SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Equipo de Educación Infantil
Departamento de Orientación
A ENTRADA NA ESCOLA
O ingreso na escola é todo un acontecemento para os
vosos fillos e fillas. Supón un cambio importante nas
súas vidas, pois, posiblemente, sexa a primeira vez que
se separan da familia para quedar nas mans de persoas
“descoñecidas”
Este período vai influír moito na evolución do neno/a.
Por todo iso, é recomendable que entre todos/as o
preparemos para que transcorra do mellor xeito posible.
O PROGRAMA DE ADAPTACIÓN
Para conseguilo desde o centro desenvolvemos un
programa de adaptación en catro fases:
1ª Fase: Maio. Visita do alumnado novo e das familias
ó centro. Reunión informativa e asistencia ás aulas.
2ª Fase: 6 Setembro -11:30.
Reunión das familias coas titoras.
3ª Fase: 11 Setembro. Período de adaptación
4ª Fase: Incorporación do alumnado en horario normal
a partir do 24 de setembro.
Realización de entrevistas individuais da titora coas
familias.
A NOSA ESCOLA
O Equipo de Educación Infantil está formado por oito
mestras especialistas nesta etapa educativa (seis
titoras e dúas profesoras de apoio). A mestra
especialista en Relixión acudirá unha sesión á semana
para impartir a súa área e ademáis terán dúas sesións
de 30 minutos de inglés coa especialista nese idioma.
O alumnado e o profesorado de Educación Infantil
conta cunha zona no edificio e no patio reservada para
eles sós.
Existen seis aulas, dúas para cada nivel (3, 4 e 5 anos)
e unha aula de psicomotricidade. Os baños están
situados dentro das aulas.
Durante os recreos o alumnado está atendido polo
profesorado de Educación Infantil, apoiado por outro
de primaria.
Durante o ano enviarémosvos folletos ou cartas
informando do que facemos na escola ou pedíndovos a
vosa colaboración.
PREPARÁMONOS
É importante recordar estas orientacións para facilitar
a súa adaptación e a entrada á escola:
 Os nenos/as só saben da escola o que lle
contades vós. Polo tanto procurade falar dela de
forma positiva, evitando frases do tipo :” Xa verás
na escola!” ou “¡Xa te ensinará á mestra!”.
Tampouco covén idealizala, pois vaise producir
unha separación ante a que o neno/a amosará,
nun primeiro momento, preocupación.
 Procurade manter unha actitude contenta e
tranquila. Os nenos/as adiviñan o noso estado de
ánimo. Tedes que entender que a escola vai ser
positiva para eles/as.
Convén facilitar o proceso de desenvolvemento, sobre
todo no referente ós hábitos, o que facilitará o súa
adaptación á nova vida:
 Hábitos de autonomía: intentade que vaian facendo
as cousas por si sos/soas: abotoarse, desabotoarse;
subir e baixar escaleiras, espirse e vestirse (abrigo,
chaqueta, mandilón); subir e baixar pantalóns ,..
 Hábitos de hixiene: ensinádelles a lava-las mans e a
cara, a ir ó baño e limpa-la gota do pis e a caca e a
coller un pano para limpa-los mocos ...Comezade a
retira-lo cueiro (pañal). Non poden vir a escola con el.
 Hábitos de alimentación e saúde: procurade que
coman e beban sos. Debemos ir retirando pouco a
pouco a comida triturada, o chupete e o biberón.
 Horario de durmir: é importante seguir unha rutina
diaria, deitándoo/a a mesma hora (cedo), sobre todo
cerca de setembro. Así, pola mañá, poderá vestirse e
almorzar con tranquilidade.
 Hábitos de orde: insistide en que recollan ós seus
xoguetes e aquelo que desordenen.
¿COMO AXUDAR Ó SEU DESENVOLVEMENTO?
Nós, como pais e nais, axudamos a que os nosos
fillos e fillas vaian medrando e desenvolvéndose.
As seguintes orientacións pódenvos axudar:
 Nestas idades están progresando moito na
linguaxe, por iso procurade falarlles moito utilizando a
“linguaxe dos adultos”, non coma se fose un bebé.
Repetídelles correctamente as palabras que
pronuncian mal.
 A lectura de contos, as cancións, os xogos, ...
son básicos para o seu desenvolvemento.
Aproveitádeos para relacionarvos con eles/elas e
coñecelos/as mellor.
 Dádelles pequenas responsabilidades: recolle-las
súas cousas, recados, ...
 Seguide as orientacións da páxina anterior para
facelos/as máis autónomos.
 Evitade sobrepotexelos/as. Dádelles atención,
coidado, cariño, ... pero non consentilos/as.
 Procurade levalos/as a pasear, a coñecer sitios
novos, así axudarédelles a integrarse cada vez máis
no contorno e a coñecer cousas novas.
 Controlade os programas de T.V. que ven e o
tempo que pasan diante dela.
DE CARA A ENTRADA NO COLEXIO
 Entradas e saídas puntuais (9:00 – 13:50).
Unha vez rematado o período de adaptación os
nenos e nenas entrarán na súa fila.
 Puntualidade: ás 9:05 pecharase a porta.
Pasada esta hora, as entradas faranse pola porta
principal e asinarase en conserxería unha nota de
retraso que se entregará á titora.
 Débense xustificar as faltas, retrasos ou
saídas no horario escolar (asinar xustificante
 Se o neno ou nena e recollido por outra
persoa non habitual deberá comunicarse por escrito
á titora.
 Se hai algunha variación co alumnado de
transporte ou comedor deberá avisarse por escrito,
nunca telefonicamente.
 Hora de titoría: martes de 16:00 – 17:00 con
cita previa.
 Importancia de ter actualizados os teléfonos
de contacto e de que estean OPERATIVOS.
 Roupa cómoda, tipo chandal. Calzado con
velcro. Nin lazos, nin cintos nin bodis.
 Deben traer unha muda completa.
Chamaráselles para que os veñan a cambiar.
 Convén que traian unha mochila mediana sen
rodas co nome posto. Rervisar as mochilas
diariamente xa que van notas e avisos.
 Colocar nos colos das cazadoras e chaquetas
unha cinta ampla co seu nome para poder colgalas
no percheiro.
 Cada neno/nena debe traer unha botella de
auga.

More Related Content

Similar to Folleto acollida para blog

Similar to Folleto acollida para blog (20)

Presentación entrada na escola
Presentación entrada na escolaPresentación entrada na escola
Presentación entrada na escola
 
Benvidos á escola
Benvidos á escola Benvidos á escola
Benvidos á escola
 
Periodo de adaptación
Periodo de adaptaciónPeriodo de adaptación
Periodo de adaptación
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
 
Presentación Entrada Na Escola
Presentación Entrada Na EscolaPresentación Entrada Na Escola
Presentación Entrada Na Escola
 
A entrada na Escola
A entrada na EscolaA entrada na Escola
A entrada na Escola
 
Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
 
Reunión inicio familias
Reunión inicio familiasReunión inicio familias
Reunión inicio familias
 
Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Circularpaisenais2015-16
Circularpaisenais2015-16Circularpaisenais2015-16
Circularpaisenais2015-16
 
Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion Pautas dificultades atencion
Pautas dificultades atencion
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Familia e escola
Familia e escolaFamilia e escola
Familia e escola
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Reunión coas familias
Reunión coas familiasReunión coas familias
Reunión coas familias
 
Folleto ep
Folleto epFolleto ep
Folleto ep
 
NOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOSNOS SEUS ZA-PATOS
NOS SEUS ZA-PATOS
 

More from orientacionjuanadevega (20)

QUE É ESO.pdf
QUE É ESO.pdfQUE É ESO.pdf
QUE É ESO.pdf
 
Para relaxarme fago...
Para relaxarme fago...Para relaxarme fago...
Para relaxarme fago...
 
CESTA MÁXICA 2º C
CESTA MÁXICA 2º CCESTA MÁXICA 2º C
CESTA MÁXICA 2º C
 
CESTA MÁXICA 2º B
CESTA MÁXICA 2º BCESTA MÁXICA 2º B
CESTA MÁXICA 2º B
 
CESTA MÁXICA 2º A
CESTA MÁXICA 2º ACESTA MÁXICA 2º A
CESTA MÁXICA 2º A
 
Tabla eva solaz post confinamiento infantil
Tabla eva solaz post confinamiento infantilTabla eva solaz post confinamiento infantil
Tabla eva solaz post confinamiento infantil
 
Empatia en-cuarentena
Empatia en-cuarentenaEmpatia en-cuarentena
Empatia en-cuarentena
 
Que tus emociones no queden confinadas
Que tus emociones no queden confinadasQue tus emociones no queden confinadas
Que tus emociones no queden confinadas
 
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentenaAtencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
 
Historia social fases_de_desescalada_coronavirus
Historia social fases_de_desescalada_coronavirusHistoria social fases_de_desescalada_coronavirus
Historia social fases_de_desescalada_coronavirus
 
Na casa
Na casaNa casa
Na casa
 
Emocrea
EmocreaEmocrea
Emocrea
 
Biscoito chocolate cunca
Biscoito chocolate cuncaBiscoito chocolate cunca
Biscoito chocolate cunca
 
Flor papiroflexia
Flor papiroflexiaFlor papiroflexia
Flor papiroflexia
 
Que e eso
Que e esoQue e eso
Que e eso
 
Decide t
Decide tDecide t
Decide t
 
Que me pasa
Que me pasaQue me pasa
Que me pasa
 
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
 
En familia olgadedios_cc
En familia olgadedios_ccEn familia olgadedios_cc
En familia olgadedios_cc
 
Conzentrate e infantil
Conzentrate e infantilConzentrate e infantil
Conzentrate e infantil
 

Folleto acollida para blog

  • 1. Equipo de Educación Infantil Departamento de Orientación
  • 2. A ENTRADA NA ESCOLA O ingreso na escola é todo un acontecemento para os vosos fillos e fillas. Supón un cambio importante nas súas vidas, pois, posiblemente, sexa a primeira vez que se separan da familia para quedar nas mans de persoas “descoñecidas” Este período vai influír moito na evolución do neno/a. Por todo iso, é recomendable que entre todos/as o preparemos para que transcorra do mellor xeito posible. O PROGRAMA DE ADAPTACIÓN Para conseguilo desde o centro desenvolvemos un programa de adaptación en catro fases: 1ª Fase: Maio. Visita do alumnado novo e das familias ó centro. Reunión informativa e asistencia ás aulas. 2ª Fase: 6 Setembro -11:30. Reunión das familias coas titoras. 3ª Fase: 11 Setembro. Período de adaptación 4ª Fase: Incorporación do alumnado en horario normal a partir do 24 de setembro. Realización de entrevistas individuais da titora coas familias.
  • 3. A NOSA ESCOLA O Equipo de Educación Infantil está formado por oito mestras especialistas nesta etapa educativa (seis titoras e dúas profesoras de apoio). A mestra especialista en Relixión acudirá unha sesión á semana para impartir a súa área e ademáis terán dúas sesións de 30 minutos de inglés coa especialista nese idioma. O alumnado e o profesorado de Educación Infantil conta cunha zona no edificio e no patio reservada para eles sós. Existen seis aulas, dúas para cada nivel (3, 4 e 5 anos) e unha aula de psicomotricidade. Os baños están situados dentro das aulas. Durante os recreos o alumnado está atendido polo profesorado de Educación Infantil, apoiado por outro de primaria. Durante o ano enviarémosvos folletos ou cartas informando do que facemos na escola ou pedíndovos a vosa colaboración.
  • 4. PREPARÁMONOS É importante recordar estas orientacións para facilitar a súa adaptación e a entrada á escola:  Os nenos/as só saben da escola o que lle contades vós. Polo tanto procurade falar dela de forma positiva, evitando frases do tipo :” Xa verás na escola!” ou “¡Xa te ensinará á mestra!”. Tampouco covén idealizala, pois vaise producir unha separación ante a que o neno/a amosará, nun primeiro momento, preocupación.  Procurade manter unha actitude contenta e tranquila. Os nenos/as adiviñan o noso estado de ánimo. Tedes que entender que a escola vai ser positiva para eles/as.
  • 5. Convén facilitar o proceso de desenvolvemento, sobre todo no referente ós hábitos, o que facilitará o súa adaptación á nova vida:  Hábitos de autonomía: intentade que vaian facendo as cousas por si sos/soas: abotoarse, desabotoarse; subir e baixar escaleiras, espirse e vestirse (abrigo, chaqueta, mandilón); subir e baixar pantalóns ,..  Hábitos de hixiene: ensinádelles a lava-las mans e a cara, a ir ó baño e limpa-la gota do pis e a caca e a coller un pano para limpa-los mocos ...Comezade a retira-lo cueiro (pañal). Non poden vir a escola con el.  Hábitos de alimentación e saúde: procurade que coman e beban sos. Debemos ir retirando pouco a pouco a comida triturada, o chupete e o biberón.  Horario de durmir: é importante seguir unha rutina diaria, deitándoo/a a mesma hora (cedo), sobre todo cerca de setembro. Así, pola mañá, poderá vestirse e almorzar con tranquilidade.
  • 6.  Hábitos de orde: insistide en que recollan ós seus xoguetes e aquelo que desordenen. ¿COMO AXUDAR Ó SEU DESENVOLVEMENTO? Nós, como pais e nais, axudamos a que os nosos fillos e fillas vaian medrando e desenvolvéndose. As seguintes orientacións pódenvos axudar:  Nestas idades están progresando moito na linguaxe, por iso procurade falarlles moito utilizando a “linguaxe dos adultos”, non coma se fose un bebé. Repetídelles correctamente as palabras que pronuncian mal.  A lectura de contos, as cancións, os xogos, ... son básicos para o seu desenvolvemento. Aproveitádeos para relacionarvos con eles/elas e coñecelos/as mellor.  Dádelles pequenas responsabilidades: recolle-las súas cousas, recados, ...  Seguide as orientacións da páxina anterior para facelos/as máis autónomos.  Evitade sobrepotexelos/as. Dádelles atención, coidado, cariño, ... pero non consentilos/as.  Procurade levalos/as a pasear, a coñecer sitios novos, así axudarédelles a integrarse cada vez máis no contorno e a coñecer cousas novas.  Controlade os programas de T.V. que ven e o tempo que pasan diante dela.
  • 7. DE CARA A ENTRADA NO COLEXIO  Entradas e saídas puntuais (9:00 – 13:50). Unha vez rematado o período de adaptación os nenos e nenas entrarán na súa fila.  Puntualidade: ás 9:05 pecharase a porta. Pasada esta hora, as entradas faranse pola porta principal e asinarase en conserxería unha nota de retraso que se entregará á titora.  Débense xustificar as faltas, retrasos ou saídas no horario escolar (asinar xustificante  Se o neno ou nena e recollido por outra persoa non habitual deberá comunicarse por escrito á titora.  Se hai algunha variación co alumnado de transporte ou comedor deberá avisarse por escrito, nunca telefonicamente.  Hora de titoría: martes de 16:00 – 17:00 con cita previa.  Importancia de ter actualizados os teléfonos de contacto e de que estean OPERATIVOS.  Roupa cómoda, tipo chandal. Calzado con velcro. Nin lazos, nin cintos nin bodis.  Deben traer unha muda completa. Chamaráselles para que os veñan a cambiar.  Convén que traian unha mochila mediana sen rodas co nome posto. Rervisar as mochilas diariamente xa que van notas e avisos.  Colocar nos colos das cazadoras e chaquetas unha cinta ampla co seu nome para poder colgalas no percheiro.
  • 8.  Cada neno/nena debe traer unha botella de auga.