Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Un espazo de media montaña que se estende polos cumes e a aba oeste das serras de Groba e os montes da Valga, en terreos dos. CONCELLOS: Baiona e Oia
2. Un espazo de media montaña que se estende polos
cumes e a aba oeste das serras de Groba e os montes da
Valga, en terreos dos.
SUPERFICIE: 1.158,2 ha
4. TIPO DE PROTECCIÓN:
Proposto en 2011 como
Lugar de importancia
comunitaria (LIC) e
Zona especial de
conservación (ZEC).
5. SERRA DA GROBA
É unha cadea de montañas de granito de dúas micas que
se estende desde a Ría de Baiona ata A Guarda, paralela á
costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está
aplanada pola erosión. O cume máis destacado é o alto
da Groba (662 m).
11. A Groba e o alto do Corrubelo desde a costa de Oia.
12. Vista panorámica desde o Miradoiro do Cortelliño sobre os concellos de Nigrán e
Gondomar e a Ría de Vigo.
Desde distintos puntos da serra podemos gozar de amplas panorámicas sobre a costa
do mar aberto, a ría de Vigo ou o Val do Rosal.
20. Na serra da Groba nacen
varios afluentes do
Tamuxe (afluente do Miño)
e pequenos regos de curto
percorrido que caen ao
mar salvando fortes
pendentes. Aliméntanse
coas chuvias e no verán
acusan moito a seca.
En case todos estes ríos, de
forte desnivel, aparecen rápidos,
pozas e fervenzas, que se
aproveitan como zonas de lecer,
e tiveron un importante
aproveitamento tradicional para
mover muíños.
Pequena fervenza no curso alto do río
Broi ou de Viladesuso.
21. O río Mougás fórmase con
varios regos que nacen na
serra da Groba e desemboca
preto de Mougás, no concello
de Oia.
22. Pozas de Mougás, no rego das Pías, un afluente do rego de Mougás.
23. FLORA:
A vexetación dominante é o mato de toxos e e breixos e plantacións de
piñeiros e eucaliptos. Só se conservan algunhas pequenas manchas de
bosque autóctono nos vales máis inacesibles dos ríos.
As especies arbóreas autóctonas están representadas por carballos,
salgueiros, loureiros, sobreiras, acivros, castiñeiros...
Nas zonas húmidas aparecen breixos, herbas das malladas (Nardus
stricta), esfagnos e rorelas (Drosera...).
32. Únicos exemplares de (Dicksonia antarctica) un fento arbóreo, de orixe australiana, que se
atopa na beira do rego de Vilar (nas proximidades da área protexida).
33. FAUNA
Na Groba podemos atopar raposos, xabaríns, coellos, anfibios (90%
das especies existentes en Galiza), réptiles (60% das especies
existentes en Galiza), aves (30% das especies existentes en Galiza) e
numerosos invertebrados.
Saltón
37. Na parte alta da serra críase gando en libertade, sobre todo cabalos e vacas.
Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega. Na Groba hai
tres curros: o da Valga, o de Torroña (Burgueira) e o de Mougás.
40. Na Groba atópase unha das concentracións de rochas gravadas máis numerosa
de Galicia. De Baiona parte a ruta dos petróglifos ata Campos e Outeiro dos
Lameiros, pero existen moitas outras laxes como o grande labirinto da pedra
escrita da Laxe Cruzada en Torroña (Burgueira), A Cabeciña en Mougás, os de
Loureza (Oia), ou a pedra do cazador en Pedornes.
42. Nas parroquias de Mougás e Burgueira (Oia) podemos atopar restos de foxos de
lobos como o de Foxo Pedriño (o maior dos coñecidos en Galiza).
Restos das paredes de
Foxo Pedriño