SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
O segredo de Marco Polo
de Francisco Castro
Francisco Castro (Vigo, 1966) despois de dedicarse ao ensino durante
uns 20 anos, agora traballa como escritor e editor na editorial
Galaxia. Autor de varias obras para adultos premiadas como a obra
Spam (premio Blanco Amor 2005) ou As palabras da néboa (premio
García Barros 2007); tamén conseguiu galardóns en novelas infantís
como Un bosque cheo de faias e O ceo dos afogados (as dúas premio
Frei Martín Sarmiento).
Esta novela sitúase na república de Venecia do século XIII. O segredo
de Marco Polo conta a historia dun soldado veneciano que ama en
segredo a principessa. Esta foi acollida na casa do Dogo porque os
seus pais morreran, pero non é princesa. A pesar de ser fillo do Primo
Xeneral e, polo tanto, estar relacionado co Dogo, sabe que este
enlace non é posible; pois a principessa xa está comprometida. Aínda
así, e superando os obstáculos que lle saen ao camiño, tentará
achegarse.
Ademais, este soldado non quere ser soldado, senón que lle gustaría
viaxar polo mundo adiante; por iso cando un estraño lle abre a súa
casa desinteresadamente e cóntalle as súas marabillosas aventuras,
empeza a crer que el tamén vai viaxar lonxe da Venecia que tanto
aborrece. Ademais, ao coñecer este individuo, a vida do soldado
empezará a cambiar; el comezará a saber quen é el en realidade e,
aínda por riba, comezará o verdadeiro achegamento á principessa.
Existen diversos elementos que dan verosimilitude á obra como as
guerras contra os xenoveses, ademais de que o personaxe de Marco
Polo (o estraño) é un personaxe histórico que existiu de verdade e
que a maioría das cousas que di son auténticas; no libro di que
marchou con Nicolo e Mafeo, que tivo relacións como mensaxeiro do
rei de Mongolia e moito máis; a maior parte do que se menciona
sucedeu na realidade.
Os temas desta novela son o amor que ten o soldado cara á
principessa e como o destino e as clases sociais fan que as nosas
vidas estean condicionadas. O soldado non quere ser soldado, pero
como o seu pai é o xeneral do exército do Dogo e quere que algún día
el o sexa tamén, ten que achantar e obedecer. A principessa, pola súa
banda, está comprometida con alguén a quen non quere, pero tamén
se ten que reprimir e obedecer.
Tamén se podería considerar como un tema o odio que o pai do
soldado Marco, o Primo Xeneral, manifesta cara ao estraño que lle
conta as súas viaxes ao soldado; a este, Marco Polo cáelle ben, pero
como ao seu pai non, prohíbelle ter algún tipo de achegamento. Ao
principio o soldado non entende esta animadversión, pero mentres a
acción se vai desenvolvendo, chega a comprendelo.
O libro ten unha longa introdución dunhas 50-60 páxinas que é un
tanto anódina, xa que o que fai é describir a vida do soldado en
Venecia e todos os soños que ten coa súa amada non correspondida.
Despois de ir á casa daquel individuo que coñeceu accidentalmente
(ou non), a “aventura” comeza e é cando a situación se pon
interesante.
Os protagonistas son Marco, o soldado que non o quere ser e sofre
polos seus amores; a principessa Naia, e Marco Polo, o descoñecido
que lle abre as portas da súa casa a Marco. O antagonista, por moi
estraño que pareza é o Primo Xeneral, é dicir, o pai de Marco. Tamén
debo citar a Turana, que é a criada da casa que Marco e seu pai
pouco usan, e tamén a Buffana que é a escolta de Naia (que primeiro
se mostra como antagonista, pero que en realidade non o é).
As descricións feitas por Francisco Castro nesta novela son tan boas
que poñen o lector na situación dos personaxes e polo tanto
experimenta os seus estados de ánimo. Hai descricións de Venecia e
das súa canles, das aventuras de Marco Polo, dos sentimentos dos
personaxes... Todas estas son subxectivas, xa que as descricións
están matizadas cos pensamentos e emocións dos personaxes. Así, as
descricións marabillosas de Naia están influídas polo que pensa
Marco; tamén os trazados das horribles, escuras, sucias e aburridas
rúas de Venecia teñen impostas a súa ideoloxía.
O narrador está en terceira persoa omnisciente, é dicir, coñece todo
o que pensan e senten os personaxes. Está narrado en pasado e
existen diversos escenarios, tanto abertos coma pechados, desde os
corredores do cuartel ata as canles venecianas.
A lingua empregada é moi sinxela e a novela é fácil de entender
porque está ben redactada.
Esta novela gustoume moito, porque aínda que o comezo resulta moi
lento e non atrae moito, ao pasar esas páxinas a aventura é moi
bonita; ademais dos valores que se dan. Xa tiña lido outro libro deste
autor (Chamádeme Simbad), pero este gustoume bastante máis con
claridade. Os sentimentos, a trama, o misterio fan desta obra un bo
pasatempo nas horas de lecer.
Miguel Ángel Boado Fernández 3º ESO B

More Related Content

What's hot (20)

Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
 
Recension lucia suarez
Recension lucia suarezRecension lucia suarez
Recension lucia suarez
 
O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santos
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Recesion o que sei do silencio
Recesion   o que sei do silencioRecesion   o que sei do silencio
Recesion o que sei do silencio
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
A praia dos afogados
A praia dos afogadosA praia dos afogados
A praia dos afogados
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Anagnorise
AnagnoriseAnagnorise
Anagnorise
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
O inferno de marta
O inferno de martaO inferno de marta
O inferno de marta
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 
Traballo a praia dos afogados
Traballo a praia dos afogados Traballo a praia dos afogados
Traballo a praia dos afogados
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 

Viewers also liked (20)

Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Toxo
ToxoToxo
Toxo
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografíaPioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
 
As mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordesAs mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordes
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 
Querido augustus
Querido augustusQuerido augustus
Querido augustus
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
Querida miña
Querida miñaQuerida miña
Querida miña
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Concurso amor 16
Concurso amor 16Concurso amor 16
Concurso amor 16
 
Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16
 
Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 

Similar to O segredo de marco polo

Similar to O segredo de marco polo (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
F:\Morning Star
F:\Morning StarF:\Morning Star
F:\Morning Star
 
Morning Star Xose Miranda
Morning Star Xose MirandaMorning Star Xose Miranda
Morning Star Xose Miranda
 
F:\Morning Star
F:\Morning StarF:\Morning Star
F:\Morning Star
 
L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1
 
morning star Xose Miranda
morning star Xose Mirandamorning star Xose Miranda
morning star Xose Miranda
 
F:\Morning Star
F:\Morning StarF:\Morning Star
F:\Morning Star
 
Recensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moecheRecensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moeche
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Os desherdados
Os desherdadosOs desherdados
Os desherdados
 
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAO ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
 
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoEl último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
 
A Esmorga traballo.pdf
A Esmorga traballo.pdfA Esmorga traballo.pdf
A Esmorga traballo.pdf
 
O contador de estrelas
O contador de estrelasO contador de estrelas
O contador de estrelas
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 

More from normalizacioniesn1ordes (13)

Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 

O segredo de marco polo

  • 1. O segredo de Marco Polo de Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) despois de dedicarse ao ensino durante uns 20 anos, agora traballa como escritor e editor na editorial Galaxia. Autor de varias obras para adultos premiadas como a obra Spam (premio Blanco Amor 2005) ou As palabras da néboa (premio García Barros 2007); tamén conseguiu galardóns en novelas infantís como Un bosque cheo de faias e O ceo dos afogados (as dúas premio Frei Martín Sarmiento). Esta novela sitúase na república de Venecia do século XIII. O segredo de Marco Polo conta a historia dun soldado veneciano que ama en segredo a principessa. Esta foi acollida na casa do Dogo porque os seus pais morreran, pero non é princesa. A pesar de ser fillo do Primo Xeneral e, polo tanto, estar relacionado co Dogo, sabe que este enlace non é posible; pois a principessa xa está comprometida. Aínda así, e superando os obstáculos que lle saen ao camiño, tentará achegarse.
  • 2. Ademais, este soldado non quere ser soldado, senón que lle gustaría viaxar polo mundo adiante; por iso cando un estraño lle abre a súa casa desinteresadamente e cóntalle as súas marabillosas aventuras, empeza a crer que el tamén vai viaxar lonxe da Venecia que tanto aborrece. Ademais, ao coñecer este individuo, a vida do soldado empezará a cambiar; el comezará a saber quen é el en realidade e, aínda por riba, comezará o verdadeiro achegamento á principessa. Existen diversos elementos que dan verosimilitude á obra como as guerras contra os xenoveses, ademais de que o personaxe de Marco Polo (o estraño) é un personaxe histórico que existiu de verdade e que a maioría das cousas que di son auténticas; no libro di que marchou con Nicolo e Mafeo, que tivo relacións como mensaxeiro do rei de Mongolia e moito máis; a maior parte do que se menciona sucedeu na realidade. Os temas desta novela son o amor que ten o soldado cara á principessa e como o destino e as clases sociais fan que as nosas vidas estean condicionadas. O soldado non quere ser soldado, pero como o seu pai é o xeneral do exército do Dogo e quere que algún día el o sexa tamén, ten que achantar e obedecer. A principessa, pola súa banda, está comprometida con alguén a quen non quere, pero tamén se ten que reprimir e obedecer. Tamén se podería considerar como un tema o odio que o pai do soldado Marco, o Primo Xeneral, manifesta cara ao estraño que lle conta as súas viaxes ao soldado; a este, Marco Polo cáelle ben, pero como ao seu pai non, prohíbelle ter algún tipo de achegamento. Ao principio o soldado non entende esta animadversión, pero mentres a acción se vai desenvolvendo, chega a comprendelo. O libro ten unha longa introdución dunhas 50-60 páxinas que é un tanto anódina, xa que o que fai é describir a vida do soldado en Venecia e todos os soños que ten coa súa amada non correspondida. Despois de ir á casa daquel individuo que coñeceu accidentalmente (ou non), a “aventura” comeza e é cando a situación se pon interesante. Os protagonistas son Marco, o soldado que non o quere ser e sofre polos seus amores; a principessa Naia, e Marco Polo, o descoñecido
  • 3. que lle abre as portas da súa casa a Marco. O antagonista, por moi estraño que pareza é o Primo Xeneral, é dicir, o pai de Marco. Tamén debo citar a Turana, que é a criada da casa que Marco e seu pai pouco usan, e tamén a Buffana que é a escolta de Naia (que primeiro se mostra como antagonista, pero que en realidade non o é). As descricións feitas por Francisco Castro nesta novela son tan boas que poñen o lector na situación dos personaxes e polo tanto experimenta os seus estados de ánimo. Hai descricións de Venecia e das súa canles, das aventuras de Marco Polo, dos sentimentos dos personaxes... Todas estas son subxectivas, xa que as descricións están matizadas cos pensamentos e emocións dos personaxes. Así, as descricións marabillosas de Naia están influídas polo que pensa Marco; tamén os trazados das horribles, escuras, sucias e aburridas rúas de Venecia teñen impostas a súa ideoloxía. O narrador está en terceira persoa omnisciente, é dicir, coñece todo o que pensan e senten os personaxes. Está narrado en pasado e existen diversos escenarios, tanto abertos coma pechados, desde os corredores do cuartel ata as canles venecianas. A lingua empregada é moi sinxela e a novela é fácil de entender porque está ben redactada. Esta novela gustoume moito, porque aínda que o comezo resulta moi lento e non atrae moito, ao pasar esas páxinas a aventura é moi bonita; ademais dos valores que se dan. Xa tiña lido outro libro deste autor (Chamádeme Simbad), pero este gustoume bastante máis con claridade. Os sentimentos, a trama, o misterio fan desta obra un bo pasatempo nas horas de lecer. Miguel Ángel Boado Fernández 3º ESO B