SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Arnoia, Arnoia de Xosé Luis Méndez Ferrín
O autor desta obra, Xosé Luis Méndez Ferrín nace o 7 de agosto de 1938
en Ourense. Durante toda a súa vida exerceu activamente un labor
político e social a prol da defensa do galego e da independencia de
Galiza. Comezou formando parte do grupo Brais Pinto, foi fundador da
UPG (polo que foi detido en 1967) e actualmente é membro destacado
da FPG. No eido literario é recoñecido como un dos referentes da
literatura galega contemporánea cunha obra prolífica tanto na narrativa
(Percival e outras historias) coma na poesía (Con Pólvora e Magnolias),
así como con numerosos ensaios. Foi proposto para o Nobel de
Literatura.
A obra que nos ocupa, Arnoia, Arnoia,foi publicada en 1985; é unha novela
breve, e está orientada cara ao público xuvenil. Foi incluída na Lista de Honra
do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil). O libro está
dividido en 8 capítulos cunha estrutura que se caracteriza pola presentación
dun problema e a posterior resolución do mesmo. A historia que se nos
presenta é a de Nmógadah, un Príncipe Segredo das terras de Arnoia.
Nmógadah realiza unha viaxe de retorno, pois unha cruenta guerra civil
afastouno da súa terra. Co mestre Lionel percorre as terras de Tagen Ata, ao
tempo que vivie numerosas aventuras e escapa dos perigos dunha viaxe de
tales características, aínda que o final lle depara unha sorpresa de logrado
efectismo para o lector.
Capítulo 1: “O Libredón”: Nmógadah é apresado polos policías Montaos
tras o asasinato da súa nai, Mai Loretta. Estes lévano ata unha pousada en
Armenia onde é encarcerado cun castrón co poder de comunicarse
mentalmente, chamado Mestre Lionel, que lle brinda a súa axuda. Xunto con
el consegue fuxir da prisión grazas a que se decata de que ten unha estrela na
man: o Libredón, que lle permite atravesar a parede.
Capítulo 2: “O enigma de Hannak Oberzen”: Nmógadah e o mestre Lionel
atópanse cunha raza de xigantes, os Leabertkolm. No seu castelo son
apresados, e para poder ser liberados deben solucionar unha adiviña que lles
propón o rei dos xigantes, Hannak Oberzen. Soluciónana mais, ao facelo, un
Príncipe Segredo de dezaseis anos como Nmógadah, Oberzen, enfurece e
carga contra eles coa súa ollada de lume, poder que o fixo rei, aínda que
grazas ao mestre deron escapado.
Capítulo 3: “Milmanda”: Tras disto conseguen ir á selva de Brocelandia,
onde se atopan con Grutanka que é en realidade Percival, un cabaleiro fillo
dun deus vello. Este ensínalles onde se atopa a espada máxica Milmanda. Está
nunha fonte onde hai unha estatua dunha dama da que Nmógadah se namora.
Pero caen nunha trampa.
Capítulo 4: “Ronaldo Macsen”: Os Grou, unha tribo de mineiros, aprésanos,
desármanos e sepáranos. Nmógadah é obrigado a traballar de mineiro na busca
da Trabe de Ouro dos Profundos que os Grou levan buscando séculos. Pero
grazas a unha mensaxe do Mestre Lionel coñece a Ronaldo Macsen, outro
preso, líder dun grupo de escravos que alenta unha revolución entre os seus e
que remata cos Grou.
Capítulo 5: “As Palabras Retorneadas”: Logo viaxan nunha caravana dos
Outigulam que se dirixe a Lee Poeirento, a seguir a ruta do Sol. Nunha parada,
o ex-oficial Brandaberis cítalle a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que
non debe esquecer, xa que o acompañarán toda a vida.
Capítulo 6: “La Burla Negra”: Ao chegaren a Fisterra, Mestre Lionel e
Nmógadah abandonan a caravana dos Outigulam e conseguen unha
embarcación para ir a Arnoia, a terra de Nmógadah. Este descobre que a filla
morta do capitán , Calpurni Abana, era a rapariga da fonte. Entón o primeiro
oficial Amadou arma un motín e bota a Nmógadah e Mestre Lionel do barco,
deixándoos á deriva.
Capítulo 7: “Poder de damas mortas”: Espertan enriba dunha aguia xigante,
esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas
mortas, Finechrinn, chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor
Chunnilain, mentres que Mestre Lionel e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo
que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos
Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das
Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o
efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que os enfronta contra as
Finechrinn. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas
Finechrinn (que Nmógadah mata coa Milmanda).
Capítulo 8: “As camelias do Regreso”: Despídense os protagonistas e cada
un colle unha das camelias do regreso, que os levarán aos seus respectivos
destinos. Porén cando Nmógadah toma a súa crendo que volverá a Arnoia,
equivócase, xa que nunca houbo tal Arnoia e el mesmo deixa de ser un
Príncipe Segredo. O significado de ser Príncipe segredo é en realidade a
infancia e a historia fora soñada por un rapaz a noite antes de cumprir os
dezasete anos.
Canto ao contido, os temas principais que se tratan no libro son recorrentes na
súa obra: a política, moitas veces metaforizada no mundo fantástico que nace
do imaxinario do autor, está moi presente no libro, que é un reflexo da
sociedade galega durante a ditadura. É obvia a relación directa entre a guerra
que confronta os pobos de Tagen Ata e a guerra civil española, así como a
existencia de diferentes grupos opresores ou o encarceramento de Nmógadah,
que pode ser unha referencia á propia vida do autor. A madurez tamén está
moi presente na historia, Nmógadah depende da súa nai, Mai Loretta, e tras a
súa morte (e a través das aventuras que vai vivindo) evoluciona cara á
madurez, cada perigo que supera é unha marca de autosuficiencia que se
transforma (no final do libro) na metáfora da infancia e do paso cara a unha
etapa da vida máis complicada.
No plano formal, o estilo que emprega o autor nesta obra é característico da
súa produción literaria. Unha linguaxe moi refinada, chea de símbolos e cunha
adxectivación exquisita; aínda así, utiliza moitos dialectalismos e expresións
propias da lingua falada.
A través da creación do mundo fantástico (herdeiro de Cunqueiro) é capaz de
brindarlle á toponimia fantástica un novo valor, ao mesturala coa real
(Arnoia, Allariz, Fisterra) para facerlle pensar ao lector que está nun mundo
moi semellante ao real e achegar así a liña entre o onírico e a realidade. Con
todo, a creación do mundo literario de Ferrín está estreitamente ligado á
intertextualidade entre as súas obras e a materia de Bretaña, así como coa
literatura universal e a mitoloxía ao longo da historia. En Nmógadah vemos o
arquetipo de heroe, un rapaz que ten capacidades extraordinarias innatas
(simbolizadas no Libredón), que lle dan o poder de enfrontar calquera tipo de
obstáculo na súa viaxe, así como de resolver adiviñas coa súa admirable
intelixencia (coma Edipo). A viaxe permite ao heroe ir evolucionando e
conformando unha especie de metamorfose que se traduce nun final
sobrenatural. Tamén se observa na estatua de Brocelianda (o amor platónico
do protagonista) a fusión de Eros e Tánatos, o amor ameazador para
Nmógadah que será despois obxecto da trampa mortal en Francastel, polo que
terá que renunciar ao amor para continuar co periplo do heroe. En canto á
materia de Bretaña vese o paralelismo entre Nmógadah e o rei Artur tanto
pola súa condición de heroes como polo achado da espada Milmanda
(Escalibor), espada custodiada polo cabaleiro negro, é dicir, Perceval
(cabaleiro da táboa redonda do Ciclo Artúrico). Será o bosque de Brocelianda
onde se atopen uns petróglifos que conectan coa mitoloxía celta e mediante a
descrición que se dá tamén conecta co relato “Percival” do propio Ferrín. O
feito de que a narración sexa un soño está nos relatos do Mabinogion galés e o
ataque do Rei Leabertkom é similar aos contos bretóns medievais, polo que se
observa que a obra está chea de referencias e que é un exercicio de cohesión
entre o imaxinario de varias culturas.
Na miña opinión, este é un libro xenial para introducirse á obra de Ferrín e ao
seu mundo fantástico, é moi agradable de ler, engancha e, como se pode
observar, ten moitas referencias a outras culturas que enriquecen moito a
lectura e recoméndoo especialmente a quen lle guste a literatura fantástica ou a
quen se queira introducir nela. Persoalmente faría un paralelismo entre o
Hobbit de J.R.R. Tolkien e Arnoia, Arnoia como historia introdutora do
universo imaxinado do autor así como súmmum do seu estilo literario que
confirma o talle de Ferrín como pluma egrexia da literatura galega e universal.
Serxio García 2ºBACH C

More Related Content

What's hot

Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRemoeaLinguaLinguaGa
 
Recensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moecheRecensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moecheRemoeaLinguaLinguaGa
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casaressenior.udc
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativarevoltadafreixa
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro
 Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro
Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela TeatroMarlou
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Olga Lalín
 

What's hot (20)

Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
 
Elena Poniatowska
Elena PoniatowskaElena Poniatowska
Elena Poniatowska
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Recensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moecheRecensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moeche
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
O contador de estrelas
O contador de estrelasO contador de estrelas
O contador de estrelas
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro
 Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro
Blanco-Amor, A esmorga e Sarabela Teatro
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 

Similar to Arnoia arnoia

Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseis
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Bibliotecadicoruna
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 

Similar to Arnoia arnoia (20)

Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
A narrativa na ditadura
A narrativa na ditaduraA narrativa na ditadura
A narrativa na ditadura
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Reckless
RecklessReckless
Reckless
 

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 

Arnoia arnoia

  • 1. Arnoia, Arnoia de Xosé Luis Méndez Ferrín O autor desta obra, Xosé Luis Méndez Ferrín nace o 7 de agosto de 1938 en Ourense. Durante toda a súa vida exerceu activamente un labor político e social a prol da defensa do galego e da independencia de Galiza. Comezou formando parte do grupo Brais Pinto, foi fundador da UPG (polo que foi detido en 1967) e actualmente é membro destacado da FPG. No eido literario é recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea cunha obra prolífica tanto na narrativa (Percival e outras historias) coma na poesía (Con Pólvora e Magnolias), así como con numerosos ensaios. Foi proposto para o Nobel de Literatura.
  • 2. A obra que nos ocupa, Arnoia, Arnoia,foi publicada en 1985; é unha novela breve, e está orientada cara ao público xuvenil. Foi incluída na Lista de Honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil). O libro está dividido en 8 capítulos cunha estrutura que se caracteriza pola presentación dun problema e a posterior resolución do mesmo. A historia que se nos presenta é a de Nmógadah, un Príncipe Segredo das terras de Arnoia. Nmógadah realiza unha viaxe de retorno, pois unha cruenta guerra civil afastouno da súa terra. Co mestre Lionel percorre as terras de Tagen Ata, ao tempo que vivie numerosas aventuras e escapa dos perigos dunha viaxe de tales características, aínda que o final lle depara unha sorpresa de logrado efectismo para o lector. Capítulo 1: “O Libredón”: Nmógadah é apresado polos policías Montaos tras o asasinato da súa nai, Mai Loretta. Estes lévano ata unha pousada en Armenia onde é encarcerado cun castrón co poder de comunicarse mentalmente, chamado Mestre Lionel, que lle brinda a súa axuda. Xunto con el consegue fuxir da prisión grazas a que se decata de que ten unha estrela na man: o Libredón, que lle permite atravesar a parede. Capítulo 2: “O enigma de Hannak Oberzen”: Nmógadah e o mestre Lionel atópanse cunha raza de xigantes, os Leabertkolm. No seu castelo son apresados, e para poder ser liberados deben solucionar unha adiviña que lles propón o rei dos xigantes, Hannak Oberzen. Soluciónana mais, ao facelo, un Príncipe Segredo de dezaseis anos como Nmógadah, Oberzen, enfurece e carga contra eles coa súa ollada de lume, poder que o fixo rei, aínda que grazas ao mestre deron escapado. Capítulo 3: “Milmanda”: Tras disto conseguen ir á selva de Brocelandia, onde se atopan con Grutanka que é en realidade Percival, un cabaleiro fillo dun deus vello. Este ensínalles onde se atopa a espada máxica Milmanda. Está nunha fonte onde hai unha estatua dunha dama da que Nmógadah se namora. Pero caen nunha trampa. Capítulo 4: “Ronaldo Macsen”: Os Grou, unha tribo de mineiros, aprésanos, desármanos e sepáranos. Nmógadah é obrigado a traballar de mineiro na busca da Trabe de Ouro dos Profundos que os Grou levan buscando séculos. Pero grazas a unha mensaxe do Mestre Lionel coñece a Ronaldo Macsen, outro preso, líder dun grupo de escravos que alenta unha revolución entre os seus e que remata cos Grou. Capítulo 5: “As Palabras Retorneadas”: Logo viaxan nunha caravana dos Outigulam que se dirixe a Lee Poeirento, a seguir a ruta do Sol. Nunha parada, o ex-oficial Brandaberis cítalle a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que non debe esquecer, xa que o acompañarán toda a vida.
  • 3. Capítulo 6: “La Burla Negra”: Ao chegaren a Fisterra, Mestre Lionel e Nmógadah abandonan a caravana dos Outigulam e conseguen unha embarcación para ir a Arnoia, a terra de Nmógadah. Este descobre que a filla morta do capitán , Calpurni Abana, era a rapariga da fonte. Entón o primeiro oficial Amadou arma un motín e bota a Nmógadah e Mestre Lionel do barco, deixándoos á deriva. Capítulo 7: “Poder de damas mortas”: Espertan enriba dunha aguia xigante, esta lévaos onda Calpurnia Abana, que está no pazo de cristal das damas mortas, Finechrinn, chamado Francastel. Ela droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Mestre Lionel e Xamirás Kaebr foxen de alí, intuíndo que algo non vai ben. Van á Serra da Boa Esperanza ou Delourabana, terra dos Hirr Henn Ys, que lles certifican que Nmógadah está nunha trampa das Finechrinn, pero que o poden salvar grazas aos seus pexegos, que anulan o efecto das Chunnilain. Así entran nun conflito que os enfronta contra as Finechrinn. Finalmente conseguen liberar a Nmógadah e acabar coas Finechrinn (que Nmógadah mata coa Milmanda). Capítulo 8: “As camelias do Regreso”: Despídense os protagonistas e cada un colle unha das camelias do regreso, que os levarán aos seus respectivos destinos. Porén cando Nmógadah toma a súa crendo que volverá a Arnoia, equivócase, xa que nunca houbo tal Arnoia e el mesmo deixa de ser un Príncipe Segredo. O significado de ser Príncipe segredo é en realidade a infancia e a historia fora soñada por un rapaz a noite antes de cumprir os dezasete anos. Canto ao contido, os temas principais que se tratan no libro son recorrentes na súa obra: a política, moitas veces metaforizada no mundo fantástico que nace do imaxinario do autor, está moi presente no libro, que é un reflexo da sociedade galega durante a ditadura. É obvia a relación directa entre a guerra que confronta os pobos de Tagen Ata e a guerra civil española, así como a existencia de diferentes grupos opresores ou o encarceramento de Nmógadah, que pode ser unha referencia á propia vida do autor. A madurez tamén está moi presente na historia, Nmógadah depende da súa nai, Mai Loretta, e tras a súa morte (e a través das aventuras que vai vivindo) evoluciona cara á madurez, cada perigo que supera é unha marca de autosuficiencia que se transforma (no final do libro) na metáfora da infancia e do paso cara a unha etapa da vida máis complicada. No plano formal, o estilo que emprega o autor nesta obra é característico da súa produción literaria. Unha linguaxe moi refinada, chea de símbolos e cunha adxectivación exquisita; aínda así, utiliza moitos dialectalismos e expresións propias da lingua falada.
  • 4. A través da creación do mundo fantástico (herdeiro de Cunqueiro) é capaz de brindarlle á toponimia fantástica un novo valor, ao mesturala coa real (Arnoia, Allariz, Fisterra) para facerlle pensar ao lector que está nun mundo moi semellante ao real e achegar así a liña entre o onírico e a realidade. Con todo, a creación do mundo literario de Ferrín está estreitamente ligado á intertextualidade entre as súas obras e a materia de Bretaña, así como coa literatura universal e a mitoloxía ao longo da historia. En Nmógadah vemos o arquetipo de heroe, un rapaz que ten capacidades extraordinarias innatas (simbolizadas no Libredón), que lle dan o poder de enfrontar calquera tipo de obstáculo na súa viaxe, así como de resolver adiviñas coa súa admirable intelixencia (coma Edipo). A viaxe permite ao heroe ir evolucionando e conformando unha especie de metamorfose que se traduce nun final sobrenatural. Tamén se observa na estatua de Brocelianda (o amor platónico do protagonista) a fusión de Eros e Tánatos, o amor ameazador para Nmógadah que será despois obxecto da trampa mortal en Francastel, polo que terá que renunciar ao amor para continuar co periplo do heroe. En canto á materia de Bretaña vese o paralelismo entre Nmógadah e o rei Artur tanto pola súa condición de heroes como polo achado da espada Milmanda (Escalibor), espada custodiada polo cabaleiro negro, é dicir, Perceval (cabaleiro da táboa redonda do Ciclo Artúrico). Será o bosque de Brocelianda onde se atopen uns petróglifos que conectan coa mitoloxía celta e mediante a descrición que se dá tamén conecta co relato “Percival” do propio Ferrín. O feito de que a narración sexa un soño está nos relatos do Mabinogion galés e o ataque do Rei Leabertkom é similar aos contos bretóns medievais, polo que se observa que a obra está chea de referencias e que é un exercicio de cohesión entre o imaxinario de varias culturas. Na miña opinión, este é un libro xenial para introducirse á obra de Ferrín e ao seu mundo fantástico, é moi agradable de ler, engancha e, como se pode observar, ten moitas referencias a outras culturas que enriquecen moito a lectura e recoméndoo especialmente a quen lle guste a literatura fantástica ou a quen se queira introducir nela. Persoalmente faría un paralelismo entre o Hobbit de J.R.R. Tolkien e Arnoia, Arnoia como historia introdutora do universo imaxinado do autor así como súmmum do seu estilo literario que confirma o talle de Ferrín como pluma egrexia da literatura galega e universal. Serxio García 2ºBACH C