SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
f
Nº 49 / Xaneiro de 2017
BOLETÍN DE ACTUALIDADE INSTITUCIONAL
SECRETARÍA DE EMPREGO E INSTITUCIONAL
SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA
Número 49 (xaneiro 2017)
SSSUUUMMMAAARRRIIIOOO
Organismos en que participa CCOO
Participación institucional
Nomeamentos institucionais
Normas publicadas no DOG
Normas publicadas no BOE
PRESENTACIÓN
Estimadas compañeiras e compañeiros:
Remitímosvos o BOLETÍN DE ACTUALIDADE INSTITUCIONAL
correspondente ao mes de xaneiro, no que atoparedes as
habituais seccións. Segue a ser un documento de contidos
lixeiros —na tónica dos últimos meses— por mor da debilidade
en que se atopa o Goberno estatal e da desaceleración que,
desde hai algún tempo, se percibe no Goberno da Xunta de
Galicia. No Estado, cun Parlamento sen maioría e sen recuperar
a actividade lexislativa, o Goberno non é quen de dar solucións
a unha enquistada crise social e de emprego. En Galicia
debatéronse os orzamentos para 2017 (recollerémolos no
próximo BOLETÍN), co Partido Popular pasando o rolo sen ter en
conta a actual realidade de Galicia, situada no furgón de cola
das comunidades autónomas.
O máis destacable neste BOLETÍN é a publicación por parte das
Consellerías de Educación e de Economía, Emprego e Industria
das convocatorias dos procedementos de recoñecemento de
competencias profesionais adquiridas a través da experiencia
laboral. CCOO valora o procedemento pero considérao
claramente insuficiente en relación coa demanda dos
traballadores e traballadoras. Con todo, coidamos que, neste
caso, como en todo o relativo á formación profesional, a
dispersión de actuacións entre as dúas consellerías dificulta o
acceso ás convocatorias e reduce a eficacia das medidas.
Recibide un cordial saúdo.
Maica BOUZA SEOANE
Secretaría de Institucional
Sindicato Nacional de CC OO de Galicia
4
OOORRRGGGAAANNNIIISSSMMMOOOSSS EEENNN QQQUUUEEE PPPAAARRRTTTIIICCCIIIPPPAAA CCCCCC OOOOOO
CONSELLO GALEGO DE PESCA
Decreto 123/2011, do 16 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Pesca.
Funcións
Son funcións do Consello Galego de Pesca as seguintes:
1. Colaborar coa Consellaría do Mar na elaboración da planificación pesqueira, marisqueira e
acuícola e na programación de estudos sobre as distintas actividades que poidan favorecer
o desenvolvemento do sector pesqueiro galego.
2. Estudar e propor as reformas que considere precisas na regulamentación pesqueira, maris-
queira e acuícola con incidencia no sector pesqueiro galego.
3. Propor reformas, canalizar recomendacións e achegar suxestións respecto das políticas que
afecten ao conxunto do sector pesqueiro.
4. Realizarlles consultas a outros organismos e institucións.
5. Emitir informes e ditames en todos os casos en que así o dispoña o propio Consello, así
coma cando o solicite a Consellería do Mar.
6. Emitir ditames sobre os anteproxectos de lei en materia de pesca, marisqueo e acuicultura,
así como sobre os proxectos de disposicións regulamentarias que, en relación con tales ma-
terias, lle someta a Consellería do Mar.
As funcións do Consello Galego de Pesca desenvolveranse, cando proceda, incorporando a
perspectiva de xénero.
Composición
O Consello Galego de Pesca estrutúrase nos órganos seguintes: o Pleno e as Comisións
sectoriais.
Para realizar as funcións sinaladas no artigo 2, en relación cos temas específicos de cada área,
constitúense as seguintes comisións sectoriais:
1. De pesca en augas non comunitarias
2. De pesca en augas comunitarias non españolas
3. De arrastre de litoral
4. De cerco
5. De artes fixas en censos continxentados
6. De artes menores
7. De marisqueo e recursos específicos
5
8. De acuicultura
9. De transformación, comercialización, depuración e organizacións de produtores
10. De política social e seguridade da frota
A organización e composición do Consello Galego de Pesca farase procurando acadar unha
presenza equilibrada de mulleres e homes na súa composición total.
Representación institucional
Consello Galego de Pesca: Ramiro Otero Rodríguez, Marcelo Quintela Gómez
Comisión arrastre de litoral: Manuel Bastón Entenza, Pedro Beade Roel
Comisión de acuicultura: Ramiro Otero Rodríguez
Comisión de artes fixas en cercos continxentados: Marcelo Quintela Gómez, Manuel Bastón
Entenza
Comisión de cerco: Manuel Bastón Entenza, Marcelo Quintela Gómez
Comisión de comercialización, depuración e organización de produtores: Ramiro Otero Rodríguez
Comisión de marisqueo e recursos específicos: Marcelo Quintela Gómez, Joel Vázquez Alcántara
Comisión de pesca en augas comunitarias: Manuel Bastón Entenza, Pedro Beade Roel
Comisión de política social e seguridade da frota: Ramiro Otero Rodríguez, Marcelo Quintela
Gómez
Comisión sectorial de pesca en augas comunitarias non españolas: Manuel Bastón Entenza,
Pedro Beade Roel
Comisión sectorial de pesca en augas non comunitarias: Marcelo Quintela Gómez, Manuel
Bastón Entenza
Valoración sindical
O órgano consultivo do sector pesqueiro debería dar respostas a un sector tan dinámico como
o da pesca, no que conviven intereses encontrados entre confrarías, un considerable número
de empresarios e a representación dos traballadores e traballadoras. Pola contra, a súa activi-
dade é pouca, por non dicir practicamente inexistente.
O pleno e as distintas comisións deberían celebrar polo menos dúas sesións ordinarias ao ano,
e non o están a cumprir. CCOO denunciou publicamente esta situación, pois moitas cuestións
de urxente necesidade xustifican unha convocatoria, que non se produce. As poucas sesións
habidas responden ao interese político do Partido Popular o do sector empresarial, nunca á
defensa dos traballadores e traballadoras.
CCOO considera que, mentres non mude a representación no pleno, non variará a dinámica do
Consello pois nin sequera se reúne unha comisión fundamental como a de seguridade e de
política social nin en momentos de accidentes graves ou de afundimento de barcos.
6
PPPAAARRRLLLAAAMMMEEENNNTTTOOO DDDEEE GGGAAALLLIIICCCIIIAAA
Declaración institucional do Parlamento de Galicia
Declaración institucional sobre o Día de conmemoración anual en memoria das vítimas
do holocausto
O 1 de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa 42ª sesión plena-
ria, reafirma que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e in-
numerables membros doutras minorías morreron asasinados, será sempre unha adver-
tencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos. E
tamén decidiu designar o 27 de xaneiro como Día Internacional de conmemoración anual
en memoria das vítimas do Holocausto, todas elas vítimas do nazismo, entre as que se
contan tamén galegos e galegas.
A Asemblea Xeral rexeitou, e este Parlamento faina súa, toda negación, xa sexa parcial ou
total, do Holocausto como feito histórico. E condenou sen reservas, condena que tamén
este Parlamento fai súa, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa, incitación, acoso
ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou nas crenzas
relixiosas, teñan lugar onde teñan lugar.
O Parlamento de Galicia constata, coa Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que o descoñe-
cemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinan actos de barbarie aldraxantes
para a conciencia humana.
O Parlamento de Galicia, un ano máis e de acordo coa letra e co espírito da Declaración do
1 de novembro de 2005 da 42ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama o Goberno da
Xunta a traballar arreo contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e discriminacións
baseados na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e os cidadáns e as súas organizacións a
permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holo-
causto poida nin asentar entre nós nin en ningún lugar do mundo.
Declaración institucional polo Día escolar da non-violencia e a paz
Hai 69 anos, o 30 de xaneiro de 1948, morría asasinado Mahatma Gandhi, loitador incan-
sable a prol da igualdade e a xustiza. A súa obra a favor da paz no mundo veu sendo
recordada cada 30 de xaneiro dende 1964, ata que finalmente a UNESCO recoñeceu a data
en 1993 para conmemorar o día Escolar da non-violencia e a paz.
É un día no que reivindicar a importancia da escola para fomentar a convivencia, a paz e a
igualdade, así como a eliminación de todas as formas de violencia no ámbito educativo,
como poden ser o acoso escolar, a discriminación ou a segregación, a violencia machista
ou a non-integración, retos inmediatos aos que os poderes públicos debemos responder.
Tal e como recolle a ONU na Declaración e no Programa de Acción sobre unha Cultura de
Paz, aprobada pola Asemblea Xeral o 6 de outubro de 1999, «a paz non é só a ausencia de
conflitos, senón que tamén require un proceso positivo, dinámico e participativo no cal se
promova o diálogo e se solucionen os conflitos nun espírito de entendemento e coopera-
ción mutuos».
O Parlamento de Galicia reitera o seu compromiso cos devanditos principios fundacionais
da ONU e da UNESCO, especialmente no tocante á necesidade dunha educación a prol da
paz, lembrando que así como as guerras nacen na mente das persoas, é na mente das mu-
lleres e dos homes de mañá nos que debemos construír os baluartes da paz. Por iso, tra-
ballar nas escolas a prol da paz e a igualdade será o mellor xeito de garantir un futuro me-
llor para toda a cidadanía.
7
Así, o Parlamento de Galicia comprométese, e chama o conxunto da sociedade e as insti-
tucións, a traballar arreo contra todas as formas de violencia, poñendo especial énfase nas
que se producen na escola, como o chamado bullying, o ciberacoso ou calquera outra
forma de violencia que afecte as nenas e os nenos; traballando, deste xeito, man con man,
para fomentar a educación e a cultura da paz entre a infancia e a mocidade.
Proposicións non de lei aprobadas
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso por parte
da Xunta de Galicia para a comunicación entre a atención primaria e a hospitalaria a través da
e-consulta e a consulta telefónica. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a comunicación entre Atención
Primaria e Atención Hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica para axilizar
os tempos de resposta e potenciar a continuidade asistencial, e mellorar a conciliación
familiar e laboral dos pacientes, traballando sempre co cidadán como eixe central do
sistema.
O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe
levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación asistencial no Complexo Hospitalario
Universitario de Ourense. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dotar de telemetría un número sufi-
ciente de camas no servizo de Cardioloxía que permita ingresar no mesmo ás persoas
doentes que a precisen, evitando mantelas ingresadas no servizo de Urxencias.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que
debe realizar a Xunta de Galicia como complemento do Regulamento da Lei do solo recente-
mente aprobado como ferramenta ao servizo dos concellos. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a redactar as normas técnicas de planea-
mento que complementen ao regulamento da Lei do solo, recentemente aprobado, como
ferramenta ao servizo dos concellos.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións
que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co deseño dun plan de eliminación, en
Galicia, da cortadeira ou herba da Pampa. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Continuar coas medidas iniciadas para o control e erradicación da cortadeira selloana na
Comunidade Autónoma, incluíndo o deseño e inicio dun plan de erradicación e control da
planta en Galicia ao longo do ano 2017.
2. Dirixirse ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a deseñar un plan de elimina-
ción da cortadeira das autoestradas de Galicia.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a actuación que
debe levar a cabo o Goberno galego para que a empresa concesionaria das obras de amplia-
ción da AP-9 á entrada de Vigo cumpra co compromiso de instalar as pantallas antirruído nece-
sarias segundo a normativa vixente, así como para que adopte medidas paliativas que minimi-
cen o seu impacto para os veciños e no seu contorno. Aprobouse o seguinte texto:
8
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a
Autopistas del Atlántico S. A. para que, no marco das obras de ampliación da capacidade
da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, a concesionaria proceda a cumprir co
seu compromiso de instalar pantallas antirruído naqueles puntos onde sexa necesario de
acordo á normativa vixente, e adopte medidas paliativas que minimicen o impacto da au-
toestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co
día a día dos veciños
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola
Xunta de Galicia ás medidas necesarias para incrementar a captación polas empresas galegas
dos fondos comunitarios para I+D+i, en especial no marco do programa Horizonte 2020. (Pro-
cedemento de urxencia). Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para in-
crementar a captación de fondos comunitarios en favor da I+D+i por parte das entidades
galegas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, no marco dos pro-
gramas de financiamento europeos existentes para estas actividades, especialmente o
programa Horizonte 2020.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a posta en marcha
pola Xunta de Galicia de novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre
os profesionais da cociña e do sector artesanal. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que poña en marcha novas medidas que
intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector arte-
sanal, tendo en conta a enorme visibilidade que están a ter os cociñeiros galegos e as
grandes sinerxías que poden crear para outros sectores como o artesanal, converténdose
en escaparates excelentes da marca Artesanía de Galicia.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a convocatoria polo
Goberno galego dunha nova orde de axudas para o ano 2017 que colabore co labor que está
realizando o asociacionismo veciñal en Galicia. (Procedemento de urxencia). Aprobouse o se-
guinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia convocar unha nova orde de axudas para
o exercicio 2017 que colabore co importante labor que se está realizando polo asociacio-
nismo veciñal en Galicia.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións
que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemas xurdidos con motivo da
posta en marcha das notificacións telemáticas a través do sistema Lexnet na Administración de
xustiza. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a constituír comisións de seguimento en Ga-
licia, para evitar que se poidan poñer en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á
seguridade xurídica.
O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe
levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa cooperación galega ao desenvolvemento. Apro-
bouse o seguinte texto:
9
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Asegurar a previsibilidade e continuidade das distintas liñas de convocatorias públicas
en concorrencia competitiva previstas no III Plan Director de Cooperación Galega e dirixi-
das aos distintos axentes de cooperación.
2. Establecer compromisos orzamentarios plurianuais asegurando índices de execución or-
zamentarios de polo menos o 90 %.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a crea-
ción dun novo xulgado do social no partido xudicial de Lugo e, namentres, o nomeamento dun
ou dunha xuíz de reforzo. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Que demande do Goberno central a creación dun novo xulgado do social en Lugo
cando, a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior e a Xunta de Galicia, existan
as condicións obxectivas de necesidade para a dita creación.
2. Que solicite ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia o nomeamento dun/ha maxistrado/a de reforzo para os xulgados do social na Pro-
vincia de Lugo.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a de-
manda do Goberno galego ao Goberno español respecto das discriminacións das persoas con
discapacidade que desexan contraer matrimonio. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse ao Goberno español e deman-
darlle que revoque a modificación do artigo 56 do Código civil e 58 do Rexistro civil e se
substitúan por un texto consensuado coas asociacións de persoas con discapacidade.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que
debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas á elaboración dos distintos modelos de pregos
de contratos públicos que incorporen as innovacións contidas na normativa galega, así como
as guías que a desenvolveron e as novidades que incorpore a lexislación básica. Aprobouse o
seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a completar e publicar no 2017 os distin-
tos modelos de pregos de contratos públicos, que deberán incorporar todas as innova-
cións contidas tanto na normativa galega e nas guías que a desenvolven como as novida-
des que incorpore a lexislación básica, así como a revisalas e actualizalas, cando fose
procedente, con carácter anual.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que
debe levar a cabo o Goberno galego para afrontar un proceso de potenciación da aprendizaxe
de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos. (Procedemento de urxencia). Apro-
bouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a afrontar un proceso de potenciación da
aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos, afrontando a progre-
siva implantación do sistema de plurilingüismo na Educación Infantil de 3 a 6 anos e a in-
corporación do inglés nos ciclos de FP.
10
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola
Xunta de Galicia á implantación da programación e a robótica nos distintos niveis educativos,
con especial incidencia en educación primaria. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a profundar na implantación da Progra-
mación e a Robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia na Educación
Primaria
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a ac-
tuación que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar os riscos que está a ocasionar para
a seguridade dos nenos, peóns e vehículos a paraxe do transporte escolar localizada na DP-
2404, en Vilaño, na Laracha. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar a modificación da actual parada
do transporte escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404, ate un punto da
mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crianzas, vehículos e mesmo
peóns.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola
Xunta de Galicia das medidas necesarias que permitan poñer á disposición dos produtores
sementes certificadas que garantan a procedencia da variedade e a calidade da faba. Apro-
bouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que impulse as medidas necesarias que
permitan poñer a disposición dos produtores sementes certificadas que garantan tanto a
procedencia da variedade da faba como a súa calidade.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola
Xunta de Galicia para completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización
de terra agraria produtiva como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explota-
cións agrogandeiras. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar decididamente e completar os
instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva
como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explotacións agro-gandeiras
do noso país.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre as ac-
tuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a protección do Pedregal de Irimia, no
concello de Meira, o acuífero matricial do Miño e o seu contorno. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
— Protexer o Pedregal de Irimia reforzando a súa consideración de Área de especial pro-
tección paisaxística coa figura de Espazo Natural de Interese Local no caso de que se rea-
lice a preceptiva solicitude por parte do Concello.
— Unha vez que se realice a solicitude polo Concello de Meira, que se tramite coa maior
dilixencia posible a declaración de Espazo Natural de Interese Local.
11
O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe
levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa compra pública alimentaria e o uso de organis-
mos modificados xeneticamente nos menús dos centros públicos dependentes dela. Apro-
bouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a apostar na liña de incorporar criterios
de fomento dos alimentos de proximidade, de produción familiar e ecolóxica nas compras
públicas alimentarias nos centros dependentes da Administración autonómica.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a ac-
tualización, axilización e posta en práctica polo Goberno galego do pagamento das indemniza-
cións aos gandeiros afectados polos ataques do lobo. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar no seu labor de axilizar e ac-
tualización das indemnizacións polos danos ocasionados polo lobo, compatibilizando a re-
paración destes danos coa viabilidade da especie no noso territorio.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a posi-
ción do Parlamento de Galicia e as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno
central en relación coa decisión de modificar os coeficientes redutores da idade de xubilación
para as tripulacións dos buques que pescan en augas internacionais. Aprobouse o seguinte
texto:
O Parlamento de Galicia mostra o seu apoio ás tripulacións embarcadas en buques que
faenan en augas internacionais na súa reivindicación de que se lles aplique o 0,4 % nos
coeficientes redutores no cálculo da idade de xubilación e insta o Goberno galego a recla-
mar do Goberno español e do Ministerio de Fomento:
1.- Revisar de oficio todas as pensións que se resolveron co actual procedemento para im-
pedir a discriminación a respecto dos que historicamente se lles recoñeceu 0,40 e mantelo
para o resto de tripulacións destas embarcacións.
2.- Solicitar una revisión profunda do caduco modelo baseado na zona e o tamaño da em-
barcación para ir a un novo que incentive as condicións reais das actividades profesionais
da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalu-
bres e provoquen sinistralidade e altas morbilidades.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre as ac-
tuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas medidas adoptadas pola
Garda Civil no porto de Aguiño respecto de tres embarcacións dedicadas á extracción de per-
cebe por non se axustar a potencia dos seus motores á que figura nas súas documentacións.
Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
Realizar de inmediato todas as actuacións precisas que permitan a regularización en canto
a cabalaxe das embarcacións pendentes que quedaron fóra do procedemento impulsado
pola Lei 9/2007.
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a polí-
tica do Goberno galego en relación coa violencia de xénero en persoas menores de idade (mo-
ción a consecuencia da interpelación número 1876, publicada no BOPG núm. 28, do 14-12-
2016, debatida na sesión plenaria do 27-12-2016). Aprobouse o seguinte texto:
12
O Parlamento de Galicia acorda constituír un grupo relator dentro da Comisión non Per-
manente de Estudo para a igualdade e para os Dereitos das Mulleres coa finalidade de:
1. Promover un Pacto galego contra a violencia de xénero que como mínimo inclúa as se-
guintes medidas:
a) O incremento dos recursos económicos destinados á prevención e á asistencia das víti-
mas da violencia de xénero e das súas fillas e fillos.
b) O estudo da modificación da Lei galega 11/2007, para a prevención e tratamento inte-
gral da violencia de xénero para incluír na mesma o concepto de feminicidio.
c) A mellora dos medios e recursos da xustiza, concretada:
• Na dotación dos recursos necesarios para mellorar os medios xudiciais en materia de
violencia contra as mulleres.
• Na garantía de existencia, no marco dos medios dispoñibles en cada edificio xudicial,
de mecanismos de separación entre vítimas e agresores nos xulgados galegos.
• Na garantía de formación especializada en violencia de xénero de todo o persoal que
intervén no proceso xudicial, incluíndo médicos/as forenses e equipos psicosociais.
• Na aplicación dun protocolo forense de valoración do nivel de risco para os casos de
violencia de xénero nas unidade de valoración forense.
d) O desenvolvemento durante o 2017 das medidas de coeducación previstas no I Plan de
actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia.
e) Intensificar as medidas de prevención da violencia de xénero coas seguintes actuacións:
• Posta en marcha, de xeito periódico, de campañas de información e sensibilización di-
rixidas á poboación en xeral e específicas para a mocidade, que teñan como obxectivo
mudar os estereotipos sexistas, que incidan no rexeitamento social sobre todas as
formas de violencia de xénero e que informen dos medios e recursos a disposición das
mulleres que se atopen en situación de violencia de xénero. As campañas terán espe-
cial divulgación nos medios de comunicación de titularidade pública, nos centros es-
colares, educativos, sociais, sanitarios, laborais, culturais e deportivos.
• Aplicar o artigo 15 da Lei 11/2017, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero relativo a formación da totalidade das e dos profesionais.
f) A aplicación do artigo 25 da Lei 11/2017, galega para a prevención e o tratamento inte-
gral da violencia de xénero que considera a atención psicolóxica como un servizo de aten-
ción primaria. E en relación cos programas de atención psicolóxica:
• Promoción dos cambios legais necesarios para que as mulleres en situación de violen-
cia de xénero non teñan que informar ao outro proxenitor da decisión de que a/o
menor inicie un tratamento psicolóxico coa finalidade de abordar o impacto psicoló-
xico sufrido por presenciar violencia de xénero.
• Ampliación da atención psicolóxica aos homes menores de idade con problemas de
conduta.
g) A elaboración, en colaboración coa FEGAMP e os concellos, de protocolos de preven-
ción e atención a situacións de violencia machista naquelas entidades locais que non dis-
poñan do mesmo ou que precisen da súa actualización por parte de persoal cualificado.
h) A promoción da avaliación, externa e independente por parte do Observatorio Galego
de Violencia de Xénero, do cumprimento e do impacto en Galicia da lei galega e da lei es-
tatal contra a violencia de xénero, así como das medidas necesarias para mellorar a efica-
13
cia das políticas públicas para acabar coa violencia de xénero que será remitida ao Parla-
mento de Galicia.
i) A promoción, tanto en medios públicos como privados, do cumprimento dos principios
establecidos na Declaración de Compostela, procurando a responsabilidade e implicación
dos medios de comunicación social no combate á violencia machista e evitando o morbo e
sensacionalismo no tratamento informativo da violencia machista.
k) O establecemento de medidas para evitar a vitimización secundaria das mulleres en si-
tuación de violencia de xénero e articulación de medidas que salvagarden a súa intimidade
á hora de acceder aos diferentes recursos e servizos que poñen á súa disposición as dife-
rentes administracións públicas.
2. A elaboración dun documento de consenso de todos os grupos políticos con represen-
tación na cámara, co obxectivo de elevar unha posición única e conxunta, á xuntanza da
Comisión Xeral das Comunidades Autónomas de Senado, que se acordou convocar na
Conferencia de Presidentes do 17 de xaneiro de 2017, co fin de incorporar as achegas da
Comunidade Autónoma de Galicia aos traballos do Pacto de Estado contra a violencia de
xénero.
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a aprobación polo
Goberno galego da norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral
da Administración pública de Galicia. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a aprobar durante o primeiro semestre de
2017 a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Ad-
ministración da Comunidade Autónoma de Galicia, incorporando a correspondente me-
moria económica
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola
Xunta de Galicia para elaborar e aprobar un programa de axudas específico para as familias
monoparentais. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1.- Elaborar e aprobar un Programa de Axudas específico para as familias monoparentais.
2.- Demandar ao Goberno de España a:
a) Modificar a lexislación relativa ás familias monoparentais-monomarentais con dous
fillos/as co fin de que sexan consideradas familias numerosas.
b) Adoptar as medidas necesarias para a equiparación dos dereitos das familias mono-
parentais-monomarentais con dous fillos/as e os das familias numerosas, analizando e
equiparando na medida do posible os beneficios que poidan compartir entre unhas e
outras.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre a posta en
marcha polo Goberno galego dunha plataforma de elaboración das programacións didácticas
de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato para todos os centros
docentes da comunidade autónoma de Galicia. Aprobouse o seguinte texto:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ampliar ás etapas de educación infantil,
primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña emprendida pola Consellería de Cul-
tura, Educación e Ordenación Universitaria en formación profesional, poñendo en funcio-
namento á maior brevidade posible un conxunto de instrumentos e ferramentas informá-
14
ticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acordes co modelo
curricular vixente.
NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO DDDOOOGGG
CONSELLARÍA DE POLÍTICA SOCIAL
DOG número 2, 3 de xaneiro de 2017
Corrección de erros. Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas
que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias
con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170103/AnuncioG0425-301216-0012_gl.pdf
CONSELLARÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DOG número 2, 3 de xaneiro de 2017
Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se fai pública a resolución de axudas, para a matrí-
cula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de
desemprego, para o curso 2016/17.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170104/AnuncioG0164-271216-0011_gl.pdf
DOG número 4, 5 de xaneiro de 2017
Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos
de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano
2017.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170105/AnuncioG0164-261216-0001_gl.pdf
DOG número 8, 12 de xaneiro de 2017
Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de compe-
tencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de
Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións
profesionais.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0164-281216-0003_gl.pdf
CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA
DOG número 7, 11 de xaneiro de 2017
Resolución do 4 de xaneiro de 2017 pola que se fai público o cesamento de Marta Dorado Ro-
mero como secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170111/AnuncioG1311-040117-0002_gl.pdf
CONSELLARÍA DE SANIDADE
DOG número 9, 13 de xaneiro de 2017
Decreto 192/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Josefina Monteagudo Ro-
mero como secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0001_gl.pdf
15
Decreto 193/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Lourdes Vilachán Angueira
como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0002_gl.pdf
Decreto 195/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería
de Sanidade a Alberto Fuentes Losada.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0003_gl.pdf
Decreto 196/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea directora xeral de Recursos Económi-
cos do Servizo Galego de Saúde a María Jesús Piñeiro Bello.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0004_gl.pdf
DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017
Corrección de erros. Decreto 1/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Josefina
Monteagudo Romero como secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade (publicado por
erro como Decreto 192/2017).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-1_gl.pdf
Corrección de erros. Decreto 2/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Lourdes
Vilachán Angueira como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde
(publicado por erro como Decreto 193/2017).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-2_gl.pdf
DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017
Corrección de erros. Decreto 4/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea secretario xeral
técnico da Consellería de Sanidade a Alberto Fuentes Losada (publicado por erro como Decreto
195/2017).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-3_gl.pdf
Corrección de erros. Decreto 5/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea directora xeral de
Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde a María Jesús Piñeiro Bello (publicado por
erro como Decreto 196/2017).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-4_gl.pdf
CONSELLARÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DOG número 10, 16 de xaneiro de 2017
Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a conce-
sión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte
da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocato-
ria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0424-301216-0002_gl.pdf
Extracto da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o paga-
mento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0424-040117-0001_gl.pdf
Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento
de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral,
na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo
16
nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa
operativo FSE Galicia 2014-2020.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170119/AnuncioG0424-110117-0016_gl.pdf
CONSELLARÍA DO MAR
DOG número 14, 20 de xaneiro de 2017
Orde do 12 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Ad-
ministración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0427-130117-0011_gl.pdf
Orde do 12 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Ad-
ministración da Autoridade Portuaria de Vigo.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0427-130117-0010_gl.pdf
DOG número 21, 31 de xaneiro de 2017
Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o nomeamento de dous vogais do Consello
de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170131/AnuncioG0427-260117-0001_gl.pdf
CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL
DOG número 14, 20 de xaneiro de 2017
Real decreto 772/2016, do 30 de decembro, polo que se nomea presidente da Audiencia Pro-
vincial da Coruña a José Luis Seoane Spiegelberg
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG1327-190117-1_gl.pdf
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017
Corrección de erros. Decreto 3/2017, do 10 de xaneiro, polo que se nomean os membros da
Xunta Electoral de Galicia (publicado por erro como Decreto 194/2017).
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3B0-230117-1_gl.pdf
DOG número 19, 27 de xaneiro de 2017
Decreto 7/2017, do 23 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello
Económico e Social de Galicia.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioC3B0-240117-0001_gl.pdf
Decreto 8/2017, do 23 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Conse-
llo Económico e Social de Galicia.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioC3B0-240117-0002_gl.pdf
17
NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO BBBOOOEEE
MINISTERIO DE ENERXÍA, TURISMO E AXENDA DIXITAL
BOE número 16, 19 de xaneiro de 2017
Resolución de 12 de xaneiro de 2017, da Entidade Pública Empresarial Red.es, pola que se
establecen as bases reguladoras do programa de formación para o emprego xuvenil na eco-
nomía dixital.
http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/19/pdfs/BOE-A-2017-579.pdf
XEFATURA DO ESTADO
BOE número 18, 21 de xaneiro de 2017
Real decreto lei 1/2017, de 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumido-
res en materia de cláusulas chan.
http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/21/pdfs/BOE-A-2017-653.pdf
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
BOE número 21, 25 de xaneiro de 2017
Orde de 30 de decembro de 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que
se publica convocatoria do procedementos de recoñecemento de competencias profesionais
adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/25/pdfs/BOE-A-2017-803.pdf
BOE número 23, 27 de xaneiro de 2017
Resolución de 17 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a convocatoria de acreditación de
competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autó-
noma de Galicia.
http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/27/pdfs/BOE-A-2017-897.pdf

More Related Content

Viewers also liked

P ortadasfinale spdf
P ortadasfinale spdfP ortadasfinale spdf
P ortadasfinale spdf
fer-1470
 
Modulo 3 mapa conseptual.
Modulo 3 mapa conseptual.Modulo 3 mapa conseptual.
Modulo 3 mapa conseptual.
Karen Vázquez
 

Viewers also liked (8)

La Educación a Distencia en La UNAD
La Educación a Distencia en La UNADLa Educación a Distencia en La UNAD
La Educación a Distencia en La UNAD
 
Capitulo 1
Capitulo 1Capitulo 1
Capitulo 1
 
Madre Teresa de Calcuta
Madre Teresa de Calcuta Madre Teresa de Calcuta
Madre Teresa de Calcuta
 
프릴리지『 W3.ow.to 』 톡 w2015 ♡ 프릴리지판매,프릴리지약효,프릴리지구입처,프릴리지구매처,프릴리지파는곳
프릴리지『 W3.ow.to  』 톡 w2015 ♡ 프릴리지판매,프릴리지약효,프릴리지구입처,프릴리지구매처,프릴리지파는곳프릴리지『 W3.ow.to  』 톡 w2015 ♡ 프릴리지판매,프릴리지약효,프릴리지구입처,프릴리지구매처,프릴리지파는곳
프릴리지『 W3.ow.to 』 톡 w2015 ♡ 프릴리지판매,프릴리지약효,프릴리지구입처,프릴리지구매처,프릴리지파는곳
 
América latina
América latinaAmérica latina
América latina
 
Acta pleno nacional asetoch 14 12-12 uss concepción
Acta pleno nacional asetoch 14 12-12 uss concepciónActa pleno nacional asetoch 14 12-12 uss concepción
Acta pleno nacional asetoch 14 12-12 uss concepción
 
P ortadasfinale spdf
P ortadasfinale spdfP ortadasfinale spdf
P ortadasfinale spdf
 
Modulo 3 mapa conseptual.
Modulo 3 mapa conseptual.Modulo 3 mapa conseptual.
Modulo 3 mapa conseptual.
 

Similar to boletín xaneiro 2017

Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidade
alternativaapu
 
Declaración holocausto 09 02-10
Declaración holocausto 09 02-10Declaración holocausto 09 02-10
Declaración holocausto 09 02-10
GZ-Israel
 
Homenaxe josé manuel iglesias
Homenaxe josé manuel iglesiasHomenaxe josé manuel iglesias
Homenaxe josé manuel iglesias
oscargaliza
 
Declaracion instit 26012007
Declaracion instit 26012007Declaracion instit 26012007
Declaracion instit 26012007
GZ-Israel
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ecursocig
 
Guía cooperativismo 1eso
Guía cooperativismo 1esoGuía cooperativismo 1eso
Guía cooperativismo 1eso
satelite1
 

Similar to boletín xaneiro 2017 (20)

Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidade
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidade
 
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galiciaAnteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixital
 
Declaración holocausto 09 02-10
Declaración holocausto 09 02-10Declaración holocausto 09 02-10
Declaración holocausto 09 02-10
 
Declaracion Institucional no Día do Holocausto
Declaracion Institucional no Día do HolocaustoDeclaracion Institucional no Día do Holocausto
Declaracion Institucional no Día do Holocausto
 
Homenaxe josé manuel iglesias
Homenaxe josé manuel iglesiasHomenaxe josé manuel iglesias
Homenaxe josé manuel iglesias
 
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
Programa de Sumar Galicia para las elecciones autonómicas de 2024
 
Declaracion instit 26012007
Declaracion instit 26012007Declaracion instit 26012007
Declaracion instit 26012007
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 
Lei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de GaliciaLei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de Galicia
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Guía cooperativismo 1eso
Guía cooperativismo 1esoGuía cooperativismo 1eso
Guía cooperativismo 1eso
 

More from CCOO Concello Pontevedra (7)

Comun. prensa Policía Local de Marin
Comun. prensa Policía Local de MarinComun. prensa Policía Local de Marin
Comun. prensa Policía Local de Marin
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Informe animales abandonados
Informe animales abandonadosInforme animales abandonados
Informe animales abandonados
 
Informe señalizacion
Informe señalizacionInforme señalizacion
Informe señalizacion
 
RESOLUCIÓN CONCEJALA DE POLICÍA CONTRA DERECHOS
RESOLUCIÓN CONCEJALA DE POLICÍA CONTRA DERECHOSRESOLUCIÓN CONCEJALA DE POLICÍA CONTRA DERECHOS
RESOLUCIÓN CONCEJALA DE POLICÍA CONTRA DERECHOS
 
Nota de-prensa M. EMPLEO JUBILACIÓN PPLL
Nota de-prensa M. EMPLEO JUBILACIÓN PPLLNota de-prensa M. EMPLEO JUBILACIÓN PPLL
Nota de-prensa M. EMPLEO JUBILACIÓN PPLL
 
Informe biciletas y vmp
Informe biciletas y vmpInforme biciletas y vmp
Informe biciletas y vmp
 

boletín xaneiro 2017

  • 1. f Nº 49 / Xaneiro de 2017
  • 2. BOLETÍN DE ACTUALIDADE INSTITUCIONAL SECRETARÍA DE EMPREGO E INSTITUCIONAL SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA Número 49 (xaneiro 2017)
  • 3. SSSUUUMMMAAARRRIIIOOO Organismos en que participa CCOO Participación institucional Nomeamentos institucionais Normas publicadas no DOG Normas publicadas no BOE PRESENTACIÓN Estimadas compañeiras e compañeiros: Remitímosvos o BOLETÍN DE ACTUALIDADE INSTITUCIONAL correspondente ao mes de xaneiro, no que atoparedes as habituais seccións. Segue a ser un documento de contidos lixeiros —na tónica dos últimos meses— por mor da debilidade en que se atopa o Goberno estatal e da desaceleración que, desde hai algún tempo, se percibe no Goberno da Xunta de Galicia. No Estado, cun Parlamento sen maioría e sen recuperar a actividade lexislativa, o Goberno non é quen de dar solucións a unha enquistada crise social e de emprego. En Galicia debatéronse os orzamentos para 2017 (recollerémolos no próximo BOLETÍN), co Partido Popular pasando o rolo sen ter en conta a actual realidade de Galicia, situada no furgón de cola das comunidades autónomas. O máis destacable neste BOLETÍN é a publicación por parte das Consellerías de Educación e de Economía, Emprego e Industria das convocatorias dos procedementos de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. CCOO valora o procedemento pero considérao claramente insuficiente en relación coa demanda dos traballadores e traballadoras. Con todo, coidamos que, neste caso, como en todo o relativo á formación profesional, a dispersión de actuacións entre as dúas consellerías dificulta o acceso ás convocatorias e reduce a eficacia das medidas. Recibide un cordial saúdo. Maica BOUZA SEOANE Secretaría de Institucional Sindicato Nacional de CC OO de Galicia
  • 4. 4 OOORRRGGGAAANNNIIISSSMMMOOOSSS EEENNN QQQUUUEEE PPPAAARRRTTTIIICCCIIIPPPAAA CCCCCC OOOOOO CONSELLO GALEGO DE PESCA Decreto 123/2011, do 16 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Pesca. Funcións Son funcións do Consello Galego de Pesca as seguintes: 1. Colaborar coa Consellaría do Mar na elaboración da planificación pesqueira, marisqueira e acuícola e na programación de estudos sobre as distintas actividades que poidan favorecer o desenvolvemento do sector pesqueiro galego. 2. Estudar e propor as reformas que considere precisas na regulamentación pesqueira, maris- queira e acuícola con incidencia no sector pesqueiro galego. 3. Propor reformas, canalizar recomendacións e achegar suxestións respecto das políticas que afecten ao conxunto do sector pesqueiro. 4. Realizarlles consultas a outros organismos e institucións. 5. Emitir informes e ditames en todos os casos en que así o dispoña o propio Consello, así coma cando o solicite a Consellería do Mar. 6. Emitir ditames sobre os anteproxectos de lei en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, así como sobre os proxectos de disposicións regulamentarias que, en relación con tales ma- terias, lle someta a Consellería do Mar. As funcións do Consello Galego de Pesca desenvolveranse, cando proceda, incorporando a perspectiva de xénero. Composición O Consello Galego de Pesca estrutúrase nos órganos seguintes: o Pleno e as Comisións sectoriais. Para realizar as funcións sinaladas no artigo 2, en relación cos temas específicos de cada área, constitúense as seguintes comisións sectoriais: 1. De pesca en augas non comunitarias 2. De pesca en augas comunitarias non españolas 3. De arrastre de litoral 4. De cerco 5. De artes fixas en censos continxentados 6. De artes menores 7. De marisqueo e recursos específicos
  • 5. 5 8. De acuicultura 9. De transformación, comercialización, depuración e organizacións de produtores 10. De política social e seguridade da frota A organización e composición do Consello Galego de Pesca farase procurando acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes na súa composición total. Representación institucional Consello Galego de Pesca: Ramiro Otero Rodríguez, Marcelo Quintela Gómez Comisión arrastre de litoral: Manuel Bastón Entenza, Pedro Beade Roel Comisión de acuicultura: Ramiro Otero Rodríguez Comisión de artes fixas en cercos continxentados: Marcelo Quintela Gómez, Manuel Bastón Entenza Comisión de cerco: Manuel Bastón Entenza, Marcelo Quintela Gómez Comisión de comercialización, depuración e organización de produtores: Ramiro Otero Rodríguez Comisión de marisqueo e recursos específicos: Marcelo Quintela Gómez, Joel Vázquez Alcántara Comisión de pesca en augas comunitarias: Manuel Bastón Entenza, Pedro Beade Roel Comisión de política social e seguridade da frota: Ramiro Otero Rodríguez, Marcelo Quintela Gómez Comisión sectorial de pesca en augas comunitarias non españolas: Manuel Bastón Entenza, Pedro Beade Roel Comisión sectorial de pesca en augas non comunitarias: Marcelo Quintela Gómez, Manuel Bastón Entenza Valoración sindical O órgano consultivo do sector pesqueiro debería dar respostas a un sector tan dinámico como o da pesca, no que conviven intereses encontrados entre confrarías, un considerable número de empresarios e a representación dos traballadores e traballadoras. Pola contra, a súa activi- dade é pouca, por non dicir practicamente inexistente. O pleno e as distintas comisións deberían celebrar polo menos dúas sesións ordinarias ao ano, e non o están a cumprir. CCOO denunciou publicamente esta situación, pois moitas cuestións de urxente necesidade xustifican unha convocatoria, que non se produce. As poucas sesións habidas responden ao interese político do Partido Popular o do sector empresarial, nunca á defensa dos traballadores e traballadoras. CCOO considera que, mentres non mude a representación no pleno, non variará a dinámica do Consello pois nin sequera se reúne unha comisión fundamental como a de seguridade e de política social nin en momentos de accidentes graves ou de afundimento de barcos.
  • 6. 6 PPPAAARRRLLLAAAMMMEEENNNTTTOOO DDDEEE GGGAAALLLIIICCCIIIAAA Declaración institucional do Parlamento de Galicia Declaración institucional sobre o Día de conmemoración anual en memoria das vítimas do holocausto O 1 de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa 42ª sesión plena- ria, reafirma que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e in- numerables membros doutras minorías morreron asasinados, será sempre unha adver- tencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos. E tamén decidiu designar o 27 de xaneiro como Día Internacional de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto, todas elas vítimas do nazismo, entre as que se contan tamén galegos e galegas. A Asemblea Xeral rexeitou, e este Parlamento faina súa, toda negación, xa sexa parcial ou total, do Holocausto como feito histórico. E condenou sen reservas, condena que tamén este Parlamento fai súa, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, teñan lugar onde teñan lugar. O Parlamento de Galicia constata, coa Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que o descoñe- cemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinan actos de barbarie aldraxantes para a conciencia humana. O Parlamento de Galicia, un ano máis e de acordo coa letra e co espírito da Declaración do 1 de novembro de 2005 da 42ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama o Goberno da Xunta a traballar arreo contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e discriminacións baseados na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e os cidadáns e as súas organizacións a permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holo- causto poida nin asentar entre nós nin en ningún lugar do mundo. Declaración institucional polo Día escolar da non-violencia e a paz Hai 69 anos, o 30 de xaneiro de 1948, morría asasinado Mahatma Gandhi, loitador incan- sable a prol da igualdade e a xustiza. A súa obra a favor da paz no mundo veu sendo recordada cada 30 de xaneiro dende 1964, ata que finalmente a UNESCO recoñeceu a data en 1993 para conmemorar o día Escolar da non-violencia e a paz. É un día no que reivindicar a importancia da escola para fomentar a convivencia, a paz e a igualdade, así como a eliminación de todas as formas de violencia no ámbito educativo, como poden ser o acoso escolar, a discriminación ou a segregación, a violencia machista ou a non-integración, retos inmediatos aos que os poderes públicos debemos responder. Tal e como recolle a ONU na Declaración e no Programa de Acción sobre unha Cultura de Paz, aprobada pola Asemblea Xeral o 6 de outubro de 1999, «a paz non é só a ausencia de conflitos, senón que tamén require un proceso positivo, dinámico e participativo no cal se promova o diálogo e se solucionen os conflitos nun espírito de entendemento e coopera- ción mutuos». O Parlamento de Galicia reitera o seu compromiso cos devanditos principios fundacionais da ONU e da UNESCO, especialmente no tocante á necesidade dunha educación a prol da paz, lembrando que así como as guerras nacen na mente das persoas, é na mente das mu- lleres e dos homes de mañá nos que debemos construír os baluartes da paz. Por iso, tra- ballar nas escolas a prol da paz e a igualdade será o mellor xeito de garantir un futuro me- llor para toda a cidadanía.
  • 7. 7 Así, o Parlamento de Galicia comprométese, e chama o conxunto da sociedade e as insti- tucións, a traballar arreo contra todas as formas de violencia, poñendo especial énfase nas que se producen na escola, como o chamado bullying, o ciberacoso ou calquera outra forma de violencia que afecte as nenas e os nenos; traballando, deste xeito, man con man, para fomentar a educación e a cultura da paz entre a infancia e a mocidade. Proposicións non de lei aprobadas O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso por parte da Xunta de Galicia para a comunicación entre a atención primaria e a hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a comunicación entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica para axilizar os tempos de resposta e potenciar a continuidade asistencial, e mellorar a conciliación familiar e laboral dos pacientes, traballando sempre co cidadán como eixe central do sistema. O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación asistencial no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dotar de telemetría un número sufi- ciente de camas no servizo de Cardioloxía que permita ingresar no mesmo ás persoas doentes que a precisen, evitando mantelas ingresadas no servizo de Urxencias. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia como complemento do Regulamento da Lei do solo recente- mente aprobado como ferramenta ao servizo dos concellos. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a redactar as normas técnicas de planea- mento que complementen ao regulamento da Lei do solo, recentemente aprobado, como ferramenta ao servizo dos concellos. O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co deseño dun plan de eliminación, en Galicia, da cortadeira ou herba da Pampa. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: 1. Continuar coas medidas iniciadas para o control e erradicación da cortadeira selloana na Comunidade Autónoma, incluíndo o deseño e inicio dun plan de erradicación e control da planta en Galicia ao longo do ano 2017. 2. Dirixirse ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a deseñar un plan de elimina- ción da cortadeira das autoestradas de Galicia. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para que a empresa concesionaria das obras de amplia- ción da AP-9 á entrada de Vigo cumpra co compromiso de instalar as pantallas antirruído nece- sarias segundo a normativa vixente, así como para que adopte medidas paliativas que minimi- cen o seu impacto para os veciños e no seu contorno. Aprobouse o seguinte texto:
  • 8. 8 O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a Autopistas del Atlántico S. A. para que, no marco das obras de ampliación da capacidade da AP-9 que se están a realizar na entrada de Vigo, a concesionaria proceda a cumprir co seu compromiso de instalar pantallas antirruído naqueles puntos onde sexa necesario de acordo á normativa vixente, e adopte medidas paliativas que minimicen o impacto da au- toestrada e melloren a compatibilidade desta infraestrutura coa contorna construída e co día a día dos veciños O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola Xunta de Galicia ás medidas necesarias para incrementar a captación polas empresas galegas dos fondos comunitarios para I+D+i, en especial no marco do programa Horizonte 2020. (Pro- cedemento de urxencia). Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para in- crementar a captación de fondos comunitarios en favor da I+D+i por parte das entidades galegas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, no marco dos pro- gramas de financiamento europeos existentes para estas actividades, especialmente o programa Horizonte 2020. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia de novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector artesanal. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que poña en marcha novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector arte- sanal, tendo en conta a enorme visibilidade que están a ter os cociñeiros galegos e as grandes sinerxías que poden crear para outros sectores como o artesanal, converténdose en escaparates excelentes da marca Artesanía de Galicia. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a convocatoria polo Goberno galego dunha nova orde de axudas para o ano 2017 que colabore co labor que está realizando o asociacionismo veciñal en Galicia. (Procedemento de urxencia). Aprobouse o se- guinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia convocar unha nova orde de axudas para o exercicio 2017 que colabore co importante labor que se está realizando polo asociacio- nismo veciñal en Galicia. O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos problemas xurdidos con motivo da posta en marcha das notificacións telemáticas a través do sistema Lexnet na Administración de xustiza. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a constituír comisións de seguimento en Ga- licia, para evitar que se poidan poñer en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica. O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa cooperación galega ao desenvolvemento. Apro- bouse o seguinte texto:
  • 9. 9 O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: 1. Asegurar a previsibilidade e continuidade das distintas liñas de convocatorias públicas en concorrencia competitiva previstas no III Plan Director de Cooperación Galega e dirixi- das aos distintos axentes de cooperación. 2. Establecer compromisos orzamentarios plurianuais asegurando índices de execución or- zamentarios de polo menos o 90 %. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a crea- ción dun novo xulgado do social no partido xudicial de Lugo e, namentres, o nomeamento dun ou dunha xuíz de reforzo. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: 1. Que demande do Goberno central a creación dun novo xulgado do social en Lugo cando, a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior e a Xunta de Galicia, existan as condicións obxectivas de necesidade para a dita creación. 2. Que solicite ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o nomeamento dun/ha maxistrado/a de reforzo para os xulgados do social na Pro- vincia de Lugo. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a de- manda do Goberno galego ao Goberno español respecto das discriminacións das persoas con discapacidade que desexan contraer matrimonio. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixirse ao Goberno español e deman- darlle que revoque a modificación do artigo 56 do Código civil e 58 do Rexistro civil e se substitúan por un texto consensuado coas asociacións de persoas con discapacidade. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas á elaboración dos distintos modelos de pregos de contratos públicos que incorporen as innovacións contidas na normativa galega, así como as guías que a desenvolveron e as novidades que incorpore a lexislación básica. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a completar e publicar no 2017 os distin- tos modelos de pregos de contratos públicos, que deberán incorporar todas as innova- cións contidas tanto na normativa galega e nas guías que a desenvolven como as novida- des que incorpore a lexislación básica, así como a revisalas e actualizalas, cando fose procedente, con carácter anual. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para afrontar un proceso de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos. (Procedemento de urxencia). Apro- bouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a afrontar un proceso de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos distintos niveis educativos, afrontando a progre- siva implantación do sistema de plurilingüismo na Educación Infantil de 3 a 6 anos e a in- corporación do inglés nos ciclos de FP.
  • 10. 10 O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola Xunta de Galicia á implantación da programación e a robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia en educación primaria. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a profundar na implantación da Progra- mación e a Robótica nos distintos niveis educativos, con especial incidencia na Educación Primaria O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a ac- tuación que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar os riscos que está a ocasionar para a seguridade dos nenos, peóns e vehículos a paraxe do transporte escolar localizada na DP- 2404, en Vilaño, na Laracha. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar a modificación da actual parada do transporte escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404, ate un punto da mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crianzas, vehículos e mesmo peóns. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas necesarias que permitan poñer á disposición dos produtores sementes certificadas que garantan a procedencia da variedade e a calidade da faba. Apro- bouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que impulse as medidas necesarias que permitan poñer a disposición dos produtores sementes certificadas que garantan tanto a procedencia da variedade da faba como a súa calidade. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola Xunta de Galicia para completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explota- cións agrogandeiras. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar decididamente e completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explotacións agro-gandeiras do noso país. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre as ac- tuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a protección do Pedregal de Irimia, no concello de Meira, o acuífero matricial do Miño e o seu contorno. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: — Protexer o Pedregal de Irimia reforzando a súa consideración de Área de especial pro- tección paisaxística coa figura de Espazo Natural de Interese Local no caso de que se rea- lice a preceptiva solicitude por parte do Concello. — Unha vez que se realice a solicitude polo Concello de Meira, que se tramite coa maior dilixencia posible a declaración de Espazo Natural de Interese Local.
  • 11. 11 O Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposta sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa compra pública alimentaria e o uso de organis- mos modificados xeneticamente nos menús dos centros públicos dependentes dela. Apro- bouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a apostar na liña de incorporar criterios de fomento dos alimentos de proximidade, de produción familiar e ecolóxica nas compras públicas alimentarias nos centros dependentes da Administración autonómica. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a ac- tualización, axilización e posta en práctica polo Goberno galego do pagamento das indemniza- cións aos gandeiros afectados polos ataques do lobo. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar no seu labor de axilizar e ac- tualización das indemnizacións polos danos ocasionados polo lobo, compatibilizando a re- paración destes danos coa viabilidade da especie no noso territorio. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a posi- ción do Parlamento de Galicia e as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa decisión de modificar os coeficientes redutores da idade de xubilación para as tripulacións dos buques que pescan en augas internacionais. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia mostra o seu apoio ás tripulacións embarcadas en buques que faenan en augas internacionais na súa reivindicación de que se lles aplique o 0,4 % nos coeficientes redutores no cálculo da idade de xubilación e insta o Goberno galego a recla- mar do Goberno español e do Ministerio de Fomento: 1.- Revisar de oficio todas as pensións que se resolveron co actual procedemento para im- pedir a discriminación a respecto dos que historicamente se lles recoñeceu 0,40 e mantelo para o resto de tripulacións destas embarcacións. 2.- Solicitar una revisión profunda do caduco modelo baseado na zona e o tamaño da em- barcación para ir a un novo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalu- bres e provoquen sinistralidade e altas morbilidades. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre as ac- tuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas medidas adoptadas pola Garda Civil no porto de Aguiño respecto de tres embarcacións dedicadas á extracción de per- cebe por non se axustar a potencia dos seus motores á que figura nas súas documentacións. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a: Realizar de inmediato todas as actuacións precisas que permitan a regularización en canto a cabalaxe das embarcacións pendentes que quedaron fóra do procedemento impulsado pola Lei 9/2007. O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta sobre a polí- tica do Goberno galego en relación coa violencia de xénero en persoas menores de idade (mo- ción a consecuencia da interpelación número 1876, publicada no BOPG núm. 28, do 14-12- 2016, debatida na sesión plenaria do 27-12-2016). Aprobouse o seguinte texto:
  • 12. 12 O Parlamento de Galicia acorda constituír un grupo relator dentro da Comisión non Per- manente de Estudo para a igualdade e para os Dereitos das Mulleres coa finalidade de: 1. Promover un Pacto galego contra a violencia de xénero que como mínimo inclúa as se- guintes medidas: a) O incremento dos recursos económicos destinados á prevención e á asistencia das víti- mas da violencia de xénero e das súas fillas e fillos. b) O estudo da modificación da Lei galega 11/2007, para a prevención e tratamento inte- gral da violencia de xénero para incluír na mesma o concepto de feminicidio. c) A mellora dos medios e recursos da xustiza, concretada: • Na dotación dos recursos necesarios para mellorar os medios xudiciais en materia de violencia contra as mulleres. • Na garantía de existencia, no marco dos medios dispoñibles en cada edificio xudicial, de mecanismos de separación entre vítimas e agresores nos xulgados galegos. • Na garantía de formación especializada en violencia de xénero de todo o persoal que intervén no proceso xudicial, incluíndo médicos/as forenses e equipos psicosociais. • Na aplicación dun protocolo forense de valoración do nivel de risco para os casos de violencia de xénero nas unidade de valoración forense. d) O desenvolvemento durante o 2017 das medidas de coeducación previstas no I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia. e) Intensificar as medidas de prevención da violencia de xénero coas seguintes actuacións: • Posta en marcha, de xeito periódico, de campañas de información e sensibilización di- rixidas á poboación en xeral e específicas para a mocidade, que teñan como obxectivo mudar os estereotipos sexistas, que incidan no rexeitamento social sobre todas as formas de violencia de xénero e que informen dos medios e recursos a disposición das mulleres que se atopen en situación de violencia de xénero. As campañas terán espe- cial divulgación nos medios de comunicación de titularidade pública, nos centros es- colares, educativos, sociais, sanitarios, laborais, culturais e deportivos. • Aplicar o artigo 15 da Lei 11/2017, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero relativo a formación da totalidade das e dos profesionais. f) A aplicación do artigo 25 da Lei 11/2017, galega para a prevención e o tratamento inte- gral da violencia de xénero que considera a atención psicolóxica como un servizo de aten- ción primaria. E en relación cos programas de atención psicolóxica: • Promoción dos cambios legais necesarios para que as mulleres en situación de violen- cia de xénero non teñan que informar ao outro proxenitor da decisión de que a/o menor inicie un tratamento psicolóxico coa finalidade de abordar o impacto psicoló- xico sufrido por presenciar violencia de xénero. • Ampliación da atención psicolóxica aos homes menores de idade con problemas de conduta. g) A elaboración, en colaboración coa FEGAMP e os concellos, de protocolos de preven- ción e atención a situacións de violencia machista naquelas entidades locais que non dis- poñan do mesmo ou que precisen da súa actualización por parte de persoal cualificado. h) A promoción da avaliación, externa e independente por parte do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, do cumprimento e do impacto en Galicia da lei galega e da lei es- tatal contra a violencia de xénero, así como das medidas necesarias para mellorar a efica-
  • 13. 13 cia das políticas públicas para acabar coa violencia de xénero que será remitida ao Parla- mento de Galicia. i) A promoción, tanto en medios públicos como privados, do cumprimento dos principios establecidos na Declaración de Compostela, procurando a responsabilidade e implicación dos medios de comunicación social no combate á violencia machista e evitando o morbo e sensacionalismo no tratamento informativo da violencia machista. k) O establecemento de medidas para evitar a vitimización secundaria das mulleres en si- tuación de violencia de xénero e articulación de medidas que salvagarden a súa intimidade á hora de acceder aos diferentes recursos e servizos que poñen á súa disposición as dife- rentes administracións públicas. 2. A elaboración dun documento de consenso de todos os grupos políticos con represen- tación na cámara, co obxectivo de elevar unha posición única e conxunta, á xuntanza da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas de Senado, que se acordou convocar na Conferencia de Presidentes do 17 de xaneiro de 2017, co fin de incorporar as achegas da Comunidade Autónoma de Galicia aos traballos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre a aprobación polo Goberno galego da norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración pública de Galicia. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a aprobar durante o primeiro semestre de 2017 a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Ad- ministración da Comunidade Autónoma de Galicia, incorporando a correspondente me- moria económica O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentou unha proposta sobre o impulso pola Xunta de Galicia para elaborar e aprobar un programa de axudas específico para as familias monoparentais. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento insta a Xunta de Galicia a: 1.- Elaborar e aprobar un Programa de Axudas específico para as familias monoparentais. 2.- Demandar ao Goberno de España a: a) Modificar a lexislación relativa ás familias monoparentais-monomarentais con dous fillos/as co fin de que sexan consideradas familias numerosas. b) Adoptar as medidas necesarias para a equiparación dos dereitos das familias mono- parentais-monomarentais con dous fillos/as e os das familias numerosas, analizando e equiparando na medida do posible os beneficios que poidan compartir entre unhas e outras. O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou unha proposta sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha plataforma de elaboración das programacións didácticas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato para todos os centros docentes da comunidade autónoma de Galicia. Aprobouse o seguinte texto: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña emprendida pola Consellería de Cul- tura, Educación e Ordenación Universitaria en formación profesional, poñendo en funcio- namento á maior brevidade posible un conxunto de instrumentos e ferramentas informá-
  • 14. 14 ticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acordes co modelo curricular vixente. NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO DDDOOOGGG CONSELLARÍA DE POLÍTICA SOCIAL DOG número 2, 3 de xaneiro de 2017 Corrección de erros. Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170103/AnuncioG0425-301216-0012_gl.pdf CONSELLARÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DOG número 2, 3 de xaneiro de 2017 Orde do 21 de decembro de 2016 pola que se fai pública a resolución de axudas, para a matrí- cula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/17. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170104/AnuncioG0164-271216-0011_gl.pdf DOG número 4, 5 de xaneiro de 2017 Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170105/AnuncioG0164-261216-0001_gl.pdf DOG número 8, 12 de xaneiro de 2017 Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de compe- tencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170112/AnuncioG0164-281216-0003_gl.pdf CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA DOG número 7, 11 de xaneiro de 2017 Resolución do 4 de xaneiro de 2017 pola que se fai público o cesamento de Marta Dorado Ro- mero como secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170111/AnuncioG1311-040117-0002_gl.pdf CONSELLARÍA DE SANIDADE DOG número 9, 13 de xaneiro de 2017 Decreto 192/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Josefina Monteagudo Ro- mero como secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0001_gl.pdf
  • 15. 15 Decreto 193/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Lourdes Vilachán Angueira como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0002_gl.pdf Decreto 195/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade a Alberto Fuentes Losada. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0003_gl.pdf Decreto 196/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea directora xeral de Recursos Económi- cos do Servizo Galego de Saúde a María Jesús Piñeiro Bello. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170113/AnuncioC3K1-120117-0004_gl.pdf DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017 Corrección de erros. Decreto 1/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Josefina Monteagudo Romero como secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade (publicado por erro como Decreto 192/2017). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-1_gl.pdf Corrección de erros. Decreto 2/2017, do 12 de xaneiro, polo que se dispón que cese Lourdes Vilachán Angueira como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (publicado por erro como Decreto 193/2017). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-2_gl.pdf DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017 Corrección de erros. Decreto 4/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade a Alberto Fuentes Losada (publicado por erro como Decreto 195/2017). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-3_gl.pdf Corrección de erros. Decreto 5/2017, do 12 de xaneiro, polo que se nomea directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde a María Jesús Piñeiro Bello (publicado por erro como Decreto 196/2017). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3K1-230117-4_gl.pdf CONSELLARÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DOG número 10, 16 de xaneiro de 2017 Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a conce- sión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocato- ria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0424-301216-0002_gl.pdf Extracto da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o paga- mento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170116/AnuncioG0424-040117-0001_gl.pdf Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo
  • 16. 16 nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170119/AnuncioG0424-110117-0016_gl.pdf CONSELLARÍA DO MAR DOG número 14, 20 de xaneiro de 2017 Orde do 12 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Ad- ministración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0427-130117-0011_gl.pdf Orde do 12 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Ad- ministración da Autoridade Portuaria de Vigo. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0427-130117-0010_gl.pdf DOG número 21, 31 de xaneiro de 2017 Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se dispón o nomeamento de dous vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170131/AnuncioG0427-260117-0001_gl.pdf CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL DOG número 14, 20 de xaneiro de 2017 Real decreto 772/2016, do 30 de decembro, polo que se nomea presidente da Audiencia Pro- vincial da Coruña a José Luis Seoane Spiegelberg http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG1327-190117-1_gl.pdf PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA DOG número 16, 24 de xaneiro de 2017 Corrección de erros. Decreto 3/2017, do 10 de xaneiro, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia (publicado por erro como Decreto 194/2017). http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170124/AnuncioC3B0-230117-1_gl.pdf DOG número 19, 27 de xaneiro de 2017 Decreto 7/2017, do 23 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioC3B0-240117-0001_gl.pdf Decreto 8/2017, do 23 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Conse- llo Económico e Social de Galicia. http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioC3B0-240117-0002_gl.pdf
  • 17. 17 NNNOOORRRMMMAAASSS PPPUUUBBBLLLIIICCCAAADDDAAASSS NNNOOO BBBOOOEEE MINISTERIO DE ENERXÍA, TURISMO E AXENDA DIXITAL BOE número 16, 19 de xaneiro de 2017 Resolución de 12 de xaneiro de 2017, da Entidade Pública Empresarial Red.es, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de formación para o emprego xuvenil na eco- nomía dixital. http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/19/pdfs/BOE-A-2017-579.pdf XEFATURA DO ESTADO BOE número 18, 21 de xaneiro de 2017 Real decreto lei 1/2017, de 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumido- res en materia de cláusulas chan. http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/21/pdfs/BOE-A-2017-653.pdf COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA BOE número 21, 25 de xaneiro de 2017 Orde de 30 de decembro de 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se publica convocatoria do procedementos de recoñecemento de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia. http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/25/pdfs/BOE-A-2017-803.pdf BOE número 23, 27 de xaneiro de 2017 Resolución de 17 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a convocatoria de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autó- noma de Galicia. http://www.boe.es/boe/dias/2017/01/27/pdfs/BOE-A-2017-897.pdf