Desde a Fundación Galiza Sempre, quixemos contribuír á difusión do centenario da celebración do Día da Patria Galega coa edición dunha pequena publicación que resume os comezos da celebración do Día Nacional das galegas e dos galegos a partir do 25 de xullo de 1920.
Achegámosche copia dixital da mesma. Poderás recoller un exemplar físico en calquera dos actos de celebración do Día da Patria Galega que o BNG realiza polo conxunto da nación.
Sen máis, recebe unha forte aperta nacionalista.
Viva o Día da Patria Galega!