II Encontro decentros para unha convivencia
positiva
Conclusións da miña mesa
Dinámica World Café “ Intercambios de boas prácticas entre iguais “
Lourdes Otero Rodríguez
2.
CONCLUSIÓNS WORLD-CAFÉ
Coordinadora: LourdesOtero Rodríguez
Experiencias de boas prácticas nos centros
CENTRO EXPERIENCIA
1. Centro Residencial “A Coruña” A EMPATÍA
Dado que é un centro residencial increméntanse os espazos e os tempos para convivir e iso fai que as
oportunidades de aprender a resolver conflictos dun xeito pacífico tamén aumenten. Constitúen polo tanto,
experiencias intensas e auténticas ocasións para enriquecerse e formarse como persoa. As educadoras deste
Centro traballan co alumnado a EMPATÍA desde un enfoque preventivo antes de chegar a un proceso de
mediación
2.IES “Castro Alobre”. Vilagarcía TEMPO GAÑADO
Romper a dinámica dunha estructurada dunha clase con algunha dinámica informal ( unha curta…) permite
un achegamento afectivo ó alumnado , gañar a confianza e a complicidade do alumno. Completar e anexar no
boletín de notas observacións que recollan aspectos positivos que o titor percibiu ó longo do trimestre ( algún
verso …). Agasaios na época do Nadal con algo simbólico co algún doce navideño
3.IES Isidro Parga Pondal
Carballo
ALUMNO AXUDANTE
Creación dunha rede de alumnado axudante en 1º de ESO como un paso máis a estructura de mediación
( asentada no centro fai 8 anos ). O proxecto empeza este curso coa formación de tres alumnos por grupo
( sumando un total de 12 ). O protocolo foi elaborado polo Equipo de Mediación e Convivencia o curso pasado
e aprobado polo Claustro para a posta en marcha este curso. Organizativamente supuxo un compromiso forte
do profesorado pola condicionamento dos horarios ( unificación da hora presencial de titoría nos catro
grupos) para poder dinamizar o alumnado formado como equipo de axuda. Tamén supuxo que a escolla deste
alumnado axudante, como fase previa a súa formación, fose traballado con actividades específica nas horas de
titoría a principios de curso ( garda similitudes coa selección de delegado).
4.IES Nª 1 Elviña AULA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Esta aula atende a alumnos que teñen un patrón de comportamento parecido en canto a disrupción e carencia
de habilidades sociais . A selección desde alumnado establécese por decisión da xunta de avaliación. Esta aula
está atendida por un Educador Social, unha profesora de Pedagoxía Terapéutica, unha profesora que leva a
cabo un Obradoiro de Alimentación e a Orientadora. O límite máximo de alumnos é de 5 alumnos .
3.
5.Asesora do Centrode
Formación e Recurso de
Pontevedra.
APRENDIZAXE COOPERATIVO ENTRE PROFESORES
Esta experiencia ponse en práctica nun grupo de traballo que se forma nun IES de Pontevedra que dinamiza a
asesora do CEFORE desta provincia “ Rosana de París”. A finalidade é que os profesores experimenten o rol do
alumnado empregando unha metodoloxía de grupos cooperativos integrando as TIC , en concreto o Google
Drive para que neste espazo na nube poidan recoller as dificultades coas que se atoparon, aspectos a
mellorar , aspectos positivos que conleva, propostas e modificacións…
6. PRETEXTOS PARA FALAR
Aproveitar os espazos de lecer ( recreos ) para formar comunidades educativas ó redor de Obradoiros
facilitando a comunicación e o establecemento de relacións persoais entre os membros da comunidade
educativa coa conseguinte cercanía afectiva.
7.IES Pobra do Caramiñal COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Establecemento dunha comisión de convivencia formada polo Educador Social do Concello, representante do
persoal non docente do Centro, país, alumnos, profesores, membros do equipo directivo, orientador..) cunha
adicación de dúas horas semanais de reunión. Isto é un gran logro acadado neste centro educativo e que está
instaurado dende fai varios anos. Tamén é significativo que haxa permanencia de determinados componentes
desta comisión dende o seu inicio, o cal garantiza a continuidade e o fortalecemento desta estructura.
8.IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
Perillo . A Coruña
Auditoría con delegados
A fináis de cada un dos tres trimestres os mediadores reúnense cos delegados dos distintos grupos. Isto
permite ter unha idea de cal é o clima social da aula , detectar conflictos, analizar aqueles grupos donde hai
máis disrupcións, en qué momentos da xornada lectiva aumenta esta disrupción, alumnos aillados ou que
estén atravesando por momentos difíciles… A identificación destas situacións permite establecer medidas
como organizar equipos de axuda ó titor ( delegados e mediadores ) para tratar de introducir melloras
naqueles grupos máis disruptivos , facer labores de acompañamento en tempos de lecer para alumnos con
dificultades de relación persoal… É fundamental que se recolla entre as tarefas que ten que asumir o delegado
estas auditorías. No enlace que se xunta podedes atopar máis información:
http://orientateenperillo.blogspot.com/2014/01/auditorias-cos-delegados-dende-fai.html?spref=tw