SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
AS PIRÁMIDES DE EXIPTO
As pirámides de Exipto están
consideradas grandes marabillas
da Antigüidade pola súa
espectacularidade e complexa
construción. Ten en conta que
levantáronse fai máis de 4.000
anos, durante a época coñecida
como Imperio Antigo!.
Calquera que visita Exipto
quédase fascinado
contemplándoas e pregúntase
como puideron resistir o paso do
tempo.
Pero… sabes para que se utilizaban as pirámides e como se construíron?
O pobo exipcio cría que tras a morte, o espírito dos defuntos seguía
vivindo eternamente e que para elo, era necesario que o corpo se mantivera
intacto. Por esta razón, momificábanse os cadáveres con produtos naturais
como aceites, resinas e sales, e logo envolvíanse en vendas de liño. Ademais,
pensábase que na vida de ultratumba, o espírito do morto seguiría necesitando
os seus obxectos persoais e alimentos, así que enterrábano rodeado de todas as
súas pertenzas.
As pirámides son grandes tumbas que os faraóns mandaron construír
para gozar da vida eterna tras a súa morte. Por unha parte, servían para
resgardar a cámara funeraria, decorada con xeroglíficos, da intemperie e do
paso dos anos. Por outra parte, como podes imaxinar, os tesouros con que
enterraban ao faraón tiñan un valor incalculable, así que as pirámides protexían
os numerosos obxectos de valor dos saqueadores de tumbas.
Deseñáronse de maneira que fora moi difícil penetrar nelas, e no seu
interior, se construían pasadizos segredos e portas falsas, co fin de despistar
posibles ladróns. Ademais, unha vez enterrado o faraón, todas as entradas
quedaban tapiadas. A pesar de todo, durante séculos moitos conseguiron burlar
estas medidas de seguridade e facerse ricos da noite para a mañá.
As pirámides máis importantes encóntranse en Guiza, no val do Nilo. A
máis grande é a de Keops, de 146 metros de altura e sitúase a carón de outras
dúas, a de Kefrén e Micerinos, de menor tamaño. Para a súa construción
necesitáronse moitos anos e miles de persoas que traballaron sen descanso. Os
obreiros trasladaban polo río grandes bloques de pedra extraídos das canteiras
e ao chegar á beira, usaban carros baixos de catro rodas e cordas para levalos
ata a zona onde se construía a pirámide. O peso das pedras era enorme, así que
para elevalas e poder colocar unhas sobre outras, idearon un sistema de
ramplas de subida e de baixada.
PREGUNTAS:
1. En que país podes encontrar as pirámides?
2. Cantos anos fai que se construíron as pirámides?
3. Para que construían os faraóns as pirámides?
4. Que se construía no seu interior para dificultar o seu acceso?
5. Canto mide a pirámide máis alta?
6. Por onde trasladaban os obreiros os bloques de pedra?
7. Debuxa o interior dunha pirámide cos seus pasadizos segredos, portas
falsas e a súa cámara funeraria.
ALGO DE GRAMÁTICA:
1. Busca no texto: 3 palabras agudas con til e 3 sen til, 5 graves e 3
esdrúxulas.
2. Busca no texto substantivos:
a) 5 comúns e 5 propios
b) 5 concretos e 2 abstractos.
c) 3 contables e 2 incontables.
d) 3 individuais e 1 colectivo
3. Escribe 1 sinónimo e 1 antónimo das seguintes palabras:
 grandes
 difícil
 moitos
4. Que son os xeroglíficos? Escribe unha mensaxe utilizando pictogramas
propios dos xeroglíficos.
5. Este texto, cres que é literario ou non literario. Explica por que.
6. Escribe unha poesía de 2 estrofas de 4 versos cada unha sobre un destes
dous temas: as pirámides ou os faraóns.

As pirámides de Egipto

  • 1. AS PIRÁMIDES DE EXIPTO As pirámides de Exipto están consideradas grandes marabillas da Antigüidade pola súa espectacularidade e complexa construción. Ten en conta que levantáronse fai máis de 4.000 anos, durante a época coñecida como Imperio Antigo!. Calquera que visita Exipto quédase fascinado contemplándoas e pregúntase como puideron resistir o paso do tempo. Pero… sabes para que se utilizaban as pirámides e como se construíron? O pobo exipcio cría que tras a morte, o espírito dos defuntos seguía vivindo eternamente e que para elo, era necesario que o corpo se mantivera intacto. Por esta razón, momificábanse os cadáveres con produtos naturais como aceites, resinas e sales, e logo envolvíanse en vendas de liño. Ademais, pensábase que na vida de ultratumba, o espírito do morto seguiría necesitando os seus obxectos persoais e alimentos, así que enterrábano rodeado de todas as súas pertenzas. As pirámides son grandes tumbas que os faraóns mandaron construír para gozar da vida eterna tras a súa morte. Por unha parte, servían para resgardar a cámara funeraria, decorada con xeroglíficos, da intemperie e do paso dos anos. Por outra parte, como podes imaxinar, os tesouros con que enterraban ao faraón tiñan un valor incalculable, así que as pirámides protexían os numerosos obxectos de valor dos saqueadores de tumbas. Deseñáronse de maneira que fora moi difícil penetrar nelas, e no seu interior, se construían pasadizos segredos e portas falsas, co fin de despistar posibles ladróns. Ademais, unha vez enterrado o faraón, todas as entradas quedaban tapiadas. A pesar de todo, durante séculos moitos conseguiron burlar estas medidas de seguridade e facerse ricos da noite para a mañá. As pirámides máis importantes encóntranse en Guiza, no val do Nilo. A máis grande é a de Keops, de 146 metros de altura e sitúase a carón de outras dúas, a de Kefrén e Micerinos, de menor tamaño. Para a súa construción necesitáronse moitos anos e miles de persoas que traballaron sen descanso. Os obreiros trasladaban polo río grandes bloques de pedra extraídos das canteiras e ao chegar á beira, usaban carros baixos de catro rodas e cordas para levalos ata a zona onde se construía a pirámide. O peso das pedras era enorme, así que para elevalas e poder colocar unhas sobre outras, idearon un sistema de ramplas de subida e de baixada.
  • 2. PREGUNTAS: 1. En que país podes encontrar as pirámides? 2. Cantos anos fai que se construíron as pirámides? 3. Para que construían os faraóns as pirámides? 4. Que se construía no seu interior para dificultar o seu acceso? 5. Canto mide a pirámide máis alta? 6. Por onde trasladaban os obreiros os bloques de pedra? 7. Debuxa o interior dunha pirámide cos seus pasadizos segredos, portas falsas e a súa cámara funeraria. ALGO DE GRAMÁTICA: 1. Busca no texto: 3 palabras agudas con til e 3 sen til, 5 graves e 3 esdrúxulas. 2. Busca no texto substantivos: a) 5 comúns e 5 propios b) 5 concretos e 2 abstractos. c) 3 contables e 2 incontables. d) 3 individuais e 1 colectivo 3. Escribe 1 sinónimo e 1 antónimo das seguintes palabras:  grandes  difícil  moitos 4. Que son os xeroglíficos? Escribe unha mensaxe utilizando pictogramas propios dos xeroglíficos. 5. Este texto, cres que é literario ou non literario. Explica por que. 6. Escribe unha poesía de 2 estrofas de 4 versos cada unha sobre un destes dous temas: as pirámides ou os faraóns.