Falar da formada cidade medieval é facelo de murallas e prazas. A muralla defende, delimita. Para a súa construción
necesítase a contribución dos cidadáns, debían pagar pola súa protección. Polas súas portas entraba a mercancía, que se
expoñía na praza, onde se vendía. A praza é sinónimo de progreso económico. Ademais, comunicaba directamente coas
portas da muralla. Fálase de prototipo tipolóxico de planificación urbana medieval: o esquema radiocéntrico. Na imaxe a
vila francesa de Carcasona.
Villard de Honnecourtfoi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos
bosquexos de arquitectura. Como outros canteiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha
obra para outra. Co tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicir, mestre de obras, profesión que incluía o
oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban dabondo, e mercé ó seu Carné, coñecemos algunhas das
etapas do seu periplo: Laon, Chartres, Lausana e incluso Hungría.
O Palazzo Vecchiode Florencia:
Chamado en orixe Palazzo dei Priori ou
Palagio Novo, cambiouse o nome polo
de "Palacio da Señoría", o organismo
principal da República florentina, no
século XV