SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
Aira Portos Rey 2º ESO B
Ao meu querido astronauta:
Vexo o tempo pasar ante os meus ollos, mirando impasible e veloz como te observo
dende a distancia e as estrelas suplícanme que te esqueza, pero a Lúa obrígame a
quererte. Cada vez que te vexo, estrelas fugaces percorren o meu corpo e podo asegurar
que a túa voz é o meu osíxeno nun espazo solitario, baleiro. Que garden as armas e
miren ao ceo! Que contemplen e palidezan ante o teu fermoso sorriso!
Somos astronautas que flotamos entre miles de asteroides, co medo continuo de
perdernos e non volver vernos máis. Sería perder o meu osíxeno, que o corazón se me
saíse do peito para converterse nun anaco de carbón e xuntarse cos outros asteroides,
nun deserto de corazóns rotos.
Pero tamén son covarde, porque me é máis fácil adorar a paixón coa que falas dende a
distancia a dicircho e arriscarme a que xa non me mires igual e fuxas de ser o meu
planeta para converterte no doutra persoa. É isto unha carta de amor? Non, é de dolor,
dunha dor fonda e silenciosa que fai que as nosas órbitas se separen, por moito que
queira mantelas xuntas.
Encerrei o meu amor nunha gaiola e tireina ao lado dunha flor que creceu e elevoume
aos ceos arroupada entre os seus pétalos, para durmir ante unha lúa que pedía perdón e
unhas estrelas empáticas que gardaban silencio recubertas polas nubes.
Quedei durmida cun "Quérote" na punta da lingua, pero, lamentablemente, o espazo
non permite que o son se propague.

More Related Content

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 

Ao meu querido astronauta

  • 1. Aira Portos Rey 2º ESO B Ao meu querido astronauta: Vexo o tempo pasar ante os meus ollos, mirando impasible e veloz como te observo dende a distancia e as estrelas suplícanme que te esqueza, pero a Lúa obrígame a quererte. Cada vez que te vexo, estrelas fugaces percorren o meu corpo e podo asegurar que a túa voz é o meu osíxeno nun espazo solitario, baleiro. Que garden as armas e miren ao ceo! Que contemplen e palidezan ante o teu fermoso sorriso! Somos astronautas que flotamos entre miles de asteroides, co medo continuo de perdernos e non volver vernos máis. Sería perder o meu osíxeno, que o corazón se me saíse do peito para converterse nun anaco de carbón e xuntarse cos outros asteroides, nun deserto de corazóns rotos. Pero tamén son covarde, porque me é máis fácil adorar a paixón coa que falas dende a distancia a dicircho e arriscarme a que xa non me mires igual e fuxas de ser o meu planeta para converterte no doutra persoa. É isto unha carta de amor? Non, é de dolor, dunha dor fonda e silenciosa que fai que as nosas órbitas se separen, por moito que queira mantelas xuntas. Encerrei o meu amor nunha gaiola e tireina ao lado dunha flor que creceu e elevoume aos ceos arroupada entre os seus pétalos, para durmir ante unha lúa que pedía perdón e unhas estrelas empáticas que gardaban silencio recubertas polas nubes. Quedei durmida cun "Quérote" na punta da lingua, pero, lamentablemente, o espazo non permite que o son se propague.