SlideShare a Scribd company logo
Non temos un exército, non temos unha posición xeo-estratéxica relevante, non temos
petróleo nin diamantes, non somos unha potencia demográfica… E aínda así temos unha
lingua e unha cultura milenarias que, desde Sarmiento, intentan recuperar non só a súa
dignidade, senón que tamén todo o vigor necesario para para viviren e camiñaren –paso
adiante, paso atrás– cara ós horizontes, distantes pero sempre presentes, de independencia
e liberdade. E ben, preséntase hoxe aquí na Coruña ártabra, como un brillante e poderoso
Cervo na Torre, un dos froitos máis portentosos que a nosa cultura e a nosa lingua nos
regalaron desde Marcos da Portela. Porque esta anosada Comedia, de Dante non, xa de
Darío Xohán Cabana, é un exército, a posición, o petróleo e mailo ouro, potencia
descomunal capaz de racha-las peneiras visibles e invisibles da subalternidade, unha das
conquistas literarias máis grandes que coñezo. Se a este traballo lle sumamos a anterior
IV / 141 523
A DIVINA COMEDIA
DE DANTE ALIGHIERI.
TRADUCIÓN DE DARÍO
XOHÁN CABANA
Anxo Angueira
A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 141
tradución da Comedia, as dúas do Cancioneiro de Petrarca, a da Vita nova, a das
Floriñas de San Francisco, a dos stilnovisti –e eu engadiría tamén a dos Trobadores de
Occitania–, o esforzo de Darío Xohán Cabana é de tal magnitude que non hai espello
que nolo poida reflectir.
Os que ficamos asombrados coa primeira entrega desta colección «A nosa voz
entenden», aquela requintada e eruditísima d’Os Trobadores, non temos case alento nin
palabras para facer salutación desta obra monumental onde o talento, a erudición e a
plenitude literarias de Darío responden, en galego e polo tanto desde a nosa lingua e
desde a nosa cultura, o desafío universal, arquitectónico e literario, dun escritor único
coma Dante e dun texto que é considerado talvez o máis grandioso, un texto sobre a
aventura de vivir, sobre a aventura humana, sobre a aventura de escribir.
Citando a autoridade do propio Dante e do seu Convivio, dicíanos Giulia Lanciani no
prólogo da primeira versión que fixo Darío da Comedia en 1990 que:
A imposibilidade de traduci-la poesía na integridade das súas valencias pon o traductor na
necesidade de «desafiar» o orixinal a unha especie de partida dobre, tomando en consideración perdas
e vantaxes a nivel do que Baudelaire –nos Projets de Préface– chama rétorique profonde: é dicir,
tratará de compensa-la perda, ou mellor a destrucción, de figuras cardinais coa creación de figuras
equivalentes, mantendo ou recuperando o equilibrio dinámico entre son e sentido, que está na base de
todo discurso poético.
Son e sentido, si. Porque aínda que con Dante e Petrarca a música na poesía deixou
de ser o que viña sendo e o poeta deixou de ser trobador, nunca a poesía deixou de ser
música –aínda era canción–, só que a musicalidade continuou na poesía por outros
medios. Ese é o primeiro gran desafío que asume esta tradución para quen entenda que
traducir poesía é traducir para poesía, que un hendecasílabo non son once sílabas, nin
moitísimo menos, e que os tercetos encadeados non son unha estrofa xogoral, cando
poden converterse, co fío ben aguzado, en auténticas francadas. Houbo algún estúpido
que a propósito da tradución da Vita nova lle deu ó veo coas rimas imperfectas das
vogais medias. Esta tradución tápalle a boca a aquel repunante e a quen mesmo ande con
ese tipo de requeñeques. A música nunha catedral coma esta é tan importante ou máis
cós nervios das bóvedas e os arcos das fiestras.
Na lúcida ponderación da Lanciani, e en parágrafos posteriores ó aquí lido, explícase,
e moito mellor do que eu o podería facer aquí, as dificultades do traballo de Darío en
canto ás complexidades lingüísticas, estilísticas, retóricas, sintácticas, rimáticas, etcétera,
asociadas á tradución dun mosaico de admirable harmonía coma o texto de Dante. O que
pasa é que, desde o noso punto de vista, todas esas dificultades son superadas grazas a
que Darío non é só un gran poeta, un poeta capaz de estar á altura dos horrores da
Commedia. Ademais Darío coñece a ferramenta necesaria para levar adiante o seu labor,
sabe traballar cada unha das súas pezas e ten a extraordinaria paciencia de facelo sen
descanso, coma un artesán, ata que o resultado satisfai a súa obsesión perfeccionista…
non, a súa obsesión global pola beleza, polo amor, pola plenitude. Hai un enorme
esforzo, pero tamén un talento tamaño. E a ferramenta é, porque así pasa sempre en
literatura, a lingua. Darío habilita a nosa lingua para recoller todas esas complexidades
que mencionaba Giuilia Lanciani. Darío traduce tamén toda esa variedade lingüística que
IV / 142 524
Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana
A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 142
eran, desde a lingua de Dante, sicilianismos, provenzalismos, latinismos, voces vulgares,
arcaísmos… Porque Darío non só coñece a fondo o toscano de Dante, o italiano e os
seus dialectos, tamén coñece moi a fondo, e pódeno comprobar n’Os trobadores, a lingua
occitana, como coñece a fondo a nosa prosa medieval, a Crónica troiana e as cantigas
relixiosas e profanas, como coñece coma poucos a lingua de toda a historia da literatura
galega contemporánea. E esas ferramentas, todo ese repertorio armamentístico, tamaño
tesouro que garda Darío, é indispensable para enfrontarse á Commedia e máis á súa
lonza, ás súas múltiples e variadas lonzas. Polo tanto Darío, con grandioso esforzo e o
seu senlleiro talento, como xa o fixera, aínda que noutros parámetros, con Morte de Rei,
acaba creando un galego extraordinario. Porque ten que responder a unha obra literaria,
e lingüisticamente tamén, extraordinaria.
Como é posible que a tradución de 1990, gabada por Giulia Lanciani, premiada coa
medalla de ouro do Florencia e chufada por Giuseppe Tavani, non satisfaga a este
«tradutor afeccionado»? Porque Darío entendeu que de 1990 para acó tiña máis e mellor
ferramenta coa que enfrontarse ó que xa non era pantera. En vinte anos entendera que
outra música e bóvedas e fiestras, que outra catedral era posible e necesaria. Darío non
erra coa retórica o discurso de seus anos, Darío, se erra e está insatisfeito, corrixe coma
un bo carpinteiro de lei. Pero, que había que corrixir? Que hai agora que non houbese
en 1990. Vexamos dous exemplos. Comecemos polo inicio do texto, o seu primeiro
terceto:
Orixinal: Nel mezzo del cammin di nostra vita / mi ritrovai per una selva oscura, / ché la diritta
via era smarrita.
Versión 1990: No medio do camiño desta vida / vinme por unha selva tan escura / que a recta
vía estaba confundida.
Versión 2014: No medio do camiño desta vida / acheime dentro dunha selva escura / que a recta
vía fora confundida.
A variación fundamental está no segundo verso. A versión que hoxe nos ofrece Darío
mellora en varios aspectos a que fixera vinte e catro anos antes. En primeiro lugar, a
fidelidade ó ritmo, reforzando notabelmente o acento na cuarta. En segundo lugar porque
este acento recae nunha palabra forza (dentro) que responde a unha lectura moito máis
perfilada do per orixinal e que se acompaña doutra escolla moito máis intensificadora
que vinme. A distancia entre vinme por e acheime dentro, ademais de dotar a versión de
moita máis intensidade, ten outra importante implicación. Na primeira escolla a
intensidade facíase xirar cara a escura con un tan que implicaba que o que co que se
inicia o terceiro verso fose causal e comparativo. Isto non estaba no orixinal e as
melloras feitas nesta nova versión implican non só maior fidelidade co orixinal. Ese que
agora é explicativo e tamén permite unha nova variación, aparentemente irrelevante, pero
tamén cargada de matices. Referímonos á substitución de estaba confundida por fora
confundida. Desde o noso punto de vista, a perda e o extravío, con esta elección, non
dependen tanto da recta vía, personalízanse moito máis, hai un axente que perde o
camiño. Ademais, a perfectividade de fora fronte a estaba, sitúanos nun incipit moito
máis activo do proceso.
A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana
IV / 143 525
Anxo Angueira
A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 143
Por ilustrar con exemplos doutra índole, vaiamos ó verso noventa do Canto terceiro
do Inferno.
Orixinal: Ma poi che vide ch’io non mi partiva, / disse: «Per altra via, per altri porti /
verrai a piaggia, non qui, per passare: / più lieve legno convien che ti porti».
Versión 1990: Pero despois, en vendo que eu non me iba, / Dixo: «Por outros portos e outra vía /
debes ir, non por estes pra cruzar: / pra ti cómpre unha nave máis esguía».
Versión 2014: E logo dixo, vendo que eu non me iba: / «Por outros portos e por outra parte /
tes que buscar a vía pra cruzar: /mais leve leño cómpre pra levarte».
No primeiro dos versos a nova versión sacrifica unha expresión enxebre (en vendo
que) para poder dispor de dúas sílabas máis no seguinte, o cal lle permite ser fiel á
repetición paralela (por outros, por outra) do orixinal. O cambio de rima obrigado
orixina unha nova formulación do cuarto dos versos aquí citados. Xa non é posible esa
nave esguía, tamén enxebre pero que non estaba no orixinal. Darío auto-corríxese, ou
mellor, mellórase a si mesmo e introduce na nova versión unha nova fidelidade ao
orixinal: a aliteración do leve leño, que o noso autor aínda intensifica co levarte que
clausura o terceto e grazas á cal tamén se recupera a música dos acentos orixinais en
segunda e cuarta. En resumo, desde o noso punto de vista, hai maior fidelidade co
orixinal, mesmo na música, maior precisión, maior intensidade.
Por outro lado, esta edición engade a respecto da de 1990, ademais de todas estas
correccións e perfeccionamentos, unha edición crítica do texto orixinal. Darío xa fixera
edición crítica, e ademais especialmente personalizada ó propor novas solución
ortográficas c’Os trobadores. Agora utiliza como referencia a edición de Giorgio
Petrocchi, aínda que lle fai algunhas apostilas, todas perfectamente referenciadas e
xustificadas (páx. 23-24).
A edición do orixinal e mais a tradución veñen acompañadas dunhas moi valiosas e
eruditísimas notas sobre o texto, pero tamén sobre a súa historia crítica. Trátase dun texto
que desde logo precisa notas, dun texto moi complexo. Darío, ademais das explicacións,
regálanos numerosísimos datos e escollida literatura sobre a Commedia.
Esta entrega aínda nos achega outro engado ao final das súas páxinas. Trátase dunha
sección moi interesante que leva por título «Vocabulario». Globalmente pode entenderse
como unha xustificación explicativa das propias escollas léxicas, pero tamén ten outros
valores, como o de apostilar e emendar o corpus e os xeitos do Dicionario da Real
Academia Galega. En todo caso, Darío remítenos ó seu propio coñecemento da lingua (e
da súa historia) e á autoridade, pomos por caso, de Pondal (constreito), á de Aquilino
(afoularse), á das Cantigas de Santa María (ancela), á de Pintos (amaro), etcétera. A
propósito de desmo, e sirva como mostra, remítenos o autor a Díaz Castro. Faino deste
xeito:
O mesmo dá décimo, no sentido de tributo, pero mellor. E por que nos parece mellor? Pois porque
é a forma realmente presente na fala e porque non é castelanismo nin invención, pois xa aparece ben
clariño na escrita medieval: dezmo ou desmo, evolución perfectamente normal de dézemo ou désemo. E
toda cousa ha de pagar seu «desmo», lembraríanos Díaz Castro se aínda estivera entre nós.
IV / 144 526
Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana
A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 144
Considera desde un punto de vista sistémico, esta obra e todo o admirábel conxunto
de traducións que Darío Xohán Cabana vén realizando de Dante, de Petrarca ou dos
stilnovisti representa un novo selo na relación entre Italia e Galicia. Desde polo menos
precisamente Dante, Galicia, Santiago e o seu Camiño están presentes na literatura
italiana. Estano na Vita nova e tamén ca Commedia, no canto XXV do Paraíso: «e la mia
donna, piena di letizia, / mi disse: «Mira, mira: ecco il barone / per cui là giù si vicita
Galizia». Os cancioneiros medievais galegos «refuxiáronse» en Italia e algúns dos máis
grandes críticos e estudosos dos mesmos son italianos, coma o mestre Giuseppe Tavani.
Agora ben, na literatura galega contemporánea hai una obra fundamental, e precisamente
decisiva desde o punto de vista sistémico, que nos relaciona moi directamente con Dante
e con Italia. O divino sainete (1888) de Curros, ademais de ser obra claramente inspirada
na Divina comedia, desde o título e seguindo, aínda que con outra intención, varios dos
seus modelos, é en boa medida todo un canto a Italia, á Italia liberal e republicana do
Risorgimento, vencedor da monarquía e dos estados pontificios: «–¡Salve, de entusiamo
cheo / escramei– patria sagrada / do Dante e do Galileo!», coma «¡Sol de Italia, sol de
amore…!», en Rosalía de Castro. Porque o modelo de Manzini, Garibaldi e os masóns
carbonarios era a base tamén do noso Rexurdimento: «Ouh, patria das patrias tempro, /
quen do teu mal adoeza / cúrese co teu exemplo!». E ese é o modelo que lle serve de
alicerce a Murguía como principal ideólogo do nacionalismo galego. Por iso
precisamente é polo que inclúe entre os seus Los precursores (1885), xunto a Faraldo,
Pondal, Avendaño, Vicetto, Rosalía… a Leonardo Sánchez Deus, compostelán que
buscou en Italia e á beira de Garibaldi o camiño da loita pola liberdade.
Naqueles tempos en que Murguía reflexionaba sobre a súa xeración, chegou Curros e
escolleu por Virxilio a Francisco Añón, poeta morto de fame e frío; por excelsos
hendecasílabos encadeados, tríades de cantares do pobo; por Comedia a entroidada social
e política do seu tempo. E todo para nos indicar que fronte ó vigor daquela Italia, Galicia
era unha vella tolleita… Pero camiña. E con pasos adiante e pasos atrás fomos
avanzando. Hoxe preséntase unha tradución da Comedia que non se atreverían nin a
soñar nin Curros nin ningún dos nosos mencionados mestres. Velaquí pois a nosa
fortaleza para continuar: o disciplinado exército, a intelixente xeo-estratexia, os
millonarios recursos auríferos… En definitiva, a potencia descomunal do traballo dun
patriota e artesán coma Darío Xohán Cabana.
A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana
IV / 145 527
Anxo Angueira
A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 145

More Related Content

What's hot

Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27EdicionsCuruxa
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Isabel Bsoto
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoMarlou
 
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalTraballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalcfernandezvp
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27EdicionsCuruxa
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medievalanagagon
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
Amparo Cereixo
 
Cantigas medievais gal. port (pdf)
Cantigas medievais gal. port (pdf)Cantigas medievais gal. port (pdf)
Cantigas medievais gal. port (pdf)
legarbu
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
Marlou
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Loli Cid Cid
 
A cantiga de amor
A cantiga de amorA cantiga de amor
A cantiga de amor
laurafernanlopez
 
Comentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga MedievalComentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga Medievalmaer
 
Cantigas de amor
Cantigas de amorCantigas de amor
Cantigas de amor
AliziaPi
 

What's hot (20)

Cantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º esoCantiga de amor 3º eso
Cantiga de amor 3º eso
 
Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval
Orientacións para o comentario de texto da lírica medieval
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºeso
 
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalTraballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27
 
A literatura medieval
A literatura medievalA literatura medieval
A literatura medieval
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 
Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
Cantigas medievais gal. port (pdf)
Cantigas medievais gal. port (pdf)Cantigas medievais gal. port (pdf)
Cantigas medievais gal. port (pdf)
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]Xéneros%20menores.[1]
Xéneros%20menores.[1]
 
A cantiga de amor
A cantiga de amorA cantiga de amor
A cantiga de amor
 
Comentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga MedievalComentario Da Cantiga Medieval
Comentario Da Cantiga Medieval
 
A cantiga de amigo
A cantiga de amigoA cantiga de amigo
A cantiga de amigo
 
Cantigas de amor
Cantigas de amorCantigas de amor
Cantigas de amor
 
Cantiga de amor
Cantiga de amorCantiga de amor
Cantiga de amor
 

Similar to A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

Dante
DanteDante
Dante
6699smcr
 
Dante e a Divina Comedia
Dante e a Divina ComediaDante e a Divina Comedia
Dante e a Divina Comedia
Mrc558688
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Cantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con MusicaCantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con MusicaManulourenzo
 
Cantigas Medievais
Cantigas MedievaisCantigas Medievais
Cantigas Medievais
candilnatebra
 
Petrarca
PetrarcaPetrarca
Petrarca
Mrc558688
 
Poesía trobadoresca
Poesía trobadorescaPoesía trobadoresca
Poesía trobadoresca
rcms9
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
jandroxixi
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
alexinho97
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
Asnosasletras
 
A linguaxe literaria 3º eso
A linguaxe literaria 3º esoA linguaxe literaria 3º eso
A linguaxe literaria 3º esotrafegandoronseis
 
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bacA linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bactrafegandoronseis
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Negra sombra
Negra sombra Negra sombra
Negra sombra
RemoeaLinguaLinguaGa
 
U2
U2U2
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
Asnosasletras
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 

Similar to A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira (20)

Dante
DanteDante
Dante
 
Dante e a Divina Comedia
Dante e a Divina ComediaDante e a Divina Comedia
Dante e a Divina Comedia
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Cantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con MusicaCantigas Medievais Con Musica
Cantigas Medievais Con Musica
 
Cantigas Medievais
Cantigas MedievaisCantigas Medievais
Cantigas Medievais
 
Petrarca
PetrarcaPetrarca
Petrarca
 
Poesía trobadoresca
Poesía trobadorescaPoesía trobadoresca
Poesía trobadoresca
 
A Literatura Medieval
A Literatura MedievalA Literatura Medieval
A Literatura Medieval
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
A linguaxe literaria 3º eso
A linguaxe literaria 3º esoA linguaxe literaria 3º eso
A linguaxe literaria 3º eso
 
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bacA linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bac
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Negra sombra
Negra sombra Negra sombra
Negra sombra
 
U2
U2U2
U2
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

  • 1. Non temos un exército, non temos unha posición xeo-estratéxica relevante, non temos petróleo nin diamantes, non somos unha potencia demográfica… E aínda así temos unha lingua e unha cultura milenarias que, desde Sarmiento, intentan recuperar non só a súa dignidade, senón que tamén todo o vigor necesario para para viviren e camiñaren –paso adiante, paso atrás– cara ós horizontes, distantes pero sempre presentes, de independencia e liberdade. E ben, preséntase hoxe aquí na Coruña ártabra, como un brillante e poderoso Cervo na Torre, un dos froitos máis portentosos que a nosa cultura e a nosa lingua nos regalaron desde Marcos da Portela. Porque esta anosada Comedia, de Dante non, xa de Darío Xohán Cabana, é un exército, a posición, o petróleo e mailo ouro, potencia descomunal capaz de racha-las peneiras visibles e invisibles da subalternidade, unha das conquistas literarias máis grandes que coñezo. Se a este traballo lle sumamos a anterior IV / 141 523 A DIVINA COMEDIA DE DANTE ALIGHIERI. TRADUCIÓN DE DARÍO XOHÁN CABANA Anxo Angueira A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 141
  • 2. tradución da Comedia, as dúas do Cancioneiro de Petrarca, a da Vita nova, a das Floriñas de San Francisco, a dos stilnovisti –e eu engadiría tamén a dos Trobadores de Occitania–, o esforzo de Darío Xohán Cabana é de tal magnitude que non hai espello que nolo poida reflectir. Os que ficamos asombrados coa primeira entrega desta colección «A nosa voz entenden», aquela requintada e eruditísima d’Os Trobadores, non temos case alento nin palabras para facer salutación desta obra monumental onde o talento, a erudición e a plenitude literarias de Darío responden, en galego e polo tanto desde a nosa lingua e desde a nosa cultura, o desafío universal, arquitectónico e literario, dun escritor único coma Dante e dun texto que é considerado talvez o máis grandioso, un texto sobre a aventura de vivir, sobre a aventura humana, sobre a aventura de escribir. Citando a autoridade do propio Dante e do seu Convivio, dicíanos Giulia Lanciani no prólogo da primeira versión que fixo Darío da Comedia en 1990 que: A imposibilidade de traduci-la poesía na integridade das súas valencias pon o traductor na necesidade de «desafiar» o orixinal a unha especie de partida dobre, tomando en consideración perdas e vantaxes a nivel do que Baudelaire –nos Projets de Préface– chama rétorique profonde: é dicir, tratará de compensa-la perda, ou mellor a destrucción, de figuras cardinais coa creación de figuras equivalentes, mantendo ou recuperando o equilibrio dinámico entre son e sentido, que está na base de todo discurso poético. Son e sentido, si. Porque aínda que con Dante e Petrarca a música na poesía deixou de ser o que viña sendo e o poeta deixou de ser trobador, nunca a poesía deixou de ser música –aínda era canción–, só que a musicalidade continuou na poesía por outros medios. Ese é o primeiro gran desafío que asume esta tradución para quen entenda que traducir poesía é traducir para poesía, que un hendecasílabo non son once sílabas, nin moitísimo menos, e que os tercetos encadeados non son unha estrofa xogoral, cando poden converterse, co fío ben aguzado, en auténticas francadas. Houbo algún estúpido que a propósito da tradución da Vita nova lle deu ó veo coas rimas imperfectas das vogais medias. Esta tradución tápalle a boca a aquel repunante e a quen mesmo ande con ese tipo de requeñeques. A música nunha catedral coma esta é tan importante ou máis cós nervios das bóvedas e os arcos das fiestras. Na lúcida ponderación da Lanciani, e en parágrafos posteriores ó aquí lido, explícase, e moito mellor do que eu o podería facer aquí, as dificultades do traballo de Darío en canto ás complexidades lingüísticas, estilísticas, retóricas, sintácticas, rimáticas, etcétera, asociadas á tradución dun mosaico de admirable harmonía coma o texto de Dante. O que pasa é que, desde o noso punto de vista, todas esas dificultades son superadas grazas a que Darío non é só un gran poeta, un poeta capaz de estar á altura dos horrores da Commedia. Ademais Darío coñece a ferramenta necesaria para levar adiante o seu labor, sabe traballar cada unha das súas pezas e ten a extraordinaria paciencia de facelo sen descanso, coma un artesán, ata que o resultado satisfai a súa obsesión perfeccionista… non, a súa obsesión global pola beleza, polo amor, pola plenitude. Hai un enorme esforzo, pero tamén un talento tamaño. E a ferramenta é, porque así pasa sempre en literatura, a lingua. Darío habilita a nosa lingua para recoller todas esas complexidades que mencionaba Giuilia Lanciani. Darío traduce tamén toda esa variedade lingüística que IV / 142 524 Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 142
  • 3. eran, desde a lingua de Dante, sicilianismos, provenzalismos, latinismos, voces vulgares, arcaísmos… Porque Darío non só coñece a fondo o toscano de Dante, o italiano e os seus dialectos, tamén coñece moi a fondo, e pódeno comprobar n’Os trobadores, a lingua occitana, como coñece a fondo a nosa prosa medieval, a Crónica troiana e as cantigas relixiosas e profanas, como coñece coma poucos a lingua de toda a historia da literatura galega contemporánea. E esas ferramentas, todo ese repertorio armamentístico, tamaño tesouro que garda Darío, é indispensable para enfrontarse á Commedia e máis á súa lonza, ás súas múltiples e variadas lonzas. Polo tanto Darío, con grandioso esforzo e o seu senlleiro talento, como xa o fixera, aínda que noutros parámetros, con Morte de Rei, acaba creando un galego extraordinario. Porque ten que responder a unha obra literaria, e lingüisticamente tamén, extraordinaria. Como é posible que a tradución de 1990, gabada por Giulia Lanciani, premiada coa medalla de ouro do Florencia e chufada por Giuseppe Tavani, non satisfaga a este «tradutor afeccionado»? Porque Darío entendeu que de 1990 para acó tiña máis e mellor ferramenta coa que enfrontarse ó que xa non era pantera. En vinte anos entendera que outra música e bóvedas e fiestras, que outra catedral era posible e necesaria. Darío non erra coa retórica o discurso de seus anos, Darío, se erra e está insatisfeito, corrixe coma un bo carpinteiro de lei. Pero, que había que corrixir? Que hai agora que non houbese en 1990. Vexamos dous exemplos. Comecemos polo inicio do texto, o seu primeiro terceto: Orixinal: Nel mezzo del cammin di nostra vita / mi ritrovai per una selva oscura, / ché la diritta via era smarrita. Versión 1990: No medio do camiño desta vida / vinme por unha selva tan escura / que a recta vía estaba confundida. Versión 2014: No medio do camiño desta vida / acheime dentro dunha selva escura / que a recta vía fora confundida. A variación fundamental está no segundo verso. A versión que hoxe nos ofrece Darío mellora en varios aspectos a que fixera vinte e catro anos antes. En primeiro lugar, a fidelidade ó ritmo, reforzando notabelmente o acento na cuarta. En segundo lugar porque este acento recae nunha palabra forza (dentro) que responde a unha lectura moito máis perfilada do per orixinal e que se acompaña doutra escolla moito máis intensificadora que vinme. A distancia entre vinme por e acheime dentro, ademais de dotar a versión de moita máis intensidade, ten outra importante implicación. Na primeira escolla a intensidade facíase xirar cara a escura con un tan que implicaba que o que co que se inicia o terceiro verso fose causal e comparativo. Isto non estaba no orixinal e as melloras feitas nesta nova versión implican non só maior fidelidade co orixinal. Ese que agora é explicativo e tamén permite unha nova variación, aparentemente irrelevante, pero tamén cargada de matices. Referímonos á substitución de estaba confundida por fora confundida. Desde o noso punto de vista, a perda e o extravío, con esta elección, non dependen tanto da recta vía, personalízanse moito máis, hai un axente que perde o camiño. Ademais, a perfectividade de fora fronte a estaba, sitúanos nun incipit moito máis activo do proceso. A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana IV / 143 525 Anxo Angueira A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 143
  • 4. Por ilustrar con exemplos doutra índole, vaiamos ó verso noventa do Canto terceiro do Inferno. Orixinal: Ma poi che vide ch’io non mi partiva, / disse: «Per altra via, per altri porti / verrai a piaggia, non qui, per passare: / più lieve legno convien che ti porti». Versión 1990: Pero despois, en vendo que eu non me iba, / Dixo: «Por outros portos e outra vía / debes ir, non por estes pra cruzar: / pra ti cómpre unha nave máis esguía». Versión 2014: E logo dixo, vendo que eu non me iba: / «Por outros portos e por outra parte / tes que buscar a vía pra cruzar: /mais leve leño cómpre pra levarte». No primeiro dos versos a nova versión sacrifica unha expresión enxebre (en vendo que) para poder dispor de dúas sílabas máis no seguinte, o cal lle permite ser fiel á repetición paralela (por outros, por outra) do orixinal. O cambio de rima obrigado orixina unha nova formulación do cuarto dos versos aquí citados. Xa non é posible esa nave esguía, tamén enxebre pero que non estaba no orixinal. Darío auto-corríxese, ou mellor, mellórase a si mesmo e introduce na nova versión unha nova fidelidade ao orixinal: a aliteración do leve leño, que o noso autor aínda intensifica co levarte que clausura o terceto e grazas á cal tamén se recupera a música dos acentos orixinais en segunda e cuarta. En resumo, desde o noso punto de vista, hai maior fidelidade co orixinal, mesmo na música, maior precisión, maior intensidade. Por outro lado, esta edición engade a respecto da de 1990, ademais de todas estas correccións e perfeccionamentos, unha edición crítica do texto orixinal. Darío xa fixera edición crítica, e ademais especialmente personalizada ó propor novas solución ortográficas c’Os trobadores. Agora utiliza como referencia a edición de Giorgio Petrocchi, aínda que lle fai algunhas apostilas, todas perfectamente referenciadas e xustificadas (páx. 23-24). A edición do orixinal e mais a tradución veñen acompañadas dunhas moi valiosas e eruditísimas notas sobre o texto, pero tamén sobre a súa historia crítica. Trátase dun texto que desde logo precisa notas, dun texto moi complexo. Darío, ademais das explicacións, regálanos numerosísimos datos e escollida literatura sobre a Commedia. Esta entrega aínda nos achega outro engado ao final das súas páxinas. Trátase dunha sección moi interesante que leva por título «Vocabulario». Globalmente pode entenderse como unha xustificación explicativa das propias escollas léxicas, pero tamén ten outros valores, como o de apostilar e emendar o corpus e os xeitos do Dicionario da Real Academia Galega. En todo caso, Darío remítenos ó seu propio coñecemento da lingua (e da súa historia) e á autoridade, pomos por caso, de Pondal (constreito), á de Aquilino (afoularse), á das Cantigas de Santa María (ancela), á de Pintos (amaro), etcétera. A propósito de desmo, e sirva como mostra, remítenos o autor a Díaz Castro. Faino deste xeito: O mesmo dá décimo, no sentido de tributo, pero mellor. E por que nos parece mellor? Pois porque é a forma realmente presente na fala e porque non é castelanismo nin invención, pois xa aparece ben clariño na escrita medieval: dezmo ou desmo, evolución perfectamente normal de dézemo ou désemo. E toda cousa ha de pagar seu «desmo», lembraríanos Díaz Castro se aínda estivera entre nós. IV / 144 526 Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 144
  • 5. Considera desde un punto de vista sistémico, esta obra e todo o admirábel conxunto de traducións que Darío Xohán Cabana vén realizando de Dante, de Petrarca ou dos stilnovisti representa un novo selo na relación entre Italia e Galicia. Desde polo menos precisamente Dante, Galicia, Santiago e o seu Camiño están presentes na literatura italiana. Estano na Vita nova e tamén ca Commedia, no canto XXV do Paraíso: «e la mia donna, piena di letizia, / mi disse: «Mira, mira: ecco il barone / per cui là giù si vicita Galizia». Os cancioneiros medievais galegos «refuxiáronse» en Italia e algúns dos máis grandes críticos e estudosos dos mesmos son italianos, coma o mestre Giuseppe Tavani. Agora ben, na literatura galega contemporánea hai una obra fundamental, e precisamente decisiva desde o punto de vista sistémico, que nos relaciona moi directamente con Dante e con Italia. O divino sainete (1888) de Curros, ademais de ser obra claramente inspirada na Divina comedia, desde o título e seguindo, aínda que con outra intención, varios dos seus modelos, é en boa medida todo un canto a Italia, á Italia liberal e republicana do Risorgimento, vencedor da monarquía e dos estados pontificios: «–¡Salve, de entusiamo cheo / escramei– patria sagrada / do Dante e do Galileo!», coma «¡Sol de Italia, sol de amore…!», en Rosalía de Castro. Porque o modelo de Manzini, Garibaldi e os masóns carbonarios era a base tamén do noso Rexurdimento: «Ouh, patria das patrias tempro, / quen do teu mal adoeza / cúrese co teu exemplo!». E ese é o modelo que lle serve de alicerce a Murguía como principal ideólogo do nacionalismo galego. Por iso precisamente é polo que inclúe entre os seus Los precursores (1885), xunto a Faraldo, Pondal, Avendaño, Vicetto, Rosalía… a Leonardo Sánchez Deus, compostelán que buscou en Italia e á beira de Garibaldi o camiño da loita pola liberdade. Naqueles tempos en que Murguía reflexionaba sobre a súa xeración, chegou Curros e escolleu por Virxilio a Francisco Añón, poeta morto de fame e frío; por excelsos hendecasílabos encadeados, tríades de cantares do pobo; por Comedia a entroidada social e política do seu tempo. E todo para nos indicar que fronte ó vigor daquela Italia, Galicia era unha vella tolleita… Pero camiña. E con pasos adiante e pasos atrás fomos avanzando. Hoxe preséntase unha tradución da Comedia que non se atreverían nin a soñar nin Curros nin ningún dos nosos mencionados mestres. Velaquí pois a nosa fortaleza para continuar: o disciplinado exército, a intelixente xeo-estratexia, os millonarios recursos auríferos… En definitiva, a potencia descomunal do traballo dun patriota e artesán coma Darío Xohán Cabana. A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana IV / 145 527 Anxo Angueira A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 145