Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Comunicado hospital 2050 (1)

249 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Comunicado hospital 2050 (1)

  1. 1. Nota de PrensaPlataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de OurenseAsunto:O Plan Director do CHUOU o proxecto “Hospital 2050” e aceremonia,interesada, da confusión.Nestes pasados días teñen saído nalgúns medios de comunicación unha serie denovas referidas a un suposto acordo entre o Ministerio de Ciencia e Innovación ea Xunta para, según parece, desbloquear a paralización do Plan Director dereforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende a Plataformapola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, tralas pertinentesindagacións, queremos clarexar a cidadanía de Ourense o siguiente:1)Nestas novas, mixturanse cuestións que nada teñen que ver entre si, xerandointeresada confusión entre os lectores e terxiversandose o tema principal, quenon deixa de ser outro que o alongado bloqueo da Xunta a continuar o PlanDirector e a ampliación do CHUOU.2)O anunciado convenio que suscribirán o Ministerio de Ciencia e Innovación e oSERGAS ten a súa base nun Proxecto Hospital 2050 e cinguese a implantación nasdependencias dalgúns Hospitais de Galicia (ao parecer nos da provincia deOurense e no Monforte) dun tipo de tecnoloxías innovadoras biomédicas(dixitalización, trazabilidade electrónica de datos clínicos...).Tratase dunhaboa nova sempre e cando se materialice, pero non ten nada que ver, máis ben todoo contrario do que nas diferentes novas, incluso en entrevistas co parlamentarioSr. Santalices, se afirma, co Plan Director do CHUOU.O Plan Director non pode financiarse con fondos europeos adicados a promoción edesenvolvemento da innovación tecnolóxica. É unha obra pública que por leidepende en exclusiva da administración autonomica, e neste caso da Xunta.3) Desgraciadamente, o Plan Director do CHUOU seguimos sen saber nada conrespeito a súa continuidade, máis aló dos vellos proxectos arquitectónicos quese van sacando do caixón de cando en vez para acochar a parálise do mesmo.4)Lamentamos que de novo se empregue o periodo de inicio de campaña electoralpara “filtrar” por parte do SERGAS (única fonte posible da nova),un acordo queainda non está rematado, no canto de informar a cidadanía de Ourense darealidade dos feitos.5)Esta Plataforma ven demandando dende vai máis dun ano, de cales son os plans,orzamentos e datas para as esquencidas infraestructuras sanitarias de Ourense emesmo en sede parlamentaria as preguntas e rogos dos diputados da oposición apropia Conselleira Sra. Farjas non ten sido quen de explicar porque a provinciade Ourense sigue a ser a última en inversión nas infraestruras sanitarias eporque somos a primeira en desmantelamento dos mesmos (Toén e Piñor)6)Resulta tamén lamentable escoitar ao Parlamentario por Ourense do PP Sr.Santalices falando de que a firma deste convenio desbloqueará o proxecto do PlanDirector cando él mesmo se ten pronunciado públicamente de xeito claro a favordun modelo PFI (financiamento privado) para o Hospital de Ourense en datas moirecentes.Condenamos e denunciamos que se fagan tantos esforzos en terxiversar e enganarnamentras os nosos servizos sanitarios se recortan e deterioran día a día.Recortes e deficiencias da que son testigos tanto os usuarios como osprofesionais da sanidade pública. Ourense 7 de Novembro do 2011.-

×