SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
MANIFESTO
O PARLAMENTO É DO POBO
VIVIMOS UNHA INVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA E SOCIAL. A crise instalouse entre nós e
roubou a esperanza dun futuro mellor. A pesar da propaganda oficial e a mentira a crise é o
día a día de milleiros de persoas. De feito, nestes últimos anos, agudizouse o papel
dependente de Galiza provocando máis paro, emigración, precariedade e desigualdades.
NON NOS RESIGNAMOS. Por iso defendemos o rescate dos pobos e da democracia. Saímos
a rúa a defender con uñas e dentes a sanidade, a educación, o dereito a vivenda,o dereito a
vivir na terra e a que a nosa riqueza non emigre. Os que nos gobernan saben ben que a forza
dos pobos é poderosa. Por iso intentan silenciarnos.
QUEREN AMORDAZAR AO POBO. Perseguen a quen defende democraticamente os dereitos.
Aproban leis para amordazarnos. Queren converter os Parlamentos en zombis viventes, sen
utilidade nin capacidade para actuar. É intolerábel que se persiga con multas e informes
falsos a persoas que defenden as persoas fronte aos atracos da banca, ou estafas como as
preferentes. Multas desorbitadas por protestar ante Merkell ou simplemente, expresar con
liberdade a súa opinión. A outra cara da moeda é converter ao Parlamento Galego nun
apéndice inútil do goberno. Un Parlamento onde non se respectan as mínimas normas de
funcionamento democrático e se pretende amordazarnos. Mais non nos calarán. Nin nas
rúas, nin no Parlamento.
NON NOS CALARÁN. O Parlamento de Galiza é a única institución oficial que neste intre
representa a existencia do pobo galego. A pesar das súas limitacións e corsés, é un espazo
onde Galiza, os problemas dos galegos e galegas, teñen tratamento, debate e consideración.
Silenciar ao Parlamento, a unha parte da oposición, é silenciar os problemas e sufrimentos de
millerios de persoas.
O PARLAMENTO É DO POBO. Por iso, ante os secuestro de dereitos reclamamos que se poña
fin a criminalización e persecución das persoas e colectivos que defenden a xustiza, a
dignidade e a igualdade. Denunciamos a involución democrática e social que vivimos, da man
do secuestro da democracia e a centralización. Reclamamos que se poña fin a todas as
mordazas que nos queren impor, na rúa e no Parlamento da Galiza.

More Related Content

What's hot (14)

Temos dereito a unha vida digna
Temos dereito a unha vida dignaTemos dereito a unha vida digna
Temos dereito a unha vida digna
 
Lei de Igualdade de mulleres e homes
Lei de Igualdade de mulleres e homesLei de Igualdade de mulleres e homes
Lei de Igualdade de mulleres e homes
 
Mocion reprobacion
Mocion reprobacionMocion reprobacion
Mocion reprobacion
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
A saúde é un dereito
A saúde é un dereitoA saúde é un dereito
A saúde é un dereito
 
Leis de igualdade
Leis de igualdadeLeis de igualdade
Leis de igualdade
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido PopularManifesto pola Cooperacion do Partido Popular
Manifesto pola Cooperacion do Partido Popular
 
2013.01.25 comunicado convenio[1]
2013.01.25 comunicado convenio[1]2013.01.25 comunicado convenio[1]
2013.01.25 comunicado convenio[1]
 
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
 
Manifesto 6 de novembro 2021
Manifesto 6 de novembro 2021Manifesto 6 de novembro 2021
Manifesto 6 de novembro 2021
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea
 
Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b Noa lorenzo 1 b
Noa lorenzo 1 b
 
Augas
AugasAugas
Augas
 

Similar to Manifesto "o parlamento é do pobo"

Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Jorge Suárez
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaDani Lago
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadioscargaliza
 
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtOctavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtoscargaliza
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014AGEeFerrolterra
 
1. o antigo réxime
1. o antigo réxime1. o antigo réxime
1. o antigo réximesaraiba
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionbngaestrada
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
Restauración (1875-1902)
Restauración (1875-1902)Restauración (1875-1902)
Restauración (1875-1902)xosea
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBNGdoPorrinho
 
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
Manifesto cgt   cut (24-02-2012)Manifesto cgt   cut (24-02-2012)
Manifesto cgt cut (24-02-2012)cgtensinocoruna
 

Similar to Manifesto "o parlamento é do pobo" (20)

Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Presentacion prosadi
Presentacion prosadiPresentacion prosadi
Presentacion prosadi
 
Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019Programa electoral Xerais 2019
Programa electoral Xerais 2019
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugtOctavilla galego 2b definitiva ok ugt
Octavilla galego 2b definitiva ok ugt
 
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
[Xerais 2019 (10N)] Programa electoral
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
1. o antigo réxime
1. o antigo réxime1. o antigo réxime
1. o antigo réxime
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucion
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Restauración (1875-1902)
Restauración (1875-1902)Restauración (1875-1902)
Restauración (1875-1902)
 
Boletín BNG O Porriño
Boletín BNG O PorriñoBoletín BNG O Porriño
Boletín BNG O Porriño
 
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
Manifesto cgt   cut (24-02-2012)Manifesto cgt   cut (24-02-2012)
Manifesto cgt cut (24-02-2012)
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 

Manifesto "o parlamento é do pobo"

  • 1. MANIFESTO O PARLAMENTO É DO POBO VIVIMOS UNHA INVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA E SOCIAL. A crise instalouse entre nós e roubou a esperanza dun futuro mellor. A pesar da propaganda oficial e a mentira a crise é o día a día de milleiros de persoas. De feito, nestes últimos anos, agudizouse o papel dependente de Galiza provocando máis paro, emigración, precariedade e desigualdades. NON NOS RESIGNAMOS. Por iso defendemos o rescate dos pobos e da democracia. Saímos a rúa a defender con uñas e dentes a sanidade, a educación, o dereito a vivenda,o dereito a vivir na terra e a que a nosa riqueza non emigre. Os que nos gobernan saben ben que a forza dos pobos é poderosa. Por iso intentan silenciarnos. QUEREN AMORDAZAR AO POBO. Perseguen a quen defende democraticamente os dereitos. Aproban leis para amordazarnos. Queren converter os Parlamentos en zombis viventes, sen utilidade nin capacidade para actuar. É intolerábel que se persiga con multas e informes falsos a persoas que defenden as persoas fronte aos atracos da banca, ou estafas como as preferentes. Multas desorbitadas por protestar ante Merkell ou simplemente, expresar con liberdade a súa opinión. A outra cara da moeda é converter ao Parlamento Galego nun apéndice inútil do goberno. Un Parlamento onde non se respectan as mínimas normas de funcionamento democrático e se pretende amordazarnos. Mais non nos calarán. Nin nas rúas, nin no Parlamento. NON NOS CALARÁN. O Parlamento de Galiza é a única institución oficial que neste intre representa a existencia do pobo galego. A pesar das súas limitacións e corsés, é un espazo onde Galiza, os problemas dos galegos e galegas, teñen tratamento, debate e consideración. Silenciar ao Parlamento, a unha parte da oposición, é silenciar os problemas e sufrimentos de millerios de persoas. O PARLAMENTO É DO POBO. Por iso, ante os secuestro de dereitos reclamamos que se poña fin a criminalización e persecución das persoas e colectivos que defenden a xustiza, a dignidade e a igualdade. Denunciamos a involución democrática e social que vivimos, da man do secuestro da democracia e a centralización. Reclamamos que se poña fin a todas as mordazas que nos queren impor, na rúa e no Parlamento da Galiza.