SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA
                                       SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE


                           Manifesto sobre a situación sanitaria na Provincia de Ourense

Sr. D. Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia:

A Plataforma Sanitaria de Ourense, entidade formada por distintos colectivos sociais e cidadáns
así como persoas adscritas de xeito individual levamos varios anos traballando con catro
obxectivos:

   •   Defender a Sanidade Pública como o mellor xeito de prestar uns servizos universais,
       equitativos e solidarios.
   •   Aportar ideas e criterios que redunden na súa mellora.
   •   Conseguir que Ourense teña unhas infraestruturas sanitarias acordes a unha provincia
       situada na Europa do século XXI.
   •   Que as infraestruturas sanitarias tanto en Hospitais como na Atención Primaria teñan a
       dotación axeitada tanto de profesionais como de tecnoloxía que permita atender con
       criterios de calidade aos usuarios que o precisen.

Nos últimos meses vemos con moita preocupación que tanto o seu goberno como o presidido polo
Sr. Rajoy ten tomado unha serie de medidas pola vía de Decretos, Normativas ou Leis que, aínda
que teñen un marco xeral de aplicación, en Ourense polas súas características económicas,
sociais e demográficas ,van agravar de maneira especial a situación sanitaria da poboación así
como repercutir no empeoramento do estado de saúde da mesma.

Os criterios polo que manifestamos o anterior baséanse no seguinte:

    Os orzamentos adicados a sanidade teñen baixado de maneira importante nos 3 anos
       que leva o seu goberno de mandato. Pasando de un gasto por habitante de 1334 euros
       no ano 2010 a un gasto de 1263 euros no 2012. En tres exercicios cerca do 6%. En Ourense
       para no ano 2012 soamente 600.000 euros para infraestruturas. A estas rebaixas feitas
       pola Xunta de Galicia hai que sumarlle a parte que nos toca dos 7.000 millóns de redución
       proposto polo goberno central para Sanidade.

    O que vostedes presentan día 15 en Ourense é o que se denomina: “Reprogramación
       funcional, Plan Director Hospital 2050 e redacción do proxecto básico de execución
       da fase 1 do CHOU no marco dos proxectos Innova-Saúde e Hospital 2050” que
       traducido ben a dicirnos:
           Sobre a base do proxecto aprobado en Maio do 2009 ( por valor de 1.034.000
              euros) adxudicase, a mesma empresa de entón, unha revisión para axustar o xa
              feito coas novas inversións de Innova-Saúde e Hospital 2050.
           A chamada “Fase 1” do Plan Director é todo aquelo que xa está feito dentro do
              Plan Director: Edificio Cirúrxico, as zonas novas de hospitalización que se
              continúan coas antigas, os viales de acceso,etc. Polo tanto pouco que ver con
              desbloquear a construción das novas zonas de Hospitalización.
           Tampouco queda claro se esta “Reprogramación” vai afectar só as cuestión
              tecnolóxicas ou tamén se poden “reprogramar” temas tan importantes como o
              número de preto de 1000 camas, que se proxectaban no proxecto do 2009 ou a
              supresión de espazos reservados para consultas e outras actividades.
           Os 90 millóns de euros dos fondos europeos tampouco son suficientes para rematar
              o Plan Director. ¿De onde van sair as inversións para finalizar Hospital de Ourense?.
 Os datos anteriores nos conducen lamentablemente a pensar que o desenvolvemento
   real do Hospital de Ourense vai sufrir novos retrasos e poden pasar unha ou dúas
   lexislaturas sen que as cousas estean rematadas e polo tanto as graves deficiencias na
   actual zona de hospitalización seguirán prolongándose e provocando déficits e
   deshumanización na asistencia. Habitacións de tres camas e de dúas camas onde só tiña
   que haber unha, baños compartidos por 6 pacientes, paredes e teitos moi deteriorados,
   cociña en malas condicións, etc.

 O investimento en Ourense en infraestrutura sanitaria non é só deficitario na
   Atención Hospitalaria, na Atención Primaria a cousa tamén é de clara marxinación. Os
   centros de saúde da cidade, Couto e Vinteún seguen a espera. Os de Barbadás,
   Pontedeva, etc seguen sen coñecerse os seus proxectos.

 O peche do hospital psiquiátrico de Toén. A negativa a desenvolver o edificio
   proxectado en Piñor para atender aos pacientes con problemas de saúde mental,
   acompañado do peche de 74 camas de Medicina Interna ten sido unha das decisións máis
   negativas para unha provincia tan deficitaria en camas de crónicos e medios socio-
   sanitarios.

 O seguir a día de hoxe sen coñecer o destino dos 400.000 metros cadrados dos
   terreos ocupados polo antigo Hospital de Toén que corren risco de perderse para o
   patrimonio sanitario público.

 O ter posto en marcha a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense integrando a área
   sanitaria de Valdeorras creándose unha situación de risco dous temas moi importantes:
               Eliminase na práctica a área de Valdeorras e
               Integrase a Xerencia de Atención Primaria baixo un mando único
                  desdebuxando a mesma, facéndolle perder capacidade de decisión e como
                  consecuencia deteriorando o que se considera a base e piar fundamental da
                  atención sanitaria.( os orzamentos de primaria baixan este ano o 21%)

 O ter anulado o Plan de Mellora para Atención Primaria provocou a perda dun número
   importante de profesionais sanitarios na nosa provincia, médicos, enfermeiras, pediatras,
   administrativos, fisioterapeutas, hixienistas dentais, etc.( no ano 2009 perdéronse 43
   novas prazas). A esta perda de profesionais hai que sumar a amortización de varias prazas
   de médicos e enfermeiras por xubilación de anteriores propietarios, non repoñéndose as
   mesmas.

 O repago das receitas por parte de pensionistas ademais de rachar a unidade do
   aseguramento único resulta especialmente gravoso nunha provincia onde un 30% da
   poboación ten máis dos 65 anos e temos a media de pensións máis baixas do estado cunha
   cantidade que ronda os 600 Euros. O decreto que limita/prohibe o acceso as prestacións
   universais e gratuítas do sistema público a parados de longa duración nunha provincia
   que ten a segunda taxa de paro máis alta de Galicia co 20,10%. Ao anterior hai que
   sumarlle unha taxa de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria.

 O ter lexislado un novo recorte nos dereitos sanitarios que afecta a sectores afectados
   por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancros,parálise,
   minusvalías graves e incapacitantes que terán que adiantar o custe dos materiais
   ortoprotésicos que precisen cando somos a provincia situado no penúltimo lugar do
   estado por renda per capita.

 O ter autorizado o peche das oficinas de farmacia naqueles lugares onde non exista
   PAC. Medida que supón un esforzo económico e social engadido nunha provincia con alta
   dispersión xeográfica e onde os medios de transporte público non cubren ou o fan de
   xeito moi escaso a nosa xeografía.
Todas estas medidas, non van servir nin para aforrar, nin para superar unha crise económica da
que os verdadeiros responsables están saíndo indemnes e a inmensa maioría dos cidadáns teñen
que sufrir as consecuencias. O diñeiro público que temos posto todos los contribuíntes para
axudar á banca equivale ao 11,5% do PIB anual e segundo os datos oficiais o “suposto burato
da sanidade” polo que se están a xustificar estes recortes é só do 1,6% do PIB.

Consideramos estas medidas moi inxustas, e insolidarias e sobre todo nunha provincia como
Ourense que ten a situación socio/económica que comentamos e ademais son un auténtico
“golpe de estado” ao un modelo sanitario universal, solidario e equitativo como o actual.

A esta Plataforma preocúpalle o ter unhas infraestruturas dignas para a nosa provincia pero
neste momento a nosa preocupación a centramos no conxunto de medidas que teñen que
ver con recortes, repagos, limitacións no acceso as prestacións, etc pois sendo moi
importantes os edificios e a dotación tecnolóxica, de seguir con estas medidas remataremos
nunha sanidade para pobres, tipo beneficencia e nunha sanidade para quen poida pagarse un
seguro privado. O dereito a protección a saúde pasará de ser un dereito básico das persoas a
converterse nun negocio.

Sr. Presidente dende a plataforma de Ourense pedimos que paralice estas medidas e que
cambie o rumbo das súas políticas sociais, se de verdade quere vertebrar o país, se quere
achicar as diferenzas entre a Galicia Interior e a da Costa se quere traballar a prol da xustiza, da
equidade e da verdadeira solidariedade facémoslle un chamamento para reconsiderar o que
pode converterse nun gravisimo atranco para o desenvolvemento social de Galicia e que na
provincia de Ourense pode acadar uns niveis aínda de maior intensidade xenerando non só
moitos problemas económicos as familias e as persoas que teñan a desgracia de ter algunha
doenza senon tamén reducindo os niveis de saúde da nosa cidadanía.

                                                                     Ourense 15 de Maio do 2012.-

More Related Content

What's hot

Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galizaIlp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galizaplataformasanidadecangas
 
Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)oscargaliza
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)plataformasanidadecangas
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017CCOOXustiza
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 CCOOXustiza
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)plataformasanidadecangas
 
Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10oscargaliza
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15oscargaliza
 
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatriaNota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatriaoscargaliza
 
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourenseComunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourenseoscargaliza
 
Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense oscargaliza
 

What's hot (18)

Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galizaIlp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
Ilp para a defensa e promoción da sanidade pública en galiza
 
A saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocioA saúde é un dereito, non un negocio
A saúde é un dereito, non un negocio
 
Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)Comunicado hospital 2050 (1)
Comunicado hospital 2050 (1)
 
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)
 
Novas febreiro 17
Novas febreiro 17Novas febreiro 17
Novas febreiro 17
 
Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017Novas da Xustiza Febreiro 2017
Novas da Xustiza Febreiro 2017
 
Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017 Novas da Xustiza febreiro 2017
Novas da Xustiza febreiro 2017
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
 
Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatriaNota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria
 
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourenseComunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
Comunicado de prensa presentacion proxecto hospital ourense
 
Hospital único montecelo gl
Hospital único montecelo   glHospital único montecelo   gl
Hospital único montecelo gl
 
Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense Documento deputacion ourense
Documento deputacion ourense
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Dosier foro empresarial boirense
Dosier foro empresarial boirenseDosier foro empresarial boirense
Dosier foro empresarial boirense
 
Lei de garantías galicia
Lei de garantías   galiciaLei de garantías   galicia
Lei de garantías galicia
 
Lei garantias sos
Lei garantias sosLei garantias sos
Lei garantias sos
 

Viewers also liked

Las piazzas de campobello di licata
Las piazzas de campobello di licataLas piazzas de campobello di licata
Las piazzas de campobello di licataEva Cajigas
 
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing plan
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing planAmabelle Go vicencio's 20 year marketing plan
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing planAmabelleGoVicencio
 
23 03 2010 Mcrt For Niko
23 03 2010 Mcrt For Niko23 03 2010 Mcrt For Niko
23 03 2010 Mcrt For Nikoguest5bb1991
 
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van WouterHyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouterguest2f17d3
 
Intercentros carrefour
Intercentros carrefourIntercentros carrefour
Intercentros carrefouroscargaliza
 
Media Evalutaion Questuion 2
Media Evalutaion Questuion 2Media Evalutaion Questuion 2
Media Evalutaion Questuion 2Mason Atkinson
 
Sandy Area Chamber of Commerce Overview
Sandy Area Chamber of Commerce OverviewSandy Area Chamber of Commerce Overview
Sandy Area Chamber of Commerce OverviewSandy Chamber
 
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety Index
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety IndexDealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety Index
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety IndexDealin Doug
 
Aang Apandi
Aang ApandiAang Apandi
Aang ApandiAANG88
 
01 romans intro_theme
01 romans intro_theme01 romans intro_theme
01 romans intro_themeDon McClain
 
Suzhou odyssey
Suzhou odysseySuzhou odyssey
Suzhou odysseySana Samad
 
Entrevista Silvio Benedetto
Entrevista Silvio BenedettoEntrevista Silvio Benedetto
Entrevista Silvio BenedettoEva Cajigas
 
Ubay Syahru M U Iia Pe
Ubay Syahru M U Iia PeUbay Syahru M U Iia Pe
Ubay Syahru M U Iia Pejuhro
 
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...Kalle
 
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van WouterHyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouterguest2f17d3
 
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפה
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפהחטיבת חיר בהתקדמות ורדיפה
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפהhaimkarel
 

Viewers also liked (20)

Raleigh chamber ypn presentation july 2010
Raleigh chamber ypn presentation   july 2010Raleigh chamber ypn presentation   july 2010
Raleigh chamber ypn presentation july 2010
 
TEMA 5B SER vs ESTAR
TEMA 5B SER vs ESTARTEMA 5B SER vs ESTAR
TEMA 5B SER vs ESTAR
 
Las piazzas de campobello di licata
Las piazzas de campobello di licataLas piazzas de campobello di licata
Las piazzas de campobello di licata
 
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing plan
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing planAmabelle Go vicencio's 20 year marketing plan
Amabelle Go vicencio's 20 year marketing plan
 
23 03 2010 Mcrt For Niko
23 03 2010 Mcrt For Niko23 03 2010 Mcrt For Niko
23 03 2010 Mcrt For Niko
 
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van WouterHyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
 
Intercentros carrefour
Intercentros carrefourIntercentros carrefour
Intercentros carrefour
 
Media Evalutaion Questuion 2
Media Evalutaion Questuion 2Media Evalutaion Questuion 2
Media Evalutaion Questuion 2
 
Sandy Area Chamber of Commerce Overview
Sandy Area Chamber of Commerce OverviewSandy Area Chamber of Commerce Overview
Sandy Area Chamber of Commerce Overview
 
China
ChinaChina
China
 
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety Index
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety IndexDealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety Index
DealinDougCommunity.com - ArapahoeOnline.com; 2009 AAA Traffic Safety Index
 
Aang Apandi
Aang ApandiAang Apandi
Aang Apandi
 
01 romans intro_theme
01 romans intro_theme01 romans intro_theme
01 romans intro_theme
 
Suzhou odyssey
Suzhou odysseySuzhou odyssey
Suzhou odyssey
 
Vietnam paisatges
Vietnam paisatgesVietnam paisatges
Vietnam paisatges
 
Entrevista Silvio Benedetto
Entrevista Silvio BenedettoEntrevista Silvio Benedetto
Entrevista Silvio Benedetto
 
Ubay Syahru M U Iia Pe
Ubay Syahru M U Iia PeUbay Syahru M U Iia Pe
Ubay Syahru M U Iia Pe
 
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...
Kollenberg Visual Search In The (Un)Real World How Head Mounted Displays Affe...
 
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van WouterHyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
Hyves Cbw Mitex Harry Van Wouter
 
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפה
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפהחטיבת חיר בהתקדמות ורדיפה
חטיבת חיר בהתקדמות ורדיפה
 

Similar to Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade públicaplataformasanidadecangas
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - glCharla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - glplataformasanidadecangas
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024luarodalegre97
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Bng privatizacion-da-sanidade
Bng privatizacion-da-sanidadeBng privatizacion-da-sanidade
Bng privatizacion-da-sanidadesanidademorrazo
 
Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E PontevedraSistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E Pontevedrasanidademorrazo
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadioscargaliza
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011oscargaliza
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia20minutos
 
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaAsociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaGardapeiraos Máximus
 

Similar to Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012 (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - glCharla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Bng privatizacion-da-sanidade
Bng privatizacion-da-sanidadeBng privatizacion-da-sanidade
Bng privatizacion-da-sanidade
 
Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E PontevedraSistema Fpi Vigo E Pontevedra
Sistema Fpi Vigo E Pontevedra
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadi
 
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
A sanidade-publica-en-perigo-outubro-2011
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaAsociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
 

More from oscargaliza

Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataformaoscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 

More from oscargaliza (20)

Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 
2merchan
2merchan2merchan
2merchan
 

Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012

  • 1. PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE Manifesto sobre a situación sanitaria na Provincia de Ourense Sr. D. Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia: A Plataforma Sanitaria de Ourense, entidade formada por distintos colectivos sociais e cidadáns así como persoas adscritas de xeito individual levamos varios anos traballando con catro obxectivos: • Defender a Sanidade Pública como o mellor xeito de prestar uns servizos universais, equitativos e solidarios. • Aportar ideas e criterios que redunden na súa mellora. • Conseguir que Ourense teña unhas infraestruturas sanitarias acordes a unha provincia situada na Europa do século XXI. • Que as infraestruturas sanitarias tanto en Hospitais como na Atención Primaria teñan a dotación axeitada tanto de profesionais como de tecnoloxía que permita atender con criterios de calidade aos usuarios que o precisen. Nos últimos meses vemos con moita preocupación que tanto o seu goberno como o presidido polo Sr. Rajoy ten tomado unha serie de medidas pola vía de Decretos, Normativas ou Leis que, aínda que teñen un marco xeral de aplicación, en Ourense polas súas características económicas, sociais e demográficas ,van agravar de maneira especial a situación sanitaria da poboación así como repercutir no empeoramento do estado de saúde da mesma. Os criterios polo que manifestamos o anterior baséanse no seguinte:  Os orzamentos adicados a sanidade teñen baixado de maneira importante nos 3 anos que leva o seu goberno de mandato. Pasando de un gasto por habitante de 1334 euros no ano 2010 a un gasto de 1263 euros no 2012. En tres exercicios cerca do 6%. En Ourense para no ano 2012 soamente 600.000 euros para infraestruturas. A estas rebaixas feitas pola Xunta de Galicia hai que sumarlle a parte que nos toca dos 7.000 millóns de redución proposto polo goberno central para Sanidade.  O que vostedes presentan día 15 en Ourense é o que se denomina: “Reprogramación funcional, Plan Director Hospital 2050 e redacción do proxecto básico de execución da fase 1 do CHOU no marco dos proxectos Innova-Saúde e Hospital 2050” que traducido ben a dicirnos:  Sobre a base do proxecto aprobado en Maio do 2009 ( por valor de 1.034.000 euros) adxudicase, a mesma empresa de entón, unha revisión para axustar o xa feito coas novas inversións de Innova-Saúde e Hospital 2050.  A chamada “Fase 1” do Plan Director é todo aquelo que xa está feito dentro do Plan Director: Edificio Cirúrxico, as zonas novas de hospitalización que se continúan coas antigas, os viales de acceso,etc. Polo tanto pouco que ver con desbloquear a construción das novas zonas de Hospitalización.  Tampouco queda claro se esta “Reprogramación” vai afectar só as cuestión tecnolóxicas ou tamén se poden “reprogramar” temas tan importantes como o número de preto de 1000 camas, que se proxectaban no proxecto do 2009 ou a supresión de espazos reservados para consultas e outras actividades.  Os 90 millóns de euros dos fondos europeos tampouco son suficientes para rematar o Plan Director. ¿De onde van sair as inversións para finalizar Hospital de Ourense?.
  • 2.  Os datos anteriores nos conducen lamentablemente a pensar que o desenvolvemento real do Hospital de Ourense vai sufrir novos retrasos e poden pasar unha ou dúas lexislaturas sen que as cousas estean rematadas e polo tanto as graves deficiencias na actual zona de hospitalización seguirán prolongándose e provocando déficits e deshumanización na asistencia. Habitacións de tres camas e de dúas camas onde só tiña que haber unha, baños compartidos por 6 pacientes, paredes e teitos moi deteriorados, cociña en malas condicións, etc.  O investimento en Ourense en infraestrutura sanitaria non é só deficitario na Atención Hospitalaria, na Atención Primaria a cousa tamén é de clara marxinación. Os centros de saúde da cidade, Couto e Vinteún seguen a espera. Os de Barbadás, Pontedeva, etc seguen sen coñecerse os seus proxectos.  O peche do hospital psiquiátrico de Toén. A negativa a desenvolver o edificio proxectado en Piñor para atender aos pacientes con problemas de saúde mental, acompañado do peche de 74 camas de Medicina Interna ten sido unha das decisións máis negativas para unha provincia tan deficitaria en camas de crónicos e medios socio- sanitarios.  O seguir a día de hoxe sen coñecer o destino dos 400.000 metros cadrados dos terreos ocupados polo antigo Hospital de Toén que corren risco de perderse para o patrimonio sanitario público.  O ter posto en marcha a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense integrando a área sanitaria de Valdeorras creándose unha situación de risco dous temas moi importantes:  Eliminase na práctica a área de Valdeorras e  Integrase a Xerencia de Atención Primaria baixo un mando único desdebuxando a mesma, facéndolle perder capacidade de decisión e como consecuencia deteriorando o que se considera a base e piar fundamental da atención sanitaria.( os orzamentos de primaria baixan este ano o 21%)  O ter anulado o Plan de Mellora para Atención Primaria provocou a perda dun número importante de profesionais sanitarios na nosa provincia, médicos, enfermeiras, pediatras, administrativos, fisioterapeutas, hixienistas dentais, etc.( no ano 2009 perdéronse 43 novas prazas). A esta perda de profesionais hai que sumar a amortización de varias prazas de médicos e enfermeiras por xubilación de anteriores propietarios, non repoñéndose as mesmas.  O repago das receitas por parte de pensionistas ademais de rachar a unidade do aseguramento único resulta especialmente gravoso nunha provincia onde un 30% da poboación ten máis dos 65 anos e temos a media de pensións máis baixas do estado cunha cantidade que ronda os 600 Euros. O decreto que limita/prohibe o acceso as prestacións universais e gratuítas do sistema público a parados de longa duración nunha provincia que ten a segunda taxa de paro máis alta de Galicia co 20,10%. Ao anterior hai que sumarlle unha taxa de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria.  O ter lexislado un novo recorte nos dereitos sanitarios que afecta a sectores afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancros,parálise, minusvalías graves e incapacitantes que terán que adiantar o custe dos materiais ortoprotésicos que precisen cando somos a provincia situado no penúltimo lugar do estado por renda per capita.  O ter autorizado o peche das oficinas de farmacia naqueles lugares onde non exista PAC. Medida que supón un esforzo económico e social engadido nunha provincia con alta dispersión xeográfica e onde os medios de transporte público non cubren ou o fan de xeito moi escaso a nosa xeografía.
  • 3. Todas estas medidas, non van servir nin para aforrar, nin para superar unha crise económica da que os verdadeiros responsables están saíndo indemnes e a inmensa maioría dos cidadáns teñen que sufrir as consecuencias. O diñeiro público que temos posto todos los contribuíntes para axudar á banca equivale ao 11,5% do PIB anual e segundo os datos oficiais o “suposto burato da sanidade” polo que se están a xustificar estes recortes é só do 1,6% do PIB. Consideramos estas medidas moi inxustas, e insolidarias e sobre todo nunha provincia como Ourense que ten a situación socio/económica que comentamos e ademais son un auténtico “golpe de estado” ao un modelo sanitario universal, solidario e equitativo como o actual. A esta Plataforma preocúpalle o ter unhas infraestruturas dignas para a nosa provincia pero neste momento a nosa preocupación a centramos no conxunto de medidas que teñen que ver con recortes, repagos, limitacións no acceso as prestacións, etc pois sendo moi importantes os edificios e a dotación tecnolóxica, de seguir con estas medidas remataremos nunha sanidade para pobres, tipo beneficencia e nunha sanidade para quen poida pagarse un seguro privado. O dereito a protección a saúde pasará de ser un dereito básico das persoas a converterse nun negocio. Sr. Presidente dende a plataforma de Ourense pedimos que paralice estas medidas e que cambie o rumbo das súas políticas sociais, se de verdade quere vertebrar o país, se quere achicar as diferenzas entre a Galicia Interior e a da Costa se quere traballar a prol da xustiza, da equidade e da verdadeira solidariedade facémoslle un chamamento para reconsiderar o que pode converterse nun gravisimo atranco para o desenvolvemento social de Galicia e que na provincia de Ourense pode acadar uns niveis aínda de maior intensidade xenerando non só moitos problemas económicos as familias e as persoas que teñan a desgracia de ter algunha doenza senon tamén reducindo os niveis de saúde da nosa cidadanía. Ourense 15 de Maio do 2012.-