemos a
formación de alumnos conscientes e responsables a través da presentación
fundamentada da Relixión.
      -Favorecemos a coherencia entre Fe e o conxunto de saberes, valores
e actitudes dos crentes, de xeito que desemboque na sintese entre a Fe e a
vida, e na súa participación activa na comunidade.
    -Educamos en e para a liberdade, a xustiza, a solidariedade e a paz
como valores que enriquecen a acción educativa.


O NOSO ESTILO NA ACCIÓN EDUCATIVA
     O noso estilo educativo nace do espíritu promovido pola figura de Dª
María Seoane Colmeiro e os fins e compromisos da Fundación que leva o
seu nome, entre os que cabe destacar:
     -O amor e a entrega considerados como punto de partida para unha
educación integral e como únicos medios que a fan posible.
    -Unha relación sinxela e próxima entre todos os membros da
comunidade educativa.
      -O desenvolvmento         de   valores   de
solidariedade e fraternidade.                        O Colexio María Inmaculada
     -Unha educación personalizadora capaz           forma parte da Parroquia de
de integrar de xeito harmónico todas as               Silleda compartindo a súa
dimensións humanas.                                     misión evanxelizadora.
     - Unha pedagoxía activa, realista e práctica.
     -Un compromiso cos intereses dos menos favorecidos social e
economicamente.
      -A constancia, tenacidade, amor ó traballo ben feito, fundamento dunha
tarefa educativa responsable.
      Neste sentido o CMI quere ofrecer unha educación de calidade
orientada a promover o descubrimento de valores e formación de actitudes
mediante un clima escolar axeitado, cunha metodoloxía innovadora e flexible,
aberta a experimentación pedagóxica e capaz de fomentar o
desenvolemento intelectual para que cadaquén chegue ó maximo das súas
capacidades e posibilidades.
     Por último consideramos importante avaliar todas as nosas accións de
cara a unha mellora continua tendo como referencia explícita a noma ISO
9001-2000.
A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

     Queremos que noso Centro sexa unha Comunidade Educativa onde..

      ... a Entidade Titular facilite os principios e criterios de actuación que
garanticen a calidade da educación cristia que queremos impartir;
      ...os Alumnos interveñan activamente na vida do Centro e asuman
responabilidades proporcionadas á súa idade e capacidade;
      ...os Profesores se impliquen na preparación, realización e avaliación
do Proxecto Educativo.
      ...os Pais, as nais ou titores legais, primeiros responsables da
educación dos seus fillos, participen na vida do Centro e presten o seu apoio
a través, sobre todo, da Asociación de Pais e Nais de Alumnos e
      ...o Persoal de administración e servicios aporte a súa valiosa
colaboración necesaria para un bo funcionamento do Centro.




               O NOSO MODELO DE XESTIÓN
      Todos os compoñentes que configuran a Comunidade Educativa do CNI
actúan cunha finalidade primordial: a formación integral dos alumnos. Con
esa intención:
      -Contamos cun Proxecto Educativo que concreta a realización gradual e
progresiva da nosa proposta a través de diferentes órganos de goberno,
participación e xestión.
      -Alentamos a participación de todos/as na vida do Centro de cara a
configurar unha auténtica Comunidade Educativa.
      -Contamos cun Regulamento de Rexime Interior que describe a
organización e funcionamento do Centro asegurando unha axeitada
coordenación de todos os organos.
      -Temos un Consello Escolar e un Consello de Pastoral que promove a
actualización do Proxecto Educativo, favorece a inserción no entorno social e
eclesial e fomenta a corresponsabilidade.
Fundación María Seoane Colmeiro
Fundación Benéfico-Docente declarada de Interese Galego

                COLEXIO PLURILINGÜE
                MARIA INMACULADA

                 Rúa María Colmeiro, 4
                       986-58.00.13
              36540.– SILLEDA (Pontevedra)
            www.colexiomariainmaculada.es
   e-mail: cpr.maria.inmaculada.silleda@edu.xunta.es

Ideario

  • 1.
    FUNDACIÓN MARIA S.COLMEIRO COLEXIO PLURILINGÜE MARIA INMACULADA SILLEDA (Pontevedra) IDEARIO
  • 2.
    FUNDACIÓN MARIA S.COLMEIRO COLEXIO PLURILINGÜE MARIA INMACULADA SILLEDA (Pontevedra) IDEARIO PREÁMBULO A Constitución e as Leis que a desenvolven, recoñecen o dereito de todos á educación e á liberdade de ensinanza. Nunha sociedade democrática e pluralista como a nosa están garantidos dereitos e liberdades tales como o dereito a unha escola que promova o desenvolvemento integral das persoas, a elixir o tipo de educación para os seus fillos, a crear e dirixir escolas e impartir un determinado tipo de educación, a realizar unha acción docente con liberdade consonte ás características propias do centro,... Os poderes públicos son os responsables de asegurar os dereitos e liberdades dos cidadáns e facer posible o exercicio práctico do dereito de todos a educación, asegurando a gratuidade nos tramos obrigatorios e a liberdade de ensinanza. Neste contexto, as diferentes concepcións do ser humano, da vida e do mundo orixinan unha pluralidade de ofertas educativas e unha diversidade de centros. Neste marco, a Fundación Maria S. Colmeiro (Colexio María Inmaculada) consonte ós seus fins e compromisos estatutarios ofrece o seu particular Proxecto Educativo.
  • 3.
    A NOSA IDENTIDADE O COLEXIO MARÍA INMACULADA de Silleda (CMI) promovido pola Fundación María S. Colmeiro e consonte ós seus estatutos, é un Colexio Confesional cristián-católico e ten como norma suprema de actuación para os pais, profesores, alumnos e persoal vencellado ó mesmo, a doctrina da Igrexa Católica e, como criterio interpretativo da mesma, a doctrina e orientacións do Papa, dos Organismos da Santa Sede e do Prelado Diocesano. En consecuencia: .- Forma parte da Parroquia de Silleda compartindo A Fundacion María a súa misión evanxelizadora. Seoane Comeiro é unha .- Promove a educación integral dos seus alumnos Institución Benéfico- dende unha visión cristiá do ser humano e do mundo. Docente e foi declarada de Interese Galego en .– Prepara ós seus alumnos para o compromiso 1998 social, en orde a creación dunha sociedade máis xusta e solidaria. .– Esta aberto a todos os que desexen a educación que ofrece. .– Acóllese a financiación pública para garantir a gratuidade da educación e evitar toda discriminación por motivos económicos e .- Estructúrase como Comunidade Educativa coa participación de todos os que a configuran e asumen o seu Proxecto Educativo. A NOSA PROPOSTA EDUCATIVA No CMI procuramos favorecer o crecemento e a maduración dos alumnos en todas as súas dimensións. Con este propósito: -Axudámolos a descubrir e potenciar as súas posibilidades físicas,intelectuais e afectivas. -Educamos a súa dimensión social e promovemos a inserción no mundo de xeito crítico, responsable e constructivo. -Fomentamos o desenvolvemento ético e transcendente da persoa e promovemos o descubrimento de valores e a formación de actitudes. A educación cristia debe ter sempre o carácter dun ofrecemento respectuoso en relación á liberdade de todos os alumnos, os profesores e as familias, quen, en reciprocidade, deben respectar o carácter propio do Centro consonte ós seguintes criterios:
  • 4.
    -Anunciamos explicitamente amensaxe de Xesús e promovemos a formación de alumnos conscientes e responsables a través da presentación fundamentada da Relixión. -Favorecemos a coherencia entre Fe e o conxunto de saberes, valores e actitudes dos crentes, de xeito que desemboque na sintese entre a Fe e a vida, e na súa participación activa na comunidade. -Educamos en e para a liberdade, a xustiza, a solidariedade e a paz como valores que enriquecen a acción educativa. O NOSO ESTILO NA ACCIÓN EDUCATIVA O noso estilo educativo nace do espíritu promovido pola figura de Dª María Seoane Colmeiro e os fins e compromisos da Fundación que leva o seu nome, entre os que cabe destacar: -O amor e a entrega considerados como punto de partida para unha educación integral e como únicos medios que a fan posible. -Unha relación sinxela e próxima entre todos os membros da comunidade educativa. -O desenvolvmento de valores de solidariedade e fraternidade. O Colexio María Inmaculada -Unha educación personalizadora capaz forma parte da Parroquia de de integrar de xeito harmónico todas as Silleda compartindo a súa dimensións humanas. misión evanxelizadora. - Unha pedagoxía activa, realista e práctica. -Un compromiso cos intereses dos menos favorecidos social e economicamente. -A constancia, tenacidade, amor ó traballo ben feito, fundamento dunha tarefa educativa responsable. Neste sentido o CMI quere ofrecer unha educación de calidade orientada a promover o descubrimento de valores e formación de actitudes mediante un clima escolar axeitado, cunha metodoloxía innovadora e flexible, aberta a experimentación pedagóxica e capaz de fomentar o desenvolemento intelectual para que cadaquén chegue ó maximo das súas capacidades e posibilidades. Por último consideramos importante avaliar todas as nosas accións de cara a unha mellora continua tendo como referencia explícita a noma ISO 9001-2000.
  • 5.
    A NOSA COMUNIDADEEDUCATIVA Queremos que noso Centro sexa unha Comunidade Educativa onde.. ... a Entidade Titular facilite os principios e criterios de actuación que garanticen a calidade da educación cristia que queremos impartir; ...os Alumnos interveñan activamente na vida do Centro e asuman responabilidades proporcionadas á súa idade e capacidade; ...os Profesores se impliquen na preparación, realización e avaliación do Proxecto Educativo. ...os Pais, as nais ou titores legais, primeiros responsables da educación dos seus fillos, participen na vida do Centro e presten o seu apoio a través, sobre todo, da Asociación de Pais e Nais de Alumnos e ...o Persoal de administración e servicios aporte a súa valiosa colaboración necesaria para un bo funcionamento do Centro. O NOSO MODELO DE XESTIÓN Todos os compoñentes que configuran a Comunidade Educativa do CNI actúan cunha finalidade primordial: a formación integral dos alumnos. Con esa intención: -Contamos cun Proxecto Educativo que concreta a realización gradual e progresiva da nosa proposta a través de diferentes órganos de goberno, participación e xestión. -Alentamos a participación de todos/as na vida do Centro de cara a configurar unha auténtica Comunidade Educativa. -Contamos cun Regulamento de Rexime Interior que describe a organización e funcionamento do Centro asegurando unha axeitada coordenación de todos os organos. -Temos un Consello Escolar e un Consello de Pastoral que promove a actualización do Proxecto Educativo, favorece a inserción no entorno social e eclesial e fomenta a corresponsabilidade.
  • 6.
    Fundación María SeoaneColmeiro Fundación Benéfico-Docente declarada de Interese Galego COLEXIO PLURILINGÜE MARIA INMACULADA Rúa María Colmeiro, 4 986-58.00.13 36540.– SILLEDA (Pontevedra) www.colexiomariainmaculada.es e-mail: cpr.maria.inmaculada.silleda@edu.xunta.es