Galicia sindical numero 15

375 views

Published on

Published in: Education, Technology, Business
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
375
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
8
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Galicia sindical numero 15

  1. 1. Máis de 25.000 persoas manifestá- ronse en Santiago de Compostela o pa- Galicia Sindical Órgano de comunicación do S. N. de CCOO . . . . 25.000 manifestantes en defensa da sanidade pública galega n Éxito de participación na marcha convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras D I X I T A L www.galicia.ccoo.es Comisións Obreiras participou na manifestación cunha ampla delegación e pancarta propia O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia puxo en coñece- mento da Xunta un extenso relatorio coa finalidade de lle reclamar ao Goberno autonómico a modificación dos Orza- mentos de 2011, para que así se poidan cumprir os diferentes acordos acadados no proceso de diálogo social. O secretario xeral do Sindicato Nacio- nal de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, explica as principais claves dun documento que foi remitido tanto á Consellaría de Traballo como aos voceiros dos grupos parlamentarios do PSOE, PP e BNG. / Páx. 2 sado 21 de novembro. A convocatoria partiu da Plataforma en Defensa da Sa- nidade Pública, da que forma parte Co- misións Obreiras. / Páx. 4 Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) CCOO PIDE MODIFICAR OS ORZAMENTOS DE 2011 PARA CUMPRIR CO DIÁLOGO SOCIAL
  2. 2. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 2 www.galicia.ccoo.es PROPOSTAS ORZAMENTARIAS PARA O CUMPRIMENTO DO ACORDADO NO DIÁLOGO SOCIAL O Sindicato Nacional de CCOO ela- borou un documento con propostas aos orzamentos da Xunta para o ano 2011 que, ao noso entender, son ne- cesarias para dar cumprimento aos acordos do diálogo social. Hai poucos días remitímosllelo á Consellaría de traballo, en calidade de coordinadora deste proceso pola Xunta de Galicia, así como aos portavoces dos grupos parlamentarios do BNG, PP e PSOE. No tocante á renda de inserción so- cial de Galicia, reclamamos incremen- tar a contía prevista en sete millóns de euros para garantir o cumprimento do acordado, na liña de aumentar substancialmente o número de per- soas beneficiarias e acadar as cifras de prestacións previstas no propio An- teproxecto de Lei de orzamentos. Ma- lia non ter relación coa rISGA nin cos acordos acadados ata agora no pro- ceso de diálogo social, en materia de servizos sociais, cómpre recuperar as contías destinadas ao apoio ás familias en situacións especiais (1,2 millóns de euros) e as iniciativas sociais de apoio ás familias (200.000 euros), dado o importante recorte que sofren as polí- ticas sociais neste orzamento e a súa necesidade no contexto de crise eco- nómica. En seguridade e saúde, aínda que os acordos non comprometen uns recur- sos para o seu desenvolvemento, o certo é que se formula un novo Plan Estratéxico para a Prevención de riscos n CARTA DO SECRETARIO XERAL XOsé Manuel sánChez aguión Laborais 2011–2014 que incorpora ac- tuacións pendentes de desenvolver do plan anterior, polo que os orzamentos para deberan, cando menos, ser equi- valentes aos existentes no ano 2009 –primeiro ano de recortes orzamenta- rios–; é dicir, deberían incrementarse os previstos en catro millóns. No que atinxe á vivenda, os orza- mentos recollen unha contía inferior en 38 millóns de euros á acordada. Se- ría necesario restituír esta contía para reflectir o acordado tendo en conta, ademais, que as actividades relaciona- das co acceso á vivenda e á súa reha- bilitación teñen un impacto importante sobre a actividade económica e o em- prego, sen descoidar tampouco a súa notable contribución á mellora das condicións de vida da cidadanía. Canto aos acordos en materia de in- centivos á contratación, as aplicacións orzamentarias para o seu financia- mento deberan ascender a 28 millóns de euros, cando a realidade é que só chegan a 21 millóns. Cómpre, polo tanto, incrementar os recursos para esta finalidade en sete millóns. Tendo en conta a crise económica en que es- tamos inmersos e as graves repercu- sións que está a ter sobre o emprego no noso país, consideramos necesario restituír os recursos que, de maneira específica, se dedicaban aos colectivos con maiores dificultades de inserción no mercado laboral e incrementar as partidas de Fomento do Emprego en 35 millóns de euros. Igual que sucedía en materia de pre- vención de riscos, o acordo en materia de formación para o emprego tam- pouco prevía un orzamento para o seu desenvolvemento e execución. A evo- lución dos orzamentos nesta materia fainos pensar que os recursos serán suficientes para acadar os obxectivos previstos, agás no relativo á Fundación Galega de Formación para o Traballo onde se deberan incrementar os orza- mentos en 200.000 euros xa que é a única maneira de garantir que os axen- tes sociais participen nela. Xa no tocante á igualdade, trátase dunha materia que aínda non foi ob- xecto de debate no proceso de diálogo social, pero o drástico recorte de re- cursos para un colectivo que está su- frindo fortemente a crise do emprego obriga a reformular os orzamentos en materia de igualdade e conciliación, in- crementándoos en tres e catro millóns de euros, respectivamente. Consideramos que estas propostas, que precisarán preto de cen millóns de euros adicionais nos orzamentos, son necesarias para dar resposta ur- xente aos problemas que afectan á ci- dadanía galega no actual contexto de crise económica e de emprego. Cómpre incrementar os orzamentos auto- nómicos en polo menos cen millóns para dar respos- ta urxente ás ne- cesidades do país
  3. 3. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 3 www.galicia.ccoo.es As caixas galegas rubricaron o acordo da fusión Caixanova e Caixa Galicia asinaron o pa- sado día 29 de novembro o acordo da fu- sión, e a partir do 1 de decembro comeza- rán a operar como unha única entidade. En termos laborais, desde COMFIA-CCOO lembran que é «o mellor acordo» de cantos se levan asinado no Estado español. Así, o pacto inclúe dous grupos de me- didas. Por un lado, as de reestruturación do cadro de persoal. Polo outro, as que se refiren á harmonización das condicións de traballo para o persoal da caixa resultante. No primeiro grupo están as prexubila- cións, as baixas incentivadas, a suspensión de contratos, a redución de xornada e a mobilidade xeográfica. As prexubilacións, que se farán mediante ErE, afectan a per- soal de entre 55 e 64 anos cunha antigüi- dade de dez anos. A cobertura é do 85% do salario bruto ata un tope do 98% do neto, sempre referidos os cálculos a retri- cucións percibidas no mes anterior á xu- bilación, elevado a cómputo anual. No to- cante ás baixas incentivadas, a indemnización é de 45 días de salario por ano de servizo, con atero da fracción de ano, ata un máximo de 42 mensualida- des. As suspensións de contrato durarían en- tre tres e cinco anos, con compensación do 20% anual e con posibilidade de rein- corporación ou de baixa incentivada ao fi- nalizar o período. Pola súa parte, as redu- cións de xornadas serían ata un máximo do 50% –con idéntica diminución salarial– ata un tope de dous anos. As últimas medidas deste primeiro grupo refírense á mobilidade xeográfica, cunha serie de indemnizacións en función dos quilómetros de desprazamento que van dos 6.000 para quen se deba desprazar de 26 a 65 Km, ata os 24.000 para quen teña de se desprazar máis de 200. Nestes casos prevese, ademais, unha axuda de 7.500 euros anuais para vivenda por un máximo de dous anos para as persoas que precisaren cambiar de residencia. Canto ás medidas de harmonización, aparecen recollidas a clasificación profe- sional, as retribucións, a clasificación de oficinas, o tempo de traballo, a previsión social, cuestións de igualdade e concilia- ción, comisións de seguimento e beneficios sociais. CCOO aposta por negociar o ERE de SEAGA n O sindicato desmárcase da «instrumentalización» das mobilizacións CCOO aposta pola negociación no caso do expediente de regulación de emprego (ErE) da empresa pública SE- AGA, e desmárcase da «instrumen- talización» das mobilizacións por parte dos sindicatos CIG, CUT e UGT. Comisións Obreiras esíxelle á Xunta de Galicia que respecte e ga- ranta os dereitos profesionais e eco- nómicos do persoal afectado polo expediente. Para o sindicato, a ne- gociación debe fundamentarse na di- solución de SEAGA, e na protencia- ción e reforzamento do servizo público contra incendios e dos servi- zos veterinarios oficiais. Todo isto, co «absoluto respecto á legalidade na tramitación do ErE». Para CCOO, a tramitación do ErE aínda acaba de comezar, polo que estiman que hai marxe para a nego- ciación, de aí que rexeiten as accións «instrumentalizadas». imaxe de arquivo dunha concentración de CCOO contra as privatizacións na Xunta
  4. 4. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 4 www.galicia.ccoo.es CCOO, en defensa da sanidade pública
  5. 5. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) www.galicia.ccoo.es 5 CCOO asina un convenio con OAP-Galicia n O sindicato comprométese a velar pola representación dos autónomos dependentes e a apoiar o emprego estable e as iniciativas emprendedoras do modelo empresarial autoxestionario O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) e a Federación de Pro- fesionais e Autónomos de Galicia (OAP-Galicia) asinaron o 25 de novem- bro un protocolo de colaboración. As partes comprométense a colaboraren na creación de emprego estable e ao fomento e apoio a iniciativas empre- sariais, cuxos protagonistas ou em- prendedores preferentemente perten- zan a sectores sociais con escaseza de recursos. No acto interviñeron Xosé Manuel Sán- chez Aguión, secretario xeral do sindi- cato, Maica Bouza Seoane, responsable de Autoemprego de CCOO, e José Conde García, presidente da organización de autónomos. Sánchez Aguión salientou que as partes xa viñan colaborando nos últimos tempos, pero que o protocolo asinado hoxe «reforza» ese traballo conxunto nas áreas de interese común. Precisamente, a principal área común atinxe os autónomos dependentes, que son aqueles que non contan con traballadores ou traballadoras ao seu cargo pero que teñen problemáticas similares ao resto de asalariados. O convenio establece a vontade por parte do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia de crear un vínculo entre o sindicalismo e o sector empresa- rial autoxestionario, representado por OAP-Galicia. Deste xeito, colaborarán na promoción, divulgación e fomento do modelo empresarial autoxestionario, como instrumento de apoio ás iniciativas emprendedoras dos traballadores e tra- balladoras, potenciando a creación de ri- queza e emprego estable. Segundo Maica Bouza, o principal ob- xectivo de formalizar a colaboración en- tre as dúas entidades é «aproveitar si- nerxías» para «defender mellor os intereses do colectivo». Para José Conde, a partir de agora os autónomos depen- dentes afiliados á OAP-Galicia están «ben representados» grazas ao sindicalismo de clase de CCOO, e desexou que o acordo sexa «frutífero» para as partes. Como aspectos máis salientables do convenio, OAP-Galicia representará as autónomas e autónomos clásicos, men- tres que a figura dos autónomos depen- dentes será representada polo Sindicato Nacional; porán ao dispor da outra parte asinante, na medida en que foren apli- cables, os acordos de colaboración subscritos con outras entidades públi- cas ou privadas; axudaranse en mate- ria de formación para o emprego e ca- pacitación profesional; traballarán á xunta en todo o referente á aplicación da Lei de prevención de riscos laborais; CCOO porá as súas sedes ao dispor de OAP-Galicia e ambas as entidades co- laborarán na realización de todo tipo de actividades conxuntas. De esquerda a dereita, Xosé Manuel sánchez aguión, secretario xeral de CCOO, José Conde, presi- dente de OaP-galicia, e Maica Bouza, secretaria de emprego, economía social e autoemprego Segundo OAP, os in- tereses dos autó- nomos dependen- tes están «ben defendidos» grazas ao Sindicato Nacional de CCOO
  6. 6. GALICIA SINDICAL N.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 6 www.galicia.ccoo.es CCOO rexeita os novos recortes do Goberno Contra o peche desta edición, o presi- dente Zapatero anunciou novos recortes económicos e sociais. CCOO ve neles «unha nova fuxida cara adiante do Goberno central» que obedece a «intentos de con- tentar os mercados financeiros». Ademais, son «contraditorios» coas declaracións re- alizadas por outros ministros. Para o sindi- cato, é «máis necesario ca nunca» expresar o rexeitamento ás medidas mobilizándose os vindeiros 15 e 18 de decembro. O sector do transporte sanitario, en loita CCOO denuncia incumprimentos das mutuas n Están obrigadas a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico Comisións Obreiras denuncia que as mutuas se negan a cumprir a resolución do Ministerio de Traballo que as obriga a lles pagar aos traballadores os gastos de transporte en caso de control médico. A circular da Dirección Xeral de Orde- nación da Seguridade Social que men- ciona o sindicato foi asinada o 20 de outubro tras unha reclamación de CCOO, e obriga a aboar os gastos de transporte dos traballadores con baixa por enfermidade común cando son re- quiridos por estas entidades para lles realizar exames ou valoracións médicas, antes de esgotar o período de duración máxima de doce meses da situación de incapacidade temporal. Este mes apareceron noticias en di- versos medios de comunicación nas que se afirmaba que as mutuas pagarán os gastos de transporte dos traballadores ata os centros sanitarios «só cando se esgotase o prazo máximo de 365 días de duración da incapacidade temporal ou cando a citación for por parte das unidades médicas ou equipos de valo- ración do Instituto Nacional da Seguri- dade Social ou o Instituto Social da Ma- riña». Este criterio choca de fronte co expresado na circular do 20 de outubro de 2010 da Dirección Xeral de Ordena- ción da Seguridade Social. Os representantes de CCOO nas mu- tuas puideron comprobar que, aínda que nalgunhas destas entidades si se están aplicando as directrices marcadas pola Seguridade Social, noutras persís- tese na negativa a pagar os gastos de transporte tal e como se afirma nas ci- tadas informacións. Desde o sindicato instan o conxunto das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguri- dade Social ao cumprimento das nor- mas e resolucións do Ministerio. O persoal do sector do transporte sanitario concentrouse o día 30 de novembro en santiago de Compostela aproveitando a presenza da conselleira de sanidade nun acto. Reclamaron que a Xunta tome en consideración as alegacións sindicais ao Proxecto de reforma do transporte sanitario. n ÚLTIMA HORA
  7. 7. GALICIA SINDICALN.º 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) 7 www.galicia.ccoo.es Acaban de celebrarse as quintas elec- cións sindicais no centro de traballo de Carrefour Ourense. Por primeira vez, Comisións Obreiras, grazas ao seu traballo nos últimos doce anos, optaba de forma clara a unha maioría no Co- mité de Empresa. CON CARREFOUR, TODO É POSIBLE Consciente desa situación, Carrefour manipulou os censos electorais para evitalo. E non o dicimos só nós: así fi- gura en dous laudos arbitrais destas eleccións, e como exemplo citamos un parágrafo do primeiro deles: «[...] se facemos unha reflexión sobre o acontecido resultaría que unha empresa, nas mesmas circunstancias que a deste conflito, a través do seu poder "cuasi" dis- crecional de modificación de funcións sen cambio de grupo e categoría, en relación co artigo 84 do convenio colectivo, podería intervir, xa dentro do proceso, dun xeito determinante pois desde esta facultade mo- dificaría non soamente o número de elec- tores e flexibles en cada colexio, senón ta- mén o número de representantes a elixir en cada un deles». Cómpre lembrar que un laudo, igual que un convenio colectivo ou calquera outra norma laboral, é de obrigado cumprimento. Non se trata, polo tanto, dunha simple recomendación. Pois ben, nada máis coñecer o pri- meiro dos laudos, Carrefour anunciou Por ÓSCAR SÁNCHEZ FEIJÓO Delegado de CCOO en Carrefour Ourense que non o ía cumprir, e nin sequera variou de posición logo da segunda re- solución arbitral. A insólita decisión da empresa obrigou a que as traballado- ras e traballadores participasen nunhas eleccións sindicais manipuladas e ile- gais. O día 30 de novembro tivo lugar o xuízo contra empresa, promovido por Carrefour, e con total seguridade a xustiza obrigará a repetir as elec- cións, para que por fin CCOO poida obter a maioría no Comité de Empresa. Dous laudos arbi- trais confirman que a empresa mani- pulou os censos das eleccións sindicais. Porén, Carrefour négase a acatar a resolu- ción, polo que acudimos á Xustiza A modificación de horario do profesorado debe pactarse A Federación do Ensino de CCOO de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación está a presionar o pro- fesorado para que incorpore á súa programación xeral anual e aos re- gulamentos de réxime interno a or- ganización do tempo antes e despois da entrada e saída do alumnado dos centros. Para CCOO, trátase dunha «impo- sición» de modificación dos horarios de traballo dos docentes «sen nego- ciación». As instrucións, recibidas por correo electrónico o día 19, in- clúen un informe do secretario xeral da Consellaría no que «pretende xus- tificar xuridicamente a imposición». Regulamentos foráneos Segundo a Federación do Ensino, o relatorio inclúe sentenzas de tri- bunais doutras comunidades autó- nomas baseadas en regulamentos que non son aplicables en Galicia, que ten normativa de seu. CCOO cre «imprescindible» regular a responsabilidade deses tempos, xa que os actuais regulamentos orgáni- cos dos centros son de 1996, pero rexeita que se faga con imposición. Por iso, o sindicato apela á «vía da negociación» coa representación le- gal do profesorado.
  8. 8. Número 15 - Novembro 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO www.galicia.ccoo.es O vindeiro 31 de decembro remata a vixencia dos acordos bipartitos asina- dos por CCOO e UGT con CEOE e CE- PEME no ano 2006, e que sentaron as bases do sistema actual de formación para o emprego. Os sindicatos e em- presarios debemos decidir sobre a pró- rroga ou a renegociación do acordo bi- partito. En CCOO manexamos esta segunda opción como a mellor das va- riables ou opcións. Calquera que sexa o futuro da for- mación para o emprego debe ter as persoas como eixe estratéxico, incor- porar estándares de calidade medibles, incluír a territorialidade do Estado e as competencias que son propias das co- A FORMACIÓN PARA O EMPREGO NUN CONTEXTO ECONÓMICO HOSTIL munidades autónomas, simplificar os procedementos de xestión, racionali- zar os módulos formativos facendo que sexan máis transversais, combi- nando a polivalencia, cada vez máis necesaria, cunha especialización tamén cada vez maior e máis demandada. Extensión dun dereito En calquera caso, CCOO defende a extensión do dereito á formación no marco da Lei das cualificacións e da formación profesional; o mantemento e desenvolvemento da vinculación da negociación colectiva coa formación para o emprego; o mantemento e im- pulso da participación da representa- ción legal dos traballadores e traballa- doras nas empresas, e o protagonismo das organizacións empresariais e sin- dicais nas decisións e na xestión da formación para o emprego, poten- ciando os instrumentos de participa- ción. Cómpre un sistema máis áxil, transparente e seguro Cremos necesario facer un sistema máis áxil, máis transparente, con se- guridade xurídica. Ademais, espera- mos que os contidos da reforma labo- ral non sexan de aplicación, facilitando a renegociación dos acordos bipartito e tripartito. Iniciar un proceso de ne- gociación ao tempo que o Goberno central prepara un real decreto non pa- rece o mellor comezo. Analizaremos polo miúdo as conse- cuencias dos cambios introducidos no desenvolvemento da Lei de cualifi- cacións e formación profesional, a re- dución de colectivos prioritarios, o fi- nanciamento das accións formativas dos traballadores e traballadoras en procesos de extinción dos contratos de traballo, suspensión ou redución de xornada, os contratos de formación, a penalización dos traballadores e traba- lladoras en paro facéndoos responsa- bles da súa situación, etc. Pero hai que ter en contra que men- tres non se desenvolvan uns bos siste- mas de formación e orientación profe- sional que permitan realizar itinerarios personalizados, que detecten as nece- sidades de formación e dirixan os re- cursos necesarios para corrixir as ca- rencias, non servirán de nada e as reformas. Por XABIER DONGIL Secretario de Formación para o Emprego do S. N. de CCOO Hai un mes faleceu a compañeira Isabel Fraga Vilasuso, incansable loi- tadora de CCOO no co- mité de empresa de En- desa nas Pontes. No mandato anterior formou parte do Consello Nacional da Federación Mi- neirometalúrxica e no Comité de En- desa foi secretaria. Tamén formou parte da sección sindical interempresas e da Executiva da sección sindical Cen- tro-Noroeste. ADEUS A ISABEL FRAGA VILASUSO

×