ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

518 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
518
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
32
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

ESCOLA ESPAZO DE CONVIVENCIA

1. 1. A ESCOLA: “ ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERCULTURAL ” Camiñemos xunt@s FONTE: MANUAL PARA UNHA EDUCACIÓN INTERCULTURAL-UNESCO
2. 2. OS NOSOS CENTROS: UNHA REALIDADE MULTICULTURAL Actualmente conviven nas nosas escolas estudantes procedentes de diferentes países e/ou de culturas minoritarias polo que debemos reflexionar e actuar para acadarmos un saber valorativo sobre os novos retos que temos como cidadáns nun tempo en un espazo interrelacionado e cada vez máis interdependente. “ VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO MUNDO”
3. 3. UN RETO: “APRENDER A VIVIR XUNTOS” UN OBXECTIVO: “EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS

O noso traballo debe contribuir á consecución dunha cultura de paz e á coexistencia pacífica dos pobos, favorecendo a reflexión sobre o pluralismo cultural e o diálogo intercultural evitando, deste xeito, situacións de abuso, racismo, xenofobia e marxinación.

Para saber e exercer: “ Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia débense comportar fraternalmente uns cos outros” Art.1: Declaración Universal dos DD.HH. A ESCOLA É UN ÁMBITO REAL, PRÓXIMO E COTIÁ ONDE COMPARTIR E APRENDER A EXERCER O COIDADO DOS DEREITOS HUMANOS.
4. 4. QUE É A EDUCACIÓN INTERCULTURAL?

Conceptos claves:

INTEGRACIÓN: obtención dun espazo social lexitimado; ter dereito e posibilidade de preservar o patrimonio cultural; compartir con igualdade de oportunidades o acceso aos bens e servizos da sociedade; adquirir dereitos e obrigas non discriminatorias.

DIÁLOGO INTERCULTURAL: diálogo entre o interior e o exterior; entre os costumes propios e os adquiridos, diálogo entre os deberes e os dereitos.

TRANSCULTURALIDADE: a aprendizaxe e comprensión das manifestacións culturais diversas ou diferentes á nosa é un exercicio de fortalecemento da nosa capacidade de respectar, tamén, aos veciños máis próximos con crenzas e xeitos de vivir distintos aos nosos. O respecto cara aos outros pobos ou persoas implica valores éticos fondamente democráticos.

5. 5. A EDUCACIÓN INTERCULTURAL É UNHA RESPOSTA AO RETO DE PROPORCIONAR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS INSCRITA NA PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS. O desafío da educación intercultural consiste en establecer e manter un equilibrio entre os seus principios rectores xerais e as esixencias de contextos culturais específicos.
6. 6. A CULTURA É O NÚCLEO DA IDENTIDADE INDIVIDUAL E SOCIAL E UN ELEMENTO IMPORTANTE NA CONCILIACIÓN DAS IDENTIDADES GRUPAIS NUN MARCO DE COHESIÓN SOCIAL. As nosas escolas tense convertido nos últimos anos en lugares de encontro multicultural e multiétnico.
7. 7. DEBEMOS FACER FINCAPÉ NO TERMO “CULTURA MINORITARIA” E QUE SE REFIRE Á CULTURA DOS GRUPOS MARXINADOS E VULNERABELS QUE VIVEN Á SOMBRA DA CULTURA MAIORITARIA.
8. 8. A EDUCACIÓN INTERCULTURAL PRETENDE LOGRAR UN MODO DE CONVIVENCIA EVOLUTIVO E SOSTIBLE EN SOCIEDADES MULTICULTURAIS, PROPICIANDO A INSTAURACIÓN DO COÑECEMENTO MUTUO, O RESPECTO E O DIÁLOGO ENTRE OS DIFERENTES GRUPOS CULTURAIS.
9. 9. A EDUCACIÓN INTERCULTURAL NON PODE SER UN SIMPLE “APARTADO” DO PROGRAMA SENÓN QUE DEBE ABARCAR O ENTORNO PEDAGÓXICO COMO UN TODO. Debe abarcar a vida escolar e a adopción de decisións, a formación e capacitación dos e das docentes, os programas de estudos, as lingoas de ensinanza, os materiais pedagóxicos e as interaccións entre os estudantes.
10. 10. COMO TRABALLAR NOS NOSOS CENTROS

Analizar a realidade do noso alumnado e do seu contorno.

Fixar os obxectivos a acadar e que sexan asumidos pola comunidade educativa.

Establecer as estratexias para conseguilos.

Consensuar os valores a traballar.

Escoller a metodoloxía a utilizar.

Impulsar o traballo por “proxectos”.

Propoñer un plan de avaliación.

11. 11. FIXAR OBXECTIVOS: XERAL: Entablar un diálogo cultural efectivo e permanente que favoreza unha convivencia harmónica e pacífica”.
12. 12.

ESPECÍFICOS

Agrupados en grandes bloques:

Promover a sensibilización, a implicación da comunidade educativa nos valores que determinen un profundo interese pola educación intercultural e para a paz.

Formar cidadáns e cidadás capaces de afrontar a convivencia nun mundo complexo e dinámico e comprometidos na construcción dunha sociedade máis xusta e equitativa.

Incorporar a diversidade cultural e o respecto á diferenza como un valor de enriquecemento na comunicación e interacción entre persoas e grupos.

Desenvolver modelos organizativos, metodolóxicos e didácticos que favorezan a integración das minorías étnicas e culturais e do alumnado inmigrante.

13. 13. ESTRATEXIAS PARA CONSEGUILOS

Organizar equipos de traballo interdisciplinares e de diferentes idades e niveis educativos.

Impulsar parcerías con escolas e viaxes de estudio co estranxeiro e outras comunidades autónomas.

Estudiar os lugares do patrimonio mundial cunha perspectiva interdisciplinar.

Desenvolver proxectos de solidariedade con grupos minoritarios.

Defender unha cultura de paz e democracia.

Alimentar sentimentos de solidariedade e equidade nos planos nacional e internacional.

Traballar por unha comunidade educativa, xusta, pacífica e democrática.

Fomentar a cooperación entre as escolas e as familias.

Participar nas actividades do barrio como elemento clave da integración escolar.

Potenciar unha visión positiva do mundo e fomentar a esperanza.

14. 14.

VALORES A DEFENDER

Cultura de Paz, solidariedade e cooperación internacional.

Identidade e diversidade cultural.

Respecto por todos os pobos e culturas.

Respecto ás diferenzas.

Diálogo intercultural.

Dereitos Humanos.

15. 15.

METODOLOXÍA

Orientada á adquisición dunha serie de aptitudes psicosociais adscritas a tres grandes categorías:

Cognitivas: espíritu crítico, resolución de problemas, adopción de solucións,...

Afectivas: autoestima, manexo do estrés e das emocións, capacidade de resposta, superación do umbral do fracaso,...

Sociais: capacidade de negociar e de decir “non”, autoafirmación, cooperación, empatía,...

16. 16.

TRABALLO POR “PROXECTOS” NOS QUE PARTICIPEN:

Estudantes de todos os niveis educativos.

Profesoras e profesores

Equipo directivo.

Gabinete de Orientación.

As familias.

As asociacións veciñais e culturais.

ONGs e Institucións.

Medios de comunicación.

17. 17. PROXECTO: “CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” Para traballar os contidos de inmigración, diálogo intercultural e dereitos humanos.
18. 18. PROXECTO: CAMPAÑA INTERNACIONAL “TODOS IGUAIS NA DIFERENZA” Coa finalidade de promover a igualdade na diversidade e denunciar todas as formas de discriminación .
19. 19. PROXECTO: “A TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS” Busca sacar do olvido o comercio triangular de escravos e descubrir as consecuencias do mesmo en África e as Américas. Ao tempo estudar e denunciar as formas de escravitude modernas .
20. 20.

PLAN DE AVALIACIÓN

Presenta varios niveis:

Avaliación das actitudes e comportamentos.

Avaliación do proceso e do traballo.

Avaliación do traballo cooperativo.

Avaliación dos materiais.

Autoavaliación do traballo de coordinación do profesorado e avaliación do mesmo por parte do alumnado.

21. 21. Luisa Márquez – Pontevedra 2010