SlideShare a Scribd company logo
1 of 48
Descoberta e
investigación
Letras galegas 2016
MonDaporta
COUSIÑAS
FEITAS
NA CASA
OS NENOS DA RATA LUÍSA
Os nenos de Luisa souperon, na escola,
de cousas de antes… que non se fan agora.
A partir da lectura de “Os soños na gaiola” e outros poemas de
Manuel María, poeta ao que se lle dedica este ano 2016 o día
das Letras Galegas, e de escoitalos cantados polas voces de
Fuxan os Ventos e de Suso Vaamonde, das que tanto gustaron;
os nenos, xente nacida fóra do tempo que os poemas e as
cancións relatan, como son curiosos e inquiridores fixeron unha
viaxe histórico-etnográfica para descubriren e coñeceren o que
nelas aparece retratado e a importancia que tivo na vida dos
labregos ata ben entrada a segunda metade do século XX.
E buscando na rede,
e preguntando aos máis vellos,
fixeron este traballo para os seus compañeiros.
Viaxe
Historico-etnográfica
Para achegarse a algunhas cousas
da vida dos labregos que conta e
canta Manuel María
Labrego
Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.
Meu pai é labrego,
tamén meus avós:
Pasaron a vida
tripando terróns…!
…
Os soños na gaiola. 1972.
Labrego.- Persoa que se dedica a traballar a terra e vive dese traballo.
O labrego
O labrego tan só é unha cousa
que case non repousa.
Da sementeira á seitura
pasando pola cava,
a súa vida é moi dura
e moi escrava.
Sempre trafegando,
arando,
sachando,
mallando,
gadañando,
percurando o gando.
Sempre a ollar para o ceo
con medo e con receo.
Sempre a sementar ilusión,
poñendo na semente o corazón,
para colleitar pobreza
e máis tristura.
…
Versos para cantar en feiras e romaxes. 1969.
Ata ben entrada a segunda metade do
século XX os máis dos labregos galegos
dispoñían de moi poucas ferramentas,
todas simples e manuais.
Podían facer todos os seus labores con
só legóns, eixadas, fouces, gadañas,
forquillas, picañas, angazos, unha
navalla, unha machada, elementos
naturais e uns poucos trebellos
arrastrados polo gando: o arado, a
grade e o carro.
Traballos e ferramentas
do labrego
Traballos de todo o ano
A esfenda e a demouca é en Febreiro.
Bótanse as patacas en Marzo raioleiro
e seméntase tamén o trigo marceiro.
Bótase o millo da xente por Abril
cando o cuco saíu do cubil;
en Maio longo estará sachado il.
Polos días grandes de San Xoán
cóllese a nabiña, o lume novo fan;
mércanse as fouciñas para segar o pan.
No mes da Sega o sol pica moi duro,
ó segar o pan, o trigo está maduro;
mes de moito traballo e moito apuro.
Estamos no Agosto: a malla e a gadaña
que quere pouca forza e moita maña;
hai que botar os nabos, se barbaña.
O de Setembro é mes de San Miguel:
apaña das patacas, non hai mes coma el;
é tempo de ver se os trobos teñen mel.
No Outono hai que ir ao San Froilán:
mozos, homes, vellos, nenos, todos van
e voltan de presa para outonar o pan.
Por San Martiño ollo porcos cebados,
os magostos, capós arrombados
e abrir regos en lameiros e prados.
O tempo de Nadal e frío e ventureiro.
Noiteboa. Se hai leña no unlleiro
chegarán os Reises á entrada de Xaneiro.
Terra Cha. 1954.
Previamente a calquera labor a terra abonábase ou estercábase (extendíaselle o abono
para que despois de enterralo, nas labores de preparación do terreo, se descompuxera e os
cultivos poideran dispoñer das substancias que precisaban para o seu desenvolvemento).
Para extender o esterco usábase a forquilla.
Preparar a terra.- Volteala, para matar as malas herbas, afrouxala e aireala para que as
sementes ou as novas plantas poideran desenvolverse con máis facilidade. Par isto facíanse
dous traballos: cavar (co legón) ou labrar (co arado) e achanzar (co angazo ou a grade).
O legón era a ferramenta básica. Usábase en todas as operacións que requixeran
abrir, mover ou voltear a terra.
O arado. Era a ferramenta para traballar superficies grandes. Arrastrado polo gando
abría regos e volteaba a terra.
O arado
Como traballa o arado
e nunca está cansado!
Anque a terra ten que abrir
procura non a ferir.
Ara na alma, nos leiros,
nos nosos soños baleiros!
Avoz do amo manda:
-Ei, boi, anda…!
Terra Cha. 1954
Chavella peza que
prende o xugo ao
timón
Rabela, rabiza ou
manceira peza pola
que se colle e guía o
arado
Teeiro, teirón ou reito
dalle solidez ao
conxunto e, cunha cuña,
regula a profundidade
do rego
Abeacas, binzas orellas ou orelleiras para
separar, abrir e voltear a terra. Únense entre sí
co ameixelo que pasa polo medio da rabiza
Rostro ou pente parte
aguzada que fura na terra.
Protéxese coa rella, de
ferro, cónica ou triangular.
Tamón ou timón peza á
que se xungue o gando
O arado
Labrado da miña mau
fixen, coa miña navalla,
un aradiño de pau…
Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita dunha lata vella!
Ten orelleiras; rabela
tan luída e rematada
que namora mirar para ela!
O meu arado é tan feito
que mesmo pode esfender
labradíos a barbeito!
Teño xa que darlle estreno
ao meu arado arador,
ao meu arado pequeno!
E non sei a onde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois para xunguir!
A terra cavada ou labrada achanzábase para facer máis doada a sementeira e as
posteriores labores de cultivo. Para achanzar usábanse o angazo, a grade ou un canizo.
Angazo.- Ferramenta formada por unha lámina metálica ou un anaco de madeira con
dentes, enmangado perpendicularmente nunha vara de metro e medio a dous metros.
Usábase ademais para xuntar e recoller materiais espallados
Grade.- Armazón de madeira con dentes repartidos pola cara de abaixo que, arrastrada
polo gando, achanzaba a terra, arrancaba algunhas herbas mal enterradas e desfacía os
terróns.
Sementar ou botar, poñer ou plantar.- Extender ou distribuír as sementes ou colocar as novas
plantas para que poidan desenvolverse satisfactoriamente. Pódense usar como sinónimos, pero
sementar e botar son operacións que adoitan facerse con sementes, e poñer e plantar úsase
cando se traballa con outras partes da planta ou con plantas novas.
Sementar: é extender a semente a voleo sobre a terra.
Botar: é distribuir a semente en ringleiras.
Poñer e plantar: é asentar no terreo plantas pequenas. para poñer e plantar usábanse sachos e
paus aguzados (plantadores).
Coidar, cultivar.- Atender as plantas para eliminarlle competidores e satisfacer as súas
necesidades: sachar, arrendar, regar, rarear,…
Sachar.- Cavar superficialmente para eliminar as herbas que nacen entre os cultivos.
Arrendar.- Dar unha segunda cava para eliminar as malas herbas e arrimarlle terra as
plantas.
Rarear.- Entresacar plantas do cultivo para eliminar a competencia entre elas e mellorar o
desenvolvemento das que quedan.
Colleitar ou apañar.- Recoller as partes
útiles das plantas unha vez que
completaron o seu desenvolvemento.
Úsábanse o legón ou o arado (para
desenterrar partes subterráneas), a
fouce, gadaña ou fouzaña (para cortar
talos lixeiros), o angazo (para xuntar
cousas espalladas), a forquilla (para
cargar), e cestos e cestas (para xuntar e
transportar o recollido),…
A fouce
A fouce brilla e rebrilla
cando está ben afiada.
A súa brancura escintila
coma se fose de prata.
Corta silvas, corta herbas,
sega o trigo e o centeo.
A súa forma recorda
a lúa que está no ceo!
-Neno. Non toques a fouce!
Non toques a súa folla fría!
–Non toques a fouce, neno,
que a fouce te cortaría…!
Os soños na gaiola
Fouces de diferentes tamaños e consistencia (fouciñas ou fouciños, podas, podóns,…).- láminas
metálicas de forma curva coa beira cóncava afiada. Úsábanse para cortar herbas e arbustos.
Prado de herba seca
Xa non é verde o prado
que lle secou a fontiña;
ó acabárselle o regado
a herba secouse axiña
e ten dureza de liño.
-Xa non hai que agardar:
pola mañá cediño
haberá que o ir gadañar!
Terra Cha.
1954
Gadaña.- Ferramenta formada por unha folla ancha, curvada, co fío na parte de dentro, e
un mango longo cunha manceira e un torno polos que se agarra. A man do torno desplaza
a gadaña facendo curva e a da manceira suxeita para manter a altura do corte, que se
debe facer arrente do chan. Usábase para apañar herba.
Para levar as cousas de un sitio a outro os labregos cargábanas sobre si,
directamente -as mulleres adoitaban facelo sobre a cabeza e os homes ao
lombo- (en feixes, brazados, móllos ou monllos, mañizos ou puñados),
meténdoas en recipientes (cestos e cestas), coa axuda de distintos obxectos
(angarellas ou padiolas), ou facíano no carro. Algúns dispoñían de animais de
carga (burros e cabalos).
Puñado.- Cantidade que cabe nunha ou nas dúas mans.
Brazado.- Cantidade que se pode transportar debaixo do brazo ou entre os dous brazos.
Feixe.- Cantidade, atada cun vincallo, que pode transportar unha persoa.
Móllo ou mónllo.- É un pequeño feixe que se pode transportar na man collido pola atadura.
cestos e cestas.- Recipientes de formas e tamaños variados feitos con ponlas flexibles
trenzadas ou con madeira fendida.
Cando se levaban cousas enriba da cabeza poñíase un molido, un pano enleado que
melloraba o asento da carga e impedía o rozamento contra a cabeza do que se transportaba.
Culeiro, un cesto de forma particular
que se transportaba coa axuda dun
molido (unha estructura a xeito de
anel, de trenzado vexetal, cunha parte
curva, que se asentaba no alto da
frente, e unha parte recta, na que se
apoiaba o cesto). Cando o cesto era
grande facíaselle unha asa no
arranque da parte aberta para poder
agarralo durante o transporte e para
colgalo do hombreiro cando vai
baleiro.
Esta maneira de transportar a
carga permitía poder ver onde se
pisaba nos terreos irregulares da
Ribeira Sacra, e zonas de arredor,
onde era o medio de transporte
das uvas, na vendima, e de toda
clase de materiais para as viñas
nas difíciles encostas dos
sucalcos.
Angarella ou padiola.- Plataforma armada sobre dous listóns paralelos dos que
sobresaían as puntas que servían de mangos para transportala. Usábase para transportar
cousas grandes ou miúdas en cantidades que non podía transportar unha persoa soa.
Pau e corda.- Aparello formado por un listón de madeira do que se colgaba unha
corda ou cadea na que se enganchaba o que se quería transportar. Usábase para
mover cousas grandes.
O carro é/era unha plataforma de madeira cunhas pezas debaixo nas que se encaixaba un
eixo con dúas rodas fixas; unha estrutura que evolucionou moi pouco, desde as súas orixes
nos primeiros tempos históricos, a non ser lixeiras adaptacións á morfoloxía do terreo polo
que tiña que moverse (Os da montaña eran máis lixeiros e os das partes chans máis pesados
e un algo máis grandes).
O carro
Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro;
con fungueiros afiados
e con eixo de ameneiro!
O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
Meu carriño cantareiro,
meu carriño cantador!
O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
De día cántalle ao sol;
de noite, canta ao luar.
Ouh, meu carriño cantor:
cantas agora e despois.
Con que fachenda te leva
a parelliña de bois!
Os soños na gaiola.
O rozamento da madeira do eixo coa dos soportes
producía un chío, renxido, son ou canto, que se escoitaba
a distancia. O son de cada carro era distinto, e os da casa
podían distinguir o seu polo son que producía. O son era
máis forte cando o carro viña cargado porque o
rozamento era maior.
O carro era o obxecto máis grande e máis complexo dos de uso común entre os
labregos. Estaba formado por dúas partes a plataforma, o chedeiro, e o conxunto
do eixo e as rodas, rodado. Formados, á súa vez, e complementados por numerosas
pezas menores con distintas funcións e utilidades
Apeladoiras ou treitoiras:
pezas que serven de guías e
contención do eixo.
Chedeiro: parte
plana que acolle e
soporta a carga.
Fungueiros ou estadullos:
paus longos que encaixan
nuns furos das chedas.
Serven para conter as
cargas.
Canizos, ladrais ou adrais: estructuras de
taboas ou trenzados vexetais queserven
para conter cargas de materiais miúdos.
A parte traseira péchase co canizo ou
recadén
Lanza, cabezalla ou
timón: peza á que se
xungue o gando
Chavella peza coa
que se prende o
carro ao xugo
Chumaceira, coucón ou coucillón:
peza cun rebaixe (zoca ou
cantadeira) no que se asenta o eixo.
chedas
cadeas
Piso ou soallo
Rodado conxunto que forman, nun só corpo, as rodas e o eixo móbil.
Eixo peza de forma prismática
a cilíndrica con diferentes
rebaixes; cilíndricos, nos
luidoiros, parte que encaixa na
cantadeira, entre as treitoiras,
e prismáticos nas cabezas
(ampelas tufos ou turros) nos
que se encaixan as rodas que
se fixan coas tillas ou cuñas
Rodas formadas por tres pezas unha central
mión ou milde cun furado, o ulló, no que se
encaixa o turro, e dúas curvas, as cambas, a
unión das tres pezas faise coas mildeiras,
rilleiras ou sunchos. O exterior da roda
protéxese e refórzase cun aro de ferro a llanta.
A roda case nunca é maciza e para alixeirala
ten a parte central das cambas rebaixada ou
excavada .
Nalgunhas zonas debaixo do timón ponse unha peza, o tentemozo, que serve para
manter a plataforma do carro en posición horizontal cando se fan traballos de carga ou
descarga sen ter o gando xunguido. É unha peza móbil que se engancha debaixo do
timón cando o carro anda. Noutros utilízase a chavella, máis longa do habitual, como
tentemozo, meténdoa do revés por debaixo da cabezalla.
O Xugo.- Peza á que se xungue o gando para xuntalo aos distintos aparellos e ao carro. Está
formado por unha peza principal de madeira, o propio xugo, e outras de madeira ou de
coiro coas que se une ás ferramentas ou se suxeita o gando.
En Galiza coñécense tres tipos: o xugo de cangallas ou cangalla, que se utilizaba en case
toda a provincia da Coruña, no norte de Pontevedra e no norte e no oeste de Lugo; o xugo
de bregueiros, usábase no sur de Pontevedra, en puntos da costa oeste da Coruña, no
centro de Lugo e no val do Miño en Ourense; e o xugo de molidas ou xugo cornal, que era
o máis común en gran parte de Ourense e na parte oriental de Lugo.
Cangas ou cangallas
Trenla
Timoeiro, estrobo ou loro
Apeares, apeladoiras,
piogas ou brochas
Bregueiros ou cancís
Carabilla ou espicho
Corneiras
Castelos ou casteleiros
Os xugos de
cangallas e de
bregueiros
suxetaban ao gando
polo pescozo, o de
molida xunguíao
polos cornos.
O carro
Non canta na Cha ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
Que fermosa a súa feitura!
Que lixeireza no eixo!
As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
Carrétame herba pró gando!
Traime a colleita prá casa!
Terra Cha
Ademais dos traballos ata aquí citados
facíanse outros complementarios da
colleita como: a malla, a esfolla ou, nas
zonas productoras de viño, a vendima
e a elaboración do viño; que
precisaban de ferramentas e aparellos
específicos.
Malla.- traballo que se facía para separar o gran das espigas. Batíanse as espigas co mallo,
logo apartábase a palla, xuntábase o gran co rodo ou cunha vasoira de xestas,
aventábase para limpalo cun cribo ou cun aventador e despois gardábase.
mallo rodo cribo vasoira
Esfolla.- Traballo que se facía para sacar as espigas do millo da envoltura de
follatos que as cobre. Para eso usábanse os esfolladores. Pequenos obxectos
aguzados cos que se atravesaban e esgazaban os follatos para poder acceder á
espiga que estaba encerrada neles.
Vendima recollida das uvas. Facíase con navallas, coitelos e cestos variados.
Logo, na adega, facíase o pisado, a fermentación o prensado e o envasado do viño.
O cultivo da viña ten outros moitos traballos propios: a poda (recorte das ponlas sobrantes
para manter a planta controlada), o atado ou parreo (distribución e suxección das ponlas
para un mellor aproveitamento do espazo e para facilitar os labores de cultivo), sulfatado e
ixofrado (administración periódica de produtos para combater os fungos -mildeu e oídio- e
outras pragas).
Vide podada e atada con vimbias
Lagar.- aparello co que se prensan
as uvas para extraérllelo zume.
Esteos dun emparrado
Fustes, gabidos,
bocois… son algúns
dos nomes
xenéricos dos
recipientes nos que
se garda o viño.
Logo teñen nomes
particulares
segundo o tamaño
ou a capacidade.
O derradeiro traballo era o de gardar ou almacenar a colleita en lugares axeitados para a
súa conservación: hórreos, palleiras, adegas…
Distinos tipos de hórreos e cabaceiros,
unha palleira (arriba) e unha pequena
adega (abaixo)
O coidado do gando e dos pequenos animais domésticos tamén precisaba de instalacións
e traballos propios
Cortes, comedeiros, pías e píos, cerrados,…
Abellariza, albariza, cortín,…
coas súas colmeas, trobos, ou
abelleiros...
Corte para ovellas
Galiñeiro
Agardamos que nesto que demos feito
atoparades algo de proveito.
E aínda que isto non é todo
dixeron de deixalo así, porque xa é abondo longo
Algunhas das imaxes foron collidas da “internet”.
Agradézolle aos autores a posibilidade de dispoñer delas e agardo que saiban disculpar o uso que lles din.
Mon Daporta

More Related Content

Similar to Manuel María, etnografía

Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.mttq
 
Memoria 2017
Memoria 2017Memoria 2017
Memoria 20172TERE
 
O Magosto
O MagostoO Magosto
O Magostogorecho
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiromarichoni
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaSanti Pazos
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosPatricia Pena Barbeito
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasmonadela
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Mural sobre o millo
Mural sobre o milloMural sobre o millo
Mural sobre o millopicasaponte
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)monadela
 
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegaFerramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegacontemporanea07
 

Similar to Manuel María, etnografía (20)

Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.
 
Petroglifos
PetroglifosPetroglifos
Petroglifos
 
Memoria 2017
Memoria 2017Memoria 2017
Memoria 2017
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
O Magosto
O MagostoO Magosto
O Magosto
 
O millo
O milloO millo
O millo
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Alfombrado das rúas
Alfombrado das rúasAlfombrado das rúas
Alfombrado das rúas
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Mural sobre o millo
Mural sobre o milloMural sobre o millo
Mural sobre o millo
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)
 
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegaFerramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
 
Tema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoriaTema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoria
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Manuel María, etnografía

  • 1. Descoberta e investigación Letras galegas 2016 MonDaporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA OS NENOS DA RATA LUÍSA
  • 2. Os nenos de Luisa souperon, na escola, de cousas de antes… que non se fan agora.
  • 3. A partir da lectura de “Os soños na gaiola” e outros poemas de Manuel María, poeta ao que se lle dedica este ano 2016 o día das Letras Galegas, e de escoitalos cantados polas voces de Fuxan os Ventos e de Suso Vaamonde, das que tanto gustaron; os nenos, xente nacida fóra do tempo que os poemas e as cancións relatan, como son curiosos e inquiridores fixeron unha viaxe histórico-etnográfica para descubriren e coñeceren o que nelas aparece retratado e a importancia que tivo na vida dos labregos ata ben entrada a segunda metade do século XX.
  • 5. e preguntando aos máis vellos, fixeron este traballo para os seus compañeiros.
  • 6. Viaxe Historico-etnográfica Para achegarse a algunhas cousas da vida dos labregos que conta e canta Manuel María
  • 7. Labrego Toda a miña xente de labregos foi, xunguidos á terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, tamén meus avós: Pasaron a vida tripando terróns…! … Os soños na gaiola. 1972. Labrego.- Persoa que se dedica a traballar a terra e vive dese traballo.
  • 8. O labrego O labrego tan só é unha cousa que case non repousa. Da sementeira á seitura pasando pola cava, a súa vida é moi dura e moi escrava. Sempre trafegando, arando, sachando, mallando, gadañando, percurando o gando. Sempre a ollar para o ceo con medo e con receo. Sempre a sementar ilusión, poñendo na semente o corazón, para colleitar pobreza e máis tristura. … Versos para cantar en feiras e romaxes. 1969.
  • 9. Ata ben entrada a segunda metade do século XX os máis dos labregos galegos dispoñían de moi poucas ferramentas, todas simples e manuais. Podían facer todos os seus labores con só legóns, eixadas, fouces, gadañas, forquillas, picañas, angazos, unha navalla, unha machada, elementos naturais e uns poucos trebellos arrastrados polo gando: o arado, a grade e o carro.
  • 10. Traballos e ferramentas do labrego Traballos de todo o ano A esfenda e a demouca é en Febreiro. Bótanse as patacas en Marzo raioleiro e seméntase tamén o trigo marceiro. Bótase o millo da xente por Abril cando o cuco saíu do cubil; en Maio longo estará sachado il. Polos días grandes de San Xoán cóllese a nabiña, o lume novo fan; mércanse as fouciñas para segar o pan. No mes da Sega o sol pica moi duro, ó segar o pan, o trigo está maduro; mes de moito traballo e moito apuro. Estamos no Agosto: a malla e a gadaña que quere pouca forza e moita maña; hai que botar os nabos, se barbaña. O de Setembro é mes de San Miguel: apaña das patacas, non hai mes coma el; é tempo de ver se os trobos teñen mel. No Outono hai que ir ao San Froilán: mozos, homes, vellos, nenos, todos van e voltan de presa para outonar o pan. Por San Martiño ollo porcos cebados, os magostos, capós arrombados e abrir regos en lameiros e prados. O tempo de Nadal e frío e ventureiro. Noiteboa. Se hai leña no unlleiro chegarán os Reises á entrada de Xaneiro. Terra Cha. 1954.
  • 11. Previamente a calquera labor a terra abonábase ou estercábase (extendíaselle o abono para que despois de enterralo, nas labores de preparación do terreo, se descompuxera e os cultivos poideran dispoñer das substancias que precisaban para o seu desenvolvemento).
  • 12. Para extender o esterco usábase a forquilla.
  • 13. Preparar a terra.- Volteala, para matar as malas herbas, afrouxala e aireala para que as sementes ou as novas plantas poideran desenvolverse con máis facilidade. Par isto facíanse dous traballos: cavar (co legón) ou labrar (co arado) e achanzar (co angazo ou a grade).
  • 14. O legón era a ferramenta básica. Usábase en todas as operacións que requixeran abrir, mover ou voltear a terra.
  • 15. O arado. Era a ferramenta para traballar superficies grandes. Arrastrado polo gando abría regos e volteaba a terra. O arado Como traballa o arado e nunca está cansado! Anque a terra ten que abrir procura non a ferir. Ara na alma, nos leiros, nos nosos soños baleiros! Avoz do amo manda: -Ei, boi, anda…! Terra Cha. 1954
  • 16. Chavella peza que prende o xugo ao timón Rabela, rabiza ou manceira peza pola que se colle e guía o arado Teeiro, teirón ou reito dalle solidez ao conxunto e, cunha cuña, regula a profundidade do rego Abeacas, binzas orellas ou orelleiras para separar, abrir e voltear a terra. Únense entre sí co ameixelo que pasa polo medio da rabiza Rostro ou pente parte aguzada que fura na terra. Protéxese coa rella, de ferro, cónica ou triangular. Tamón ou timón peza á que se xungue o gando O arado Labrado da miña mau fixen, coa miña navalla, un aradiño de pau… Leva timón e chavella e unha rella furadora feita dunha lata vella! Ten orelleiras; rabela tan luída e rematada que namora mirar para ela! O meu arado é tan feito que mesmo pode esfender labradíos a barbeito! Teño xa que darlle estreno ao meu arado arador, ao meu arado pequeno! E non sei a onde hei de ir buscar os bois que preciso, buscar os bois para xunguir!
  • 17. A terra cavada ou labrada achanzábase para facer máis doada a sementeira e as posteriores labores de cultivo. Para achanzar usábanse o angazo, a grade ou un canizo.
  • 18. Angazo.- Ferramenta formada por unha lámina metálica ou un anaco de madeira con dentes, enmangado perpendicularmente nunha vara de metro e medio a dous metros. Usábase ademais para xuntar e recoller materiais espallados
  • 19. Grade.- Armazón de madeira con dentes repartidos pola cara de abaixo que, arrastrada polo gando, achanzaba a terra, arrancaba algunhas herbas mal enterradas e desfacía os terróns.
  • 20. Sementar ou botar, poñer ou plantar.- Extender ou distribuír as sementes ou colocar as novas plantas para que poidan desenvolverse satisfactoriamente. Pódense usar como sinónimos, pero sementar e botar son operacións que adoitan facerse con sementes, e poñer e plantar úsase cando se traballa con outras partes da planta ou con plantas novas. Sementar: é extender a semente a voleo sobre a terra. Botar: é distribuir a semente en ringleiras. Poñer e plantar: é asentar no terreo plantas pequenas. para poñer e plantar usábanse sachos e paus aguzados (plantadores).
  • 21. Coidar, cultivar.- Atender as plantas para eliminarlle competidores e satisfacer as súas necesidades: sachar, arrendar, regar, rarear,… Sachar.- Cavar superficialmente para eliminar as herbas que nacen entre os cultivos. Arrendar.- Dar unha segunda cava para eliminar as malas herbas e arrimarlle terra as plantas. Rarear.- Entresacar plantas do cultivo para eliminar a competencia entre elas e mellorar o desenvolvemento das que quedan.
  • 22. Colleitar ou apañar.- Recoller as partes útiles das plantas unha vez que completaron o seu desenvolvemento. Úsábanse o legón ou o arado (para desenterrar partes subterráneas), a fouce, gadaña ou fouzaña (para cortar talos lixeiros), o angazo (para xuntar cousas espalladas), a forquilla (para cargar), e cestos e cestas (para xuntar e transportar o recollido),…
  • 23. A fouce A fouce brilla e rebrilla cando está ben afiada. A súa brancura escintila coma se fose de prata. Corta silvas, corta herbas, sega o trigo e o centeo. A súa forma recorda a lúa que está no ceo! -Neno. Non toques a fouce! Non toques a súa folla fría! –Non toques a fouce, neno, que a fouce te cortaría…! Os soños na gaiola Fouces de diferentes tamaños e consistencia (fouciñas ou fouciños, podas, podóns,…).- láminas metálicas de forma curva coa beira cóncava afiada. Úsábanse para cortar herbas e arbustos.
  • 24. Prado de herba seca Xa non é verde o prado que lle secou a fontiña; ó acabárselle o regado a herba secouse axiña e ten dureza de liño. -Xa non hai que agardar: pola mañá cediño haberá que o ir gadañar! Terra Cha. 1954 Gadaña.- Ferramenta formada por unha folla ancha, curvada, co fío na parte de dentro, e un mango longo cunha manceira e un torno polos que se agarra. A man do torno desplaza a gadaña facendo curva e a da manceira suxeita para manter a altura do corte, que se debe facer arrente do chan. Usábase para apañar herba.
  • 25. Para levar as cousas de un sitio a outro os labregos cargábanas sobre si, directamente -as mulleres adoitaban facelo sobre a cabeza e os homes ao lombo- (en feixes, brazados, móllos ou monllos, mañizos ou puñados), meténdoas en recipientes (cestos e cestas), coa axuda de distintos obxectos (angarellas ou padiolas), ou facíano no carro. Algúns dispoñían de animais de carga (burros e cabalos).
  • 26. Puñado.- Cantidade que cabe nunha ou nas dúas mans. Brazado.- Cantidade que se pode transportar debaixo do brazo ou entre os dous brazos. Feixe.- Cantidade, atada cun vincallo, que pode transportar unha persoa. Móllo ou mónllo.- É un pequeño feixe que se pode transportar na man collido pola atadura.
  • 27. cestos e cestas.- Recipientes de formas e tamaños variados feitos con ponlas flexibles trenzadas ou con madeira fendida. Cando se levaban cousas enriba da cabeza poñíase un molido, un pano enleado que melloraba o asento da carga e impedía o rozamento contra a cabeza do que se transportaba.
  • 28. Culeiro, un cesto de forma particular que se transportaba coa axuda dun molido (unha estructura a xeito de anel, de trenzado vexetal, cunha parte curva, que se asentaba no alto da frente, e unha parte recta, na que se apoiaba o cesto). Cando o cesto era grande facíaselle unha asa no arranque da parte aberta para poder agarralo durante o transporte e para colgalo do hombreiro cando vai baleiro. Esta maneira de transportar a carga permitía poder ver onde se pisaba nos terreos irregulares da Ribeira Sacra, e zonas de arredor, onde era o medio de transporte das uvas, na vendima, e de toda clase de materiais para as viñas nas difíciles encostas dos sucalcos.
  • 29. Angarella ou padiola.- Plataforma armada sobre dous listóns paralelos dos que sobresaían as puntas que servían de mangos para transportala. Usábase para transportar cousas grandes ou miúdas en cantidades que non podía transportar unha persoa soa.
  • 30. Pau e corda.- Aparello formado por un listón de madeira do que se colgaba unha corda ou cadea na que se enganchaba o que se quería transportar. Usábase para mover cousas grandes.
  • 31. O carro é/era unha plataforma de madeira cunhas pezas debaixo nas que se encaixaba un eixo con dúas rodas fixas; unha estrutura que evolucionou moi pouco, desde as súas orixes nos primeiros tempos históricos, a non ser lixeiras adaptacións á morfoloxía do terreo polo que tiña que moverse (Os da montaña eran máis lixeiros e os das partes chans máis pesados e un algo máis grandes).
  • 32. O carro Teño un carriño cantor, teño un carro cantareiro; con fungueiros afiados e con eixo de ameneiro! O meu carro canta ben, non pode cantar mellor. Meu carriño cantareiro, meu carriño cantador! O meu carro canta, canta; nunca cansa de cantar. De día cántalle ao sol; de noite, canta ao luar. Ouh, meu carriño cantor: cantas agora e despois. Con que fachenda te leva a parelliña de bois! Os soños na gaiola. O rozamento da madeira do eixo coa dos soportes producía un chío, renxido, son ou canto, que se escoitaba a distancia. O son de cada carro era distinto, e os da casa podían distinguir o seu polo son que producía. O son era máis forte cando o carro viña cargado porque o rozamento era maior.
  • 33. O carro era o obxecto máis grande e máis complexo dos de uso común entre os labregos. Estaba formado por dúas partes a plataforma, o chedeiro, e o conxunto do eixo e as rodas, rodado. Formados, á súa vez, e complementados por numerosas pezas menores con distintas funcións e utilidades
  • 34. Apeladoiras ou treitoiras: pezas que serven de guías e contención do eixo. Chedeiro: parte plana que acolle e soporta a carga. Fungueiros ou estadullos: paus longos que encaixan nuns furos das chedas. Serven para conter as cargas. Canizos, ladrais ou adrais: estructuras de taboas ou trenzados vexetais queserven para conter cargas de materiais miúdos. A parte traseira péchase co canizo ou recadén Lanza, cabezalla ou timón: peza á que se xungue o gando Chavella peza coa que se prende o carro ao xugo Chumaceira, coucón ou coucillón: peza cun rebaixe (zoca ou cantadeira) no que se asenta o eixo. chedas cadeas Piso ou soallo
  • 35. Rodado conxunto que forman, nun só corpo, as rodas e o eixo móbil. Eixo peza de forma prismática a cilíndrica con diferentes rebaixes; cilíndricos, nos luidoiros, parte que encaixa na cantadeira, entre as treitoiras, e prismáticos nas cabezas (ampelas tufos ou turros) nos que se encaixan as rodas que se fixan coas tillas ou cuñas Rodas formadas por tres pezas unha central mión ou milde cun furado, o ulló, no que se encaixa o turro, e dúas curvas, as cambas, a unión das tres pezas faise coas mildeiras, rilleiras ou sunchos. O exterior da roda protéxese e refórzase cun aro de ferro a llanta. A roda case nunca é maciza e para alixeirala ten a parte central das cambas rebaixada ou excavada .
  • 36. Nalgunhas zonas debaixo do timón ponse unha peza, o tentemozo, que serve para manter a plataforma do carro en posición horizontal cando se fan traballos de carga ou descarga sen ter o gando xunguido. É unha peza móbil que se engancha debaixo do timón cando o carro anda. Noutros utilízase a chavella, máis longa do habitual, como tentemozo, meténdoa do revés por debaixo da cabezalla.
  • 37. O Xugo.- Peza á que se xungue o gando para xuntalo aos distintos aparellos e ao carro. Está formado por unha peza principal de madeira, o propio xugo, e outras de madeira ou de coiro coas que se une ás ferramentas ou se suxeita o gando. En Galiza coñécense tres tipos: o xugo de cangallas ou cangalla, que se utilizaba en case toda a provincia da Coruña, no norte de Pontevedra e no norte e no oeste de Lugo; o xugo de bregueiros, usábase no sur de Pontevedra, en puntos da costa oeste da Coruña, no centro de Lugo e no val do Miño en Ourense; e o xugo de molidas ou xugo cornal, que era o máis común en gran parte de Ourense e na parte oriental de Lugo.
  • 38. Cangas ou cangallas Trenla Timoeiro, estrobo ou loro Apeares, apeladoiras, piogas ou brochas Bregueiros ou cancís Carabilla ou espicho Corneiras Castelos ou casteleiros
  • 39. Os xugos de cangallas e de bregueiros suxetaban ao gando polo pescozo, o de molida xunguíao polos cornos.
  • 40. O carro Non canta na Cha ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío. Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixeireza no eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame herba pró gando! Traime a colleita prá casa! Terra Cha
  • 41. Ademais dos traballos ata aquí citados facíanse outros complementarios da colleita como: a malla, a esfolla ou, nas zonas productoras de viño, a vendima e a elaboración do viño; que precisaban de ferramentas e aparellos específicos.
  • 42. Malla.- traballo que se facía para separar o gran das espigas. Batíanse as espigas co mallo, logo apartábase a palla, xuntábase o gran co rodo ou cunha vasoira de xestas, aventábase para limpalo cun cribo ou cun aventador e despois gardábase. mallo rodo cribo vasoira
  • 43. Esfolla.- Traballo que se facía para sacar as espigas do millo da envoltura de follatos que as cobre. Para eso usábanse os esfolladores. Pequenos obxectos aguzados cos que se atravesaban e esgazaban os follatos para poder acceder á espiga que estaba encerrada neles.
  • 44. Vendima recollida das uvas. Facíase con navallas, coitelos e cestos variados. Logo, na adega, facíase o pisado, a fermentación o prensado e o envasado do viño. O cultivo da viña ten outros moitos traballos propios: a poda (recorte das ponlas sobrantes para manter a planta controlada), o atado ou parreo (distribución e suxección das ponlas para un mellor aproveitamento do espazo e para facilitar os labores de cultivo), sulfatado e ixofrado (administración periódica de produtos para combater os fungos -mildeu e oídio- e outras pragas).
  • 45. Vide podada e atada con vimbias Lagar.- aparello co que se prensan as uvas para extraérllelo zume. Esteos dun emparrado Fustes, gabidos, bocois… son algúns dos nomes xenéricos dos recipientes nos que se garda o viño. Logo teñen nomes particulares segundo o tamaño ou a capacidade.
  • 46. O derradeiro traballo era o de gardar ou almacenar a colleita en lugares axeitados para a súa conservación: hórreos, palleiras, adegas… Distinos tipos de hórreos e cabaceiros, unha palleira (arriba) e unha pequena adega (abaixo)
  • 47. O coidado do gando e dos pequenos animais domésticos tamén precisaba de instalacións e traballos propios Cortes, comedeiros, pías e píos, cerrados,… Abellariza, albariza, cortín,… coas súas colmeas, trobos, ou abelleiros... Corte para ovellas Galiñeiro
  • 48. Agardamos que nesto que demos feito atoparades algo de proveito. E aínda que isto non é todo dixeron de deixalo así, porque xa é abondo longo Algunhas das imaxes foron collidas da “internet”. Agradézolle aos autores a posibilidade de dispoñer delas e agardo que saiban disculpar o uso que lles din. Mon Daporta