SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
AS SETE MORTES
O autor é Carlos Vila Sexto, que nace na Coruña en 1977, aínda que a súa vida está
moi ligada a Ourense, onde pasou parte da súa infancia e adolescencia. Comezou a
escribir de rapaz (14 anos) e gaña o V Premio de Narracións Infantís, co relato
“Alén da aventura” (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa súa nova novela
Gárgola (1993). Un relato que el escribiu “O Baúl” da súa obra Cara á fin da luz
incluíuse na Antoloxía de contos de medo recompilados por Silvia Gaspar. Ademais,
foi creador e guionista de numerosos programas como Motivos personales
(Telecinco) ou Círculo Rojo (Antena 3).
En 2009 publicou o seu cuarto libro, As sete mortes, unha aventura ambientada en
Galicia, polo cal recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011.
As Sete Mortes é unha novela cunha combinación de crime e misterio, ao máis puro
estilo da novela negra, onde o protagonista se verá inmerso nunha trama para
TÍTULO: As sete mortes
AUTOR: Carlos Vila Sexto
EDITORIAL: Galaxia.
decidir o destino da súa propia vida. Todo isto, envolto en asuntos e misterios
paranormais.
O libro lese nun suspiro, xa que non custa nada meternos dentro e gozar dunha
experiencia fantástica (e, ás veces, angustiosa).
Xacobe, o protagonista principal, axúdanos cun papel cercano e crible. Ademais, os
secundarios, como por exemplo Natalia (que é a rapaza que axudará a Xacobe na
procura do pergamiño) ou O Cazador (un dos protagonistas máis sinuosos desta
novela), teñen un papel primordial e necesario para chegar a un final tan incrible
que fai sentir dun xeito especial, tanto cara ós protagonistas coma cara ás vítimas.
Os personaxes non son fantásticos e, polo xeral, parecen persoas do común, salvo
algún outro como O Cazador ou Xacobe (o noso protagonista principal) por ter
inmortalidade e por facer “os segredos” que irán aparecendo ao longo da historia.
Tamén en canto aos policías que están na investigación das mortes, que pouco a
pouco irán dándose conta de que Xacobe non é o verdadeiro culpable como todos
crían ao principio.
O libro engancha o lector dende o primeiro intre, xa que o protagonista, Xacobe,
recibe un pergamino dunha persoa que aparece desangrada na súa casa, e que
morre nada máis entregarllo a el. Este documento conta a lenda na que se involucra
Xacobe e os seus irmáns e amigos, e é o propio Xacobe o encargado de atopar o
libro chamado As sete mortes.
Os escenarios están perfectamente descritos e a mestura de realidade e fantasía está
moi ben conseguida. Como, por exemplo, o momento en que Xacobe e Natalia
saltan dun oitavo piso para escapar da pantasma que sae dos espellos e intenta
arrebatarlle o pergamiño e Xacobe só acaba cuns rasguños, pese a ser tanta altura.
No que respecta ao narrador, preséntase en dúas formas, pois capítulo a capítulo
cambia, xa que ás veces é en primeira persoa (narrada por Xacobe ou Natalia) ou
en terceira persoa cun narrador omnisciente contando todo o que acontece.
Ademais, os lugares varían moito por estar fuxindo da policía ou buscando o lugar
onde se atopa As sete mortes. Aínda que moitos deles non son nomeados, si sabemos
que a acción está localizada en Galicia, pois en numerosas ocasións se nomea a
Praza do Obradoiro, a universidade de Santiago ou algún que outro mosteiro (do
cal non se di o nome).
Por outra banda, os feitos desenvólvense nun período de tempo curto (o que se
pode deducir como entre quince días e un mes), pois é o tempo que teñen para
atopar o libro.
A soidade, o amor, a loita, a superación… só son algunas das calidades que
tampouco faltan neste libro, que sen recorrer a grandes complicacións léxicas,
consegue atraparnos cunha lectura sinxela, áxil e moi aditiva, e digo isto porque ata
que o rematei non me despeguei del.
En definitiva, As sete mortes, é unha fascinante novela que navega entre crimes,
misterio e esoterismo. Unha trama moi ben feita e imposible de deixar de ler dende
a primeira páxina ata a última. Persoalmente recoméndoa, verdadeiramente paga a
pena.
Lorena Darriba Golán, 3º ESO A

More Related Content

Viewers also liked (20)

Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
As mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordesAs mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordes
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 

Similar to As sete mortes (20)

Tes ata as dez
Tes ata as dezTes ata as dez
Tes ata as dez
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)
 
Neve interminable
Neve interminableNeve interminable
Neve interminable
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)Europa express(paula mendez 1 bach b)
Europa express(paula mendez 1 bach b)
 
Gárgola
GárgolaGárgola
Gárgola
 
Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 

More from normalizacioniesn1ordes (11)

Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 

As sete mortes

  • 1. AS SETE MORTES O autor é Carlos Vila Sexto, que nace na Coruña en 1977, aínda que a súa vida está moi ligada a Ourense, onde pasou parte da súa infancia e adolescencia. Comezou a escribir de rapaz (14 anos) e gaña o V Premio de Narracións Infantís, co relato “Alén da aventura” (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa súa nova novela Gárgola (1993). Un relato que el escribiu “O Baúl” da súa obra Cara á fin da luz incluíuse na Antoloxía de contos de medo recompilados por Silvia Gaspar. Ademais, foi creador e guionista de numerosos programas como Motivos personales (Telecinco) ou Círculo Rojo (Antena 3). En 2009 publicou o seu cuarto libro, As sete mortes, unha aventura ambientada en Galicia, polo cal recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011. As Sete Mortes é unha novela cunha combinación de crime e misterio, ao máis puro estilo da novela negra, onde o protagonista se verá inmerso nunha trama para TÍTULO: As sete mortes AUTOR: Carlos Vila Sexto EDITORIAL: Galaxia.
  • 2. decidir o destino da súa propia vida. Todo isto, envolto en asuntos e misterios paranormais. O libro lese nun suspiro, xa que non custa nada meternos dentro e gozar dunha experiencia fantástica (e, ás veces, angustiosa). Xacobe, o protagonista principal, axúdanos cun papel cercano e crible. Ademais, os secundarios, como por exemplo Natalia (que é a rapaza que axudará a Xacobe na procura do pergamiño) ou O Cazador (un dos protagonistas máis sinuosos desta novela), teñen un papel primordial e necesario para chegar a un final tan incrible que fai sentir dun xeito especial, tanto cara ós protagonistas coma cara ás vítimas. Os personaxes non son fantásticos e, polo xeral, parecen persoas do común, salvo algún outro como O Cazador ou Xacobe (o noso protagonista principal) por ter inmortalidade e por facer “os segredos” que irán aparecendo ao longo da historia. Tamén en canto aos policías que están na investigación das mortes, que pouco a pouco irán dándose conta de que Xacobe non é o verdadeiro culpable como todos crían ao principio. O libro engancha o lector dende o primeiro intre, xa que o protagonista, Xacobe, recibe un pergamino dunha persoa que aparece desangrada na súa casa, e que morre nada máis entregarllo a el. Este documento conta a lenda na que se involucra Xacobe e os seus irmáns e amigos, e é o propio Xacobe o encargado de atopar o libro chamado As sete mortes. Os escenarios están perfectamente descritos e a mestura de realidade e fantasía está moi ben conseguida. Como, por exemplo, o momento en que Xacobe e Natalia saltan dun oitavo piso para escapar da pantasma que sae dos espellos e intenta arrebatarlle o pergamiño e Xacobe só acaba cuns rasguños, pese a ser tanta altura. No que respecta ao narrador, preséntase en dúas formas, pois capítulo a capítulo cambia, xa que ás veces é en primeira persoa (narrada por Xacobe ou Natalia) ou en terceira persoa cun narrador omnisciente contando todo o que acontece. Ademais, os lugares varían moito por estar fuxindo da policía ou buscando o lugar onde se atopa As sete mortes. Aínda que moitos deles non son nomeados, si sabemos que a acción está localizada en Galicia, pois en numerosas ocasións se nomea a Praza do Obradoiro, a universidade de Santiago ou algún que outro mosteiro (do cal non se di o nome).
  • 3. Por outra banda, os feitos desenvólvense nun período de tempo curto (o que se pode deducir como entre quince días e un mes), pois é o tempo que teñen para atopar o libro. A soidade, o amor, a loita, a superación… só son algunas das calidades que tampouco faltan neste libro, que sen recorrer a grandes complicacións léxicas, consegue atraparnos cunha lectura sinxela, áxil e moi aditiva, e digo isto porque ata que o rematei non me despeguei del. En definitiva, As sete mortes, é unha fascinante novela que navega entre crimes, misterio e esoterismo. Unha trama moi ben feita e imposible de deixar de ler dende a primeira páxina ata a última. Persoalmente recoméndoa, verdadeiramente paga a pena. Lorena Darriba Golán, 3º ESO A