SlideShare a Scribd company logo
1 of 37
Manuel María
Letras Galegas
2016
Manuel María 2016
 Panorama da literatura galega durante a
posguerra.
 A partir de 1940:
- O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires
- O desenvolvemento no interior. Galicia.
Manuel María 2016
 O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires
 Durante as décadas 40, 50 e 60 no exilio case se
vive un desenvolvemento “normalizado” entre a
sociedade bonaerense.
 Coinciden no exilio nestes anos persoeiros como
Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Suárez
Picallo, Lorenzo Varela…
 A presenza da cultura galega aparece en prensa,
editoriais, emisións radiofónicas, teatro,
manifestacións…
Manuel María 2016
 Salientamos polo seu significado icónico,
simbólico e cultural a:
Afonso R. Castelao.
Morre en 1950. Luís Seoane
Morre en 1979
Manuel María 2016
 Seoane é responsable da publicación de
máis de 30 libros en galego ou relativos a
Galicia.
 Participa como deseñador e ilustrador.
 Funda editoriais e prensa.
Manuel María 2016
Manuel María 2016
Manuel María 2016
 O desenvolvemento no interior. Galicia.
Manuel María 2016
 A lírica de posguerra:
 A) Xeración do 36:
- Formáronse literaria e ideoloxicamente en
tempos da República baixo a influencia da X. Nós e
as Vangardas. E xa publicaran.
- Aquilino Iglesias Alvariño
-Álvaro Cunqueiro
-Celso E. Ferreiro
-Xosé Mª Díaz Castro
-María Mariño
Manuel María 2016
 B) Xeración de enlace:
◦ Acceden á cultura nunha etapa de absoluto
illamento das correntes europeas.
Autodidactas. Comezan em LC e asumen máis
tarde a lingua galega como lingua literaria.
◦ Luz Pozo Garza
◦ Antón Tovar
◦ Manuel Cuña Novás
◦ Tomás Barros
Manuel María 2016
 C)
A xeración das F. M. ou 50:
◦ a primeira xeración estritamente de postguerra.
◦ descuberta fascinada dunha Europa que parecía
gozar de todo o que eles carecían (liberdade de
expresión, liberdade sexual, elevado nivel de vida,
etc.)
◦ estrito monolingüísmo como fórmula de expresión
literaria,
◦ compromiso político nacionalista e marxista
Manuel María 2016
 Outras características xeracionais:
◦ Restauración e participación nas FM
◦ Colaboración no suplemento cultural “La
noche”
◦ Creación da colección “Illa Nova”de Galaxia
◦ Creación de “Brais Pinto”grupo e edit.1958
Manuel María 2016
 Integrantes:
◦ Manuel María,
◦ Avilés de Taramancos,
◦ Bernardiño Graña,
◦ Méndez Ferrín,
◦ Uxío Novoneyra
◦ Arcadio López Casanova
◦ Xohana Torres
◦ Álvarez Torneiro
Manuel María 2016
 Apuntes biográficos:
 Nace en Outeiro de Rei o 6 de outubro do ano 1929. orixe
familiar labrega acomodada.
 Ambiente de aprezo pola cultura e mestre que desde a
primeira escola recita en LG poemas de A. Carballo, M.
Antonio.
 Estuda bacharelato nos maristas e logo no Instituto de
Lugo.
 Vive en Lugo co seu tío crego e párroco de San Froilán.
Recibe importante formación relixiosa que deixa pegada ao
longo da súa obra. “Salmos”, “Proverbios”, San Juan de la
Cruz.
 Comeza a formar parte dos faladoiros intelectuais lucenses.
Manuel María 2016
 Gustaríalle estudar Filosofía e Letras mais o consello familiar
inclínao cara a Dereito que non remata.
 Profesionalmente vai exercer como procurador ademais de
rexentar con Saleta Goi, a súa muller, unha librería en Monforte.
 Funda a revista de poesía Xistral e publica o seu primeiro libro en
1950. “Muiñeiro de Brétemas”. Ten 19 anos
 O poeta desenvolve un importante traballo de activismo cultural
tanto desde a librería como en prensa, conferencias, recitais etc.
 Apoia activamente os movementos da canción protesta. Desde a
nova cançó catalá: Raimon ata Voces Ceibes.
Manuel María 2016
 Os seus poemas van ser musicados sobre todo polos
grupos Fuxan os ventos e A Quenlla.
 As diferenzas coa editorial Galaxia lévano a crear a
editorial Xistral.
 Vai ser membro fundador da UPG e desenvolve un labor
político formando parte das listas electorais do BNG.
Concelleiro por Monforte.
 Realiza un enorme labor normalizador da lingua galega en
calquera ámbito. Vai compoñer mesmo para os nenos, os
poemas que se espallan como cancións na voz de Suso
Vaamonde.
Manuel María 2016
 Convértese nun poeta coñecido dada a súa
versatilidade, facilidade de comunicación,
dispoñibilidade.
 É unha persoa humilde e servicial,
fondamente boa e xenerosa.
 Ingresa na RAG en 2003 e recibiu en vida
homenaxes e galardóns como Premio
Celanova, Pedrón de Ouro, etc.
 Morre o 8 de setembro de 2004 na Coruña.
Manuel María 2016
Obra
 Os primeiros libros:
- Muiñeiro de brétemas (1950)
◦ Morrendo a cada intre, (1952)
◦ Libro de pregos (1951)
◦ Advento (1952)
Son libros pertencentes á “ Escola da Tebra”. A
liña temática existencialista cristián, pesimismo
vital, sentido da vida, preguntas, dúbidas,
angustias…
Manuel María 2016
 Fume
Este fume azul
-ronsel de lonxanías-
voa lixeiro cara ó ceo.
Na penumbra:
soidás.
E na alma:
pensamentos
e roseiras.
A luz da tarde
morre nunhas breixas. (fervenzas)
Fume azul
e promesas
enguedelladas
na silveiras...
(Muiñeiro de brétemas)
Manuel María 2016
Morrendo a cada intre .
1952
Rebeldía, soidade,
identidade
Deixádeme: eu non me embededo
con garimosos de cidades dormidas
ás que non lle podo desenrugar
a súa faciana de pergameo antergo.
Vós non comprendedes o teorema poético
nen sabedes que teño un espíritu
gachado nas rodas dun carriño.
Amigos: eu non pido piedade.
Eu asesino os meus intres cando quero.
O meu sangue xa non ten estrelas deslucidas
nen penumbras inquedas.
Amigos: deixádeme, abandonaime.
Non repitades o meu nome que aínda non son
un vello profesor nen un barbudo pai de familia.
( Morrendo a cada intre)
Manuel María 2016
Poema
Deixádeme: éme igual
ser día, ser camiño ou gaita fina.
Non sei de onde vén a luz
E ignoro se teñen azas os agarimos.
Non me preguntedes tampouco
Se o corazón sente a súa vida.
Eu somentes sei que quero ser,
violín, quero ser río.
Os soños fóxenme. Poden os soños
existir, ser paxariño…?
E a morte, o derradeiro camiño.
¿ A morte é un ser vivo…?
E eu pobre e esquecido poeta:
¿Por qué existo…?
¿O meu continuo morrer non será
vida?
A estrela é inmutábel en si mesma.
A estrela ten sentido.
O demais é vaguidade, sombra,
Ou nome frío
(Advento. 1952)
Manuel María 2016
 O poemario icónico.
 O libro que identifica o poeta.
 TERRA CHÁ
Manuel María 2016.
Terra Chá 1954
Estrutura do libro
Evolución poética: paisaxe.
Poemario icónico para a lite.
 Soleira
◦ Canto á Terra Chá
 Terra Chá
 Romaxes
 A xente
 A terra e o labradío
 Prados
 Os animais
 O tempo
 As arbres
 Os paxaros
 As cousas
 Pranto pola Terra Chá
 Ollada poética para o exterior. Desde o berce
persoal e único cara a un cosmos comunitario:
pobo, patria, lingua…
 A Terra Chá humanizada, orixinal e primixenia:
o labor do campo, o labrego, a pegada
humana, a comuñón coa natureza.
 Ollada ecolóxica: natureza e seres.
 Espazo icónico, mítico, conságrase como
ámbito literario.
 Diferentes olladas: a do pasado e do paraíso
perdido. A do temor pola desnaturalización da
terra, do seu ser.
 Verso e estrofas populares. O poeta é un
labrego máis, labrego da palabra.
 Espella a beleza da creación, da natureza e da
convivencia da persoa con ela.
 Ao pasar a ser cantados moitos dos poemas
prodúcese a comuñón popular co libro,
trasládase ao imaxinario colectivo.
 Foi un libro revisado e con novas introducións
ata que se remata coa derradeira composición.
A elexía pola perda.
Manuel María 2016. Terra Cha 1954
Terra Cha Dimensiós
A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a
voar.
O resto é soedá.
Ollada a Terra Cha dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Para medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!
Manuel María 2016
Poemas: O Miño sempre
na súa obra
A canción
O Miño
O Miño é vello e é tristeiro:
Sempre vai mudo e vai senlleiro.
No Inverno semella que
murmura
un segredo con forte voz escura.
Un escoita, atento e espranzado,
E o vello Miño sempre vai calado.
Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me
espanta.
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío.
Anque é, as vegadas,
saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa é a súa
feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
iCarrétame herba pro
gando!
iTraime a colleita pra casa!
Manuel María 2016
Homenaxe a poetas da Terra Chá
A Xosé María Díaz Castro
Homenaxe contínua e fermosa
a Saleta Goi en modo
trobadoresco
Xosé Mª Díaz Castro dos Vilares:
co corazón aberto cara á vida
escoito a túa voz estremecida
por altos, misteriosos ensoñares.
A túa mensaxe senlleira e acendida
feita de abidueiras, nimbos e luares,
renunciacións, lembranzas e pesares:
é colleita de amor, fonda ferida!
Ouh palabra total, raigaña escura;
terra humana, carnal e namorada;
maravillosa luz, verdade amarga…!
Ti es a nosa voz sagrada e pura;
a fala de Galicia eternizada:
¡carballo da Terra Cha, rocha da Parga!
Cantiga da Romaxe de Santa
Isabel
Madre, en romaxe a Santa Sabel irei;
A Santa sabel de Outeiro de Rei
que eu estou moi soio
e de amor non sei
Madre, a Santa Sabel hei de ir
E tódalas coitas verei fuxir
nesta romería
que eu ben cantaría
E bailarei, madre, so a abidueira;
E bailarei, madre, a miña maneira
nesta romería
que eu ben cantaría…
Manuel María
Os soños na gaiola
1972
“Os versos que este humilde
autor botou de menos cando
el era neno”
Labrego
Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.
Meu pai é labrego,
tamén meus avós:
¡pasáronse a vida
tripando terrós...!
Meu pai é labrego,
labrego naceu,
¡e labra nos eidos
traballando a treu!
Meu pai é labrego,
labrego naceu.
¡Meu pai é
labrego,
sen terra de seu!
Meu pai é labrego,
labreguiño eu son.
¡Pasarei a vida
xunguido ao
terrón
O cuco
Canta cuco ou cala cuco:
eu en ti xa non che creo
desque sei que vas poñer
o teu ovo en niño alleo.
Desleixado e perguiceiro,
soio pensas en folgar.
¡Dices somentes dúas notas
e xa tés que descansar!
¡Canta cuco ou cala cuco,
perguiceiro, nugallón:
a min pouco che me importa
que esteñas cantando ou non!
As rúas do vento ceibe
1979
“Este libro está concebido para que,
a partir dos versos, o mestre/a
explique aos seus alumnos o que é
Galiza”.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer
Manuel María 2016
Entre 1960 e 1980 o poeta
oriéntase cara á temática
social.
Antipoesía, denuncia, crítica,
activismo, prosaico,
sarcasmo, ironías…
Bando
Prohíbese, por
orde da Alcaldía,
que medren
porque si
as rosas do xardín
municipal.
Dende agora as
pombas teñen
que pedir licenza
para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de
noite polo ceo.
A lúa é unha tola
que anda espida
dando mal
exemplo ás nenas
castas
e aos fillos de
familia.
Pagarán trabucos
os poetas.
Prohíbese soñar de
10 a 11.
Prohíbese tamén
derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
pra que non fiquen baldeiros os
pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra da lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros.
Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do alcalde.
Asinado, carimbado e rubricado.
Documentos personais (1958
Manuel María 2016
Poema do alleado
Acuso a clase media
Son un bilingüista
moi apaixonado,
un colonialista
ben colonizado.
Teño lingua nai,
e unha lingua pai
e unha lingua filla
que marabilla.
... ... ... ... ... ...
Son un alleado
fino e progresista
ben domesticado.
¡Son un castrapista
como está mandado!
 Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)
Acuso á clase media —grandes e pequenos
burgueses—
porque eles foron e son os que traizoan
o espírito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia.
Pertenzo ao pobo e falo no seu nome.
Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos,
dos ferreiros, dos criados de servir,
dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros;
dos humildes carpinteiros de ribeira,
dos alugados que ian a Castela;
dos caseiros que non teñen terra de seu;
dos que se ven obrigados a emigrar;
dos pobres de espírito e dos pobres de pedir;
do coitado xornaleiro que de sol a sol
ainda anda virando a terra co arado romano.
...
de vivir na súa terra despreciándoa,
intentando borrar o seu ser idioma,
asasinando o seu ser diferenciado.
(Remol 1970)
Manuel María 2016
Mar maior 1963
Verbas a un irmao
Escoita, irmao, as
miñas verbas:
son sinxelas e
impuras
como as verbas
feridas
co coitelo dos
beizos, cada día.
Vouche dicir tan só
que teño
a miña mao tendida
aberta, núa e viva
como o mar.
Que teño, irmao,
maduro o corazón
para gardar nel as
verbas túas.
Que a vida é moi
fermosa
aínda que hai homes
que teñen os beizos
emporcados
con verbas de falsía,
e o corazón podre
polo odio,
e as maos pingando
sangue,
e agachados, no
fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas
asasinas.
¿Que importa, irmao,
que morra o día
se a súa morte
abre en nós a
esperanza do
mencer?
Non temas.
Aínda o paxaro ten
canciós
e as estrelas se
acenden cada
Manuel María 2016
Poema do nacemento
da saudade
Os temas mestúranse: predominio do social
mais sempre presente saudade, paso do
tempo, transcendencia…que se volven
protagonistas a partir dos 80 en adiante.
A tarde vai caendo.
A sombra é un agarimo
moi amábel.
Algo se mete en un.
Uns dedos sotilísimos
van apertando
inorde,
inorde,
máis inorde,
máis inorde
aínda
a alma.
¡Que orfandade!
¡Que baleiro
e que ausencia!
¡Que sopro máis levián
abonda
para apagarlle
a luz
á nosa alma!
Mar maior 1963
A partir dos anos 80: ton
intimista, elexíaco,
saudosista, serenidade
Amor,e identificación coa
terra, o valor da palabra,
estoicismo
 Obras:
 A luz resucitada
 As lúcidas lúas do
Outono
 Cancioneiro de
Monforte de Lemos
 Sonetos á casa de
Hortas
 Camiños de Luz e
sombra
A choiva
Chove seguido e mainamente sobre min.
O meu corpo recibe a auga,
submiso e agradecido, como
un don benfeitor e fecundante.
Semello un penedo ergueito:
a choiva vaime traballando,
luíndo, facendo florecer
na miña pel paleiros e couselos.
Gracias, pois, á choiva son irmao
das pedras, dos penedos
e dos xardíns que, nos lousados,
pon, como un galano, a Primavera.
A luz resucitada (1984)
Manuel María 2016
Misterio
No abraiante latexar da sombra
Que nos circunda e cingue
Sempre hai
Unha luz posíbel, moi lonxana.
Trátase do eterno
descoñecido enigma obsesionante
que nos acena e chama.
E nós, para entendernos,
dicímoslle:MISTERIO
Con insegura voz, medosa e baixa
A luz resucitada.1984
Cando Saleta entrou por vez primeira
na casa petrucial dos vellos Hortas
abríronse, por si, todas as portas
e emocionáronse o cedro e a nogueira.
E, con Saleta, chegou a Primavera
e deulle nova vida ás seivas mortas
que rebentaron, pasmadas e absortas,
enchendo de luz e neve a horta enteira.
E toda a casa sorriu agradecida.
Semellaba unha flor a súa sorrisa:
a rosa máis ruborosa e acendida.
Saleta, silenciosa e conmovida,
sentiu no corazón a mao da brisa
e como entraba a casa na súa vida.
Sonetos á Casa de Hortas (1997)
Manuel María 2016
Máis ca paisaxe
Canción de amor ao Val do
Lemos
Amo esta terra vella feita
de arxila vermella como o sangue
na que a xente deixa
o seu suor de séculos
co que lle dá sabor ao pan,
ao viño, á tarefa sagrada
e humilde de ser home.
Amo esta terra cruzada
polo Cabe, melro máxico,
canción que aquece
e enche o corazón.
Amo esta terra boa, tan humana.
Amo esta inmensa cunca
na que floreceu para sempre
o meu amor: Monforte
e todo o Val de Lemos,
Pantón, Bóveda, Sober
e as terras do Brollón e o Saviñao.
Amo esta terra chá
cinguida
por serras e por montes
e polo azul do ceo coroada.
Cancioneiro de Monforte de Lemos
(1990)
Manuel María 2016
 Ode á beleza da palabra
Só a palabra vale. Unicamente
ela ilumina o mundo,
dálle claridade ás cousas
e fai nidia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Todo muda. Somentes a palabra
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama
que un día, queimou, con
lúcida paixón e con verdade,
a desolada flor da nosa vida.
As lúcidas lúas do Outono (1988)
Carné de identidade
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.
Agora son un namorado.
Eu son Manuel María,
cantor da Terra Chá que algunhos din.
Cantor da terra chá que leva un
clavada nas entrañas, penso eu.
Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.
Non teño máis tarefa:
Son unha humilde folla que salaia
na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
un son tan só, lonxano e feble.
Manuel María
2016
• Comuñón coa terra, berce,
nación, patria.
• Voz da súa cultura material
e inmaterial: lingua
costumes, tradicións…
• Dor ante as súas eivas,
frustracións,
sometementos…
• Comuñón co pobo, coa
xente…
• Fidelidade: canto e elexía
• Presenza do amor: desde o
amor humano ao misterio

More Related Content

What's hot

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreirorevoltalingua
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Amparo Cereixo
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeralxenevra
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismoxenevra
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemasmati2011
 

What's hot (20)

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976Poesía de posguerra 1936 1976
Poesía de posguerra 1936 1976
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
hilozoismo
hilozoismohilozoismo
hilozoismo
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 

Similar to Manuel María

Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel Maríaxistina
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Xosé maría Díaz Castro
Xosé maría Díaz CastroXosé maría Díaz Castro
Xosé maría Díaz Castrofontexeriabib
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍAFiz
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 

Similar to Manuel María (20)

Poesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidadePoesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidade
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Xosé maría Díaz Castro
Xosé maría Díaz CastroXosé maría Díaz Castro
Xosé maría Díaz Castro
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Lois pereiro
Lois pereiroLois pereiro
Lois pereiro
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 

More from Xenza

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoXenza
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivoXenza
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller CleceXenza
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaXenza
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avanceXenza
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vitalXenza
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroXenza
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos bibliotecaXenza
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xenza
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xenza
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Xenza
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da bibliotecaXenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Xenza
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasalloXenza
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Xenza
 

More from Xenza (20)

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallego
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivo
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller Clece
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_cha
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avance
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo Calero
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos biblioteca
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da biblioteca
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017
 

Manuel María

  • 2. Manuel María 2016  Panorama da literatura galega durante a posguerra.  A partir de 1940: - O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires - O desenvolvemento no interior. Galicia.
  • 3. Manuel María 2016  O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires  Durante as décadas 40, 50 e 60 no exilio case se vive un desenvolvemento “normalizado” entre a sociedade bonaerense.  Coinciden no exilio nestes anos persoeiros como Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela…  A presenza da cultura galega aparece en prensa, editoriais, emisións radiofónicas, teatro, manifestacións…
  • 4. Manuel María 2016  Salientamos polo seu significado icónico, simbólico e cultural a: Afonso R. Castelao. Morre en 1950. Luís Seoane Morre en 1979
  • 5. Manuel María 2016  Seoane é responsable da publicación de máis de 30 libros en galego ou relativos a Galicia.  Participa como deseñador e ilustrador.  Funda editoriais e prensa.
  • 8. Manuel María 2016  O desenvolvemento no interior. Galicia.
  • 9. Manuel María 2016  A lírica de posguerra:  A) Xeración do 36: - Formáronse literaria e ideoloxicamente en tempos da República baixo a influencia da X. Nós e as Vangardas. E xa publicaran. - Aquilino Iglesias Alvariño -Álvaro Cunqueiro -Celso E. Ferreiro -Xosé Mª Díaz Castro -María Mariño
  • 10. Manuel María 2016  B) Xeración de enlace: ◦ Acceden á cultura nunha etapa de absoluto illamento das correntes europeas. Autodidactas. Comezan em LC e asumen máis tarde a lingua galega como lingua literaria. ◦ Luz Pozo Garza ◦ Antón Tovar ◦ Manuel Cuña Novás ◦ Tomás Barros
  • 11. Manuel María 2016  C) A xeración das F. M. ou 50: ◦ a primeira xeración estritamente de postguerra. ◦ descuberta fascinada dunha Europa que parecía gozar de todo o que eles carecían (liberdade de expresión, liberdade sexual, elevado nivel de vida, etc.) ◦ estrito monolingüísmo como fórmula de expresión literaria, ◦ compromiso político nacionalista e marxista
  • 12. Manuel María 2016  Outras características xeracionais: ◦ Restauración e participación nas FM ◦ Colaboración no suplemento cultural “La noche” ◦ Creación da colección “Illa Nova”de Galaxia ◦ Creación de “Brais Pinto”grupo e edit.1958
  • 13. Manuel María 2016  Integrantes: ◦ Manuel María, ◦ Avilés de Taramancos, ◦ Bernardiño Graña, ◦ Méndez Ferrín, ◦ Uxío Novoneyra ◦ Arcadio López Casanova ◦ Xohana Torres ◦ Álvarez Torneiro
  • 14. Manuel María 2016  Apuntes biográficos:  Nace en Outeiro de Rei o 6 de outubro do ano 1929. orixe familiar labrega acomodada.  Ambiente de aprezo pola cultura e mestre que desde a primeira escola recita en LG poemas de A. Carballo, M. Antonio.  Estuda bacharelato nos maristas e logo no Instituto de Lugo.  Vive en Lugo co seu tío crego e párroco de San Froilán. Recibe importante formación relixiosa que deixa pegada ao longo da súa obra. “Salmos”, “Proverbios”, San Juan de la Cruz.  Comeza a formar parte dos faladoiros intelectuais lucenses.
  • 15. Manuel María 2016  Gustaríalle estudar Filosofía e Letras mais o consello familiar inclínao cara a Dereito que non remata.  Profesionalmente vai exercer como procurador ademais de rexentar con Saleta Goi, a súa muller, unha librería en Monforte.  Funda a revista de poesía Xistral e publica o seu primeiro libro en 1950. “Muiñeiro de Brétemas”. Ten 19 anos  O poeta desenvolve un importante traballo de activismo cultural tanto desde a librería como en prensa, conferencias, recitais etc.  Apoia activamente os movementos da canción protesta. Desde a nova cançó catalá: Raimon ata Voces Ceibes.
  • 16. Manuel María 2016  Os seus poemas van ser musicados sobre todo polos grupos Fuxan os ventos e A Quenlla.  As diferenzas coa editorial Galaxia lévano a crear a editorial Xistral.  Vai ser membro fundador da UPG e desenvolve un labor político formando parte das listas electorais do BNG. Concelleiro por Monforte.  Realiza un enorme labor normalizador da lingua galega en calquera ámbito. Vai compoñer mesmo para os nenos, os poemas que se espallan como cancións na voz de Suso Vaamonde.
  • 17. Manuel María 2016  Convértese nun poeta coñecido dada a súa versatilidade, facilidade de comunicación, dispoñibilidade.  É unha persoa humilde e servicial, fondamente boa e xenerosa.  Ingresa na RAG en 2003 e recibiu en vida homenaxes e galardóns como Premio Celanova, Pedrón de Ouro, etc.  Morre o 8 de setembro de 2004 na Coruña.
  • 18. Manuel María 2016 Obra  Os primeiros libros: - Muiñeiro de brétemas (1950) ◦ Morrendo a cada intre, (1952) ◦ Libro de pregos (1951) ◦ Advento (1952) Son libros pertencentes á “ Escola da Tebra”. A liña temática existencialista cristián, pesimismo vital, sentido da vida, preguntas, dúbidas, angustias…
  • 19. Manuel María 2016  Fume Este fume azul -ronsel de lonxanías- voa lixeiro cara ó ceo. Na penumbra: soidás. E na alma: pensamentos e roseiras. A luz da tarde morre nunhas breixas. (fervenzas) Fume azul e promesas enguedelladas na silveiras... (Muiñeiro de brétemas)
  • 20. Manuel María 2016 Morrendo a cada intre . 1952 Rebeldía, soidade, identidade Deixádeme: eu non me embededo con garimosos de cidades dormidas ás que non lle podo desenrugar a súa faciana de pergameo antergo. Vós non comprendedes o teorema poético nen sabedes que teño un espíritu gachado nas rodas dun carriño. Amigos: eu non pido piedade. Eu asesino os meus intres cando quero. O meu sangue xa non ten estrelas deslucidas nen penumbras inquedas. Amigos: deixádeme, abandonaime. Non repitades o meu nome que aínda non son un vello profesor nen un barbudo pai de familia. ( Morrendo a cada intre)
  • 21. Manuel María 2016 Poema Deixádeme: éme igual ser día, ser camiño ou gaita fina. Non sei de onde vén a luz E ignoro se teñen azas os agarimos. Non me preguntedes tampouco Se o corazón sente a súa vida. Eu somentes sei que quero ser, violín, quero ser río. Os soños fóxenme. Poden os soños existir, ser paxariño…? E a morte, o derradeiro camiño. ¿ A morte é un ser vivo…? E eu pobre e esquecido poeta: ¿Por qué existo…? ¿O meu continuo morrer non será vida? A estrela é inmutábel en si mesma. A estrela ten sentido. O demais é vaguidade, sombra, Ou nome frío (Advento. 1952)
  • 22. Manuel María 2016  O poemario icónico.  O libro que identifica o poeta.  TERRA CHÁ
  • 23. Manuel María 2016. Terra Chá 1954 Estrutura do libro Evolución poética: paisaxe. Poemario icónico para a lite.  Soleira ◦ Canto á Terra Chá  Terra Chá  Romaxes  A xente  A terra e o labradío  Prados  Os animais  O tempo  As arbres  Os paxaros  As cousas  Pranto pola Terra Chá  Ollada poética para o exterior. Desde o berce persoal e único cara a un cosmos comunitario: pobo, patria, lingua…  A Terra Chá humanizada, orixinal e primixenia: o labor do campo, o labrego, a pegada humana, a comuñón coa natureza.  Ollada ecolóxica: natureza e seres.  Espazo icónico, mítico, conságrase como ámbito literario.  Diferentes olladas: a do pasado e do paraíso perdido. A do temor pola desnaturalización da terra, do seu ser.  Verso e estrofas populares. O poeta é un labrego máis, labrego da palabra.  Espella a beleza da creación, da natureza e da convivencia da persoa con ela.  Ao pasar a ser cantados moitos dos poemas prodúcese a comuñón popular co libro, trasládase ao imaxinario colectivo.  Foi un libro revisado e con novas introducións ata que se remata coa derradeira composición. A elexía pola perda.
  • 24. Manuel María 2016. Terra Cha 1954 Terra Cha Dimensiós A Terra Chá somentes é: un povo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. Ollada a Terra Cha dende as alturas é semellante a un mar en calma. Para medila só valen dúas mensuras: ¡ferrados de corazón, fanegas de alma!
  • 25. Manuel María 2016 Poemas: O Miño sempre na súa obra A canción O Miño O Miño é vello e é tristeiro: Sempre vai mudo e vai senlleiro. No Inverno semella que murmura un segredo con forte voz escura. Un escoita, atento e espranzado, E o vello Miño sempre vai calado. Non canta na Chá ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino coma un asubío. Anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. iQué fermosa é a súa feitura! iQué lixereza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. iCarrétame herba pro gando! iTraime a colleita pra casa!
  • 26. Manuel María 2016 Homenaxe a poetas da Terra Chá A Xosé María Díaz Castro Homenaxe contínua e fermosa a Saleta Goi en modo trobadoresco Xosé Mª Díaz Castro dos Vilares: co corazón aberto cara á vida escoito a túa voz estremecida por altos, misteriosos ensoñares. A túa mensaxe senlleira e acendida feita de abidueiras, nimbos e luares, renunciacións, lembranzas e pesares: é colleita de amor, fonda ferida! Ouh palabra total, raigaña escura; terra humana, carnal e namorada; maravillosa luz, verdade amarga…! Ti es a nosa voz sagrada e pura; a fala de Galicia eternizada: ¡carballo da Terra Cha, rocha da Parga! Cantiga da Romaxe de Santa Isabel Madre, en romaxe a Santa Sabel irei; A Santa sabel de Outeiro de Rei que eu estou moi soio e de amor non sei Madre, a Santa Sabel hei de ir E tódalas coitas verei fuxir nesta romería que eu ben cantaría E bailarei, madre, so a abidueira; E bailarei, madre, a miña maneira nesta romería que eu ben cantaría…
  • 27. Manuel María Os soños na gaiola 1972 “Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno” Labrego Toda a miña xente de labregos foi, xunguidos á terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, tamén meus avós: ¡pasáronse a vida tripando terrós...! Meu pai é labrego, labrego naceu, ¡e labra nos eidos traballando a treu! Meu pai é labrego, labrego naceu. ¡Meu pai é labrego, sen terra de seu! Meu pai é labrego, labreguiño eu son. ¡Pasarei a vida xunguido ao terrón O cuco Canta cuco ou cala cuco: eu en ti xa non che creo desque sei que vas poñer o teu ovo en niño alleo. Desleixado e perguiceiro, soio pensas en folgar. ¡Dices somentes dúas notas e xa tés que descansar! ¡Canta cuco ou cala cuco, perguiceiro, nugallón: a min pouco che me importa que esteñas cantando ou non!
  • 28. As rúas do vento ceibe 1979 “Este libro está concebido para que, a partir dos versos, o mestre/a explique aos seus alumnos o que é Galiza”. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer
  • 29. Manuel María 2016 Entre 1960 e 1980 o poeta oriéntase cara á temática social. Antipoesía, denuncia, crítica, activismo, prosaico, sarcasmo, ironías… Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licenza para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco. Están fóra da lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do alcalde. Asinado, carimbado e rubricado. Documentos personais (1958
  • 30. Manuel María 2016 Poema do alleado Acuso a clase media Son un bilingüista moi apaixonado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, e unha lingua pai e unha lingua filla que marabilla. ... ... ... ... ... ... Son un alleado fino e progresista ben domesticado. ¡Son un castrapista como está mandado!  Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976) Acuso á clase media —grandes e pequenos burgueses— porque eles foron e son os que traizoan o espírito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ao pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira, dos alugados que ian a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos pobres de espírito e dos pobres de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol ainda anda virando a terra co arado romano. ... de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu ser idioma, asasinando o seu ser diferenciado. (Remol 1970)
  • 31. Manuel María 2016 Mar maior 1963 Verbas a un irmao Escoita, irmao, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Vouche dicir tan só que teño a miña mao tendida aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmao, maduro o corazón para gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados con verbas de falsía, e o corazón podre polo odio, e as maos pingando sangue, e agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asasinas. ¿Que importa, irmao, que morra o día se a súa morte abre en nós a esperanza do mencer? Non temas. Aínda o paxaro ten canciós e as estrelas se acenden cada
  • 32. Manuel María 2016 Poema do nacemento da saudade Os temas mestúranse: predominio do social mais sempre presente saudade, paso do tempo, transcendencia…que se volven protagonistas a partir dos 80 en adiante. A tarde vai caendo. A sombra é un agarimo moi amábel. Algo se mete en un. Uns dedos sotilísimos van apertando inorde, inorde, máis inorde, máis inorde aínda a alma. ¡Que orfandade! ¡Que baleiro e que ausencia! ¡Que sopro máis levián abonda para apagarlle a luz á nosa alma! Mar maior 1963
  • 33. A partir dos anos 80: ton intimista, elexíaco, saudosista, serenidade Amor,e identificación coa terra, o valor da palabra, estoicismo  Obras:  A luz resucitada  As lúcidas lúas do Outono  Cancioneiro de Monforte de Lemos  Sonetos á casa de Hortas  Camiños de Luz e sombra A choiva Chove seguido e mainamente sobre min. O meu corpo recibe a auga, submiso e agradecido, como un don benfeitor e fecundante. Semello un penedo ergueito: a choiva vaime traballando, luíndo, facendo florecer na miña pel paleiros e couselos. Gracias, pois, á choiva son irmao das pedras, dos penedos e dos xardíns que, nos lousados, pon, como un galano, a Primavera. A luz resucitada (1984)
  • 34. Manuel María 2016 Misterio No abraiante latexar da sombra Que nos circunda e cingue Sempre hai Unha luz posíbel, moi lonxana. Trátase do eterno descoñecido enigma obsesionante que nos acena e chama. E nós, para entendernos, dicímoslle:MISTERIO Con insegura voz, medosa e baixa A luz resucitada.1984 Cando Saleta entrou por vez primeira na casa petrucial dos vellos Hortas abríronse, por si, todas as portas e emocionáronse o cedro e a nogueira. E, con Saleta, chegou a Primavera e deulle nova vida ás seivas mortas que rebentaron, pasmadas e absortas, enchendo de luz e neve a horta enteira. E toda a casa sorriu agradecida. Semellaba unha flor a súa sorrisa: a rosa máis ruborosa e acendida. Saleta, silenciosa e conmovida, sentiu no corazón a mao da brisa e como entraba a casa na súa vida. Sonetos á Casa de Hortas (1997)
  • 35. Manuel María 2016 Máis ca paisaxe Canción de amor ao Val do Lemos Amo esta terra vella feita de arxila vermella como o sangue na que a xente deixa o seu suor de séculos co que lle dá sabor ao pan, ao viño, á tarefa sagrada e humilde de ser home. Amo esta terra cruzada polo Cabe, melro máxico, canción que aquece e enche o corazón. Amo esta terra boa, tan humana. Amo esta inmensa cunca na que floreceu para sempre o meu amor: Monforte e todo o Val de Lemos, Pantón, Bóveda, Sober e as terras do Brollón e o Saviñao. Amo esta terra chá cinguida por serras e por montes e polo azul do ceo coroada. Cancioneiro de Monforte de Lemos (1990)
  • 36. Manuel María 2016  Ode á beleza da palabra Só a palabra vale. Unicamente ela ilumina o mundo, dálle claridade ás cousas e fai nidia e intelixíbel a confusa escuridade do noso ser, mortal e indeciso. Todo muda. Somentes a palabra permanece, na súa infinitude, se leva dentro de si a chama que un día, queimou, con lúcida paixón e con verdade, a desolada flor da nosa vida. As lúcidas lúas do Outono (1988) Carné de identidade Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María, cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa: Son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, un son tan só, lonxano e feble.
  • 37. Manuel María 2016 • Comuñón coa terra, berce, nación, patria. • Voz da súa cultura material e inmaterial: lingua costumes, tradicións… • Dor ante as súas eivas, frustracións, sometementos… • Comuñón co pobo, coa xente… • Fidelidade: canto e elexía • Presenza do amor: desde o amor humano ao misterio