SlideShare a Scribd company logo
1 of 37
Download to read offline
2
Capitán Farturas
O Ventomareiro
e catro contos mais
3
 Asociación de Ensinantes do Salnés. CANDEA
I.S.B.N: 84-920310-4-2
Depósito Legal:
4
Indice:
O Ventomareiro 5
O Crocodilo, Don Sacho 15
Polióculo 21
O Rei Morcego 29
Lingüinfibulación 37
5
O Ventomareiro
Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”
6
Poti e Bebé eran dous bos amigos. Coñecéranse había
agora un ano, e só cunha sinxela ollada fixéronse compañeiros.
Poti era trobeiro e Bebé guitarrista. Sen dúbida unha boa
mistura. Actuaban polas rúas e durmían onde podían,xa que eran
moi pobres.
Mais ninguén parecía aprecia-la arte dos dous amigos e,
un bó dia, decidiron deixa-lo espectáculo.
Poti fíxose esmoleiro e Bebé convertiuse en trapeiro.
Construiron unha caseta cos restos de dous coches vellos e un-
has caixas.
Seguiron sendo pobres e a súa sorte parecía non querer
cambiar; ata que un día Bebé atopou na rúa unha gran maleta
negra con rodas. Levouna para a caseta e agardou por Poti. Ó
chegar díxolle:
-Mira o que atopei.
-!Vaia maleta¡ -exclamou Poti- Si que é grande. ¿Qué
terá dentro?
-Se queremos sabelo, xa sabes, hai que abrila.
Dito e feito, cun ferro vello forzaron a pechadura e …
¡Sorpresa, sorpresa! ¿Sabede-lo que había? ¡Non, non! Non pen-
sedes que diñeiro. Nin formigas. Nin roupa vella. ¿pensades que
estaba chea de reloxos? Pois non. Dentro había un home dur-
mindo.
Bebé ía espertalo e entón decatouse, ¡era increíbe!.
Realmente aquel home era moi extraño e os dous amigos dixe-
ron a un tempo:
-¡É un home de carne viva! ¡Non ten pel!
Dixérono tan forte que o “home sen pel” espertou.
7
Ergueuse e dixo sinxelamente:
-¿Que hai? Son Grafo, deseñador e arquitecto, para servi-
los no que gusten.
Poti e Bebé quedaron calados, pero non podían deixar de
pensar que aquel home non tiña pel.
O señor Grafo decatouse de que o miraban con ollos ra-
ros e decidiu contarlle-la súa historia. O asunto era o seguinte:
Grafo era un famoso arquitecto nun lonxano país chama-
do “O País das Columnas”, pola teima que tiñan os seus habitan-
tes de ergueren columnas. Nese país a persoa que ós vintecinco
anos non tivera erguidas cento corenta columnas, era considera-
da coma unha persoa maleducada e que ademais non podía tra-
ballar.
Non era este o caso do señor Grafo, xa que gracias á súa
profesión erguera máis de cincocentas columnas.
Ben, o asunto era outro, Un dia o señor Grafo decidiu
construí-la casa do vento. Unha casa de máis de mil metros de
altura, e cun labirinto no seu interior para que o vento que entra-
ra non poidera saír.
Puxo mans ó avío e en trinta días e medio rematou a súa
obra.
O día 16 de setembro, a iso das sete do serán, inaugurou
a casa do vento. E o primeiro vento que caiu na trampa foi o
señor Ventomareiro.
Pero o señor Grafo non contara que hai moitas clases de
vento, e o Ventomareiro é dos máis pillabáns.
Meter meteuse na casa, e púxose tan furioso cando non
atopou a saída que, con gran forza, derrubou a parte máis alta.
Na súa fuxida bateu con Grafo, que observaba todo, e rouboulle
a pel cunha racha moi forte.
Dende aquela o prestixio do señor Grafo devalou. Pero o
problema meirande era o da pel.
8
Grafo meteuse nunha gran maleta con rodas e deixou que
a xente que a atopaba levárao onde quixera. Máis non tivera
éxito, e seguía sen atopa-la pel.
Cando rematou a súa historia, Poti e Bebé decidiron axu-
dalo. Os tres puxéronse dacordo.
-Tés que saír da maleta e adicarte a buscar ben -dixo Po-
ti.
-Non, non quero saír da maleta. Se me axudades, algún
día sí que poderei saír.
Poti e Bebé seguiron coas súas ocupacións. Pero agora,
cando se atopaban con algunha persoas sempre lle preguntaban:
-¿Sabe vostede onde pode esta-lo Ventomareiro?
Pero a ignorancia da xente nestes asuntos é manifesta.
Certo día Bebé fíxolle a pregunta a un home vestido de
vermello que estaba percorrendo o mundo, porque disque se
perdera e estaba a ver se se atopaba nalgún sitio.
O home que non se atopaba respondeulle:
-Nos meus viaxes, dei cun país moi extrano onde o
primeiro luns de cada mes sopra o Ventomareiro.
-¿E cara onde cae ese país? -dixo Bebé.
-Ides andando cara ó Leste, e onde vexades que un cabalo
mouro estea fumando en pipa, ese é o país.
Bebé aledouse moito e foillo comunicar ós seus compa-
ñeiros.
Puxéronse en camiño inmediatamente. Despois de nove
días de andaren sen descanso, chegaron onda o cabalo.
Cansos como estaban -Grafo, non; pois ía comodamente
na maleta- foron a unha pousada.
-Bos días. ¿Teñen habitacións para dous? -Dixo Poti.
-Temos -respondeu unha señora moi vella- .Pero a maleta
ten que ir para o faiado.
9
E Poti e Bebé durmiron moi ben esa noite. Grafo, no
faiado, non soñou cos anxiños; pois o faiado era moi escuro e
pasou moito medo.
Á mañá seguinte era o primeiro luns de mes.
Os tres amigos puxéronse na rúa principal da cidade e
agardaron ó vento.
E chegou. Pero, ¡Qué decepción! Grafo decatouse axiña
que aquel non era o vento que lle roubara a pel.
Tristes, decepcionados, foron paseando ata a praia.
Alí estaba reparando as redes un vello mariñeiro que, ó
velos tan tristes, preguntoulles:
-¿Que lles pasa señores?
E contáronlle a historia.
Entón si que tiveron sorte. O mariñeiro era entendido en
ventos. Contoulles que hai moitas clases de vento.
Ventomareiros, Ventos da Montaña, Xistral, Ventos de
Estornudos, Ventos da Tía de Euloxio, etc., etc.
E aínda máis: os ventos eran diferentes segundo o día.
Así, o Ventomareiro do luns era diferente ó do martes.
-¡Iso é! -dixo Grafo- O día que me roubou a pel era mér-
cores.
-Pois o que podes facer é ir falar co fabricante de ventos.
É un señor moi vello que se chama Eolo -dixo o vello mariñrei-
ro-.
-¿E onde vive? -dixo Bebé.
-Pois, mirade: ides sempre contra o vento que atopedes, e
chegaredes alí.
Alá se foron. De novo a camiñar. Días e días de cami-
ño… E a contravento.
Despois de sete meses de andaren, chegaron a un enorme
pazo.
10
Era un pazo cunha porta redonda; cun altavoz enriba que
anunciaba a saída dos ventos e a chegada dos que xa cumpriran a
súa misión.
Os tres amigos, nunha pausa do altavoz, entraron no pazo
e dirixíronse á Recepción.
Amablemente atendeunos o Ventorrecepcionista.
-¿Que “ventodesexan” vostedes? -dixo.
-Desexamos falar co Ventomareiro dos mércores.
-¡Ai! Se é para iso teñen que ir ó despacho do Vento-
segredario.
E aló foron por un longo corredor. Chegaron a outro
despacho.
-¿Que lles ventotrae por aquí? - dixéronlles.
Volveron repeti-lo mesmo que dixeran e o Ventosegreda-
rio díxolles:
-Síntoo moito. Ventotrabucáronse de despacho. Teñen
vostedes que ventoir á ventosección do Ventovai.
E alá foron. Cando chegaron mandáronos á sección do
Ventoven.
E entre Ventovai e Ventovén estiveron tres días. Ata que
se cansaron e mandaron a tódolos ventos que foran a toma-lo
vento. E fóronse dalí.
Tristes, chegaron a unha pequena cidade.
Aquela cidade tiña unha emisora de radio.
A chegada de forasteiros sempre era unha novidade. Os
reporteiros da emisora fixéronlles unha reportaxe; e ó pouco
tempo de saíren polas ondas, os teléfonos da emisora non deixa-
ron de soar. Toda a xente quería axudalos. Sobre de todo man-
daban roupa, moita roupa. Xerseis, camisas, cirolas, camisetas,
etc., etc.
De súpeto, cando estaban os tres amigos pensativos, Poti
dixo:
-¡Xa o teño!
11
-¿Que tes?, ¿Que tes?
-Por que non facemos isto: bissssssssssssss……..sssssss..
Estiveron traballando varios días. Só quedaba un para
que fora de novo mércores.
Esa noite tódalas emisoras do mundo, en contacto coa
pequena emisora da cidade onde estaban os tres compañeiros,
emitiron esta estraña noticia:
-“Mañá, se queren axudar a Grafo, o home sen pel, ás
once en punto da mañá, berren con tódalas súas forzas. Un berro
único:
“¡¡¡FUXE DE NÓS VENTO MAREIRO!!!”
“Somentes a zona da montaña Pirixela estará en SILEN-
CIO.
“REPETIMOS:
“ZONA DA MONTAÑA PIRIXELA EN SILENCIO”
Xa os nosos amigos rubiran ó cume da montaña cun es-
traño aparello. Agardaban ás once.
Chegou o día. No pazo do señor Eolo, anunciouse:
-¡Ventomareiro do mércores!, ¡Ventomareiro do mérco-
res!
¡Saída en cinco minutos!, ¡Saída en cinco minutos!
Ós cinco minutos, sen sabe-lo que lle agardaba, saiu o
Ventomareiro do mércores, con tódalas cousas que roubara na
súa existencia.
Aló se foi, a campar polo mundo.
Sopra que sopra.
De súpeto deron as once badaladas nos reloxos de todo o
mundo. E milleiros de persoas berraron con tódalas forzas:
-Fuxe de nós Ventomareiro” FUXE, FUXE, FUXE…..
Ventomareiro sufriu tal susto que, o primeiro que fixo foi
fuxir, tal coma pensara Poti. Fuxir daqueles berros arrepiantes.
Fuxindo foise refuxiar na única zona do mundo que estaba en
silencio: a montaña Pirixela.
12
Pero como levaba tanta forza, polo pulo que collera para
fuxir, tivo que pasar por riba do cume.
E alí descuobriuse o aparello dos nosos amigos. Un funil
enorme de folladelata.
O funil meirande que vos poidades imaxinar.
A parte ancha cara ó vento. A parte estreita tiña suxeita
unha gran bulsa de plástico.
O coitado do Ventomareiro caeu na trampa e deu coas
súas foulas na bolsa.
Durante tres días estivo Grafo buscando pola súa pel. Por
fin puido atopala entre a gran cantidade de cousas que o vento
roubara nas súas pasadas.
Había de todo: dentes postizos, perrucas, máquinas de
escribir, estrelas do ceo, tellas, pantalóns, etc., etc.
Grafo puido volver ser un home con pel. Poti, Bebé e
Grafo agradeceron a axuda de todo o mundo. Ataron ben a bulsa
e remitíronlla ó pazo do señor Eolo cunha tarxeta que dicía:
“O ventomareiro
rouboume o pelexo;
aquí cho devolvo
e sen fumes cho deixo.”
13
O Crocodilo,
Don Sacho
14
PARIS
12 Nadal 1.954
Queridos sobriños:
Coma tódolos anos por estas datas lémbrome de vós. Es-
te ano tampouco as cousas van moi ben por aquí, pero coma
tódolos anos mándovos unha das tantas historias que teño garda-
das para cando chegue o día do retorno á Terra e á escola.
Vouvos conta-la historia dun home. Pero non pensedes
que este home,que é o protagonista da nosa historia, é un home
coma os demais. O “Crocodilo” era un homes disos ós que as
persoas maiores chaman parvos, só polo feito de seren diferentes
a eles.
O Crocodilo era amigo de tódolos nenos. Traballaba de
recadeiro na almacén do Cachafeiras, que foi o único do pobo
que lle deu traballo.
En canto non traballaba, o Crocodilo pasaba a maior par-
te do tempo co seu coelliño Tan; ou tamén se poñía a toca-lo
birimbau.
O Crocodilo adeprendera a falar co birimbau dende había
tempo. Agora tiña a teima de adeprender a falar ó coelliño Tan.
Tan era un coelliño pequerrecho que andaba sempre co
pelo encrechado. Como animaliño que era, falaba na linguaxe
animal. Esta linguaxe é belísima… segundo dín.
Moitas persoas pensan que un coello dun país fala coma
poidera falar un doutro país calquera. Istas persoas están trabu-
cadas. Os coellos, por seren de países diferentes, falan linguaxes
diferentes.
15
O Crocodilo non foi capaz de adeprende-la linguaxe do
coelliño, emporiso agora desexaba que o coello falara coma el.
Tódolos nenos do pobo iamos sempre á casiña do Croco-
dilo, que estaba na beira do río e era moi vella.
Alí, o Crocodilo tocaba o birimbau e contaba unhas his-
torias que nos levaban a outros mundos.
Un día contouno-la historia dun home que fixo un burato
moi fondo.
-“¿Sabede-la historia de don Sacho”? -preguntounos o
Crocodilo.
-¡Non!, ¡Non a sabemos! -respostamos todos a coro.
… E escomenzou a contarnos:
… “Había unha vez un home chamado don Sacho.
Don sacho era un fortachón que tiña un ollo de vidro. Ti-
ña tamén unha filla que andaba coas mans, e un can que sempre
andaba con tos de can.
Don Sacho era o home máis traballador da vila. Sempre
andaba a sachar co seu sacho bulidor. Os veciños sempre vían ós
dous xuntos e traballando.
Don sacho era feliz; máis unha tristura moi fonda entraba
nel cando vía á súa filla andar coas mans e cos pés no aire.
Un dia, don Sacho, enterouse de que o mundo era redon-
do coma unha gran bola.
Don Sacho pensou, xa que logo, que a xente da outra
banda do mundo andaría coas mans. El decatábase que a súa filla
non se sentía moi leda onde vivía.
Don Sacho non tiña cartos para leva-la súa filla á banda
de abaixo do mundo. Pero DON Sacho tiña o seu sacho bulidor
e pensou:
-“Se eu cravo unha agulla nunha laranxa, a punta da agu-
lla sae pola outra parte. Entón se fago un burato, tan, tan fondo,
que atravese a Terra, sairei na parte de abaixo”.
16
Don Sacho botouse a trafegar co seu sacho bulidor. A
xente que pasaba pola beira do burato escachaba a rir.
Pero Don Sacho seguía a traballar.
Pasaban os días e o gran burato cada vez era máis fondo.
Pasaron meses, pasaron anos, e ninguén volveu saber de don
Sacho.
A súa filla chorou e chorou. Os veciños ríanse dela, tanto
por ser filla dun tolo coma, tamén, por non saber adar coma a
xente.
Despois de moitos anos, cando xa poucos se lembraban
do tolo de don Sacho e a súa filla xa morrera había tempo, apa-
receu na vila un señor cuns bigotes enormes.
Segundo dixo, viña da parte dabaixo do mundo. Toda a
xente quedou abraiada; pois eles tamén pensaban que as persoas
de aló embaixo andaban coas mans.
Este señor traía unha caixiña. Nela, dixo que estaban as
cinzas de Don Sacho. Este señor tamén contou que o cadaver de
don Sacho fora atopado por uns mineiros. Tan só estaba a uns
cantos metros da superficie.
Dende aquel día toda a vila lembrouse de Don Sacho e
tivérono coma unha persoa de moito caletre.
Mais agora, despois de morto, pouco lle ha de importar a
Don Sacho.
Historias coma estas eran as nosas favoritas.
O Crocodilo endexamáis nos fallaba: él e os seus contos
enchían boa parte do noso tempo libre.
O Crocodilo, varias veces ó mes, facía unhas viaxes que
a todo o mundo daban risa.
Montaba no tren co seu birimbau e unha libretiña. Non
viaxaba porque tivera que ir a algures. Viaxaba só para anota-los
nomes dos pobos polos que pasaba o tren, as persoas que subían
nel, as historias que contaban os compañeiros de viaxe, etc.
17
Todo esto que facía era moi raro para as persoas maiores.
Máis para nós, que eramo-los ouvintes das súas historias, era
algo marabilloso.
Sabiamos que cando voltaba dunha das súas viaxes, traía
unha historia canda él.
Cando o Crocodilo estaba doente, non visitaba ó medico.
Falaba co seu birimbau, e iste dicíalle o que tiña que facer.
A xente maior non podía aturar por máis tempo ó Croco-
dilo. Era un home moi raro para eles.
Falaron co Cachafeiros. Dixéronlle que se segúia a lle dar
traballo ó parvo do Crocodilo, eles non mercarían máis alí.
O Crocodilo quedou sen traballo. Durante algúns días o
crocodilo comeu aire de almorzo, xantar e cea.
Pero o aire tamén se cansou de que o Crocodilo se man-
tese só á súa conta.
Un día non lle quixo dar máis de comer.
Así, diste xeito, o Crocodilo morreu de fame.
O único delito do Crocodilo era o de ser diferente, ou mi-
llor aínda: de seren as persoas maiores diferentes a él.
O Crocodilo foi enterrado perto da súa casa. Puxéronlle o
seu birimbau dentro da caixa, con él.
O coelliño Tan foi parar ó forno dun veciño do pobo.
A xente anda a decir que, nas noites de luar, soa un bi-
rimbau por onde foi enterrado o Crocodilo.
18
Polióculo
19
Agora xa hai catro anos daquelo.
Daquela todo fora diferente. Xamáis lle contei a ninguén
o que pasara.
Sempre vin homes que posuían dous ollos. É ben certo
que moitas persoas son cegas, por desgracia. E outras tortas. E
moitas perderon algún ollo, ou os dous, nalgún accidente.
Tamén hai xente cun ollo birollo.
As persoas cun só ollo existiron hai centos de anos. A
estes seres que tiñan un só ollo chamabanos “monóculos”.
Pero a quen eu coñecía non lle podía chamar así.
Todo escomenzou cando fun de viaxe. Aquel inverno
tiña estado doente e fun repousar á beiramar.
Na beiramar, e no inverno, todo está moi tranquilo.
Unha mañá, cando estaba camiñando pola praia, apare-
ceu perante min un home que tiña visto outras veces por ali.
Coa súa aparición, tan de súpeto, fiquei branco. Por fin,
díxenlle:
-Pero…, ¿Quen é vostede?
E el, sen berrar, cunha voceciña moi sosegada, dixo con
melancolía:
-¿De onde ves? ¡Na miña terra non hai xente coma ti!
-¿Por que dis eso?
Entón fixeime nas súas mans. Levaba unha luvas amare-
las postas.
20
O home botouse a rir.
-Se sabes gardar un segredo -díxome-, direiche por qué
levo luvas.
-Tamén eu teño luvas -dixen- e cando vai frío adoito le-
valas comigo.
-Mais…, ¿hoxe non vai frío, non é?
Xa vos podedes imaxinar que todo isto me tiña intrigado,
e dixen sorrindo con ironía:
-¡Ah! ¡Aquí tedes ó home con luvas! ¡E ten un segredo!.
Sorprendeuse da miña resposta e ficou de boca aberta.
-Terei que atura-las túas burlas -dixo-, máis, ¿Cando sai-
ba-lo meu segredo…!
Entón colleume da man e levoume cara a unha casa moi
vella. Era toda de pedra e o tellado estaba a piques de caer.
-¡Pasa! -díxome. Non penses que se vai derrubar.
Dentro só había unha mesa cun libro aberto.
-Nos libros -dixo- están tódolos segredos do Universo.
-¿E tamén está o teu segredo? -dixen irónico.
Esto non lle sentou moi ben, pero seguiu a falar:
-E ó chegares perante dun libro aberto terás que lelo.
Mirei o libro. Era de certo un libro moi antigo. Estaba
aberto por unha páxina onde había un debuxo.
-Este é un “monóculo” -díxome sinalando o debuxo do
libro, onde aparecía un home cun só ollo.
-Eso só existe na maxinación -dixen con bulra-. Todo eso
son invencións. ¿Quén vai nacer cun só ollo?
-¡Velahí está o meu segredo! Esas palabras túas fanno
maxestuoso.
Cando un quere ser gracioso semella ser parvo…, e eu
semellaba selo.
21
As persoas maiores non van cre-lo que vin. O home sa-
cou as luvas que lle cubrían as mans e entón, entón fiquei sen
pinga de sangue:¡ aquel home non tiña uñas!. Debedes crerme:
tiña un ollo en cada dedo no lugar de cada uña.
-Os homes -dixo- teñen medo dos seus descubrimentos
-¿Cómo se poden ter ollos nos…?
-¿E para que che serven os teus? -dixo-.
-Pero eu teño dous…
-…Pois eu teño dez máis.
De seguro que aquel home era un “Polióculo”. Se te ato-
pas debaixo dun ceo estrelado pensas que as estrelas son ollos
que te miran; diante daquel home unha sensación semelllante
enchía todo o meu corpo.
Non obstante, o Polióculo e máis eu chegamos a facernos
bos amigos.
Aínda que él non o dicía, coñecía o mundo mellor ca cal-
quera de nós. ¡Levaba toda a vida ollando o mundo con dez ollos
de máis!.
-Un día cheguei ó fin do mundo -dixo o Polióculo.
-¿E que sitio é ese? -dixen.
-É moi fermoso -dixo-. Chámase Fisterra. Alí coñecín á
única persoa que, xunto contigo, é a miña amiga.
O Polióculo boquexou e seguiu a falar:
-É unha nena moi xeitosiña, ¡tan pequerrecha!
-¿E como se chama?
-Adeliña -dixo-, e aínda hoxe non podo esquecela.
E o Polióculo escomenzou a conta-la súa historia:
“Cando cheguei a Fisterra fun mira-lo mar. Estaba senta-
do no chan cando ouvín unha voceciña que me dicía: “¿Por qué
levas luvas?”
22
“Mirei para quen falaba e vin diante de min unha cativa
fermosísima.”
“Díxome que se chamaba Adela e eu ensineille as miñas
mans sen luvas”.
“Cando viu os ollos dos dedos non colleu medo coma ti.
Díxome “Son coma estrelas”. Despois, foise.”
“Os días foron pasando e eu deixei medra-la barba. Un
día, estando ollando o mar, Adela voltou. “Os homes que teñen
herba no rosto son moi raros e a min góstanme”, díxome ó tem-
po que termaba dun espello e eu podía mirarme nel”.
“E era certo, pois non me mirara nun espello desde había
semanas: ¡a herba enchía o meu rosto!”
“Entón decidín sega-la herba”. Eu respondín :”Para non
sentir vergoña cando miren para min”. “¿E tiveche vergoña dei-
ca agora?,- díxome.
“Desde logo -pensei- iso é moi certo”. Pero daquela se-
guei a herba do meu rosto e aínda o levo así.
“Adela ficou moi triste, pois pensaba que co tempo, no
meu rosto cheo de herba chegarían a vivir vaquiñas, cabalos,
galiñas…, e outros animais moi pequerrechiños…”
O Polióculo choraba ó lembrar todo isto, e eu preguntei-
lle:
-¿Qué foi de Adela?
-Pois un día funme e non souben máis dela -dixo con me-
lancolía o Polióculo.
“Decididamente, -pensei- gostaríame coñecer a Adela”.
Eu non souben como puido sabe-lo que pensaba, pero díxome:
-¡Podemos ir visitala!
Dito e feito: puxémonos en camiño. Fisterra está no fin
do mundo e levounos certo tempo dar con ela. Máis alá de Fiste-
rra non había nada: o mar enche todo.
23
Certamente o Polióculo non mentira: Adela era unha ne-
na moi fermosa, de cabelo preto.
“Góstame que fiquedes aquí por un tempo” -díxonos
Adela.
Daquela pasamos uns días cheos de ledicia. O Polióculo
amosouno-los seus poderes oculares, aínda que por veces era un
pouco ousado: acostumaba mete-lo dedo indicador polo buraco
das pechaduras e, deste xeito, vía todo o de dentro.
Certo día preguntoulle Adela ó Polióculo:
-¿Podes mira-lo aire?
-Podo -dixo: aínda que teño dificultades cando sopra o
vento.
-¿Pero o aire é invisible, non é? -dixen eu.
-O aire é invisible se ti queres que o sexa -dixo o Po-
lióculo-. O ollo do meu dedo meniño da man esquerda sérveme
para mira-las cousas invisibles.
-¡Ah…! -exclamou Adela-. ¿E podes mirar un home ma-
lo e distinguilo dun bó?
-Eso é segundo o ollo co que mire a ise home. Fíxate: se
rubes ó cume dunha montaña moi alta ves todo moi pequeno; e
se baixas, iso que era pequeno convértese nalgo moito meirande.
Pensa tamén nunha casa: é pequena dende a montaña e grande ó
pé dela.
-¡Pero a casa é a mesma! -dixen eu.
-¿E logo por que a ves diferente? Dixo o Polióculo.
-Xa que logo -dixen-, ¿Non podemos saber como son as
cousas de certo?
-Eso xa depende de tí e de que saibas mirar -dixo o Po-
lióculo-. Emporiso eu teño vantaxe, xa que dispoño de dez ollos
máis ca vos…
O tempo foi pasando. O segredo do noso amigo foi des-
coberto e centos de homes quixeron coñecelo.
24
Houbo homes que quixeron prender ó noso compañeiro.
Outros querían metelo nun circo e levalo por aí.
-As persoas maiores, se ven algo fora do normal, des-
trúeno -dixo Adela.
Fiquei de boca aberta ó descubri-lo signifcado daquelas
palabras e parecéronme moi emocionantes.
O Polióculo tamén comprendeu o seu significado. Ó des-
cubriren o seu segredo a súa vida pendía dun fío.
Tres días despois estabamo-los tres mirando o solpor.
-O sol é coma unha língua que fala connosco- dixo moi
triste o Polióculo.
Fixeime nas súas mans e os seus ollos botáronse a cho-
rar.
Aínda engadiu:
-¡Teño medo!
E despois dun silencio, ó sol -a língua que fala- comeuno
o grande mar de Fisterra e ó Polióculo comeuno a escuridade
que caía do ceo.
Ó írmonos dalí, Adela e máis eu, pensabamos que o noso
amigo xa non voltaría onda nós. Daquela a noite encheu todo.
25
O Rei Morcego
Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”
26
Había unha vez un rei que vivía nun castelo, coma tódo-
los reis. Tiña un dragón de papel, unha muller moi alta e tamén
unha filla moi fermosa.
Mais cada vez que había lúa chea, un extraño morcego
saía dalgunha parte e facía barbaridades por todo o reino. Aterro-
rizaba ás mulleres que atopaba soas nas rúas, metíase nas casas,
rompía os coches e, despois, desaparecía.
-¡Esto é un desastre! -dixo o rei, furibundo. E chamou ós
seus conselleiros.
Cando tódolos conselleiros estiveron xuntos, escomenza-
ron a murmurar entre eles.
-Señores -dixo o Rei-, estou farto dese vampiro, ou mor-
cego, ou o que sexa, que nos está amolando. Temos que desfa-
cernos del.
-¡Horror! -exclamaron os Conselleiros-. Iso pode ser moi
perigoso para calquera de nós, e nós somos moi importantes para
o reino.
-Xa pensei niso -dixo o rei, pois sabía que ninguén de
vós ía aceptar. Estades todos tremendo de medo.
Tódolos conselleiros baixaron a cabeza. Ninguén ousaba
dicir pío. E o Rei continuou falando.
-Coñecendo o que ía pasar, adianteime; e xa contratei po-
la miña conta ó inspector Reiner.
Os Conselleiros ficaron de boca aberta. Reiner era coñe-
cido coma o meirande investigador do reino.
Un dos seus casos máis sonados sucedera na China. Rei-
ner fora chamado polo Emperador Li-Chintín para que lle solu-
cionara o problema que tiña cos seus xerseis de lá, que estaban
todos embolados; co cal deslucía tódalas cerimonias do protoco-
lo.
27
E Reiner fora capaz de dar cunha solución ideal para re-
solve-lo problema: mandou facer unha navalla de afeitar moi
afiada; e con ella afeitou tódolos xerseis do Emperador, que fica-
ron coma novos.
Reiner estivo aínda varios meses na China, entrenando a
un chino no manexo da navalla, xa que os xerseis de lá que se
embolan e que se afeitan, cómpre coidalos tódolos días -igual
que fan os homes coas súas barbas-.
-¡Andando! -dixo o rei ós Conselleiros- Ide por aí a to-
ma-lo aire!.
Ós poucos días chegou ó castelo o inspector Reiner.
-Maxestade -dixo Reiner-, só quero saber cal será a miña
recompensa.
-Se vostede captura ó vampiro, morcego, ou o que sexa,
poderá casar coa miña filla.
Reiner puxo mans ó avío. Comenzou por visitar ás víc-
timas do vampiro. Todas ellas eran mulleres, agás un home, un
extranxeiro, que era guitarrista e estaba de xira polo reino.
Tódalas víctimas coincidiron nas súas respostas; ninguén
estaba ferido. E cousa extraña, todos eles levaban luvas.
¿Qué ocultaban?, ¿Cal era o seu misterio?
Reiner non sabía moito, os días ían pasando. O único que
sabía de certo era que a princesa era moi fermosa, e que se des-
cubría ó vampiro podería casar con ella.
-¡Ceos! -dixo un día-. Hoxe hai lúa chea e pode ser unha
boa oportunidade para capturar ó vampiro.
Esa noite saiu á rúa disfrazado de muller, e agardou a que
o vampiro fixera algo.
Pouco despois das dúas da madrugada, un enorme mor-
cego que estaba oculto na ponla dunha árbore, apareceu de súpe-
to perante del, convertíndose en home. Atacouno sen que poide-
ra respostar.
28
Máis non creades que o home-morcego zugou o sangue
do pescozo de Reiner. ¡Non!. O seu obxectivo eran as mans. E
non polos dedos, non; pois todo o que lle fixo o estraño asaltante
foi comerlle as uñas.
Despois disto, que durou poucos segundos -pois Reiner
tamén comía as uñas e non lle medraban moito-; despois disto,
digo, o asaltante volveuse transformar en morcego e saiu voan-
do. Reiner tivo coraxe para seguilo e, claro, viuno entrar no pazo
do Rei.
O caso tomaba un camiño inesperado.
Reiner analizou os datos que posuía:
1º.- Un home-morcego que entra no pazo do Rei.
2º.- Unhas víctimas que ocultan as mans.
3º.- Él mesmo sofre un ataque, disfrazado de muller.
Pensa, pensa, pensa…
-¡Xa está! -dixo Reiner mentres todo o seu rostro era un
soriso.
Ó día seguinte, Reiner anunciou ó Consello -que estaba
presidido polo rei- as súas conclusións:
-O culpable é… -a curiosidade proía ós Conselleiros; ata
o rei non sabía que facer.
-¡O Rei!, ¿O culpable é o rei!
-¿Como dís? -exclamou o Rei, estupefacto- ¿Ti? ¿Ti? ¿Acú-
sasme a min?
Reiner, que agardaba algo semellante, aclarou:
-É certo que acuso ó rei; mais tamén afirmo que non era
consciente do que facía.
Os Conselleiros xa non sabían que pensar.
¡Qué escándalo! ¡Un Rei morcego!
Reiner continuou falando:
-Señores Conselleiros, o rei é un comeuñas terrible. Den-
de pequeño, segundo averigüei, comeu as uñas. E nos días de lúa
chea o rei sofre unha verdadeira transformación. Daquela todo él
é morcego. E ataca ás persoas. E só ataca as mans das súas víc-
29
timas porque anda coa teima de come-las uñas. e prefire ás mu-
leres porque teñen as uñas máis longas que os homes.
-¡Horror! -exclamaron os Conselleiros- ¡Temos un Rei-
morcego-comeuñas!
-¡Certo, señores! O Rei só come as uñas das súas vícti-
mas.
O triste destino do rei é que come as uñas con tantas ga-
nas que os seus dedos están en carne viva.
De feito xa moitas persoas fixeron algunhas tentativas
para que o rei deixara aquel vicio; máis sen teren conseguido
moito.
Parecía que había unha forza que empuxaba ó rei a seguir
comendo uñas.
-¡Ai de min! -dixo o Rei.
-¡Maxestade! Eu tamén teño a solución para este proble-
ma.
-¡Pero se o intentei todo! Botei líquidos horribles, aceite
de San Bieito, baños de mar, samesugas… Todo foi inútil. ¡E
agora morcego-comeuñas!.
Reiner continuou falando, con emoción, botando faíscas
polos ollos.
-¡Maxestade! ¡Señores! O problema dos comeuñas é gra-
ve -e eu seino por experiencia, pois son un deles-. ¿Por que non
aproveitamo-los anaquiños de uñas que toda a xente tira cando
corta as láminas córneas, semitransparentes, que a nós tanto nos
gustan?
-¡Horror! ¿Fala vostede de come-las uñas dos demais?
-¡Falo dunha fábrica de conservas de uñas! Alí as uñas
serían hixienizadas e tratadas cuns métodos semellantes ó leite
esterilizado.
Despois dun feixe de discusións o proxecto foi aceptado,
e a nova fábrica entrou en funcionamento poucos meses despois.
Agora, cando o Rei tiña ganas de comer uñas, abría unha
latiña de uñas en conserva e ficaba satisfeito.
30
-¡Polo demo! -exclamaba impresionado- ¡Son excelen-
tes!
Desde logo, a solución de Reiner deu resultado.
O Rei deixou de ser morcego-comeuñas, e deixou de te-
los dedos en carne viva.
Reiner foi nomeado Conde. E casou coa Princesa.
Tamén se fixo cargo da fábrica de conservas.
O Conde Reiner decidiu un día satisface-la demanda tan
enorme de comedores de uñas espallados polo mundo. Co per-
miso do rei ampliou o negocio.
Os suministros de uñas eran moi variados. Había uñas de
África, da India, do Brasil, e ata de Betanzos -que son as que
máis rabuñan-.
Na fábrica eran preparadas de moitas formas diferentes.
En curto tempo tódolos supermercados do mundo estive-
ron cheos de latas de uñas en escabeche, en aceite, en salsa de
tomate, picantes…
(A última novidade é o flan de uñas)
As cousas van ben. O Conde Reiner é cada vez máis rico;
o rei xoga co dragón de papel; e tódolos comedores de uñas do
mundo, comen uñas enlatadas.
31
Lingüinfibulación
32
Aquel día o Emperador Ásburi observou os planetas e
despois de sacrificar un teixugo forte, entrou con todo o seu exé-
rcito en Gobland.
A xente de Gobland loitou con forza, mais eran poucos e
o Emperador de Sataland conqueriu o país.
Gobland era o país dos misterios. A súa língua era un
misterio. Os petroglifos que enchían as pedras eran misteriosos
tamén.
Gobland foi conquerida pola axuda que recibiu o Empe-
rador Ásburi do seu servidor Indro.
Indro era un can rabilongo grande e forte. Non era un can
normal, xa que o seu corpo estaba cuberto de plumas de corvo,
pero o máis raro era o seu rabo: cando alguén miraba para el
quedaba cego por tres días.
Indro posuía de certo o rabo de Satanás, co que os seus
poderes eran os mesmos ca os do demno. Este extraordinario
rabo era, tamén, o seu único punto fraco.
Indro co seu poder dominaba por completo ó Emperador.
Ámbolos dous, despois de conqueriren o país, decidiron que
todo o mundo en Gobland falase a língua que eles falaban.
Indro podía transformarse en calquera animal; aínda que
sempre conservaba o rabo. Esta vez transformouse en home rabi-
longo e dixo:
-Temos de facer un bo escarmento para que esta xente
non fale máis a súa lingua.
-¿E que imos facer…? -dixo o Emperador con medo.
33
-¡¿Que imos facer…?! -dixo Indro berrando-. O único
que vai facer cousas aquí son eu.
E Indro transformouse nun enorme animal con grandes
dentes. Abriu a extraordinaria boca e papou ó Emperador.
Agora Indro rabilongo era o novo Emperador e dictou
unha orde moi severa por todo o país .”Todos aqueles que non
aprendan a nova lingua irán ó cárcere”.
Os soldados de Staland axiña comenzaron a prender cen-
tos e centos de persoas. Os cárceres ficaban pequenos e os pro-
blemas aumentaban. A xente de Gobland amaba a súa lingua e
non renunciaba a ela.
Entón o Demo que vivía dentro de Indro puxo mans ó
avío. A maldade encheu todo o país. Os soldados recibiron unha
estraña orde:
¡Lingüinfibular!
A operación consistía en fura-las linguas dos desobedien-
tes e introducir unha fíbula ou anel por ese burato. Desta manei-
ra estas persoas ficaban coma mudas.
Unhas poucas persoas refuxiáronse nas montañas fuxin-
do da lingüinfibulación. Os soldados de Indro fixeron verdadei-
ros esforzos para dar con elas, mais non foron capaces. Estes
fuxidos conservaron a lingua e os costumes do pobo de Gobland.
Os fuxidos eran poucos e todos eles obedecían ó vello avó Ron.
Despois dalgúns anos, o vello Ron construiu unha enor-
me clepsidra. Cando a rematou xuntou a tódolos fuxidos e dixo:
-Vou morrer en pouco tempo e só vos pido que esteades
atentos á clepsidra. Cando a vasilla superior fique sen pinga de
auga, agromará aquí mesmo a nosa salvación.
O vello Ron finou despois destas palabras. A clepsidra
era enorme, pero ós catro días ficou sen auga. Os fuxidos agar-
daban naquel lugar polas misteriosas palabras do vello Ron.
34
E ocurriu algo estrañísimo. Un enorme castiñeiro brotou
de súpeto. Os fuxidos comenzaron a coller tódalas castañas que
pingaron das ponlas. E entón a vella Traina berrou con forza:
-¡Mirade!, ¡Mirade!
Dentro da castaña que a vella Traina termaba había un
neno do tamaño dunha uña. O cativiño botouse a chorar. Traina
dixo:
-Veleiquí está o noso “Salvador”. Voume encargar do
seu coidado con todo o agarimo que lle saiba dar.
-¿Cal será o seu nome?, -dixeron algúns.
-Ron será o seu nome -dixo Traina, así sempre lembra-
remos ó home que o anunciou.
Co tempo Ron medrou e converteuse nun gran home.
Casou cunha muller moi fermosa chamada Lambera, un pouco
maior ca el, e que coñecera había uns meses.
Un día a vella Traina falou con Ron e contoulle todo o
lerio do seu nacemento.
Aquilo cambiou profundamente a Ron. Sabía que tiña a
obriga de ir matar ó opresor do seu pobo: Indro.
Lambera e Ron decidiron ir xuntos. Comenzaron a súa
longa viaxe coa esperanza que dá a verdade.
O pobo aínda estaba lingüinfibulado. A xente xa non tiña
esperanzas. ¿Quen podía matar a Indro?. Aquel rabo tiña un
enorme poder.
Ocurriron entón grandes cousas. Ron e Lambera chega-
ron á grande pedra de A Laxe e un lobo do tamaño dun touro
saiulles ó paso. O lobo transformouse en pomba; e a pomba en
galo; e o galo en neno. O neno termaba dun papel onde había un
debuxo dun labirinto. Despois dixo:
-O xelo está no labirinto. Descubre o segredo do labirinto
e tera-la chave do que queres.
O neno transformouse en po e o vento levouno dalí.
35
Todos en Gobland coñecían o labirinto. Sabían da súa
existencia e do segredo que gardaba. Camiñaron a escondidas e
despois de dous días de viaxe chegaron á Cova do labirinto.
Lambera levou a Ron a unha enorme pedra que estaba a
uns metros da boca da cova. ¡Alí estaba o labirinto labrado na
pedra!.
No centro xusto do petroglifo sobresaía unha pedra
vermella, coma se fose un gromo do labirinto.
-Esta pedra vermella -dixo Lambera-, segundo a lenda da
cova que me contou o meu avó, pode cortar todo: pero ninguén
foi capaz de arrincala.
Ron botou a súa man e tampouco puido arrincala. Nese
momento oiuse unha voz moi forte:
-¡Aquí están!
Era Indro. Viña só.
-Eu ben sabía que nos fuxidos mandaría alguén. Mentres
falaba ía sufrindo transformacións de continuo: agora era merlo,
despois ran, agora era peixe, despois touro preto.
Entón Ron sentiu o seu corpo cheo dunhas palabras que
non podía gardalas máis. Cunha voz coma o xílgaro berrou:
-¡Lingua do meu pobo, fala!
A voz encheu toda a cova e ó mesmo tempo a pedra
vermella do labirinto voou coma un lóstrego ata a man esquerda
de Ron.
Indro comenzou a persecución. Ron e Lambera fuxían
del adentrándose na cova.
Chegaron ó máis interior da grande cova e non había
outra saída.
¡Estaban atrapados!
Daquela Ron e Lambera sentiron unha estrana sensación
que os obrigou a ergue-las cabezas cara ó teito.
¡E alí estaba! Unha enorme agulla de xeo penduraba do
teito.
36
Indro chegou onda eles e cun sorriso burlón dixo:
-¡Xa vos teño!
Ron termou con forza da pedra vermella e dando un be-
rro, ceibouna. A pedra vermella voou a unha velocidade inusita-
da e cernou pola base a agulla de xeo, que se espichou coma
unha frecha no rabo de Indro.
Daquela, aquel animal foi todo e foi nada. As pedras fo-
ron ferro e un resplandor cegador pingou veleno no ar sobre o
rosto de Indro.
Cando miraron só ficaba alí unha pedra encadeada ó
chan, e o que fora rabo era agora caxato brillante de ouro.
Daquela as línguas dos homes de Gobland ficaron sen
fíbulas. A fala volveu a enche-lo aire.
Aínda nos nosos tempos o pobo de Gobland elixe ós seus
representantes na Cova do Labirinto, na pedra encadeada. O que
é elexido rei leva o caxato de ouro nunha man e a pedra vermella
na outra.
37

More Related Content

What's hot

What's hot (7)

Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Revista escolar 2012 (3)
Revista escolar 2012 (3)Revista escolar 2012 (3)
Revista escolar 2012 (3)
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
 
Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)Teatro colon (programa febreiro 2013)
Teatro colon (programa febreiro 2013)
 
Poemas de paz sen data
Poemas de paz sen dataPoemas de paz sen data
Poemas de paz sen data
 

Viewers also liked

Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)
Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)
Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)candeadosalnes
 
Tourismus Social Media Analytics Webinar
Tourismus Social Media Analytics WebinarTourismus Social Media Analytics Webinar
Tourismus Social Media Analytics Webinarquintly
 
Ashish Garg Final
Ashish Garg FinalAshish Garg Final
Ashish Garg FinalAshish Garg
 
Descubre Londres
Descubre LondresDescubre Londres
Descubre LondresFely Martin
 
Isabella paz restrepo 10 1
Isabella paz restrepo 10 1Isabella paz restrepo 10 1
Isabella paz restrepo 10 1EMPERATRIZ1460
 
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion Logistica
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion LogisticaoXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion Logistica
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion LogisticaoXirium
 
Protocolos del modelo osi de javier peña
Protocolos del modelo osi de javier peñaProtocolos del modelo osi de javier peña
Protocolos del modelo osi de javier peñamichelle_95
 
Sistemas Institucionales y de Control
Sistemas Institucionales y de ControlSistemas Institucionales y de Control
Sistemas Institucionales y de ControlConcejo de Medellín
 
PSIdudas: Hijos de padres con cáncer
PSIdudas: Hijos de padres con cáncerPSIdudas: Hijos de padres con cáncer
PSIdudas: Hijos de padres con cáncerPSIdudas consulta
 
Lichtverschmutzung in Wernigerode
Lichtverschmutzung in WernigerodeLichtverschmutzung in Wernigerode
Lichtverschmutzung in WernigerodeChristian Reinboth
 

Viewers also liked (20)

Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)
Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)
Agoiña miragreira (Ramón Cabanillas)
 
Cabanillas na escola
Cabanillas na escolaCabanillas na escola
Cabanillas na escola
 
Tourismus Social Media Analytics Webinar
Tourismus Social Media Analytics WebinarTourismus Social Media Analytics Webinar
Tourismus Social Media Analytics Webinar
 
Medicina.biologica.reduccion.coste.sanitario
Medicina.biologica.reduccion.coste.sanitarioMedicina.biologica.reduccion.coste.sanitario
Medicina.biologica.reduccion.coste.sanitario
 
Ashish Garg Final
Ashish Garg FinalAshish Garg Final
Ashish Garg Final
 
Gazeta
GazetaGazeta
Gazeta
 
Descubre Londres
Descubre LondresDescubre Londres
Descubre Londres
 
ITC Investigation Draft (non-confidential version)
ITC Investigation Draft (non-confidential version)ITC Investigation Draft (non-confidential version)
ITC Investigation Draft (non-confidential version)
 
Isabella paz restrepo 10 1
Isabella paz restrepo 10 1Isabella paz restrepo 10 1
Isabella paz restrepo 10 1
 
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion Logistica
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion LogisticaoXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion Logistica
oXirium Seminario Supply Chain Management Planificacion Produccion Logistica
 
Protocolos del modelo osi de javier peña
Protocolos del modelo osi de javier peñaProtocolos del modelo osi de javier peña
Protocolos del modelo osi de javier peña
 
Gonvel
GonvelGonvel
Gonvel
 
2010fall ch12 30enkhbayar
2010fall ch12 30enkhbayar2010fall ch12 30enkhbayar
2010fall ch12 30enkhbayar
 
Elpis Hydraulics Final1
Elpis Hydraulics Final1Elpis Hydraulics Final1
Elpis Hydraulics Final1
 
Muscular y nervioso
Muscular y nerviosoMuscular y nervioso
Muscular y nervioso
 
Model program presentation
Model program presentationModel program presentation
Model program presentation
 
Especializacion en estudios de soldabilidad
Especializacion en estudios de soldabilidadEspecializacion en estudios de soldabilidad
Especializacion en estudios de soldabilidad
 
Sistemas Institucionales y de Control
Sistemas Institucionales y de ControlSistemas Institucionales y de Control
Sistemas Institucionales y de Control
 
PSIdudas: Hijos de padres con cáncer
PSIdudas: Hijos de padres con cáncerPSIdudas: Hijos de padres con cáncer
PSIdudas: Hijos de padres con cáncer
 
Lichtverschmutzung in Wernigerode
Lichtverschmutzung in WernigerodeLichtverschmutzung in Wernigerode
Lichtverschmutzung in Wernigerode
 

Similar to Capitán Farturas (Candea)

El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa xistina
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativasandryttas
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaMarlou
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Bibliotecadicoruna
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onteelvira3
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º esoclimantic4
 
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...mercedesdans
 
Reflexións do pasado (traballo climantica)
Reflexións do pasado (traballo climantica)Reflexións do pasado (traballo climantica)
Reflexións do pasado (traballo climantica)elviralopez4
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º esoclimantic4
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 

Similar to Capitán Farturas (Candea) (20)

El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Actividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografíaActividades II. unha breve biografía
Actividades II. unha breve biografía
 
Carta a ny
Carta a nyCarta a ny
Carta a ny
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
Trotacontos 2019
Trotacontos 2019Trotacontos 2019
Trotacontos 2019
 
Trotacontos "Olladas de futuro"
Trotacontos  "Olladas de futuro" Trotacontos  "Olladas de futuro"
Trotacontos "Olladas de futuro"
 
Hoxe e onte
Hoxe e onteHoxe e onte
Hoxe e onte
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º eso
 
Inverno
InvernoInverno
Inverno
 
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...
Guía lectura "O neno do pixama a raias" (Club de lectura do IES de Pastoriza ...
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Reflexións do pasado (traballo climantica)
Reflexións do pasado (traballo climantica)Reflexións do pasado (traballo climantica)
Reflexións do pasado (traballo climantica)
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º eso
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
A viaxe de said
A viaxe de said  A viaxe de said
A viaxe de said
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 

More from candeadosalnes

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) candeadosalnes
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)candeadosalnes
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)candeadosalnes
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002candeadosalnes
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000candeadosalnes
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)candeadosalnes
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 candeadosalnes
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000candeadosalnes
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundariacandeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)candeadosalnes
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)candeadosalnes
 

More from candeadosalnes (20)

O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)O medio mariño animais varios (Candea 1994)
O medio mariño animais varios (Candea 1994)
 
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)O medio mariño os peixes (Candea 1994)
O medio mariño os peixes (Candea 1994)
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
O medio mariño os crustáceos (Candea 1994)
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
 
O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)O medio mariño fichas (Candea 1994)
O medio mariño fichas (Candea 1994)
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)O medio mariño as aves (Candea 1994)
O medio mariño as aves (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)O medio mariño (Candea 1998)
O medio mariño (Candea 1998)
 
O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002O medio mariño cadernos Candea 2002
O medio mariño cadernos Candea 2002
 
Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000Os peixes, candea 2000
Os peixes, candea 2000
 
O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)O millo candea 1998 (fichas)
O millo candea 1998 (fichas)
 
A vide e o viño
A vide e o viñoA vide e o viño
A vide e o viño
 
O millo Candea 2000
O millo Candea 2000O millo Candea 2000
O millo Candea 2000
 
A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992 A Bodeira Candea 1992
A Bodeira Candea 1992
 
O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000O lixo vale, Candea 2000
O lixo vale, Candea 2000
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundaria
 
RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)RRR Educación Primaria (2)
RRR Educación Primaria (2)
 
RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)RRR Educación Primaria (1)
RRR Educación Primaria (1)
 

Capitán Farturas (Candea)

  • 1.
  • 3. 3  Asociación de Ensinantes do Salnés. CANDEA I.S.B.N: 84-920310-4-2 Depósito Legal:
  • 4. 4 Indice: O Ventomareiro 5 O Crocodilo, Don Sacho 15 Polióculo 21 O Rei Morcego 29 Lingüinfibulación 37
  • 5. 5 O Ventomareiro Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”
  • 6. 6 Poti e Bebé eran dous bos amigos. Coñecéranse había agora un ano, e só cunha sinxela ollada fixéronse compañeiros. Poti era trobeiro e Bebé guitarrista. Sen dúbida unha boa mistura. Actuaban polas rúas e durmían onde podían,xa que eran moi pobres. Mais ninguén parecía aprecia-la arte dos dous amigos e, un bó dia, decidiron deixa-lo espectáculo. Poti fíxose esmoleiro e Bebé convertiuse en trapeiro. Construiron unha caseta cos restos de dous coches vellos e un- has caixas. Seguiron sendo pobres e a súa sorte parecía non querer cambiar; ata que un día Bebé atopou na rúa unha gran maleta negra con rodas. Levouna para a caseta e agardou por Poti. Ó chegar díxolle: -Mira o que atopei. -!Vaia maleta¡ -exclamou Poti- Si que é grande. ¿Qué terá dentro? -Se queremos sabelo, xa sabes, hai que abrila. Dito e feito, cun ferro vello forzaron a pechadura e … ¡Sorpresa, sorpresa! ¿Sabede-lo que había? ¡Non, non! Non pen- sedes que diñeiro. Nin formigas. Nin roupa vella. ¿pensades que estaba chea de reloxos? Pois non. Dentro había un home dur- mindo. Bebé ía espertalo e entón decatouse, ¡era increíbe!. Realmente aquel home era moi extraño e os dous amigos dixe- ron a un tempo: -¡É un home de carne viva! ¡Non ten pel! Dixérono tan forte que o “home sen pel” espertou.
  • 7. 7 Ergueuse e dixo sinxelamente: -¿Que hai? Son Grafo, deseñador e arquitecto, para servi- los no que gusten. Poti e Bebé quedaron calados, pero non podían deixar de pensar que aquel home non tiña pel. O señor Grafo decatouse de que o miraban con ollos ra- ros e decidiu contarlle-la súa historia. O asunto era o seguinte: Grafo era un famoso arquitecto nun lonxano país chama- do “O País das Columnas”, pola teima que tiñan os seus habitan- tes de ergueren columnas. Nese país a persoa que ós vintecinco anos non tivera erguidas cento corenta columnas, era considera- da coma unha persoa maleducada e que ademais non podía tra- ballar. Non era este o caso do señor Grafo, xa que gracias á súa profesión erguera máis de cincocentas columnas. Ben, o asunto era outro, Un dia o señor Grafo decidiu construí-la casa do vento. Unha casa de máis de mil metros de altura, e cun labirinto no seu interior para que o vento que entra- ra non poidera saír. Puxo mans ó avío e en trinta días e medio rematou a súa obra. O día 16 de setembro, a iso das sete do serán, inaugurou a casa do vento. E o primeiro vento que caiu na trampa foi o señor Ventomareiro. Pero o señor Grafo non contara que hai moitas clases de vento, e o Ventomareiro é dos máis pillabáns. Meter meteuse na casa, e púxose tan furioso cando non atopou a saída que, con gran forza, derrubou a parte máis alta. Na súa fuxida bateu con Grafo, que observaba todo, e rouboulle a pel cunha racha moi forte. Dende aquela o prestixio do señor Grafo devalou. Pero o problema meirande era o da pel.
  • 8. 8 Grafo meteuse nunha gran maleta con rodas e deixou que a xente que a atopaba levárao onde quixera. Máis non tivera éxito, e seguía sen atopa-la pel. Cando rematou a súa historia, Poti e Bebé decidiron axu- dalo. Os tres puxéronse dacordo. -Tés que saír da maleta e adicarte a buscar ben -dixo Po- ti. -Non, non quero saír da maleta. Se me axudades, algún día sí que poderei saír. Poti e Bebé seguiron coas súas ocupacións. Pero agora, cando se atopaban con algunha persoas sempre lle preguntaban: -¿Sabe vostede onde pode esta-lo Ventomareiro? Pero a ignorancia da xente nestes asuntos é manifesta. Certo día Bebé fíxolle a pregunta a un home vestido de vermello que estaba percorrendo o mundo, porque disque se perdera e estaba a ver se se atopaba nalgún sitio. O home que non se atopaba respondeulle: -Nos meus viaxes, dei cun país moi extrano onde o primeiro luns de cada mes sopra o Ventomareiro. -¿E cara onde cae ese país? -dixo Bebé. -Ides andando cara ó Leste, e onde vexades que un cabalo mouro estea fumando en pipa, ese é o país. Bebé aledouse moito e foillo comunicar ós seus compa- ñeiros. Puxéronse en camiño inmediatamente. Despois de nove días de andaren sen descanso, chegaron onda o cabalo. Cansos como estaban -Grafo, non; pois ía comodamente na maleta- foron a unha pousada. -Bos días. ¿Teñen habitacións para dous? -Dixo Poti. -Temos -respondeu unha señora moi vella- .Pero a maleta ten que ir para o faiado.
  • 9. 9 E Poti e Bebé durmiron moi ben esa noite. Grafo, no faiado, non soñou cos anxiños; pois o faiado era moi escuro e pasou moito medo. Á mañá seguinte era o primeiro luns de mes. Os tres amigos puxéronse na rúa principal da cidade e agardaron ó vento. E chegou. Pero, ¡Qué decepción! Grafo decatouse axiña que aquel non era o vento que lle roubara a pel. Tristes, decepcionados, foron paseando ata a praia. Alí estaba reparando as redes un vello mariñeiro que, ó velos tan tristes, preguntoulles: -¿Que lles pasa señores? E contáronlle a historia. Entón si que tiveron sorte. O mariñeiro era entendido en ventos. Contoulles que hai moitas clases de vento. Ventomareiros, Ventos da Montaña, Xistral, Ventos de Estornudos, Ventos da Tía de Euloxio, etc., etc. E aínda máis: os ventos eran diferentes segundo o día. Así, o Ventomareiro do luns era diferente ó do martes. -¡Iso é! -dixo Grafo- O día que me roubou a pel era mér- cores. -Pois o que podes facer é ir falar co fabricante de ventos. É un señor moi vello que se chama Eolo -dixo o vello mariñrei- ro-. -¿E onde vive? -dixo Bebé. -Pois, mirade: ides sempre contra o vento que atopedes, e chegaredes alí. Alá se foron. De novo a camiñar. Días e días de cami- ño… E a contravento. Despois de sete meses de andaren, chegaron a un enorme pazo.
  • 10. 10 Era un pazo cunha porta redonda; cun altavoz enriba que anunciaba a saída dos ventos e a chegada dos que xa cumpriran a súa misión. Os tres amigos, nunha pausa do altavoz, entraron no pazo e dirixíronse á Recepción. Amablemente atendeunos o Ventorrecepcionista. -¿Que “ventodesexan” vostedes? -dixo. -Desexamos falar co Ventomareiro dos mércores. -¡Ai! Se é para iso teñen que ir ó despacho do Vento- segredario. E aló foron por un longo corredor. Chegaron a outro despacho. -¿Que lles ventotrae por aquí? - dixéronlles. Volveron repeti-lo mesmo que dixeran e o Ventosegreda- rio díxolles: -Síntoo moito. Ventotrabucáronse de despacho. Teñen vostedes que ventoir á ventosección do Ventovai. E alá foron. Cando chegaron mandáronos á sección do Ventoven. E entre Ventovai e Ventovén estiveron tres días. Ata que se cansaron e mandaron a tódolos ventos que foran a toma-lo vento. E fóronse dalí. Tristes, chegaron a unha pequena cidade. Aquela cidade tiña unha emisora de radio. A chegada de forasteiros sempre era unha novidade. Os reporteiros da emisora fixéronlles unha reportaxe; e ó pouco tempo de saíren polas ondas, os teléfonos da emisora non deixa- ron de soar. Toda a xente quería axudalos. Sobre de todo man- daban roupa, moita roupa. Xerseis, camisas, cirolas, camisetas, etc., etc. De súpeto, cando estaban os tres amigos pensativos, Poti dixo: -¡Xa o teño!
  • 11. 11 -¿Que tes?, ¿Que tes? -Por que non facemos isto: bissssssssssssss……..sssssss.. Estiveron traballando varios días. Só quedaba un para que fora de novo mércores. Esa noite tódalas emisoras do mundo, en contacto coa pequena emisora da cidade onde estaban os tres compañeiros, emitiron esta estraña noticia: -“Mañá, se queren axudar a Grafo, o home sen pel, ás once en punto da mañá, berren con tódalas súas forzas. Un berro único: “¡¡¡FUXE DE NÓS VENTO MAREIRO!!!” “Somentes a zona da montaña Pirixela estará en SILEN- CIO. “REPETIMOS: “ZONA DA MONTAÑA PIRIXELA EN SILENCIO” Xa os nosos amigos rubiran ó cume da montaña cun es- traño aparello. Agardaban ás once. Chegou o día. No pazo do señor Eolo, anunciouse: -¡Ventomareiro do mércores!, ¡Ventomareiro do mérco- res! ¡Saída en cinco minutos!, ¡Saída en cinco minutos! Ós cinco minutos, sen sabe-lo que lle agardaba, saiu o Ventomareiro do mércores, con tódalas cousas que roubara na súa existencia. Aló se foi, a campar polo mundo. Sopra que sopra. De súpeto deron as once badaladas nos reloxos de todo o mundo. E milleiros de persoas berraron con tódalas forzas: -Fuxe de nós Ventomareiro” FUXE, FUXE, FUXE….. Ventomareiro sufriu tal susto que, o primeiro que fixo foi fuxir, tal coma pensara Poti. Fuxir daqueles berros arrepiantes. Fuxindo foise refuxiar na única zona do mundo que estaba en silencio: a montaña Pirixela.
  • 12. 12 Pero como levaba tanta forza, polo pulo que collera para fuxir, tivo que pasar por riba do cume. E alí descuobriuse o aparello dos nosos amigos. Un funil enorme de folladelata. O funil meirande que vos poidades imaxinar. A parte ancha cara ó vento. A parte estreita tiña suxeita unha gran bulsa de plástico. O coitado do Ventomareiro caeu na trampa e deu coas súas foulas na bolsa. Durante tres días estivo Grafo buscando pola súa pel. Por fin puido atopala entre a gran cantidade de cousas que o vento roubara nas súas pasadas. Había de todo: dentes postizos, perrucas, máquinas de escribir, estrelas do ceo, tellas, pantalóns, etc., etc. Grafo puido volver ser un home con pel. Poti, Bebé e Grafo agradeceron a axuda de todo o mundo. Ataron ben a bulsa e remitíronlla ó pazo do señor Eolo cunha tarxeta que dicía: “O ventomareiro rouboume o pelexo; aquí cho devolvo e sen fumes cho deixo.”
  • 14. 14 PARIS 12 Nadal 1.954 Queridos sobriños: Coma tódolos anos por estas datas lémbrome de vós. Es- te ano tampouco as cousas van moi ben por aquí, pero coma tódolos anos mándovos unha das tantas historias que teño garda- das para cando chegue o día do retorno á Terra e á escola. Vouvos conta-la historia dun home. Pero non pensedes que este home,que é o protagonista da nosa historia, é un home coma os demais. O “Crocodilo” era un homes disos ós que as persoas maiores chaman parvos, só polo feito de seren diferentes a eles. O Crocodilo era amigo de tódolos nenos. Traballaba de recadeiro na almacén do Cachafeiras, que foi o único do pobo que lle deu traballo. En canto non traballaba, o Crocodilo pasaba a maior par- te do tempo co seu coelliño Tan; ou tamén se poñía a toca-lo birimbau. O Crocodilo adeprendera a falar co birimbau dende había tempo. Agora tiña a teima de adeprender a falar ó coelliño Tan. Tan era un coelliño pequerrecho que andaba sempre co pelo encrechado. Como animaliño que era, falaba na linguaxe animal. Esta linguaxe é belísima… segundo dín. Moitas persoas pensan que un coello dun país fala coma poidera falar un doutro país calquera. Istas persoas están trabu- cadas. Os coellos, por seren de países diferentes, falan linguaxes diferentes.
  • 15. 15 O Crocodilo non foi capaz de adeprende-la linguaxe do coelliño, emporiso agora desexaba que o coello falara coma el. Tódolos nenos do pobo iamos sempre á casiña do Croco- dilo, que estaba na beira do río e era moi vella. Alí, o Crocodilo tocaba o birimbau e contaba unhas his- torias que nos levaban a outros mundos. Un día contouno-la historia dun home que fixo un burato moi fondo. -“¿Sabede-la historia de don Sacho”? -preguntounos o Crocodilo. -¡Non!, ¡Non a sabemos! -respostamos todos a coro. … E escomenzou a contarnos: … “Había unha vez un home chamado don Sacho. Don sacho era un fortachón que tiña un ollo de vidro. Ti- ña tamén unha filla que andaba coas mans, e un can que sempre andaba con tos de can. Don Sacho era o home máis traballador da vila. Sempre andaba a sachar co seu sacho bulidor. Os veciños sempre vían ós dous xuntos e traballando. Don sacho era feliz; máis unha tristura moi fonda entraba nel cando vía á súa filla andar coas mans e cos pés no aire. Un dia, don Sacho, enterouse de que o mundo era redon- do coma unha gran bola. Don Sacho pensou, xa que logo, que a xente da outra banda do mundo andaría coas mans. El decatábase que a súa filla non se sentía moi leda onde vivía. Don Sacho non tiña cartos para leva-la súa filla á banda de abaixo do mundo. Pero DON Sacho tiña o seu sacho bulidor e pensou: -“Se eu cravo unha agulla nunha laranxa, a punta da agu- lla sae pola outra parte. Entón se fago un burato, tan, tan fondo, que atravese a Terra, sairei na parte de abaixo”.
  • 16. 16 Don Sacho botouse a trafegar co seu sacho bulidor. A xente que pasaba pola beira do burato escachaba a rir. Pero Don Sacho seguía a traballar. Pasaban os días e o gran burato cada vez era máis fondo. Pasaron meses, pasaron anos, e ninguén volveu saber de don Sacho. A súa filla chorou e chorou. Os veciños ríanse dela, tanto por ser filla dun tolo coma, tamén, por non saber adar coma a xente. Despois de moitos anos, cando xa poucos se lembraban do tolo de don Sacho e a súa filla xa morrera había tempo, apa- receu na vila un señor cuns bigotes enormes. Segundo dixo, viña da parte dabaixo do mundo. Toda a xente quedou abraiada; pois eles tamén pensaban que as persoas de aló embaixo andaban coas mans. Este señor traía unha caixiña. Nela, dixo que estaban as cinzas de Don Sacho. Este señor tamén contou que o cadaver de don Sacho fora atopado por uns mineiros. Tan só estaba a uns cantos metros da superficie. Dende aquel día toda a vila lembrouse de Don Sacho e tivérono coma unha persoa de moito caletre. Mais agora, despois de morto, pouco lle ha de importar a Don Sacho. Historias coma estas eran as nosas favoritas. O Crocodilo endexamáis nos fallaba: él e os seus contos enchían boa parte do noso tempo libre. O Crocodilo, varias veces ó mes, facía unhas viaxes que a todo o mundo daban risa. Montaba no tren co seu birimbau e unha libretiña. Non viaxaba porque tivera que ir a algures. Viaxaba só para anota-los nomes dos pobos polos que pasaba o tren, as persoas que subían nel, as historias que contaban os compañeiros de viaxe, etc.
  • 17. 17 Todo esto que facía era moi raro para as persoas maiores. Máis para nós, que eramo-los ouvintes das súas historias, era algo marabilloso. Sabiamos que cando voltaba dunha das súas viaxes, traía unha historia canda él. Cando o Crocodilo estaba doente, non visitaba ó medico. Falaba co seu birimbau, e iste dicíalle o que tiña que facer. A xente maior non podía aturar por máis tempo ó Croco- dilo. Era un home moi raro para eles. Falaron co Cachafeiros. Dixéronlle que se segúia a lle dar traballo ó parvo do Crocodilo, eles non mercarían máis alí. O Crocodilo quedou sen traballo. Durante algúns días o crocodilo comeu aire de almorzo, xantar e cea. Pero o aire tamén se cansou de que o Crocodilo se man- tese só á súa conta. Un día non lle quixo dar máis de comer. Así, diste xeito, o Crocodilo morreu de fame. O único delito do Crocodilo era o de ser diferente, ou mi- llor aínda: de seren as persoas maiores diferentes a él. O Crocodilo foi enterrado perto da súa casa. Puxéronlle o seu birimbau dentro da caixa, con él. O coelliño Tan foi parar ó forno dun veciño do pobo. A xente anda a decir que, nas noites de luar, soa un bi- rimbau por onde foi enterrado o Crocodilo.
  • 19. 19 Agora xa hai catro anos daquelo. Daquela todo fora diferente. Xamáis lle contei a ninguén o que pasara. Sempre vin homes que posuían dous ollos. É ben certo que moitas persoas son cegas, por desgracia. E outras tortas. E moitas perderon algún ollo, ou os dous, nalgún accidente. Tamén hai xente cun ollo birollo. As persoas cun só ollo existiron hai centos de anos. A estes seres que tiñan un só ollo chamabanos “monóculos”. Pero a quen eu coñecía non lle podía chamar así. Todo escomenzou cando fun de viaxe. Aquel inverno tiña estado doente e fun repousar á beiramar. Na beiramar, e no inverno, todo está moi tranquilo. Unha mañá, cando estaba camiñando pola praia, apare- ceu perante min un home que tiña visto outras veces por ali. Coa súa aparición, tan de súpeto, fiquei branco. Por fin, díxenlle: -Pero…, ¿Quen é vostede? E el, sen berrar, cunha voceciña moi sosegada, dixo con melancolía: -¿De onde ves? ¡Na miña terra non hai xente coma ti! -¿Por que dis eso? Entón fixeime nas súas mans. Levaba unha luvas amare- las postas.
  • 20. 20 O home botouse a rir. -Se sabes gardar un segredo -díxome-, direiche por qué levo luvas. -Tamén eu teño luvas -dixen- e cando vai frío adoito le- valas comigo. -Mais…, ¿hoxe non vai frío, non é? Xa vos podedes imaxinar que todo isto me tiña intrigado, e dixen sorrindo con ironía: -¡Ah! ¡Aquí tedes ó home con luvas! ¡E ten un segredo!. Sorprendeuse da miña resposta e ficou de boca aberta. -Terei que atura-las túas burlas -dixo-, máis, ¿Cando sai- ba-lo meu segredo…! Entón colleume da man e levoume cara a unha casa moi vella. Era toda de pedra e o tellado estaba a piques de caer. -¡Pasa! -díxome. Non penses que se vai derrubar. Dentro só había unha mesa cun libro aberto. -Nos libros -dixo- están tódolos segredos do Universo. -¿E tamén está o teu segredo? -dixen irónico. Esto non lle sentou moi ben, pero seguiu a falar: -E ó chegares perante dun libro aberto terás que lelo. Mirei o libro. Era de certo un libro moi antigo. Estaba aberto por unha páxina onde había un debuxo. -Este é un “monóculo” -díxome sinalando o debuxo do libro, onde aparecía un home cun só ollo. -Eso só existe na maxinación -dixen con bulra-. Todo eso son invencións. ¿Quén vai nacer cun só ollo? -¡Velahí está o meu segredo! Esas palabras túas fanno maxestuoso. Cando un quere ser gracioso semella ser parvo…, e eu semellaba selo.
  • 21. 21 As persoas maiores non van cre-lo que vin. O home sa- cou as luvas que lle cubrían as mans e entón, entón fiquei sen pinga de sangue:¡ aquel home non tiña uñas!. Debedes crerme: tiña un ollo en cada dedo no lugar de cada uña. -Os homes -dixo- teñen medo dos seus descubrimentos -¿Cómo se poden ter ollos nos…? -¿E para que che serven os teus? -dixo-. -Pero eu teño dous… -…Pois eu teño dez máis. De seguro que aquel home era un “Polióculo”. Se te ato- pas debaixo dun ceo estrelado pensas que as estrelas son ollos que te miran; diante daquel home unha sensación semelllante enchía todo o meu corpo. Non obstante, o Polióculo e máis eu chegamos a facernos bos amigos. Aínda que él non o dicía, coñecía o mundo mellor ca cal- quera de nós. ¡Levaba toda a vida ollando o mundo con dez ollos de máis!. -Un día cheguei ó fin do mundo -dixo o Polióculo. -¿E que sitio é ese? -dixen. -É moi fermoso -dixo-. Chámase Fisterra. Alí coñecín á única persoa que, xunto contigo, é a miña amiga. O Polióculo boquexou e seguiu a falar: -É unha nena moi xeitosiña, ¡tan pequerrecha! -¿E como se chama? -Adeliña -dixo-, e aínda hoxe non podo esquecela. E o Polióculo escomenzou a conta-la súa historia: “Cando cheguei a Fisterra fun mira-lo mar. Estaba senta- do no chan cando ouvín unha voceciña que me dicía: “¿Por qué levas luvas?”
  • 22. 22 “Mirei para quen falaba e vin diante de min unha cativa fermosísima.” “Díxome que se chamaba Adela e eu ensineille as miñas mans sen luvas”. “Cando viu os ollos dos dedos non colleu medo coma ti. Díxome “Son coma estrelas”. Despois, foise.” “Os días foron pasando e eu deixei medra-la barba. Un día, estando ollando o mar, Adela voltou. “Os homes que teñen herba no rosto son moi raros e a min góstanme”, díxome ó tem- po que termaba dun espello e eu podía mirarme nel”. “E era certo, pois non me mirara nun espello desde había semanas: ¡a herba enchía o meu rosto!” “Entón decidín sega-la herba”. Eu respondín :”Para non sentir vergoña cando miren para min”. “¿E tiveche vergoña dei- ca agora?,- díxome. “Desde logo -pensei- iso é moi certo”. Pero daquela se- guei a herba do meu rosto e aínda o levo así. “Adela ficou moi triste, pois pensaba que co tempo, no meu rosto cheo de herba chegarían a vivir vaquiñas, cabalos, galiñas…, e outros animais moi pequerrechiños…” O Polióculo choraba ó lembrar todo isto, e eu preguntei- lle: -¿Qué foi de Adela? -Pois un día funme e non souben máis dela -dixo con me- lancolía o Polióculo. “Decididamente, -pensei- gostaríame coñecer a Adela”. Eu non souben como puido sabe-lo que pensaba, pero díxome: -¡Podemos ir visitala! Dito e feito: puxémonos en camiño. Fisterra está no fin do mundo e levounos certo tempo dar con ela. Máis alá de Fiste- rra non había nada: o mar enche todo.
  • 23. 23 Certamente o Polióculo non mentira: Adela era unha ne- na moi fermosa, de cabelo preto. “Góstame que fiquedes aquí por un tempo” -díxonos Adela. Daquela pasamos uns días cheos de ledicia. O Polióculo amosouno-los seus poderes oculares, aínda que por veces era un pouco ousado: acostumaba mete-lo dedo indicador polo buraco das pechaduras e, deste xeito, vía todo o de dentro. Certo día preguntoulle Adela ó Polióculo: -¿Podes mira-lo aire? -Podo -dixo: aínda que teño dificultades cando sopra o vento. -¿Pero o aire é invisible, non é? -dixen eu. -O aire é invisible se ti queres que o sexa -dixo o Po- lióculo-. O ollo do meu dedo meniño da man esquerda sérveme para mira-las cousas invisibles. -¡Ah…! -exclamou Adela-. ¿E podes mirar un home ma- lo e distinguilo dun bó? -Eso é segundo o ollo co que mire a ise home. Fíxate: se rubes ó cume dunha montaña moi alta ves todo moi pequeno; e se baixas, iso que era pequeno convértese nalgo moito meirande. Pensa tamén nunha casa: é pequena dende a montaña e grande ó pé dela. -¡Pero a casa é a mesma! -dixen eu. -¿E logo por que a ves diferente? Dixo o Polióculo. -Xa que logo -dixen-, ¿Non podemos saber como son as cousas de certo? -Eso xa depende de tí e de que saibas mirar -dixo o Po- lióculo-. Emporiso eu teño vantaxe, xa que dispoño de dez ollos máis ca vos… O tempo foi pasando. O segredo do noso amigo foi des- coberto e centos de homes quixeron coñecelo.
  • 24. 24 Houbo homes que quixeron prender ó noso compañeiro. Outros querían metelo nun circo e levalo por aí. -As persoas maiores, se ven algo fora do normal, des- trúeno -dixo Adela. Fiquei de boca aberta ó descubri-lo signifcado daquelas palabras e parecéronme moi emocionantes. O Polióculo tamén comprendeu o seu significado. Ó des- cubriren o seu segredo a súa vida pendía dun fío. Tres días despois estabamo-los tres mirando o solpor. -O sol é coma unha língua que fala connosco- dixo moi triste o Polióculo. Fixeime nas súas mans e os seus ollos botáronse a cho- rar. Aínda engadiu: -¡Teño medo! E despois dun silencio, ó sol -a língua que fala- comeuno o grande mar de Fisterra e ó Polióculo comeuno a escuridade que caía do ceo. Ó írmonos dalí, Adela e máis eu, pensabamos que o noso amigo xa non voltaría onda nós. Daquela a noite encheu todo.
  • 25. 25 O Rei Morcego Premiado no concurso da Asociación Cultural “O Facho”
  • 26. 26 Había unha vez un rei que vivía nun castelo, coma tódo- los reis. Tiña un dragón de papel, unha muller moi alta e tamén unha filla moi fermosa. Mais cada vez que había lúa chea, un extraño morcego saía dalgunha parte e facía barbaridades por todo o reino. Aterro- rizaba ás mulleres que atopaba soas nas rúas, metíase nas casas, rompía os coches e, despois, desaparecía. -¡Esto é un desastre! -dixo o rei, furibundo. E chamou ós seus conselleiros. Cando tódolos conselleiros estiveron xuntos, escomenza- ron a murmurar entre eles. -Señores -dixo o Rei-, estou farto dese vampiro, ou mor- cego, ou o que sexa, que nos está amolando. Temos que desfa- cernos del. -¡Horror! -exclamaron os Conselleiros-. Iso pode ser moi perigoso para calquera de nós, e nós somos moi importantes para o reino. -Xa pensei niso -dixo o rei, pois sabía que ninguén de vós ía aceptar. Estades todos tremendo de medo. Tódolos conselleiros baixaron a cabeza. Ninguén ousaba dicir pío. E o Rei continuou falando. -Coñecendo o que ía pasar, adianteime; e xa contratei po- la miña conta ó inspector Reiner. Os Conselleiros ficaron de boca aberta. Reiner era coñe- cido coma o meirande investigador do reino. Un dos seus casos máis sonados sucedera na China. Rei- ner fora chamado polo Emperador Li-Chintín para que lle solu- cionara o problema que tiña cos seus xerseis de lá, que estaban todos embolados; co cal deslucía tódalas cerimonias do protoco- lo.
  • 27. 27 E Reiner fora capaz de dar cunha solución ideal para re- solve-lo problema: mandou facer unha navalla de afeitar moi afiada; e con ella afeitou tódolos xerseis do Emperador, que fica- ron coma novos. Reiner estivo aínda varios meses na China, entrenando a un chino no manexo da navalla, xa que os xerseis de lá que se embolan e que se afeitan, cómpre coidalos tódolos días -igual que fan os homes coas súas barbas-. -¡Andando! -dixo o rei ós Conselleiros- Ide por aí a to- ma-lo aire!. Ós poucos días chegou ó castelo o inspector Reiner. -Maxestade -dixo Reiner-, só quero saber cal será a miña recompensa. -Se vostede captura ó vampiro, morcego, ou o que sexa, poderá casar coa miña filla. Reiner puxo mans ó avío. Comenzou por visitar ás víc- timas do vampiro. Todas ellas eran mulleres, agás un home, un extranxeiro, que era guitarrista e estaba de xira polo reino. Tódalas víctimas coincidiron nas súas respostas; ninguén estaba ferido. E cousa extraña, todos eles levaban luvas. ¿Qué ocultaban?, ¿Cal era o seu misterio? Reiner non sabía moito, os días ían pasando. O único que sabía de certo era que a princesa era moi fermosa, e que se des- cubría ó vampiro podería casar con ella. -¡Ceos! -dixo un día-. Hoxe hai lúa chea e pode ser unha boa oportunidade para capturar ó vampiro. Esa noite saiu á rúa disfrazado de muller, e agardou a que o vampiro fixera algo. Pouco despois das dúas da madrugada, un enorme mor- cego que estaba oculto na ponla dunha árbore, apareceu de súpe- to perante del, convertíndose en home. Atacouno sen que poide- ra respostar.
  • 28. 28 Máis non creades que o home-morcego zugou o sangue do pescozo de Reiner. ¡Non!. O seu obxectivo eran as mans. E non polos dedos, non; pois todo o que lle fixo o estraño asaltante foi comerlle as uñas. Despois disto, que durou poucos segundos -pois Reiner tamén comía as uñas e non lle medraban moito-; despois disto, digo, o asaltante volveuse transformar en morcego e saiu voan- do. Reiner tivo coraxe para seguilo e, claro, viuno entrar no pazo do Rei. O caso tomaba un camiño inesperado. Reiner analizou os datos que posuía: 1º.- Un home-morcego que entra no pazo do Rei. 2º.- Unhas víctimas que ocultan as mans. 3º.- Él mesmo sofre un ataque, disfrazado de muller. Pensa, pensa, pensa… -¡Xa está! -dixo Reiner mentres todo o seu rostro era un soriso. Ó día seguinte, Reiner anunciou ó Consello -que estaba presidido polo rei- as súas conclusións: -O culpable é… -a curiosidade proía ós Conselleiros; ata o rei non sabía que facer. -¡O Rei!, ¿O culpable é o rei! -¿Como dís? -exclamou o Rei, estupefacto- ¿Ti? ¿Ti? ¿Acú- sasme a min? Reiner, que agardaba algo semellante, aclarou: -É certo que acuso ó rei; mais tamén afirmo que non era consciente do que facía. Os Conselleiros xa non sabían que pensar. ¡Qué escándalo! ¡Un Rei morcego! Reiner continuou falando: -Señores Conselleiros, o rei é un comeuñas terrible. Den- de pequeño, segundo averigüei, comeu as uñas. E nos días de lúa chea o rei sofre unha verdadeira transformación. Daquela todo él é morcego. E ataca ás persoas. E só ataca as mans das súas víc-
  • 29. 29 timas porque anda coa teima de come-las uñas. e prefire ás mu- leres porque teñen as uñas máis longas que os homes. -¡Horror! -exclamaron os Conselleiros- ¡Temos un Rei- morcego-comeuñas! -¡Certo, señores! O Rei só come as uñas das súas vícti- mas. O triste destino do rei é que come as uñas con tantas ga- nas que os seus dedos están en carne viva. De feito xa moitas persoas fixeron algunhas tentativas para que o rei deixara aquel vicio; máis sen teren conseguido moito. Parecía que había unha forza que empuxaba ó rei a seguir comendo uñas. -¡Ai de min! -dixo o Rei. -¡Maxestade! Eu tamén teño a solución para este proble- ma. -¡Pero se o intentei todo! Botei líquidos horribles, aceite de San Bieito, baños de mar, samesugas… Todo foi inútil. ¡E agora morcego-comeuñas!. Reiner continuou falando, con emoción, botando faíscas polos ollos. -¡Maxestade! ¡Señores! O problema dos comeuñas é gra- ve -e eu seino por experiencia, pois son un deles-. ¿Por que non aproveitamo-los anaquiños de uñas que toda a xente tira cando corta as láminas córneas, semitransparentes, que a nós tanto nos gustan? -¡Horror! ¿Fala vostede de come-las uñas dos demais? -¡Falo dunha fábrica de conservas de uñas! Alí as uñas serían hixienizadas e tratadas cuns métodos semellantes ó leite esterilizado. Despois dun feixe de discusións o proxecto foi aceptado, e a nova fábrica entrou en funcionamento poucos meses despois. Agora, cando o Rei tiña ganas de comer uñas, abría unha latiña de uñas en conserva e ficaba satisfeito.
  • 30. 30 -¡Polo demo! -exclamaba impresionado- ¡Son excelen- tes! Desde logo, a solución de Reiner deu resultado. O Rei deixou de ser morcego-comeuñas, e deixou de te- los dedos en carne viva. Reiner foi nomeado Conde. E casou coa Princesa. Tamén se fixo cargo da fábrica de conservas. O Conde Reiner decidiu un día satisface-la demanda tan enorme de comedores de uñas espallados polo mundo. Co per- miso do rei ampliou o negocio. Os suministros de uñas eran moi variados. Había uñas de África, da India, do Brasil, e ata de Betanzos -que son as que máis rabuñan-. Na fábrica eran preparadas de moitas formas diferentes. En curto tempo tódolos supermercados do mundo estive- ron cheos de latas de uñas en escabeche, en aceite, en salsa de tomate, picantes… (A última novidade é o flan de uñas) As cousas van ben. O Conde Reiner é cada vez máis rico; o rei xoga co dragón de papel; e tódolos comedores de uñas do mundo, comen uñas enlatadas.
  • 32. 32 Aquel día o Emperador Ásburi observou os planetas e despois de sacrificar un teixugo forte, entrou con todo o seu exé- rcito en Gobland. A xente de Gobland loitou con forza, mais eran poucos e o Emperador de Sataland conqueriu o país. Gobland era o país dos misterios. A súa língua era un misterio. Os petroglifos que enchían as pedras eran misteriosos tamén. Gobland foi conquerida pola axuda que recibiu o Empe- rador Ásburi do seu servidor Indro. Indro era un can rabilongo grande e forte. Non era un can normal, xa que o seu corpo estaba cuberto de plumas de corvo, pero o máis raro era o seu rabo: cando alguén miraba para el quedaba cego por tres días. Indro posuía de certo o rabo de Satanás, co que os seus poderes eran os mesmos ca os do demno. Este extraordinario rabo era, tamén, o seu único punto fraco. Indro co seu poder dominaba por completo ó Emperador. Ámbolos dous, despois de conqueriren o país, decidiron que todo o mundo en Gobland falase a língua que eles falaban. Indro podía transformarse en calquera animal; aínda que sempre conservaba o rabo. Esta vez transformouse en home rabi- longo e dixo: -Temos de facer un bo escarmento para que esta xente non fale máis a súa lingua. -¿E que imos facer…? -dixo o Emperador con medo.
  • 33. 33 -¡¿Que imos facer…?! -dixo Indro berrando-. O único que vai facer cousas aquí son eu. E Indro transformouse nun enorme animal con grandes dentes. Abriu a extraordinaria boca e papou ó Emperador. Agora Indro rabilongo era o novo Emperador e dictou unha orde moi severa por todo o país .”Todos aqueles que non aprendan a nova lingua irán ó cárcere”. Os soldados de Staland axiña comenzaron a prender cen- tos e centos de persoas. Os cárceres ficaban pequenos e os pro- blemas aumentaban. A xente de Gobland amaba a súa lingua e non renunciaba a ela. Entón o Demo que vivía dentro de Indro puxo mans ó avío. A maldade encheu todo o país. Os soldados recibiron unha estraña orde: ¡Lingüinfibular! A operación consistía en fura-las linguas dos desobedien- tes e introducir unha fíbula ou anel por ese burato. Desta manei- ra estas persoas ficaban coma mudas. Unhas poucas persoas refuxiáronse nas montañas fuxin- do da lingüinfibulación. Os soldados de Indro fixeron verdadei- ros esforzos para dar con elas, mais non foron capaces. Estes fuxidos conservaron a lingua e os costumes do pobo de Gobland. Os fuxidos eran poucos e todos eles obedecían ó vello avó Ron. Despois dalgúns anos, o vello Ron construiu unha enor- me clepsidra. Cando a rematou xuntou a tódolos fuxidos e dixo: -Vou morrer en pouco tempo e só vos pido que esteades atentos á clepsidra. Cando a vasilla superior fique sen pinga de auga, agromará aquí mesmo a nosa salvación. O vello Ron finou despois destas palabras. A clepsidra era enorme, pero ós catro días ficou sen auga. Os fuxidos agar- daban naquel lugar polas misteriosas palabras do vello Ron.
  • 34. 34 E ocurriu algo estrañísimo. Un enorme castiñeiro brotou de súpeto. Os fuxidos comenzaron a coller tódalas castañas que pingaron das ponlas. E entón a vella Traina berrou con forza: -¡Mirade!, ¡Mirade! Dentro da castaña que a vella Traina termaba había un neno do tamaño dunha uña. O cativiño botouse a chorar. Traina dixo: -Veleiquí está o noso “Salvador”. Voume encargar do seu coidado con todo o agarimo que lle saiba dar. -¿Cal será o seu nome?, -dixeron algúns. -Ron será o seu nome -dixo Traina, así sempre lembra- remos ó home que o anunciou. Co tempo Ron medrou e converteuse nun gran home. Casou cunha muller moi fermosa chamada Lambera, un pouco maior ca el, e que coñecera había uns meses. Un día a vella Traina falou con Ron e contoulle todo o lerio do seu nacemento. Aquilo cambiou profundamente a Ron. Sabía que tiña a obriga de ir matar ó opresor do seu pobo: Indro. Lambera e Ron decidiron ir xuntos. Comenzaron a súa longa viaxe coa esperanza que dá a verdade. O pobo aínda estaba lingüinfibulado. A xente xa non tiña esperanzas. ¿Quen podía matar a Indro?. Aquel rabo tiña un enorme poder. Ocurriron entón grandes cousas. Ron e Lambera chega- ron á grande pedra de A Laxe e un lobo do tamaño dun touro saiulles ó paso. O lobo transformouse en pomba; e a pomba en galo; e o galo en neno. O neno termaba dun papel onde había un debuxo dun labirinto. Despois dixo: -O xelo está no labirinto. Descubre o segredo do labirinto e tera-la chave do que queres. O neno transformouse en po e o vento levouno dalí.
  • 35. 35 Todos en Gobland coñecían o labirinto. Sabían da súa existencia e do segredo que gardaba. Camiñaron a escondidas e despois de dous días de viaxe chegaron á Cova do labirinto. Lambera levou a Ron a unha enorme pedra que estaba a uns metros da boca da cova. ¡Alí estaba o labirinto labrado na pedra!. No centro xusto do petroglifo sobresaía unha pedra vermella, coma se fose un gromo do labirinto. -Esta pedra vermella -dixo Lambera-, segundo a lenda da cova que me contou o meu avó, pode cortar todo: pero ninguén foi capaz de arrincala. Ron botou a súa man e tampouco puido arrincala. Nese momento oiuse unha voz moi forte: -¡Aquí están! Era Indro. Viña só. -Eu ben sabía que nos fuxidos mandaría alguén. Mentres falaba ía sufrindo transformacións de continuo: agora era merlo, despois ran, agora era peixe, despois touro preto. Entón Ron sentiu o seu corpo cheo dunhas palabras que non podía gardalas máis. Cunha voz coma o xílgaro berrou: -¡Lingua do meu pobo, fala! A voz encheu toda a cova e ó mesmo tempo a pedra vermella do labirinto voou coma un lóstrego ata a man esquerda de Ron. Indro comenzou a persecución. Ron e Lambera fuxían del adentrándose na cova. Chegaron ó máis interior da grande cova e non había outra saída. ¡Estaban atrapados! Daquela Ron e Lambera sentiron unha estrana sensación que os obrigou a ergue-las cabezas cara ó teito. ¡E alí estaba! Unha enorme agulla de xeo penduraba do teito.
  • 36. 36 Indro chegou onda eles e cun sorriso burlón dixo: -¡Xa vos teño! Ron termou con forza da pedra vermella e dando un be- rro, ceibouna. A pedra vermella voou a unha velocidade inusita- da e cernou pola base a agulla de xeo, que se espichou coma unha frecha no rabo de Indro. Daquela, aquel animal foi todo e foi nada. As pedras fo- ron ferro e un resplandor cegador pingou veleno no ar sobre o rosto de Indro. Cando miraron só ficaba alí unha pedra encadeada ó chan, e o que fora rabo era agora caxato brillante de ouro. Daquela as línguas dos homes de Gobland ficaron sen fíbulas. A fala volveu a enche-lo aire. Aínda nos nosos tempos o pobo de Gobland elixe ós seus representantes na Cova do Labirinto, na pedra encadeada. O que é elexido rei leva o caxato de ouro nunha man e a pedra vermella na outra.
  • 37. 37