SlideShare a Scribd company logo
MITOLOXÍA GRECO
LATINA NO MUSEO DO
PRADO.
DEUSES
PREOLÍMPICOS
CRONOS/SATURNO
Crono, co nome romano de Saturno, era un Titán fillo de Xea e Urano. Despois
de destronar ó seu pai, o oráculo díxolle que un fillo seu faría o mesmo que él fixera
co seu pai, destronalo.
Estaba casado coa súa irmá Rea e ambos eran os deuses supremos. Saturno
decidíu comerse a todos os seus fillos segndo ían nacendo e chegou a comerse aos
cinco primeiros: Hestia (Vesta), Deméter (Ceres), Hera (Juno), Posidón (Neptuno) e
Hades (Plutón).
Rea, sen poder conter máis o seu sufrimento, cando tivo a Zeus (Xúpiter)
enganou a Saturno dándolle unha pedra envolta en panos, pedra que comeu Saturno
crendo que era o seu fillo.
O oráculo cumpliuse e cando Zeus se fixo maior rescatou aos seus irmáns
facendo que o seu pai os vomitase e tras unha guerra, chamada Titanomaquia,
derrotou aos Titáns e derrocou ao seu pai.
RUBENS
Saturno devorando ao seu fillo.
Escola flamenca. s. XVII
GOYA
Saturno devorando ao seu fillo.
1819-23
DEUSES
OLÍMPICOS
ZEUS/XÚPITER
É o pai dos deuses e os homes, o soberano do ceo e terra. Fillo de Cronos e
Rea. A súa autoridade imponse entre os deuses e entre os mortais.
É o deus da tormenta, do raio e do lóstrego. O animal que o representa é a
aguia. Séntase no trono co cetro nunha man ou ben se lle representa lanzando o
raio.
Loitou contra os Titáns, os Xigantes e Tifón, e saíu victorioso. A súa vida
amorosa está repleta de nomes femininos tanto entre as deusas e as ninfas como
entre as mortais pero a súa esposa lexítima é Hera-Xuno.
OS AMORES DE ZEUS: DÁNAE
Filla de Acrisio, rei de Argos. Cando Dánae naceu, Acrisio consultou un oráculo
que lle dixo que un fillo de Dánae o mataría. Para evitalo, o rei encerrou a súa filla
nunha habitación de bronce, impedindo que tivera contacto con algún varón.
Zeus, prendado da beleza de Dánae, introduciuse na habitación baixo a
forma de chuvia de ouro e deixou embarazada á xoven. O fillo que naceu de esta
unión foi o heroe Perseo, que matou á Medusa e liberou a Andrómeda.
TIZIANO
Dánae recibindo a chuvia de ouro
Escola veneciana. S. XVI
OS AMORES DE ZEUS: EUROPA
Segundo se relata nas Metamorfosis, libro II de Ovidio, Xúpiter, namorado da
princesa Europa, convírtese nun touro blanco co fin de raptala. Sixilosamente
acércase á praia onde ela xogaba coas súas compañeiras para atraela e levala mar
adentro cara a Creta.
O cupido sobre un delfín, alude á impaciencia do Amor, mentras os dous
amorciños que os acompañan co arco e as frechas do amor anuncian o éxito do deus
na sedución.
RUBENS. O rapto de Europa. Escola flamenca. XVII
HADES/PLUTÓN
O mundo dos Infernos estaba gobernado por Hades (Plutón) e a súa esposa
Perséfone (Proserpina). O mundo Infernal e o dos vivos estaba separado pola Lagoa
Estixia e os deuses dos Infernos estaban axudados, entre otros, polo Can Cerbero,
can de tres cabezas, que impedía que os mortos saísen do inframundo.
Tamén eran axudados por Caronte, barqueiro vello, sucio e con barbas, que
cruzaba na súa barca, previo pago dunha moeda, ás almas dos mortos cara a ribeira
Infernal.
JOACHIM PATINIR
O paso da lagoa Estixia
Escola flamenca. S. XVI
O MUNDO DE HADES: ORFEO E EURÍDICE
Orfeo descende ata o Averno para recuperar a súa esposa Eurídice, morta pola
mordedura dunha serpe. Coa música da súa lira consegue conmover a Plutón e
Proserpina, deuses do inferno, que lle conceden a súa petición. Como condición
ímpóñenlle conter o seu desexo e non mirar a súa amada ata saír do mundo
subterráneo.
Pero, Orfeo, movido polo seu amor comeza a mirar atrás para ver a súa
amada, pouco antes de que ela se desvaneza en fume, por incumpli-la advertencia
dos deuses.
RUBENS. Orfeo e Eurídice. Escola flamenca. s. XVII
PERSÉFONE/PROSERPINA
Perséfone, Proserpina para os romanos, era filla de Zeus e de Deméter, a
deusa da agricultura.
Hades, namorado dela subíu á terra, raptouna e levouna aos Infernos.
Deméter, afundida pola dor, adicouse a buscala e non se preocupou dos cultivos. A
Terra non producía froitos e Zeus pedíu a Hades que devolvese a xoven á súa nai.
Proserpina xa probara os froitos dos Infernos e non podía estar apartada moito
tempo do seu marido nin do seu reino. Por elo, acordan que Proserpina pase a
metade do ano coa súa nai na Terra, e a outra metade no Inferno.
No tempo que Proserpina pasa coa súa nai, a Terra florece e da froitos, é a
primaveira e o verán. Cando está nos Infernos, Deméter está triste e a Terra non da
froitos, é inverno.
RUBENS. O rapto de Proserpina. Escola flamenca. s. XVII
DEMÉTER/CERES
Filla de Cronos e Rea. Irmá de Zeus. É a deusa da agricultura e máis
concretamente dos cereais. Ela e a súa filla, Perséfone, ensinaron aos homes a
cultiva-los cereais a través do xove Triptólemo.
O corno da abundancia e o cesto con froitos, símbolos desta deusa, aluden á
fecundidade e a fertilidade da terra.
RUBENS. Ceres e Pan. Escola flamenca. S. XVII
AFRODITA/VENUS
Filla de Urano, nacida ao mesturarse o semen e o sangue de Urano coa
escuma do mar, despois que o seu fillo o Titán Crono o castrara e arroxara ao mar os
seus xenitais. Outra lenda menos famosa é a que a considera filla de Zeus e Dione.
É a deusa do amor e da beleza, soe ir núa ou con pouca roupa, acompañada
por Cupido e rodeada polas pombas.
Casada co deus coxo Hefesto tivo numerosos amores entre os que destaca a
súa tempestuosa relación con Ares, Marte para os romanos, o deus da guerra.
TIZIANO. Venus e a música. Escola veneciana. S. XVI
OS AMORES DE VENUS: ADONIS
Adonis, fillo de Mirra, era o máis fermoso dos mortais. Perséfone e Afrodita
dispútanse o seu amor polo que Zeus decidíu que pasara unha parte do ano con cada
unha delas.
Nunha cacería, Adonis sen atender aos consellos da súa amante Afrodita,
disparou un flechazo a un feroz xabarín. Éste, malferido xa, perseguíu a Adonis, ata
acadalo e matalo.
Afrodita acudíu ó momento pero nada puido facer . Adonis morre nos seus
brazos e do sangue deste nace a anémona, flor tamén belísima pero de corta vida.
TIZIANO. Venus e Adonis. Escola veneciana. S. XVI
O XUIZO DE PARIS
   Eris, a deusa da Discordia, non foi invitada ás vodas de Tetis e Peleo;
rexeitada lanzou unha mazá de ouro en medio do convite cunha lenda que dicía
"para a deusa máis fermosa". Atenea, Hera e Afrodita pretenderon que a mazá era
para cada unha delas e pediron a opinión de Zeus. Zeus temendo entrar na disputa
nomeou xuíz a Paris que era un príncipe troiano que vivira illado no monte Ida.
As tres deusas presentáronse ante Paris, acompañadas polo deus Hermes,
mensaxeiro dos deuses. Hera prometeulle o poder sobre Asia, Atenea ofreceulle a
sabedoría na guerra e Afrodita o amor da muller máis bela, Helena, a esposa do rei
Menelao.
Paris entregou a mazá a Afrodita. Ó cabo do tempo Paris raptou a Helena e
provocou a guerra máis famosa da antigüidade, a guerra de Troia, e deu lugar á
Ilíada e á Odisea
RUBENS. O Xuizo de Paris. Escola flamenca. S. XVII
ARES/MARTE
É o único fillo varón entre os deuses olímpicos da parella Zeus-Hera. É o deus
da guerra e a matanza, da loita indiscriminada.
Representa a morte, a dor e a destrucción. Non é ben recibido nin honrado en
ningún lugar de Grecia e ten que recluirse na súa terra, a belicosa Tracia, onde
habitan as súas fillas, as Amazonas.
É algo fanfarrón e as veces participa nas loitas entre os mortais nas que non
sempre gaña. O acompañan o Medo e o Terror. Represémtaselle como un fornido
xove armado.
 En Roma ten cualidades moito máis positivas.
VELÁZQUEZ. Marte. Escola española. S. XVII
HEFESTO/VULCANO
É fillo da deusa Hera, ó igual que Atenea o era de Zeus. Naceu deforme, con
coxeira polo que a súa nai o rexeitou e botouno desde o Olimpo. Caeu ó mar onde o
acolle a deusa marina Tetis e posteriormente vive na illa de Lemnos onde practica a
actividade da que é protector.
É o deus da fragua, o ferrador e ourive diviño, encargado de facer as armas e
xoias de deuses e heroes. É aceptado no Olimpo e reconcíliase coa súa nai. Obtén a
man da máis bela das deusas, Afrodita.
VELÁZQUEZ. A Fragua de Vulcano. Escola española. S. XVII
ATENEA/MINERVA
Naceu da cabeza de Zeus que previamente se tragara a Metis. É a deusa da
intelixencia teórica e práctica. Preside a guerra tacticamente organizada e as
actividades artesanais ben executadas, como a artesanía. É deusa conselleira e
protectora das instituciones políticas da ciudade, especialmente de Atenas de quen é
protectora, ademáis de darlle o nome.
É unha deusa virxe. O seu animal representativo é a curuxa e a árbore é a
oliveira por ensinar ós homes a cultivalo. Protexe especialmente a todos os heroes,
especialmente a Odiseo-Ulises.
ATENEA Y ARACNE
Aracne era filla dun tintoreiro de Lidia; era unha gran experta no arte de tecer
e bordar, e as ninfas do bosque acudían a ver a súa obra considerándoa discípula da
deusa Atenea, que era a deusa das fiandeiras e bordadoras.
Aracne non aceptaba ser discípula de ninguén, dicía que a súa habilidade a
adquirira ela soa e que desafiaba á deusa Atenea a tecer. Presentouse a deusa baixo
a forma dunha vella e aconselloulle prudencia e que non desafiase aos deuses, pero
Aracne contestoulle con insultos e reiterou o seu desafío.
Atenea aceptou o reto e teceu un tapiz mostrando en toda a súa maxestade
aos Olímpicos e, nas esquinas, escenas dos castigos aos mortais que desafiaran aos
deuses.
Aracne teceu outro tapiz burlándose das metamorfosis de Zeus en touro,
cisne, etc. para conseguer o amor das mortais. Os tapices eran perfectos pero
Atenea furiosa destrúe o tapiz e Aracne, asustada afórcase. Atenea revívea,
convírtea en araña e condéaa a tecer toda a vida unha arañeira.
VELÁZQUEZ. As Fiandeiras. Escola española. S. XVII
APOLO
Apolo, irmá xemelgo de Ártemis, era fillo de Leto e de Zeus. Era o deus da
profecía, das artes, da música e era identificado con Helios como deus do Sol; os
seus atributos son a lira, o arco, o loureiro e os símbolos do Sol.
A pesar de ser considerado tamén o deus da fermosura, foi moi pouco
afortunado en amores. En certa ocasión burlouse das pequenas frechas de Eros,
quen enfadado lle clavou unha frecha do amor mentras contemplaba a Dafne e a
ésta lle disparou unha frecha de desamor.
Dafne era unha ninfa seguidora de Ártemis e que polo tanto non tiña relación
con varóns. Canto máis a perseguía Apolo incitado pola frecha de Eros, máis fuxía
Dafne impulsada polo desamor, pedindo a axuda dos deuses. Ó fin as divinidades se
apiadan da ninfa e a convirten en loureiro. Apolo desconsolado leva unha coroa de
loureiro na súa cabeza en recordo de Dafne.
CORNELIS DE VOS. Apolo e Dafne. Escola flamenca. S. XVII
ÁRTEMIS/DIANA
Filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo. Pedíu ao seu pai o don da
virxinidade ó non querer saber nada do contacto con varóns.
É a deusa da caza e amante dos bosques e prados que percorre co seu séquito
de ninfas practicando a súa actividade favorita. Represéntaselle cun arco e unha
carcasa chea de frechas acompañada dun cervo e ás veces os cans de caza.
Por paralelismo co seu irmán Apolo, é identificada coa deusa Selene, que
representa a Lúa e con esta personalidade sí se lle coñece un idilio amoroso co
fermoso pastor Endimión.
DIANA E CALISTO
Considerada ninfa do séquito de Diana, era unha xoven moi fermosa e como
todas as ninfas da deusa Diana gardaba celosamente a súa virxinidade e non tiña
ningunha relación cos varóns.
Zeus sentíuse moi atraído pola ninfa e, convertido en Diana, tivo amores con
Calisto. A ninfa ou ben castigada por Diana ou ben polos ciumes da esposa de Zeus,
Hera, é convertida en osa e o seu fillo, Arcade, é criado polo centauro Quirón,
chegando a ser un gran cazador.
Cando Árcade crece, nunha das súas múltiples cacerías polos bosques atopa a
súa nai transformada en osa e, sen recoñecela, vaina matar. Zeus vendo o cruel
destino que vai sufrir Calisto e o seu propio fillo, decide intervir e levaa ó ceo
convertida na Osa Maior e a seu fillo Árcade transformao na constelación Arturo.
RUBENS. Diana e Calisto. Escola flamenca. S.XVII
HERMES/MERCURIO
Fillo de Zeus e Maia. É o deus mensaxeiro dos deuses, especialmente do seu
pai ó que presta todo tipo de servicios.
É protector dos camiños e guía de viaxeiros. É inxenioso e aventureiro.
Inventa a lira e cámbialla a Apolo polo caduceo, un bastón no que se quedan
enroscadas as serpes. Desde entón pasa a ser o atributo principal e fácilmente
recoñecible deste deus.
Outro símbolo de Hermes é o "pétasos" o gorro con alas e as sandalias aladas,
elementos que lle facilitan o vó. É tamén protector do comercio, inventa as pesas e
medidas que se usan nel e outros instrumentos da vida cotiá dos gregos.
RUBENS. Mercurio. Escola flamenca. S. XVII
MERCURIO E ARGOS
Argos era un monstro que tiña cen ollos e que nunca durmía de todo, porque,
mentras 50 ollos estaban pechados, os outros 50 estaban abertos. Era un gardián
moi apreciado pola deusa Hera e, cando Argos morreu, Hera colocou os seus cen
ollos na cola do pavo real, que era o seu animal emblemático.
Io era unha xoven de gran beleza da que se namorou Zeus. Cando Hera
descubríu este amor, Zeus convirtíu a Io en vaca e sentíuse obrigado a regalarlla á
deusa. Hera puxo a Io baixo a custodia de Argos, quen a levou por toda a terra,
convertida en vaca, facéndoa sufrir moito. Por fin Zeus, compadecido, manda a
Hermes, Mercurio para os romanos, que mate a Argos e libere a Io.
VELÁZQUEZ. Mercurio e Argos. Escola española. s. XVII
DIONISIO/BACO
Dioniso era fillo de Sémele e de Zeus. Sémele morreu porque Hera a
convenceu para que pedise a Zeus o desexo de velo en todo o seu esplendor.
Zeus fixo medrar ó fillo de ambos no seu muslo ata que foi o bastante forte para
nacer.
É o deus do viño e dos sentimentos e vai acompañado por sátiros e bacantes
que desfilaban bebendo e cantando.
Ensinou aos humanos o cultivo da vide, producto moi importante na
antigüidade.
VELÁZQUEZ. Triunfo de Baco. Escola española. s.XVII
TIZIANO. Bacanal. Escola veneciana. S. XVI
DEUSES
MENORES
AS PARCAS. GOYA. S. XIX
Son fillas de Zeus e da Titánide Temis, e polo tanto irmás das Horas. Son a
personificación do destino que nin siquera os mesmos deuses poden transgredir
sen poñer en perigo a orde do universo. Son seres aos que se soe colocar no
mundo do Averno.
Son tres irmás chamadas Átropo, Cloto e Láquesis, e se adican a traballar
un fio que é a vida de cada ser humano; unha fiaba o fio e era a que decidía as
cuestións relacionadas co nacemento, outra facía un ovillo e era responsable da
vida que ía a levar cada home, por fin a derradeira cortaba o fio e provocaba con
elo o fin da vida e o paso ó mundo dos mortos.
AS TRES GRACIAS. RUBENS. S. XVII
Son fillas de Zeus e de
Eurínome que a súa vez é filla do Titán
Océano e de Temis. As veces son
identificadas coas Horas e nese caso
serían irmás das Parcas.
Deusas da beleza, xuventude e
ledicía, habitan no Olimpo e alegran a
vida e os banquetes dos deuses. Viven
en compañía das Musas e pertencen ó
séquito de Apolo. Acompañan con
gusto a Atenea, Dioniso, Afrodita e
Eros.
Son tres e chámanse Eufrósine,
Talía e Áglae; soen aparecer núas e
collidas polos ombreiros; unha delas
está de costas e as outras dúas unha
enfrente da outra; tócanse entre sí
formando un corro.
HEROES
NACEMENTO DA VÍA LÁCTEA.
Segundo a lenda Hércules, o fillo de Zeus e de Alcmena, atopábase chorando de
fame cando Zeus e a súa esposa Hera pasaron preto del. Hera ó ver un neno tan
guapo chorando compadeceuse dél e dispuxose a darlle o peito. O pequeno Hércules
faille dano ó mamar e Hera retira o peito, facendo que se derrame do peito o leite da
deusa.
O leite que se derramou pola forza de Hércules, a pesar de ser tan pequeno,
deu lugar no ceo á Vía Láctea, que significa precisamente "camiño de leite".
Creación da Vía Láctea. Rubens. Escola flamenca. S. XVII.
PERSEO E ANDRÓMEDA. RUBENS. S. XVII
Andrómeda, filla de Cefeo e de Casiopea, foi castigada a ser devorada por un
monstro mariño enviado por Posidón, porque a súa nai ofendera ás Nereidas dicindo
que era máis fermosa que elas.
Perseo atópaa cando volve de matar á Medusa, mata ó monstro mariño, libéraa,
casan e despois de varias aventuras chega con ela á illa de Sérifos onde viven felices
en compañía de Dánae.
HOMES
PROMETEO
Prometeo é fillo do Titán Japeto e curmá polo tanto de Zeus. Segundo uns creou os
primeiros homes modelándoos con arxila, segundo outros era un simple benefactor
da humanidade.
Unha vez que os homes ofreceron un boi a Zeus, él fixo dúas partes: unha parte tiña
os trozos máis saborosos e agochounos na panza do animal, outra parte tiña os osos
e cubríunos con apetitosa graxa. Zeus colleu a parte mala e castigou aos homes
impedídolles o acceso ó lume.
Na terra había fame e frío pola falta de lume e Prometeo roubou o lume na roda do
Sol ou na fragua de Vulcano. Zeus neste caso impuxo un dobre castigo: encadeou a
Prometeo no Caúcaso mentras un aguia lle comía polo día o fígado que se
rexeneraba pola noite; en canto aos homes lles enviou un ser fermosísimo modelado
con todas as perfeccións pero levando unha caixa que contiña todos os males,
Pandora..
PROMETEO. COSSIERS. ESCOLA FLAMENCA. S. XVII
No cadro vemos ó Titán Prometeo
correndo polo Ceo despois de roubar
ó Sol, o lume, e disposto a levarllelo
ós homes para que puideran
combatir o frío e cociñar os seus alimentos
HIPOMENES E ATALANTA.
Atalanta era filla de Esqueneo que só quería ter varóns e abandonouna ó nacer.
Alimentouna unha osa, criárona uns cazadores e mantívose virxe adicándose á caza
como a súa patrona Ártemis. Era moi veloz e ningún home era capaz de acadala.
Hipomenes deseaba o amor de Atalanta e coas mazás de ouro que lle dera Afrodita
aceptou o reto. Durante a carreira, cada vez que Atalanta ía adelantalo, tiraba ó
chan unha mazá que recollía Atalanta retrasando así a súa carreira e sendo, polo
tanto, vencida. Atalanta cumpríu a súa palabra e casou con Hipomenes.
Ó cabo do tempo, durante unha cacería, os esposos saciaron a súa ansia de amor
nun santuario de Cibeles (cousa absolutamente sacrílega) e foron convertidos en
leóns. Dícese que desde entón arrastran o carro de Cibeles, que ten os corceis máis
rápidos do mundo.
HIPOMENES E ATALANTA. GUIDO RENI. S. XVII
No cadro vemos en plena carreira a
Hipomenes tirando ó chan unha das
mazás de ouro que lle dera Afrodita.
Atalanta, sexa por amor ou por codicia,
agáchase para recollela perdendo a
carreira.
AQUILES DESCUBERTO POR ULISES. RUBENS. S. XVII
RAPTO DE GANÍMEDES. RUBENS. XVII
SÍSIFO. TIZIANO. S. XVI

More Related Content

What's hot

Edipo Rei
Edipo ReiEdipo Rei
Edipo Rei
jfuentesnovo
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense
 
A odisea ahinoa
A odisea ahinoaA odisea ahinoa
A odisea ahinoa
satelite1
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
trafegandoronseis
 
Presentación deuses gregos
Presentación deuses gregosPresentación deuses gregos
Presentación deuses gregosesterandaina
 
Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía iesasorey
 
A guerra de Troia
A guerra de TroiaA guerra de Troia
A guerra de Troia
Susana Losada
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulAna Latin
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiiesasorey
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candela
satelite1
 
Perseo
PerseoPerseo
Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)
Conecta Coruna
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 

What's hot (15)

Edipo Rei
Edipo ReiEdipo Rei
Edipo Rei
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
A odisea ahinoa
A odisea ahinoaA odisea ahinoa
A odisea ahinoa
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
Presentación deuses gregos
Presentación deuses gregosPresentación deuses gregos
Presentación deuses gregos
 
Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía
 
A guerra de Troia
A guerra de TroiaA guerra de Troia
A guerra de Troia
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azul
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
A odisea candela
A odisea candelaA odisea candela
A odisea candela
 
Guia Nadal 09
Guia Nadal 09Guia Nadal 09
Guia Nadal 09
 
Perseo
PerseoPerseo
Perseo
 
Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)
 
Ulises no Hades (2)
Ulises no Hades (2)Ulises no Hades (2)
Ulises no Hades (2)
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 

Similar to Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado

MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
Vanessa Felípez
 
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
fontexeriabib
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
luci97
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedasdepgrego
 
A orixe dos deuses
A orixe dos deusesA orixe dos deuses
A orixe dos deuses
Carmen Díaz
 
Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
I.E.S. San Tomé de Freixeiro
 
O zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxíaO zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxía
luciamg
 
Elementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaElementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaiesasorey
 
Eros o cupido
Eros o cupidoEros o cupido
Eros o cupido
nerea-Miranda
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
ceip Seara
 
Xasón e os Argonautas
Xasón e os ArgonautasXasón e os Argonautas
Xasón e os Argonautas
Susana Losada
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulAna Latin
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulAna Latin
 
Personaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosPersonaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosjulioparadayanez
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
mentirosasoy
 

Similar to Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado (20)

MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
 
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedas
 
A orixe dos deuses
A orixe dos deusesA orixe dos deuses
A orixe dos deuses
 
Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
 
Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
 
De Troia a Roma
De Troia a RomaDe Troia a Roma
De Troia a Roma
 
O zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxíaO zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxía
 
Cantos de sereas
Cantos de sereasCantos de sereas
Cantos de sereas
 
Elementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxíaElementos químicos n mitoloxía
Elementos químicos n mitoloxía
 
Eros o cupido
Eros o cupidoEros o cupido
Eros o cupido
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
Xasón e os Argonautas
Xasón e os ArgonautasXasón e os Argonautas
Xasón e os Argonautas
 
O RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINAO RAPTO DE PROSERPINA
O RAPTO DE PROSERPINA
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azul
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azul
 
Personaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininosPersonaxes masculinos e femininos
Personaxes masculinos e femininos
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 

Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado

  • 1. MITOLOXÍA GRECO LATINA NO MUSEO DO PRADO.
  • 3. CRONOS/SATURNO Crono, co nome romano de Saturno, era un Titán fillo de Xea e Urano. Despois de destronar ó seu pai, o oráculo díxolle que un fillo seu faría o mesmo que él fixera co seu pai, destronalo. Estaba casado coa súa irmá Rea e ambos eran os deuses supremos. Saturno decidíu comerse a todos os seus fillos segndo ían nacendo e chegou a comerse aos cinco primeiros: Hestia (Vesta), Deméter (Ceres), Hera (Juno), Posidón (Neptuno) e Hades (Plutón). Rea, sen poder conter máis o seu sufrimento, cando tivo a Zeus (Xúpiter) enganou a Saturno dándolle unha pedra envolta en panos, pedra que comeu Saturno crendo que era o seu fillo. O oráculo cumpliuse e cando Zeus se fixo maior rescatou aos seus irmáns facendo que o seu pai os vomitase e tras unha guerra, chamada Titanomaquia, derrotou aos Titáns e derrocou ao seu pai.
  • 4. RUBENS Saturno devorando ao seu fillo. Escola flamenca. s. XVII GOYA Saturno devorando ao seu fillo. 1819-23
  • 6. ZEUS/XÚPITER É o pai dos deuses e os homes, o soberano do ceo e terra. Fillo de Cronos e Rea. A súa autoridade imponse entre os deuses e entre os mortais. É o deus da tormenta, do raio e do lóstrego. O animal que o representa é a aguia. Séntase no trono co cetro nunha man ou ben se lle representa lanzando o raio. Loitou contra os Titáns, os Xigantes e Tifón, e saíu victorioso. A súa vida amorosa está repleta de nomes femininos tanto entre as deusas e as ninfas como entre as mortais pero a súa esposa lexítima é Hera-Xuno.
  • 7. OS AMORES DE ZEUS: DÁNAE Filla de Acrisio, rei de Argos. Cando Dánae naceu, Acrisio consultou un oráculo que lle dixo que un fillo de Dánae o mataría. Para evitalo, o rei encerrou a súa filla nunha habitación de bronce, impedindo que tivera contacto con algún varón. Zeus, prendado da beleza de Dánae, introduciuse na habitación baixo a forma de chuvia de ouro e deixou embarazada á xoven. O fillo que naceu de esta unión foi o heroe Perseo, que matou á Medusa e liberou a Andrómeda.
  • 8. TIZIANO Dánae recibindo a chuvia de ouro Escola veneciana. S. XVI
  • 9. OS AMORES DE ZEUS: EUROPA Segundo se relata nas Metamorfosis, libro II de Ovidio, Xúpiter, namorado da princesa Europa, convírtese nun touro blanco co fin de raptala. Sixilosamente acércase á praia onde ela xogaba coas súas compañeiras para atraela e levala mar adentro cara a Creta. O cupido sobre un delfín, alude á impaciencia do Amor, mentras os dous amorciños que os acompañan co arco e as frechas do amor anuncian o éxito do deus na sedución.
  • 10. RUBENS. O rapto de Europa. Escola flamenca. XVII
  • 11. HADES/PLUTÓN O mundo dos Infernos estaba gobernado por Hades (Plutón) e a súa esposa Perséfone (Proserpina). O mundo Infernal e o dos vivos estaba separado pola Lagoa Estixia e os deuses dos Infernos estaban axudados, entre otros, polo Can Cerbero, can de tres cabezas, que impedía que os mortos saísen do inframundo. Tamén eran axudados por Caronte, barqueiro vello, sucio e con barbas, que cruzaba na súa barca, previo pago dunha moeda, ás almas dos mortos cara a ribeira Infernal.
  • 12. JOACHIM PATINIR O paso da lagoa Estixia Escola flamenca. S. XVI
  • 13. O MUNDO DE HADES: ORFEO E EURÍDICE Orfeo descende ata o Averno para recuperar a súa esposa Eurídice, morta pola mordedura dunha serpe. Coa música da súa lira consegue conmover a Plutón e Proserpina, deuses do inferno, que lle conceden a súa petición. Como condición ímpóñenlle conter o seu desexo e non mirar a súa amada ata saír do mundo subterráneo. Pero, Orfeo, movido polo seu amor comeza a mirar atrás para ver a súa amada, pouco antes de que ela se desvaneza en fume, por incumpli-la advertencia dos deuses.
  • 14. RUBENS. Orfeo e Eurídice. Escola flamenca. s. XVII
  • 15. PERSÉFONE/PROSERPINA Perséfone, Proserpina para os romanos, era filla de Zeus e de Deméter, a deusa da agricultura. Hades, namorado dela subíu á terra, raptouna e levouna aos Infernos. Deméter, afundida pola dor, adicouse a buscala e non se preocupou dos cultivos. A Terra non producía froitos e Zeus pedíu a Hades que devolvese a xoven á súa nai. Proserpina xa probara os froitos dos Infernos e non podía estar apartada moito tempo do seu marido nin do seu reino. Por elo, acordan que Proserpina pase a metade do ano coa súa nai na Terra, e a outra metade no Inferno. No tempo que Proserpina pasa coa súa nai, a Terra florece e da froitos, é a primaveira e o verán. Cando está nos Infernos, Deméter está triste e a Terra non da froitos, é inverno.
  • 16. RUBENS. O rapto de Proserpina. Escola flamenca. s. XVII
  • 17. DEMÉTER/CERES Filla de Cronos e Rea. Irmá de Zeus. É a deusa da agricultura e máis concretamente dos cereais. Ela e a súa filla, Perséfone, ensinaron aos homes a cultiva-los cereais a través do xove Triptólemo. O corno da abundancia e o cesto con froitos, símbolos desta deusa, aluden á fecundidade e a fertilidade da terra.
  • 18. RUBENS. Ceres e Pan. Escola flamenca. S. XVII
  • 19. AFRODITA/VENUS Filla de Urano, nacida ao mesturarse o semen e o sangue de Urano coa escuma do mar, despois que o seu fillo o Titán Crono o castrara e arroxara ao mar os seus xenitais. Outra lenda menos famosa é a que a considera filla de Zeus e Dione. É a deusa do amor e da beleza, soe ir núa ou con pouca roupa, acompañada por Cupido e rodeada polas pombas. Casada co deus coxo Hefesto tivo numerosos amores entre os que destaca a súa tempestuosa relación con Ares, Marte para os romanos, o deus da guerra.
  • 20. TIZIANO. Venus e a música. Escola veneciana. S. XVI
  • 21. OS AMORES DE VENUS: ADONIS Adonis, fillo de Mirra, era o máis fermoso dos mortais. Perséfone e Afrodita dispútanse o seu amor polo que Zeus decidíu que pasara unha parte do ano con cada unha delas. Nunha cacería, Adonis sen atender aos consellos da súa amante Afrodita, disparou un flechazo a un feroz xabarín. Éste, malferido xa, perseguíu a Adonis, ata acadalo e matalo. Afrodita acudíu ó momento pero nada puido facer . Adonis morre nos seus brazos e do sangue deste nace a anémona, flor tamén belísima pero de corta vida.
  • 22. TIZIANO. Venus e Adonis. Escola veneciana. S. XVI
  • 23. O XUIZO DE PARIS    Eris, a deusa da Discordia, non foi invitada ás vodas de Tetis e Peleo; rexeitada lanzou unha mazá de ouro en medio do convite cunha lenda que dicía "para a deusa máis fermosa". Atenea, Hera e Afrodita pretenderon que a mazá era para cada unha delas e pediron a opinión de Zeus. Zeus temendo entrar na disputa nomeou xuíz a Paris que era un príncipe troiano que vivira illado no monte Ida. As tres deusas presentáronse ante Paris, acompañadas polo deus Hermes, mensaxeiro dos deuses. Hera prometeulle o poder sobre Asia, Atenea ofreceulle a sabedoría na guerra e Afrodita o amor da muller máis bela, Helena, a esposa do rei Menelao. Paris entregou a mazá a Afrodita. Ó cabo do tempo Paris raptou a Helena e provocou a guerra máis famosa da antigüidade, a guerra de Troia, e deu lugar á Ilíada e á Odisea
  • 24. RUBENS. O Xuizo de Paris. Escola flamenca. S. XVII
  • 25. ARES/MARTE É o único fillo varón entre os deuses olímpicos da parella Zeus-Hera. É o deus da guerra e a matanza, da loita indiscriminada. Representa a morte, a dor e a destrucción. Non é ben recibido nin honrado en ningún lugar de Grecia e ten que recluirse na súa terra, a belicosa Tracia, onde habitan as súas fillas, as Amazonas. É algo fanfarrón e as veces participa nas loitas entre os mortais nas que non sempre gaña. O acompañan o Medo e o Terror. Represémtaselle como un fornido xove armado.  En Roma ten cualidades moito máis positivas.
  • 26. VELÁZQUEZ. Marte. Escola española. S. XVII
  • 27. HEFESTO/VULCANO É fillo da deusa Hera, ó igual que Atenea o era de Zeus. Naceu deforme, con coxeira polo que a súa nai o rexeitou e botouno desde o Olimpo. Caeu ó mar onde o acolle a deusa marina Tetis e posteriormente vive na illa de Lemnos onde practica a actividade da que é protector. É o deus da fragua, o ferrador e ourive diviño, encargado de facer as armas e xoias de deuses e heroes. É aceptado no Olimpo e reconcíliase coa súa nai. Obtén a man da máis bela das deusas, Afrodita.
  • 28. VELÁZQUEZ. A Fragua de Vulcano. Escola española. S. XVII
  • 29. ATENEA/MINERVA Naceu da cabeza de Zeus que previamente se tragara a Metis. É a deusa da intelixencia teórica e práctica. Preside a guerra tacticamente organizada e as actividades artesanais ben executadas, como a artesanía. É deusa conselleira e protectora das instituciones políticas da ciudade, especialmente de Atenas de quen é protectora, ademáis de darlle o nome. É unha deusa virxe. O seu animal representativo é a curuxa e a árbore é a oliveira por ensinar ós homes a cultivalo. Protexe especialmente a todos os heroes, especialmente a Odiseo-Ulises.
  • 30. ATENEA Y ARACNE Aracne era filla dun tintoreiro de Lidia; era unha gran experta no arte de tecer e bordar, e as ninfas do bosque acudían a ver a súa obra considerándoa discípula da deusa Atenea, que era a deusa das fiandeiras e bordadoras. Aracne non aceptaba ser discípula de ninguén, dicía que a súa habilidade a adquirira ela soa e que desafiaba á deusa Atenea a tecer. Presentouse a deusa baixo a forma dunha vella e aconselloulle prudencia e que non desafiase aos deuses, pero Aracne contestoulle con insultos e reiterou o seu desafío. Atenea aceptou o reto e teceu un tapiz mostrando en toda a súa maxestade aos Olímpicos e, nas esquinas, escenas dos castigos aos mortais que desafiaran aos deuses. Aracne teceu outro tapiz burlándose das metamorfosis de Zeus en touro, cisne, etc. para conseguer o amor das mortais. Os tapices eran perfectos pero Atenea furiosa destrúe o tapiz e Aracne, asustada afórcase. Atenea revívea, convírtea en araña e condéaa a tecer toda a vida unha arañeira.
  • 31. VELÁZQUEZ. As Fiandeiras. Escola española. S. XVII
  • 32. APOLO Apolo, irmá xemelgo de Ártemis, era fillo de Leto e de Zeus. Era o deus da profecía, das artes, da música e era identificado con Helios como deus do Sol; os seus atributos son a lira, o arco, o loureiro e os símbolos do Sol. A pesar de ser considerado tamén o deus da fermosura, foi moi pouco afortunado en amores. En certa ocasión burlouse das pequenas frechas de Eros, quen enfadado lle clavou unha frecha do amor mentras contemplaba a Dafne e a ésta lle disparou unha frecha de desamor. Dafne era unha ninfa seguidora de Ártemis e que polo tanto non tiña relación con varóns. Canto máis a perseguía Apolo incitado pola frecha de Eros, máis fuxía Dafne impulsada polo desamor, pedindo a axuda dos deuses. Ó fin as divinidades se apiadan da ninfa e a convirten en loureiro. Apolo desconsolado leva unha coroa de loureiro na súa cabeza en recordo de Dafne.
  • 33. CORNELIS DE VOS. Apolo e Dafne. Escola flamenca. S. XVII
  • 34. ÁRTEMIS/DIANA Filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo. Pedíu ao seu pai o don da virxinidade ó non querer saber nada do contacto con varóns. É a deusa da caza e amante dos bosques e prados que percorre co seu séquito de ninfas practicando a súa actividade favorita. Represéntaselle cun arco e unha carcasa chea de frechas acompañada dun cervo e ás veces os cans de caza. Por paralelismo co seu irmán Apolo, é identificada coa deusa Selene, que representa a Lúa e con esta personalidade sí se lle coñece un idilio amoroso co fermoso pastor Endimión.
  • 35. DIANA E CALISTO Considerada ninfa do séquito de Diana, era unha xoven moi fermosa e como todas as ninfas da deusa Diana gardaba celosamente a súa virxinidade e non tiña ningunha relación cos varóns. Zeus sentíuse moi atraído pola ninfa e, convertido en Diana, tivo amores con Calisto. A ninfa ou ben castigada por Diana ou ben polos ciumes da esposa de Zeus, Hera, é convertida en osa e o seu fillo, Arcade, é criado polo centauro Quirón, chegando a ser un gran cazador. Cando Árcade crece, nunha das súas múltiples cacerías polos bosques atopa a súa nai transformada en osa e, sen recoñecela, vaina matar. Zeus vendo o cruel destino que vai sufrir Calisto e o seu propio fillo, decide intervir e levaa ó ceo convertida na Osa Maior e a seu fillo Árcade transformao na constelación Arturo.
  • 36. RUBENS. Diana e Calisto. Escola flamenca. S.XVII
  • 37. HERMES/MERCURIO Fillo de Zeus e Maia. É o deus mensaxeiro dos deuses, especialmente do seu pai ó que presta todo tipo de servicios. É protector dos camiños e guía de viaxeiros. É inxenioso e aventureiro. Inventa a lira e cámbialla a Apolo polo caduceo, un bastón no que se quedan enroscadas as serpes. Desde entón pasa a ser o atributo principal e fácilmente recoñecible deste deus. Outro símbolo de Hermes é o "pétasos" o gorro con alas e as sandalias aladas, elementos que lle facilitan o vó. É tamén protector do comercio, inventa as pesas e medidas que se usan nel e outros instrumentos da vida cotiá dos gregos.
  • 38. RUBENS. Mercurio. Escola flamenca. S. XVII
  • 39. MERCURIO E ARGOS Argos era un monstro que tiña cen ollos e que nunca durmía de todo, porque, mentras 50 ollos estaban pechados, os outros 50 estaban abertos. Era un gardián moi apreciado pola deusa Hera e, cando Argos morreu, Hera colocou os seus cen ollos na cola do pavo real, que era o seu animal emblemático. Io era unha xoven de gran beleza da que se namorou Zeus. Cando Hera descubríu este amor, Zeus convirtíu a Io en vaca e sentíuse obrigado a regalarlla á deusa. Hera puxo a Io baixo a custodia de Argos, quen a levou por toda a terra, convertida en vaca, facéndoa sufrir moito. Por fin Zeus, compadecido, manda a Hermes, Mercurio para os romanos, que mate a Argos e libere a Io.
  • 40. VELÁZQUEZ. Mercurio e Argos. Escola española. s. XVII
  • 41. DIONISIO/BACO Dioniso era fillo de Sémele e de Zeus. Sémele morreu porque Hera a convenceu para que pedise a Zeus o desexo de velo en todo o seu esplendor. Zeus fixo medrar ó fillo de ambos no seu muslo ata que foi o bastante forte para nacer. É o deus do viño e dos sentimentos e vai acompañado por sátiros e bacantes que desfilaban bebendo e cantando. Ensinou aos humanos o cultivo da vide, producto moi importante na antigüidade.
  • 42. VELÁZQUEZ. Triunfo de Baco. Escola española. s.XVII
  • 43. TIZIANO. Bacanal. Escola veneciana. S. XVI
  • 45. AS PARCAS. GOYA. S. XIX Son fillas de Zeus e da Titánide Temis, e polo tanto irmás das Horas. Son a personificación do destino que nin siquera os mesmos deuses poden transgredir sen poñer en perigo a orde do universo. Son seres aos que se soe colocar no mundo do Averno. Son tres irmás chamadas Átropo, Cloto e Láquesis, e se adican a traballar un fio que é a vida de cada ser humano; unha fiaba o fio e era a que decidía as cuestións relacionadas co nacemento, outra facía un ovillo e era responsable da vida que ía a levar cada home, por fin a derradeira cortaba o fio e provocaba con elo o fin da vida e o paso ó mundo dos mortos.
  • 46. AS TRES GRACIAS. RUBENS. S. XVII Son fillas de Zeus e de Eurínome que a súa vez é filla do Titán Océano e de Temis. As veces son identificadas coas Horas e nese caso serían irmás das Parcas. Deusas da beleza, xuventude e ledicía, habitan no Olimpo e alegran a vida e os banquetes dos deuses. Viven en compañía das Musas e pertencen ó séquito de Apolo. Acompañan con gusto a Atenea, Dioniso, Afrodita e Eros. Son tres e chámanse Eufrósine, Talía e Áglae; soen aparecer núas e collidas polos ombreiros; unha delas está de costas e as outras dúas unha enfrente da outra; tócanse entre sí formando un corro.
  • 48. NACEMENTO DA VÍA LÁCTEA. Segundo a lenda Hércules, o fillo de Zeus e de Alcmena, atopábase chorando de fame cando Zeus e a súa esposa Hera pasaron preto del. Hera ó ver un neno tan guapo chorando compadeceuse dél e dispuxose a darlle o peito. O pequeno Hércules faille dano ó mamar e Hera retira o peito, facendo que se derrame do peito o leite da deusa. O leite que se derramou pola forza de Hércules, a pesar de ser tan pequeno, deu lugar no ceo á Vía Láctea, que significa precisamente "camiño de leite".
  • 49. Creación da Vía Láctea. Rubens. Escola flamenca. S. XVII.
  • 50. PERSEO E ANDRÓMEDA. RUBENS. S. XVII Andrómeda, filla de Cefeo e de Casiopea, foi castigada a ser devorada por un monstro mariño enviado por Posidón, porque a súa nai ofendera ás Nereidas dicindo que era máis fermosa que elas. Perseo atópaa cando volve de matar á Medusa, mata ó monstro mariño, libéraa, casan e despois de varias aventuras chega con ela á illa de Sérifos onde viven felices en compañía de Dánae.
  • 51. HOMES
  • 52. PROMETEO Prometeo é fillo do Titán Japeto e curmá polo tanto de Zeus. Segundo uns creou os primeiros homes modelándoos con arxila, segundo outros era un simple benefactor da humanidade. Unha vez que os homes ofreceron un boi a Zeus, él fixo dúas partes: unha parte tiña os trozos máis saborosos e agochounos na panza do animal, outra parte tiña os osos e cubríunos con apetitosa graxa. Zeus colleu a parte mala e castigou aos homes impedídolles o acceso ó lume. Na terra había fame e frío pola falta de lume e Prometeo roubou o lume na roda do Sol ou na fragua de Vulcano. Zeus neste caso impuxo un dobre castigo: encadeou a Prometeo no Caúcaso mentras un aguia lle comía polo día o fígado que se rexeneraba pola noite; en canto aos homes lles enviou un ser fermosísimo modelado con todas as perfeccións pero levando unha caixa que contiña todos os males, Pandora..
  • 53. PROMETEO. COSSIERS. ESCOLA FLAMENCA. S. XVII No cadro vemos ó Titán Prometeo correndo polo Ceo despois de roubar ó Sol, o lume, e disposto a levarllelo ós homes para que puideran combatir o frío e cociñar os seus alimentos
  • 54. HIPOMENES E ATALANTA. Atalanta era filla de Esqueneo que só quería ter varóns e abandonouna ó nacer. Alimentouna unha osa, criárona uns cazadores e mantívose virxe adicándose á caza como a súa patrona Ártemis. Era moi veloz e ningún home era capaz de acadala. Hipomenes deseaba o amor de Atalanta e coas mazás de ouro que lle dera Afrodita aceptou o reto. Durante a carreira, cada vez que Atalanta ía adelantalo, tiraba ó chan unha mazá que recollía Atalanta retrasando así a súa carreira e sendo, polo tanto, vencida. Atalanta cumpríu a súa palabra e casou con Hipomenes. Ó cabo do tempo, durante unha cacería, os esposos saciaron a súa ansia de amor nun santuario de Cibeles (cousa absolutamente sacrílega) e foron convertidos en leóns. Dícese que desde entón arrastran o carro de Cibeles, que ten os corceis máis rápidos do mundo.
  • 55. HIPOMENES E ATALANTA. GUIDO RENI. S. XVII No cadro vemos en plena carreira a Hipomenes tirando ó chan unha das mazás de ouro que lle dera Afrodita. Atalanta, sexa por amor ou por codicia, agáchase para recollela perdendo a carreira.
  • 56. AQUILES DESCUBERTO POR ULISES. RUBENS. S. XVII
  • 57. RAPTO DE GANÍMEDES. RUBENS. XVII