Plan de Desenvolvemento
Europeo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Bormoio-Agualada 
Coristanco, A Coruña. 
12/02/2019 
   
 
Introdución 2 
Contexto 3 
Obxectivos 5 
Implementación 6 
Resultados Esperados 7 
Para o centro: 7 
Para o mestrado: 8 
Para o alumnado: 8 
Difusión 9 
Avaliación e actualización 10 
1
Introdución
Este novo mundo, inmerso nun gran proceso globalizador desde a                   
segunda metade do século XX, fai que sexa cada vez máis necesario facer                         
fronte aos novos retos que se derivan da paulatina desaparición das                     
fronteiras que tradicionalmente establecíanse entre países no plano               
económico, político, cultural e social. Neste sentido, resulta evidente que                   
dende as idades máis temperás a educación debe ter entre un dos seus                         
principais obxectivos o de dotar os cidadáns de instrumentos útiles para                     
desenvolver competencias que lles permitan adaptarse axeitadamente a               
unha nova sociedade cada vez máis interdependente e global. 
 
No noso centro intentamos dar respostas a cidadanía, partindo dunha                   
análise global das nosas necesidades para ofrecer estratexias de traballo que                     
se encamiñen non só a unha mellora significativa na competencia                   
comunicativa en linguas estranxeiras, se non tamén a un proceso                   
permanente de aprendizaxe inclusivo, tolerante, cooperativo, dinámico e de                 
mobilidade nunha dimensión cada vez máis internacional.  
 
Como recoñece a Unión Europea, a aprendizaxe de linguas                 
estranxeiras cobra unha especial relevancia neste plano para poder                 
desenvolverse nun contexto pluricultural e plurilingüe. Deste xeito, o noso                   
centro continúa a propoñer liñas de traballo relacionadas con este último                     
obxectivo, como no caso das sección bilingües. Isto faise co convencemento                     
de conseguir un aumento significativo da competencia comunicativa nas                 
linguas estranxeiras tanto no alumnado como no mestrado. 
 
Atopamos no marco da Unión Europea un contexto excelente para a                     
promoción da calidade en toda a comunidade educativa, así como un gran  
apoio para a internacionalización, modernización e innovación da nosa                 
formación e cultura propia, e a partir dela, chegar a todas as demais.   
2
 
Presentamos este plan con toda a boa intención e co convencemento                     
pleno de que seguindo este camiño, estamos poñendo en marcha as bases                       
para un futuro mellor a curto, medio e largo prazo da nosa comunidade                         
educativa.  
Contexto
O ​CEIP de Bormoio-Agualada está situado na localidade de                 
Agualada, no concello de Coristanco e dista uns 12 km de Carballo (capital                         
comarcal) e uns 45 km da cidade de A Coruña. A localidade está                         
escasamente dotada de servicios relacionados coa educación ou cultura                 
debendo acudir a Carballo para asistir a algún deles. É un centro de ​carácter                           
rural ​que recolle ao alumnado de moi diversas parroquias e zonas do                       
concello. É un centro de liña un, con un total de 84 alumnos​. O nivel de vida                                 
na zona na que se enmarca o centro é medio-baixo, destacando as                       
actividades relacionadas co sector primario e, tamén, cun forte compoñente                   
de éxodo rural en especial a Carballo e A Coruña. Este centro ten a xornada                             
mixta​, que unido a unha situación xeográfica do alumnado moi espallada,                     
condiciona e dificulta a conciliación familiar de toda a comunidade                   
educativa, tendo como consecuencias máis importantes unha gran               
inestabilidade do mestrado e unha baixa participación das familias ​nos                   
asuntos de centro. 
 
A emigración exterior está sufrindo un proceso de retorno bastante                   
claro dos emigrantes e comezan a aparecer os primeiros casos, aínda que                       
moi esporádicos, de inmigrantes. É de subliñar unha moi elevada                   
porcentaxe de persoas maiores de 65 anos que case duplica á de menores  
de 15. Todo isto leva a unha forte ​regresión do crecemento demográfico                       
manifestado nunhas taxas de mortalidade moi superiores ás de natalidade                   
en toda a zona de influencia e, tamén, a un descenso paulatino pero  
3
 
inexorable do número de habitantes, o que se materializa nun menor                     
número de nenos. A lingua de expresión de practicamente todos os                     
alumnos e de case todos os profesores é o ​galego​, que é o que usan tamén                               
na contorna familiar e social. Alén disto, contamos con unha pequena                     
minoría na comunidade educativa que utiliza o árabe como lingua vehicular                     
no ámbito familiar. 
 
No noso centro ​apostamos polas linguas​, as maternas e as                   
estranxeiras. Somos un centro que imparte a materia de Educación Plástica                     
en inglés, e temos como materia de libre configuración no 6º nivel da EP,                           
francés. Somos un centro que segue ​diferentes liñas pedagóxicas​: como                   
son o fomento da convivencia e do feminismo, sempre tendo a nosa                       
biblioteca como eixe vertebrador e dinamizador; o uso da radio escolar                     
como ferramenta pedagóxica, a radio “Vixoteira”; a participación en                 
programas respetuosos co noso medio e unha gran promoción do galego e                       
do noso patrimonio cultural.  
 
No ​CEIP de Bormoio-Agualada ​somos unha pequena gran familia, na                   
que todas as mestras e mestres traballamos de maneira cooperativa e                     
transversal, involucrando a todos os niveis de alumnado. O nivel do                     
mestrado en competencia de linguas estranxeiras é medio-baixo, mais                 
somos un centro curioso, con inquietudes, cun gran nivel de motivación e  
crecente interese por mellorar a nosa formación, como se demostra na nosa                       
partición no plan de formación permanente do profesorado en vigor. 
 
Este centro xa participou na rede de centros colaboradores do                   
programa ​Comenius ​no pasado, mais este ano comezamos a realizar                   
proxectos na plataforma ​etwinning ​e gustaríanos crear máis pontes e                   
establecer máis lazos que nos abran as portas á un dos programas de                         
mobilidade educativa máis grandes que existe:​ o Erasmus +. 
 
4
Obxectivos
1. Mellorar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras. 
✓ Participación en cursos de inmersión lingüística 
✓ Promover a diversidade lingüística como riqueza cultural 
✓ Mellorar e ampliar o programa de seccións bilingües. 
 
2. Innovación, actualización e formación permanente do profesorado. 
✓ Facilitar a formación continua do mestrado mediante a               
realización de cursos nas diferentes competencias do currículo. 
✓ Impulsar a elaboración de proxectos innovadores e de calidad. 
✓ Creación de material CLIL. 
 
3. Combater o fracaso escolar. 
✓ Mellorar a atención individualizada e polo tanto á diversidade                 
para unha maior integración e convivencia. 
✓ Adquirir novas competencias dirixidas á resolución de             
problemas na aprendizaxe e á resolución pacífica de conflictos. 
✓ Coñecer outras metodoloxías inclusivas e integradoras. 
✓ Formación na prevención do fracaso escolar. 
✓ Integrar métodos innovadores e sistemas alternativos no             
centro.. 
 
4. Internacionalización e modernización da escola. 
✓ Dar a coñecer o noso centro ao exterior. 
✓ Maior difusión das actividades do centro por medio das TICs. 
✓ Abrir portas a novas colaboracións e establecer lazos con outras                   
institucións. 
✓ Facilitar a mobilidade do persoal do centro, así como a do propio                       
alumnado. 
✓ Mellorar a conciliación familiar de toda a comunidade. 
5
 
 
✓ Cooperar con centros asociados no intercambio de             
coñecemento e experiencias educativas. 
✓ Visionado de outros sistemas educativos públicos para mellorar               
a nosa proposta curricular. 
 
5. Elevar o grado de motivación de toda a comunidade escolar. 
✓ Combater a gran inestabilidade docente no centro. 
✓ Elevar o interese por aprender do alumnado. 
✓ Combater o fracaso escolar. 
✓ Aumentar a participación das familias nas actividades de centro. 
✓ Traballar e aprender nun ambiente amable e positivo. 
 
 
Implementación
Para poder chegar a cumprir estes obxectivos, o centro                 
comprométese a seguir unha liña de traballo que afecte directamente á súa                       
consecución, como son: 
 
● Solicitude dun proxecto Erasmus+ KA1 no presente curso escolar. 
 
● Solicitude a medio-largo prazo, unha vez consolidados na formación                 
do mestrado nos proxectos ​Erasmus+ KA1 e avaliados os resultados,                   
dun proxecto ​Erasmus+ KA229​, que englobe o intercambio con outros                   
centros asociados e a propia mobilidade do alumnado.  
 
● Explorar a idea de transformación do noso centro nun centro                   
plurilingüe. 
 
6
 
 
● Mantemento e potenciación da plataforma educativa e-twinning para               
a realización de traballos cooperativos e por proxectos con outros                   
centros europeos, non só nas materias de lingua estranxeira, senón                   
tamén no resto. 
 
● Creación de redes de profesorado encaminadas á colaboración e á                   
aprendizaxe permanente. 
 
● Celebración do día de Europa o 9 de maio, potenciando aspectos                     
socioculturais que repercutan positivamente na nosa contorna. 
 
● Promoción, colaboración e organización de diferentes actividades con               
todos os estamento da comunidade educativa, así como fomentar a                   
relación do centro con empresas e organismos públicos locales                 
(concello) e rexionais (CFR, inspección educativa, consellería). 
 
 
Resultados Esperados
Desde o centro, esperamos que coa implantación deste plan,                 
poidamos facilitar unha formación de calidade á nosa comunidade e obter                     
grandes beneficios en todos os niveis, tanto no plano organizativo como no                       
didáctico, que nos axuden a impulsar unha renovación metodolóxica, máis                   
xusta, feminista e inclusiva para toda a comunidade, contribuíndo así a ser                       
exemplo e espello para a nosa sociedade. 
 
7
Para o centro:
● Mellora da calidade educativa a nivel xeral. 
● Modernizar a propia xestión do centro. 
● Establecer lazos con outras entidades internacionais. 
● Mellora da imaxe e do prestixio do centro. 
● Difusión do impacto positivo dos programas Europeos na               
contorna. 
● Aumento da matrícula e das altas de novo alumnado. 
● Maior estabilidade do mestrado fixo no centro. 
● Maior participación das familias nas actividades de centro. 
● Mellora da conciliación familiar de toda a comunidade. 
Para o mestrado:
● Aumento da competencia comunicativa en lingua estranxeira. 
● Facilitar o acceso a novas correntes metodolóxicas innovadoras               
e alternativas. 
● Elevar o nivel de motivación. 
● Mellorar a competencia dixital e o desenvolvemento e               
aplicación de recursos TICs. 
● Coñecemento e difusión de etwinning para posibles             
intercambios de información. 
● Coñecemento de novas culturas, sistemas educativos e             
experiencias docentes. 
8
Para o alumnado:
● Mellorar a competencia comunicativa en lingua estranxeira. 
● Despertar interese por coñecer outras culturas. 
● Valorar a lingua propia e a estranxeira como unha gran riqueza                     
cultural. 
● Facilitar as posibilidades de mobilidade. 
● Valorar e aceptar a diversidade: todos somos únicos e á vez                     
diferentes; todos sumamos, todos aportamos. 
● Mellorar a súa motivación, e polo tanto mellorar o proceso de                     
ensino-aprendizaxe. 
● Valorar e coñecer a diversidade cultural de Europa. 
 
 
Difusión
✓ Inclusión como punto de orde do día nos órganos colexiados, con                     
seguimento explícito na reunión semanal de mestres.  
✓ Creación dun espazo público para a exposición e visualización de                   
traballos, información e material fotográfico relacionado co proxecto. 
✓ Creación dun espazo na páxina web do centro con información das                     
actividades. 
✓ Creación dun equipo de coordinación de programas europeos. 
✓ Publicación de notas de prensa, se procede​.
9
Avaliación e actualización
Despois de cada curso formativo no exterior, as persoas que asistan a                       
esta formación farán unha pequena presentación a modo de difusión co                     
aprendido no claustro, sexa curso formativo, conferencia ou observación                 
directa nun centro asociado. Para avanzar no desenvolvemento de unha                   
visión innovadora dos procesos de aprendizaxe, o centro avaliará o proxecto                     
na Memorial Anual para que os obxectivos, que aínda que deben                     
contemplarse a medio e largo prazo, sexan contextualizados e actualizados                   
nos órganos colexiados do centro. Desta forma, estes cambios serán                   
integrados no Proxecto Educativo de Centro (PEC).
10

Plan de desenvolvemento europeo

  • 1.
    Plan de Desenvolvemento Europeo                   CEIPde Bormoio-Agualada  Coristanco, A Coruña.  12/02/2019     
  • 2.
      Introdución 2  Contexto 3  Obxectivos5  Implementación 6  Resultados Esperados 7  Para o centro: 7  Para o mestrado: 8  Para o alumnado: 8  Difusión 9  Avaliación e actualización 10  1
  • 3.
    Introdución Este novo mundo,inmerso nun gran proceso globalizador desde a                    segunda metade do século XX, fai que sexa cada vez máis necesario facer                          fronte aos novos retos que se derivan da paulatina desaparición das                      fronteiras que tradicionalmente establecíanse entre países no plano                económico, político, cultural e social. Neste sentido, resulta evidente que                    dende as idades máis temperás a educación debe ter entre un dos seus                          principais obxectivos o de dotar os cidadáns de instrumentos útiles para                      desenvolver competencias que lles permitan adaptarse axeitadamente a                unha nova sociedade cada vez máis interdependente e global.    No noso centro intentamos dar respostas a cidadanía, partindo dunha                    análise global das nosas necesidades para ofrecer estratexias de traballo que                      se encamiñen non só a unha mellora significativa na competencia                    comunicativa en linguas estranxeiras, se non tamén a un proceso                    permanente de aprendizaxe inclusivo, tolerante, cooperativo, dinámico e de                  mobilidade nunha dimensión cada vez máis internacional.     Como recoñece a Unión Europea, a aprendizaxe de linguas                  estranxeiras cobra unha especial relevancia neste plano para poder                  desenvolverse nun contexto pluricultural e plurilingüe. Deste xeito, o noso                    centro continúa a propoñer liñas de traballo relacionadas con este último                      obxectivo, como no caso das sección bilingües. Isto faise co convencemento                      de conseguir un aumento significativo da competencia comunicativa nas                  linguas estranxeiras tanto no alumnado como no mestrado.    Atopamos no marco da Unión Europea un contexto excelente para a                      promoción da calidade en toda a comunidade educativa, así como un gran   apoio para a internacionalización, modernización e innovación da nosa                  formación e cultura propia, e a partir dela, chegar a todas as demais.    2
  • 4.
      Presentamos este plancon toda a boa intención e co convencemento                      pleno de que seguindo este camiño, estamos poñendo en marcha as bases                        para un futuro mellor a curto, medio e largo prazo da nosa comunidade                          educativa.   Contexto O ​CEIP de Bormoio-Agualada está situado na localidade de                  Agualada, no concello de Coristanco e dista uns 12 km de Carballo (capital                          comarcal) e uns 45 km da cidade de A Coruña. A localidade está                          escasamente dotada de servicios relacionados coa educación ou cultura                  debendo acudir a Carballo para asistir a algún deles. É un centro de ​carácter                            rural ​que recolle ao alumnado de moi diversas parroquias e zonas do                        concello. É un centro de liña un, con un total de 84 alumnos​. O nivel de vida                                  na zona na que se enmarca o centro é medio-baixo, destacando as                        actividades relacionadas co sector primario e, tamén, cun forte compoñente                    de éxodo rural en especial a Carballo e A Coruña. Este centro ten a xornada                              mixta​, que unido a unha situación xeográfica do alumnado moi espallada,                      condiciona e dificulta a conciliación familiar de toda a comunidade                    educativa, tendo como consecuencias máis importantes unha gran                inestabilidade do mestrado e unha baixa participación das familias ​nos                    asuntos de centro.    A emigración exterior está sufrindo un proceso de retorno bastante                    claro dos emigrantes e comezan a aparecer os primeiros casos, aínda que                        moi esporádicos, de inmigrantes. É de subliñar unha moi elevada                    porcentaxe de persoas maiores de 65 anos que case duplica á de menores   de 15. Todo isto leva a unha forte ​regresión do crecemento demográfico                        manifestado nunhas taxas de mortalidade moi superiores ás de natalidade                    en toda a zona de influencia e, tamén, a un descenso paulatino pero   3
  • 5.
      inexorable do númerode habitantes, o que se materializa nun menor                      número de nenos. A lingua de expresión de practicamente todos os                      alumnos e de case todos os profesores é o ​galego​, que é o que usan tamén                                na contorna familiar e social. Alén disto, contamos con unha pequena                      minoría na comunidade educativa que utiliza o árabe como lingua vehicular                      no ámbito familiar.    No noso centro ​apostamos polas linguas​, as maternas e as                    estranxeiras. Somos un centro que imparte a materia de Educación Plástica                      en inglés, e temos como materia de libre configuración no 6º nivel da EP,                            francés. Somos un centro que segue ​diferentes liñas pedagóxicas​: como                    son o fomento da convivencia e do feminismo, sempre tendo a nosa                        biblioteca como eixe vertebrador e dinamizador; o uso da radio escolar                      como ferramenta pedagóxica, a radio “Vixoteira”; a participación en                  programas respetuosos co noso medio e unha gran promoción do galego e                        do noso patrimonio cultural.     No ​CEIP de Bormoio-Agualada ​somos unha pequena gran familia, na                    que todas as mestras e mestres traballamos de maneira cooperativa e                      transversal, involucrando a todos os niveis de alumnado. O nivel do                      mestrado en competencia de linguas estranxeiras é medio-baixo, mais                  somos un centro curioso, con inquietudes, cun gran nivel de motivación e   crecente interese por mellorar a nosa formación, como se demostra na nosa                        partición no plan de formación permanente do profesorado en vigor.    Este centro xa participou na rede de centros colaboradores do                    programa ​Comenius ​no pasado, mais este ano comezamos a realizar                    proxectos na plataforma ​etwinning ​e gustaríanos crear máis pontes e                    establecer máis lazos que nos abran as portas á un dos programas de                          mobilidade educativa máis grandes que existe:​ o Erasmus +.    4
  • 6.
    Obxectivos 1. Mellorar acompetencia comunicativa en linguas estranxeiras.  ✓ Participación en cursos de inmersión lingüística  ✓ Promover a diversidade lingüística como riqueza cultural  ✓ Mellorar e ampliar o programa de seccións bilingües.    2. Innovación, actualización e formación permanente do profesorado.  ✓ Facilitar a formación continua do mestrado mediante a                realización de cursos nas diferentes competencias do currículo.  ✓ Impulsar a elaboración de proxectos innovadores e de calidad.  ✓ Creación de material CLIL.    3. Combater o fracaso escolar.  ✓ Mellorar a atención individualizada e polo tanto á diversidade                  para unha maior integración e convivencia.  ✓ Adquirir novas competencias dirixidas á resolución de              problemas na aprendizaxe e á resolución pacífica de conflictos.  ✓ Coñecer outras metodoloxías inclusivas e integradoras.  ✓ Formación na prevención do fracaso escolar.  ✓ Integrar métodos innovadores e sistemas alternativos no              centro..    4. Internacionalización e modernización da escola.  ✓ Dar a coñecer o noso centro ao exterior.  ✓ Maior difusión das actividades do centro por medio das TICs.  ✓ Abrir portas a novas colaboracións e establecer lazos con outras                    institucións.  ✓ Facilitar a mobilidade do persoal do centro, así como a do propio                        alumnado.  ✓ Mellorar a conciliación familiar de toda a comunidade.  5
  • 7.
        ✓ Cooperar concentros asociados no intercambio de              coñecemento e experiencias educativas.  ✓ Visionado de outros sistemas educativos públicos para mellorar                a nosa proposta curricular.    5. Elevar o grado de motivación de toda a comunidade escolar.  ✓ Combater a gran inestabilidade docente no centro.  ✓ Elevar o interese por aprender do alumnado.  ✓ Combater o fracaso escolar.  ✓ Aumentar a participación das familias nas actividades de centro.  ✓ Traballar e aprender nun ambiente amable e positivo.      Implementación Para poder chegar a cumprir estes obxectivos, o centro                  comprométese a seguir unha liña de traballo que afecte directamente á súa                        consecución, como son:    ● Solicitude dun proxecto Erasmus+ KA1 no presente curso escolar.    ● Solicitude a medio-largo prazo, unha vez consolidados na formación                  do mestrado nos proxectos ​Erasmus+ KA1 e avaliados os resultados,                    dun proxecto ​Erasmus+ KA229​, que englobe o intercambio con outros                    centros asociados e a propia mobilidade do alumnado.     ● Explorar a idea de transformación do noso centro nun centro                    plurilingüe.    6
  • 8.
        ● Mantemento epotenciación da plataforma educativa e-twinning para                a realización de traballos cooperativos e por proxectos con outros                    centros europeos, non só nas materias de lingua estranxeira, senón                    tamén no resto.    ● Creación de redes de profesorado encaminadas á colaboración e á                    aprendizaxe permanente.    ● Celebración do día de Europa o 9 de maio, potenciando aspectos                      socioculturais que repercutan positivamente na nosa contorna.    ● Promoción, colaboración e organización de diferentes actividades con                todos os estamento da comunidade educativa, así como fomentar a                    relación do centro con empresas e organismos públicos locales                  (concello) e rexionais (CFR, inspección educativa, consellería).      Resultados Esperados Desde o centro, esperamos que coa implantación deste plan,                  poidamos facilitar unha formación de calidade á nosa comunidade e obter                      grandes beneficios en todos os niveis, tanto no plano organizativo como no                        didáctico, que nos axuden a impulsar unha renovación metodolóxica, máis                    xusta, feminista e inclusiva para toda a comunidade, contribuíndo así a ser                        exemplo e espello para a nosa sociedade.    7
  • 9.
    Para o centro: ●Mellora da calidade educativa a nivel xeral.  ● Modernizar a propia xestión do centro.  ● Establecer lazos con outras entidades internacionais.  ● Mellora da imaxe e do prestixio do centro.  ● Difusión do impacto positivo dos programas Europeos na                contorna.  ● Aumento da matrícula e das altas de novo alumnado.  ● Maior estabilidade do mestrado fixo no centro.  ● Maior participación das familias nas actividades de centro.  ● Mellora da conciliación familiar de toda a comunidade.  Para o mestrado: ● Aumento da competencia comunicativa en lingua estranxeira.  ● Facilitar o acceso a novas correntes metodolóxicas innovadoras                e alternativas.  ● Elevar o nivel de motivación.  ● Mellorar a competencia dixital e o desenvolvemento e                aplicación de recursos TICs.  ● Coñecemento e difusión de etwinning para posibles              intercambios de información.  ● Coñecemento de novas culturas, sistemas educativos e              experiencias docentes.  8
  • 10.
    Para o alumnado: ●Mellorar a competencia comunicativa en lingua estranxeira.  ● Despertar interese por coñecer outras culturas.  ● Valorar a lingua propia e a estranxeira como unha gran riqueza                      cultural.  ● Facilitar as posibilidades de mobilidade.  ● Valorar e aceptar a diversidade: todos somos únicos e á vez                      diferentes; todos sumamos, todos aportamos.  ● Mellorar a súa motivación, e polo tanto mellorar o proceso de                      ensino-aprendizaxe.  ● Valorar e coñecer a diversidade cultural de Europa.      Difusión ✓ Inclusión como punto de orde do día nos órganos colexiados, con                      seguimento explícito na reunión semanal de mestres.   ✓ Creación dun espazo público para a exposición e visualización de                    traballos, información e material fotográfico relacionado co proxecto.  ✓ Creación dun espazo na páxina web do centro con información das                      actividades.  ✓ Creación dun equipo de coordinación de programas europeos.  ✓ Publicación de notas de prensa, se procede​. 9
  • 11.
    Avaliación e actualización Despoisde cada curso formativo no exterior, as persoas que asistan a                        esta formación farán unha pequena presentación a modo de difusión co                      aprendido no claustro, sexa curso formativo, conferencia ou observación                  directa nun centro asociado. Para avanzar no desenvolvemento de unha                    visión innovadora dos procesos de aprendizaxe, o centro avaliará o proxecto                      na Memorial Anual para que os obxectivos, que aínda que deben                      contemplarse a medio e largo prazo, sexan contextualizados e actualizados                    nos órganos colexiados do centro. Desta forma, estes cambios serán                    integrados no Proxecto Educativo de Centro (PEC). 10