SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
2
A Campaña Mundial pola Educación (CME)
é unha coalición internacional de ONG, sindicatos do
mundo educativo, centros educativos e movementos
sociais de todo tipo, comprometidos co dereito á
educación. Este movemento nace en 1999 coa
finalidade de esixir aos gobernos o cumprimento
do dereito á educación de todas as persoas
reflectido en practicamente todas as declaracións,
foros e cumios internacionais.
Con todo, foi a partir do Foro Mundial sobre a Educación, celebrado en abril de 2000 en Dakar (Senegal), cando
os gobernos do mundo e representantes das organizacións internacionais resolveron comprometerse a acadar a
Educación para Todos e Todas (EPT) en 2015.
Este compromiso materializouse en
seis obxectivos que están en consonancia
cos Obxectivos 2 e 3 de Desenvolvemento
do Milenio (ODM), establecidos pola ONU
no ano 2000:
1 Estender e mellorar a educación integral da primeira infancia.
2 Velar para que en 2015 todos os nenos e nenas teñan acceso a unha ensinanza primaria gratuíta e obrigatoria
de calidade e a rematen.
3 Velar para que as necesidades de aprendizaxe de todas as persoas mozas e adultas sexan atendidas
mediante o acceso a programas de preparación para a vida activa.
©AyudaenAcción/SalvaCampillo
©SergiCámara/Entreculturas
Un dereito humano fundamental e un ben público,
chave para erradicarmos a pobreza e construírmos
un mundo equitativo e sostible;
Unha ferramenta transformadora que proporciona
ás persoas as aptitudes, coñecementos e
competencias necesarias para resolver os problemas
que se producen a nivel local e mundial, e para
contribuír activamente para o desenvolvemento da
sociedade;
Unha peza fundamental para a consecución dos
demais obxectivos de desenvolvemento, entre eles a
igualdade de xénero, a saúde, a paz e a sostibilidade
medioambiental;
Unha responsabilidade fundamental dos estados e
unha meta alcanzable se os gobernos achegan os
fondos suficientes e mobilizan os recursos necesarios,
entre outras vías, a través de sistemas xustos de
impostos.
3
©EducaciónSinFronteras
4 Aumentar nun 50 % o número de persoas adultas alfabetizadas para o ano 2015, especialmente mulleres, e
facilitar a todas as persoas o acceso á educación básica e á educación permanente.
5 Eliminar as disparidades entre os sexos na educación primaria e secundaria para o ano 2005 e acadar a
igualdade de xénero en educación para 2015, garantíndolle ás nenas o acceso a unha educación básica de boa
calidade e un bo rendemento.
6 Mellorar todos os aspectos cualitativos da educación para que todas as persoas consigan bos resultados de
aprendizaxe, especialmente en lectura, escritura, aritmética e habilidades básicas para a vida.
Dende entón a CME tense
concentrado en mobilizar á
cidadanía para que esixa aos seus
respectivos gobernos e á
comunidade internacional que cumpran con
estes compromisos.
Chegamos ao 2015 e é hora de facermos balance do
conseguido e dos desafíos que temos por diante para o
seu cumprimento. Máis ca nunca, os membros da CME
presentes en máis de cen países compartimos unha
visión común sobre o dereito á educación e a fe no
seu poder para transformar o mundo e a vida das
persoas.
©AyudaenAcción/KatherineArgote
4
Dende 2003, durante a última semana de abril, a CME
organiza a Semana de Acción Mundial pola
Educación (SAME), na que os membros da campaña
traballamos conxuntamente para chamar a atención
das persoas que ostentan a representación política,
membros da comunidade educativa, medios de
comunicación e sociedade en xeral sobre a
necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha
educación básica de calidade.
Teñen sido moitos os logros acadados a favor da
consecución da EPT en máis dos 100 países nos que
a campaña está presente grazas á mobilización da
comunidade educativa e da cidadanía.
Por exemplo, en Bolivia, un dos maiores logros da
Campaña Boliviana polo Dereito á Educación, foi a
incorporación á nova lei de educación aprobada en
2010 dalgúns puntos chave da axenda política da
campaña. Realizouse unha elaboración participativa
de achegas, que grazas á mobilización e á incidencia
política realizada, foron incluídas na lei. Un deles é o
enfoque intracultural, intercultural e plurilingüe,
priorizando as áreas rurais, periurbanas e as rexións
fronteirizas do país.
En Senegal, a Coalición de Organizacións en Sinerxía
pola Defensa da Educación Pública (COSYDEP) foi clave
para abolir a contratación ilícita de docentes. A
contratación de docentes debería basearse nos méritos
e nas necesidades con que se atope o mesmo sistema
educativo. Porén, en 1995 foi introducido o "sistema de
cotas de seguridade", como un proceso alternativo de
contratación de docentes que operaba parello ás
estruturas de emprego formais. A través deste sistema,
os servizos centrais do Ministerio de Educación
contrataban a docentes directamente, en troques de
seguir os procedementos formais de ingreso, o que
provocaba que os empregos fosen, a miúdo, outorgados
como favor político. COSYDEP amosou con forza o seu
5
desacordo con este sistema e, logo de ter realizado
investigacións e estudos sobre el, divulgaron os
resultados para alertar á sociedade. O debate entre as
cotas e as súas graves consecuencias tornáronse un
asunto de interese público. Durante a Semana de Acción
Mundial, COSYDEP organizou un percorrido por varios
distritos para repartir información nas escolas e nas
comunidades, e levou a cabo actividades de
mobilización con todos os seus membros. Como
resultado do activo labor de incidencia e de presión de
COSYDEP, o goberno viuse na obriga de tomar medidas
e en 2010 o Ministro de Educación confirmou a
eliminación dese sistema de contratación.
No 2011, o tema central das actividades da CME foi a
educación das mulleres e as nenas e os obstáculos que
seguen a atopar para o seu acceso á educación.
A Coalición Nacional para a Educación no Nepal,
participou en La Gran Historia. A través da súa rede de
organizacións membro, publicou unha colección de 34
historias de mulleres e nenas que foron recollidas no
libro Ma Hunuko Katha (A historia da miña existencia),
que foi presentado durante a SAME.
O evento fixo posible dar visibilidade aos obstáculos
sociais que dificultan o acceso das mulleres e das
nenas á educación, e proporcionou un espazo para a
discusión sobre a necesidade de que gobernos,
sociedade civil e organismos internacionais se esforcen
conxuntamente para eliminalos. Foron máis de 100
organizacións as que participaron no evento, que facilitou
o intercambio de historias que inspiraron a outras
mulleres e nenas que loitan pola súa propia educación.
En España, tamén é moito o que se ten conseguido
grazas a mobilización dende a primeira edición da SAME
no ano 2003.
En 2006, baixo o lema Todos os nenos e nenas precisan
profesores, nenos e nenas de toda España foron ao
Congreso dos Deputados a pedir aos nosos represen-
tantes políticos que investisen en educación. Como
resultado desta mobilización aprobouse unha proposición
non de lei encamiñada a acadar un maior esforzo da
cooperación española destinada a educación.
No ano 2008, baixo o lema Superemos a exclusión,
calidade na educación!, formamos un gran crebacabezas
que foi entregado, xunto coas mensaxes elaboradas
polas escolas participantes, á Secretaria de Estado de
Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, quen se
comprometeu publicamente a destinar o 8 % da Axuda
Oficial ao Desenvolvemento (AOD) á educación
básica.
©Entreculturas
6
No ano 2013 o acto estatal da SAME celebrouse no
Senado, coa presenza da Comisión de Cooperación
Internacional para o Desenvolvemento e das máis
de 50 organizacións que conformamos a CME a nivel
territorial. Reivindicamos a necesidade de contar co
suficiente número de docentes ben formados e
remunerados para tornar real e efectivo o dereito a
unha educación de calidade e rachar a fenda da
desigualdade. Como resultado do encontro foi
aprobada unha moción instando ao goberno a lembrar
a importancia das políticas de cooperación para o
desenvolvemento na loita contra a pobreza, así como de
dar prioridade dentro do sector educativo á “mellora da
calidade da educación, a fin de facilitar a apropiación das
aprendizaxes, habilidades e competencias básicas dos
grupos de poboación máis desfavorecidos e en situación
de maior vulnerabilidade”. A través da SAME
conseguimos facer visible a importancia da educación
no desenvolvemento integral das persoas e as súas
comunidades e manter as políticas de cooperación en
educación na axenda política en tempos de crise. Este
ano tamén nos mobilizaremos a nivel mundial para
asegurármonos de que as novas axendas post 2015
–o novo marco da EPT e os novos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS) que se establezan a
partir dos ODM–, garantan as políticas e financiamento
precisas para tornar real e efectivo o dereito á
educación universal.
Únete á mobilización en www.cme-espana.org.
O Grupo Parlamentario Popular no Congreso, ao abeiro do disposto no artigo 193 e ss. do Regu-
lamento da Cámara, ten a honra de presentar a seguinte Proposición Non de Lei para acadar un
maior esforzo da Cooperación española destinada a aumentar os recursos da educación no mundo
para o seu debate na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
As actuacións realizadas a última semana de abril no marco da Campaña Mundial pola Educación,
por ONG, sindicatos do mundo educativo, centros de ensino e movementos sociais de todo tipo
comprometidos co Dereito á Educación mediante campañas con slogans como: “todos os nenos
e nenas precisan profesores”, fannos reflexionar, e dende o Grupo Popular avalamos, que se non
existe un número suficiente de profesoras e profesores remunerados, o mundo non poderá acadar
os obxectivos da Educación para Todos.
O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a:
– Seguir impulsando a nosa contribución multilateral da “Iniciativa Vía Rápida de Educación para
todos” para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio en Educación, promovendo
que a iniciativa inclúa aos 15 países máis pobres, en especial da África Subsahariana.
– Incrementar os fondos da cooperación española destinados á educación básica, de xeito sostible
e predicible co obxectivo de tender a acadar o 8 % da Axuda Oficial ao Desenvolvemento de ca-
rácter bilateral á educación básica.
– Apoiar os plans de atención e formación do profesorado nos países máis desfavorecidos.
Ordénase a súa publicación de conformidade co previsto no artigo 97 do Regulamento da Cámara.
Palacio do Congreso dos Deputados, 24 de novembro de 2006.
P. D. O Secretario Xeral do Congreso dos Deputados, Manuel Alba Navarro.
7
©ACLO/AyudaenAcción/FernandoTorrico
Segundo o Relatorio de Seguimento da EPT no
Mundo 2013-2014, publicado pola Unesco, en 2015
non se acadará ningún dos seis obxectivos do
Marco de Acción de Dakar, a pesar dos progresos
realizados nos últimos anos. Aínda hoxe moitos
nenos e nenas continúan sen poderen acceder á
atención e educación na súa primeira infancia.
Por exemplo, na África Subsahariana só un 18 % pode
acceder ao ensino preescolar (Obxectivo 1).
En canto á ensinanza primaria universal, o número de
nenos e nenas sen escolarizar ascendía a 57 millóns en
2011, a metade dos cales vivían en países afectados por
conflitos. Só o 23 % das nenas pobres das zonas rurais
da África Subsahariana rematan o ensino primario
(Obxectivo 2).
Nos países de ingresos baixos, só o 37 % dos e das
adolescentes remata o primeiro ciclo da ensinanza
secundaria, e esta taxa é mesmo máis baixa (do 14 %)
entre os adolescentes máis pobres (Obxectivo 3).
Por outra banda, a alfabetización de persoas adultas,
apenas ten mellorado, tendo diminuído só nun 1 %
dende o ano 2000. Case dous terzos das persoas
adultas analfabetas son mulleres (Obxectivo 4).
©Entreculturas
8
Respecto á igualdade de xénero, aínda que se supuña
que a paridade se acadaría antes de que rematase 2005,
en 2011 só o 60 % dos países tiñan acadado o referido
obxectivo na primaria e tan só o 38 % na secundaria
(Obxectivo 5).
Finalmente, a baixa calidade da educación impide que
millóns de nenos e nenas adquiran os coñecementos
básicos. Uns 250 millóns de nenos e nenas non están
adquirindo as competencias básicas, a pesar de que a
metade foron escolarizados polo menos durante catro
anos. Esta ineficacia representa un custo anual de case
130.000 millóns de dólares (Obxectivo 6).
Con este panorama, as recomendacións do relatorio
céntranse de xeito prioritario no escenario post
2015 Neste sentido, reclámase que os novos
obxectivos en materia de educación que se vaian
adoptar inclúan un compromiso expreso en prol da
equidade, de xeito que todos os nenos e nenas
dispoñan das mesmas oportunidades de accederen á
etapa educativa. Ademais, que aseguren que todos os
nenos e nenas estean escolarizados e adquiran os
coñecementos básicos, porque non só teñen dereito
a estaren escolarizados senón tamén a aprenderen
mentres asisten á escola.
Tamén se fai unha chamada ao investimento no
persoal docente, posto que en case un terzo dos
países, menos do 75 % dos mestres e mestras de
primaria se formaron seguindo unha formación regrada.
Para acadar a equidade, é preciso que os mellores
docentes poidan ensinar aos estudantes que máis o
necesitan.
En canto á contribución da AOD española para
educación, a nosa achega ten descendido nos últimos
cinco anos case un 86 %, pasando de case 436
millóns en 2008 a algo menos de 62 millóns en 2013.
Se atendermos ás cifras relativas, o panorama non é
mellor, xa que segundo os números que achega a
Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o
Desenvolvemento (SGCID), a porcentaxe dedicada á
educación da AOD española baixou do 10,4 % en 2011
ao 7 % en 2013.
Todas estas cifras refírense ao volume total de AOD
destinada a educación, pero se nos determos na
dedicada á educación básica (educación primaria,
capacitación básica para mozos, mozas e persoas
adultas e educación á primeira infancia), veremos como
o descenso tamén ten sido
acusado.
Con este descenso, a recomendación da Comisión de
Cooperación do Congreso dos Deputados de destinar
un 8% da AOD bilateral total á educación básica,
compromiso asumido polo anterior Plan Director
(2009-2012), está máis lonxe ca nunca de se cumprir.
Como proba diso, en 2013 só se destinou un 1% da
AOD total á educación básica.
Se no trienio 2007-2009
este subsector recibía o
37 % do total da AOD
bilateral en educación,
no trienio 2011-2013 supuña
un 13,4% do total de AOD dedicada á
educación
©EDUCO
©KateHolt/ActionAid
©AyudaenAcción/SalvaCampillo
9
Que teñen en común unha moza paquistaní musulmá de 17 anos e un home de 60, indio, de relixión
hinduísta? Comparten o premio Nobel da Paz e un soño: que todos os nenos e todas as nenas do
mundo teñan unha educación de calidade. Ela é Malala Yousafzai, internacionalmente coñecida,
quen hai dous anos fora tiroteada polos talibáns mentres se dirixía á escola. Desde entón, é unha
das máis firmes defensoras do dereito á educación. Comezou cedo, aos 11 anos escribindo un
blog baixo pseudónimo na BBC onde escribía sobre a vida no Val de Swat, zona de conflito onde
os talibáns tiñan prohibido ás nenas acudiren á escola.
El é Kailash Sathyarti, activista indio, quen dende hai décadas loita contra a explotación infantil no
seu país. Kailash fundou a Marcha Global contra o Traballo Infantil. que reuniu máis de sete millóns
de persoas en todo o mundo. Tamén está detrás da fundación da Campaña Mundial pola Educa-
ción, e de que a educación fose incluída coma un dereito constitucional na India, concretado nunha
norma que garante dende 2009 o Dereito dos Nenos e das Nenas á Educación Gratuíta e Obri-
gatoria.
O seu activismo comezou cedo, aos 6 anos, cando se deu de conta de que había un neno da súa
idade nas escaleiras do colexio co seu pai. Estaba a limpar e a arranxar calzado, e non entrou á
escola. Sathyarti seguiuno vendo todos os días. Esta era unha escena habitual na súa cidade, pero
un día decidiu preguntarlle ao zapateiro por que o seu fillo non ía ao colexio: “O meu pai era za-
pateiro, coma meu avó. Nacemos para traballar, e o meu fillo tamén”. Ao neno non o convenceu
esa resposta, nin a de seus pais, o seu profesor ou o director da escola, e dende aquela comezou
a defender o dereito á educación para todos os nenos e nenas.
Malala e Kailash son grandes defensores dos dereitos da infancia. Apostan pola educación como
dereito fundamental de todos os nenos e nenas do mundo e como promotora de paz e de xustiza.
Unha educación inclusiva e de calidade combate a pobreza e a desigualdade, promove unha ci-
dadanía crítica e participativa, e inflúe positivamente nos ingresos e no desenvolvemento econó-
mico dos países.
A educación repercute na diminución do traballo infantil, os matrimonios temperáns ou os emba-
razos non desexados. Nos países afectados por conflitos armados, a educación pode xogar un
papel moi relevante en promover unha cultura de paz, educando en valores, tolerancia e convi-
vencia. A educación é a ferramenta máis poderosa para mudar o mundo e convertelo nun lugar
máis xusto, equitativo e sostible. E é que, como di Malala: “Unha nena, unha mestra, un lapis e máis
un libro poden mudar o mundo”.
Malala e Kailash están dispostos a perseguir o seu soño. En palabras de Malala: “O camiño cara
á educación, a paz e a igualdade é longo, pero conseguirémolo se o percorrermos xuntos”.
Oxalá que este Premio Nobel contribúa a colocar a educación nun lugar prioritario das axendas
públicas e que o soño de Malala e Kailash se torne nunha realidade.
* Adaptado do artigo de Valeria Méndez de Vigo publicado no blog 3500 Millones de El País o 23 de outubro de 2014.
10
No ano 2015 vanse establecer dúas novas axendas internacionais. Por un lado, na Conferencia Mundial da
Educación que terá lugar en Corea en maio –auspiciada pola Unesco–, será establecido un novo marco da EPT. Este
evento dará continuidade ao Marco de Acción de Dakar do ano 2000, onde se estableceron os 6 obxectivos da EPT.
Por outro, a Asemblea Xeral da ONU reunirase en Nova York en setembro para renovar os compromisos adquiridos
no ano 2000 nos ODM e estableceranse os novos Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS).
Ambas axendas están nestes momentos en plena construción, e o movemento da CME está tratando de influír nestes
novos compromisos que han ter o 2030 como prazo para o seu cumprimento. Así, a CME avoga por que o Marco do
Desenvolvemento Sostible recolla o seguinte obxectivo referido á educación:
As nosas mensaxes comúns para a construción das
novas axendas en 2015 apóianse nos posicionamentos
das organizacións da campaña, presentes en máis de
100 países, e concrétanse en:
// Os marcos post-2015 deben ter un enfoque baseado
en dereitose abordar a educación ao longo da vida e
non só a primaria.
// Os gobernos non poderán cumprir os obxectivos
actuais ou futuros relativos á calidade da educación se
non existe o marco financeiro e político preciso para
garantir que alumno e alumna teñan un/unha docente
formado/a.
// A educación de calidade post-2015 non debe
centrarse unicamente en acadar un pequeno conxunto
Garantir a educación de calidade
gratuíta, equitativa, inclusiva e a
formación continua para todos e todas.
©Alboan
©AyudaenAcción/SalvaCampillo
11
de indicadores (os resultados dos exames) senón que
tamén debe contemplar que se necesita para ter unha
educación de calidade (docentes, escolas, currículos) e
que é a educción de calidade (contemplando a educación
dos dereitos e a educación para a cidadanía global, a
paz e o desenvolvemento sostible).
// O dereito á educación e os obxectivos existentes e
futuros non se poderán concretar se persiste a enorme
disparidade no acceso e na calidade á educación
debida a cuestións como o xénero, a discapacidade, a
pobreza, o lugar de residencia, a identidade étnica ou
lingüística e outros motores de marxinación e
discriminación.
// Os marcos post-2015 deberán contemplar
explicitamente a equidade.
// Os gobernos e a comunidade internacional
descoidaron durante demasiado tempo as metas sobre
alfabetización e educación das persoas adultas,
negando a millóns de persoas a posibilidade de saíren
da pobreza e a integración plenamente participativa na
sociedade.
// A cidadanía ten un papel moi importante que levar a
cabo no deseño e acompañamento dos novos obxectivos
e indicadores. As organizacións e redes da sociedade civil
teñen tido moito que ver nos progresos dados dende o
ano 2000, e os futuros marcos teñen que recoñecelo e
tomalo como punto de partida.
Tendo en conta todo o anterior, as propostas específicas
da CME en 2015 pretenden que:
// Polo menos 25 gobernos, de xeito individual, asinen, en
liña cos plans de educación nacionais, compromisos
específicos sobre financiamento e políticas que procuren
cumprir con algún dos obxectivos non alcanzados pola
axenda da EPT e nos ODM.
©SergiC´ámara/Entreculturas
©EDUCO
// Os Estados membros da Unesco, reunidos na
Conferencia Mundial da Educación en Corea en maio
de 2015, acorden adoptar un marco da Educación
Para Todos revitalizado e reforzado con vistas ao
período 2015-2030.
// Os Estados membros, reunidos na Asemblea Xeral da
ONU en Nova York en setembro de 2015, acorden un
conxunto de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
post-2015 que inclúan un obxectivo específico sobre
educación.
// Ambos marcos impliquen compromisos de
financiamento, incluíndo o de destinar o 20 % dos
orzamentos nacionais a educación e, cando menos, a
metade desa porcentaxe á educación básica.
// As metas e os indicadores para cada conxunto de
obxectivos estean en liña cunha concepción da
educación ampla e baseada en dereitos, e o logro do
conxunto dos obxectivos educativos.
// Os Estados membros establezan mecanismos
nacionais de seguimento do progreso e do
financiamento necesarios para pór en marcha os dous
marcos.
O goberno español debe comprometerse activamente
na construción de ambas axendas, velando por que a
educación sexa un obxectivo en si mesmo e ocupe un
lugar central na Axenda dos ODS. Ademais, España
debe aumentar a súa contribución en Axuda Oficial ao
Desenvolvemento para Educación, procurando cumprir,
cando menos, coa recomendación da Comisión de
Cooperación do Congreso dos Deputados de destinar
un 8% da AOD bilateral total á educación básica.
* Esta publicación foi producida co apoio da Unión Europea. Os contidos desta publicación son
responsabilidade exclusiva da Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación e non reflicten en
ningún caso a opinión da Unión Europea.
Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:
Coordinación: Leticia Silvela/CECME
Corrección: Patricia Garcés/Ayuda en Acción
Dirección de arte, deseño e ilustracións: Maribel Vázquez
A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:
©EDUCO/ForadeQuadre
Cofinancian:
Este proxecto está financiado
pola Unión Europea*

More Related Content

What's hot

Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celasatelite1
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21vilabarreiro
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015satelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego finalsatelite1
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónsatelite1
 
Sen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundariaSen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundariasatelite1
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20vilabarreiro
 
Día d dereitos infancia
Día d dereitos infanciaDía d dereitos infancia
Día d dereitos infanciaYolanda Castro
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19vilabarreiro
 

What's hot (11)

Intervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da celaIntervención cpi virxe da cela
Intervención cpi virxe da cela
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educaciónCrónica seminario internacional sobre o dereito á educación
Crónica seminario internacional sobre o dereito á educación
 
Sen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundariaSen profes non hai escola secundaria
Sen profes non hai escola secundaria
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
 
Día d dereitos infancia
Día d dereitos infanciaDía d dereitos infancia
Día d dereitos infancia
 
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 

Viewers also liked

Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertasatelite1
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragasatelite1
 
Campo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíaCampo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíasatelite1
 
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalCrónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalsatelite1
 
Mauthausen boal
Mauthausen boalMauthausen boal
Mauthausen boalsatelite1
 
Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015satelite1
 
Crónica especial radiofónico
Crónica especial radiofónicoCrónica especial radiofónico
Crónica especial radiofónicosatelite1
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarramasatelite1
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015satelite1
 
Presentación impact day parte i y ii
Presentación impact day parte i y iiPresentación impact day parte i y ii
Presentación impact day parte i y iisatelite1
 
Silvia roca caminoalaescuela (3)
Silvia roca caminoalaescuela (3)Silvia roca caminoalaescuela (3)
Silvia roca caminoalaescuela (3)satelite1
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015satelite1
 
Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015satelite1
 
Colaboración en tarefas domésticas
Colaboración en tarefas domésticasColaboración en tarefas domésticas
Colaboración en tarefas domésticassatelite1
 
Por cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_homePor cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_homesatelite1
 
Plan director da guardia civil
Plan director da guardia civilPlan director da guardia civil
Plan director da guardia civilsatelite1
 
Genios info-familias
Genios info-familiasGenios info-familias
Genios info-familiassatelite1
 
Cartel e. global
Cartel e. globalCartel e. global
Cartel e. globalsatelite1
 
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilaAlba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilasatelite1
 
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galiciaCrónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galiciasatelite1
 

Viewers also liked (20)

Crónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela abertaCrónica xornada xanela aberta
Crónica xornada xanela aberta
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg braga
 
Campo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofíaCampo de refuxiados sofía
Campo de refuxiados sofía
 
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepalCrónica éxito campaña emerxencia en nepal
Crónica éxito campaña emerxencia en nepal
 
Mauthausen boal
Mauthausen boalMauthausen boal
Mauthausen boal
 
Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015Crónica campaña glorr 2015
Crónica campaña glorr 2015
 
Crónica especial radiofónico
Crónica especial radiofónicoCrónica especial radiofónico
Crónica especial radiofónico
 
Crónica guadarrama
Crónica guadarramaCrónica guadarrama
Crónica guadarrama
 
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
Crónica celebración do vii rastro solidario e operación quilo 2015
 
Presentación impact day parte i y ii
Presentación impact day parte i y iiPresentación impact day parte i y ii
Presentación impact day parte i y ii
 
Silvia roca caminoalaescuela (3)
Silvia roca caminoalaescuela (3)Silvia roca caminoalaescuela (3)
Silvia roca caminoalaescuela (3)
 
Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015Circular rastro solidario marzo 2015
Circular rastro solidario marzo 2015
 
Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015
 
Colaboración en tarefas domésticas
Colaboración en tarefas domésticasColaboración en tarefas domésticas
Colaboración en tarefas domésticas
 
Por cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_homePor cada muller_hai_un_home
Por cada muller_hai_un_home
 
Plan director da guardia civil
Plan director da guardia civilPlan director da guardia civil
Plan director da guardia civil
 
Genios info-familias
Genios info-familiasGenios info-familias
Genios info-familias
 
Cartel e. global
Cartel e. globalCartel e. global
Cartel e. global
 
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochilaAlba 3º listado dos obxectos da mochila
Alba 3º listado dos obxectos da mochila
 
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galiciaCrónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
Crónica obradoiros xuventude e voluntariado xunta de galicia
 

Similar to Posicionamiento gallego final

Pea unesco
Pea unescoPea unesco
Pea unescoLuisa
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a webnosopos
 
Tema 2 espazo público e privado
Tema 2 espazo público e privadoTema 2 espazo público e privado
Tema 2 espazo público e privadomarcendon
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoEva Rey
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024luarodalegre97
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16cacharila
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016AutismoGalicia
 

Similar to Posicionamiento gallego final (20)

Pea unesco
Pea unescoPea unesco
Pea unesco
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
PEA-UNESCO
PEA-UNESCOPEA-UNESCO
PEA-UNESCO
 
RefundicióN
RefundicióNRefundicióN
RefundicióN
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Tema 2 espazo público e privado
Tema 2 espazo público e privadoTema 2 espazo público e privado
Tema 2 espazo público e privado
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvementoProtocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
Protocolo atencion tempera_trastornos_desenvolvemento
 
Ideario
IdearioIdeario
Ideario
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures GalicianInstitutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 
Memoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCMMemoria 2017 ASCM
Memoria 2017 ASCM
 
Memoria 2011
Memoria 2011Memoria 2011
Memoria 2011
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016Revista Autismo Galicia 2016
Revista Autismo Galicia 2016
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Posicionamiento gallego final

  • 1.
  • 2. 2 A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición internacional de ONG, sindicatos do mundo educativo, centros educativos e movementos sociais de todo tipo, comprometidos co dereito á educación. Este movemento nace en 1999 coa finalidade de esixir aos gobernos o cumprimento do dereito á educación de todas as persoas reflectido en practicamente todas as declaracións, foros e cumios internacionais. Con todo, foi a partir do Foro Mundial sobre a Educación, celebrado en abril de 2000 en Dakar (Senegal), cando os gobernos do mundo e representantes das organizacións internacionais resolveron comprometerse a acadar a Educación para Todos e Todas (EPT) en 2015. Este compromiso materializouse en seis obxectivos que están en consonancia cos Obxectivos 2 e 3 de Desenvolvemento do Milenio (ODM), establecidos pola ONU no ano 2000: 1 Estender e mellorar a educación integral da primeira infancia. 2 Velar para que en 2015 todos os nenos e nenas teñan acceso a unha ensinanza primaria gratuíta e obrigatoria de calidade e a rematen. 3 Velar para que as necesidades de aprendizaxe de todas as persoas mozas e adultas sexan atendidas mediante o acceso a programas de preparación para a vida activa. ©AyudaenAcción/SalvaCampillo ©SergiCámara/Entreculturas
  • 3. Un dereito humano fundamental e un ben público, chave para erradicarmos a pobreza e construírmos un mundo equitativo e sostible; Unha ferramenta transformadora que proporciona ás persoas as aptitudes, coñecementos e competencias necesarias para resolver os problemas que se producen a nivel local e mundial, e para contribuír activamente para o desenvolvemento da sociedade; Unha peza fundamental para a consecución dos demais obxectivos de desenvolvemento, entre eles a igualdade de xénero, a saúde, a paz e a sostibilidade medioambiental; Unha responsabilidade fundamental dos estados e unha meta alcanzable se os gobernos achegan os fondos suficientes e mobilizan os recursos necesarios, entre outras vías, a través de sistemas xustos de impostos. 3 ©EducaciónSinFronteras 4 Aumentar nun 50 % o número de persoas adultas alfabetizadas para o ano 2015, especialmente mulleres, e facilitar a todas as persoas o acceso á educación básica e á educación permanente. 5 Eliminar as disparidades entre os sexos na educación primaria e secundaria para o ano 2005 e acadar a igualdade de xénero en educación para 2015, garantíndolle ás nenas o acceso a unha educación básica de boa calidade e un bo rendemento. 6 Mellorar todos os aspectos cualitativos da educación para que todas as persoas consigan bos resultados de aprendizaxe, especialmente en lectura, escritura, aritmética e habilidades básicas para a vida. Dende entón a CME tense concentrado en mobilizar á cidadanía para que esixa aos seus respectivos gobernos e á comunidade internacional que cumpran con estes compromisos. Chegamos ao 2015 e é hora de facermos balance do conseguido e dos desafíos que temos por diante para o seu cumprimento. Máis ca nunca, os membros da CME presentes en máis de cen países compartimos unha visión común sobre o dereito á educación e a fe no seu poder para transformar o mundo e a vida das persoas. ©AyudaenAcción/KatherineArgote
  • 4. 4 Dende 2003, durante a última semana de abril, a CME organiza a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), na que os membros da campaña traballamos conxuntamente para chamar a atención das persoas que ostentan a representación política, membros da comunidade educativa, medios de comunicación e sociedade en xeral sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación básica de calidade. Teñen sido moitos os logros acadados a favor da consecución da EPT en máis dos 100 países nos que a campaña está presente grazas á mobilización da comunidade educativa e da cidadanía. Por exemplo, en Bolivia, un dos maiores logros da Campaña Boliviana polo Dereito á Educación, foi a incorporación á nova lei de educación aprobada en 2010 dalgúns puntos chave da axenda política da campaña. Realizouse unha elaboración participativa de achegas, que grazas á mobilización e á incidencia política realizada, foron incluídas na lei. Un deles é o enfoque intracultural, intercultural e plurilingüe, priorizando as áreas rurais, periurbanas e as rexións fronteirizas do país. En Senegal, a Coalición de Organizacións en Sinerxía pola Defensa da Educación Pública (COSYDEP) foi clave para abolir a contratación ilícita de docentes. A contratación de docentes debería basearse nos méritos e nas necesidades con que se atope o mesmo sistema educativo. Porén, en 1995 foi introducido o "sistema de cotas de seguridade", como un proceso alternativo de contratación de docentes que operaba parello ás estruturas de emprego formais. A través deste sistema, os servizos centrais do Ministerio de Educación contrataban a docentes directamente, en troques de seguir os procedementos formais de ingreso, o que provocaba que os empregos fosen, a miúdo, outorgados como favor político. COSYDEP amosou con forza o seu
  • 5. 5 desacordo con este sistema e, logo de ter realizado investigacións e estudos sobre el, divulgaron os resultados para alertar á sociedade. O debate entre as cotas e as súas graves consecuencias tornáronse un asunto de interese público. Durante a Semana de Acción Mundial, COSYDEP organizou un percorrido por varios distritos para repartir información nas escolas e nas comunidades, e levou a cabo actividades de mobilización con todos os seus membros. Como resultado do activo labor de incidencia e de presión de COSYDEP, o goberno viuse na obriga de tomar medidas e en 2010 o Ministro de Educación confirmou a eliminación dese sistema de contratación. No 2011, o tema central das actividades da CME foi a educación das mulleres e as nenas e os obstáculos que seguen a atopar para o seu acceso á educación. A Coalición Nacional para a Educación no Nepal, participou en La Gran Historia. A través da súa rede de organizacións membro, publicou unha colección de 34 historias de mulleres e nenas que foron recollidas no libro Ma Hunuko Katha (A historia da miña existencia), que foi presentado durante a SAME. O evento fixo posible dar visibilidade aos obstáculos sociais que dificultan o acceso das mulleres e das nenas á educación, e proporcionou un espazo para a discusión sobre a necesidade de que gobernos, sociedade civil e organismos internacionais se esforcen conxuntamente para eliminalos. Foron máis de 100 organizacións as que participaron no evento, que facilitou o intercambio de historias que inspiraron a outras mulleres e nenas que loitan pola súa propia educación. En España, tamén é moito o que se ten conseguido grazas a mobilización dende a primeira edición da SAME no ano 2003. En 2006, baixo o lema Todos os nenos e nenas precisan profesores, nenos e nenas de toda España foron ao Congreso dos Deputados a pedir aos nosos represen- tantes políticos que investisen en educación. Como resultado desta mobilización aprobouse unha proposición non de lei encamiñada a acadar un maior esforzo da cooperación española destinada a educación. No ano 2008, baixo o lema Superemos a exclusión, calidade na educación!, formamos un gran crebacabezas que foi entregado, xunto coas mensaxes elaboradas polas escolas participantes, á Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, quen se comprometeu publicamente a destinar o 8 % da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) á educación básica. ©Entreculturas
  • 6. 6 No ano 2013 o acto estatal da SAME celebrouse no Senado, coa presenza da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e das máis de 50 organizacións que conformamos a CME a nivel territorial. Reivindicamos a necesidade de contar co suficiente número de docentes ben formados e remunerados para tornar real e efectivo o dereito a unha educación de calidade e rachar a fenda da desigualdade. Como resultado do encontro foi aprobada unha moción instando ao goberno a lembrar a importancia das políticas de cooperación para o desenvolvemento na loita contra a pobreza, así como de dar prioridade dentro do sector educativo á “mellora da calidade da educación, a fin de facilitar a apropiación das aprendizaxes, habilidades e competencias básicas dos grupos de poboación máis desfavorecidos e en situación de maior vulnerabilidade”. A través da SAME conseguimos facer visible a importancia da educación no desenvolvemento integral das persoas e as súas comunidades e manter as políticas de cooperación en educación na axenda política en tempos de crise. Este ano tamén nos mobilizaremos a nivel mundial para asegurármonos de que as novas axendas post 2015 –o novo marco da EPT e os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que se establezan a partir dos ODM–, garantan as políticas e financiamento precisas para tornar real e efectivo o dereito á educación universal. Únete á mobilización en www.cme-espana.org. O Grupo Parlamentario Popular no Congreso, ao abeiro do disposto no artigo 193 e ss. do Regu- lamento da Cámara, ten a honra de presentar a seguinte Proposición Non de Lei para acadar un maior esforzo da Cooperación española destinada a aumentar os recursos da educación no mundo para o seu debate na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. As actuacións realizadas a última semana de abril no marco da Campaña Mundial pola Educación, por ONG, sindicatos do mundo educativo, centros de ensino e movementos sociais de todo tipo comprometidos co Dereito á Educación mediante campañas con slogans como: “todos os nenos e nenas precisan profesores”, fannos reflexionar, e dende o Grupo Popular avalamos, que se non existe un número suficiente de profesoras e profesores remunerados, o mundo non poderá acadar os obxectivos da Educación para Todos. O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a: – Seguir impulsando a nosa contribución multilateral da “Iniciativa Vía Rápida de Educación para todos” para cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio en Educación, promovendo que a iniciativa inclúa aos 15 países máis pobres, en especial da África Subsahariana. – Incrementar os fondos da cooperación española destinados á educación básica, de xeito sostible e predicible co obxectivo de tender a acadar o 8 % da Axuda Oficial ao Desenvolvemento de ca- rácter bilateral á educación básica. – Apoiar os plans de atención e formación do profesorado nos países máis desfavorecidos. Ordénase a súa publicación de conformidade co previsto no artigo 97 do Regulamento da Cámara. Palacio do Congreso dos Deputados, 24 de novembro de 2006. P. D. O Secretario Xeral do Congreso dos Deputados, Manuel Alba Navarro.
  • 7. 7 ©ACLO/AyudaenAcción/FernandoTorrico Segundo o Relatorio de Seguimento da EPT no Mundo 2013-2014, publicado pola Unesco, en 2015 non se acadará ningún dos seis obxectivos do Marco de Acción de Dakar, a pesar dos progresos realizados nos últimos anos. Aínda hoxe moitos nenos e nenas continúan sen poderen acceder á atención e educación na súa primeira infancia. Por exemplo, na África Subsahariana só un 18 % pode acceder ao ensino preescolar (Obxectivo 1). En canto á ensinanza primaria universal, o número de nenos e nenas sen escolarizar ascendía a 57 millóns en 2011, a metade dos cales vivían en países afectados por conflitos. Só o 23 % das nenas pobres das zonas rurais da África Subsahariana rematan o ensino primario (Obxectivo 2). Nos países de ingresos baixos, só o 37 % dos e das adolescentes remata o primeiro ciclo da ensinanza secundaria, e esta taxa é mesmo máis baixa (do 14 %) entre os adolescentes máis pobres (Obxectivo 3). Por outra banda, a alfabetización de persoas adultas, apenas ten mellorado, tendo diminuído só nun 1 % dende o ano 2000. Case dous terzos das persoas adultas analfabetas son mulleres (Obxectivo 4). ©Entreculturas
  • 8. 8 Respecto á igualdade de xénero, aínda que se supuña que a paridade se acadaría antes de que rematase 2005, en 2011 só o 60 % dos países tiñan acadado o referido obxectivo na primaria e tan só o 38 % na secundaria (Obxectivo 5). Finalmente, a baixa calidade da educación impide que millóns de nenos e nenas adquiran os coñecementos básicos. Uns 250 millóns de nenos e nenas non están adquirindo as competencias básicas, a pesar de que a metade foron escolarizados polo menos durante catro anos. Esta ineficacia representa un custo anual de case 130.000 millóns de dólares (Obxectivo 6). Con este panorama, as recomendacións do relatorio céntranse de xeito prioritario no escenario post 2015 Neste sentido, reclámase que os novos obxectivos en materia de educación que se vaian adoptar inclúan un compromiso expreso en prol da equidade, de xeito que todos os nenos e nenas dispoñan das mesmas oportunidades de accederen á etapa educativa. Ademais, que aseguren que todos os nenos e nenas estean escolarizados e adquiran os coñecementos básicos, porque non só teñen dereito a estaren escolarizados senón tamén a aprenderen mentres asisten á escola. Tamén se fai unha chamada ao investimento no persoal docente, posto que en case un terzo dos países, menos do 75 % dos mestres e mestras de primaria se formaron seguindo unha formación regrada. Para acadar a equidade, é preciso que os mellores docentes poidan ensinar aos estudantes que máis o necesitan. En canto á contribución da AOD española para educación, a nosa achega ten descendido nos últimos cinco anos case un 86 %, pasando de case 436 millóns en 2008 a algo menos de 62 millóns en 2013. Se atendermos ás cifras relativas, o panorama non é mellor, xa que segundo os números que achega a Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (SGCID), a porcentaxe dedicada á educación da AOD española baixou do 10,4 % en 2011 ao 7 % en 2013. Todas estas cifras refírense ao volume total de AOD destinada a educación, pero se nos determos na dedicada á educación básica (educación primaria, capacitación básica para mozos, mozas e persoas adultas e educación á primeira infancia), veremos como o descenso tamén ten sido acusado. Con este descenso, a recomendación da Comisión de Cooperación do Congreso dos Deputados de destinar un 8% da AOD bilateral total á educación básica, compromiso asumido polo anterior Plan Director (2009-2012), está máis lonxe ca nunca de se cumprir. Como proba diso, en 2013 só se destinou un 1% da AOD total á educación básica. Se no trienio 2007-2009 este subsector recibía o 37 % do total da AOD bilateral en educación, no trienio 2011-2013 supuña un 13,4% do total de AOD dedicada á educación ©EDUCO ©KateHolt/ActionAid ©AyudaenAcción/SalvaCampillo
  • 9. 9 Que teñen en común unha moza paquistaní musulmá de 17 anos e un home de 60, indio, de relixión hinduísta? Comparten o premio Nobel da Paz e un soño: que todos os nenos e todas as nenas do mundo teñan unha educación de calidade. Ela é Malala Yousafzai, internacionalmente coñecida, quen hai dous anos fora tiroteada polos talibáns mentres se dirixía á escola. Desde entón, é unha das máis firmes defensoras do dereito á educación. Comezou cedo, aos 11 anos escribindo un blog baixo pseudónimo na BBC onde escribía sobre a vida no Val de Swat, zona de conflito onde os talibáns tiñan prohibido ás nenas acudiren á escola. El é Kailash Sathyarti, activista indio, quen dende hai décadas loita contra a explotación infantil no seu país. Kailash fundou a Marcha Global contra o Traballo Infantil. que reuniu máis de sete millóns de persoas en todo o mundo. Tamén está detrás da fundación da Campaña Mundial pola Educa- ción, e de que a educación fose incluída coma un dereito constitucional na India, concretado nunha norma que garante dende 2009 o Dereito dos Nenos e das Nenas á Educación Gratuíta e Obri- gatoria. O seu activismo comezou cedo, aos 6 anos, cando se deu de conta de que había un neno da súa idade nas escaleiras do colexio co seu pai. Estaba a limpar e a arranxar calzado, e non entrou á escola. Sathyarti seguiuno vendo todos os días. Esta era unha escena habitual na súa cidade, pero un día decidiu preguntarlle ao zapateiro por que o seu fillo non ía ao colexio: “O meu pai era za- pateiro, coma meu avó. Nacemos para traballar, e o meu fillo tamén”. Ao neno non o convenceu esa resposta, nin a de seus pais, o seu profesor ou o director da escola, e dende aquela comezou a defender o dereito á educación para todos os nenos e nenas. Malala e Kailash son grandes defensores dos dereitos da infancia. Apostan pola educación como dereito fundamental de todos os nenos e nenas do mundo e como promotora de paz e de xustiza. Unha educación inclusiva e de calidade combate a pobreza e a desigualdade, promove unha ci- dadanía crítica e participativa, e inflúe positivamente nos ingresos e no desenvolvemento econó- mico dos países. A educación repercute na diminución do traballo infantil, os matrimonios temperáns ou os emba- razos non desexados. Nos países afectados por conflitos armados, a educación pode xogar un papel moi relevante en promover unha cultura de paz, educando en valores, tolerancia e convi- vencia. A educación é a ferramenta máis poderosa para mudar o mundo e convertelo nun lugar máis xusto, equitativo e sostible. E é que, como di Malala: “Unha nena, unha mestra, un lapis e máis un libro poden mudar o mundo”. Malala e Kailash están dispostos a perseguir o seu soño. En palabras de Malala: “O camiño cara á educación, a paz e a igualdade é longo, pero conseguirémolo se o percorrermos xuntos”. Oxalá que este Premio Nobel contribúa a colocar a educación nun lugar prioritario das axendas públicas e que o soño de Malala e Kailash se torne nunha realidade. * Adaptado do artigo de Valeria Méndez de Vigo publicado no blog 3500 Millones de El País o 23 de outubro de 2014.
  • 10. 10 No ano 2015 vanse establecer dúas novas axendas internacionais. Por un lado, na Conferencia Mundial da Educación que terá lugar en Corea en maio –auspiciada pola Unesco–, será establecido un novo marco da EPT. Este evento dará continuidade ao Marco de Acción de Dakar do ano 2000, onde se estableceron os 6 obxectivos da EPT. Por outro, a Asemblea Xeral da ONU reunirase en Nova York en setembro para renovar os compromisos adquiridos no ano 2000 nos ODM e estableceranse os novos Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS). Ambas axendas están nestes momentos en plena construción, e o movemento da CME está tratando de influír nestes novos compromisos que han ter o 2030 como prazo para o seu cumprimento. Así, a CME avoga por que o Marco do Desenvolvemento Sostible recolla o seguinte obxectivo referido á educación: As nosas mensaxes comúns para a construción das novas axendas en 2015 apóianse nos posicionamentos das organizacións da campaña, presentes en máis de 100 países, e concrétanse en: // Os marcos post-2015 deben ter un enfoque baseado en dereitose abordar a educación ao longo da vida e non só a primaria. // Os gobernos non poderán cumprir os obxectivos actuais ou futuros relativos á calidade da educación se non existe o marco financeiro e político preciso para garantir que alumno e alumna teñan un/unha docente formado/a. // A educación de calidade post-2015 non debe centrarse unicamente en acadar un pequeno conxunto Garantir a educación de calidade gratuíta, equitativa, inclusiva e a formación continua para todos e todas. ©Alboan ©AyudaenAcción/SalvaCampillo
  • 11. 11 de indicadores (os resultados dos exames) senón que tamén debe contemplar que se necesita para ter unha educación de calidade (docentes, escolas, currículos) e que é a educción de calidade (contemplando a educación dos dereitos e a educación para a cidadanía global, a paz e o desenvolvemento sostible). // O dereito á educación e os obxectivos existentes e futuros non se poderán concretar se persiste a enorme disparidade no acceso e na calidade á educación debida a cuestións como o xénero, a discapacidade, a pobreza, o lugar de residencia, a identidade étnica ou lingüística e outros motores de marxinación e discriminación. // Os marcos post-2015 deberán contemplar explicitamente a equidade. // Os gobernos e a comunidade internacional descoidaron durante demasiado tempo as metas sobre alfabetización e educación das persoas adultas, negando a millóns de persoas a posibilidade de saíren da pobreza e a integración plenamente participativa na sociedade. // A cidadanía ten un papel moi importante que levar a cabo no deseño e acompañamento dos novos obxectivos e indicadores. As organizacións e redes da sociedade civil teñen tido moito que ver nos progresos dados dende o ano 2000, e os futuros marcos teñen que recoñecelo e tomalo como punto de partida. Tendo en conta todo o anterior, as propostas específicas da CME en 2015 pretenden que: // Polo menos 25 gobernos, de xeito individual, asinen, en liña cos plans de educación nacionais, compromisos específicos sobre financiamento e políticas que procuren cumprir con algún dos obxectivos non alcanzados pola axenda da EPT e nos ODM. ©SergiC´ámara/Entreculturas ©EDUCO
  • 12. // Os Estados membros da Unesco, reunidos na Conferencia Mundial da Educación en Corea en maio de 2015, acorden adoptar un marco da Educación Para Todos revitalizado e reforzado con vistas ao período 2015-2030. // Os Estados membros, reunidos na Asemblea Xeral da ONU en Nova York en setembro de 2015, acorden un conxunto de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible post-2015 que inclúan un obxectivo específico sobre educación. // Ambos marcos impliquen compromisos de financiamento, incluíndo o de destinar o 20 % dos orzamentos nacionais a educación e, cando menos, a metade desa porcentaxe á educación básica. // As metas e os indicadores para cada conxunto de obxectivos estean en liña cunha concepción da educación ampla e baseada en dereitos, e o logro do conxunto dos obxectivos educativos. // Os Estados membros establezan mecanismos nacionais de seguimento do progreso e do financiamento necesarios para pór en marcha os dous marcos. O goberno español debe comprometerse activamente na construción de ambas axendas, velando por que a educación sexa un obxectivo en si mesmo e ocupe un lugar central na Axenda dos ODS. Ademais, España debe aumentar a súa contribución en Axuda Oficial ao Desenvolvemento para Educación, procurando cumprir, cando menos, coa recomendación da Comisión de Cooperación do Congreso dos Deputados de destinar un 8% da AOD bilateral total á educación básica. * Esta publicación foi producida co apoio da Unión Europea. Os contidos desta publicación son responsabilidade exclusiva da Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación e non reflicten en ningún caso a opinión da Unión Europea. Organizacións que participan na SAME a nivel estatal: Coordinación: Leticia Silvela/CECME Corrección: Patricia Garcés/Ayuda en Acción Dirección de arte, deseño e ilustracións: Maribel Vázquez A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por: ©EDUCO/ForadeQuadre Cofinancian: Este proxecto está financiado pola Unión Europea*