DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema - [1] Os verdes anos", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 7 de setembro de 2023.
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
Presentación empregada na charla "O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal" impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de xuño de 2023.
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema - [1] Os verdes anos", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 7 de setembro de 2023.
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
Presentación empregada na charla "O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal" impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de xuño de 2023.
Presentación empregada no relatorio "Rosalía nas pantallas", impartido na Coruña (A. C. Alexandre Bóveda, 13 de febreiro), Vilalba (Instituto de Estudos Chairegos, 24 e 25 de febreiro) e Padrón (Casa de Rosalía, 19 de abril).
Presentación empregada na palestra sobre a actriz e directora Kinuyo Tanaka, impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de marzo de 2023.
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de febreiro de 2023.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de decembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o mércores 2 de novembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Hollywood ❤️ URSS", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 6 de outubro de 2022.
2. Forugh naceu en Teherán en 1935,
filla dun militar de carreira (o Coronel
Mohammad Bagher Farrokhzad) e a
súa dona Touran Vaziri-Tabar. Era a
terceira de sete irmáns. Fixo os
estudos regulares e ao rematalos,
aos 15 anos, matriculouse nunha
escola técnica para aprender pintura
e confección de roupa.
Namorouse do seu curmán Parviz
Shapoor aos 16 anos e casou con el
contra a vontade familiar. Un ano
despois, en 1952, naceu o único fillo
de Forugh, Kamyar. Forugh e Parvis
separáronse en 1954.
3. En 1955 publica a súa primeira
colección de poemas, ASIR
(CAUTIVA). No verán de 1956 fai
unha longa viaxe (nove meses) a
Europa. Aparece o seu segundo
volume de poemas, DIVAR (O
MURO), que dedica ao seu exmarido.
O terceiro libro chegou en 1958:
ESIAN (REBELIÓN). Nesa altura
comeza a súa relación co escritor e
cineasta Ebrahim Golestan.
4. En 1962 roda nunha leprosería o seu
único filme, A casa é negra
خانه سیاه است) , / Khaneh siah ast).
O documental explora ao mesmo tempo
a dor e o sufrimento dos enfermos e a
beleza da vida. Gañou un premio no
Festival de Oberhausen en 1963. O
prestixio desta obra non deixou de
medrar co andar dos anos e hoxe está
considerada unha das máis importantes
de toda a historia do cinema iraniano e
unha clara precursora da “nova vaga”
que transformou o cinema dese país -e
do mundo enteiro- grazas a autores
coma Abbas Kiarostami.
Durante a rodaxe Forugh encariñouse
cun neno da colonia, fillo de dous
leprosos, e acabou por adoptalo.
6. “A estraña capacidade de Farrokhzad para ver os leprosos sen morbo,
coma persoas fermosas e comúns, obxectos de amor e de intensa
identificación, ofrece desafíos moi diferentes que apuntan unha postura
espiritual e filosófica moi distinta. Ao mesmo tempo, unha lectura atenta
de A casa é negra leva a concluír que certas partes do seu “realismo
documental” deberon ser actuadas e guionizadas. Coma outros
cineastas iranianos da Nova Vaga que traballaron con actores non
profesionais en localizacións relativamente pobres, Farrokhzad “creou” e
non simplemente “encontrou”, logrando unha poderosa combinación de
realidade e ficción que volve os dous rexistros contiguos máis que
dilalécticos. Moito máis dialéctica é a relación entre os dous narradores
do filme: unha voz masculina anónima que describe de maneira fáctica e
relativamente desapaixonada, aínda que cun enfoque claramente
humanista, e Farrokhzad recitando a súa poesía nun ton belo e lúgubre,
a metade de camiño entre un rezo relixioso e un lamento de blues”
Jonathan Rosenbaum
7. O recoñecemento de Forugh Farrokhzad
transcende o ámbito local: a UNESCO
promove un filme sobre a autora,
Bernardo Bertolucci viaxa a Irán para
entrevistala e facer unha curta... Edítase
un cuarto libro, TAVALLODI DIGAR
(OUTRO NACEMENTO) e prepara un
quinto volume...
8. O 13 de febreiro de 1967 Forugh vai visitar a súa nai. A conversa que
manteñen durante o almorzo é, segundo dixo logo esta, a “máis
agradábel que tiveran nunca”.
Forugh regresa á súa casa conducindo o coche. Na intersección de
dúas rúas encóntrase con outro vehículo e para evitar chocar con el
dá un volantazo e estámpase contra un muro. Falece vítima dos
traumatismos craneais aos 32 anos.
Foi enterrada no cemiterio Zahiro-Doleh de Teherán.
9. A parella
Vén a noite
e canda a noite, a escuridade
e canda a escuridade
ollos
mans
respiracións e máis respiracións
e o ruído da auga
as pingas que pingan
da billa
logo dous puntos vermellos
dous cigarros prendidos
o tic-tac do reloxo
dous corazóns
e dúas soidades.
10. A rebelión
[...]
Non peches os meus beizos, non me
impoñas o silencio
debo revelar o meu segredo.
Debo dicirlle ao mundo enteiro
as palabras que me queiman, o meu fero
eco
Vén canda min e libérame
ao prístino ceo da poesía.
Se me deixas voar
serei unha rosa no xardín da poesía.
[...]
11. O vento levaranos
Na miña noite breve... ai!
o vento ten unha cita coas follas.
A miña noite breve está posuída pola angustia da
devastación.
Escoita! Sentes o alento das sombras?
Síntome allea a esta felicidade,
estou afeita ao desespero.
Escoita! Sentes o alento das sombras?
Algo ocorre na noite
a Lúa está vermella e intranquila
e sobre o tellado
sempre con medo a derrubarse
as nubes, coma unha procesión de xente a facer pranto,
parecen agardar o momento da chuvia
12. un momento
e logo nada
a noite estarrece ao outro lado da xanela
e a Terra deixa de xirar
ao outro lado da xanela
algo descoñecido nos vixía a ti e a min.
Ti, no teu verdor,
pon as túas mans coma un recordo que queima
nas miñas man amorosas
leva os teus beizos coa calor da vida
ao encontro dos meus amorosos beizos.
O vento levaranos.
O vento levaranos.