1. O CONTADOR DE ESTRELAS
Santiago Jaureguízar
Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, vive na actualidade en Lugo. Este
escritor e xornalista traballa no xornal El Progreso. No ano 2005 obtivo o
Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo
Provincial. Pertence ao movemento Bravá. Foi pioneiro na introdución da
literatura galega na rede, con proxectos como: Familia feliz en Vieiros. Son
obras súas: As horas sucias, Casa Skylab ou O Globo de Sheakespeare. E en
canto á narrativa xuvenil: Todo a cen, Salitre, A cova das vacas mortas,
Corazón de chocolate, etc. Ten unha obra de teatro: Estación Mir.
O contador de estrelas narra a historia dunha rapaza de quince anos, Antía,
que debe acompañar a súa nai, Rosa, quen vai ir traballar como responsable
da emisora no Servizo Antilumes durante o verán. As vacacións de Antía
prometen ser aburridas e monótonas, a pasar as tardes lendo e xogando á
Nintendo na cafetería do aeródromo. Pero todo cambia cando coñece a
Enver, un mozo apaixonado pola astronomía. Entre eles xorde unha relación
moi especial: comezan a verse a miúdo e a quedar polas noites nunha torre de
control abandonada na que el lle ensina moitas cousas sobre as estrelas e o
espazo. O gran soño de Antía é aprender a voar para cruzar o Atlántico e
volver atoparse co seu pai. Entón pídelle a Enver, con amplos coñecementos
sobre aeronáutica, que lle ensine a pilotar.
Así pois, o tema fundamental desta novela é o amor, pois entre Antía e
Enver xorde unha relación romántica, platónica, de admiración. Antía así o
manifesta ao longo da novela e Enver escríbeo ao final nunha carta. En ningún
momento existe entre eles unha relación amorosa física, non hai bicos nin
declaracións, é o amor como sentimento.
Outra maneira distinta de amor é a que existe entre os pais de Antía. O pai
era piloto, pero debido á presión do seu traballo e da súa muller, comezou a
beber e bater en Rosa. Isto deu na súa separación tendo Antía só cinco anos,
aínda que ambos se seguían amando. Trátase dun amor roto e perdido.
2. Destaco tamén o amor nai-filla: como Rosa loita por sacar a Antía adiante a
pesar das dificultades que o abandono do seu pai supuxera, e como lle oculta
á nena o negro pasado co seu pai. Un amor filial.
E o amor non correspondido, que é o que hai entre Antía e Nito: Nito
desexa que Antía sexa a súa moza, Antía rexéitao sempre.
Podo dicir entón que o amor se ve reflectido de moitas maneiras nesta
historia.
En canto á estrutura da novela, esta divídese en dúas partes que
corresponden aos meses de xullo e agosto; cada unha delas consta de dez
capítulos, en total vinte e un, que van desenvolvendo a presentación, nó e
desenlace da historia.
Os personaxes deste libro poderíanse incluír en dous grupos diferentes:
por unha banda os mozos e, por outra, os adultos; todos teñen problemas e
relacións acordes ás súas idades e situacións.
Como xa dixen, o personaxe principal é Antía, unha adolescente que soña
con ser piloto de avións, feita una lea coa súa vida amorosa: ten por unha
parte a Enver, un misterioso mecánico albanés de dezaoito anos ao que lle
apaixonan as estrelas e o universo, loiro de ollos azuis e moi atractivo en
opinión de Antía. E polo outro, a Nito, un mozo inmaduro que deixara os
estudos para traballar como repartidor en “pizzamóbil”. Enver cóntalle
cousas sobre as persoas, as estrelas, que provén do espazo exterior e ten
encomendada unha misión especial, etc. Mentres que Nito só lle ofrece
quedadas aburridas .
A nai de Antía, Rosa, é encargada da emisora no Servizo Antilumes. Unha
nai moi preocupada e pendente da súa filla, sempre procurando o seu
benestar. Atópase algo soa e comeza a sentirse atraída por Romar, un piloto
serbio, xefe de Enver, que amosa unha actitude despectiva e inxusta cara a
el.
3. Outro personaxe importante é o pai de Antía, un home “cuspidiño a ela”,
boa persoa segundo Rosa, pero que tivo mala sorte. Despois de anos
desaparecido para Antía, reaparece na súa vida unha noite que foxe con
Enver a Ribadeo, a beber nun pub. Xa estivera no cárcere por mor dun
despiste que tivera un día de néboa e rematara coa vida dun fotógrafo. E
volve entrar na cadea xa que resultou ser o famoso Piloto Vermello que
andaba a prender lumes e poñendo en perigo persoas e vivendas, na súa
avioneta vermella, cheo de carraxe ao coñecer que a súa ex-muller (á que
aínda quería) estaba comezando a manter unha relación sentimental con
Romar. Despois de ser un home de éxito, pasa a ser un fracasado.
No libro predomina a narración sobre a descrición: abundan os verbos, o
diálogo…
O relato está narrado en terceira persoa, narrador omnisciente, que conta
centrándose en Antía, cunha linguaxe doada de entender, coloquial e sen
vocabulario nin expresión complexos.
A acción transcorre ao longo dos dous meses dun verán da actualidade.
Apréciase nalgúns comentarios que se fan, como a Nintendo de Antía. Os
feitos sitúanse concretamente no aeródromo de Rozas, Lugo, agás unha noite
na que Enver e Antía foxen a Ribadeo.
A historia gustoume moito porque a temática que trata me resulta próxima
e Antía podería ser unha das miñas amigas. Ademais, este libro paréceme
moi sinxelo e doado de ler. Así pois, a lectura de O contador de estrelas foi
unha boa elección.
SARA MÍGUEZ PAIS
2º ESO B