SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
FILIPE V
ÍNDICE
●
    Introdución
●
    A súa chegada a España
●
    A Guerra de Sucesión (1702-1714)
●
    Goberno
●
    Familia
Introdución
 Filipe de Borbón, duque de
Anjou, nace o 19 de decembro de
1683 en Versalles, como segundo
dos fillos de Luís (Gran Delfín de
Francia e fillo de Luís XIV) e de
María Teresa de Austria, infanta
de España.

  Filipe V reinou en España dende
1700 ata a súa morte o 9 de xullo
de 1746, cunha breve interrupción
no ano 1724, no cal sobe ao
poder o seu fillo primóxenito Luís
I (na imaxe superior), pero a sua
prematura morte provoca que
Filipe V volva ao trono.

Filipe V será sucedido tras a súa
morte polo seu fillo Fernando VI
(na fotografía inferior)
A súa chegada a España
  Carlos II, rei de España e último dos monarcas da dinastía dos Austrias,
falecía o 1 de novembro de 1700 sen fillos lexítimos, deixando no seu
testamento a Filipe de Borbón, duque de Anjou e neto de Luís XIV, como
lexítimo herdeiro. O monarca tomara esta decisión coa intención de
complacer ao monarca francés e, deste xeito, evitar que os territorios do
imperio español se visen reducidos.

 Deste xeito, Filipe de Borbón deixa a súa Francia natal e chega a España
o 22 de xaneiro de 1701, para ocupar o trono que lle fora legado. O inicio
do seu reinado supuxo a formación dun bloque de poder franco-español.
Como resposta ao crecente poder da casa Borbón, naceu a Grande Alianza
da Haia, liderada polos Habsburgo de Austria á que pronto se uniron
outras potencias europeas. Finalmente en maio de 1702, a Grande Alianza
decláralle a guerra a Francia e a España, iniciándose así a Guerra de
Sucesión.
A Guerra de Sucesión (1702-1714)
●
    Conflito internacional
     Os países pertencentes á Grande Alianza da Haia decidiron apoiar as
    pretensións ao trono español do arquiduque Carlos, un dos Austrias
    menores. Os principais escenarios dos conflitos armados entre ambos
    bandos serán a Península Ibérica, Milán, Flandres e os territorios de
    ultramar.

     Sen embargo, o rumbo da guerra da un xiro no 1711, ano no cal o
    arquiduque Carlos accede ao trono de Austria. Por este motivo, as
    potencias europeas deciden abandoar a Grande Alianza, temerosas do
    poder dos Habsburgo. Isto, xunto coa renuncia de Filipe V á línea de
    sucesión francesa, ponlle fin ao conflito internacional e asínanse o Tratado
    de Utrecht e o Tratado de Rastadt (1713-1714), nos cales España perdía
    os seus terrirorios de ultramar e en Europa (Xibraltar e Menorca pasarían
    a mans inglesas), pese a isto, Filipe V e recoñecido lexítimo rei por todas
    as potencias europeas, coa excepción de Austria.
A Guerra de Sucesión (1702-1714)
●
    O conflito en España
     En España o conflito internacional adquire un carácter de guerra civil.
    Mentres a Coroa de Castela e Navarra se mantiveron fieis a Filipe V, parte
    da Coroa de Aragón (Cataluña e Valencia principalmente) decidiu apoiar
    ao arquiduque Carlos. As causas desta división foron variadas: a gran
    popularidade dos Austrias no pobo catalán e valenciano, que prometían
    establecer medidas antiseñorais ou o temor das clases altas da Coroa de
    Aragón ao sistema absolutista borbónico. Por outra banda, a Coroa de
    Castela apoiou a Filipe V esperando un cambio con respecto á política
    desenvolvida por Carlos II.

     A vitoria borbónica suporá fortes cambios na políca interior do reino.
Goberno
●
    Política interior
●
    Política exterior (1715 – 1724)
●
    Reinado de Luís I
●
    Política exterior (1724 - 1748)
Política interior
     Tras a Guerra de Sucesión, Filipe V levou a cabo unha serie de reformas
    que se alonxaban do modelo de goberno dos Austrias anteriores.
●
    Instauración dun modelo de monarquía absolutista.

     Mediante este sistema de goberno, importado da Francia de Luís XIV, o
    monarca adquiría poderes ilimitados.
●
    Estado centralizado politicamente e uniformidade lexislativa e
    institucional.

      Elabóranse os Decretos de Nova Planta (Decreto de 1707 para Valencia e
    Aragón, en 1715 en Maiorca e, en 1716 en Cataluña) mediante os cales se
    logra a unificación administativa, abolindo os foros e institucións da Coroa
    de Aragón, que se integrarían no modelo administrativo de Castela.

     Por outra banda o Estado divídise en provincias gobernadas por un
    Capitán Xeral e por unha audiencia, ambos leais ao goberno de Madrid. Ao
    mesmo tempo créase a figura dos intendentes (no ano 1749) que levaban
    a cabo funcións na facenda, administrativas e xudiciais.
Política interior
●
    Cambio da estrutura do goberno da monarquía.

     Créase o consello ou secretaría de Despacho, dividida no ano 1714 en
    diversas secretarías: Indias e Mariña, Estado, Xustiza, Guerra e,
    posteriormente, Facenda.
●
    Refórmase o xeito de recadación fiscal co fin de mellorar a economía
    e aumentar os ingresos do Estado, establecendo novos impostos e
    aduanas no comercio tanto interior como exterior.
●
    Control da Igrexa, mediante a instauración do regalismo.

     O monarca adquiría o dereito a designar cargos eclesiásticos dentro do
    seu territorio e, ademais, parte das rendas recadadas pola Igrexa ían a
    parar ás arcas do Estado.

     Por outra banda o Estado tamén se fai cargo da educación, antes en
    mans da Igrexa.
●
    Filipe V promove o desenvolvemento da arte e a cultura como medio
    para demostrar o seu poder.
Política interior
●
    Lévanse a cabo reformas no exército e na mariña.

     Ambos se profesionalizan, modifícase a súa estrutura (o rexemento será
    a unidade básica do exército) e créanse novos sistemas de recrutamento.

     Ademais foméntase a creación de novos estaleiros e arsenais co fin de
    crear unha flota poderosa.
●
    Filipe V intenta instaurar a Lei Sálica en España, pero fracasa debido á
    oposición das Cortes. Sen embargo en 1713 consigue promulgar a Lei de
    Sucesión Fundamental, mediante o cal as mulleres só podían acceder
    ao trono na ausencia de varóns na línea de sucesión.



     A pesar de que en teoría Filipe V gozaba dun amplo poder, a súa mala
    saúde provocou que este fora delegado nos seus ministros.
Política exterior (1715 - 1724 )
  Durante este período, Filipe V basa a súa política exterior no intento de
 recuperar parte dos territorios perdidos tras a firma do tratado de Utrecht,
 sobre todo os do norte de Italia e de España.

   Iníciase así unha política revisionalista dirixida polo ministro Alberoni, co
 fin de recuperar os territorios italianos. No ano 1717, España consegue
 conquistar Cerdeña e, en 1718, invade tamén Sicilia o que provocará que
 Gran Bretaña, Austria, Holanda e Francia (gobernada polo duque de
 Orleáns tras a morte de Luís XIV) firmen unha alianza contra España, que
 será derrotada e Alberoni, destituído.

  Tras a derrota, Filipe V iniciará unha política exterior realista, xa sen
 pretensións de recuperar territorios en Europa o que lle facilitará as
 negociacións coas demais potencias europeas e, ademais, incrementar a
 súa influencia dentro do continente.
Reinado de Luís I (1724)
  Filipe V decide abdicar en favor do seu fillo Luís I o 10 de xaneiro de
1724 por causas aínda descoñecidas. Deste xeito, se o monarca francés
Luís XV morría prematuramente Filipe V, era o seguinte na línea de
sucesión ao trono francés xa que debido ao Tratado de Utrecht, os seus
dereitos sobre a coroa francesa quedaban anulados mentres estivese no
trono español. Outras fontes manteñen que a abdicación se produciu
como consecuencia da enfermidade do monarca que lle impedía gobernar
plenamente.

 Luís I só reinaría durante sete meses antes de morrer prematuramente
aos 17 anos. Tras a súa morte, Filipe V, presionado pola súa segunda
muller, subiría ao trono novamente.
Política exterior (1724 - 1746)
  Tras a morte de Luís I, Filipe V volverá subir ao trono español. En 1726
iníciase unha guerra entre España e Gran Bretaña derivada do Tratado de
Utrecht, do cal os británicos saíran notablemente favorecidos (adquiririran
territorios españois: Xibraltar e Menorca). Isto provocaría numerosos
enfrontamentos marítimos entre ambas as potencias.

 En 1733, baixo a dirección de Patiño, España e Francia firmarán o
Primeiro Pacto de Familia durante a Guerra de Sucesión Polaca (1733-
1738) tras a cal o futuro rei Carlos III sería recoñecido rei das Dúas
Sicilias (Sicilia e Nápoles), ocupadas entre 1717 e 1719.

  En 1743, España e Francia afianzan a súa alianza mediante a firma do
Segundo Pacto de Familia, o cal lle outorgará a Filipe, segundo fillo de
Filipe V territorios no sur de Italia, recuperándo deste xeito gran parte dos
territorios perdidos tras a firma do Tratado de Utrecht.
Familia
  Filipe V tivo en total 11 fillos
lexítimos como resultado dos seus
dous matrimonios: catro do seu
primeiro matrimonio con María
Luísa Gabriela de Saboia, coa que
casara en 1701; e sete do seu
segundo matrimonio, tras a morte
da súa primeira esposa, con
Isabel ed Farnesio, en 1714.

 Dos seus once fillos, tres deles
sentarán no trono español: Luís I,
Fernado VI (ambos do seu
primeiro matrimonio) e Carlos III
(do segundo, na imaxe lateral).

More Related Content

What's hot

Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalO reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalisabelmacgar28
 
A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10pati_89
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
A unificación italiana
A unificación italianaA unificación italiana
A unificación italianaxosea
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoAgrela Elvixeo
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIDavid Barrán Ferreiro
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaAgrela Elvixeo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiJavier Parguina
 
España no século XVIII
España no século XVIIIEspaña no século XVIII
España no século XVIIIxosea
 

What's hot (20)

Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberalO reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
O reinado de Fernando VII: sexenio absolutista e trienio liberal
 
A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
A unificación italiana
A unificación italianaA unificación italiana
A unificación italiana
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Historia de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel IIHistoria de España Composición Isabel II
Historia de España Composición Isabel II
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Felipe V
Felipe VFelipe V
Felipe V
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe ii
 
España no século XVIII
España no século XVIIIEspaña no século XVIII
España no século XVIII
 

Viewers also liked (20)

Real estate
Real estateReal estate
Real estate
 
José maría de torrijos y uriarte
José maría de torrijos y uriarteJosé maría de torrijos y uriarte
José maría de torrijos y uriarte
 
Fernando vii
Fernando viiFernando vii
Fernando vii
 
Martín sarmiento leticia rodríguez
Martín sarmiento leticia rodríguezMartín sarmiento leticia rodríguez
Martín sarmiento leticia rodríguez
 
Carlos iii
Carlos  iiiCarlos  iii
Carlos iii
 
Isabel de farnesio
Isabel de farnesioIsabel de farnesio
Isabel de farnesio
 
Isabel de farnesio
Isabel de farnesioIsabel de farnesio
Isabel de farnesio
 
Orfismo hª da arte.
Orfismo hª da arte.Orfismo hª da arte.
Orfismo hª da arte.
 
Presentación canalejas
Presentación canalejasPresentación canalejas
Presentación canalejas
 
Toni
ToniToni
Toni
 
Antonio palacios
Antonio palaciosAntonio palacios
Antonio palacios
 
Xosé bonaparte
Xosé bonaparteXosé bonaparte
Xosé bonaparte
 
Salvador de madariaga
Salvador de madariagaSalvador de madariaga
Salvador de madariaga
 
ACTIVIDADES DE INDUCCION
ACTIVIDADES DE INDUCCIONACTIVIDADES DE INDUCCION
ACTIVIDADES DE INDUCCION
 
Portfolio Coppertone Final
Portfolio   Coppertone FinalPortfolio   Coppertone Final
Portfolio Coppertone Final
 
Gabriel lopez
Gabriel lopezGabriel lopez
Gabriel lopez
 
Alfabetoamigo
AlfabetoamigoAlfabetoamigo
Alfabetoamigo
 
info
infoinfo
info
 
ranjeet resume latest
ranjeet resume latestranjeet resume latest
ranjeet resume latest
 
Legenda Gianni Schicchi
Legenda Gianni SchicchiLegenda Gianni Schicchi
Legenda Gianni Schicchi
 

Similar to Filipe v sara veiga rúa 2ºa bach

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Santi Pazos
 
O século XVII: a crise do imperio español
 O século XVII: a crise do imperio español O século XVII: a crise do imperio español
O século XVII: a crise do imperio españolroberto
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdfVanessa Felípez
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
11c a crise do imperio español
11c a crise do imperio español11c a crise do imperio español
11c a crise do imperio españolroberto
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 

Similar to Filipe v sara veiga rúa 2ºa bach (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
O Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNicoO Reformismo BorbóNico
O Reformismo BorbóNico
 
O século XVII: a crise do imperio español
 O século XVII: a crise do imperio español O século XVII: a crise do imperio español
O século XVII: a crise do imperio español
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
España siglo xviii
España siglo xviiiEspaña siglo xviii
España siglo xviii
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
Marques de ensenada fátima del río
Marques de ensenada fátima del ríoMarques de ensenada fátima del río
Marques de ensenada fátima del río
 
11c a crise do imperio español
11c a crise do imperio español11c a crise do imperio español
11c a crise do imperio español
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
Sociales depotismo ilustrado
Sociales  depotismo ilustradoSociales  depotismo ilustrado
Sociales depotismo ilustrado
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 

More from Joseantonio Villaverde (20)

Trabajo lore sociales
Trabajo lore socialesTrabajo lore sociales
Trabajo lore sociales
 
Isabel de baviera lucía cambeses 1ºbach.pptx
Isabel de baviera  lucía cambeses 1ºbach.pptxIsabel de baviera  lucía cambeses 1ºbach.pptx
Isabel de baviera lucía cambeses 1ºbach.pptx
 
Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
Traballo sobre a inmigración (cc.ss)Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
Traballo sobre a inmigración (cc.ss)
 
Montesquieu abel 1bach
Montesquieu abel 1bachMontesquieu abel 1bach
Montesquieu abel 1bach
 
Frederick taylor
Frederick taylorFrederick taylor
Frederick taylor
 
Thomas malthus
Thomas malthusThomas malthus
Thomas malthus
 
David ricardo
David ricardoDavid ricardo
David ricardo
 
Datos avaliacion inicial
Datos avaliacion inicialDatos avaliacion inicial
Datos avaliacion inicial
 
Presentación sin título
Presentación sin títuloPresentación sin título
Presentación sin título
 
Marques de sargadelos presentación (1)
Marques de sargadelos presentación (1)Marques de sargadelos presentación (1)
Marques de sargadelos presentación (1)
 
Adam smith
Adam smithAdam smith
Adam smith
 
Franquismo
FranquismoFranquismo
Franquismo
 
Benigno andrade (foucellas)
Benigno andrade (foucellas)Benigno andrade (foucellas)
Benigno andrade (foucellas)
 
Felipe gonzález
Felipe gonzálezFelipe gonzález
Felipe gonzález
 
Felipe glez
Felipe glezFelipe glez
Felipe glez
 
Antonio tejero alejandro toucedo crespo 2ºa bach
Antonio tejero alejandro toucedo crespo 2ºa bachAntonio tejero alejandro toucedo crespo 2ºa bach
Antonio tejero alejandro toucedo crespo 2ºa bach
 
Santiago carrillo(borja otero)
Santiago carrillo(borja otero)Santiago carrillo(borja otero)
Santiago carrillo(borja otero)
 
Antonio tejero
Antonio tejeroAntonio tejero
Antonio tejero
 
Maruja mallo
Maruja malloMaruja mallo
Maruja mallo
 
Salvador dalí
Salvador dalíSalvador dalí
Salvador dalí
 

Filipe v sara veiga rúa 2ºa bach

  • 2. ÍNDICE ● Introdución ● A súa chegada a España ● A Guerra de Sucesión (1702-1714) ● Goberno ● Familia
  • 3. Introdución Filipe de Borbón, duque de Anjou, nace o 19 de decembro de 1683 en Versalles, como segundo dos fillos de Luís (Gran Delfín de Francia e fillo de Luís XIV) e de María Teresa de Austria, infanta de España. Filipe V reinou en España dende 1700 ata a súa morte o 9 de xullo de 1746, cunha breve interrupción no ano 1724, no cal sobe ao poder o seu fillo primóxenito Luís I (na imaxe superior), pero a sua prematura morte provoca que Filipe V volva ao trono. Filipe V será sucedido tras a súa morte polo seu fillo Fernando VI (na fotografía inferior)
  • 4. A súa chegada a España Carlos II, rei de España e último dos monarcas da dinastía dos Austrias, falecía o 1 de novembro de 1700 sen fillos lexítimos, deixando no seu testamento a Filipe de Borbón, duque de Anjou e neto de Luís XIV, como lexítimo herdeiro. O monarca tomara esta decisión coa intención de complacer ao monarca francés e, deste xeito, evitar que os territorios do imperio español se visen reducidos. Deste xeito, Filipe de Borbón deixa a súa Francia natal e chega a España o 22 de xaneiro de 1701, para ocupar o trono que lle fora legado. O inicio do seu reinado supuxo a formación dun bloque de poder franco-español. Como resposta ao crecente poder da casa Borbón, naceu a Grande Alianza da Haia, liderada polos Habsburgo de Austria á que pronto se uniron outras potencias europeas. Finalmente en maio de 1702, a Grande Alianza decláralle a guerra a Francia e a España, iniciándose así a Guerra de Sucesión.
  • 5. A Guerra de Sucesión (1702-1714) ● Conflito internacional Os países pertencentes á Grande Alianza da Haia decidiron apoiar as pretensións ao trono español do arquiduque Carlos, un dos Austrias menores. Os principais escenarios dos conflitos armados entre ambos bandos serán a Península Ibérica, Milán, Flandres e os territorios de ultramar. Sen embargo, o rumbo da guerra da un xiro no 1711, ano no cal o arquiduque Carlos accede ao trono de Austria. Por este motivo, as potencias europeas deciden abandoar a Grande Alianza, temerosas do poder dos Habsburgo. Isto, xunto coa renuncia de Filipe V á línea de sucesión francesa, ponlle fin ao conflito internacional e asínanse o Tratado de Utrecht e o Tratado de Rastadt (1713-1714), nos cales España perdía os seus terrirorios de ultramar e en Europa (Xibraltar e Menorca pasarían a mans inglesas), pese a isto, Filipe V e recoñecido lexítimo rei por todas as potencias europeas, coa excepción de Austria.
  • 6. A Guerra de Sucesión (1702-1714) ● O conflito en España En España o conflito internacional adquire un carácter de guerra civil. Mentres a Coroa de Castela e Navarra se mantiveron fieis a Filipe V, parte da Coroa de Aragón (Cataluña e Valencia principalmente) decidiu apoiar ao arquiduque Carlos. As causas desta división foron variadas: a gran popularidade dos Austrias no pobo catalán e valenciano, que prometían establecer medidas antiseñorais ou o temor das clases altas da Coroa de Aragón ao sistema absolutista borbónico. Por outra banda, a Coroa de Castela apoiou a Filipe V esperando un cambio con respecto á política desenvolvida por Carlos II. A vitoria borbónica suporá fortes cambios na políca interior do reino.
  • 7. Goberno ● Política interior ● Política exterior (1715 – 1724) ● Reinado de Luís I ● Política exterior (1724 - 1748)
  • 8. Política interior Tras a Guerra de Sucesión, Filipe V levou a cabo unha serie de reformas que se alonxaban do modelo de goberno dos Austrias anteriores. ● Instauración dun modelo de monarquía absolutista. Mediante este sistema de goberno, importado da Francia de Luís XIV, o monarca adquiría poderes ilimitados. ● Estado centralizado politicamente e uniformidade lexislativa e institucional. Elabóranse os Decretos de Nova Planta (Decreto de 1707 para Valencia e Aragón, en 1715 en Maiorca e, en 1716 en Cataluña) mediante os cales se logra a unificación administativa, abolindo os foros e institucións da Coroa de Aragón, que se integrarían no modelo administrativo de Castela. Por outra banda o Estado divídise en provincias gobernadas por un Capitán Xeral e por unha audiencia, ambos leais ao goberno de Madrid. Ao mesmo tempo créase a figura dos intendentes (no ano 1749) que levaban a cabo funcións na facenda, administrativas e xudiciais.
  • 9. Política interior ● Cambio da estrutura do goberno da monarquía. Créase o consello ou secretaría de Despacho, dividida no ano 1714 en diversas secretarías: Indias e Mariña, Estado, Xustiza, Guerra e, posteriormente, Facenda. ● Refórmase o xeito de recadación fiscal co fin de mellorar a economía e aumentar os ingresos do Estado, establecendo novos impostos e aduanas no comercio tanto interior como exterior. ● Control da Igrexa, mediante a instauración do regalismo. O monarca adquiría o dereito a designar cargos eclesiásticos dentro do seu territorio e, ademais, parte das rendas recadadas pola Igrexa ían a parar ás arcas do Estado. Por outra banda o Estado tamén se fai cargo da educación, antes en mans da Igrexa. ● Filipe V promove o desenvolvemento da arte e a cultura como medio para demostrar o seu poder.
  • 10. Política interior ● Lévanse a cabo reformas no exército e na mariña. Ambos se profesionalizan, modifícase a súa estrutura (o rexemento será a unidade básica do exército) e créanse novos sistemas de recrutamento. Ademais foméntase a creación de novos estaleiros e arsenais co fin de crear unha flota poderosa. ● Filipe V intenta instaurar a Lei Sálica en España, pero fracasa debido á oposición das Cortes. Sen embargo en 1713 consigue promulgar a Lei de Sucesión Fundamental, mediante o cal as mulleres só podían acceder ao trono na ausencia de varóns na línea de sucesión. A pesar de que en teoría Filipe V gozaba dun amplo poder, a súa mala saúde provocou que este fora delegado nos seus ministros.
  • 11. Política exterior (1715 - 1724 ) Durante este período, Filipe V basa a súa política exterior no intento de recuperar parte dos territorios perdidos tras a firma do tratado de Utrecht, sobre todo os do norte de Italia e de España. Iníciase así unha política revisionalista dirixida polo ministro Alberoni, co fin de recuperar os territorios italianos. No ano 1717, España consegue conquistar Cerdeña e, en 1718, invade tamén Sicilia o que provocará que Gran Bretaña, Austria, Holanda e Francia (gobernada polo duque de Orleáns tras a morte de Luís XIV) firmen unha alianza contra España, que será derrotada e Alberoni, destituído. Tras a derrota, Filipe V iniciará unha política exterior realista, xa sen pretensións de recuperar territorios en Europa o que lle facilitará as negociacións coas demais potencias europeas e, ademais, incrementar a súa influencia dentro do continente.
  • 12. Reinado de Luís I (1724) Filipe V decide abdicar en favor do seu fillo Luís I o 10 de xaneiro de 1724 por causas aínda descoñecidas. Deste xeito, se o monarca francés Luís XV morría prematuramente Filipe V, era o seguinte na línea de sucesión ao trono francés xa que debido ao Tratado de Utrecht, os seus dereitos sobre a coroa francesa quedaban anulados mentres estivese no trono español. Outras fontes manteñen que a abdicación se produciu como consecuencia da enfermidade do monarca que lle impedía gobernar plenamente. Luís I só reinaría durante sete meses antes de morrer prematuramente aos 17 anos. Tras a súa morte, Filipe V, presionado pola súa segunda muller, subiría ao trono novamente.
  • 13. Política exterior (1724 - 1746) Tras a morte de Luís I, Filipe V volverá subir ao trono español. En 1726 iníciase unha guerra entre España e Gran Bretaña derivada do Tratado de Utrecht, do cal os británicos saíran notablemente favorecidos (adquiririran territorios españois: Xibraltar e Menorca). Isto provocaría numerosos enfrontamentos marítimos entre ambas as potencias. En 1733, baixo a dirección de Patiño, España e Francia firmarán o Primeiro Pacto de Familia durante a Guerra de Sucesión Polaca (1733- 1738) tras a cal o futuro rei Carlos III sería recoñecido rei das Dúas Sicilias (Sicilia e Nápoles), ocupadas entre 1717 e 1719. En 1743, España e Francia afianzan a súa alianza mediante a firma do Segundo Pacto de Familia, o cal lle outorgará a Filipe, segundo fillo de Filipe V territorios no sur de Italia, recuperándo deste xeito gran parte dos territorios perdidos tras a firma do Tratado de Utrecht.
  • 14. Familia Filipe V tivo en total 11 fillos lexítimos como resultado dos seus dous matrimonios: catro do seu primeiro matrimonio con María Luísa Gabriela de Saboia, coa que casara en 1701; e sete do seu segundo matrimonio, tras a morte da súa primeira esposa, con Isabel ed Farnesio, en 1714. Dos seus once fillos, tres deles sentarán no trono español: Luís I, Fernado VI (ambos do seu primeiro matrimonio) e Carlos III (do segundo, na imaxe lateral).