SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
Forugh 
Farrokhzad 
Teherán (Irán), 
5 de xaneiro de 1935 – 
13 de febreiro de 1967
Forugh naceu en Teherán en 1935, 
filla dun militar de carreira (o Coronel 
Mohammad Bagher Farrokhzad) e a 
súa dona Touran Vaziri-Tabar. Era a 
terceira de sete irmáns. Fixo os 
estudos regulares e ao rematalos, 
aos 15 anos, matriculouse nunha 
escola técnica para aprender pintura 
e confección de roupa. 
Namorouse do seu curmán Parviz 
Shapoor aos 16 anos e casou con el 
contra a vontade familiar. Un ano 
despois, en 1952, naceu o único fillo 
de Forugh, Kamyar. Forugh e Parvis 
separáronse en 1954.
En 1955 publica a súa primeira 
colección de poemas, ASIR 
(CAUTIVA). No verán de 1956 fai 
unha longa viaxe (nove meses) a 
Europa. Aparece o seu segundo 
volume de poemas, DIVAR (O 
MURO), que dedica ao seu exmarido. 
O terceiro libro chegou en 1958: 
ESIAN (REBELIÓN). Nesa altura 
comeza a súa relación co escritor e 
cineasta Ebrahim Golestan.
En 1962 roda nunha leprosería o seu 
único filme, A casa é negra 
خانه سیاه است) , / Khaneh siah ast). 
O documental explora ao mesmo tempo 
a dor e o sufrimento dos enfermos e a 
beleza da vida. Gañou un premio no 
Festival de Oberhausen en 1963. O 
prestixio desta obra non deixou de 
medrar co andar dos anos e hoxe está 
considerada unha das máis importantes 
de toda a historia do cinema iraniano e 
unha clara precursora da “nova vaga” 
que transformou o cinema dese país -e 
do mundo enteiro- grazas a autores 
coma Abbas Kiarostami. 
Durante a rodaxe Forugh encariñouse 
cun neno da colonia, fillo de dous 
leprosos, e acabou por adoptalo.
A casa é negra, 1963
“A estraña capacidade de Farrokhzad para ver os leprosos sen morbo, 
coma persoas fermosas e comúns, obxectos de amor e de intensa 
identificación, ofrece desafíos moi diferentes que apuntan unha postura 
espiritual e filosófica moi distinta. Ao mesmo tempo, unha lectura atenta 
de A casa é negra leva a concluír que certas partes do seu “realismo 
documental” deberon ser actuadas e guionizadas. Coma outros 
cineastas iranianos da Nova Vaga que traballaron con actores non 
profesionais en localizacións relativamente pobres, Farrokhzad “creou” e 
non simplemente “encontrou”, logrando unha poderosa combinación de 
realidade e ficción que volve os dous rexistros contiguos máis que 
dilalécticos. Moito máis dialéctica é a relación entre os dous narradores 
do filme: unha voz masculina anónima que describe de maneira fáctica e 
relativamente desapaixonada, aínda que cun enfoque claramente 
humanista, e Farrokhzad recitando a súa poesía nun ton belo e lúgubre, 
a metade de camiño entre un rezo relixioso e un lamento de blues” 
Jonathan Rosenbaum
O recoñecemento de Forugh Farrokhzad 
transcende o ámbito local: a UNESCO 
promove un filme sobre a autora, 
Bernardo Bertolucci viaxa a Irán para 
entrevistala e facer unha curta... Edítase 
un cuarto libro, TAVALLODI DIGAR 
(OUTRO NACEMENTO) e prepara un 
quinto volume...
O 13 de febreiro de 1967 Forugh vai visitar a súa nai. A conversa que 
manteñen durante o almorzo é, segundo dixo logo esta, a “máis 
agradábel que tiveran nunca”. 
Forugh regresa á súa casa conducindo o coche. Na intersección de 
dúas rúas encóntrase con outro vehículo e para evitar chocar con el 
dá un volantazo e estámpase contra un muro. Falece vítima dos 
traumatismos craneais aos 32 anos. 
Foi enterrada no cemiterio Zahiro-Doleh de Teherán.
A parella 
Vén a noite 
e canda a noite, a escuridade 
e canda a escuridade 
ollos 
mans 
respiracións e máis respiracións 
e o ruído da auga 
as pingas que pingan 
da billa 
logo dous puntos vermellos 
dous cigarros prendidos 
o tic-tac do reloxo 
dous corazóns 
e dúas soidades.
A rebelión 
[...] 
Non peches os meus beizos, non me 
impoñas o silencio 
debo revelar o meu segredo. 
Debo dicirlle ao mundo enteiro 
as palabras que me queiman, o meu fero 
eco 
Vén canda min e libérame 
ao prístino ceo da poesía. 
Se me deixas voar 
serei unha rosa no xardín da poesía. 
[...]
O vento levaranos 
Na miña noite breve... ai! 
o vento ten unha cita coas follas. 
A miña noite breve está posuída pola angustia da 
devastación. 
Escoita! Sentes o alento das sombras? 
Síntome allea a esta felicidade, 
estou afeita ao desespero. 
Escoita! Sentes o alento das sombras? 
Algo ocorre na noite 
a Lúa está vermella e intranquila 
e sobre o tellado 
sempre con medo a derrubarse 
as nubes, coma unha procesión de xente a facer pranto, 
parecen agardar o momento da chuvia
un momento 
e logo nada 
a noite estarrece ao outro lado da xanela 
e a Terra deixa de xirar 
ao outro lado da xanela 
algo descoñecido nos vixía a ti e a min. 
Ti, no teu verdor, 
pon as túas mans coma un recordo que queima 
nas miñas man amorosas 
leva os teus beizos coa calor da vida 
ao encontro dos meus amorosos beizos. 
O vento levaranos. 
O vento levaranos.

More Related Content

What's hot (9)

Narrativa renacentista
Narrativa renacentistaNarrativa renacentista
Narrativa renacentista
 
O teatro do absurdo e o teatro do compromiso
O teatro do absurdo e o teatro do compromisoO teatro do absurdo e o teatro do compromiso
O teatro do absurdo e o teatro do compromiso
 
Carlos Negro
Carlos NegroCarlos Negro
Carlos Negro
 
Petrarca
PetrarcaPetrarca
Petrarca
 
Narrativa medieval II
Narrativa medieval IINarrativa medieval II
Narrativa medieval II
 
Poesía trobadoresca
Poesía trobadorescaPoesía trobadoresca
Poesía trobadoresca
 
O alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESOO alumnado de 4º de ESO
O alumnado de 4º de ESO
 
Narrativa romántica
Narrativa románticaNarrativa romántica
Narrativa romántica
 
A vangarda
A vangardaA vangarda
A vangarda
 

More from filmotecaforum

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 

#OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad

  • 1. Forugh Farrokhzad Teherán (Irán), 5 de xaneiro de 1935 – 13 de febreiro de 1967
  • 2. Forugh naceu en Teherán en 1935, filla dun militar de carreira (o Coronel Mohammad Bagher Farrokhzad) e a súa dona Touran Vaziri-Tabar. Era a terceira de sete irmáns. Fixo os estudos regulares e ao rematalos, aos 15 anos, matriculouse nunha escola técnica para aprender pintura e confección de roupa. Namorouse do seu curmán Parviz Shapoor aos 16 anos e casou con el contra a vontade familiar. Un ano despois, en 1952, naceu o único fillo de Forugh, Kamyar. Forugh e Parvis separáronse en 1954.
  • 3. En 1955 publica a súa primeira colección de poemas, ASIR (CAUTIVA). No verán de 1956 fai unha longa viaxe (nove meses) a Europa. Aparece o seu segundo volume de poemas, DIVAR (O MURO), que dedica ao seu exmarido. O terceiro libro chegou en 1958: ESIAN (REBELIÓN). Nesa altura comeza a súa relación co escritor e cineasta Ebrahim Golestan.
  • 4. En 1962 roda nunha leprosería o seu único filme, A casa é negra خانه سیاه است) , / Khaneh siah ast). O documental explora ao mesmo tempo a dor e o sufrimento dos enfermos e a beleza da vida. Gañou un premio no Festival de Oberhausen en 1963. O prestixio desta obra non deixou de medrar co andar dos anos e hoxe está considerada unha das máis importantes de toda a historia do cinema iraniano e unha clara precursora da “nova vaga” que transformou o cinema dese país -e do mundo enteiro- grazas a autores coma Abbas Kiarostami. Durante a rodaxe Forugh encariñouse cun neno da colonia, fillo de dous leprosos, e acabou por adoptalo.
  • 5. A casa é negra, 1963
  • 6. “A estraña capacidade de Farrokhzad para ver os leprosos sen morbo, coma persoas fermosas e comúns, obxectos de amor e de intensa identificación, ofrece desafíos moi diferentes que apuntan unha postura espiritual e filosófica moi distinta. Ao mesmo tempo, unha lectura atenta de A casa é negra leva a concluír que certas partes do seu “realismo documental” deberon ser actuadas e guionizadas. Coma outros cineastas iranianos da Nova Vaga que traballaron con actores non profesionais en localizacións relativamente pobres, Farrokhzad “creou” e non simplemente “encontrou”, logrando unha poderosa combinación de realidade e ficción que volve os dous rexistros contiguos máis que dilalécticos. Moito máis dialéctica é a relación entre os dous narradores do filme: unha voz masculina anónima que describe de maneira fáctica e relativamente desapaixonada, aínda que cun enfoque claramente humanista, e Farrokhzad recitando a súa poesía nun ton belo e lúgubre, a metade de camiño entre un rezo relixioso e un lamento de blues” Jonathan Rosenbaum
  • 7. O recoñecemento de Forugh Farrokhzad transcende o ámbito local: a UNESCO promove un filme sobre a autora, Bernardo Bertolucci viaxa a Irán para entrevistala e facer unha curta... Edítase un cuarto libro, TAVALLODI DIGAR (OUTRO NACEMENTO) e prepara un quinto volume...
  • 8. O 13 de febreiro de 1967 Forugh vai visitar a súa nai. A conversa que manteñen durante o almorzo é, segundo dixo logo esta, a “máis agradábel que tiveran nunca”. Forugh regresa á súa casa conducindo o coche. Na intersección de dúas rúas encóntrase con outro vehículo e para evitar chocar con el dá un volantazo e estámpase contra un muro. Falece vítima dos traumatismos craneais aos 32 anos. Foi enterrada no cemiterio Zahiro-Doleh de Teherán.
  • 9. A parella Vén a noite e canda a noite, a escuridade e canda a escuridade ollos mans respiracións e máis respiracións e o ruído da auga as pingas que pingan da billa logo dous puntos vermellos dous cigarros prendidos o tic-tac do reloxo dous corazóns e dúas soidades.
  • 10. A rebelión [...] Non peches os meus beizos, non me impoñas o silencio debo revelar o meu segredo. Debo dicirlle ao mundo enteiro as palabras que me queiman, o meu fero eco Vén canda min e libérame ao prístino ceo da poesía. Se me deixas voar serei unha rosa no xardín da poesía. [...]
  • 11. O vento levaranos Na miña noite breve... ai! o vento ten unha cita coas follas. A miña noite breve está posuída pola angustia da devastación. Escoita! Sentes o alento das sombras? Síntome allea a esta felicidade, estou afeita ao desespero. Escoita! Sentes o alento das sombras? Algo ocorre na noite a Lúa está vermella e intranquila e sobre o tellado sempre con medo a derrubarse as nubes, coma unha procesión de xente a facer pranto, parecen agardar o momento da chuvia
  • 12. un momento e logo nada a noite estarrece ao outro lado da xanela e a Terra deixa de xirar ao outro lado da xanela algo descoñecido nos vixía a ti e a min. Ti, no teu verdor, pon as túas mans coma un recordo que queima nas miñas man amorosas leva os teus beizos coa calor da vida ao encontro dos meus amorosos beizos. O vento levaranos. O vento levaranos.