• Eran seres capaces de cambiar a realidade de forma ilóxica. Tamén
eran coñecidos como magos.
• Vivían nos bosques, en cabanas tenebrosas, pero relacionábanse
coa xente corrente, por quen eran moi respectados e temidos, por
temor a que lles fixera un conxuro e lles saíra rabo, ou ben que os
converteran en cabalo…, ou calquera outro castigo. Noutras
ocasións, eran mulleres vellas da aldea a quen se acudía para o
remedio dunha enfermidade.
• Acostumaban a ser feos e de idade avanzada; vestían roupas vellas
e sucias, e disque que odiaban a todo o mundo.
• Unha curiosidade é que herdaban os coñecementos do seu mestre
feiticeiro, e así ían pasando os seus poderes de xeración en
xeración.
(Laura Rodríguez, Anxo Pacheco, Daniel Burke , Lucas Cea e Mercedes Parajó.)
FEITICEIRAS E FEITICEIROS
O corvo branco
• Na antigüidade era coñecido por todo o país
este corvo que, en vez de ser negro, tiña as
plumas brancas e era un pouco máis pequeno
ca os outros, de ollos marróns e brancos.
Asemade, era moi espelido e rápido.
• Dise que o corvo branco era coma o cobrador
da pousada Xerdiz, porque se poñía a carón
das casas que lle debían cartos á pousada.
(Manuel, Uxía e Daniel Prado)
O home do saco
• Dise que vivía no medio do bosque. Tivo moita
sona en Galicia a partires da Segunda Guerra
Mundial.
• Cóntase que era un home alto, forte, que vestía
roupa remendada.
• Sempre levaba ao lombo un saco, que era onde
metía aos nenos que se portaban mal e collíaos
polas noites. Logo, obrigáballes a facer maldades,
e se non lle obedecían, matábaos.
(Jesús, Álvaro, Antonio)
Fadas da auga
• As fadas da auga viven en lagos, ríos, fervenzas, fontes…, en calquera sitio
do bosque nos que auga é limpa, pero sempre nas profundidades. As que
viven en ríos ou covas chámanse lamias; as que sucan os mares son as
sereas e as das fontes, coñécense coma ninfas.
• Guían a auga pola seu cauce natural e así chega ás casas, aos
colexios…Dise que se te portas mal coa natureza, poden provocar grandes
catástrofes.
• A súa pel varía segundo o lugar que habitan: se é próximo ao mar, son case
transparentes; se están nun lago, a súa cor é azul clariña e as dos ríos
calmados teñen unha pel coma a dun bebé humano, moi clariña.
• O seu tamaño é de máis ou menos 13 cm e algunhas teñen unhas ás
lixeiriñas brancas (ou tamén azuis).
• Aliméntanse das plantas, flores ou froitos do bosque.
(Nerea G., Noela)
Chuchasangues
• Vivían en lugares escuros ou nos cemiterios, e saían dos seus
agochos polas noites.
• Vestían roupas escuras; os seus incisivos eran moi longos e afiados;
as orellas, puntiagudas; saíanlle pelos nas palmas das mans e, sobre
todo, tiñan moi mal alento. Así, enganaban á xente para mordela e
chuparlle o seu sangue, aínda que moitas veces se transformaban
en morcegos, ratas arañas, corvos…, ou en animais domésticos
coma porcos, cabalos ou cans.
• Normalmente eran de sexo masculino, mais tamén existían
chuchasangues femias que usaban a súa beleza para seducir ás
vítimas e aproveitarse delas. Eran malvadas, pero nalgunha ocasión
eran boas porque imapartían “xustiza”.
( Tais, Lucas Lodeiros, Aarón)
Fadas e fados perversos
• As fadas e os fados do lume eran seres malvados,
despiadados, que non dubidaban en queimar todo o que se
lles puxera por diante.
• Fisicamente, eran moi atractivos para seducir as súas
vítimas e convertelas en cinzas ou afogalas. Tamén
empregaban o lume para facer todo tipo de falcatruadas,
rápidas coma o lume. Eran espelidos coma un raposo e cun
xenio coma os dun tigre.
• Distinguíanse porque vestían de vermello, levaban o pelo
longo e o seu pelo lembraba ao lume, por iso se lles coñece
tamén como FADAS E FADOS DO LUME.
(Sandra, Lupe, Brais Vila)
A fada do vento
• Esta fada é a raíña do outono. Soe vivir no alto das
montañas nevadas, desde onde controla a neve e o
vento e déixase levar por el coma se nada.
• Pode ser boa, e así constrúe reservas de auga, impide
avalanchas…Pero tamén pode ser malvada e facerlle a
vida imposible aos animais.
• So se pode ver durante o outono, vestida de morado.
• Representa a liberdade espiritual.
Carmela González.
As fadas dos bosques
• Viven nos bosques galegos, arrodeadas de vexetación.
• Como todas as fadas, son seres diminutos que poden vestir de
millóns de maneiras porque os seus traxes confecciónanos coas
pólas e flores silvestres. As cores preferidas para iso son o verde,
para mimetizarse coas follas, e o branco, en símbolo de bondade e
pureza. Confúndense moito cos vagalumes, xa que cando voan, so
se ve unha luz.
• En canto ao carácter son amables, sensitivas, esquivas, invisibles,
caprichosas e amorosas. Danlle sensibilidade aos humanos, que
compoñen cancións e poemas sobre elas.
• Estas fadas son as encargadas de coidar a flora e a fauna . Dise que
decoran os bosques segundo as estacións, e que son elas as que
colocan as pingas de orballo cada mañá.
Noa, Iria, Cristina, Iria
O apalpador
• O apalpador é o nome dun ser que habitaba nos montes
galegos, principalmente nas serras de Lugo e do norte de
Ourense.
• Na época de Nadal (en concreto, o día 31) baixa dos
montes ás casas e apálpalle as barrigas ás nenas e ós nenos
para ver se están mantidos e déixalles unha presa de
castañas.
• Viste cunha boina, un pantalón con moitos remendos, un
xersei e fuma unha pipa.
Alán Álvarez
O lobishome
• Era un home que a partires da doce da noite se convertía
nun lobo e se comportaba como tal.
• O seu aspecto era de metade home e metade animal, con
pernas e brazos longos, abundante pelo e enormes e
prateadas garras.
• Cando unha persoa sente desexos de tombarse e refregarse
na terra é que está comezando o proceso de
transformación e que pronto será un lobo. Entón, non
haberá arma que o poida matar.
• Para liberarse desta maldición, alguén ten que facerlle
sangue cunha aguillada de aceiro, bendita na igrexa o
Domingo de Ramos.
(Brais Couselo, David Bello, Jorge Miranda, Hugo Martínez, P. Yared)
O tardo Pedro O Chosco
• É similar a un trasno, pero
moito máis malévolo.
• Fisicamente, é un ser
pequeno e peludo, con
moitos dentes de cor
verde, e usa un traxe moi
vello e roto.
Álvaro
• Pedro Chosco é un ser
mitolóxico que aparece
polas noites na habitación
dos nenos e coas súas
caricias dórmeos.
• Polo día vai entretendo ás
rapazas impedíndolles
traballar.
• É un home anciá de barba
branca , cunhas maneiras
doces e de voz grave.
Lucas Diogo
As fadas das flores
• Estas fadas viven nos bosques, agochadas nas
flores máis belas das terras de Galicia. Pola noite,
péchanse para protexer ás fadas do frío da noite.
A raíña, vive nun palacio, feito con miles das
flores máis bonitas da zona.
• Son tan pequenas coma a palma da man,
amables, amorosas, esquivas, caprichosas ou
sensitivas.. .Por iso, eran as amorosas
compañeiras dos poetas, músicos, escultores…, e
de toda a xente relacionada coa arte.
(Irene, Jenni, Ana López)
O home misterioso
O home misterioso non sabe quen é, pero
viste pantalón marrón, chaqueta negra e
camiseta branca, pero ninguén lle viu a cara.
Anda ao par da xente polos camiños,
facéndolle sombra.
Foi avistado pola parte de Moraña.
Que é o que quere?
É un misterio…
(Óscar Álvarez, Pedro Liste)
• Todos estes traballos proceden da
investigación realizada polo alumnado cuxos
nomes figuran ao pé de cada páxina.
• Para a vestimenta, contouse coa colaboración
das familias, e para as pancartas, houbo no
centro un proceso cooperativo de elaboración
do material, como se aprecia nas imaxes
seguintes…
• Moitas grazas a todas e a todos, e moi
especialmente á xente que elaborou estas
páxinas:
 http://seresmiticos-galegos.blogspot.com.es/2009/03/introduccion.html
 http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/node/730
 https://www.google.es/webhp?sourceid=chrome-
instant&ion=1&espv=2&ie=UTF-8#q=galicia+encantada
 Pequena mitoloxía de Galicia , Xosé Miranda . Xerais.

Habitantes do bosque

  • 2.
    • Eran serescapaces de cambiar a realidade de forma ilóxica. Tamén eran coñecidos como magos. • Vivían nos bosques, en cabanas tenebrosas, pero relacionábanse coa xente corrente, por quen eran moi respectados e temidos, por temor a que lles fixera un conxuro e lles saíra rabo, ou ben que os converteran en cabalo…, ou calquera outro castigo. Noutras ocasións, eran mulleres vellas da aldea a quen se acudía para o remedio dunha enfermidade. • Acostumaban a ser feos e de idade avanzada; vestían roupas vellas e sucias, e disque que odiaban a todo o mundo. • Unha curiosidade é que herdaban os coñecementos do seu mestre feiticeiro, e así ían pasando os seus poderes de xeración en xeración. (Laura Rodríguez, Anxo Pacheco, Daniel Burke , Lucas Cea e Mercedes Parajó.) FEITICEIRAS E FEITICEIROS
  • 4.
    O corvo branco •Na antigüidade era coñecido por todo o país este corvo que, en vez de ser negro, tiña as plumas brancas e era un pouco máis pequeno ca os outros, de ollos marróns e brancos. Asemade, era moi espelido e rápido. • Dise que o corvo branco era coma o cobrador da pousada Xerdiz, porque se poñía a carón das casas que lle debían cartos á pousada. (Manuel, Uxía e Daniel Prado)
  • 6.
    O home dosaco • Dise que vivía no medio do bosque. Tivo moita sona en Galicia a partires da Segunda Guerra Mundial. • Cóntase que era un home alto, forte, que vestía roupa remendada. • Sempre levaba ao lombo un saco, que era onde metía aos nenos que se portaban mal e collíaos polas noites. Logo, obrigáballes a facer maldades, e se non lle obedecían, matábaos. (Jesús, Álvaro, Antonio)
  • 8.
    Fadas da auga •As fadas da auga viven en lagos, ríos, fervenzas, fontes…, en calquera sitio do bosque nos que auga é limpa, pero sempre nas profundidades. As que viven en ríos ou covas chámanse lamias; as que sucan os mares son as sereas e as das fontes, coñécense coma ninfas. • Guían a auga pola seu cauce natural e así chega ás casas, aos colexios…Dise que se te portas mal coa natureza, poden provocar grandes catástrofes. • A súa pel varía segundo o lugar que habitan: se é próximo ao mar, son case transparentes; se están nun lago, a súa cor é azul clariña e as dos ríos calmados teñen unha pel coma a dun bebé humano, moi clariña. • O seu tamaño é de máis ou menos 13 cm e algunhas teñen unhas ás lixeiriñas brancas (ou tamén azuis). • Aliméntanse das plantas, flores ou froitos do bosque. (Nerea G., Noela)
  • 10.
    Chuchasangues • Vivían enlugares escuros ou nos cemiterios, e saían dos seus agochos polas noites. • Vestían roupas escuras; os seus incisivos eran moi longos e afiados; as orellas, puntiagudas; saíanlle pelos nas palmas das mans e, sobre todo, tiñan moi mal alento. Así, enganaban á xente para mordela e chuparlle o seu sangue, aínda que moitas veces se transformaban en morcegos, ratas arañas, corvos…, ou en animais domésticos coma porcos, cabalos ou cans. • Normalmente eran de sexo masculino, mais tamén existían chuchasangues femias que usaban a súa beleza para seducir ás vítimas e aproveitarse delas. Eran malvadas, pero nalgunha ocasión eran boas porque imapartían “xustiza”. ( Tais, Lucas Lodeiros, Aarón)
  • 12.
    Fadas e fadosperversos • As fadas e os fados do lume eran seres malvados, despiadados, que non dubidaban en queimar todo o que se lles puxera por diante. • Fisicamente, eran moi atractivos para seducir as súas vítimas e convertelas en cinzas ou afogalas. Tamén empregaban o lume para facer todo tipo de falcatruadas, rápidas coma o lume. Eran espelidos coma un raposo e cun xenio coma os dun tigre. • Distinguíanse porque vestían de vermello, levaban o pelo longo e o seu pelo lembraba ao lume, por iso se lles coñece tamén como FADAS E FADOS DO LUME. (Sandra, Lupe, Brais Vila)
  • 14.
    A fada dovento • Esta fada é a raíña do outono. Soe vivir no alto das montañas nevadas, desde onde controla a neve e o vento e déixase levar por el coma se nada. • Pode ser boa, e así constrúe reservas de auga, impide avalanchas…Pero tamén pode ser malvada e facerlle a vida imposible aos animais. • So se pode ver durante o outono, vestida de morado. • Representa a liberdade espiritual. Carmela González.
  • 16.
    As fadas dosbosques • Viven nos bosques galegos, arrodeadas de vexetación. • Como todas as fadas, son seres diminutos que poden vestir de millóns de maneiras porque os seus traxes confecciónanos coas pólas e flores silvestres. As cores preferidas para iso son o verde, para mimetizarse coas follas, e o branco, en símbolo de bondade e pureza. Confúndense moito cos vagalumes, xa que cando voan, so se ve unha luz. • En canto ao carácter son amables, sensitivas, esquivas, invisibles, caprichosas e amorosas. Danlle sensibilidade aos humanos, que compoñen cancións e poemas sobre elas. • Estas fadas son as encargadas de coidar a flora e a fauna . Dise que decoran os bosques segundo as estacións, e que son elas as que colocan as pingas de orballo cada mañá. Noa, Iria, Cristina, Iria
  • 18.
    O apalpador • Oapalpador é o nome dun ser que habitaba nos montes galegos, principalmente nas serras de Lugo e do norte de Ourense. • Na época de Nadal (en concreto, o día 31) baixa dos montes ás casas e apálpalle as barrigas ás nenas e ós nenos para ver se están mantidos e déixalles unha presa de castañas. • Viste cunha boina, un pantalón con moitos remendos, un xersei e fuma unha pipa. Alán Álvarez
  • 20.
    O lobishome • Eraun home que a partires da doce da noite se convertía nun lobo e se comportaba como tal. • O seu aspecto era de metade home e metade animal, con pernas e brazos longos, abundante pelo e enormes e prateadas garras. • Cando unha persoa sente desexos de tombarse e refregarse na terra é que está comezando o proceso de transformación e que pronto será un lobo. Entón, non haberá arma que o poida matar. • Para liberarse desta maldición, alguén ten que facerlle sangue cunha aguillada de aceiro, bendita na igrexa o Domingo de Ramos. (Brais Couselo, David Bello, Jorge Miranda, Hugo Martínez, P. Yared)
  • 22.
    O tardo PedroO Chosco • É similar a un trasno, pero moito máis malévolo. • Fisicamente, é un ser pequeno e peludo, con moitos dentes de cor verde, e usa un traxe moi vello e roto. Álvaro • Pedro Chosco é un ser mitolóxico que aparece polas noites na habitación dos nenos e coas súas caricias dórmeos. • Polo día vai entretendo ás rapazas impedíndolles traballar. • É un home anciá de barba branca , cunhas maneiras doces e de voz grave. Lucas Diogo
  • 24.
    As fadas dasflores • Estas fadas viven nos bosques, agochadas nas flores máis belas das terras de Galicia. Pola noite, péchanse para protexer ás fadas do frío da noite. A raíña, vive nun palacio, feito con miles das flores máis bonitas da zona. • Son tan pequenas coma a palma da man, amables, amorosas, esquivas, caprichosas ou sensitivas.. .Por iso, eran as amorosas compañeiras dos poetas, músicos, escultores…, e de toda a xente relacionada coa arte. (Irene, Jenni, Ana López)
  • 26.
    O home misterioso Ohome misterioso non sabe quen é, pero viste pantalón marrón, chaqueta negra e camiseta branca, pero ninguén lle viu a cara. Anda ao par da xente polos camiños, facéndolle sombra. Foi avistado pola parte de Moraña. Que é o que quere? É un misterio… (Óscar Álvarez, Pedro Liste)
  • 28.
    • Todos estestraballos proceden da investigación realizada polo alumnado cuxos nomes figuran ao pé de cada páxina. • Para a vestimenta, contouse coa colaboración das familias, e para as pancartas, houbo no centro un proceso cooperativo de elaboración do material, como se aprecia nas imaxes seguintes…
  • 35.
    • Moitas grazasa todas e a todos, e moi especialmente á xente que elaborou estas páxinas:  http://seresmiticos-galegos.blogspot.com.es/2009/03/introduccion.html  http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/node/730  https://www.google.es/webhp?sourceid=chrome- instant&ion=1&espv=2&ie=UTF-8#q=galicia+encantada  Pequena mitoloxía de Galicia , Xosé Miranda . Xerais.