A ILLA DE ONS
María Hilario Gestal (2º ESO E)
SITUACIÓN
A illa de Ons é a illa principal do arquipélago das illas Ons (o resto son: Onza e o illote de Freitosas
entre outros), este xunto cos das Cíes, Sálvora e Cortegada, constitúen o Parque Nacional das Illas
Atlánticas de Galicia, dende o ano 2002. Este arquipélago é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)
“Complexo Ons-O Grove”
Esta illa atópase na entrada da ría de Pontevedra e pertence ao municipio de Bueu, da provincia de
Pontevedra.
FAUNA
Ons está cuberta na maior parte da súa extensión por matogueiras, con escasos bosques
autóctonos, máis a súa flora característica é a seguinte:
A XESTA DE ONS
Nome común: Xesta de Ons
Nome científico: Cytisus insularis
Características: é un arbusto leñoso capaz de chegar aos 2 metros de
altura, instálase en zonas de cantís. Está considerada coma especie en
perigo de extinción. É confundida coa Cytisus striatus, máis
diferénciase grazas ás follas; na xesta de Ons están unifoliadas e o
legume é plano e está cuberto de pelos por toda a superficie.
Distribución: é unha planta emblemática do Parque nacional, e só se
atopa nas illas de Ons e de Sálvora.
PAXARIÑOS
Nome común: Paxariños
Nome científico: Linaria arenaria
Características: é considerada pola Unión Mundial para a
Conservación da Natureza coma unha especie en perigo de
extinción en estado crítico. Vive sobre dunas e areas asentadas. O
seu hábitat está moi alterado en Ons, debido ás continuas pisadas
dos paseantes.
Distribución: distribúese pola costa occidental de Francia, e en
Galicia nas illas de Arousa, Ons e Sálvora.
A ILLA DE ONS
FAUNA
A illa de Ons, xunto co arquipélago das Cíes, está catalogado como zona ZEPA (Zonas de Especial
Protección para as Aves) dende o 2001.
Estas son as principais especies que habitan Ons:
GAIVOTA PATIAMARELA
Nome común: Gaivota patiamarela
Nome científico: Larus michahellis
Características: na illa existen 20.000 parellas
reprodutoras. A abrupta costa occidental favorece o
aniñamento desta ave e a plumaxe gris e marrón dos
exemplares xuvenís permite que pasen desapercibidos
entre as rochas graníticas. O punto vermello do peteiro é
recoñecido de forma visual polas crías, onde lle pican
para obter alimento.
CORMORÁN MOÑUDO
Nome común: Cormorán moñudo
Nome científico: Phalacrocorax aristotelis
Características: a súa plumaxe non é de todo impermeable, xa
que necesitan empaparse para gañar peso e así evitar flotar
demasiado á hora de mergullarse no mar para pescar, polo
que é habitual ver estas aves secando as ás, pousadas nas
rochas ou nos illotes próximos a illa, coas ás despregadas.
ZONAS INTERMAREAIS
Nas comunidades rochosas do intermareal, destacan os
mexillóns, que ocupan unha gran extensión de superficie; os
percebes ou as lapas.
ZONAS SUBMAREAIS
No submareal destacan grandes bosques submarinos de algas
pardas, que poden chegar a superar os dous metros de altura
A ILLA DE ONS
CARACTERÍSTICAS SALIENTABLES
• Posúe 2.171 ha marítimas 470 terrestres
• A súa extensión é de 5,5 km de longo e unha anchura media de 800 m
• A máxima altura sitúase no Alto do Cucorno (128m), onde atopamos o faro
• A costa oriental está moito máis protexida do mar, é máis rectilínea, onde ten lugar a
sedimentación e a formación de praias, como as de Melide ou as Dornas
• A costa occidental é máis abrupta, xa que está aberta ao océano Atlántico, onde se forman
elevados acantilados e furnas (covas), coma a do Buraco do inferno
DATOS DE INTERESE
• Hai 9 aldeas habitadas, a máis importante é O Curro, xa que é a que ten o porto, os
restaurantes, a igrexa de san Joaquín, o centro de visitantes... e porque é a máis poboada
• O Burato do inferno é unha sima mariña que conta cunha lenda que di que nos días de
tormenta óense os lamentos das almas en pena
• Hai 4 rutas sinalizadas, o
sendeiro da ruta sur ten unha
lonxitude de 6km, neste
percorrido pasaremos por un
miradoiro dende onde teremos
vistas ás illas coma as Cíes ou á
de Onza.
• A esta illa só se pode chegar no
ferry “Mar de Ons”, custa uns 14
euros, os billetes pódense
conseguir en internet ou nas
taquillas situadas en Sanxenxo e
en Portonovo.

Folleto Illa de Ons

  • 1.
    A ILLA DEONS María Hilario Gestal (2º ESO E) SITUACIÓN A illa de Ons é a illa principal do arquipélago das illas Ons (o resto son: Onza e o illote de Freitosas entre outros), este xunto cos das Cíes, Sálvora e Cortegada, constitúen o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, dende o ano 2002. Este arquipélago é Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Complexo Ons-O Grove” Esta illa atópase na entrada da ría de Pontevedra e pertence ao municipio de Bueu, da provincia de Pontevedra. FAUNA Ons está cuberta na maior parte da súa extensión por matogueiras, con escasos bosques autóctonos, máis a súa flora característica é a seguinte: A XESTA DE ONS Nome común: Xesta de Ons Nome científico: Cytisus insularis Características: é un arbusto leñoso capaz de chegar aos 2 metros de altura, instálase en zonas de cantís. Está considerada coma especie en perigo de extinción. É confundida coa Cytisus striatus, máis diferénciase grazas ás follas; na xesta de Ons están unifoliadas e o legume é plano e está cuberto de pelos por toda a superficie. Distribución: é unha planta emblemática do Parque nacional, e só se atopa nas illas de Ons e de Sálvora. PAXARIÑOS Nome común: Paxariños Nome científico: Linaria arenaria Características: é considerada pola Unión Mundial para a Conservación da Natureza coma unha especie en perigo de extinción en estado crítico. Vive sobre dunas e areas asentadas. O seu hábitat está moi alterado en Ons, debido ás continuas pisadas dos paseantes. Distribución: distribúese pola costa occidental de Francia, e en Galicia nas illas de Arousa, Ons e Sálvora.
  • 2.
    A ILLA DEONS FAUNA A illa de Ons, xunto co arquipélago das Cíes, está catalogado como zona ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves) dende o 2001. Estas son as principais especies que habitan Ons: GAIVOTA PATIAMARELA Nome común: Gaivota patiamarela Nome científico: Larus michahellis Características: na illa existen 20.000 parellas reprodutoras. A abrupta costa occidental favorece o aniñamento desta ave e a plumaxe gris e marrón dos exemplares xuvenís permite que pasen desapercibidos entre as rochas graníticas. O punto vermello do peteiro é recoñecido de forma visual polas crías, onde lle pican para obter alimento. CORMORÁN MOÑUDO Nome común: Cormorán moñudo Nome científico: Phalacrocorax aristotelis Características: a súa plumaxe non é de todo impermeable, xa que necesitan empaparse para gañar peso e así evitar flotar demasiado á hora de mergullarse no mar para pescar, polo que é habitual ver estas aves secando as ás, pousadas nas rochas ou nos illotes próximos a illa, coas ás despregadas. ZONAS INTERMAREAIS Nas comunidades rochosas do intermareal, destacan os mexillóns, que ocupan unha gran extensión de superficie; os percebes ou as lapas. ZONAS SUBMAREAIS No submareal destacan grandes bosques submarinos de algas pardas, que poden chegar a superar os dous metros de altura
  • 3.
    A ILLA DEONS CARACTERÍSTICAS SALIENTABLES • Posúe 2.171 ha marítimas 470 terrestres • A súa extensión é de 5,5 km de longo e unha anchura media de 800 m • A máxima altura sitúase no Alto do Cucorno (128m), onde atopamos o faro • A costa oriental está moito máis protexida do mar, é máis rectilínea, onde ten lugar a sedimentación e a formación de praias, como as de Melide ou as Dornas • A costa occidental é máis abrupta, xa que está aberta ao océano Atlántico, onde se forman elevados acantilados e furnas (covas), coma a do Buraco do inferno DATOS DE INTERESE • Hai 9 aldeas habitadas, a máis importante é O Curro, xa que é a que ten o porto, os restaurantes, a igrexa de san Joaquín, o centro de visitantes... e porque é a máis poboada • O Burato do inferno é unha sima mariña que conta cunha lenda que di que nos días de tormenta óense os lamentos das almas en pena • Hai 4 rutas sinalizadas, o sendeiro da ruta sur ten unha lonxitude de 6km, neste percorrido pasaremos por un miradoiro dende onde teremos vistas ás illas coma as Cíes ou á de Onza. • A esta illa só se pode chegar no ferry “Mar de Ons”, custa uns 14 euros, os billetes pódense conseguir en internet ou nas taquillas situadas en Sanxenxo e en Portonovo.