As Sete Marabillas Do Mundo Raquel Losada GarcíA

660 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
660
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
33
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

As Sete Marabillas Do Mundo Raquel Losada GarcíA

  1. 1. AS SETE MARABILLAS DO MUNDO Raquel Losada García 2º Bacharelato B
  2. 2. ÍNDICE INTRODUCIÓN GUÍA DAS MARABILLAS AS SETE MARABILLAS DA ANTIGÜIDADE AS NOVAS MARABILLAS DO MUNDO FONTES
  3. 3. INTRODUCIÓN Os sete sabios da antiga Grecia, as sete portas do ceo, os sete pecados capitais, os sete outeiros de Roma, os sete piares da sabedoría árabe... O número sete parece formar parte da tradición nos pobos do Mediterráneo e Oriente Medio, e aparece a miúdo nas súas mitoloxías e relixións. Sete eran, tamén, as marabillas do mundo antigo, fabulosos monumentos que daban fe das impresionantes civilizacións que os impulsaron.
  4. 4. Esas marabillas eran as pirámides de Exipto (a única marabilla que se conserva na actualidade), os xardíns colgantes de Babilonia, a estatua de Zeus en Olimpia, o templo de Artemisa en Éfeso, o mausoleo de Halicarnaso, o coloso de Rodas e o faro de Alexandría.
  5. 5. A expresión “as sete marabillas” converteuse en proverbial. A primeira descrición deste conxunto de obras célebres polas súas proporcións e beleza áchase nun tratado, De septem orbis miraculis , atribuído, quizais erroneamente, a Filón de Bizancio, enxeñeiro que viviu no século II a.C. Dúas estaban en África (as pirámides de Exipto e o faro de Alexandría); outras dúas, en Europa ( a estatua de Zeus en Olimpia e o coloso de Rodas); e tres, en Asia ( o templo de Artemisa en Éfeso, o Mausoleo de Halicarnaso e os xardíns colgantes de Babilonia).
  6. 6. Como é natural, sitúanse no que, en tempos clásicos, era o mundo coñecido. Só as pirámides chegaron deica os nosos días en bo estado. Das demais apenas quedan restos esparexidos por algúns museos ou abandonados nos seus antigos emprazamentos, pero, pese ó implacable paso dos séculos, a súa fama sobreviviu intacta. Ante a desaparición destas míticas construcións, os textos literarios e históricos permiten recrear o seu pasado esplendor.
  7. 7. GUÍA DAS MARABILLAS AS PIRÁMIDES DE EXIPTO
  8. 8. Construídas: entre os anos 2700 e 2300 a.C. Situación: meseta de Gizeh ( Exipto) Función: sepulcros de Keops, Kefrén e Mikerinos, faraóns da IV dinastía. Dimensións : Keops (146,5 m); Kefrén (143,5 m); Mikerinos (62 m) Materiais: bloques de entre dúas e quince toneladas de peso. Historia: sábese pouco acerca da historia destes sepulcros. Unha das múltiples teorías atribúe a altura de cada pirámide á duración do reinado do faraón para o que estaba destinada. Restos: pese á erosión do tempo, seguen en pé. Gran cantidade dos tesouros contidos nelas consérvanse en museos de todo o mundo.
  9. 9. OS XARDÍNS COLGANTES DE BABILONIA
  10. 10. Construídos: cara o século VI a.C. Desaparecidos: 126-125 a.C. Situación: antiga cidade de Babilonia, cerca da actual Bagdag (Irak) Función : embelecemento urbano. Dimensións: cada unha das diferentes terrazas superpostas (descoñécese o número) sobresaía uns 15 metros respecto á anterior. Materiais: ladrillos de barro cocido. Historia: a súa hipotética construción atribúese a Nabucodonosor II, rei de Babilonia entre finais do século VII e principios do VI a.C. Algunhas fontes, en cambio, atribúenos a Semíramis, raíña de Babilonia que, segundo a tradición oriental, era filla dun deus e unha mortal. Restos: non existen restos coñecidos destes xardíns, e a súa existencia non está certificada. A muralla da cidade, da que si se ten constancia, tiña oito portas. A máis famosa, a de Istar, consérvase case intacta no Museo de Berlín.
  11. 11. A ESTATUA DE ZEUS EN OLIMPIA
  12. 12. Construída: entre 457 e 427 a.C. Desaparecida: 462, nun incendio. Situación: Olimpia (Grecia) Función: parte do templo de Zeus. Dimensións: 10 metros de altura. Materiais: oro e marfil. Escultor: Fidias. Historia: a estatua e o templo presidían o santuario consagrado a Zeus en Olimpia. No século IV a.C. a estatua trasladouse a un palacio privado en Constantinopla, onde permaneceu ata 462, ano no que desapareceu nun incendio. Restos: ningún da estatua ata o momento.
  13. 13. O TEMPLO DE ARTEMISA EN ÉFESO
  14. 14. Construído: 550 a. C. Desaparecido: 356 a.C. a causa dun incendio provocado. Situación: Éfeso (na actual Turquía) Función: templo dedicado á deusa Artemisa. Dimensións: un mínimo de 20 metros de altura. Materiais: mármore (pórfido de cor verde) Arquitectos: Chersiprón, Metágenes e Teodoro. Historia: os efesios comezaron a construír un templo dedicado a Artemisa no século VI a.C. Algúns anos despois, Éfeso foi atacada polo veciño reino de Lidia. O seu monarca, Creso, non só respectou a vida dos cidadáns senón que aportou recursos para rematar as obras do templo. Restos: en Éfeso queda en pé unha soa columna e vestixios doutras. Noutros museos consérvanse distintos restos procedentes do templo.
  15. 15. O MAUSOLEO DE HALICARNASO
  16. 16. Construído: 353 a. C. aproximadamente. Desaparecido: cara o século XII, a raíz dunha invasión turca. Situación: Halicarnaso (na actual Turquía) Función: monumento funerario. Dimensións: 42 metros de altura. Materiais: mármore e bronce. Arquitectos: Fileas e Satiros. Historia: Mausolo foi rei de Caria, un territorio pertencente ó Imperio persa. Trala súa morte, en 353 a.C., a súa esposa Artemisa impulsou esta construción. O nome do edificio converteuse co tempo en xenérico para designar todo monumento sepulcral de importancia. Restos: algúns aínda se poden ver na base da muralla construída polos Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán, unha orde que chegou a Halicarnaso dende Rodas, illa na que habitaron entre os séculos XIV e XVI. A estatua de Mausolo pode contemplarse hoxe no British Museum de Londres.
  17. 17. O COLOSO DE RODAS
  18. 18. Construído: entre 302 e 290 a. C. Desaparecido: 227 a. C. A causa dun terremoto. Situación: porto da illa de Rodas (Grecia) Función: a estatua servía de referencia ós barcos que navegaban en dirección á illa. Dimensións: 35 metros de altura. Materiais: bronce. Escultor: Ceres de Lindos. Historia: tras un ano infrutuoso de sitio a Rodas, Demetrio, rei de Macedonia, decidiu levantalo. Regalou ós rodios os seus mecanismos de guerra co encargo de vendelos para erixir un monumento conmemorativo do sitio e a batalla. Restos: crese que, séculos despois do terremoto que destruíu a estatua, os restos de bronce vendéronse na costa oriental da Península Ibérica.
  19. 19. O FARO DE ALEXANDRÍA
  20. 20. Construído: século III a. C. Desaparecido: século XIV, a causa dun terremoto. Situación: illa de Faros, no porto de Alexandría (Exipto) Función: punto de referencia para navegantes. Dimensións: 160 metros de altura. Materiais: granito das canteiras de Asuán (Exipto) Arquitecto: Sóstrato de Cnido. Historia: Tolomeo I Soter e Tolomeo II Filadelfo, reis de Exipto, mandaron construír unha torre que servise de referencia ós barcos que navegaban cara o porto. Restos: a torre estaba decorada na súa base por un retablo de estatuas. Algunhas delas e restos do Faro foron recuperados nos últimos anos por un equipo de arqueólogos dirixidos polo profesor Yves Empereur.
  21. 21. AS SETE MARABILLAS DA ANTIGÜIDADE AS PIRÁMIDES DE EXIPTO Exipto está poboado de pirámides, pero a primeira das Sete Marabillas son as tres que poden contemplarse aínda hoxe no campo de Gizeh, non lonxe do Cairo. Xunto a elas, coma eterno gardián dunha gloria que sobreviviu intacta ó implacable paso do tempo, atópase a enigmática Esfinxe, o corazón deste auténtico milagre de pedra que parece brotar como por arte de maxia das areas do deserto.
  22. 22. O lugar é único, espectacular. Unha mestura de racionalidade e misterio, de sentido da orde e superstición, parece presidir a paraxe máis famosa de todos os tempos. Estas pirámides foron construídas durante o corto período de reinado (pouco máis de cen anos) dos seis faraóns da IV dinastía: Snofru, Keops, Redecef, Kefrén, Bicheris e Menkaure, chamado Mikerinos por Heródoto, o coñecido historiador e xeógrafo grego do século V a. C.
  23. 23. A de Keops, denominada con razón a Gran Pirámide, é dun tamaño xigantesco. O peso medio dos bloques de pedra empregados na súa construción oscila entre as dúas e as quince toneladas. Na base, os seus catro lados miden algo máis de 230 metros, e a altura actual é de 146,5 metros. Faltan unhas dez ou doce fileiras de bloques, e a cobertura de pedra, que procedía das canteiras da próxima cidade de Tura, desapareceu a causa da erosión do deserto e dos saqueos.
  24. 24. Posto que o seu destino era conter os restos do faraón e as pertenzas máis valiosas do enxoval real, este grandioso mausoleo non é compacto: unha serie de cámaras, galerías e escaleiras discorre polo seu interior. Ascender por elas é unha experiencia tan claustrofóbica como inquietante.
  25. 25. Facelo en compañía de decenas de persoas, que se cruzan nas angostas escaleiras de madeira habilitadas no interior para subir á cámara que gardaba o sarcófago do faraón, resulta inesquecible en todos os sentidos da palabra. Sobre todo no olfacto. Pese a iso, podería dicirse que quen non visitou o interior dunha pirámide perde unha experiencia única.
  26. 27. Kefrén, fillo de Keops, construíu a pirámide que leva o seu nome ó suroeste da do seu pai, nun lugar lixeiramente máis elevado, polo que, vista dende a distancia, parece máis alta do que é na realidade. Mide só 215 metros de lado e ten unha altura de 143,5 metros. O vértice puido estar revestido de granito, mentres que o resto, segundo parece, recubriuse con pedra de Tura, que confería ás pirámides unha silueta completamente lisa.
  27. 28. A pirámide de Mikerinos ten 108 metros de lado e 62 de altura. O coronel inglés Richard Vyse, arqueólogo afeccionado, achou en 1837 os restos dun féretro de madeira de cedro que contiña o cartucho ou cartela co nome de Menkera, o Mikerino de Heródoto. Con elo demostrou que o sepulcro fora saqueado na Antigüidade por todo tipo de ladróns e buscadores de tesouros.
  28. 29. Anos despois da expedición que levou a Exipto a Napoleón en 1798, os despoxos do último espolio da cámara funeraria da pirámide de Mikerinos (sarcófago, féretro e outras pezas achadas na tumba) foron expedidos polos ingleses a Gran Bretaña dende Alexandría. Un temporal fixo naufragar o barco fronte a Cartaxena, non lonxe da costa. O sarcófago perdeuse nas profundidades, pero non o féretro e a súa tapa, que por ser de madeira permaneceron flotando e puideron rescatarse. Consérvanse no British Museum de Londres.
  29. 30. OS XARDÍNS COLGANTES DE BABILONIA Estes xardíns consistían nunha serie de terrazas superpostas sostidas por arcos. Cada unha delas sobresaía uns 15 metros respecto á anterior. Estaban cheas de flores, plantas aromáticas e árbores froiteiras nas que repousaban aves traídas dende todos os confíns do Imperio babilonio. Un complexo sistema de rego drenaba a auga do río Éufrates ata as terrazas. Pinturas e estucos rompían a monotonía das paredes de ladrillos de adobe. Tamén se empregaron ladrillos vernizados ou pintados de vermello dispostos de tal modo que formaran debuxos.
  30. 31. O conxunto formaba unha masa de vexetación que parecía estar suspendida no aire e que, en contraste coa sequidade do seu entorno, debía ser obxecto de pasmada admiración.
  31. 32. Foi o rei Nabucodonosor II o que embeleceu a cidade de Babilonia axudado, segundo o historiador grego Heródoto, pola súa esposa Nitokris. Ó parecer os xardíns débense á nostalxia que sentía a raíña polo seu país; pero algunhas fontes relaciónanos con outra raíña de Babilonia, Semíramis, que segundo a tradición en Oriente durante a época aqueménida, era filla dun mortal e unha deusa.
  32. 33. Nabucodonosor chamado o Grande polos historiadores locais, era fillo de Nabopolasar, vencedor dos asirios e destrutor de Nínive, a súa capital. Reinou dende finais do século VII ata mediados do VI a. C. e, pese a súa crueldade, gozou de gran popularidade no seu tempo. Tanto a el como ó seu pai debeuse o restablecemento do prestixio da cidade, cun goberno proveitoso para a súa patria durante os anos iniciais do Segundo Imperio de Babilonia, o de maior poderío dende os tempos do mítico Hammurabi (principios do II milenio a. C.)
  33. 34. A ESTATUA DE ZEUS EN OLIMPIA A cidade de Olimpia constituíu un dos grandes santuarios panhelénicos do mundo grego antigo. Atópase situada na rexión occidental do Peloponeso, nun val fértil por onde flúen os ríos Alfeo e Cladeos. Ós pés do Kronios, un montículo recuberto de piñeiros, e xunto a construcións coma o santuario de Hera, o pritaneo, o ximnasio, o estadio ou a palestra, erguíase o templo de Zeus, un dos máis famosos da Antigüidade.
  34. 35. Foi construído por Libón de Elis, que finalizou a obra en 457 a. C. Para algúns autores, este arquitecto foi o inventor do canon clásico, do modelo de templo dórico que temos por arquetipo. Era un templo hexástilo e períptero, con seis filas de 13 columnas. Nalgunhas delas introduciu correccións similares ás practicadas nas do Partenón, é dicir, modificábase o grosor dalgunhas delas para que o efecto óptico convertese o conxunto en harmonioso.
  35. 36. O interior da cella era de tres naves, pero pese a que a central era o dobre de ancha que as outras dúas, debeu de parecer pequena para albergar a colosal estatua de Zeus, que tallou Fidias 30 anos despois da inauguración do templo e que se converteu nunha das sete marabillas da Antigüidade.
  36. 37. O xeógrafo grego Pausanias, un dos primeiros grandes escritores de viaxes, visitou Olimpia 700 anos despois, no século II, e quedou extasiado ante a estatua daquel deus cuxo rostro, segundo os seus escritos, irradiaba bondade: “O deus está sentado sobre un trono e está feito de ouro e marfil; ten sobre a cabeza unha coroa que imita ramos de oliveira. Na man dereita sostén unha Niké (a deusa da vitoria), tamén de marfil e ouro, coa cabeza coroada e levando unha cinta, e na man esquerda do deus hai un cetro adornado con toda clase de metais. A ave que está sobre o cetro é a aguia. Sandalias e manto do deus son de ouro e no manto figuran diversos animais e lirios. O trono está adornado con ouro e con pedras de varias cores con incrustacións de ébano e marfil...”
  37. 39. A estatua e o templo eran o corazón do Altis, santuario consagrado a Zeus, señor da vida e milagres daquela paraxe na que, segundo as crenzas relixiosas dos gregos, os deuses celebraron unha competición deportiva na que Zeus venceu a Cronos na loita, mentres que Apolo se impuxo a Hermes na carreira e a Ares no pancracio, a loita a puñazos.
  38. 40. O TEMPLO DE ARTEMISA EN ÉFESO O Artemisión, o templo de Artemisa, foi construído en 550 a.C. en Éfeso, cidade situada á beira do mar Exeo. O templo pasou á historia da arquitectura pola súa concepción maxestosa do modelo díptero. Foron os seus arquitectos dous cretenses, Chersiprón e Metágenes, padre e fillo, coa axuda de Teodoro, que participara nas obras do Heraión (templo de Hera) da veciña illa de Samos.
  39. 41. Tratábase dun templo de orde xónico con 127 columnas de 20 metros de altura, algo verdadeiramente descomunal para a época. A parte frontal presentaba tres filas de columnas que se prolongaban polo pronaos e concluían no interior, un auténtico bosque que debía provocar un efecto óptico extraordinario.
  40. 42. Ademais do seu inusual número e notable altura, tamén a suntuosidade do mármore empregado (pórfido de cor verde) e as bases destes piares, con figuras talladas en relevo, contribuían a crear unha sensación de magnificencia que é a que, en definitiva, sobreviviu ó paso do tempo. A cuberta estaba formada por tellas de mármore tallado. A cella na que se atopaba a estatua da deusa estaba iluminada por unha abertura practicada no tellado.
  41. 44. O gran escultor Escopas foi un dos artistas que deixou constancia do seu talento en tan extraordinaria obra. Estivo en pé durante dous séculos, ata que un pastor enfermo de notoriedade, de nome Eróstrato, decidiu prender lume ó edificio. Corría o ano 356 a.C. Foi reconstruído en parte, pero nunca recuperou o seu antigo esplendor. O paso dos anos e as invasións sufridas pola cidade remataron de arruinalo. Converteuse en improvisada canteira e os seus mármores foron saqueados.
  42. 45. En tempos do emperador Xustiniano, no século VI, oito columnas de pórfido foron trasladadas a Constantinopla para a súa instalación en Santa Sofía, a formidable basílica cuxa xigantesca cúpula se eleva sobre o horizonte da cidade. Pódense ver aínda hoxe ó visitar esta antiga igrexa convertida en museo. En Éfeso, no lugar no que un día se levantou o templo, queda en pé unha soa columna de mármore de estilo xónico a cuxos pés xacen restos doutras en forma de tambor, anegadas en ocasións polas augas dunha próxima lagoa.
  43. 46. Eróstrato, o pastor que perseguía a fama coa destrución do templo de Artemisa, e que, en efecto, lle prendeu lume en 356 a.C., atopou o que buscaba: deu nome a unha enfermidade. A psiquiatría define o erostratismo coma unha alteración da conciencia que empuxa a determinados individuos a cometer actos criminais levados por un irrefreable afán de renome.
  44. 47. O MAUSOLEO DE HALICARNASO O máis célebre monumento funerario de todos os tempos tivo a súa orixe nunha historia de amor, a que existiu entre Mausolo e Artemisa II, reis de Caria que viviron na segunda metade do século IV a. C. Trala morte do seu esposo, a raíña fíxoo construír na faldra dun outeiro semicircular rodeado dunha ampla explanada á que se accedía por diversas escaleiras e ramplas.
  45. 48. A ágora, ou praza pública, e o mar quedaban ós pés deste monumento levantado no centro de Halicarnaso, a capital daquel próspero reino, situada na costa do mar Exeo, ó sur da península de Anatolia, preto de onde hoxe se atopa a cidade turca de Bodrum.
  46. 49. O monumento, que tiña unha altura de 42 metros, constaba de tres corpos. O primeiro era un baseamento que encerraba a cámara funeraria. Sobre ela erguíase todo un templo períptero rodeado por 36 columnas e outras tantas estatuas de heroes e animais. Pinturas ó fresco e frisos esculpidos nas catro fachadas completaban a decoración exterior.
  47. 50. Un terceiro corpo en forma de pirámide alzábase sobre o propio templo e estaba rematado por unha cuadriga (carro tirado por catro cabalos) sobre a que se erguían, maxestosas, unha estatua de Mausolo e outra de Artemisa. O célebre escultor Escopas e os arquitectos Fileas e Satiros foron os autores do proxecto principal. Pythis esculpiu a cuadriga que coroaba o monumento. Os libros gardan tamén memoria doutros mestres de obras (Briaxis e Timoteo) que participaron no deseño daquel derroche de mármores e bronces chamado a perdurar na memoria da xente.
  48. 51. O mausoleo conservouse ata ben entrado o século IV, e del chegou ata nós unha descrición firmada por Plinio o Vello no primeiro século da nosa era. Despois caeu no esquecemento. Durante a Idade Media, as primeiras hordas turcas que invadiron os territorios asiáticos do Imperio bizantino arrasaron Halicarnaso, destruíndo tamén o seu famoso edificio funerario. Diversos restos do mausoleo aínda se poden contemplar nas paredes da muralla construída polos cabaleiros chegados dende a próxima illa de Rodas.
  49. 52. Mausolo, fillo de Hecatomnos, foi un rei de vigorosa personalidade que soubo xogar ben as súas cartas, atrapado como estaba entre o poderío do rei de Persia e as tensións propias das cidades de estado gregas, sometidas unhas veces á presión de Esparta e outras ás manobras expansivas de Atenas. Mausolo fixo da política a súa mellor arma para eludir a guerra, pero cando esta foi inevitable loitou e sacou partido dela.
  50. 53. Combateu contra os atenienses receando das súas intencións imperiais, e aínda que nunha ocasión loitou a favor de Artajerjer Mnemón, soberano de Persia, acabou combatendo na súa contra. Á morte de Mausolo, en353 a. C., Artemisa II, a súa esposa, organizou uns funerais grandiosos.
  51. 54. No mausoleo de Halicarnaso había un retrato de Mausolo, unha estatua que casi duplicaba o seu tamaño natural. Pode contemplarse no British Museum de Londres. É un retrato idealizado, preo non hai dúbida de que o artista captou a maxestosidade daquel rei de rasgos marcadamente arios.
  52. 55. Pouco sabemos, en cambio, do aspecto da namorada raíña que co seu empeño fixo posible a creación deste monumento funerario. Artemisa sentía unha paixón polo seu marido que a conduciu ó desvarío. A raíña caria fixo queimar o cadáver de Mausolo e ordenou recoller as cinzas. Conta a lenda que cada día facíase servir unha copa de viño na que previamente ordenaba mesturar unha parte daquelas cinzas.
  53. 56. Dada a magnificencia do edificio que Artemisa fixo construír para o seu esposo morto, tomaron prestado o seu nome, mausoleo, todas aquelas tumbas que se reclaman dignas del pola súa factura artística ou polas súas dimensións.
  54. 57. O COLOSO DE RODAS O coloso era unha espléndida estatua de bronce de 35 metros de altura que representaba ó deus Helios, o Sol, baixo a natureza de Apolo, divindade principal do panteón rodio. Estaba emprazada no porto de Rodas, capital da illa homónima, e resultaba tan impoñente que a súa presenza servía de referencia ás naves que se acercaban ó lugar.
  55. 58. Segundo unha antiga tradición, os barcos podían navegar baixo as pernas de bronce do coloso, que estaba colocado sobre a entrada do porto. Sen embargo, este extremo pertence ó mundo das moitas e variadas lendas creadas ó redor de ta excepcional obra de arte.
  56. 59. Non se conserva ningunha descrición fiable do coloso, pero parece que representaba ó deus en posición de soster un facho, que segundo algúns actuaría como faro para sinalar ós navegantes a proximidade da costa. Outras imaxes presentan a Helios equipado con un gran arco que leva cruzado ás costas.
  57. 60. Sábese que a estatua foi forxada por Ceres de Lindos, un escultor local discípulo de Lisipo, e que tardou 12 anos en construíla. Os traballos comezaron en 302 a. C., tras superar os rodios o asedio ó que a cidade fora sometida por Demetrio Poliorcetes, o Asediador, rei de Macedonia.
  58. 62. A estatua dedicada a Helios estivo en pé ata que un terremoto estremeceu a illa en 227 a. C. Deixándose levar pola superstición, na crenza de que fora a vontade do propio Apolo a que destruíra o coloso, os rodios non o volveron erguer. Os seus restos permaneceron abandonados durante nove séculos ata que, no ano 635, uns mercadores sarracenos leváronos para vender tan venerable bronce a outros comerciantes de Levante.
  59. 63. Demetrio Poliorcetes foi unha especie de perdedor nato, empeñado en conseguir fama a semellanza do seu ídolo, Alexandre Magno. Era fillo de Antígono Monoftalmo, o Chosco, gobernador de Frigia que á morte de Alexandre declarou a guerra ó resto dos diadocos (os caudillos militares que repartiron o imperio conquistado polo gran macedonio).
  60. 64. Demetrio asediara á cidade de Rodas a finais do século IV a. C. e, para expugnar as súas xa entón sólidas murallas, levara consigo todo tipo de máquinas de asalto, unha delas xigantesca. A tenaz resistencia dos asediados fixo fracasar as tarefas de ataque do exército de Demetrio, quen desesperaba ante aqueles muros.
  61. 65. Demetrio chegou ante as murallas do porto en compañía dun exército impresionante formado por non menos de 40000 soldados, ademais de mariños e zapadores. Viñeran en 200 trieras de guerra, 120 barcos de carga e unha innumerable flotilla de embarcacións auxiliares que salvaban con facilidade os escasos 17 quilómetros que separaban a illa das costas de Asia Menor. De maneira apresurada, os rodios, que apenas contaban con 6000 soldados, armaron ós escravos e enviaron unha nave a Exipto, para pedir axuda ó rei Tolomeo I Soter, e outra a Creta.
  62. 66. Houbo resposta e ó final, contando os recursos propios e os prestados, os asediados puideron reunir ó redor de 25000 efectivos que se parapetaron trala muralla. Aínda así, o seu número seguía sendo inferior ó dos seus asediadores, que dispuñan ademais do que hoxe chamariamos un “arma secreta”.
  63. 67. Era unha torre de asalto que tiña a altura de nove pisos e a que puxeran o nome de Helépolis. Estaba equipada con béstas, catapultas, garfios de abordaxe e compartimentos nos que agardaban pelotóns de soldados listos para o ataque. Diodoro de Sicilia, historiador grego do século I a. C., conta que alcanzaba os 50 metros de altura. O prodixioso artefacto estaba dotado de rodas e necesitábanse uns 3000 homes para movela.
  64. 68. Iniciada a batalla e pese ós estragos causados polos asaltantes, que aproveitando os recursos da torre conseguiron crear certo caos na cidade, o certo é que os rodios resistiron e o asalto fracasou. Demetrio non conseguía render a praza e transcorrido un ano, o seu pai envioulle recado cunha pomba mensaxeira de que levantara o asedio, non sen antes firmar un tratado cos asediados.
  65. 69. Dada a situación, os rodios aceptaron e Demetrio, que non conseguira a gloria coas armas, obtivo un chisco de fama por encaixar o fracaso con deportividade. Mandou reembarcar ás súas tropas e regalou ós rodios a famosa torre de asalto e demais armas co encargo de vendelas para conseguir fondos cos que levantar un monumento conmemorativo do asedio e a batalla. Esta foi a orixe do coloso de Rodas.
  66. 70. O FARO DE ALEXANDRÍA Tratábase dun edificio escalonado que medía 160 metros de altura. Foi construído polo arquitecto Sostrato de Cnido e tiña catro niveis ou pisos de diferente altura. Estaba coroado por un templete, no interior do cal, durante o día, un sistema de espellos metálicos sinalaba a posición ó reflectía a luz solar.
  67. 71. Chegada a noite, os servidores do faro acendían unha fogueira co mesmo fin: servir de aviso ós navegantes advertindo da proximidade da urbe e tamén dos traidores baixíos que parecían escoltar a costa. Segundo a tradición, a súa luz era visible para os navegantes dende a fabulosa distancia de 300 estadios (algo máis de 50 quilómetros).
  68. 72. A gran torre estaba decorada na súa base por un retablo de estatuas. Unha delas, un coloso de 10 metros de altura e 25 toneladas de peso, que representa ó rei Tolomeo I Soter ou quizais ó seu fillo Tolomeo II Filadelfo, foi rescatada hai uns anos das augas pouco profundas da badía alexandrina.
  69. 74. Está tallada en granito traído das afastadas canteiras de Asuán, no Alto Exipto, o mesmo lugar de onde procedía a pedra en que se tallaron case todos os grandes obeliscos do período faraónico, entre eles, os que se poden admirar hoxe en día na Praza da Concordia en París, ou na Praza de San Pedro, no Vaticano.
  70. 75. O faro sobreviviu cerca de 1600 anos, ata que foi derribado por un terremoto no século XIV. Desaparecía con el outra das sete marabillas da Antigüidade. Algunhas das estatuas e restos do mítico monumento foron recuperados nos últimos anos. A impoñente construción alcanzou tal fama na Antigüidade que Faros, o nome da illa na que se atopaba, converteuse na denominación grega das torres lanterna, que pasou ó latín e, á súa vez, a boa parte das linguas románicas.
  71. 76. AS NOVAS MARABILLAS DO MUNDO Hai varios anos, baseándose nas sete marabillas da Antigüidade, a empresa suíza New Open World Corporation (NOWC) impulsou un concurso para elixir as novas sete marabillas do mundo, calquera podía votar por internet ou SMS, e o sete de xullo do 2007 déronse a coñecer as gañadoras que foron as seguintes:
  72. 77. A GRAN MURALLA CHINA Foi erixida polo emperador Qin coa intención de unir os diferentes puntos de defensa de China e crear unha barreira efectiva contra a invasión mongola. Construíuse entre o século V a. C. e o ano 1368. Ten unha lonxitude de 6700 quilómetros e abarca sete provincias. Trala desaparición da dinastía Qin, deixou de ter uso funcional e converteuse en fonte de materiais para as aldeas e vilas próximas.
  73. 79. PETRA (XORDANIA) A capital do imperio nabateo atópase a uns 250 quilómetros ao sur do Amman e foi recoñecida Patrimonio da Humanidade en 1985. Aínda que a súa importancia era recoñecida dende o século III a.C., o seu esplendor chegou co rei Aretas IV (9 a.C. -40 d.C.).
  74. 80. Un dos seus elementos máis destacados é o sistema de condución hidráulica que abastecía de auga potable á cidade. Na súa época de maior esplendor chegaron a vivir nela en torno a 20.000 e 30.000 persoas. No século VII d.C. foi abandonada e consideroulla/llela perdida ata o século XIX. O seu edificio máis coñecido é O Tesouro (Ao Khazneh), descuberto en 1812 por Johann Ludwig Burckhardt.
  75. 81. O CRISTO REDENTOR (BRASIL) O Cristo Redentor ou Cristo del Corcovado, que se levanta sobre un morro de pedra na baía de Río de Janeiro e é cos seus 38 metros de altura, unha icona de Brasil, constitúe un dos grandes atractivos turísticos cariocas, un punto de referencia para os brasileiros e unha fonte tradicional de inspiración para os seus artistas.
  76. 82. A imaxe do cristo de brazos abertos popularizada en millóns de imaxes do país suramericano foi unha iniciativa da Igrexa Católica con ocasión do centenario da Independencia de Brasil en 1922. Non obstante o famoso Corcovado, un proxecto do enxeñeiro Heitor dá Silva Costa, non foi inaugurado ata o 12 de outubro de 1931.
  77. 83. A construción de cemento armado, de máis de 1.000 toneladas, combina enxeñaría, arquitectura e escultura, e ten entre os seus logros o feito de que ninguén morrese en accidente durante as obras, algo que non era normal na época e con proxectos desa dimensión. Polas condicións de construción, sobre unha base na que case nin cabía a estada, con fortes ventos, e a estrutura da estatua, os brazos da cal se estenden cara ao baleiro e a cabeza queda inclinada nun desafío á enxeñaría, Levy cualificou a obra de "hercúlea".
  78. 84. MACHU PICCHU (PERÚ) O seu nome significa "montaña maior". Sitúase a unha altura de 2.350 metros por enriba do nivel do mar e foi construído polos incas no século XV. Trátase dun santuario de rango superior no que se gardaba a momia do fundador do imperio inca, Pachacútec. É un conxunto de pazos e templos, algúns dos cales estaban recubertos con ouro, que chegou a albergar ata 750 persoas.
  79. 85. No alto da área urbana sitúase a chamada intihuatana, unha columna de pedra que mostra exactamente cando se producen os equinoccios. Os expertos opinan que foi desocupada no ano 1540 coa chegada dos españois. O 24 de xullo de 1911 foi descuberta polo explorador americano Hiram Bingham.
  80. 86. CHICHÉN ITZÁ (MÉXICO) O seu nome significa "na beira do pozo dos itzáes". Foi o centro político e económico da civilización maia entre os anos 750 e 1.200 d.C., aínda que se estima que foi construída entre os anos 435 e 455 d.C. O seu edificio máis destacado é coñecido como "O castelo" e trátase da pirámide dedicada ao deus Kukulkán, que mide 25 metros de alto e 55,5 por cada un dos seus lados.
  81. 87. Tamén son edificios importantes o Templo dos Guerreiros, o Observatorio ou o Templo das Mil Columnas. Ademais, hai que ter en conta o grande Cenote sagrado no que se atoparon restos humanos e de xade e cerámica. Cara ao ano 1194, Chichén Itzá perdeu o seu dominio fronte a Mayapán. Pouco despois foi abandonada.
  82. 88. O COLISEO DE ROMA (ITALIA) O seu verdadeiro nome é Anfiteatro Flavio. Pénsase que a denominación pola que é máis coñecido deriva dunha estatua próxima de dimensións colosais dedicada ao emperador Nerón. A súa construción empezou no ano 72 d.C. por orde de Vespasiano e inaugurouse no 80, baixo o mandato de Tito. Ten 48 metros de altura, 188 metros de longo e 156 metros de ancho. Cada nivel ten 80 arcos.
  83. 89. Os seus asentos estaban divididos en varios niveis: o podio, onde sentaban os senadores e onde estaba o palco de emperador; o superior a este, no que sentaban os aristócratas, e unha terceira parte, subdividida á súa vez en dous, unha inferior para os plebeos ricos e outra superior para os pobres. A parte das loitas entre gladiadores e destes con feras, no Coliseo tamén se representaban batallas navais.
  84. 91. TAJ MAHAL (INDIA) Trátase dun inmenso mausoleo construído por Shah Jahan, o quinto emperador mongol musulmán, en memoria da súa esposa, a princesa Mumtaz Mahal, morta no parto do seu décimo fillo. Foi erixido entre os anos 1631 e 1648, e nel traballaron 20.000 persoas, que vivían nun complexo próximo chamado Mumtabazad, coñecido agora como Taj Ganj.
  85. 93. O material, traído dende todos os recantos da India e Asia central coa axuda de 1000 elefantes, estaba composto por: pedra de gra vermella antiga, xaspe, xade, cristal, turquesas, lapislázuli, zafiros, carbón, cornalina, diamantes e mármore, entre outros. O corpo central mide 57 metros de alto.
  86. 94. Revista Historia y Vida nº 403, outubro 2001 http://es.wikipedia.org/wiki/Nuevas_maravillas_del_mundo http://www.elmundo.es/elmundo/2007/07/08/cultura/1183853594.html FONTES Revista Historia y Vida nº 403, outubro 2001 http://es.wikipedia.org/wiki/Nuevas_maravillas_del_mundo http://www.elmundo.es/elmundo/2007/07/08/cultura/1183853594.html Revista Historia y Vida nº 403, outubro 2001 http://es.wikipedia.org/wiki/Nuevas_maravillas_del_mundo http://www.elmundo.es/elmundo/2007/07/08/cultura/1183853594.html FONTES

×