SlideShare a Scribd company logo
OS DEUSES
  OLÍMPICOS
 NAS MOEDAS
       A verdadeira imaxe
        dos deuses gregos




A religião na Grécia Antiga. Deuses do Olimpo
    representados na Coleção Gulbenkian
                 Lisboa (2007)
A relixión grega tinha un carácter eminentemente social. Era a
relixión da pólis, a cidade-estado dos gregos, feita de prácticas
externas e colectivas, sen lugar aparente para o culto privado.
En determinados días, todos os cidadans, sen diferenza de
clase, reuníanse diante do templo adicado ó deus da cidade
para en conxunto obteren o seu favor para o ben de todos. Os
propios sacerdotes eran maxistrados cívicos e toda a cerimonia
tiña un carácter oficial.
Para os autores gregos (principalmente para Xenófanes e
Heródoto), Homero e Hesíodo foran os responsables da
invención do pantenón helénico. Co desciframento do silabario
micénico chegouse a conclusión de que os nomes dos deuses alí
atopados coincidía en xeral cos homéricos.
A característica máis evidente destas divindades era seren
luminosas e antropomórficas. En vez de potencias ocultas e
terroríficas, os deuses gregos comportábanse e actuaban como
seres humanos, con defectos e virtudes, mas con cualidades
esaxeradas. Eran xeralmente máis altos, máis fortes e máis
fermosos que os mortais e distinguíanse deles por non
coñeceren a vellez nin a morte.
Entre os deuses helénicos, os historiadores distinguen tres
estrados, que corresponden a períodos diferentes da súa
integración no Olimpo. Temos así deuses antigos, máis
recentes e novos e estraños, ademais de heroes, algún deles
elevado á categoría de deuses, como é o caso de Heracles.
ZEUS
Divindade que preside o Olimpo. É o deus dos fenómenos
atmosféricos, da luz do día e do firmamento. Entre as
estatuas máis célebres erguidas na sua honra, cóntase a de
Olimpia, obra de Fidias, unha das sete marabillas do mundo
antigo, hai moito tempo desaparecida.
No Olimpo, os deuses pasaban o tempo en marabillosos
palacios, eternamente en festa. Comían ambrosía e bebían
néctar, alimentos exclusivamente divinos, ó son da lira de
Apolo, do canto das Musas e da danza das Cárites.
A imaxe física do Olimpo varía entre a Ilíada e a Odisea de
Homero. O Olimpo comenza sendo unha montaña real situada
en Tesalia, con neves eternas no seu cume, para se volver un
lugar idealizado, onde non chove nin neva: a mansión segura
dos deuses.
A imaxe mostra a Zeus entronizado apoiado nunha e cunha
águia na outra, símbolo do seu poder. Detrás a inscrición:
ΑΛΕΞΑΝΔΡΟΥ




ARGOS
tetradracma
prata 17, 03 gr.
ca. 220-215 a.C.
HERA
Irmá e muller de Zeus e coma el filla de Cronos e Rea e
soberana dos deuses. Esposa ciumenta dun marido infiel que
se esforza por facer fracasar os amores do seu home con
outras mulleres e persigue sen piedade ós fillos nacidos desas
relacións. A súa víctima máis célebre foi Heracles, fillo de
Zeus e Alcmena.
Esposa do rei dos deuses, presidia as vodas e era adorada
como deusa do matrimonio. Os seus santuarios máis
importantes estaban no Peloponeso (Argos, Olimpia) e na illa
de Samos.
Os estudosos queren ver en Hera a herdeira dunha divindade
anterior, unha deusa-nai que presidía a fecundidade ou a
“dama do palacio” das civilización exeas.
Na moeda aparece representada co seu atributo máis
frecuente: a diadema. Leva tamén un pendente triple.




METAPONTO
tetradracma
prata, 7, 71 gr.
ca. 325-280 a.C.
APOLO
Inicialmente deus dos oráculos e das purificacións, Apolo foi
máis tarde a divindade das artes e da luz, chegando a
identificarse na época clásica con o propio Sol.
O esforzo para conseguir o favor dos deuses a través do
cumprimento das súas leis, expresado por vez primeira nos
Traballos e Días de Hesíodo, pasou a ser coñecido como
“legalismo”. O deus Apolo é o seu representante máximo ao
dar a coñecer a súas sentencias a través do oráculo de
Delfos, de enorme influiencia na mundo grego.
Delfos era en moitos aspectos o centro do mundo gregp e a
súa influencia chagabá máis aló das súas fronteiras.
Apolo era o que prescribía purificacións para os homicidas,
quen aprobaba a fundación de novas cidades, quen
aconsellaba a reis e xefes de estado en caso de guerra e quen
recoñecía as novas divindades e cultos. Delfos exercía non só
un control relixioso, senón tamén moral e político.
A imaxe representa a Apolo sentado sobre o ónfalos sostendo
un arco. No campo, unha palma e a inscrición ΒΑΣΙΛΕΩΣ
ΣΕΛΕΥΚΟΥ




ANTIOQUÍA
tetradracma
prata 16,96 gr.
ca. 187-175 a.C.
DIONISO
Deus da vitalidade, tiña por símbolos vexetais a vide e a
hedra. Fillo de Zeus e da mortal Sémele, aparece como unha
divindade ambigüa, á vez deus alegre da vexetación, do viño
e do teatro, e o deus sombrío das orxías ás que se
entregaban os seus fieis. Nas súas frecuentes
representacións, o deus Dioniso facíase acompañar por un
cortexo mítico de Sátiros e Ménades vestidos con peles de
animais e pelos sen mangas, con tirsos e serpentes nas mans.
Os seus devotos prestábanlle un culto salvaxe e frenético,
algo bárbaro e que parecía alleo á mentalidade equilibrada
dos gregos. En Atenas o seu culto estaba ligado ó teatro, e
nas festas de Dioniso (as Grandes Dionisíacas e as Leneas)
celebrábanse competicións de traxedias e comedias.
Na moeda aparece a cabeza barbuda de Dioniso coronado con
un corimbo e follas de hedra.




 TASOS
 tetradracma
 prata 14,87 gr.
 ca. 350 a.C.
ATENEA
Deusa da guerra, da intelixencia/sabedoría e das artes. Ao
contrario dos anteriores, ten orixe minoica, onde era a deusa
protectora do palacio, pero foi a través dos micénicos que
chegou ós gregos como divindade armada e a súa defensora.
Era a deusa protectora e epónima da cidade de Atenas e
aparece asociada ao escudo de guerra, á curuxa da sabedoría
e á oliveira. Tamé soe representarse cunha pequena imaxe
de Niké, a deusa da Victória nunha man.
Segundo parece, mantívose virxe durante toda a súa historia,
por un don dos deuses, ós que lle pediu non se namorar
nunca, pois o contrario significaría ter fillos e vivir unha vida
doméstica, alonxada das actividades bélicas.
Cabeza de Atenea con helmo ático decorado con tres follas
de oliveira e voluta. Leva un pendente en forma de disco e
un collar.




 ATENAS
 tetradracma
 prata 16, 22 gr.
 ca. 435-425 a.C.
POSEIDÓN
Deus supremo do mar e dos terremotos, ten como símbolos
frecuentes o tridente de pescador e o golfiño. Nunha famosa
disputa entre Poseidón e Atenea para decidir cual dos dous
sería o patrón de Atenas, el fixo nacer co seu tridente unha
fonte na Acrópole. Atenea, porén, conseguiu superalo ao
facer nacer a primeira oliveira.
Na moeda aparece Poseidón espido cunha perna apoiada
nunha rocha e sostendo o tridente. Na inscrición: ΒΑΣΙΛΕΩΣ
ΔΗΜΗΤΡΙΟΥ




 ANFÍPOLIS
 tetradracma
 prata 17.05 gr.
 ca. 289-288 a.C.
DEMÉTER
A “nai do trigo” (a súa filla Perséfone é a “filla do trigo”)
Deméter era a deusa das colleitas e, por extensión, da
agricultura e da fertilidade dos campos. Como deusa da
agriculñtura fixo longas viaxes acompañada de Dioniso, para
ensinar ós homes como coidar da terra e das plantacións.
Cando Hades, deus do Mundo Subterráneo, raptou a
Perséfone e a levou para o seu mundo, Deméter deseperada
decidiu abandonar o Olimpo. En consecuencia o mundo
tornouse estéril, o gado morreu, o arado partiuse, e os graos
non xerminaron.
Deméter é habitualmente representada con antorchas ou
unha serpe, lebando nunha man unha fouce e un mollo de
espigas e papoulas.
Cabeza de Deméter con brinco triple e cabelo adornado con
espigas de trigo.




METAPONTO
estátera
prata 7, 87 gr.
ca. 330-290 a.C.
ÁRTEMIS
Deusa asociada inicialmente á vida salvaxe e á caza. Durante
os períodos Arcaico e Clásico era considerada filla de Zeus e
de Leto e irmá xemelga de Apolo. Máis tarde asociouse
tamén á luz da lúa e á máxia. De orixe minoica, está ligada ó
culto ás árbores. Represéntase como cazadora, vestida cunha
túnica curta, calzada con coturnos e portando unha laxaba
chea de frechas, espada e un arco. Ás veces aparece taén un
can.
O templo de Ártemis en Éfeso foi unha das sete marabillas do
mundo antigo.


Ártemis en traxe curto de cazadora con arco e alxaba. Detrás
dela podemos ver un can de caza. A inscrición di:
ΣΥΡΑΚΟΣΙΩΝ




SIRACUSA
tetradracma
prata 10,17 gr.
ca. 214-212 a.C.
HERMES
Mensaxeiro ou intérprete da vontade dos deuses é o deus dos
pastores, protector dos rabaños e dos viaxeiros. Na súa
homenaxe erguíanse estatus do deus á beira dos camiños
(hermas). Máis tarde foi tamén o deus do comercio e até dos
ladróns. Dicíase que fora o inventor da balanza. Protexía as
casas e as rúas e ten, probablemente unha orixe prehelénica.




  TRACIA
  tetradracma
  prata 16,27g
  ca. 457 a.C.
AFRODITA
A deusa do amor e da beleza ten unha orixe mais recente.
Orixinaria de Chipre o seu culto estendeuse a Esparta,
Corinto e Atenas. As festas na súa honra eran denominadas
“Afrodisíacas” e eram celebradas por toda Grecia. Os seus
símbolos inclúen o mirto, o golfinho, a pomba, o cisne e a
granada, e tinha como protexidos os mariñeiros e os
artesáns.
Na imaxe vemos a deusa sentada nun trono, vestida con un
quitón longo e trasparente. Na man dereita sosten unha copa
mentras é coroada por Eros.




CILICIA
tetradracma
Prata 10’76 gr.
ca. 375-365 a.C.
HERACLES
O maior e máis popular dos heroes gregos era fillo de Zeus e
de Alcmena, unha mortal con quen Zeus tivera unha
aventura. Símbolo do home en loita contra as forzas da
Natureza, Heracles (Hércules) realizou os famoso Doce
Traballos, ás ordes de Euristeu, rei de Argos (Micenas), unha
penitencia imposta ao heroe polo Oráculo de Delfos.
Heracles espido loita co león de Nemea, primeiro dos seus
Doce Traballos. Leva un garrote na man. No campo lazo e
alxaba con correa.




 PEONIA
 tetradracma
 prata 12.77 gr.
 ca. 356-335 a.C.

More Related Content

Similar to Deuses nas moedas

O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
ceip Seara
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
Matilde De Cal Cortina
 
MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
Vanessa Felípez
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Biblioteca Landra
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
mentirosasoy
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
mentirosasoy
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parteSanti Pazos
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
luci97
 
O legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latinoO legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latino
maribeliglesias64
 
Deuses do vento
Deuses do ventoDeuses do vento
Deuses do ventoiesasorey
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
trafegandoronseis
 
O zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxíaO zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxía
luciamg
 
Deuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticosDeuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticos
Susana Losada
 
Eros
ErosEros
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiiesasorey
 
A CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIAA CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIA
Fiz
 
11c o antigo exipto
11c o antigo exipto11c o antigo exipto
11c o antigo exipto
roberto
 

Similar to Deuses nas moedas (20)

O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
 
MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
 
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do PradoMitoloxía grecolatina no Museo do Prado
Mitoloxía grecolatina no Museo do Prado
 
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixidoAlquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
Alquimia e simboloxía en Dragal, corrixido
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 
A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parte
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
 
O legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latinoO legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latino
 
Deuses do vento
Deuses do ventoDeuses do vento
Deuses do vento
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
O zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxíaO zodíaco e a mitoloxía
O zodíaco e a mitoloxía
 
Deuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticosDeuses menores e seres míticos
Deuses menores e seres míticos
 
Eros
ErosEros
Eros
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
A CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIAA CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIA
 
11c o antigo exipto
11c o antigo exipto11c o antigo exipto
11c o antigo exipto
 
Poseidón
PoseidónPoseidón
Poseidón
 
O entroido no 3º nivel 2015
O entroido no 3º nivel 2015O entroido no 3º nivel 2015
O entroido no 3º nivel 2015
 

More from depgrego

Aoristos
AoristosAoristos
Aoristos
depgrego
 
τὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματατὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματαdepgrego
 
Análise dunha obra plástica
Análise dunha obra plásticaAnálise dunha obra plástica
Análise dunha obra plásticadepgrego
 
Tradución inversa
Tradución inversaTradución inversa
Tradución inversadepgrego
 
Lírica
LíricaLírica
Lírica
depgrego
 
Arquíloco, Alceo e Safo
Arquíloco, Alceo e SafoArquíloco, Alceo e Safo
Arquíloco, Alceo e Safo
depgrego
 
Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
depgrego
 
Neoclasicismo2
Neoclasicismo2Neoclasicismo2
Neoclasicismo2
depgrego
 

More from depgrego (9)

Aoristos
AoristosAoristos
Aoristos
 
τὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματατὰ ἐνδύματα
τὰ ἐνδύματα
 
Moedas
MoedasMoedas
Moedas
 
Análise dunha obra plástica
Análise dunha obra plásticaAnálise dunha obra plástica
Análise dunha obra plástica
 
Tradución inversa
Tradución inversaTradución inversa
Tradución inversa
 
Lírica
LíricaLírica
Lírica
 
Arquíloco, Alceo e Safo
Arquíloco, Alceo e SafoArquíloco, Alceo e Safo
Arquíloco, Alceo e Safo
 
Modelo de exame
Modelo de exameModelo de exame
Modelo de exame
 
Neoclasicismo2
Neoclasicismo2Neoclasicismo2
Neoclasicismo2
 

Deuses nas moedas

  • 1. OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS A verdadeira imaxe dos deuses gregos A religião na Grécia Antiga. Deuses do Olimpo representados na Coleção Gulbenkian Lisboa (2007)
  • 2. A relixión grega tinha un carácter eminentemente social. Era a relixión da pólis, a cidade-estado dos gregos, feita de prácticas externas e colectivas, sen lugar aparente para o culto privado. En determinados días, todos os cidadans, sen diferenza de clase, reuníanse diante do templo adicado ó deus da cidade para en conxunto obteren o seu favor para o ben de todos. Os propios sacerdotes eran maxistrados cívicos e toda a cerimonia tiña un carácter oficial. Para os autores gregos (principalmente para Xenófanes e Heródoto), Homero e Hesíodo foran os responsables da invención do pantenón helénico. Co desciframento do silabario micénico chegouse a conclusión de que os nomes dos deuses alí atopados coincidía en xeral cos homéricos. A característica máis evidente destas divindades era seren luminosas e antropomórficas. En vez de potencias ocultas e terroríficas, os deuses gregos comportábanse e actuaban como seres humanos, con defectos e virtudes, mas con cualidades esaxeradas. Eran xeralmente máis altos, máis fortes e máis fermosos que os mortais e distinguíanse deles por non coñeceren a vellez nin a morte. Entre os deuses helénicos, os historiadores distinguen tres estrados, que corresponden a períodos diferentes da súa integración no Olimpo. Temos así deuses antigos, máis recentes e novos e estraños, ademais de heroes, algún deles elevado á categoría de deuses, como é o caso de Heracles.
  • 3. ZEUS Divindade que preside o Olimpo. É o deus dos fenómenos atmosféricos, da luz do día e do firmamento. Entre as estatuas máis célebres erguidas na sua honra, cóntase a de Olimpia, obra de Fidias, unha das sete marabillas do mundo antigo, hai moito tempo desaparecida. No Olimpo, os deuses pasaban o tempo en marabillosos palacios, eternamente en festa. Comían ambrosía e bebían néctar, alimentos exclusivamente divinos, ó son da lira de Apolo, do canto das Musas e da danza das Cárites. A imaxe física do Olimpo varía entre a Ilíada e a Odisea de Homero. O Olimpo comenza sendo unha montaña real situada en Tesalia, con neves eternas no seu cume, para se volver un lugar idealizado, onde non chove nin neva: a mansión segura dos deuses. A imaxe mostra a Zeus entronizado apoiado nunha e cunha águia na outra, símbolo do seu poder. Detrás a inscrición: ΑΛΕΞΑΝΔΡΟΥ ARGOS tetradracma prata 17, 03 gr. ca. 220-215 a.C.
  • 4. HERA Irmá e muller de Zeus e coma el filla de Cronos e Rea e soberana dos deuses. Esposa ciumenta dun marido infiel que se esforza por facer fracasar os amores do seu home con outras mulleres e persigue sen piedade ós fillos nacidos desas relacións. A súa víctima máis célebre foi Heracles, fillo de Zeus e Alcmena. Esposa do rei dos deuses, presidia as vodas e era adorada como deusa do matrimonio. Os seus santuarios máis importantes estaban no Peloponeso (Argos, Olimpia) e na illa de Samos. Os estudosos queren ver en Hera a herdeira dunha divindade anterior, unha deusa-nai que presidía a fecundidade ou a “dama do palacio” das civilización exeas. Na moeda aparece representada co seu atributo máis frecuente: a diadema. Leva tamén un pendente triple. METAPONTO tetradracma prata, 7, 71 gr. ca. 325-280 a.C.
  • 5. APOLO Inicialmente deus dos oráculos e das purificacións, Apolo foi máis tarde a divindade das artes e da luz, chegando a identificarse na época clásica con o propio Sol. O esforzo para conseguir o favor dos deuses a través do cumprimento das súas leis, expresado por vez primeira nos Traballos e Días de Hesíodo, pasou a ser coñecido como “legalismo”. O deus Apolo é o seu representante máximo ao dar a coñecer a súas sentencias a través do oráculo de Delfos, de enorme influiencia na mundo grego. Delfos era en moitos aspectos o centro do mundo gregp e a súa influencia chagabá máis aló das súas fronteiras. Apolo era o que prescribía purificacións para os homicidas, quen aprobaba a fundación de novas cidades, quen aconsellaba a reis e xefes de estado en caso de guerra e quen recoñecía as novas divindades e cultos. Delfos exercía non só un control relixioso, senón tamén moral e político. A imaxe representa a Apolo sentado sobre o ónfalos sostendo un arco. No campo, unha palma e a inscrición ΒΑΣΙΛΕΩΣ ΣΕΛΕΥΚΟΥ ANTIOQUÍA tetradracma prata 16,96 gr. ca. 187-175 a.C.
  • 6. DIONISO Deus da vitalidade, tiña por símbolos vexetais a vide e a hedra. Fillo de Zeus e da mortal Sémele, aparece como unha divindade ambigüa, á vez deus alegre da vexetación, do viño e do teatro, e o deus sombrío das orxías ás que se entregaban os seus fieis. Nas súas frecuentes representacións, o deus Dioniso facíase acompañar por un cortexo mítico de Sátiros e Ménades vestidos con peles de animais e pelos sen mangas, con tirsos e serpentes nas mans. Os seus devotos prestábanlle un culto salvaxe e frenético, algo bárbaro e que parecía alleo á mentalidade equilibrada dos gregos. En Atenas o seu culto estaba ligado ó teatro, e nas festas de Dioniso (as Grandes Dionisíacas e as Leneas) celebrábanse competicións de traxedias e comedias. Na moeda aparece a cabeza barbuda de Dioniso coronado con un corimbo e follas de hedra. TASOS tetradracma prata 14,87 gr. ca. 350 a.C.
  • 7. ATENEA Deusa da guerra, da intelixencia/sabedoría e das artes. Ao contrario dos anteriores, ten orixe minoica, onde era a deusa protectora do palacio, pero foi a través dos micénicos que chegou ós gregos como divindade armada e a súa defensora. Era a deusa protectora e epónima da cidade de Atenas e aparece asociada ao escudo de guerra, á curuxa da sabedoría e á oliveira. Tamé soe representarse cunha pequena imaxe de Niké, a deusa da Victória nunha man. Segundo parece, mantívose virxe durante toda a súa historia, por un don dos deuses, ós que lle pediu non se namorar nunca, pois o contrario significaría ter fillos e vivir unha vida doméstica, alonxada das actividades bélicas. Cabeza de Atenea con helmo ático decorado con tres follas de oliveira e voluta. Leva un pendente en forma de disco e un collar. ATENAS tetradracma prata 16, 22 gr. ca. 435-425 a.C.
  • 8. POSEIDÓN Deus supremo do mar e dos terremotos, ten como símbolos frecuentes o tridente de pescador e o golfiño. Nunha famosa disputa entre Poseidón e Atenea para decidir cual dos dous sería o patrón de Atenas, el fixo nacer co seu tridente unha fonte na Acrópole. Atenea, porén, conseguiu superalo ao facer nacer a primeira oliveira. Na moeda aparece Poseidón espido cunha perna apoiada nunha rocha e sostendo o tridente. Na inscrición: ΒΑΣΙΛΕΩΣ ΔΗΜΗΤΡΙΟΥ ANFÍPOLIS tetradracma prata 17.05 gr. ca. 289-288 a.C.
  • 9. DEMÉTER A “nai do trigo” (a súa filla Perséfone é a “filla do trigo”) Deméter era a deusa das colleitas e, por extensión, da agricultura e da fertilidade dos campos. Como deusa da agriculñtura fixo longas viaxes acompañada de Dioniso, para ensinar ós homes como coidar da terra e das plantacións. Cando Hades, deus do Mundo Subterráneo, raptou a Perséfone e a levou para o seu mundo, Deméter deseperada decidiu abandonar o Olimpo. En consecuencia o mundo tornouse estéril, o gado morreu, o arado partiuse, e os graos non xerminaron. Deméter é habitualmente representada con antorchas ou unha serpe, lebando nunha man unha fouce e un mollo de espigas e papoulas. Cabeza de Deméter con brinco triple e cabelo adornado con espigas de trigo. METAPONTO estátera prata 7, 87 gr. ca. 330-290 a.C.
  • 10. ÁRTEMIS Deusa asociada inicialmente á vida salvaxe e á caza. Durante os períodos Arcaico e Clásico era considerada filla de Zeus e de Leto e irmá xemelga de Apolo. Máis tarde asociouse tamén á luz da lúa e á máxia. De orixe minoica, está ligada ó culto ás árbores. Represéntase como cazadora, vestida cunha túnica curta, calzada con coturnos e portando unha laxaba chea de frechas, espada e un arco. Ás veces aparece taén un can. O templo de Ártemis en Éfeso foi unha das sete marabillas do mundo antigo. Ártemis en traxe curto de cazadora con arco e alxaba. Detrás dela podemos ver un can de caza. A inscrición di: ΣΥΡΑΚΟΣΙΩΝ SIRACUSA tetradracma prata 10,17 gr. ca. 214-212 a.C.
  • 11. HERMES Mensaxeiro ou intérprete da vontade dos deuses é o deus dos pastores, protector dos rabaños e dos viaxeiros. Na súa homenaxe erguíanse estatus do deus á beira dos camiños (hermas). Máis tarde foi tamén o deus do comercio e até dos ladróns. Dicíase que fora o inventor da balanza. Protexía as casas e as rúas e ten, probablemente unha orixe prehelénica. TRACIA tetradracma prata 16,27g ca. 457 a.C.
  • 12. AFRODITA A deusa do amor e da beleza ten unha orixe mais recente. Orixinaria de Chipre o seu culto estendeuse a Esparta, Corinto e Atenas. As festas na súa honra eran denominadas “Afrodisíacas” e eram celebradas por toda Grecia. Os seus símbolos inclúen o mirto, o golfinho, a pomba, o cisne e a granada, e tinha como protexidos os mariñeiros e os artesáns. Na imaxe vemos a deusa sentada nun trono, vestida con un quitón longo e trasparente. Na man dereita sosten unha copa mentras é coroada por Eros. CILICIA tetradracma Prata 10’76 gr. ca. 375-365 a.C.
  • 13. HERACLES O maior e máis popular dos heroes gregos era fillo de Zeus e de Alcmena, unha mortal con quen Zeus tivera unha aventura. Símbolo do home en loita contra as forzas da Natureza, Heracles (Hércules) realizou os famoso Doce Traballos, ás ordes de Euristeu, rei de Argos (Micenas), unha penitencia imposta ao heroe polo Oráculo de Delfos. Heracles espido loita co león de Nemea, primeiro dos seus Doce Traballos. Leva un garrote na man. No campo lazo e alxaba con correa. PEONIA tetradracma prata 12.77 gr. ca. 356-335 a.C.

Editor's Notes

  1. http://www.museu.gulbenkian.pt/exposicoes.asp?seccao=exp_passadas&lang=