2. Que é a Campaña Mundial pola Educación?
A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional de
ONG, sindicatos do mundo educativo, centros educativos e movementos sociais
de todo tipo, comprometidos co dereito á educación. Este movemento nace no
ano 1999 coa finalidade de esixir aos gobernos o cumprimento do dereito á
educación de todas as persoas reflectido en practicamente todas as
declaracións, foros e cumios internacionais.
Unha viaxe no tempo como punto de partida...
Que é a SAME?
A Semana de Acción Mundial pola Educación é o momento no que se concentran
as forzas de incidencia. Este ano mobilizarémonos en todo o mundo baixo o lema
Eu voto pola educación. E ti? debido a que o 2015 é un ano clave, xa que en
setembro terá lugar en Nova York a Asemblea Xeral da ONU onde se aprobarán
os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)
3. Porque sabemos que somos moitas as persoas que traballamos a diario por avanzar
na consecución efectiva do dereito á educación para todos e todas nos nosos
diferentes espazos de traballo e de activismo social.
Porque a participación cidadá e a incidencia que se faga dende a sociedade civil
organizada será fundamental para conseguir un compromiso da comunidade
internacional para acadar a Educación para todas as persoas, que quede reflectido
en metas e indicadores relevantes e en compromisos de financiamento concretos.
Porque con este Seminario pretendemos xerar un espazo de encontro e reflexión
colectiva no que podamos coñecer as diferentes experiencias educativas
transformadoras que están a acontecer tanto no noso propio entorno como noutras
realidades e contextos diferentes.
Por que un Seminario Internacional sobre o Dereito á Educación?
4. Cecilia Lazarte: Educadora boliviana especialista en xénero, Cecilia traballou no Centro Boliviano de Investigación e Acción Educativa e nos
Servizos de Investigación e Acción en Poboación, dependente do Ministerio de Educación de Bolivia. A súa traxectoria de vida complementa
dun xeito claro a participación nos espazos estatais e o activismo dende a sociedade civil. O seu compromiso coa educación e o
desenvolvemento dos pobos vai ligado ao traballo dende o enfoque de xénero, sendo referente en temas de políticas de xénero, violencia
escolar e educación dende o enfoque de xénero. Participou na Conferencia Internacional das Nacións Unidas Rio+20, G77+China e foi parte do
equipo de negociación sobre a Axenda de Desenvolvemento e das metas posteriores ao 2015 ante os gobernos de Bolivia, Arxentina e Ecuador.
Silvio Gutiérrez: Educador popular e de promoción social especialista en dereitos humanos de nenos, nenas, adolescentes e xente moza. A
historia de Silvio Gutiérrez na defensa do dereito á educación comeza dende pequeno, pois foi un dos mozos brigadistas que participaron na
Cruzada Nacional de Alfabetización na revolución sandinista dos anos 80. Tratouse dunha campaña masiva de alfabetización na que
participaron máis de 60.000 mozos e mozas que durante cinco meses viviron nas zonas rurais do país para ensinarlles a ler e a escribir a máis
da metade da poboación mundial. Na actualidade, Silvio Gutiérrez é enlace nacional do Consello de Educación Popular de América Latina e
Caribe (CEAAL) e membro do Comité de Nicaragua da Semana da Acción Mundial pola Educación.
As
contadoras
de
historias
Exercer o noso dereito á educación permítenos elixir as nosas
historias de vida, construír a nosa identidade dende a
consciencia do que queremos ser. A través de relatos
galegos, nicaraguanos e bolivianos, este Seminario
Internacional reivindica o papel fundamental que está a xogar
a cidadanía mundial para garantir o exercicio pleno do Dereito
á Educación. Unha loita que se dá nos espazos de toma de
decisións internacionais pero tamén a nivel local, nas
resistencias diarias, tanto dentro como fóra das aulas.
5. Coordinación da Campaña Mundial pola Educación en Galicia
cme-galicia@cme-espana.org
https://www.facebook.com/CMEGalicia
Os relatos
galegos
As historias do noso carón estarán narradas polos compañeiros e compañeiras:
José Antonio Caride: Catedrático de Pedagoxía Social da USC
Verónica Dopico e Yolanda Castro: profesoras do CPI Virxe da Cela que contarán, para a dinamización do
obradoiro, co alumnado deste centro educativo de Monfero
Paz Caínzos: Especialista en estudos de xénero e en ética e metodoloxías feministas
Maite Sío Docampo: Educadora social pertencente a Fiadeiras, Grupo de Traballo en Igualdade
Tropa de Trapo: http://tropadetrapo.blogaliza.org/
Grupo de Teatro dx Oprimidx Cen Tolas: https://www.facebook.com/gto.corunha?fref=ts
Beatriz Campos: De Migallas Teatro: http://migallas.gal/
AGARESO: Asociación Galega de Reporteiros e Reporteiras Solidarias: http://www.agareso.org/
... un compromiso presente con vistas ao futuro
6. Programación
21 DE ABRIL, martes
16:00. Viaxe no tempo como punto de inicio
16:20 – 17:20. Relatorio Marco sobre a Educación para Todos e Todas (EPT)
Poñente: o Catedrático de Pedagoxía Social José Antonio Caride Gómez, USC
17:30 – 19:15. Experiencias sobre a capacidade transformadora da educación en Galicia
Que estamos a facer dentro dos nosos espazos de traballo e de activismo social?
Primeiro itinerario: Experiencias de ensinanza aprendizaxe para transformar o
mundo. A Campaña Mundial pola Educación. Historias de alumnado e profesorado.
Segundo itinerario: Educar en igualdade dentro e fóra da aula: o enfoque de
xénero nas prácticas educativas. Coa educadora popular Paz Caínzos e Fiadeiras
19:20 – 20:30. Mesa Redonda. A educación dende as diversidades: o reto da EPT
Cantas diversidades existen no mundo? E en Galicia?
22 DE ABRIL, mércores
16:00-17:20. Conversas educativas: historias de vida ao outro lado do Atlántico
Silvio Gutiérrez: Educador nicaraguano e promotor de dereitos humanos.
Cecilia Lazarte: Educadora boliviana especialista en xénero e desenvolvemento rural.
17:20 – 17:30. Visita pola exposición “A Educación para Todos e Todas”
17:30 – 18:30. Caixa de ferramentas: Metodoloxías para descubrir e contar historias
Se non sabemos atopalas e narralas, non poderemos transformalas.
1. Obradoiro de teatro social: Unha ferramenta para a emancipación educativa.
Co Grupo de Teatro dx Oprimidx Cen Tolas
2. Obradoiro de Contacontos: Como relatamos as nosas historias? Estratexias
para educadores e educadoras. Con Bea Campos de Migallas Teatro
3. Obradoiro de radiodifusión e alfabetización mediática: O poder transformador da
comunicación como ferramenta educativa. Con AGARESO
18:45-20:00. Relatorio de clausura:
O cambio de paradigma na nova Axenda post-2015.
Poñente: Cecilia Lazarte
A
elixir
Inscríbete de balde enviando un
correo a cme-galicia@cme-espana.org
indicando: Nome e apelidos | DNI |
Obradoiro no que queres participar