SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
no e co
Estamos, no seo do BNG, dentro dun proceso asembleario que culminará no mes de outubro, coa
celebración da Asemblea Nacional, sempre que non haxa eleccións xerais anticipadas. Neste caso, o
proceso ficaría interrompido até se celebraren os comicios, pois o BNG ten que responder debidamente
aos retos políticos e ás necesidades do pobo galego, en todos os aspectos. Por decisión do Consello
Nacional, a proposta do seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, acordouse que, antes de entrar no
proceso propiamente dito, as distintas correntes que presentaron candidaturas na anterior Asemblea
Nacional extraordinaria, celebrada hai xa dous anos, formasen unha comisión para analizar e debater
sobre a situación tan crítica pola que está a pasar o país, Galiza, no actual contexto internacional, e
propor alternativas e solucións para enfrontala de maneira máis eficaz. Asemade, as distintas correntes
ficaban comprometidas a plasmar por escrito a súa visión tanto a este respecto como verbo dos proble-
mas que, como organización, ten o BNG, coa fin de que se poida mellorar o seu funcionamento e refor-
zar a súa unidade e operatividade.
A corrente Alternativa pola Unidade, que no anterior proceso electoral interno para conformar o Conse-
llo Nacional acadou o 45,29% dos votos, presentou, na Comisión devandita, con data 9 de xuño, o docu-
mento que figura a continuación. Nel expóñense, de maneira esquemática, as análises, os problemas e as
posíbeis solucións, tanto do punto de vista político como orgánico, para mellorar a actuación social do
BNG, desde o criterio de ser o nacionalismo actual nel representado unha forza insubstituíbel, útil, cunha
base real en todo a nación e cunha potencialidade que debemos mellorar, mais nunca contribuír a deterio-
rar. Todo o que se propón a continuación, como punto de partida, para o debate e o acordo, está dentro
dos fundamentos ideolóxicos do BNG, da tradición histórica e da actuación consecuente do nacionalismo
galego durante os case trinta anos que xa ten coa súa formulación frontista actual, das súas análises e
obxectivos políticos enunciados e defendidos desde a súa fundación. É, sobre todo, unha posta ao día
subliñando os aspectos que, hoxe por hoxe, cómpre pór en primeira liña do noso discurso e da nosa
acción, matizándoos ou aclarándoos máis, por seren cruciais para confrontar a crítica situación económi-
ca, social, cultural, lingüística e política, que estamos a vivir, con enerxía, convicción e, sobre todo, realis-
mo. Sen medo, con habelencia táctica, pero coa claridade que cómpre para combater a confusión social
existente. No caso de Galiza, só o nacionalismo pode orientar o pobo galego nunha dirección
que non sexa fraudulenta para os intereses colectivos, os maioritarios, como pobo e como nación.
A nosa alternativa cobra hoxe máis sentido que nunca, como única orientada e capaz para combater a
globalización e procurar unha solución de mudanza social e económica real que beneficie a todos os
pobos e nacións, posibilitando un deseño internacional xusto.
O Consello Nacional do BNG tamén propuxo que se celebrasen durante o mes de xullo asembleas comar-
cais para debateren os textos presentados polas distintas correntes. Das xa celebradas, practicamente
todas, podemos concluír que representaron unha boa oportunidade para discutirmos de política coa
tranquilidade necesaria e sen presións electorais internas e externas. Constatamos as nosas diferenzas
políticas, que explican as discordancias e os problemas que lastran a nosa capacidade. Como Alternati-
va pola Unidade estamos en disposición de acordar, a partir de mínimos comúns que, naturalmente,
non impidan sermos unha forza política operativa, útil á sociedade galega, necesaria por representar na
práctica unha alternativa nacionalista (autoorganización e soberanía do país), democrática (os dereitos
colectivos e os individuais, como inseparábeis), ao servizo das maiorías sociais (modelo económico e
social), pacifista e antiimperialista. Temos a certeza de que a situación crítica da Galiza axudará, como
sempre, a vencer as diferenzas ideolóxicas e de percepción entre nós, para asumirmos unha práctica
concreta á altura das circunstancias, como fixemos desde a anterior Asemblea Nacional. Con maior
cohesión e unidade interna e con máis entusiasmo e capacidade social.


                                                                                           Galiza, xullo de 2011
O nacionalismo galego está a vivir un momento de
                        go
inflexión crítica que ten a súa causa nos seguintes
factores: a) un forte proceso de globalización económica,
hexemonizada polo capital financeiro transnacionalizado; b)
                          pital
unha crise económica e social, de impacto moi negativo nas
nacións da periferia europea e nas maiorías sociais; c) unha
                         ropea
crise política das democracias formais, cada vez menos repre-
                        cracias
sentativas da soberanía popular ou nacional e máis subordina-
das aos ditados de poderes oligárquicos, actuantes a través de
                        deres
institucións e organismos supranacionais e supraestatais (FMI, BCE, Comisión Europea...); d) unha recentralización
do Estado español, parella cunha xerarquización e aumento da desigualdade política e económica no seo da Unión
Europea, dirixida a laminar os movementos populares nacionalistas e calquera traba ou dificultade á expansión do
capital e as empresas transnacionalizadas, así como a reforzar a asimilación cultural e lingüística á lingua e cultura
hexemónica, a española; e) unha grande confusión ideolóxica nas clases populares, derivada da hexemonía das
análises, interpretacións e propostas do capital financeiro e industrial transnacionalizado e das institucións, organi-
zacións e medios ao seu servizo para encarar a crise actual e deseñar o modelo social e político futuro; f) o medre
do individualismo, a frustración e a resignación en amplos sectores sociais, co conseguinte desprestixio da política,
as organizacións políticas e as institucións democráticas, sempre en detrimento das alternativas menos afectas aos
sistema; g) a aparición de fenómenos esporádicos de protesta, especialmente na mocidade, indicativos do malestar
social, confusos e ambiguos nas súas formulacións políticas e mesmo pretensamente apolíticos e antipartidos, moi
condicionados pola globalización comunicativa favorecida polas novas tecnoloxías; h) a dificultade, precisamente
pola súa necesidade, para manter na Europa alternativas e marcos nacionais de actuación, orientadas a combater
a globalización e as súas consecuencias desde o principio do dereito dos pobos, das nacións, concretamente sen
Estado, a decidiren, e desde unha perspectiva non xerarquizada nin imperialista do mundo, favorábel ás maiorías
sociais, como é o caso do BNG...

A este contexto, hai que engadir, tres importantes factores, cuxa incidencia na situación do BNG non é
pequena: a) sermos unha forza política que pasou xa por experiencias de goberno, tanto na Xunta como nas princi-
pais cidades de Galiza, polo que non estamos inmaculados, sendo os efectos sociais contraditorios, con luces e
sombras; b) non contarmos coa estabilidade interna necesaria, durante os últimos anos, para dar unha imaxe social
de forza política cohesionada e unida; c) a incapacidade política e organizativa para atender a un tempo os retos
electorais continuos, a presenza institucional e a necesaria vertebración do nacionalismo na sociedade a través de
distintas formas de participación non directamente políticas, mais incentivadas e promovidas desde unha perspecti-
va nacionalista: culturais, asociativas de todo tipo, comunicacionais e mesmo unha máis eficaz osmose co sindica-
lismo nacionalista.
propostas
Atendendo aos factores enunciados no primeiro parágrafo, facemos as seguintes
ideolóxico-políticas para clarificarmos e precisarmos o discurso do BNG:
1. Fronte á crise das institucións do actual réxime democrático, incluída a forma de participación electoral, unha
   monarquía parlamentar e un Estado descentralizado autonómico, coa provincia como circunscrición electoral,
   definirémonos como unha alternativa política nacionalista, autodeterminista, loxicamente republicana,
   entendido este adxectivo, como partidaria dunha República laica, confederal, de nacións-estados confederados. A
   bandeira republicana de Galiza é a galega coa estrela de cinco puntas. A circunscrición electoral debe ser a nación
   ou as comunidades autónomas, no seu caso; o reparto da representación institucional debe facerse conforme aos
   criterios de proporcionalidade directa; a porcentaxe de acceso debe baixar ao 3% para todo tipo de procesos
   electorais; o número de representantes da circunscrición debe corresponder ao seu censo electoral.
2. Fronte á hexemonía do capital financeiro e industrial transnacionalizado e os seus aparatos políticos, culturais e
   mediáticos, que teñen provocado a grave crise na que estamos sumidos, o BNG opta por un modelo de econo-
   mía mixta, no que a banca, as empresas enerxéticas, as de telecomunicación e os servizos básicos, teñen que
   ser públicos ou de control público maioritario. Asemade defenderá sempre, como fundamental, o dereito de
   Galiza a producir, a contar cunha base agraria e industrial propias, única forma de garantir a súa viabilidade
   como nación, como pobo, acabando co seu envellecemento, retroceso demográfico e a emigración forzada da
   súa mocidade.
3. A Unión Europea, como marco e deseño da globalización que nos afecta tan negativamente, debe ser rexeitada
   polas súas consecuencias tan negativas, de todo punto de vista, nomeadamente, para as nacións periféricas,
   en concreto e de forma específica para Galiza, e para as maiorías sociais. A UE é hoxe por hoxe un deseño
   antidemocrático, antipopular e antinacional, contrario a respectar a soberanía, a necesaria capacidade de
   decisión dos pobos nos temas que os afectan gravemente, á participación e o diálogo en pé de igualdade nos
   proxectos supranacionais. É un poderoso instrumento de xerarquización política, cultural e económica, de
   desigualdade. Atenta gravemente contra o dereito de todos os pobos europeos a ter unha base económica
   propia e verdadeiros gobernos democráticos, sendo na práctica un mercado único coa hexemonía política de
   Alemaña. O BNG, que non rexeita a integración de Galiza ou o Estado español en unidades supranacionais, consi-
   dera que só son necesarias e asumíbeis se son para a cooperación, o diálogo e o deseño de políticas democráti-
   cas que favorezan a igualdade e a convivencia entre todos. O Estado español, coa súa submisión aos ditados
   do FMI, o Banco Central Europeo, a Comisión e Alemaña, estase facendo aínda máis antidemocrático e oligárqui-
   co. Finalmente, o BNG proporá un debate sosegado e aberto, no foro que se considere máis oportuno, sobre a
   viabilidade da moeda única nun espazo económico tan desigual e con políticas tan xerarquizadas.
4. No contexto global, o BNG debe subliñar o dereito de Galiza a decidir e reforzar a súa actuación no seu espazo
   natural. Pensamento, organización e acción políticas orientaranse a mellorar e desenvolver as potencialidades do
   nacionalismo galego, tendo en conta o contexto global. Como engrosar as filas do nacionalismo cos socialmente
   descontentos, como facer clara a percepción de que os males da globalización na Galiza teñen só resposta
   acaída no nacionalismo. Como reducir o perigo da españolización social, especialmente da mocidade, proclive
   á participación en modelos que se sustentan no individuo cidadá que vive a globalidade da ficción mediática e das
   novas tecnoloxías, sen decatarse de como incide a globalización na súa realidade máis próxima e como enfrontase
   a ela. El será solución para os desastres da globalización na Galiza ou en calquera outro lugar, máis globalización,
   por moi cultural, comunicativa, artística ou filosófica que se presente? O BNG debe, en todo caso, revisar as súas
   relacións externas en función destes criterios, procurando aliados que sintonicen cos seus obxectivos.
5. O BNG representa a vocación pacifista e antimilitarista do nacionalismo fronte ao belicismo dos impe-
   rios globalizadores, á súa inxerencia continúa a través da guerra que non cesa, en distintas partes do mundo,
   cos pretextos máis cínicos que non poden agachar os verdadeiros intereses: o dominio económico e a submi-
   sión política.
propomos un acordo global
En relación cos problemas sinalados no parágrafo segundo,
que pase por interrelacionar os seguintes puntos:
1. Presentar unha candidatura conxunta ao Consello Nacional que saia da próxima Asemblea Nacional
   Ordinaria a celebrar en outubro deste ano, a partir dos seguintes criterios:
   •   Conformala cunha proporcionalidade acorde cos resultados conseguidos na anterior Asemblea Nacional
       Extraordinaria.
   •   Intentar designar o 20% desta candidatura de unidade, un total de dez membros, a partir de propostas, na
       proporción devandita, de cada unha das correntes, coa condición de teren que contar co consenso de
       todos. Estes membros simbolizarían a vontade de unidade e acordo e deberían actuar téndoa en conta.
2. Participación na nova Executiva de todas as correntes, conforme aos criterios de proporcionalidade
   devanditos e cun reparto de responsabilidades que reforce a unidade e a corresponsabilidade.
3. A asistencia á Asemblea Nacional Ordinaria, que se convocará antes do Día da Patria Galega, coa fin de
   poder celebrarse no mes de outubro, farase conforme ao criterio 1 afiliado/ 1 delegado, de forma que a
   participación nesta parte final do proceso asembleario é directa para toda a militancia que o desexar. Para poder
   participar nesta parte final do proceso asembleario, haberá que ter as cotas ao día, estar afiliado antes da data
   da convocatoria da Asemblea Nacional polo Consello Nacional, e inscribirse, desde a celebración da Asemblea
   Comarcal de debate das Teses até, por motivos técnicos e organizativos, como mínimo con 7 días de antelación
   á data de comezo de celebración nas respectivas comarcas ou a nivel nacional, comprobándose que se cumpren
   os requisitos para a participación. En todo caso, as e os afiliados con posteridade á convocatoria da Asemblea
   Nacional poderán participar en todo o proceso anterior, a nivel comarcal e local, con voz, pero sen voto.
4. Nova función da Comisión de Garantías, designada por consenso, que pasará a denominarse Comisión de
   Corresponsabilidade e Garantías: Ás funcións xa establecidas, habería que engadir a emisión de oficio de
   advertencias ou reprobacións, dirixidas aos órganos de dirección nacional, cando considere que algunha das
   partes ou membros teña comportamentos gravemente desleais ou contrarios á unidade do BNG, a través
   deintervencións públicas, que violen na práctica acordos democraticamente tomados ou resulten abertamente
   agresivas ou descualificadoras da dirección ou dalgunha corrente.
5. Deseño dunha política de participación activa da militancia do BNG dentro da organización e na vida social
   a través do tecido asociativo de todo tipo. Desde a dirección nacional planificarase un traballo con obxectivos
   a este respecto, comezando polo asociacionismo cultural, artístico, veciñal e da mocidade, así como no ámbito
   sindical, que terá concreción comarcal e local, e seguimento e control para a súa real execución.
6. Deseño dunha política adecuada para os gobernos municipais do BNG ou con participación do BNG, que
   supere a tendencia á mera xestión, a falta de perfil e a escasa incidencia no medre social do nacionalismo,
   que, en moitos casos, temos comprobado.
7. Proposta de formación dunha plataforma galega de organizacións políticas, sociais e sindicais de
   orientación nacionalista, co nome Galiza decide, como foro de debate de problemas estratéxicos de
   longo alcance, de importancia para Galiza, propostas de mobilización popular a partir da fixación de proble-
   mas prioritarios que necesiten a resposta inmediata da nación. Esta plataforma ou foro, de funcionamento
   regular cada dous meses, intentaría aglutinar, como esqueleto galego necesario, toda a masa social disposta
   a enfrontar a globalización desde o marco da autoorganización e os intereses do pobo galego, alén da política
   institucional, da actividade cotiá e ordinaria e da resposta de cada organización política ou sindical.
www.alternativapolaunidade.info
   contacto@alternativapolaunidade.info

More Related Content

Viewers also liked

alyssarorke_101415
alyssarorke_101415alyssarorke_101415
alyssarorke_101415
Alyssa Rorke
 

Viewers also liked (12)

What to Pack for Rehab and Why
What to Pack for Rehab and WhyWhat to Pack for Rehab and Why
What to Pack for Rehab and Why
 
SEI Certification 2009
SEI Certification 2009SEI Certification 2009
SEI Certification 2009
 
alyssarorke_101415
alyssarorke_101415alyssarorke_101415
alyssarorke_101415
 
Controladores ac gustavo villasmil
Controladores ac gustavo villasmilControladores ac gustavo villasmil
Controladores ac gustavo villasmil
 
Chipotle Persona Profile
Chipotle Persona ProfileChipotle Persona Profile
Chipotle Persona Profile
 
Customer jouney mapping
Customer jouney mappingCustomer jouney mapping
Customer jouney mapping
 
Transistores unipolares jfet e mosfet
Transistores unipolares   jfet e mosfetTransistores unipolares   jfet e mosfet
Transistores unipolares jfet e mosfet
 
Estrategia eCommerce
Estrategia eCommerceEstrategia eCommerce
Estrategia eCommerce
 
Aspectos negativos y positivos de un lider
Aspectos negativos y positivos de un liderAspectos negativos y positivos de un lider
Aspectos negativos y positivos de un lider
 
Ron Rosenberg - Design Engineering Portfolio 12/31/2015
Ron Rosenberg - Design Engineering Portfolio 12/31/2015Ron Rosenberg - Design Engineering Portfolio 12/31/2015
Ron Rosenberg - Design Engineering Portfolio 12/31/2015
 
CONHECE-TE A TI MESMO
CONHECE-TE A TI MESMOCONHECE-TE A TI MESMO
CONHECE-TE A TI MESMO
 
Γλώσσα Ε΄- Επαναληπτικό 9ης Ενότητας ΄΄ Βιβλία - βιβλιοθήκες ΄΄
Γλώσσα Ε΄-  Επαναληπτικό 9ης Ενότητας ΄΄ Βιβλία - βιβλιοθήκες ΄΄Γλώσσα Ε΄-  Επαναληπτικό 9ης Ενότητας ΄΄ Βιβλία - βιβλιοθήκες ΄΄
Γλώσσα Ε΄- Επαναληπτικό 9ης Ενότητας ΄΄ Βιβλία - βιβλιοθήκες ΄΄
 

Similar to Tritptico da Alternativa pola Unidade

Quen está no bng
Quen está no bngQuen está no bng
Quen está no bng
xopau
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
AGEeFerrolterra
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ecursocig
 

Similar to Tritptico da Alternativa pola Unidade (20)

Programa electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - NósPrograma electoral del BNG - Nós
Programa electoral del BNG - Nós
 
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por GaliciaPrograma marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
Programa marco Eleccións Xerais 2019 Compromiso por Galicia
 
Quen está no bng
Quen está no bngQuen está no bng
Quen está no bng
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
boletín xaneiro 2017
boletín   xaneiro 2017boletín   xaneiro 2017
boletín xaneiro 2017
 
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019Folleto do Día da Patria Galega de 2019
Folleto do Día da Patria Galega de 2019
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
Declaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de MarDeclaracion de Llotja de Mar
Declaracion de Llotja de Mar
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
 
Candidatura
CandidaturaCandidatura
Candidatura
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
A crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galiciaA crise demográfica en galicia
A crise demográfica en galicia
 
Bases Para O Dialogo
Bases Para O DialogoBases Para O Dialogo
Bases Para O Dialogo
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 

Tritptico da Alternativa pola Unidade

  • 2. Estamos, no seo do BNG, dentro dun proceso asembleario que culminará no mes de outubro, coa celebración da Asemblea Nacional, sempre que non haxa eleccións xerais anticipadas. Neste caso, o proceso ficaría interrompido até se celebraren os comicios, pois o BNG ten que responder debidamente aos retos políticos e ás necesidades do pobo galego, en todos os aspectos. Por decisión do Consello Nacional, a proposta do seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, acordouse que, antes de entrar no proceso propiamente dito, as distintas correntes que presentaron candidaturas na anterior Asemblea Nacional extraordinaria, celebrada hai xa dous anos, formasen unha comisión para analizar e debater sobre a situación tan crítica pola que está a pasar o país, Galiza, no actual contexto internacional, e propor alternativas e solucións para enfrontala de maneira máis eficaz. Asemade, as distintas correntes ficaban comprometidas a plasmar por escrito a súa visión tanto a este respecto como verbo dos proble- mas que, como organización, ten o BNG, coa fin de que se poida mellorar o seu funcionamento e refor- zar a súa unidade e operatividade. A corrente Alternativa pola Unidade, que no anterior proceso electoral interno para conformar o Conse- llo Nacional acadou o 45,29% dos votos, presentou, na Comisión devandita, con data 9 de xuño, o docu- mento que figura a continuación. Nel expóñense, de maneira esquemática, as análises, os problemas e as posíbeis solucións, tanto do punto de vista político como orgánico, para mellorar a actuación social do BNG, desde o criterio de ser o nacionalismo actual nel representado unha forza insubstituíbel, útil, cunha base real en todo a nación e cunha potencialidade que debemos mellorar, mais nunca contribuír a deterio- rar. Todo o que se propón a continuación, como punto de partida, para o debate e o acordo, está dentro dos fundamentos ideolóxicos do BNG, da tradición histórica e da actuación consecuente do nacionalismo galego durante os case trinta anos que xa ten coa súa formulación frontista actual, das súas análises e obxectivos políticos enunciados e defendidos desde a súa fundación. É, sobre todo, unha posta ao día subliñando os aspectos que, hoxe por hoxe, cómpre pór en primeira liña do noso discurso e da nosa acción, matizándoos ou aclarándoos máis, por seren cruciais para confrontar a crítica situación económi- ca, social, cultural, lingüística e política, que estamos a vivir, con enerxía, convicción e, sobre todo, realis- mo. Sen medo, con habelencia táctica, pero coa claridade que cómpre para combater a confusión social existente. No caso de Galiza, só o nacionalismo pode orientar o pobo galego nunha dirección que non sexa fraudulenta para os intereses colectivos, os maioritarios, como pobo e como nación. A nosa alternativa cobra hoxe máis sentido que nunca, como única orientada e capaz para combater a globalización e procurar unha solución de mudanza social e económica real que beneficie a todos os pobos e nacións, posibilitando un deseño internacional xusto. O Consello Nacional do BNG tamén propuxo que se celebrasen durante o mes de xullo asembleas comar- cais para debateren os textos presentados polas distintas correntes. Das xa celebradas, practicamente todas, podemos concluír que representaron unha boa oportunidade para discutirmos de política coa tranquilidade necesaria e sen presións electorais internas e externas. Constatamos as nosas diferenzas políticas, que explican as discordancias e os problemas que lastran a nosa capacidade. Como Alternati- va pola Unidade estamos en disposición de acordar, a partir de mínimos comúns que, naturalmente, non impidan sermos unha forza política operativa, útil á sociedade galega, necesaria por representar na práctica unha alternativa nacionalista (autoorganización e soberanía do país), democrática (os dereitos colectivos e os individuais, como inseparábeis), ao servizo das maiorías sociais (modelo económico e social), pacifista e antiimperialista. Temos a certeza de que a situación crítica da Galiza axudará, como sempre, a vencer as diferenzas ideolóxicas e de percepción entre nós, para asumirmos unha práctica concreta á altura das circunstancias, como fixemos desde a anterior Asemblea Nacional. Con maior cohesión e unidade interna e con máis entusiasmo e capacidade social. Galiza, xullo de 2011
  • 3. O nacionalismo galego está a vivir un momento de go inflexión crítica que ten a súa causa nos seguintes factores: a) un forte proceso de globalización económica, hexemonizada polo capital financeiro transnacionalizado; b) pital unha crise económica e social, de impacto moi negativo nas nacións da periferia europea e nas maiorías sociais; c) unha ropea crise política das democracias formais, cada vez menos repre- cracias sentativas da soberanía popular ou nacional e máis subordina- das aos ditados de poderes oligárquicos, actuantes a través de deres institucións e organismos supranacionais e supraestatais (FMI, BCE, Comisión Europea...); d) unha recentralización do Estado español, parella cunha xerarquización e aumento da desigualdade política e económica no seo da Unión Europea, dirixida a laminar os movementos populares nacionalistas e calquera traba ou dificultade á expansión do capital e as empresas transnacionalizadas, así como a reforzar a asimilación cultural e lingüística á lingua e cultura hexemónica, a española; e) unha grande confusión ideolóxica nas clases populares, derivada da hexemonía das análises, interpretacións e propostas do capital financeiro e industrial transnacionalizado e das institucións, organi- zacións e medios ao seu servizo para encarar a crise actual e deseñar o modelo social e político futuro; f) o medre do individualismo, a frustración e a resignación en amplos sectores sociais, co conseguinte desprestixio da política, as organizacións políticas e as institucións democráticas, sempre en detrimento das alternativas menos afectas aos sistema; g) a aparición de fenómenos esporádicos de protesta, especialmente na mocidade, indicativos do malestar social, confusos e ambiguos nas súas formulacións políticas e mesmo pretensamente apolíticos e antipartidos, moi condicionados pola globalización comunicativa favorecida polas novas tecnoloxías; h) a dificultade, precisamente pola súa necesidade, para manter na Europa alternativas e marcos nacionais de actuación, orientadas a combater a globalización e as súas consecuencias desde o principio do dereito dos pobos, das nacións, concretamente sen Estado, a decidiren, e desde unha perspectiva non xerarquizada nin imperialista do mundo, favorábel ás maiorías sociais, como é o caso do BNG... A este contexto, hai que engadir, tres importantes factores, cuxa incidencia na situación do BNG non é pequena: a) sermos unha forza política que pasou xa por experiencias de goberno, tanto na Xunta como nas princi- pais cidades de Galiza, polo que non estamos inmaculados, sendo os efectos sociais contraditorios, con luces e sombras; b) non contarmos coa estabilidade interna necesaria, durante os últimos anos, para dar unha imaxe social de forza política cohesionada e unida; c) a incapacidade política e organizativa para atender a un tempo os retos electorais continuos, a presenza institucional e a necesaria vertebración do nacionalismo na sociedade a través de distintas formas de participación non directamente políticas, mais incentivadas e promovidas desde unha perspecti- va nacionalista: culturais, asociativas de todo tipo, comunicacionais e mesmo unha máis eficaz osmose co sindica- lismo nacionalista.
  • 4. propostas Atendendo aos factores enunciados no primeiro parágrafo, facemos as seguintes ideolóxico-políticas para clarificarmos e precisarmos o discurso do BNG: 1. Fronte á crise das institucións do actual réxime democrático, incluída a forma de participación electoral, unha monarquía parlamentar e un Estado descentralizado autonómico, coa provincia como circunscrición electoral, definirémonos como unha alternativa política nacionalista, autodeterminista, loxicamente republicana, entendido este adxectivo, como partidaria dunha República laica, confederal, de nacións-estados confederados. A bandeira republicana de Galiza é a galega coa estrela de cinco puntas. A circunscrición electoral debe ser a nación ou as comunidades autónomas, no seu caso; o reparto da representación institucional debe facerse conforme aos criterios de proporcionalidade directa; a porcentaxe de acceso debe baixar ao 3% para todo tipo de procesos electorais; o número de representantes da circunscrición debe corresponder ao seu censo electoral. 2. Fronte á hexemonía do capital financeiro e industrial transnacionalizado e os seus aparatos políticos, culturais e mediáticos, que teñen provocado a grave crise na que estamos sumidos, o BNG opta por un modelo de econo- mía mixta, no que a banca, as empresas enerxéticas, as de telecomunicación e os servizos básicos, teñen que ser públicos ou de control público maioritario. Asemade defenderá sempre, como fundamental, o dereito de Galiza a producir, a contar cunha base agraria e industrial propias, única forma de garantir a súa viabilidade como nación, como pobo, acabando co seu envellecemento, retroceso demográfico e a emigración forzada da súa mocidade. 3. A Unión Europea, como marco e deseño da globalización que nos afecta tan negativamente, debe ser rexeitada polas súas consecuencias tan negativas, de todo punto de vista, nomeadamente, para as nacións periféricas, en concreto e de forma específica para Galiza, e para as maiorías sociais. A UE é hoxe por hoxe un deseño antidemocrático, antipopular e antinacional, contrario a respectar a soberanía, a necesaria capacidade de decisión dos pobos nos temas que os afectan gravemente, á participación e o diálogo en pé de igualdade nos proxectos supranacionais. É un poderoso instrumento de xerarquización política, cultural e económica, de desigualdade. Atenta gravemente contra o dereito de todos os pobos europeos a ter unha base económica propia e verdadeiros gobernos democráticos, sendo na práctica un mercado único coa hexemonía política de Alemaña. O BNG, que non rexeita a integración de Galiza ou o Estado español en unidades supranacionais, consi- dera que só son necesarias e asumíbeis se son para a cooperación, o diálogo e o deseño de políticas democráti- cas que favorezan a igualdade e a convivencia entre todos. O Estado español, coa súa submisión aos ditados do FMI, o Banco Central Europeo, a Comisión e Alemaña, estase facendo aínda máis antidemocrático e oligárqui- co. Finalmente, o BNG proporá un debate sosegado e aberto, no foro que se considere máis oportuno, sobre a viabilidade da moeda única nun espazo económico tan desigual e con políticas tan xerarquizadas. 4. No contexto global, o BNG debe subliñar o dereito de Galiza a decidir e reforzar a súa actuación no seu espazo natural. Pensamento, organización e acción políticas orientaranse a mellorar e desenvolver as potencialidades do nacionalismo galego, tendo en conta o contexto global. Como engrosar as filas do nacionalismo cos socialmente descontentos, como facer clara a percepción de que os males da globalización na Galiza teñen só resposta acaída no nacionalismo. Como reducir o perigo da españolización social, especialmente da mocidade, proclive á participación en modelos que se sustentan no individuo cidadá que vive a globalidade da ficción mediática e das novas tecnoloxías, sen decatarse de como incide a globalización na súa realidade máis próxima e como enfrontase a ela. El será solución para os desastres da globalización na Galiza ou en calquera outro lugar, máis globalización, por moi cultural, comunicativa, artística ou filosófica que se presente? O BNG debe, en todo caso, revisar as súas relacións externas en función destes criterios, procurando aliados que sintonicen cos seus obxectivos. 5. O BNG representa a vocación pacifista e antimilitarista do nacionalismo fronte ao belicismo dos impe- rios globalizadores, á súa inxerencia continúa a través da guerra que non cesa, en distintas partes do mundo, cos pretextos máis cínicos que non poden agachar os verdadeiros intereses: o dominio económico e a submi- sión política.
  • 5. propomos un acordo global En relación cos problemas sinalados no parágrafo segundo, que pase por interrelacionar os seguintes puntos: 1. Presentar unha candidatura conxunta ao Consello Nacional que saia da próxima Asemblea Nacional Ordinaria a celebrar en outubro deste ano, a partir dos seguintes criterios: • Conformala cunha proporcionalidade acorde cos resultados conseguidos na anterior Asemblea Nacional Extraordinaria. • Intentar designar o 20% desta candidatura de unidade, un total de dez membros, a partir de propostas, na proporción devandita, de cada unha das correntes, coa condición de teren que contar co consenso de todos. Estes membros simbolizarían a vontade de unidade e acordo e deberían actuar téndoa en conta. 2. Participación na nova Executiva de todas as correntes, conforme aos criterios de proporcionalidade devanditos e cun reparto de responsabilidades que reforce a unidade e a corresponsabilidade. 3. A asistencia á Asemblea Nacional Ordinaria, que se convocará antes do Día da Patria Galega, coa fin de poder celebrarse no mes de outubro, farase conforme ao criterio 1 afiliado/ 1 delegado, de forma que a participación nesta parte final do proceso asembleario é directa para toda a militancia que o desexar. Para poder participar nesta parte final do proceso asembleario, haberá que ter as cotas ao día, estar afiliado antes da data da convocatoria da Asemblea Nacional polo Consello Nacional, e inscribirse, desde a celebración da Asemblea Comarcal de debate das Teses até, por motivos técnicos e organizativos, como mínimo con 7 días de antelación á data de comezo de celebración nas respectivas comarcas ou a nivel nacional, comprobándose que se cumpren os requisitos para a participación. En todo caso, as e os afiliados con posteridade á convocatoria da Asemblea Nacional poderán participar en todo o proceso anterior, a nivel comarcal e local, con voz, pero sen voto. 4. Nova función da Comisión de Garantías, designada por consenso, que pasará a denominarse Comisión de Corresponsabilidade e Garantías: Ás funcións xa establecidas, habería que engadir a emisión de oficio de advertencias ou reprobacións, dirixidas aos órganos de dirección nacional, cando considere que algunha das partes ou membros teña comportamentos gravemente desleais ou contrarios á unidade do BNG, a través deintervencións públicas, que violen na práctica acordos democraticamente tomados ou resulten abertamente agresivas ou descualificadoras da dirección ou dalgunha corrente. 5. Deseño dunha política de participación activa da militancia do BNG dentro da organización e na vida social a través do tecido asociativo de todo tipo. Desde a dirección nacional planificarase un traballo con obxectivos a este respecto, comezando polo asociacionismo cultural, artístico, veciñal e da mocidade, así como no ámbito sindical, que terá concreción comarcal e local, e seguimento e control para a súa real execución. 6. Deseño dunha política adecuada para os gobernos municipais do BNG ou con participación do BNG, que supere a tendencia á mera xestión, a falta de perfil e a escasa incidencia no medre social do nacionalismo, que, en moitos casos, temos comprobado. 7. Proposta de formación dunha plataforma galega de organizacións políticas, sociais e sindicais de orientación nacionalista, co nome Galiza decide, como foro de debate de problemas estratéxicos de longo alcance, de importancia para Galiza, propostas de mobilización popular a partir da fixación de proble- mas prioritarios que necesiten a resposta inmediata da nación. Esta plataforma ou foro, de funcionamento regular cada dous meses, intentaría aglutinar, como esqueleto galego necesario, toda a masa social disposta a enfrontar a globalización desde o marco da autoorganización e os intereses do pobo galego, alén da política institucional, da actividade cotiá e ordinaria e da resposta de cada organización política ou sindical.
  • 6. www.alternativapolaunidade.info contacto@alternativapolaunidade.info