Historia de Jasón y los Argonautas tomada de un libro de literatura juvenil.
Destinada para uso educativo.
Departamento de Griego
IES Pinar de la Rubia
(Valladolid)
Historia de Jasón y los Argonautas tomada de un libro de literatura juvenil.
Destinada para uso educativo.
Departamento de Griego
IES Pinar de la Rubia
(Valladolid)
Anuncio de desfile de moda no IES de Melide. Creacións da alumnas de 2º de BAC cons materiais reciclados. Moda grega e romana a cargo dos alumnos de cultura clásica.
1. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Ao igual que outros heroes, Xasón foi educado polo centauro Quirón.
• Regresou a súa patria, Iolcos, para reclamar o trono, que ocupaba ilexitimamente o seu tío
Pelias.
• Pelias envíao a unha misión imposible: recuperar o vélaro de ouro que estaba na lexana
Cólquide.
2. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• O vélaro de ouro era unha prezada pel dun carneiro, que levara polos aires
aos irmáns Frixo e Hele, fillos do rei Atamante, para libralos da morte pola súa
madrastra.
• No traxecto Hele caeu ao mar dando nome ao Helesponto (hoxe mar de
Mármara). Frixo conseguiu chegar á Cólquide onde sacrificou o carneiro a
Zeus, colgando a súa la de ouro dunha árbore custodiada por un dragón.
3. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• A viaxe á Cólquide era toda
unha aventura, xa que nesa
época os gregos a penas
coñecían a navegación ne o
Mar Negro.
• Xasón construíu unha nave á
que puxo por nome Argo, en
honor ao fillo de Frixo que se
chamaba Argos.
• A nave construíse baixo a
protección de Atenea, que
lles entregou unha pola de
carballo sagrado de Dodona,
que tiña o don da profecía.
• O tripulantes recibiron o nome
de Argonautas.
4. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Para a tripulación
Xasón recrutou a
heroes famosos
entre os
destacaban
Teseo, Heracles,
Néstor, o
xemeos Cástor e
Pólux, e Orfeo,
que coa súa
música marcaba
o ritmo dos
remeiros.
5. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Tras facer un sacrificio a Apolo, os Argonautas partiron rumbo ao Mar
Negro.
• Unha das primeiras paradas foi en Misia, onde as Náiades, ninfas das
fontes, raptaron a Hilas, o amigo de Heracles. Heracles non continuou a
viaxe por buscalo.
6. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Cando pasaron por Salmideso, reino de Fineo axudáronlle a
librase das Harpías, seres metade paxaro, metade muller que
lle roubaban e emporcaban a comida.
• A cambio Fineo, que quedara cego por saber demasiados
segredos dos deuses avisoulles dos perigos do camiño.
7. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Un dos peores perigos foi pasar entre as Rochas Simplégades, que
entrechocaban.
• Seguindo os consellos de Fineo, soltaron unha pomba, que consegue
pasar perdendo so plumas da cola. A continuación pasa o Argos,
perdendo so un madeiro da popa.
• No sucesivo as rochas quedaron fixas.
8. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Por fin chegaron a Eea,
capital da Cólquide,
onde Xasón se presenta
ao rei Eetes e exponlle o
seu propósito.
• Eetes esíxelle duras
probas para desfacerse
del.
• Medea, filla de Eetes,
namórse de Xasón e
axúdao e lle facilita uns
filtros máxicos para
superar as probas, a
cambio pídelle a Xasón
que case con ela.
9. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• A proba consistía e xunguir a uns touros que vomitaban lume, arar un
campo e sementar os dentes de dragón que lle dera Eetes.
• Dos dentes nacían xigantes armados. Para vencelos, Xasón, por consello
de Medea, lanzou unha pedra e se mataron entre eles.
10. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Aínda que Xasón superou a proba, Eetes negoulle o vélaro de
ouro.
• Coa axuda de Medea, Xasón consegue adormecer o dragón
que gardaba o vélaro e apoderarse del.
• Xasón e Medea fuxen rumbo á Iolcos.
11. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• A viaxe de volta é moi complexa, e o Argos fuxe perseguido polos soldados de
Eetes.
• Navegan polo Ister (hoxe Danubio) e logo a nave é levada por terra ate chegar as
costas de Italia. Despois a nave desviarase á costa Libia, a Creta e finalmente
chegará a Iolcos.
12. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Unha vez en Iolcos,
Pelias, o tío de
Xasón, négalle o
trono.
• Medea engana a
Pelias prometendo
rexuvenecelo e
mátao.
• Xasón e Medea son
desterrados a
Corinto, onde os
acolle o rei, son
felices e teñen fillos.
13. XASÓN E OS ARGONAUTAS
• Pasado un tempo, o
rei de Corinto ofrece a
Xasón a man da súa
filla coa condición de
que repudie a Medea.
• Medea síntese
traizoada e regala a
prometida de Xasón
unha túnica que a
queima viva.
• Para facer un maior
dano a Xasón , Medea
mata aos seus propios
fillos.
• Medea fuxe nun carro
de lume e refúxiase en
Atenas, na corte do rei
Exeo.