2. A ENTRADA NA ESCOLA
O ingreso na escola é todo un acontecemento para os
vosos fillos e fillas. Supón un cambio importante nas
súas vidas, pois, posiblemente, sexa a primeira vez que
se separan da familia para quedar nas mans de persoas
“descoñecidas”
Este período vai influír moito na evolución do neno/a.
Por todo iso, é recomendable que entre todos/as o
preparemos para que transcorra do mellor xeito posible.
O PROGRAMA DE ADAPTACIÓN
Para conseguilo desde o centro desenvolvemos un
programa de adaptación en catro fases:
1ª Fase: Maio. Visita do alumnado novo e das familias
ó centro. Reunión informativa e asistencia ás aulas.
2ª Fase: 6 Setembro -11:30.
Reunión das familias coas titoras.
3ª Fase: 11 Setembro. Período de adaptación
4ª Fase: Incorporación do alumnado en horario normal
a partir do 24 de setembro.
Realización de entrevistas individuais da titora coas
familias.
3. A NOSA ESCOLA
O Equipo de Educación Infantil está formado por oito
mestras especialistas nesta etapa educativa (seis
titoras e dúas profesoras de apoio). A mestra
especialista en Relixión acudirá unha sesión á semana
para impartir a súa área e ademáis terán dúas sesións
de 30 minutos de inglés coa especialista nese idioma.
O alumnado e o profesorado de Educación Infantil
conta cunha zona no edificio e no patio reservada para
eles sós.
Existen seis aulas, dúas para cada nivel (3, 4 e 5 anos)
e unha aula de psicomotricidade. Os baños están
situados dentro das aulas.
Durante os recreos o alumnado está atendido polo
profesorado de Educación Infantil, apoiado por outro
de primaria.
Durante o ano enviarémosvos folletos ou cartas
informando do que facemos na escola ou pedíndovos a
vosa colaboración.
4. PREPARÁMONOS
É importante recordar estas orientacións para facilitar
a súa adaptación e a entrada á escola:
Os nenos/as só saben da escola o que lle
contades vós. Polo tanto procurade falar dela de
forma positiva, evitando frases do tipo :” Xa verás
na escola!” ou “¡Xa te ensinará á mestra!”.
Tampouco covén idealizala, pois vaise producir
unha separación ante a que o neno/a amosará,
nun primeiro momento, preocupación.
Procurade manter unha actitude contenta e
tranquila. Os nenos/as adiviñan o noso estado de
ánimo. Tedes que entender que a escola vai ser
positiva para eles/as.
5. Convén facilitar o proceso de desenvolvemento, sobre
todo no referente ós hábitos, o que facilitará o súa
adaptación á nova vida:
Hábitos de autonomía: intentade que vaian facendo
as cousas por si sos/soas: abotoarse, desabotoarse;
subir e baixar escaleiras, espirse e vestirse (abrigo,
chaqueta, mandilón); subir e baixar pantalóns ,..
Hábitos de hixiene: ensinádelles a lava-las mans e a
cara, a ir ó baño e limpa-la gota do pis e a caca e a
coller un pano para limpa-los mocos ...Comezade a
retira-lo cueiro (pañal). Non poden vir a escola con el.
Hábitos de alimentación e saúde: procurade que
coman e beban sos. Debemos ir retirando pouco a
pouco a comida triturada, o chupete e o biberón.
Horario de durmir: é importante seguir unha rutina
diaria, deitándoo/a a mesma hora (cedo), sobre todo
cerca de setembro. Así, pola mañá, poderá vestirse e
almorzar con tranquilidade.
6. Hábitos de orde: insistide en que recollan ós seus
xoguetes e aquelo que desordenen.
¿COMO AXUDAR Ó SEU DESENVOLVEMENTO?
Nós, como pais e nais, axudamos a que os nosos
fillos e fillas vaian medrando e desenvolvéndose.
As seguintes orientacións pódenvos axudar:
Nestas idades están progresando moito na
linguaxe, por iso procurade falarlles moito utilizando a
“linguaxe dos adultos”, non coma se fose un bebé.
Repetídelles correctamente as palabras que
pronuncian mal.
A lectura de contos, as cancións, os xogos, ...
son básicos para o seu desenvolvemento.
Aproveitádeos para relacionarvos con eles/elas e
coñecelos/as mellor.
Dádelles pequenas responsabilidades: recolle-las
súas cousas, recados, ...
Seguide as orientacións da páxina anterior para
facelos/as máis autónomos.
Evitade sobrepotexelos/as. Dádelles atención,
coidado, cariño, ... pero non consentilos/as.
Procurade levalos/as a pasear, a coñecer sitios
novos, así axudarédelles a integrarse cada vez máis
no contorno e a coñecer cousas novas.
Controlade os programas de T.V. que ven e o
tempo que pasan diante dela.
7. DE CARA A ENTRADA NO COLEXIO
Entradas e saídas puntuais (9:00 – 13:50).
Unha vez rematado o período de adaptación os
nenos e nenas entrarán na súa fila.
Puntualidade: ás 9:05 pecharase a porta.
Pasada esta hora, as entradas faranse pola porta
principal e asinarase en conserxería unha nota de
retraso que se entregará á titora.
Débense xustificar as faltas, retrasos ou
saídas no horario escolar (asinar xustificante
Se o neno ou nena e recollido por outra
persoa non habitual deberá comunicarse por escrito
á titora.
Se hai algunha variación co alumnado de
transporte ou comedor deberá avisarse por escrito,
nunca telefonicamente.
Hora de titoría: martes de 16:00 – 17:00 con
cita previa.
Importancia de ter actualizados os teléfonos
de contacto e de que estean OPERATIVOS.
Roupa cómoda, tipo chandal. Calzado con
velcro. Nin lazos, nin cintos nin bodis.
Deben traer unha muda completa.
Chamaráselles para que os veñan a cambiar.
Convén que traian unha mochila mediana sen
rodas co nome posto. Rervisar as mochilas
diariamente xa que van notas e avisos.
Colocar nos colos das cazadoras e chaquetas
unha cinta ampla co seu nome para poder colgalas
no percheiro.