SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
DECÁLOGO DE
PROPOSTAS
DO BNG PARA O
APOIO E
REACTIVACIÓN DO
SECTOR CULTURAL
GALEGO
DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR
CULTURAL GALEGO
INTRODUCIÓN
As graves consecuencias que no plano socioeconómico vai ter a crise do COVID19 obriga
ao conxunto de actores sociais e económicos a reformular os esquemas de
interpretación, actuación e traballo cos que viñemos traballando nos últimos anos.
Situacións excepcionais esixen respostas e actuacións excepcionais, especialmente
para mitigar o impacto negativo da crise naqueles ámbitos ou segmentos en que o tecido
social e económico é máis feble.
No caso galego, un destes ámbitos é sen dúbida o da cultura, un sector grandemente
atomizado e precarizado, financeiramente fráxil e con escasa capacidade de resistencia
en contextos adversos como o da crise de 2008 ou a crise do COVID19 que agora
comezamos a enxergar. Para as estruturas profesionais da cultura galega –autónomos,
micro-pemes e cooperativas sociais na súa grande maioría- estamos diante dun contexto
non de perda de recursos e ingresos, senón de loita pola propia supervivencia. Os efectos
desta crise do COVID19 poden resultar letais para boa parte dun sector cultural moi
castigado polos recortes e as políticas nocivas que o PP desenvolveu nos últimos once
anos desde a Xunta.
No BNG consideramos que a nosa actuación neste contexto debe centrarse en tres
ámbitos: formular unha proposta de medidas urxentes para a reactivación do sector
cultural galego, da man do diálogo cos propios sectores; estar en permanente contacto
cos sectores e entidades da cultura galega para transmitirlles o noso apoio e
sensibilidade e facernos eco das súas demandas; e finalmente mostrar, coherentemente
co anterior, unha actuación de apoio claro alí onde temos responsabilidades de goberno,
caso dos concellos e deputacións en que gobernamos ou cogobernamos.
Este documento que vos facemos chegar céntrase no primeiro punto: é o decálogo de
propostas que elaboramos desde o BNG pensadas como paquete de medidas urxentes
para mitigar os efectos do coronavirus nos sectores culturais e para poñer en marcha un
plan de reactivación cultural específico para estes. Enviamos o documento non como
proposta pechada, senón como listaxe de medidas que pode ser ampliada ou modificada,
polo cal che pedimos que nos trasladades aquelas suxestións, comentarios ou propostas
que consideredes oportuno.
A finalidade deste documento será achegarllo á Consellaría de Cultura para a súa toma
en consideración, en coherencia coa posición e actuación de colaboración e de
responsabilidade coa que estamos a elaborar e trasladar á Xunta de Galiza o conxunto
das propostas e iniciativas do BNG para a contención e resposta aos efectos da crise do
1 de 3
DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR
CULTURAL GALEGO
coronavirus. Ao tempo, faremos difusión pública das medidas que propoñemos e
darémoslle traslado destas aos concellos e deputacións.
Pasamos, sen máis preámbulo, á enumeración das dez medidas urxente que
propoñemos para a compensación dos efectos da crise do COVID19 e a planificación da
reactivación e apoio aos sectores culturais galegos:
1. RECOÑECEMENTO.
Declaración da cultura como ben de primeira necesidade, ao igual que teñen feito
Alemaña e Francia, partindo do recoñecemento da cultura como dereito.
2. ESTRUTURA.
Creación dunha Oficina Técnica COVID19CULTURA por parte da Consellaría de Cultura
para a) recabar datos e realizar informes sobre a incidencia da crise do coronavirus na
cultura galega e b) prestar asesoramento e asistencia técnica para a obtención de
axudas extraordinarias derivadas desa crise. Creación dun portal web específico para
informar os distintos sectores culturais das medidas e decisións que a Xunta de Galiza
ou, eventualmente outras administracións, adopten nesta materia.
3. AXUDAS ESPECÍFICAS.
• Creación de liñas de axuda para a a reactivación da actividade cultural, específicas
e con partidas orzamentarias concretas para a reactivación dos sectores culturais,
que teñan en conta toda a cadea na creación cultural (provedores, distribuidoras,
produción…).
• Creación de liñas de axuda específicas de compensación do parcial do lucro
cesante das empresas culturais dos diferentes ámbito profesionais, sempre teña
orixe e se derive das medidas de control e prevención do COVID19 adoptadas
polas autoridades.
• Creación, por parte da AGADIC e o IGAPE, dunha liña de préstamo especial
centrada en financiar as necesidades de liquidez das empresas dos diferentes
sectores profesionais da cultura galega.
4. CRÉDITOS BANCARIOS.
Suspensión temporal do pagamento de cotas de préstamos bancarios concedidos para
as empresas culturais e destinados a investimentos en equipamento técnico, vehículos,
escenografías e en xeral as necesidades de investimento propias da creación, produción
e distribución cultural.
2 de 3
DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR
CULTURAL GALEGO
5. XACOBEO 2021.
Redefinición da programación do Xacobeo 2021 para convertelo nunha ferramenta de
reactivación e apoio aos sectores profesionais da cultura galega.
6. PROGRAMACIÓNS.
• Mantemento dos contratos e reprogramación en novas datas das actividades
previstas.
• Garantía das aportacións da Consellaría de Cultura e do resto de administracións
públicas para actividades culturais canceladas que non for posíbel reprogramar.
• En redes e circuitos, medidas extraordinarias de prórroga dos períodos de
programación e flexibilidade de cambios de data.
7. IVE CULTURAL.
Redución do IVE cultural do 10% ao 4% e dos cachés do 21% ao 10% (competencia
estatal).
8. SUBVENCIÓNS ORDINARIAS.
• Non revocar as subvencións concedidas para 2020 aínda que o obxecto destas
non se chegar a producir por causa do período de inactividade forzosa e as
problemáticas derivadas con orixe na crise do coronavirus.
• Axilización dos pagamentos pendentes por parte das administracións públicas.
• Modificación das bases de convocatorias de subvencións para contemplar o
pagamento anticipado parcial das subvencións (70% no momento da resolución,
30% no momento da xustificación), como medida para inxectar liquidez no sector
cultural.
9. PÚBLICOS.
Creación dun bono cultural encamiñado a estimular o consumo e deseño dunha
campaña de captación de públicos e promoción da cultura galega en todas as súas
expresións.
10. CRTVG.
Elaboración de programación que teña en conta o apoio e visibilización da creación
cultural galega nos seus diferentes ámbitos. Desenvolvemento de propostas de apoio á
creación de públicos para a cultura galega.
3 de 3
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural galego

More Related Content

Similar to Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural galego

CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 202020minutos
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaMarcelino Fernández Mallo
 
Da Inclusión á Exclusión
Da Inclusión á ExclusiónDa Inclusión á Exclusión
Da Inclusión á ExclusiónSil Sill
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónkikovsli
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia20minutos
 
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116ccarballino
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011oscargaliza
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015bngaestrada
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOCharo García
 
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016ccarballino
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09MsArkadina Fontana
 

Similar to Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural galego (20)

CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
 
Da Inclusión á Exclusión
Da Inclusión á ExclusiónDa Inclusión á Exclusión
Da Inclusión á Exclusión
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Programa pp galicia
Programa pp galiciaPrograma pp galicia
Programa pp galicia
 
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116
Axudas conselleria economia emprego e industria modif comercio 250116
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
Dep lugo, bolsas formacion museistica
Dep lugo, bolsas formacion museisticaDep lugo, bolsas formacion museistica
Dep lugo, bolsas formacion museistica
 
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGOBOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO
 
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 
Declaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de MarDeclaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de Mar
 

Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural galego

  • 1. DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR CULTURAL GALEGO
  • 2. DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR CULTURAL GALEGO INTRODUCIÓN As graves consecuencias que no plano socioeconómico vai ter a crise do COVID19 obriga ao conxunto de actores sociais e económicos a reformular os esquemas de interpretación, actuación e traballo cos que viñemos traballando nos últimos anos. Situacións excepcionais esixen respostas e actuacións excepcionais, especialmente para mitigar o impacto negativo da crise naqueles ámbitos ou segmentos en que o tecido social e económico é máis feble. No caso galego, un destes ámbitos é sen dúbida o da cultura, un sector grandemente atomizado e precarizado, financeiramente fráxil e con escasa capacidade de resistencia en contextos adversos como o da crise de 2008 ou a crise do COVID19 que agora comezamos a enxergar. Para as estruturas profesionais da cultura galega –autónomos, micro-pemes e cooperativas sociais na súa grande maioría- estamos diante dun contexto non de perda de recursos e ingresos, senón de loita pola propia supervivencia. Os efectos desta crise do COVID19 poden resultar letais para boa parte dun sector cultural moi castigado polos recortes e as políticas nocivas que o PP desenvolveu nos últimos once anos desde a Xunta. No BNG consideramos que a nosa actuación neste contexto debe centrarse en tres ámbitos: formular unha proposta de medidas urxentes para a reactivación do sector cultural galego, da man do diálogo cos propios sectores; estar en permanente contacto cos sectores e entidades da cultura galega para transmitirlles o noso apoio e sensibilidade e facernos eco das súas demandas; e finalmente mostrar, coherentemente co anterior, unha actuación de apoio claro alí onde temos responsabilidades de goberno, caso dos concellos e deputacións en que gobernamos ou cogobernamos. Este documento que vos facemos chegar céntrase no primeiro punto: é o decálogo de propostas que elaboramos desde o BNG pensadas como paquete de medidas urxentes para mitigar os efectos do coronavirus nos sectores culturais e para poñer en marcha un plan de reactivación cultural específico para estes. Enviamos o documento non como proposta pechada, senón como listaxe de medidas que pode ser ampliada ou modificada, polo cal che pedimos que nos trasladades aquelas suxestións, comentarios ou propostas que consideredes oportuno. A finalidade deste documento será achegarllo á Consellaría de Cultura para a súa toma en consideración, en coherencia coa posición e actuación de colaboración e de responsabilidade coa que estamos a elaborar e trasladar á Xunta de Galiza o conxunto das propostas e iniciativas do BNG para a contención e resposta aos efectos da crise do 1 de 3
  • 3. DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR CULTURAL GALEGO coronavirus. Ao tempo, faremos difusión pública das medidas que propoñemos e darémoslle traslado destas aos concellos e deputacións. Pasamos, sen máis preámbulo, á enumeración das dez medidas urxente que propoñemos para a compensación dos efectos da crise do COVID19 e a planificación da reactivación e apoio aos sectores culturais galegos: 1. RECOÑECEMENTO. Declaración da cultura como ben de primeira necesidade, ao igual que teñen feito Alemaña e Francia, partindo do recoñecemento da cultura como dereito. 2. ESTRUTURA. Creación dunha Oficina Técnica COVID19CULTURA por parte da Consellaría de Cultura para a) recabar datos e realizar informes sobre a incidencia da crise do coronavirus na cultura galega e b) prestar asesoramento e asistencia técnica para a obtención de axudas extraordinarias derivadas desa crise. Creación dun portal web específico para informar os distintos sectores culturais das medidas e decisións que a Xunta de Galiza ou, eventualmente outras administracións, adopten nesta materia. 3. AXUDAS ESPECÍFICAS. • Creación de liñas de axuda para a a reactivación da actividade cultural, específicas e con partidas orzamentarias concretas para a reactivación dos sectores culturais, que teñan en conta toda a cadea na creación cultural (provedores, distribuidoras, produción…). • Creación de liñas de axuda específicas de compensación do parcial do lucro cesante das empresas culturais dos diferentes ámbito profesionais, sempre teña orixe e se derive das medidas de control e prevención do COVID19 adoptadas polas autoridades. • Creación, por parte da AGADIC e o IGAPE, dunha liña de préstamo especial centrada en financiar as necesidades de liquidez das empresas dos diferentes sectores profesionais da cultura galega. 4. CRÉDITOS BANCARIOS. Suspensión temporal do pagamento de cotas de préstamos bancarios concedidos para as empresas culturais e destinados a investimentos en equipamento técnico, vehículos, escenografías e en xeral as necesidades de investimento propias da creación, produción e distribución cultural. 2 de 3
  • 4. DECÁLOGO DE PROPOSTAS DO BNG PARA O APOIO E REACTIVACIÓN DO SECTOR CULTURAL GALEGO 5. XACOBEO 2021. Redefinición da programación do Xacobeo 2021 para convertelo nunha ferramenta de reactivación e apoio aos sectores profesionais da cultura galega. 6. PROGRAMACIÓNS. • Mantemento dos contratos e reprogramación en novas datas das actividades previstas. • Garantía das aportacións da Consellaría de Cultura e do resto de administracións públicas para actividades culturais canceladas que non for posíbel reprogramar. • En redes e circuitos, medidas extraordinarias de prórroga dos períodos de programación e flexibilidade de cambios de data. 7. IVE CULTURAL. Redución do IVE cultural do 10% ao 4% e dos cachés do 21% ao 10% (competencia estatal). 8. SUBVENCIÓNS ORDINARIAS. • Non revocar as subvencións concedidas para 2020 aínda que o obxecto destas non se chegar a producir por causa do período de inactividade forzosa e as problemáticas derivadas con orixe na crise do coronavirus. • Axilización dos pagamentos pendentes por parte das administracións públicas. • Modificación das bases de convocatorias de subvencións para contemplar o pagamento anticipado parcial das subvencións (70% no momento da resolución, 30% no momento da xustificación), como medida para inxectar liquidez no sector cultural. 9. PÚBLICOS. Creación dun bono cultural encamiñado a estimular o consumo e deseño dunha campaña de captación de públicos e promoción da cultura galega en todas as súas expresións. 10. CRTVG. Elaboración de programación que teña en conta o apoio e visibilización da creación cultural galega nos seus diferentes ámbitos. Desenvolvemento de propostas de apoio á creación de públicos para a cultura galega. 3 de 3