Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

José maría de torrijos y uriarte

180 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

José maría de torrijos y uriarte

  1. 1. José María de Torrijos y Uriarte (Madrid, 1791 – Málaga, 1831)
  2. 2. INFANCIA E MOCIDADE Nace o 20 de marzo de 1791, en Madrid. Pertencente a unha familia nobre, a súa infancia trascorre na Corte e aos dez anos nomeárono paxe do rei Carlos IV. Elixiu a carreira de militar e aos trece anos xa alcanzara o grao de capitán. Ingresou logo na Academia de Enxeñeiros de Alcalá.
  3. 3. GUERRA DA INDEPENDENCIA No 1808 estala a Guerra da Independencia, na que participou combatendo en distintos lugares da xeografía española. En 1810, aos seus 19 anos, alcanza o grao de tenente coronel. Foi prisioneiro dos franceses, e levado a Francia para ser xulgado, pero escapa e volve combater na guerra. Participou na Batalla de Vitoria, que dá lugar ao final da guerra.
  4. 4. REBELIÓN A FERNANDO VII Durante o reinado de Fernando VII, xorden en España diversos plans liberais para acabar co poder absoluto do rei. Torrijos, pertencente ao bando liberal, uniuse aos conspiradores que loitaban pola reinstauración da Constitución de Cádiz, o que provocou, tras descubrirse a conspiración que preparaba, que fose detido e encarcerado en 1817. Torrijos permaneceu en prisión ata que o puxo en liberdade a revolución liberal de 1820. En 1823, foi nomeado ministro da Guerra, pero a invasión das tropas francesas (os Cen mil fillos de San Luís) e a caída do réxime liberal, impedíronlle facerse cargo do ministerio.
  5. 5. PLAN DE TORRIJOS Torrijos mantiña correspondencia secreta con algúns liberais de Málaga. A maioría deles desaconsellabanlle que pisase territorio español, pois representaba un grave perigo para a súa propia vida o réxime absolutista de Fernando VII. Viriato, prometeulle a Torrijos que podería desembarcar tranquilamente en Málaga. Torrijos puxo toda a súa confianza nel, e logo resultou ser unha trampa mortal. O 22 de novembro de 1831, Viriato enviou a Xibraltar a un intermediario, co fin de coordinar a viaxe e o desembarco dos liberais de Xibraltar.
  6. 6. FIN DA VIAXE O 2 de decembro, divisan terras malagueñas, tras moitas horas de viaxe. Chegando á costa sorpréndeos o barco Neptuno, que abre fogo contra os liberais. Torrijos descobre a identidade do barco e manda dobrar cara á costa, pero nese momento, os dous barcos que os escoltaron dende Xibraltar, atácanlles. Torrijos e os seus apresúranse cara á praia e o capitán do Neptuno vendo que intentan fuxir por terra dispara contra eles.
  7. 7. ARRESTO E MORTE Os liberais despois dunha longa fuxida, réndense. Colléronos a todos e obrigáronos a seguir unha marcha forzada ata o cárcere, o que lle facía ver a Torrijos que aquilo non era o pactado con Viriato. O día 11 de decembro de 1831 foron fusilados. Fusilamento de Torrijos na praia de San Andrés (Museo del Prado).

×