Lois Pereiro
Dezasete de maio do 2011

Nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996 foi un escritor e poeta galego...
Biografía básica
Naceu en Monforte de Lemos dunha familia procedente do Incio.
Cursou os seus primeiros estudos ...
En 1981 volta a Galiza e instalase na Coruña, onde colabora na revista la Naval e toma contacto cun grupo de poetas coma X...
En vida, publicou dous poemarios ‘Poemas 1981/1991 ‘ e ‘Poesía última de amor e enfermidade ‘

En 1996, o...
Durante o final da súa vida, destacou o feito de que en ningún momento lle faltou compaña e foron moitos os amigos, compañ...
Contra a morte
No ano 2009, rematou de gravarse ‘Contra a morte’ un documental sobre a vida de Lois no que participa...
Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que...
Recoñecemento
Levábase xa varios anos reivindicando a figura de Lois Pereiro como merecedor de ser homenaxeado o día...
Ao comunicar esta decisión a RAG tamén explicou que apreciara no autor ‘evidentes pegadas expresionistas, referencias á l...
Obra
Poemas 1981/1991 (1992)
Poesía última de amor e enfermidade (1995)
Poemas para unha Loia (1996)
N...
Bibliografía
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro
http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151
http://www...
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Lois pereiro

933 views

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
933
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
317
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Lois pereiro

1. 1. Lois Pereiro
Dezasete de maio do 2011

2. 2. Nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996 foi un escritor e poeta galego ao que neste ano 2011 se lle dedican as letras galegas.
‘Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.’

3. 3. Biografía básica
Naceu en Monforte de Lemos dunha familia procedente do Incio.
Cursou os seus primeiros estudos nos Escalopios e con 15 anos comezou a escribir.
Ao remata-lo COU, marchou a Madrid co seu irmán a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía, carreira que abandonaría anos máis tarde.
Pasa unha época de volta en Monforte traballando na empresa de vidro do seu pai pero finalmente volve a Madrid a estudar inglés, francés e alemán.
Durante esta estancia en Madrid funda a revista Loia xunto a Manuel Rivas, Antón Patiño e o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.
Destacou sempre o seu gusto pola música, sobre todo por grupos coma Lou Reed, Pink Floyd ou Joy Division, e pola literatura en linguas xermánicas, á que xa era afeccionado dende a súa adolescencia.

4. 4. En 1981 volta a Galiza e instalase na Coruña, onde colabora na revista la Naval e toma contacto cun grupo de poetas coma Xulio Valcárcel, Xabier Seoane ou Francisco Salinas Portugal.
Participa en varias antoloxías poéticas coma ‘De amor e desamor’ ou ‘De amor e desamor II’
En 1997 publicaríanse na revista Luzes de Galiza os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa ‘Náufragos do Paraíso’
En 1983 e 1987 viaxou con Fernando Saco por Europa a destinos coma Berlín ou París, onde visitaba, entre outras cousas, as casas dos escritores ó que admiraba (dado que era un entusiasta da literatura xermánica) ou incluso tumbas de músicos, coma a de Jim Morrison en Père-Lachaise (París).

Traballou na dobraxe de cinema en inglés e alemán, tanto con películas convencionais coma coa industria do porno.
5. 5. En vida, publicou dous poemarios ‘Poemas 1981/1991 ‘ e ‘Poesía última de amor e enfermidade ‘

En 1996, o ano da súa morte, publícase ‘Poemas para unha Loia ‘, que inclúe poemas escritos na súa etapa en Madrid e publicados na revista Loia e o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado en Luzes de Galiza.
Lois morreu a causa da SIDA despois do seu envelenamento con aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día no que descubriu a causa da súa enfermidade.

6. 6. Durante o final da súa vida, destacou o feito de que en ningún momento lle faltou compaña e foron moitos os amigos, compañeiros, familiares e coñecidos que o acompañaron na súa estancia no hospital.
Foi soterrado no cemiterio de Santa Cristina de Viso, no Incio, e ten coma epitafio gravado na súa tumba os seguintes versos ‘Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.’
A tumba de Lois converteuse nestes anos nun lugar de peregrinación para a xente da súa xeración, debido ao seu potente valor icónico.

7. 7. Contra a morte
No ano 2009, rematou de gravarse ‘Contra a morte’ un documental sobre a vida de Lois no que participaron familiares: a súa nai e a súa irmá, o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Piedad Cabo, e os seus amigos e compañeiros de xeración: Manuel Rivas, Santi Romero, Raúl López Sueiro, Xabier Seoane, Menchu Lamas, Antón Patiño, Lino Braxe ou Miguel Anxo Fernán-Vello. Tamén os fotógrafos que o retrataron: Manuel Vilariño, Xurxo Lobato ou Vari Caramés.
Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro durante a rodaxe de ‘Contra a morte’

8. 8.  Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.

9. 9. Recoñecemento
Levábase xa varios anos reivindicando a figura de Lois Pereiro como merecedor de ser homenaxeado o día das Letras Galegas, sobre todo por parte do seu irmán e de Manuel Rivas, os que presentaron a súa candidatura, para a que traduciron a súa obra ó castelán, catalán e vasco.
Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a Real Academia Galega, por medio do seu presidente Xosé Luís Méndez Ferrín fixo pública a súa decisión de dedicarlle o 17 de maio de 2011 a Lois Pereiro.

10. 10. Ao comunicar esta decisión a RAG tamén explicou que apreciara no autor ‘evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo.’
Manuel Rivas, expresou a súa alegría pola decisión desta forma ‘Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular’

11. 11. Obra
Poemas 1981/1991 (1992)
Poesía última de amor e enfermidade (1995)
Poemas para unha Loia (1996)
Náufragos do Paraíso (Novela inconclusa) (1997)

12. 12. Bibliografía
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro
http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151
http://www.vieiros.com/nova/74063/todo-o-que-desprezamos-na-literatura-galega-ponemolo-fronte-a-lois-pereiro-para-que-el-o-ataque-rdquo
http://www.galiciae.com/nova/31085.html
http://poesias.es/tags/poesias-de-lois-pereiro